o tesouro dos nosos avos dani

31
O tesouro dos nosos avós Entrevista a Manuel Rodríguez Martínez

Upload: vicente

Post on 30-Jun-2015

1.098 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

O tesouro dos nosos avós

Entrevista a Manuel Rodríguez Martínez

Page 2: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Introdución

O seu nome é Manuel Rodríguez Martínez. Naceu o día 10-12-1925 no Rosal, polo que agora ten 81 anos. Vive dende a súa infancia en Marzán, unha pequena aldea do seu lugar de nacemento. É máis coñecido polo sobrenome de “O Trintiña d’O Rosal”.Os seus veciños téñenlle moito cariño e é moi coñecido en todo O Rosal, metade da Guarda e moitos pobos de España, xa que é unha persoa moi activa e non para de amosar e dar entrevistas a todo aquel que llo pida, sobre todo da súa gran afección, que era o seu traballo, ser telleiro. Nestes momentos da súa vida, “O Trintiña”, adícase a todo tipo de labores da veiga; como podar a viña (ten moitas viñas e delas saca un

Page 3: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

viño moi bo, tanto o tinto coma o branco é un viño que gusta a toda a familia e amigos), sacar e pór patacas, botarlle esterco... e coidado dos animais da súa casa; as galiñas, pavos, coellos e por suposto dos seus gatiños (sobre todo a súa gatiña, Lolita, que xa leva moito tempo facéndolle compañía)e a súa cadeliña, Chispa. Todo isto a pesar de que case non pode andar porque xa leva varias operacións nunha perna e anda medio tolleito, e tampouco pode cerrar ben a man porque tamén tivo algunha que outra operación.

Page 4: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

A miña opinión sobre el é que é un homiño moi traballador, e a causa deste traballo, un home con moito carácter que de vez en cando sóltache unha que outra palabra mal soante que che pode chegar a sentar moi mal, aínda que ás veces chas diga sen darse moito de conta. Gústalle moitísimo falar, comer ben e beber bo viño. O meu avó é moi cariñoso aínda que tamén moi cutre, xa que por moito que lle fagas a pelota non che solta nin un céntimo. Adora a natureza e sempre está disposto a coñecer lugares novos.

Page 5: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Como foi a túa infancia?

A miña infancia, dende que eu a recordo, cando tiña 5 anos xa ía dalgunha maneira traballar, xa ía buscar piñas ó monte para ter leña na casa ou se eran boas ir vendelas á Guarda.

Page 6: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Cando empezaches a escola?

Cando comecei a escola foi en 1930 e cando levaba 5 ou 6 anos estoupou a Guerra Civil Española, marcháronnos os profesores para a guerra, despois fomos a unha escola que non nos pertencía pero colleunos o mestre e alí fun ata os 13 anos.

Page 7: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Con cantos anos comezaches a traballar?

Aos 13 anos xa fun traballar para a telleira de Ourense, Pereiro de Aguiar, e fixemos a viaxe a pé. Que hai 120 ou 160 km., para alí e fixen a temporada e aprendín a tender o primeiro ano. E así comecei, de inverno viña para a casa a traballar despois traballaba na casa ata o mes de abril e volvía a traballar na telleira, e así 25 anos. Ata 1963. Con 38 anos que tiña.

Foto 1963.

Page 8: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Foi emigrante?

Si, no ano 1964 marchei para Suiza temporeiro, nunca tiven contrato. Axustábanme tódolos anos. E así botei ata os 65 anos que me xubilei. E esa foi a miña vida laboral.

Page 9: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Como vos divertiades polas tardes, festas...?

Cando estabamos na telleira non había diversión, traballábase todos os días e os domingos ata medio día e tiñamos a tarde libre para afeitarse, lavarse... na telleira non había nin domingo nin semana. Dicíase de sol a sol pero traballábase de estrela a estrela, mellor dito. E en Suiza, pois tiñamos unha xornada de 10 horas de traballo na construción. E despois facía algún “traballiño” de estraperlo e os domingos tamén. Pero cando viñamos de inverno para a Guarda divertiámonos nos salóns de baile,

Page 10: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

iamos ao cine e na coresma non había baile, só iamos ao cine… e iamos ás verbenas, había moitas festas públicas. A cada santo facíaselle unha festa. E iamos á festa pero faciamos a viaxe a pé. Cheghamos a ir a Oia, que hai 10 km., a pé. E había que ir 10 km para alá e 10 para acá. Nós divertiámonos así, non como agora que ides á discoteca.

Foto de Carnaval, vestido de muller montado nun burro. 1954.

Page 11: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Como viviu o Franquismo?

O franquismo foi dende o 1936 cerca de 40 anos que acabou cerca do 76 ou por aí cando morreu Franco, no 75. Pois era… unha ditadura, e aí pasei eu a maior parte da miña vida. Ao servizo militar había que ir forzoso. A quinta do 40 e do 41 botaron 6 anos de mili. Marchar de 18 e vir xa de 24 era un bo tempo de mili. Había que obedecer.

foto durante o franquismo

Page 12: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Como se viviu o movemento da emigración?

Aquí por Europa, porque antes se emigraba muito pero á América, a todas as partes de América. Pero logo cando rematou a 2ª Guerra Mundial pois abriuse moito aquí o traballo en Europa. E nós como estabamos aquí agharrados naquilo... porque os españoles oficialmente non fomos á 2ª Guerra Mundial, porque acababa de rematar a Gherra Civil española e entón emigramos por Europa. E ghanábase pouco porque os prezos non estaban compensados.

Page 13: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Que facía a súa muller mentres vostede estaba en Suiza?

A tía Elisa o primeiro criar os fillos, que tivemos os tres en sete anos pero o par de criar os fillos, tiña dous porcos, non sei cuantas ghaliñas, tres coellos, un cabalo, ata dúas vacas. E para todo iso había que ir buscarlle comida, darlle de comer, empallar mañán mediodía e noite e despois semeabamos millo, patatas, freixóns, o viño deu algho bastante. Así que esta muller traballaba noite e día, máis ca min a man.

Page 14: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Pasastes moita fame?

Pasei moita fome, pasei. E pasei fome de rapaz, moita. E sempre rendiamos igual no traballo. Iso nunca foi nin é nin será. Os homes rendían cada un como podía ou como quería, porque tamén había rácanos daquela, dos que queren facer a presentación pero non o traballo. Daquela o traballo era máis pesado que aghora, non había máquinas, era todo manual.

Page 15: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Proceso das tellas

As tellas son feitas dunha materia principal que se chama arcilla. Logo esa arcilla vai amasada con agua, para amasala xa ten ela un proceso en si porque hai arcillas que seghún as arrancas no barreiro bótanlle agua e xa abrandan pero outras non, a maioría das arcillas hai que solealas, secalas primeiro ao sol e logho botarlle agua e cando o sol baixa e cando se

Page 16: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

fai o amasado, e ao amasar o barro, que o barro amasábase cun cabalo nunha grande pía que se faía no solo e metíase alí dentro un home cos pantalóns arremangados ou pantalón corto e co cabalo sobaba a pía, tiña a súa maneira de sobala é dicir, para que o cabalo fillera o seu traballo ben, había que ghialo dentro da pía, levábase a cuartear a pía, meter as beiras, primeiro aghuar, botábase unha pía hoxe á noite e cubríase de aghua aquel barro, aquela arcilla e mañán pola mañán o primeiro proceso era recavar,

cunha aixada volver todo aquilo e despois o barro, cando estaba a medias de amasar metíase

nos bornos, chamábase meter as beiras por medio e outra vez cavar e así tiña que faer unha marcha nuns sitios máis que noutros porque

Page 17: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

había sitios nos que daba pa tres horas, o amasar unha pía, que daba pa cuatro mil tellas. O home que faía este traballo chamábase “o pieiro”.

Unha cuadrilla completa, había quen ían traballar só dous, outros levaban fillos xa pequenos, porque eu fun con trece anos pero había rapaces de nove xa nas telleiras a traballar cos pais sobre todo nas

Page 18: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

vacacións de verán da escola, entre xuño e setembro.

Eu o primeiro ano mais o seghundo, fun cun señor de Sandián, Sebastián Cerqueira, se chamaba, o patrón, e fun como te dixen antes a pé de aquí a Ourense e logho a pé para acá pero despois

Page 19: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

fun cunha cuadrilla. Eu fun once anos de obreiro, aprendín o oficio e logho fun pola miña conta.

As ferramentas para faer as tellas son: o banco, a mesa, a ghradella e un formal e logho o barro que se vai faendo en montóns que se chaman mudadas

Unha vez feita a masa das tellas, énchese a ghradella faese a tella, logho o tendedor, que soe ser sempre un neno, de trece a vinte anos, pois co formal, a tella faise plana e logho ao botala enriba do formal ela curvéase soa, e logho hai que tendela e deixala de pé.

Page 20: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Alí dáselle ás mans, as tellas, nivélanse e tal sácase e quedan alí a secar. Normalmente as que se faían hoxe recollíanse mañán á noite. No forno, quen tiña un cabanón, recollíanse para alí ao estar secas porque ao acabar de facer non se poden recoller porque están blandiñas e entón ao estar secas, recollíanse e os que tiñan cabanón xa se metían directamente ao forno, preparada xa pra cocer, que se chamaba encallar. O meu forno levaba: trinta e cinco mil tellas e cuatro mil ladrillos e cuando tiñas o material feito e seco iamos un día a cuadrilla a encañar e había que saber andar con elas porque alghunhas rompían, había que saber andar con elas.

Tiñamos un mandil todos os telleiros.Hoxe as tellas faense a máquina, non se faen a man. Fai

hoxe máis unha máquina nunha hora que nós nas vinte e catro horas do día.

Page 21: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Como viviu a chegada das novas tecnoloxías?

Nós xa non tiñamos tempo de escoitar nin de ler o periódico. Daquela non había televisións. Había moitos lugares nos que non había electricidade, pero cuando había así un partido de fútbol, alá polos anos cincuenta fixemos algún convenio, imos mirar o partido pero o domingo pola tarde traballamos todo o día, e faiamos iso. Había tabernas, nas que ías mirar a televisión, tomabas unha copa ou o que fora e mirabas o partido. Eu fun o primeiro que trouxo a televisión para a Cachada. A televisión non se podía mirar sempre porque había que medir a electricidade, porque non había diñeiro para pagala.

Page 22: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

De calquera maneira, eu fun un dos promotores de pór o teléfono aquí. Para traer unha liña aquí tiñamos que ter un mínimo de quince teléfonos porque o teléfono máis cerca de aquí estaba a dous quilómetros, era no Rosal, nunha cabina pública para ir falar todo o mundo, tiñas que pagar conferencia porque teléfono privado non había como agora.

O primeiro multicultor que había nas Cachadas foi o meu, o terceiro no Rosal.

Page 23: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Con que anos se casou vostede?O dez de decembro, con trinta anos,

o día do meu cumpreanos. A señora tivo tres fillos, tres varóns.

Os meus tres fillos saíron pouco estudantes, eu quixen estudiar aos fillos, eu mandeinos ao colexio de pago, para que estudiaran, pero non estudiaron, ían para a Ghuardia a fumar pitillos. Aprenderon a ler e escribir pero non aprenderon ghrande cousa. Un foi ao colegio ata os dezaoito anos e sacou o bachiller.

Foto de familia

Page 24: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Comunicación

Eu comunicábame por cartas, en Suiza mismo non tiñamos teléfono na casa. A señora e eu comunicabámonos por cartas. A miña señora e eu escribiamos unha carta por semana. Tódalas semanas, o domingo eu escribíalle unha carta á muller.

Page 25: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Os 65 anos…Sentinme moi estraño. Dende os

trece anos ata os sesenta e cinco non pasei nunca un verán no Rosal, o que máis pasei foron once días que vin de vacacións de Suiza. Non tiven nunca vacacións na miña vida. Cando eu vin de Suiza jubilado pois xa só había un fillo na casa, os outrs xa casaran, porque os fillos non me deran moita gherra.

Despois de xubilarme, seguimos faendo a vida da agricultura.

Foto 40 aniversario de casados

Page 26: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Que é o que máis bota de menos?

Eu o que máis botaba de menos era aquel ambiente que tiñan de verán no traballo eu non sei aínda hoxe traballar aquí. Eu este ano estíven a rendar patacas coa man aínda que pareza mentira eu non sei andar aquí, bueno ten pouco que faer pero eu non fixen nunca viño, a que o fixo sempre foi a señora, que era a que sabía faer viño, as patacas era a señora as que as sachaba, ela era a que andaba co multicultor a abrir os regheiros. Eu non sabía traballar no campo.

Page 27: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Opinión cara ao futuro

Vexo muita velocidade, futuro progresivo, pero hai un refrán que di: “de gran subida, gran caída” e con iso xa o dixen todo, progrésase a muita velocidade todo, calquera cousa que mires tanto ten tecnología coma industrias coma no traballo mismo, hoxe unha persona coma eu que non podo faer nada eu ca miña maquinaria que teño faio máis que o pobo da Cachada enteiro

Page 28: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Por que segue traballando despois de xubilado?

por amor ao arte. Porque considero que o traballo entretén ao home. Eu aghora xa non traballo polo rendimento, a min ghústame traballar para entreterme o primeiro. O pouco que teño non o heredei porque o compramos e sei o que me custou. Eu traballarei mentres poida entreterme con algo

Page 29: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Anécdotas

“un día, un home en Suiza preguntoume se estabamos contentos con Franco e eu díxenlle que como non coñecía outra cousa …”

“Mandáronme encofrar as bases dun motor, un motor dun ascensor, ghrande motor eléctrico, e cando estaba a desencofrar metinlle un pico e descolgóuselle o pé e deixei alí aquela empanada que cando foran montar o motor tiñan que volver a montar todo de novo...”

Page 30: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Valoración da entrevista

Nada máis chegar á casa de Manuel el recibiunos coma se fosemos por ali todos os días. Durante toda a entrevista Manuel estivo moi animado, e aínda que non estaba polo labor de falar moito, aínda así conseguímoslle sacar moita información. Conforme pasaba o tempo cada vez ía animándose máis e iso facía que o ambiente cambiara de ser unha entrevista para un traballo a unha charla entre dous mozos e un señor maior. Na despedida, Manuel, parecía ou dábanos a impresión de que quería seguir coa conversación, ou que quería que volvesemos a darlle alguna visita, e ter outra conversación como a que tivemos ese día.

Page 31: O Tesouro Dos Nosos Avos Dani

Traballo feito por:

Tania Aldrover AldroverDaniel Dorado MauriPatricia Rodríguez Acevedo