ies a sangriña (a guarda) – o tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - cd6

30
O tesouro dos avos

Upload: patrimonio-de-futuro

Post on 01-Aug-2016

225 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Desde o IES A Sangriña (A Guarda) chéganos este material para o segundo certame de recolla da tradición oral, no curso 2007-2008, organizado por Ponte…nas Ondas!.

TRANSCRIPT

Page 1: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

O tesouro dos avos

Page 2: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Meu avó

Page 3: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Meu avó chámase Luís Rodríguez Pérez, naceu o día tres de Xuño de1932, na Guarda, polo que actualmente ten 75 anos.

Pasou a súa infancia intentando estudar o pouco que lle deixaban etraballando duramente para poder gañar o pan de cada día…

Ós catorce anos comezou a ir ó mar en gamela co seu pai que eramariñeiro. Pouco a pouco foi aprendendo o oficio o cal sería o que o

alimentaría a el e a súa familia durante a súa vida.

Con 18 anos casou coa miña Avoa, María Rita Lomba Rodríguez e copaso do tempo foron tendo fillos e creando unha familia.

Tiveron catro fillos: María Emilia, Luís, María Rita e Fátima María.Ós 59 anos deixou de traballar no mar por problemas de saúde e

comezou a traballar xunto a súa muller atando redes, oficio que aíndadesempeñan.

Actualmente segue vivindo na Guarda coa miña avoa e posúe unhasaúde envidiable.

Page 4: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

MI A AVoAÑ

Page 5: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Miña avoa chámase María Rita Lomba Rodríguez, naceu o día vinteseis de Febreiro de

1937, na Guarda, polo que actualmente ten 70 anos.Pasou a súa infancia na Guarda aínda que pasaba temporadas en

Tui cunha familia adiñeirada.Dende moi pequena xa traballaba no campo e levando peixe ás familias máis ricas. Aínda que toda a súa vida a pasou atando

redes para que os mariñeiros podan pescar.Con 18 anos casou co meu avó,Luís Rodríguez Pérez e co paso

do tempo foron tendo fillos e creando unha familia. Tiveron catro

fillos: María Emilia, Luís, María Rita e Fátima María.Actualmente segue vivindo na Guarda co meu avó, traballando no

campo, traballando as redes e sempre moi activa. Posúe unhasaúde envidiabel.

Page 6: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

A escola

Page 7: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Meu avó garda grandes recordos da súa etapa na escola xa que lle gustabamoito acudir alí e aprender cousas novas cada día. Sempre recordará o seu

magnífico profesor Don Nicolás Gutiérrez Campo, que impartía clase noSinde.

Pero non todo eran bos profesores, tamén recorda a un chamado Don Braulio,o cal era da falanxe e facíalles clase de instrución no patio, no cal había

unhas pedriñas que lle ferían os pés ao correr sobre elas…Había días que o gran profesor Don Nicolás, castigáballes sen ir á seguinte

clase, só por que non sufriran correndo enriba desas pedras tan ferintes paraeles…

Moitas veces non podían ir á escola xa que tiñan que ir ó monte a collermadeira para levar á casa para poder cociñar. Normalmente ían os xoves, xa

que era o día que non había clase…Sen embargo, moitos outros días que si había clase non podían ir por iso outamén porque tiñan que ir traballar ao campo, sobre todo en época de sembra

ede recoller o alimento.

Page 8: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Un futuro inalcanzable…

Page 9: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Meu avó era e é unha persoa moi intelixente. Seu mestre quería que estudara xa que coas capacidades que tiña podía ter un bo futuro, pero a súa familia, non podían permitirse ese

luxo… As matemáticas dábanselle especialmente ben e el cóntame que

cando o seu profesor, Don Nicolás, estaba facendo o problema no encerado el o facía o mesmo tempo e cando o seu profesor remataba de explicalo el xa o tiña todo feito. Ía ensinarlle como estaba e sempre estaba ben, polo tanto o puña nunha mesa ó lado do mestre para que fose corrixindo

os exercicios dos seus compañeiros, dicíalle: “Se está coma o teu está ben, se está diferente é que está mal”.

Un día, seu profesor chamou aos seus pais para dicirlle que era unha persoa moi capaz e que se puideran, deberían darlle uns estudos… Por desgraza, a súa familia non o podía permitir…

Page 10: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

A escaseza de alimento

Page 11: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

A escaseza de alimento foi un gran problema para a poboación naquela época.

Meu avó conta que moitas veces se tiña que regular o alimento por medio de tickets, cada persoa collía un para poder ir buscar o pan, xa que se non o tiñas non cho vendían… Era

unha forma de regular o seu consumo xa que non daba para a alimentación de todos…

Outras veces non chegaba a fariña á panadaría e polo tanto ninguén podía comer… Iso, aínda que pareza raro, pasaba

moitas veces…Moitos membros da familia tiveron que emigrar a Arxentina ou

a zonas con mellor nivel de vida para poder ter un alimento que dar aos seus fillos.

“ O día que tiñas o duro para comprar o pan, non había pan, e cando había pan, non tiñas o duro…”

Page 12: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Unha an cdota…é

Page 13: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Era un día de inverno, e meu avó e un compañeiro da súa clase estaban metidos na entrada da súa casa, ao lado da casa do secretario do

concello.Chegou a panadeira con catro ou cinco barras de pan para darllas ao

secretario, pero non estaba na casa e deixouna no pasamáns da casa, a cal tiña tres pisos.

Meu avó e seu compañeiro foron coller o pan xa que levaban dous días sen comer… Comérono todo, non deixaron nin unha miga…

E caeulle unha denuncia… foron os gardas municipais ao colexio onde estudaban a dicir que lle roubaran o pan…

Seu mestre, Don Nicolás díxolles aos municipais…”Eles non roubaron nada, fóronlle quitar o pan a quen tiña pero de roubar nada” e os

gardas contestaron que tiñan que ir seus pais ao concello para ver que podían facer con eses nenos que roubaran…

O mestre foi en lugar de seus pais e explicou que iso non é roubar, que o secretario come tódolos días mentres que eles levaban xa varios sen

comer… E que por un día que non coma non lle ía pasar nada…

Page 14: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

O traballo

Page 15: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Naquela época comezábase a traballar practicamente dende que naces…xa que tes que ir buscar leña ao monte para poder cociñar, ir traballar ao

campo… etcSobre os once ou doce anos xa se comezaba a aprender un oficio, no caso

do meu avó, a pesca. Ía co seu pai ao mar na gamela e ensináballe a gobernala e a utilizala da mellor forma posible xa que sabía que ese, ía

ser o seu futuro, non ía poder elixir…Xa os catorce anos comezaba a traballar en serio a cambio dun salario. Pouco a pouco o foi facendo mellor e logrou ir traballar nun barco maior que se pasaba sobre unha semana ou dez días fora para pescar. E así foi subindo pouco a pouco ata que traballou con pescanova e botábase

fóra da casa ao mellor cinco ou seis meses… E cando volvía só estaba na casa uns dez ou quince días…

Por culpa disto non viu nacer a algunhas das súas fillas e o seu trato con elas na súa infancia foi bastante pouco… “era iso, ou morrer de

fame…”Xa cando chegou os case sesenta anos, deixou o mar e comezou a atar redes. Miña avoa levaba toda a vida facéndoo e non foi difícil aprender

para meu avó.A día de hoxe, aínda segue traballando niso xa que a pensión non lle dá

para sufragar os seus gastos…

Page 16: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Uns zapatos novos

Page 17: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

O mesmo día da Primeira Comunión, prestáronlle uns zapatos para que non fose descalzo a cerimonia. Un tempo despois, tivo que ir dende a igrexa da Guarda ata o Pasaxe, xa que lle ían dar un pedaciño de chocolate. Para ir ata aló, foi

calzado. Era un día que chovía moito e o calzado víñalle moi ben.

Pero claro, foi moi ben ata alí, pero para volver xa non aguantaba co calzado posto, ao non estar acostumado, xa que

sempre tiña que andar descalzo porque seus pais non se podían permitir mercarlle calzado, quitounos e foi andando

ata a A Guarda, descalzo, chovendo…Unha vez na súa casa, súa irmá díxolle que se non se puña o

calzado que o puxera ela, e quedouse con eles… Meu avó nunca máis soubo acerca daqueles zapatos…

Page 18: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

O galego

Page 19: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Palabras da miña avoa:“Nós falabamos sempre galego, ninguén falaba castelán, pero claro, cando tiñas

que ir ó médico por exemplo, tíñaslles que falar castelán, porque se lle falabas galego mirábache baixa, coma se non tiveses educación… E que

claro, todos falabamos galego pero a xente rica falaba castelán e ao ver que ti falabas galego discriminábanche… Falar galego para a clase alta era

coma dicir que eras pobre.Nós cando xogabamos ás casiñas entre amigas utilizabamos o castelán para facer coma que eras moi fina, moi importante.. ¿¿ E na escola ? O mestre sempre che falaba en castelán aínda que nós sempre lle contestabamos en

galego.E claro, coma consecuencia disto, nós ensinámoslles aos nosos fillos o castelán

como lingua habitual xa que non queriamos que os discriminasen coma nos facían a nós…

Agora por exemplo é moi bonito… A min encántame ir pola rúa e ver os nenos falar galego, fame graza…

Ademais, nós sabemos falar galego pero non o falamos ben… Viña xente de Ourense a así que dicía “Pota”; “As maos”, e nos pensabamos, que mal fala

esta muller… E non, realmente eramos nos os que o falabamos mal…E a igrexa por exemplo era en latín… ías alí e non entendías nada…”

Page 20: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

A 1ª Comuni nó

Page 21: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

No ano 1941 meu avó fixo a súa Primeira Comunión, con nove anos. El conta que naquela época,debido ó pouco diñeiro que se dispoñía,

tivéronlle que prestar o traxe xa que non podían pagar un novo. E claro, prestáronlle tamén uns zapatos de tea por baixo para que

non andara descalzo. Recorda que aquel día chovía moito e ía moito frío, aínda que fose a comezos de maio. Entón, a súa avoa, díxolle que era unha bágoa que con ese frío que ía non puideran ir comprar un chocolate ou algo quente para levar mellor o frío, xa que non

tiñan cartos…Sen embargo, por ser o día que era, as monxas déronlle a todos os

que estaban facendo a comunión, un chusco de pan e un cadradiño pequeno de chocolate. Foi correndo para casa para poder facelo e tomalo ao instante pero cando se deu conta, e chegou á casa, xa non o tiña, rematárao polo camiño… Tanta era a fame que pasaba

que non puido agardar a chegar á casa para comelo.Unha vez que chegou á súa casa, seus pais déronlle un regalo de

comunión, que nesa época, coas poucas posibilidades económicas existentes reduciuse a unha camiseta, que nin sequera era nova… Pero el estaba contento, xa que con esa, xa tiña tres camisetas

diferentes…

Page 22: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

M is sobre a s a infanciaá ú

Page 23: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Miña avoa con só oito anos xa ía a Areas, unha casa dunha familia adiñeirada en Tui, ela soa en tren. Deixábana na parada e ía cunha cesta chea de pescado na cabeza para darllo a esa familia porque era moi coñecida e as súas tías queríano así.

Cando chegaba alí tiña que quedarse un tempo, ás veces unha tarde, ás veces incluso quince días... Xa que os donos da casa só tiñan unha filla e así lle facía compañía. A cambio diso alí dábanlle de comer, vestíana, tíñanllo pelo de rubio… etc

Pasaba o día na enorme finca que tiña a familia, comendo froita, xa que tiñan moitas árbores frutais, e facendo trasnadas. Por exemplo, certo día miña avoa abriu a porta do hórreo que estaba cheo de millo e todo caeu e botóuse a perder, claro que, ela non sabía o que había dentro. Outra vez, xogando con outro neno da zona, lanzaron barquiños de papel onde estaban regando e atrancouse a auga e encharcaron todo… e como estas, moitas outras… Porque claro, estaban todo o día alí e algo tiñan que facer…

Page 24: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

O traballo

Page 25: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Traballábase moito. Conta a miña avoa que súa nai ataba redes e traballaba no campo. As dúas cousas. Xa dende moi pequena ela tivo que aprender

ámbalas dúas cousas.As veces, viñan barcos moi grandes das rías, e non lle merecía a pena sacar

as redes para que as traballasen e logo ter que volvelas meter dentro. Entón, miña avoa e as demais tiñan que ir dentro do barco mentres ía pescar, atando redes. Mareábanse moito pero non podían facer outra cousa, xa que pagaban máis facendo iso que non traballándoas en terra

porque os barcos pequenos era normal que non tivesen a mesma capacidade económica que os grandes para dar os salarios ás traballadoras.

Súa nai dicíalle que iso non era traballar en comparación co que traballara ela cando era moza,,,

Aínda así, levantábase moi cedo porque os barcos ían moi cedo a pescar, chegaban ao medio día, comían rapidamente e pola tarde ían atar en terra, xa á tardiña ían ao campo a plantar patacas ou o que houbera que plantar

na época…“De comer non faltaba porque tiñamos o campo, pero tampouco había diñeiro…”

Page 26: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

E para rematar…

3 Fotos m isá……………………..

Page 27: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6
Page 28: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6
Page 29: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6
Page 30: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD6

Den s Vicente Rodr guezí í

2ºBach C Curso 07 08-