ies a sangriña (a guarda) - o tesouro dos nosos avós (cd9)

13
O Tesouro dos nosos avós Alba González Portela Silvia Portela da Costa Raquel Otero Rey

Upload: patrimonio-de-futuro

Post on 01-Aug-2016

223 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Desde o IES A Sangriña (A Guarda) chéganos este material para o segundo certame de recolla da tradición oral, no curso 2007-2008, organizado por Ponte…nas Ondas!.

TRANSCRIPT

O Tesouro

dos nosos avós

Alba González PortelaSilvia Portela da Costa

Raquel Otero Rey

Coa colaboración de…Manuel González Baquero (79 anos)

Florinda Sousa Álvarez (66 anos)César vicente Pérez (75 anos)

Irene Martínez Castro (63 anos)

A escola nos tempos antigos...Polo ano 1938 a nosa escola era moi diferente á vosa, antes de

entrar o noso mestre púñanos no camiño formando unha fileira e facianos unha revisión as orellas, o que non as tiña limpas, mandabaio lavalas á fonte dos “Regudíns”.

O único material que tiñamos era unha pequena pizarra que se se che rompía non podías comprar outra porque eran moi caras e non había cartos, entón habiase que conformar cos anaquiños; un pizarrín pequeno unha pluma que para escribir se mollaba no tinteiro do pupitre. Soamente tiñamos un libro, chamado a enciclopedia, na que viñan as catro regras…se non sabías a lección…o mestre castigábate de xeonllos enriba de area ou millo... e se te portabas mal quedabas sen comer detrás dun armario (inda parece que o estou a mirar). Eu fun á escola ata os 14 anos…a partir de aí…empecei no xornal, para gañar diñeiro e ter que comer na casa.

A súa vida pasábana traballando…Con tan só 10 anos xa tiñamos que axudar os nosos pais traendo diñeiro para a casa. Iamos ó xornal tódolos días e tiñamos que levantarnos ás 5 da mañá. Para ter que levar á boca un anaco de pan cada día, había que traballar muitas horas, había moitos tipos de traballo, aínda que todos eran moi duros e forzosos:

O pan de cada día…Naqueles tempos o día a día era moi duro. Cansados de pouco durmir, íamos

a corte da vaca para muxila, ese leite, levábase nun valde na cabeza durante quilómetros a pé e descalzos (cando chuvía levábamos un saco atado na cintura cunha corda), ata chegar á vila onde a vendiamos na praza de abastos.

Na nosa casa tiñamos unha becerra, un burro, un cabalo, galiñas, un porco. A maior parte destes animais eran para consumo propio.

Todolordias eran unha rutina, íamos a “ valgha”co cabalo, buscar dúas ou tres viaxes de estrume, ghateño… para lle botar nas patas da vaca. Cando estaba a “maré” baixa iamos ó “ Torroeiro” orillando Portugal e traíamos un saco de gramón para comer o gando, e se a maré estaba baixa, colliámolo da parte de cá.

Pra abonar a terra onde tiñamos plantadas as patacas, utilizábanos o jateño coa merda da vaca ou ben, íamos ó mar apañar “arghazo” cun ganapán enriba dun peñasco, e logho púñase a secar nas pedras pra facer abono prás patacas.

Outras formas de gañar diñeiro…

A telleira A moiñeira

A telleira A Telleira

Na telleira só se traballaba durante o “vrán”. O seu traballo consistía en facer ladrillos e tellas á man.

No primeiro ano no que entrei a traballar tiña 12 anos, e só gañaba 250 pesetas, según ía pasando a vida, empecei a gañar un pouco máis (300 pesetas). Ese traballo non daba muito diñero, e por iso tiven que emigrar a Suíza a traballar nun restaurante de cociñeiro e tamén algúns a facer camas.

A molineira

O muíño era unha molineira de hai 100 anos, foi unha herencia do meu pai.

A xente traballaba no campo, tiñan o seu gando, e traíanos o millo para facer o millo na molineira. Soamente durou ata o ano 1965 porque viñeron os muíños pequenos para os particulares das casas. Tivemos que deixar de utilizala porque tiñamos que pagar muito de corriente e de autónomos. A partir daí empecei a dedicarme ó campo.

A casa

A cociña era unha lareira, tiña un tripieiro de ferro pa por a leña e logho enriba o pote.

Non habia neveira, tanto a comida que sobraba ó comer ou cando matába-lo porco, metíase nunha salgadeira (recipiente moi grande cheo de sal).

As camas eran feitas de “xerghón” de follato, que eran os cañotos que sacaban das espigas,en cada cama durmian tres ou catro personas e pola mañá para facela revolvíase todo o xerghón e despoise estendíase a sábena es as mantas .

Non habia roupeiros, entón a roupa colocábase nun pau moi grande que habia no faiado e tapábase cunha sábena.

Para facer as necesidades, había un caixote de madeira cuadrado, e facíase para o cortello e logo botábaselle follato para facer esterco xunto co dos animais.

Dentro do canizo había un tinón moi grande para lavarse e logo para lavar a cara polas mañáns había unha palangana moi grande nas habitacións.

Para ter auga na casa iamos á fonte descalzas buscala cun caldeiro.Non había teléfono na casa, tiñan unha centralita na Guarda para poder chanar e

enviar telegramas.O xabón faciámolo nós mesmos na casa, puñamos o touciño ó lume ata que se facía

grasa, botabámoslle sosa e logo saían unhas barras que as botábamos nunha caixa e criaban uns pelos e partíanse en anacos.

Tamén cocíamos cotos de pan (que se facían de millo) e vendiámolo ós veciños para gañar un pouco máis de diñeiro.

Durante toda a semana comíamos un caldo mui malo e anacos de pan.

No tempo libre…No tempo libre íamos ó baile, e polo camiño como tiñanos “quir”a pé

cantábamos cantarolas a matar! Iso cando había unha peseta para ir…porque senón había quir sentarnos prá alameda toda a tarde.

Os bailes os Domingos empezaban ás 3 da tarde e acababan sobre as 8 da noite, e se chegabamos un pouco máis trade da hora que nos mandaba o “papá” castigábanos con levantarnos a semana que entraba unha hora antes, ás catro da mañá.

E a nosa roupa lavábase dun día para outro para tela limpa o día seguinte.

Ós festivos e domingos cando non había diñeiro para ir ó baile xogábamos cos rapaces á roda, e unha parella metiase no medio a bailar.

Tamén xogábamos á cachiza, queran dous paus en cruz e cun máis grande faciase saltar un deles e cando estaba no aire intentabas darlle.

A minimula tamen xogábamos, unha persoa faía de potro e outra saltaba porriba.

Tamén xogábamos o pión, ós bólos con tacos de madeira e á pita.

Opinión persoal do traballo…

Pareceunos moi interesante a experiencia porque démonos conta de moitísimas cousas que non sabíamos sobre os nosos maiores…e o mal que o pasaban coa dictadura de Franco. A verdade é que viviron en tempos moi difíciles…

Canción elexida de fondo:Luar na lubre- “O son do ar”