columnas visigóticas san salvador setecoros (gl)
DESCRIPTION
Este proxecto ten como obxectivos principais a conservación,exhibición e divulgación destes elementos dentro do contextocultural da parroquia de Setecoros. Aínda que o orzamento axustaseos parámetros do programa C/13 infraestrutura requiridos pola“Subvención de apoio á Cultura” parécenos convinte realizar unproxecto integral para acadar unha rendibilidade cultural, sociale económica na parroquia.TRANSCRIPT
C O L U M N A S V I S I G Ó T I C A S
S A N S A L V A D O R D E S E T E C O R O S
(VALGA)
Xabier Bernárdez Fresco
v a l o r a c i ó n e p r o p o s t a s
pre s e n t a c i ó n a iniciativa da comunidade de Setecoros de
conservar e manter a súa igrexa, redescubre un espazo que máis aló
do uso litúrxico, mestura historia, música e arte.
A partir do estudo e propostas para a conservación da igrexa de
San Salvador, constátanse aspectos destacables da igrexa, como son
as columnas e capiteis que nos ocupan, así como outra serie de
necesidades que deberían satisfacerse para un mellor goce do
inmoble.
Este proxecto ten como obxectivos principais a conservación,
exhibición e divulgación destes elementos dentro do contexto
cultural da parroquia de Setecoros. Aínda que o orzamento axústase
ós parámetros do programa C/13 infraestrutura requiridos pola
“SUBVENCIÓN DE APOIO Á CULTURA” parécenos convinte realizar un
proxecto integral para acadar unha rendibilidade cultural, social
e económica na parroquia.
d e s c r i c i ó n situadas entre a nave e a ábsida, sustentando o arco
triunfal, estas dúas columnas foron
reutilizadas dunha construción anterior e
encastadas nos muros de fábrica, polo que
non podemos contemplar todas as caras do
capitel de forma completa. Datadas entre s.
III e VII d.C., dependendo do autor
consultado. Están labradas en mármore ou
calcaria recristalizada e acadan unha
altura de máis de 2m. Na unión entre o
fuste e o capitel teñen 20 cm. de cemento
recubrindo algún material utilizado para
salvar a altura necesaria para a
construción presente.
Os fustes son sección circular teñen unha
altura de 1,80 m. e descansan sobre basas
de granito. Os capiteis de 40 cm. de altura
son compostos cunha dobre fila de follas de acanto con triplo
nervio central, da segunda serie de follas xorde unha cornucopia
cun arranque entorchado que dá paso a unha peculiar decoración a
modo de membrana vexetal.
h i s t o r i a a igrexa, ós pes da vía XIX á súa entrada a Iria
Flavia, contén (segundo diversos autores varios elementos “de
época sueva” como ladrillos reutilizados no arco triunfal, as
columnas das que nos referimos neste documento e seis capiteis e
outros restos construtivos. Parece ser que esta primitiva
construción sería reformada a fins do século VII, pois algúns dos
capiteis son desta época1.
A esta basílica atribúenselle un total de oito capiteis, os
outros seis, conservados nos museos de Pontevedra e da catedral de
Santiago de Compostela. Todos eles derivan das producións
corintias canónicas romanas e a maioría presenta un colariño liso
na base e unha altura arredor dos 40 cm.
Cinco deles, entre os que están os conservados na igrexa, de tipo
máis clásico poderían pertencer a unha fase anterior do edificio,
arredor do século III-IV d.C., pois neles, respecto ás producións
canónicas romanas, soamente está ausente o calicillo2.,
Os outros tres exemplares destacan pola súa calidade técnica e
poderían datarse no século VI d.C. en base ó tipo de talla e á
presenza de numerosos elementos decorativos a cordón.
1 R.IZQUIERDO PERRÍN, Arte Medieval, p. 31-32; M.NUÑEZ, Arquitectura
prerrománica; A.RODRIGUEZ COLMENERO, Historia del arte romano. 2 J. A. Domingo Magaña. Capiteles tardorromanos y visigodos en la península
ibérica (siglos IV-VIII d. C.).Institut catalá de arqueoloxía clásica.
Tarragona 2011
Para explicar a presenza destes materiais foráneos nesta igrexa,
algúns autores apuntaron á posibilidade da súa importación, ou ben
á execución por parte dun taller foráneo itinerante, orientando a
súa filiación estilística cara a baixa romanidade (Núnez). Outros
como Schlunk sinalaron paralelismos da súa decoración con algúns
capiteis andaluces. Por esta mesma razón R. Izquierdo considera
que existiría un taller operando neste lugar, explicable
probablemente pola súa proximidade a Iria. Este mesmo taller e
incluso o mesmo artista, probablemente labrou o magnífico capitel
de Vilaronte (Lugo) e quizais o de Carcacía (A Coruña)3. Novas
investigacións sobre o uso de rocha calcarea en Galicia,
realizadas pola Universidade de Ourense, apuntan a posible
utilización de rocha do este de Galicia.
Preto de Setecoros no veciño lugar de Reguenxo apareceron restos
en superficie dun posible asentamento rural romano e medieval4, e
dentro do concello de Valga, na parroquia Cordeiro no lugar de
Igrexa Vella (Santa Comba de Louro) leváronse a cabo unhas
escavacións nas que aparecen materiais de entre os s. IV e XVIII,
entre os que destaca un forno de vidro de época tardorromana
(quizais do s. IV) 5
e s t a d o d e c o n s e r v a c i ó n o feito de ter a metade das columnas
encastadas non permite coñecer o seu estado de conservación de
forma completa. As alteracións que presentan o estado actual están
relacionadas ca humidade, usos e intervencións.
m a t e r i a l a nivel xeral as alteracións que
mostran son debidas a factores antrópicos.
o perda de materia as intervencións de
adecuación da igrexa ó uso, provocou que
as esquinas dos capiteis foran picadas
para adaptalas a un púlpito agora
desaparecido. Nos fustes tamén se atopan
3 R.IZQUIERDO PERRÍN, El arte en Galicia p. 124-125 4 M.C.MARTINEZ LÓPEZ, X.AMADO REINO, M.M.LÓPEZ CORDEIRO. La arqueología en la
gasificación de Galicia 9: Correción de Impacto del Gaseoducto de Transpote
Valga-Tuy.
TAPA (Traballos de Arqueología do Paisaxe) 2000. Santiago de Compostela p.252 5 http://igrexavellasantacombadelouro.wordpress.com/
dous buratos, posiblemente realizados para a colocación
dalgún elemento.
o depósitos de cal e cemento, tanto nas columnas coma nos
capiteis
o alteracións cromáticas ennegrecemento
xeralizado que, a falta dun estudo que
confirme a súa natureza, prevese que sexan
debidas a fumes graxos das velas. Tamén o
capitel do lado do Evanxeo presenta un
velo de cor branco en forma de goteiróns.
e n t o r n o i n m e d i a t o
o alteracións biocromáticas (verdíns) provocadas pola elevada humidade que facilita a proliferación de
microorganismos.
f a c t o r e s d e d e t e r i o r o p r e s e n t e s
o humidade de filtración as
escorrentas do tellado caen
directamente dende a tella. Esta ten
unha separación con respecto ó
paramento de poucos centímetros, e a
auga baixa directamente polos
contrafortes. A maior cantidade de
colonización biolóxica no exterior
coma no interior coinciden coa
situación dos contrafortes.
o cemento o recebo interior de cemento
ademais de ser unha fonte de sales ten
uns coeficientes de permeabilidade e dilatación térmica
diferentes á fábrica tradicional, provocando fisuras e
bolsas de humidade no interior dos muros.
r e p r e s e n t a t i v i d a d e dentro da súa cronoloxía, os capiteis
compostos de Setecoros constitúen pezas únicas do prerrománico
galego, tanto pola súa singularidade, como pola calidade
estrutural e decorativa, debido ás coidadas formas ornamentais e á
orixinal labra que presentan as pezas.
O Museo de Pontevedra e o Museo da Catedral de Santiago de
Compostela conservan outros exemplares procedentes da mesma igrexa
de Setecoros que foron utilizadas en exposicións públicas de gran
calado como “Galicia no Tempo” ou na actual “Gallaecia Pétrea”.
v a l o r a c i ó n
ü Teñen un recoñecemento histórico dentro da comunidade científica. ü Poden aportar máis información científica. ü Son poucos os restos desta época e desta calidade. ü O mármore é un material estético e “exótico” en Galicia e a súa
importación na época fala da súa importancia.
ü A información e relevancia dos capiteis conservados nos museos. ü A importancia da época tardorromana dentro da historia de Valga. ü Iniciativa por parte da comunidade de coñecer o seu patrimonio. û O estado de conservación actual non permite unha boa apreciación. û Non hai recoñecemento do seu valor dentro da comunidade local. û Pouco interese dentro da sociedade nesta parte da historia. û Pouca información sobre percorridos culturais na zona. û Pouca divulgación dos elementos patrimoniais na zona. û O valor cultural do inmoble non se corresponde o dos capiteis.
c o n c l u s i ó n s dada a relevancia histórica destes elementos,
considerase primordial a eliminación de calquera factor de
deterioro (neste caso principalmente a humidade). Tamén
conservalos e mantelos nunhas condicións de limpeza e exhibición
adecuadas, tanto para o seu goce coma a valoración dentro da
comunidade local.
O uso como recurso cultural debe ir dentro dunha proposta máis
ambiciosa dentro de medidas de interpretación e difusión dos
elementos culturais locais.
p r o p o s t a s
est u d o e r e x i s t r o tanto para a definición das actuacións, coma
a para elaboración da memoria e contidos cara a divulgación.
o rexistro fotográfico, inicial da intervención e final o estudo de materiais e técnicas de labra e construción o estudo pormenorizado dos factores e formas de alteración.
c o n s e r v a c i ó n os tratamentos que se propoñen teñen máis que ver
coa conservación preventiva e estética dada a estabilidade na que
se atopa o material na actualidade.
▬ limpeza das columnas en xeral realizarase en seco e a base de auga atomizada, e utilizarase limpeza química dependendo da
natureza da sucidade, alí onde sexa necesario.
▬ limpeza do entorno limpeza dos muros de fábrica onde se
atopan encastadas as columnas.
▬ eliminación de depósitos de morteiros de cemento de forma
mecánica.
c o n s e r v a c i ó n p r e v e n t i v a
▬ eliminación de fontes de humidade dos contrafortes o limpeza mecánica e húmida de briofitos no contraforte o limpeza das xuntas dos sillares o encintado do contraforte con morteiro
tradicional.
▬ plan de mantemento de cara a intervencións futuras, uso e limpeza do
inmoble.
▬ cambio de lugar dos atrís das velas.
e x h i b i c i ó n potenciar a visión destes
elementos no conxunto da igrexa.
▬ colocacion dunha iluminación adecuada.
▬ cambio de lugar dos atrís das velas.
d i v u l g a c i ó n realizada a partir dunha interpretación que comunique
o valor do elemento patrimonial e estimule o seu aprecio e
conservación. A continuación enuméranse algúns exemplos de métodos
de divulgación onde poderían estar presentes as columnas
o permanentes
-‐ textos interpretativos, trípticos
-‐ panel informativo, a entrada da igrexa
-‐ creación dun blogue sobre patrimonio cultural de
Setecoros que fomente a participación da comunidade
-‐ roteiros culturais
o temporais
-‐ charla á comunidade durante a intervención de
conservación
-‐ participación da comunidade nos traballos de conservación
preventiva
-‐ roteiros culturais guiados
-‐ exposicións culturais no inmoble
B i b l i o g r a f í a
-Hauschild, Th.: "Copias y derivados del capitel romano de época
visigoda" en Coloquio Internacional de Capiteles Corintios
Prerrománicos e Islámicos (ss. VI – XII d. C.), Madrid 1990.
-Schlunk, H.: “Arte visigodo, arte asturiano” en Ars Hispaniae,
tomo II, Madrid 1947.
-Domínguez Perela, E.: Capiteles hispánicos altomedievales. 4
vols., Universidad Complutense de Madrid, Colección Tesis
Doctorales, nº 40-87, Madrid 1987.
-Valle Pérez, X. C.: “Entre a baixa romanidade e o Renacemento.
A escultura e a pintura medieval” en AA.VV: 75 obras para 75
anos. Exposición conmemorativa da fundación do Museo de
Pontevedra. Pontevedra 2003.
-Núñez Rodríguez, M.: “Estudio estilístico de los capiteles de
los siglos V al VII en Galicia” en Conímbriga, XV, 1976.
Núñez Rodríguez, M.: Historia da Arquitectura Galega.
Arquitectura Prerrománica. Madrid 1978.
Fontaine, J.: El Prerrománico, en La España Románica, vol. 8.
Madrid 1992 (Primera edición 1973).
Domingo Magaña, J. Capiteles tardorromanos y altomedievales de
Hispania (ss IV – VIII), Universitat Rovira i Virgili, 2007.