ies a sangriña (a guarda) - o tesouro dos nosos avós (cd7)

17

Upload: patrimonio-de-futuro

Post on 01-Aug-2016

231 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Desde o IES A Sangriña (A Guarda) chéganos este material para o segundo certame de recolla da tradición oral, no curso 2007-2008, organizado por Ponte…nas Ondas!.

TRANSCRIPT

Page 1: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)
Page 2: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

PERSONAXESNome: María del

Rosario GómezData de nacemento:

17/10/1940Estado civil: casadaNumero de fillos: 2

Nome : RaúlData de nacemento :

naceu no 1922 (85 anos)

Estado civil: casadoNumero de fillos: 3

fillas

Page 3: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)
Page 4: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

VidaRaúl nace no ano 1922 nunha vila ourensá chamada Xinzo de

Limia. Di que de pequeno a súa familia tiña mala fama e por iso nunca tiña noiva. El vivía cos seus avós xa que os seus pais non o podían manter. Soíase divertir nas festas da Nosa Señora das Neves en Manzaneda, pero di que sempre problemas de bandas e que había pelexas. Tamén di que lle gustan moito as Festas do Monte (A Guarda) aínda que só as presenciou 2 ou 3 veces.

 Ingresou na Falanxe Española, sen que el quixera foi obrigado, el é unha persoa normal e corrente como el di “todos temos algo de falanxistas pero son unha persoa coma todas”.

Tivo que vir para O Rosal porque alí tiña unha filla.Ingresou na na residencia porque a súa muller ten leucemia e

está nunha cadeirade rodas e a súa casa non está adaptada.

Page 5: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

Inicio da guerra

Cando se iniciou a guerra, Raúl só tiña 13 anos. Afectoulle moito. El ingresou no exército militar co posto de Cabo segundo e vivía mal porque tampouco comían moito e os alimentos estaban moi racionados. Cando ingresou no réxime militar foi dende A Coruña ata Barcelona en vagóns de ganado, e nese percorrido tardou sete días en chegar ó seu destino. Na República iniciábanse as primeiras accións da FAI.

Page 6: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

Despois da guerraDespois da guerra quedou

moita fame e unha gran represión. Neses anos non se gañaba moito diñeiro polas malas colleitas.

-“Eu pasábao mellor na guerra porque aínda que estabas en perigo polo menos non pasabas fame nin nada.”

Cando terminou a guerra el sentiuse por un lado feliz e por outro triste porque despois de loitar veu toda a fame..

Cando acabou a guerra montou un taller.“Cando a xente tiña diñeiro ía ós talleres bos pero cando non tiñan moito, viñan ó meu, e agora aínda teño xente que me debe diñeiro, o que antes eran unhas 15 pesetas”.

Page 7: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

Anécdotas Unha vez una señora que

tiña un número de teléfono confundido chamábame todos os días ás 7 da mañá para pedirme unhas caixas de gasosas e el sempre dicía que estaba confundíndose de nome, ata que un dia cansouse tanto que lle dixo “se queres a caixa de gaseosas ven aquí e cóllea que te vou botar un polvo”

 

Page 8: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

OpiniónsA el gustaríalle aprender

a usar a s novas tecnoloxías pero di que xa é moi vello. Pero aínda así el comprou un teléfono móbil, di que só por necesidade.

 “Vivín un gran cambio ao ingresar na residencia. Non estou moi contento”

Page 9: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

Raúl non estaba conforme na residencia porque di que aquilo é coma un cárcere, a el gustáballe máis estar na súa casa onde facía todas a labores el só. Antes ía el só facer todos os recados, ir á praza, comprar comida, agasallos …..

Na residencia só comen lentellas día e noite.

Contounos que alí hai unha gran variedade de xente maior porque segundo di el. – “uns rin, outros choran, outros cantan, outros mexan, outros ata incluso caghan, non me gusta estar aquí, pero cos 500 € que gañamos a miña muller e mais eu,cada un, arreglámonos para estar aquí.”

Page 10: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)
Page 11: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

VidaNace no ano 1940, nunha vila do Baixo Miño chamada O Rosal

“Agora aínda tedes sorte que podedes ir a un colexio de nenos e nenas porque nos só iamos a un de nenas, e ó mellor nunha mesma clase había unas 60 persoas. Eu empecei no colexio ós 5 anos e tiña que ir andando ata el, chovera ou ventase non tiñamos autobús nin nada diso tiñamos que ir andando e vir andando”.

Page 12: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

Deixa o colexio para facer as tarefas domésticas

“Aos 12 anos cando xa sabia o básico tiven que deixar a escola porque unha das xornaleiras de miña nai deixou de traballar e tocoume a min axudar a miña nai. Dende aquela xa non volvín pisar o colexio. Cando deixei a escola a miña nai comezou a ensinarme a lavar a roupa, pasar o ferro e cociñar. Logo de facer as tarefas da casa aínda me tocaba sacar a pastar as vacas e ir vender o leite, pero cando ía vender o leite ía con máis xente e sempre ía en cabalo. Despois de facer todo iso ás veces aínda me tocaba ir facer recados coma ir buscar o pan ou o centeo e tiña que collerlle a bicicleta ó meu irmán porque a panadería estaba moi lonxe.”

Page 13: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

Emigración

“Na miña familia por desgraza si que tiven que vivir a emigración ás Américas. O meu avó tivo que emigrar a Cuba e alí traballou nunha fabrica téxtil de camisetas. O irmán do meu avó tamén tivo que marchar pero este foise para Uruguai e outro irmán foi cara a Brasil. O meu pai foi a Sevilla con 13 anos por quedar orfo e logo de ir alá foise cara a Bos Aires, a miña nai tamén foi a Bos Aires.”

Page 14: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

Posguerra“ Nacín no ano 40 e daquela xa se

notaba a fame. Acórdome que despois de saír do colexio tiña que ir buscar o racionamento, un pouco de pan, era un pequeno “chusco” que non era moi bo, tamén te daban medio litro de aceite pero iso era cada moito tempo. Daquela comíase moi pouco pero moi san non como agora con esas cousas que tedes de “comida basura”. Os porcos non podían comer penso porque era moi caro. Tamén soiamos comer moito pescado.”

 

Page 15: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

Anécdotas

“cando tiña 8 anos mudámonos da casa e a min non me gustaba e sempre escapaba, e sempre me atopaban na casa da miña avoa...”

Page 16: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

Conclusión

Con este traballo aprendemos a valorar os traballos e a vida dos nosos antepasados, e a saber como vivían antes en Galicia sabendo que se vivíu a etapa franquista con guerras e moita fame tamén sen olvidarnos dos nosos exiliados

Page 17: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós (CD7)

Diego Acevedo Iglesias

Antón Alonso Acevedo

Daniel Dorado Mauri

Indalecio Martínez Castro