o tesouro dos nosos avós

30
O tesouro dos nosos avós

Upload: osnososavos

Post on 17-Jun-2015

712 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: O Tesouro Dos Nosos AvóS

O tesouro dos nosos avós

Page 2: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Entrevistado

Nome: Santiago Vicente Cadilla

Data de nacemento: 7/5/31 Idade: 76 anos Vivencia no franquismo:

Emigración

Page 3: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Foi á escola ?

Santiago nos di que cando era xoven a maioría da xente non podía estudar, xa que necesitaban traballar para manter a economía familiar.

Foto: 1º comunión de Santiago.

Page 4: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Falábase galego normalmente ?

A esta pregunta, o entrevistado contesta que el non presenciou ningunha prohibición do seu uso, e quenquera podía falalo, aínda que o seu uso na escola estivese prohibído. Pero non foi testigo disto, xa que a situación económica obrigouno a traballar desde moi novo.

Page 5: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Traballou de xoven ?

Santiago contesta que xa desde moi novo, máis ou menos ós 12 anos, xa traballaba no mar. E como el, moitos mozos e mozas traballaban tamén indo ó monte, a pescar, etc.

Foto: Santiago traballando nun barco.

Page 6: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Que opina do mandato de Franco ? O noso entrevistado

contestou que era unha situación dificil, xa que o país saía dunha guerra civil, e unha guerra mundial. Polo que xustifica a subida ó poder de Franco como unha medida contra a implantación do comunismo.

Foto: O xeneral Francisco Franco

Page 7: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Porque decidiu a emigración ?

A esta pregunta, contéstanos que foi un movemento masivo de xente, e el foi un máis de todo ese movemento. Cóntanos que zarpou o 13 de decembro de 1949, no barco a vapor francés “Groyss”.

Foto: Santiago no porto de Vigo cun mariñeiro.

Page 8: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Pasaporte de Santiago

Page 9: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Billete de emigración

de Santiago

Page 10: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Certificado médico para a

emigración

Page 11: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Certificado de

Vacunación para a

emigración.

Page 12: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Cara a onde emigrou ?

O lugar onde foi chegar, dinos, foi Bos Aires, Arxentina.

Chegou o 7 de xaneiro de 1950. Ademais, cóntanos que ese ano chamábase o ano de liberdade do xeneral San Martín.

Foto: Porto de Bos Aires, Arxentina

Page 13: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Xiro postal de diñeiro enviado por Santiago a súa familia en España.

Page 14: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ De que traballou na emigración ?

Santiago comenta que traballou uns 5 anos en terra, e logo enrolou en distintos barcos. Un dos que máis importancia tivo para el foi o cruceiro Libertad, que facía viaxes turísticas pola Antártida. Neste barco el traballaba de camareiro, e as viaxes duraban ó redor duns 45 días.

Page 15: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Libreta do afiliado ó ministerio do traballo de Arxentina.

Page 16: O Tesouro Dos Nosos AvóS

O cruceiro Libertad

Page 17: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Santiago traballando no cruceiro Libertad

Page 18: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Santiago na Antártida nun dos viaxes do Libertad.

Page 19: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Tripulación do barco

“Almirante Stewart”

MARTIN LEDESMA Juan P.   DEMARCHI Hector O.            ALCARAZ Eduardo     MAEILAN Jorge H.       MORTEO Manuel       OZAN José C. SANYAN Héctor          SÁNCHEZ Rubén A.   CAPALBO Luis M.      MENDEZ Carlos C.     BARCO Luis A.           MARKUSIC Zlatko       TALAVAN Silbiano       CURCIO Carlos A.      ACOSTA Ramón W.  ONTIVEROS Juan E. FERRO Guillermo C.  CASTEÑEDA Serafín MENGOLI Héctor C.   ALVAREZ Elvio E. ACOSTA Miguel A.      GRASSO Olga ZOTZ Juan E. CATTANEO Arrigo ALBO Y POLO Juan REEHER Ricardo A. FELITAS Juan ANASTASIO Andrés A. ALMADA Julio A. TERCLAVERS Alberto R. CABRERA Joaquín A. GUERRERO Alfonso GEHLE Felix G. SOTO José R. SALCINI Francisco A. VICENTE Santiago MARTINEZ Osvaldo H. TRABILSI José ESCHER Eduardo FERRARI Ricardo F. LEDESMA Raúl TUZIO LORENZO Fernando

Capitán 1er. Of. Cuberta 2do. Of. Cuberta 3er. Of. Cuberta              Jefe de Máquiñas 1er. Of. Máquiñas 2do. Of. Máquiñas 3er. Of. Máquiñas Xefe de Radio 1er. Comisario Contramaestre Carpintiero Cabo de Mar Mariñeiro Mariñeiro Mariñeiro Mariñeiro Mariñeiro Mariñeiro Mariñeiro Mariñeiro Enfermeira Electricista Electricista Mecánico Mecánico Pañoleiro 1er. Cabo Engrasador Engrasador Foguista Limpador Ap. Maquinista Ap. Maquinista Mozo Mozo Mozo Mozo Cociñeiro 2deo. Cociñeiro Ayte. Cociña Lavandeiro Alumno E.N.N.

Page 20: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Coñeceu a emigrantes en Arxentina ?

O entrevistado contesta textualmente : “ Alí coñecín ó “Pímpano”, “Xoanciño”,” O Binitiño”, media Guardia había alá “.

Foto: Postal coloreada de A Guarda.

Page 21: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Cena de emigrantes na Casa de Galicia en Arxentina

Page 22: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Cal era a visión do Franquismo desde o exilio ?

Santiago contesta que no exilio, o que menos se falaba era de política, era un tema de pouca relevancia xa que non lles afectaba, porque non había lexionarios en Arxentina.

Foto: Santiago nunha foto formal enviada a súa familia en A Guarda.

Page 23: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Coñeceu publicacións literarias ou nos medios de comunicación en galego ?

O entrevistado responde que só era coñecido nos centros culturais, e centros galegos, pero nos demais ámbitos non era moi destacable a presencia de publicacións, ou programas en galego.

Page 24: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Que facía cando soubo da morte de Franco ?

A esta pregunta , contesta que cando o soubo el estaba traballando en Vera Cruz, no barco Libertad.

Foto: Cruceiro Libertad en Vera Cruz

Page 25: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Que pensa deste feito ?

Santiago dí que a morte de Franco foi como a morte dun máis, non tivo moita repercusión nel, xa que non vivía en España. Para el non representou moita importancia.

Foto: Publicación dun xornal sobre a morte de Franco.

Page 26: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Que opinión ten da súa emigración ?

El dí que non pode queixarse de emigrar, xa que a vida non lle foi mal. Aínda que pensa que se non emigrara podería ter levado unha vida mellor. Sen embargo, dí que non pode queixarse, xa que foi moi ben tratado en Arxentina, tendo como caso que xa no barco no que emigraba, un barco arxentino, ofrecéronlle traballo, o cal aceptou.

Page 27: O Tesouro Dos Nosos AvóS

¿ Coñeceu a algunha victima dos “paseos” ?

A esta pregunta, responde que el non coñeceu a ninguén, xa que era moi novo. Pero o que si viviu foi os campos de concentración, dos que relata que na Sangriña ou no Colexio de Xesuítas ubicábanse algúns, e que todos os días pola mañá moi cedo, podían escoitarse os disparos.

Page 28: O Tesouro Dos Nosos AvóS

En unha frase,¿ como definiría a acción do franquismo ?

Santiago dí : “ A liberdade é boa, pero a libertinaxe xa non “

El refírese a que non pode haber unha liberdade excesiva, ten que haber algo que poña uns límites, e para el os limites púxoos o franquismo.

Page 29: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Opinión persoal

Con este traballo pódese observar a visión do réxime desde o punto de vista dunha persoa que a pesar de ter que emigrar durante a o goberno de Franco, estaba a favor da súa ideoloxía.

Aínda que a alguns lles poda significar algo totalmente contraditorio, é unha opinión que debe ser respectada, xa que o mesmo entrevistado, manifestou en privado que el non intenta cambiar o pensamento de ninguén, pero ten o seu formado.

Page 30: O Tesouro Dos Nosos AvóS

Fin

Nome: Ariel Conde Curso: 2ºA BACH Data de entrega: 29/2/08