o tesouro dos nosos avós ana,bea.pablo.zaida corrixido

79
O TESOURO DOS NOSOS AVÓS...

Upload: osnososavos

Post on 24-May-2015

1.077 views

Category:

Technology


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

O TESOURO DOS

NOSOS AVÓS...

Page 2: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A HISTORIA DE

FINA

Page 3: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

*.-PRESENTACIÓN-.**.-PRESENTACIÓN-.* *NOME:Serafina Álvarez Vidal*IDADE: 72 anos Na súa aldea é coñecida como Fina de San José,ou tamén coma “a muller de Benigno da Xil”.Unha das súas maiores afeccións é o balonmán, e tamén o Entroido.Dáselle moi ben cociñar. O carneiro á tarteira con patacas guisadas é a súa especialidade.É natural de Novás (O Rosal)

Page 4: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A súa casa...

Page 5: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Viviu parte da súa vida nunha casa no Rosal, “ a casa da Ventosela”. Era a súa casa paterna.

Esta casa ten moita historia xa que nela, dentro da súa finca, atópase unha capela,a capela de San Xosé, onde se celebra a festa do 19 de Marzo. Nesta casa coa capela, que aínda se conserva, viven a súa nai, Esperanza, a súa irmá máis pequena co seu marido, Marina e Carlos,e o fillo máis pequeno destes.

Esta casa foi fundada en primeira instancia polo Abade D. José De Ucha Ribero no ano 1694. Esta data figura inscrita no frontal da capela.

E xa paramos de falar da súa casa pois poderíase escribir un libro da historia da casa na que Fina pasou a súa infancia, e de feito xa o hai, así que imos falar doutros aspectos moi interesantes da vida de Fina.

*A súa orixe...

Page 6: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Aquí atópase a capela, entre camelios e frutais.

Page 7: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A capela de S.Xosé...

Page 8: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

O ciprés, na finca da casa...símbolo de nobreza

Page 9: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A súa infancia...

...inolvidable

Page 10: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Eu empecei a escola con oito anos e ós once, a traballare. A ghanar o xornal, a cavar na viña, e despois ós catorce anos empecei a ir ós percebes, pra conseguir diñeiro, cinco duros, que daquela era muito, porque os nosos pais non podían. Colliámolos en Oia e tiñamos que ir vendelos á Guarda. E íbamos a pé, atravesábamo-lo monte e chegábamos a Portecelo. Alí tamén ibamos ó arghazo donde o vendíamos, e ó xerez. Ó mellor carghabamos con trinta quilos nas costas. Isto ata os quince ou dezasete anos.

Page 11: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

E a nosa roupa, a pouca que tiñamos, pois comprábannola os nosos pais como recompensa dese traballo. Eu como son a máis vella dos catro irmáns, fun a que máis traballei, o resto xa viviron doutra forma.

Era unha infancia mui dura, só era bunita porque por onde andábamos cantábamos sempre...Axudábamonos uns ós outros, bailabamos, riamos e disfrutabamos muito da vida...iso si, a diversión nunca faltaba.

Page 12: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A vida cotiá...

Unha matanza

Page 13: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A familia: A nosa familia estaba moi unida. Eu,

mentres aínda era raparigha e aínda non ía ó mare, ía toda contenta a durmir á casa dos meus avós moitas veces.

Facíamos unhas matanzas... máis bunitas! Reuníamonos todos e todo era unha parranda: cantares, bailes, facíamos “filloces”...E todo iso era moi bunito, do que agora xa non hai.

Page 14: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
Page 15: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Pasándoo ben nunha voda cos amigos e coa familia

Page 16: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Cando xa casei... Cando xa era moza seguía traballando prá casa e

logho cando casei, ós 23 anos xa vin pra esta casa. Era unha casiña vella que servía pra ghuardar a palla. Démoslle unha pintura de cal, xa que daquela non tiñamos pintura e fomos traballando e arreglando a casa pouco a pouco, pero vivíamos mui mal, pero que mui mal, xa que o meu home tiña un soldiño moi pequeno e non daba pra nada. Xa despois empezamos a ter vaca, invernadoiros...e gracias a iso fomos tirando. E decíannos os vellos:

- Enriba dun ovo houbo unha ghaliña e enriba da vaca

viñan cinco duros e enriba do invernadoiro pois outros cinco.

Page 17: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A emigración: Había que criar os fillos, que xa eran dous, e o

meu home marchou a Alemaña e eu quedei aquí coidando dos fillos. E mentres el non volveu, eu non lle ghastei unha perra. O que el ghañaba era pra arreghlar a casa.

E esa era a nosa vida, unha vida moi duriña, o que pasa é que eu fun moi forte. E así estou aghora, porque traballei muito. O meu home estivo en Alemaña tres anos e el quería que fora pra alí. Pero eu cos fillos non quixen. Entón veu e quería empregarse aquí, pero como non encontrou traballo decidiuse a marchar a Holanda. En Holanda estivo outros tres anos,moito tempo fóra da familia, só... Entón decidiu virse pra aquí e empregouse en Camposancos, na Pasaxe.

E esta foi a nosa vida durante cuarenta e tres anos.

Page 18: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

O Franquismo...

...sufrimento

Page 19: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Eu dou pouca fe da gherra, porque eu nacín no 1935 e a gherra foi no 1936, polo que era moi pequena e aínda non era moi consciente das cousas.

Do que si que me acordo é da posgherra cando os homes andaban fuxidos por aquí.

Recordo que ó mellor ías polo monte e atopabas homes tirados, algúns xa mortos, outros feridos, pero o que si que vos podo dicir é que todos fuxían.

Houbo un moi coñecido na Guarda que se chamaba Juan Noia, que viviu tres anos oculto nunha casa moi preto de aquí. Todo o mundo sabía que estaba agochado alí e a súa familia ía visitalo e levábanlle

Page 20: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

comida, pero cando a Guarda Civil viña a preghuntar polos fuxidos, naide dicía nada. Aquí todo o mundo calaba e axudábanse uns ós outros, xa que calquera día o que se atopara nunha situación coma a de Xoán Noia, podía ser alguén da túa familia.

O que si que nunca se me olvidará foi a fame que pasamos. Meu pai non tiña diñeiro pra comprar comida prá casa, e aínda por riba era obrighado a traballar plantando árbores no Picoto e no Terroso, e tamén nos montes de aquí preto, sen recibir nin unha peseta a cambio.

Page 21: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A pesar de todo...

...a diversión

Page 22: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Os xoguetes:

Os únicos xoguetes que tiñamos eran uns que nos facían os nosos pais.

A miña nai, a min e as miñas irmás facíanos unhas monecas de trapo. E o meu pai ó meu irmán facíalle un xoguetiño de madeira, que non me lembro aghora como se chamaba, pero do que si me acordo e que tamén lle facían uns xoghetes que se chamaban traques.

Estes eran os nosos reghalos do día de Reis.

Page 23: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Algúns xogos:

Cando xa eramos rapazas de casar, non sabíamos facer outra cousa que xoghar a xoghos de críos... xoghábamos á cachiza, á roda, ó tres en raia na terra, ós alfileres...

Page 24: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

As festas:

Nos íamos a tódalas festas, se nos dicían que había festa en Triana pois todos íamos a Triana (alá nos montes de Couselo), tamén íamos á Guarda, Goián, Oia, Viladesuso... e como tiñamos que estar ó toque da oración na casa, pois collíamos as zapatillas na man, que eran as únicas que tiñamos e había que conservalas, e botábamos a correr prá casa ou senón o próximo domingo quedabamos na casa castighadas.

Page 25: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Canción cantada no Recreo Artístico Guardés fai moitos anos

Page 26: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Os mozos:Eu era moi ligona, e con quince anos xa tiña

mozo, co que me casei ós vinte e tres anos. Aquilo era moi bonito, porque íamos ós bailes e

poñiámonos tódalas mozas nunha roda e despois viñan eles e cada un arrimábase á súa pra ir bailar con ela, pero nós non queríamos que viñeran porque queríamos ir cos outros, só os queríamos pra ir á noite con eles prá casa, e así non ir soas...

E é así, antes había as mismas trampas que hai aghora.

Cando estabamos na casa, eles marchaban prá Telleira e nós quedabamos alí, pero nós non lle ghuardabámo-la casa, íamos a cantos bailes había, moitas veces sen dicirlles nada...

Page 27: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Tamén había unha rivalidade entre os mariñeiros e os da aldea. Nin ós mariñeiros lles gustaban as da aldea, nin ós da aldea lles gustaban as mariñeiras. Por iso nos miraban mal cando eu e unhas amigas nos xuntabamos cuns rapaces mariñeiros que nos gustaban...Ata nos chegaron a por un mote...chamábannos as “bombín”.

Page 28: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Algunhas anécdotas:

Page 29: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Algunhas anécdotas:* Recordo unha de cando ía ós percebes. Un día

meu pai dixérame que como tiñamos moita fame, en vez de diñeiro trouxera pan. A min, que ese día ía con dous quilos de percebes a vendelos a unha casa en que se me compraba, déronme a cambio tres quilos de pan de millo. Fun prá casa máis contenta ca un cuco!

Outras veces, cando eu tiña moita fome, o pouco que me daban xunto co diñeiro, xa o comía polo camiño, e cando cheghaba á casa, eu, caladiña, non dicía nada, porque senón tiña que repartilo cos meus irmáns, e así era todo para min.

Page 30: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

*

Eu tamén tiña un tío que era falanxista. Era poeta. Tamén escribiu no Heraldo Guardés, un xornal da Guarda, e colaborou na revista Vida Gallega e no xornal El Pueblo de Vigo, e no 1921 emigrou a Sevilla, logo de varios anos de telleira co seu pai. En Sevilla enriqueceu o seu coñecemento e xa en 1932 escribiu un libro de poesía, Lágrimas del corazón.

A súa morte foi estraña. Morreu autoenvenenándose, xa que foi víctima dunha traizón e calumnia por culpa duns cartos desaparecidos das arcas municipais.

Page 31: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
Page 32: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Os novos

tempos

Page 33: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Eu non critico pra nada a xuventude de aghora,pero o que digho é que todo cambiou muito, por exemplo, antes íamos pró baile as cuatro da tarde e víñamos para casa ás oito, pero aghora saen ás dez ou doce da noite e cheghan ás dúas, tres ou seis da mañán.

Tamén cambiou a forma de divertirse, antes nós íamos ós bailes, e aghora vós vandes ás discotecas e encerrándeisvos alí.

Eu non digho que iso non sexa diversión, pero é diferente. Pra min antes era mellor, aínda que non critico o de aghora.

Page 34: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Hoxe en día temos moitas vantaxes, e só vos digho unha cousa, aproveitai o que tendeis, que aghora vivimos coma reis.

Aghora eu tamén me divirto. Saio á praza é falo cas veciñas, miro a televisión no sofá, o fútbol, que me ghusta muito, vou ver o Novás... Pero tamén me ghustaría facer as festas de antes alghún día.

Xa centrándonos na política, eu penso que Felipe González foi quen nos axudou a que todo fora mellor, e gracias a el temos o que temos hoxe.

Page 35: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A HISTORIA DE

CARMEN

Page 36: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

*.-PRESENTACIÓN-.**.-PRESENTACIÓN-.* *NOME:Carmen Baz Alonso*IDADE: 77 anos

É coñecida no pobo como Carmen a do Lato,familia á que pertence.É unha persoa moi alegre, cantareira e divertida...Vive en San Caetano, cos seus fillos, as súas respectivas parellas e as súas tres netas.

Page 37: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

O seu barrio... ...e as súas xentes

A pedra do Grelo

Page 38: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A capela de San Caetano

Page 39: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Vellos mariñeiros

Page 40: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Manuel do Canal

O tío Chirro

O tío MarDomingos

Page 41: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

No cruceiro da praza de San Caetano

Marina (a forgueira) e Avelino (o mudo)

Page 42: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
Page 43: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A tía Piruana

O tío Francisco Mauro e

a tía Jesusa

A tía Antonia

Page 44: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Vellos amigos

Page 45: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

cinco compañeiros cun peixe espada no Valladeiro

Page 46: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A súa infancia...

...inolvidable

Page 47: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Eu nunca fun á escola, e ghustaríame ir, pero non pudía porque éramos dez irmáns e tiña que coidar deles, xa que naqueles tempos as nosas nais tíñannos pra atender os fillos, e entre que coidaba deles e traballaba non tiña tempo de ir á escola.

Hoxe en día aínda nun sei ler nin escribir, o único que sei é o que a miña mente aprendeu agora...

Nun tiñamos casa onde vivir. Eu ós dez anos xa ía pola aldea vender

peixe nunha patela.

Page 48: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

*Os xoghetes: Xoghetes? Eu nunca tiven xoghetes!

E na Noche Buena e na Navidad aínda que non tiñamos xoghetes na miña casa era a aleghría máis ghrande que pudía haber, porque como cantabamos muito, con dúas nociñas e catro pasas, había cantarola ata o día. Tampouco tivemos fotos da primeira comunión, porque tampouco había diñeiro para paghalas.

Page 49: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

E vestidos? Preghuntándesme polos xoghetes e non polos vestidos? Eu nunca tiven dous vestidos. O único que tiña había que lavalo pola noite e pola mañán cunha plancha de carbón, planchalo ben planchadiño pra ires ghuapa pola tarde.

Page 50: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A vida cotiá...

Page 51: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A súa familia:

Page 52: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Os Latos...pais de Carmen

Page 53: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

O traballo: Con dez anos xa ía á aldea e a

Goián,andando,a vender peixe cunha patela, pero ó mellor non tiñamos venta e había que vir de volta prá casa sen unha peseta... porque a venta só era unha hora, a hora na que xente saía da misa...E tiñamos que ir ata alá descalzas porque nun había calzado.

Eu tiña casa pra ir traballar, onde de inverno traballaba dúas tardes á semana e me daban cinco duros, e logho viña o verán e aínda traballaba máis e paghábanme os mesmos cinco duros.

Traballei tamén coas redes, arrastrándoas, atando, lavándoas...

Page 54: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Cando tiña vinte e tres anos fun servir pra unha casa de dez fillos e ghanaba vinte duros ó mes. A nosa vida foi unha miseria. Tiñamos que coller as carqueixes e cepillo e ir freghar polas casas.

Tamén traballei emporlando o porto da Guarda...

Page 55: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Esta son eu no desfile da Festa do Monte con redes nas mans.

Page 56: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A fame... O único que tiñamos pra comer eran

papas, e pra iso só levaban fariña con aghua fervida mais verdura cocida, nin touciño nin unto...E levantábamosnos sen almorzar e a noite íamos prá cama sen cear...Pasei muita fome, muita fome!

Page 57: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Eu tiven unhas tías que marcharon á Arxentina e dunha delas non sei nada, nin se morreu, se aínda vive ...Nada!

Tamén tiven familiares en Segovia, Barcelona …

Emigración:

Page 58: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

As festas... as romarías

Page 59: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A festas, nun fun a muitas, só ía ás de por aquí...a San Roque, por exemplo.

As nosas festas eran cantar e bailar, ai se vos contara todo o das festas, nun vos cabía en dous libros...

Había aquí na cruzada un home que tocaba a ghaita que era coñecido por todos, “o tío Lancha”, e nós con só a súa ghaitiña bailabamos e faciamos unhas festas que eran unha marabilla...O tío Lancha era o ghaiteiro que había, e el por onde andaba sempre había festa...

Page 60: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Canción...A BerberechiñaGuardesiña da Cruzada ten coidado coas cebolas,(bis)

se che pican, se che pican, fóra o demo e non as comas,

(bis)

(retrouso) Arrastráche-lo cu polas pallas e fixeches o niño no chan,e manchaches a berberechiña que traías lavada do mar,que traías lavada do mar, que traías lavada do mar,Arrastráche-lo cu polas pallas e fixeches o niño no chan.

Un rapaz coa súa noiva unha noite no Curuto,(bis)nun recuncho moi escuro deulle bicos coma un bruto,(bis)

/retrouso/

Xa se sabe quen de noite se bañaba en Fedorento,(bis)era o cura cunha monxa que fuxía do convento,(bis)

/retrouso/

Cando fun o Monte Tegra cunha moza de Almería,(bis)ensineillo todo todo que era o que ela quería,(bis)

/retrouso/

Antonio Alberto.[ grupo Lareira ]

Page 61: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Os mozos: Eu nun quiría os noivos ricos, porque eu era

pobre e ó mellor botábanmo en cara... Os mozos nós coñeciámolos oíndollos cantar, ou senón viñan eles sacarnos bailar, pero nos elixíamos, como nun nos conviñera, “media vuelta e pa’ derecha”...Ai! nós tiñamos trucos pra que non se acercaran a nós os que nun quiríamos, e tamén houbo alghúns que quedaron plantados, ai non...

E mira, o meu home coñecino víndome cantar á porta, eu tiña vinte e catro anos...

Page 62: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

O tío Lancha tocando a gaita

Page 63: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Disfrutando cos seus a Festa do Monte

Page 64: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Festa do Monte...o rapaz do sombreiro é seu fillo

Page 65: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A romaría de Santa Tegra

Page 66: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
Page 67: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A banda de San Caetano.....A Corea

A festa do monte ...

Page 68: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

O franquismo...

...lembranzas

Page 69: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

A guerra civil: Eu tiña seis anos cando foi da gherra e

paseino moi mal. A miña abuela tiña dous netos na

gherra, e un día cando estaba na ventá da casa, viu como un dos seus netos se poñía enriba dunha pedra, e moi emocionada de ver ó neto que xa daba por morto,resistiu, pero logho mirou ó outro, e xa na ventá, deulle un ataque, e xa non resistiu tanta emoción. Morreu.

Page 70: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Non. Naquela estaba, porque estaba azocada con el. Cando el estaba, había que achantar, porque eu non tiña idea do que era a política nin muito menos. Moitas veces fun cantar á praza do reloxo o “Cara ó Sol”, e logho nós ó cheghar á casa cantabámoslle:

- Cara ó sol ,coa barrigha vacía…

Estabas a favor de Franco?

Page 71: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Fuxidos: Na familia da miña avoa houbo

fuxidos. Houbo un moi coñecido que estaba casado cunha sobriña da miña avoa: Juan Noia. El tivo que pasar muitas veces a Portughal pra escapar dos falanxistas polas súas ideas, xa que era comunista.

Nese tempo había que pensar coma eles, senón …

Page 72: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Algunhas anécdotas:

Page 73: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

* Eu traballaba pra unha muller limpando na súa casa. A cambio dábame cinco duros, pero ás veces non me paghaba. Acórdome que cando estaba pra casar, prometeume que en vez de pagharme daríame un reghalo de voda. Ó final quedei sen diñeiro e sen reghalo de voda.

Page 74: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

* PRA LUCIR OS BICOS, PRA CANTAR OS LATOS, E PRA BAILAR OS MASCATOS *

Este é un refrán típico da Guarda. Os Bicos eran unhas persoas altas e cuns

ollos moi bunitos, eran os ghuapos do pobo. Os Latos, familia a cal pertenzo eu, é unha

familia na que todos cantaban moi ben, eran as mellores voces do pobo, eu diría que as mellores de España. Aínda hoxe son coñecidos por iso. Por exemplo, o famoso Tino Baz pertence ós Latos, é meu sobriño.

Os Mascatos, eran coñecidos polo ben que bailaban.

Page 75: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Os novos...

tempos

Page 76: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Eu creo que agora estamos muito mellor. Pra min a mellor época da miña vida foi a vellez, non dependemos dos fillos pra nada, cando quero ir de viaxe vou, teño unha pensión que me dá pra vivir ben...

Xa, centrándonos en política, a mellor época pra min foi a de Felipe González, que foi quen nos deu unha pagha,sesenta mil pesetas, porque meu home era enfermo e iso aghradecíase muito...

Page 77: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Eu só vos digho que ánimo, traballar, non quededes cos brazos cruzados, agharrande ben as letras e non queirais ser estropallos de naide.

Ser persoas e tratándevos ben uns ós outros que é o mais bunito que pode haber nesta vida.

Page 78: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido

Conclusión do traballo:

• Foi un traballo moi interesante, xa que os nosos avós, avoas neste caso, gardan un tesouro que se non fose por este traballo quizais non descubriríamos nunca.

• As dúas se puxeron moi nerviosas no momento da entrevista, e ata en momentos se lles saltaron as bágoas da emoción de recordar os momentos tan duros que viviron.

Page 79: O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido