xuño de 2016 - barrios

24
[Páx. 20] VERÍN Páx.3 ESPECIAL Páx. 10-13 XINZO Páx.9 ALLARIZ Páx.14 Especial motor: talleres, maquinaria agrícola, ralis... O comercio alaricano vivirá unha Noite Meiga o día 25 Dúas aceleradoras formarán 500 emprendedores Eliminada a maleza da fachada do Mosteiro celanovés CELANOVA Páx.17 A Guía Peñín avalía 54 marcas da D.O. Monterrei Número: 26 - Ano: XI - Xuño 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 Festa de fin de curso do programa ‘Kero-Kolo’ e ‘Kero-Kedar’ de Verín. // Actuación da banda de Trasmiras no mercado de artesanía de Vilar de Santos. [Páx. 6] Entrevista a Alexandre Sotelino, coordinador da Asociación Rebulir de Ramirás Peche dos programas educativos [Páx. 5] Aposta polo rural

Upload: periodico-barrios

Post on 02-Aug-2016

252 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

No número de xuño do periódico Barrios facemos balance dun ano de mandato en Verín, Xinzo, Allariz e Celanova.

TRANSCRIPT

Page 1: Xuño de 2016 - Barrios

[Páx. 20]

VERÍN Páx.3 ESPECIAL Páx. 10-13XINZO Páx.9 ALLARIZ Páx.14

Especial motor: talleres, maquinaria agrícola, ralis...

O comercio alaricano vivirá unha Noite Meiga o día 25

Dúas aceleradoras formarán 500 emprendedores

Eliminada a maleza da fachada do Mosteiro celanovés

CELANOVA Páx.17

A Guía Peñín avalía 54 marcas da D.O. Monterrei

Número: 26 - Ano: XI - Xuño 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Festa de fin de curso do programa ‘Kero-Kolo’ e ‘Kero-Kedar’ de Verín. // Actuación da banda de Trasmiras no mercado de artesanía de Vilar de Santos.

[Páx. 6]

Entrevista a Alexandre Sotelino, coordinador da Asociación

Rebulir de Ramirás

Peche dos programas educativos

[Páx. 5]

Aposta polo rural

Page 2: Xuño de 2016 - Barrios

2 BarriosXuño de 2016

O nacionalista Diego Lourenzo, nun pleno./ARQUIVO.

BALANCE 1º ANO DE MANDATO EN VERÍN

“Queremos recuperar a imaxe de vila balnearia”

4 O socialista Gerardo Seoane destaca deste ano o proceso de humanización de Verín.

Paula Lodeiro

O socialista Gerardo Seoane estreouse como al-calde de Verín fai un ano, en co goberno co BNG.

Que ten sido o máis po-sitivo deste ano á fronte do consistorio verinés?

Gerardo Seoane: “De-volverlle a vida cultural a Verín, a cercanía á xen-te... e unha serie de cousas que levaban moito tempo enquistadas, multitude de cousas pequenas de senti-do común qe fomos capa-ces de facer.

Tamén poñer en mar-cha o centro de día que era unha vella aspiración, e iniciar un programa de humanización moi impor-tante, con árbores, apar-camentos disuarios, co obxectivo que temos de cambiarlle a imaxe á nosa pequeniña cidade”.

E que ten sido o máis negativo nestes 12 me-ses?

G.S: “As cousas van moi lentas, non van todo o rápido que un quere”.

Cal é o proxecto ines-cusable que lle gustaría que saíse adiante neste mandato?

G.S.: “A humaniza-ción de Verín, conseguir a imaxe de vila balnearia que se perdeu nestes úl-timos anos. E ao mesmo tempo seguir iniciando cousas como o polígo-no industrial, o centro de día... Non hai unha sóa cousa inexcusable, é unha visión global que intenta-mos desenvolver; o funda-mental é devolver a vida e

o optimismo á rúa”.

Como é a relación co seu socio de goberno?

G.S.: “Excelente, xa eramos amigos persoais antes, e dentro do grupo, tanto uns como outros, a relación é estupenda”

E coa oposición? G.S.: “Teño boa rela-

ción con xente do PP, o que pasa é que con al-gunha xente non teño ningunha, nin boa nin mala”.

Paula Lodeiro

Neste último ano to-coulle labor de goberno en coalición cos socialistas, pero o nacionalista Diego Lourenzo sabía xa o que era estar na oposición. .

Que ten sido o máis po-sitivo deste ano á fronte do consistorio verinés?

Diego Lourenzo: “Sen-tar as bases dos cambios que durante toda a campa-ña electoral defendíamos. Demos mostra con esa

rehumanización que puxe-mos en marcha e todos eses proxectos que están comezando agora como o centro de día, que xa está orzamentado e preparado para aprobar o proxecto.

Conseguimos facer que a administración fose máis aberta á cidadanía; veño escoitando a cuestión do goberno accesible desde o primeiro día e o puxemos en práctica: ser o goberno de todos independente-mente das ideoloxías de cada quen”.

E o máis negativo dos últimos 12 meses?

D.L.: “Creo que ver como aínda costa instaurar determinadas cousas e a lentitude de determinados procesos que nos impide ser máis áxiles, ver que aínda hai proxectos meti-dos no caixón e que queda tempo para poder executa-los”.

Cal é o proxecto ines-cusable para Verín para este mandato?

D.L: “Cun desemprego

tan elevado e unha des-poboación tan importante, o proxecto que non pode deixar de facerse é poñer en marcha o novo polígono industrial de Tamagos”.

Como é a relación co seu socio de goberno?

D.L.: “Moi boa relación; os compañeiros do partido socialista están aquí tamén polo mesmo que nós, para traballar por este concello. As relacións foron boas e agardo que sigan sendo como ata de agora, porque será o que permita que haxa durante os vindeiros anos un goberno de coali-ción”.

E como valora o papel da oposición?

D.L.: “Ao mellor son os propios electores do PP os que teñen que valorar se está sendo unha oposición

construtiva, eu non o diría; máis ben as propostas que se fixeron foron bastantes escasas. Animoos a que fa-

gan unha oposición basea-da na construción que ao final é o que os verineses e verinesas queren”.

“Puxemos en práctica ser o goberno de todos”

4 Diego Lourenzo, do BNG, asumiu a portavo-cía do goberno de Verín.

Gerardo Seoane, alcalde de Verín./ARQUIVO.

P. L.

Tras dous mandatos consecutivos, as urnas decidiron en maio de 2015 que o PP pasara á oposición de Verín. O anterior alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, segue a liderar o grupo.

Como valora este ano do goberno de Verín?

Juan Manuel Jimé-nez Morán: “Foi un ano nulo de xestión, cun descontrol e malgasto do diñeiro de todos os veri-neses. Todo iso a pesar de herdar unha xestión económica excelente por parte do anterior gru-po de goberno, que nos anos 2013, 2014 e 2015 non pedira ningún cré-dito e amortizara unha importante cantidade de préstamos pendentes. Un descontrol que ocasiona que se incumpra flagran-temente o prazo medio de pago a provedores que esixe a Lei nestes momentos.

Pero tamén foi un ano de falsas promesas e

anuncios, que non contan con partida orzamentaria para este 2016, orzamen-to que a 14 de xuño aínda está sen aprobar, o cal é vergoñoso.

A pesar de ter chan in-dustrial dispoñible por primeira vez en moitos anos, non conseguiron a instalación de ningunha empresa, nin xerar postos de traballo.

Ademais, este grupo de goberno actúa á marxe da lei, sen ter os permisos ad-ministrativos pertinentes en cuestións como derriba de edificios ou executando obras de forma ilegal sen

o procedemento legal de contratación, e enganando aos veciños en temas tan importantes como o que prometeran da redución dos impostos municipais.

Durante este ano só vi-viron de rendas, aprovei-tándose do realizado polo Partido Popular á fronte do Concello, de anuncios e publicidade enganosa feita por persoas contrata-das con soldos esaxerados, como o do comunicador, maior nalgúns casos que funcionarios do Concello.

Por tanto, un ano perdi-do. Un ano de crecemento cero para Verín”.

“Un ano de crecemento cero para Verín”

4 O popular Juan Manuel cre que o novo go-berno verinés vive das rendas do anterior.

O popular Juan Manuel Jiménez Morán lidera a oposi-ción en Verín./ARQUIVO.

Page 3: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016

3VERIN E COMARCA

Redacción

A sede do Consello Re-gulador da Denominación de Orixe Monterrei recibiu a visita de Javier Luengo, director editorial da Guía Peñín, e do catador Pablo Vecilla, co fin de catar os viños desta D.O. para a súa inclusión na próxima edi-ción da publicación.

Avaliaron 54 mostras, dúas máis que o ano ante-rior, enviadas pola práctica totalidade das adegas que conforman a D.O. Monte-rrei. Un 83% das mostras catadas pertence á colleita de 2015. Este foi o ano no que se presentou o maior número de marcas, 34 de viño branco e 20 de tinto, o que amosa o crecemento que están a experimentar os viños de Monterrei.

Nunha primeira valora-ción, Luengo sinalou que a “colleita do 2015 é me-llor que a do ano anterior, con maior intensidade dos viños en boca”.

Ademais, Javier Luen-go destacou o traballo das adegas pertencentes á D.O. Monterrei á hora de elabo-rar os viños xa que “a pesar de haber anos climatolóxi-camente malos, en Monte-rrei sempre se consegue o equilibrio”.

A Guía Peñín é unha das publicacións de referencia para os viños españois a nivel nacional e internacio-nal.

The Wine AdvocateA última lista de The

Wine Advocate volveu en-cumiar os viños da D.O. Monterrei, puntuando sete deles con máis de 90 pun-tos. Entre os viños que su-peran esta puntuación ató-panse os elaborados polas adegas Quinta da Mura-della, Couto Mixto e Vía Arxéntea. Outros 12 viños obtiveron entre 84 e 90 puntos, como os elabora-dos por Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble eTabú.

A Guía Peñín avalía 54 marcas da D.O. Monterrei 4 Ademais, sete dos seus viños lograron máis de 90 puntos na lista de The Wine Advocate.

4 Curso de técnicas de cultivoA Evega organiza un curso de “Técnicas de Cultivo”,

que se impartirá no centro de formación da Mancomuni-dade de Verín do 20 ao 29 de xuño. É gratuíto e está di-rixido a un máximo de 20 participantes, que aprenderán os aspectos máis importantes da viticultura.

As inscricións deben realizarse ata o 18 de xuño, en [email protected], ou na sede do Consello Regulador da D.O. Monterrei en Verín.

4 CartelEstá en marcha o con-

curso que seleccionará o cartel anunciador da XI Feira do Viño Mon-terrei, aberto a deseña-dores, pintores e artistas que poden presentar un máximo de dúas obras inéditas (en formato 43 x 63 cm) ata o próximo 29 de xuño.

Concederase un único premio de 600 euros ao gañador.

Javier Luengo e Pablo Vecilla, durante a cata realizada en Monterrei para a Guía Peñín.

Verín contará con Unidade de Antropoloxía Forense4 A delegada da Xunta visitou os xulgados do municipio para coñecer as súas necesidades.Redacción

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou os xulgados de Verín e analizou as súas necesidades.

Díaz Mouteira concre-tou que o novo Plan de Eficiencia Enerxética e Obras Menores dos edifi-cios xudiciais prevé para Verín a renovación do

Marisol Díaz Mouteira estivo acompañada durante a visita do xefe territorial da Con-sellería de Xustiza e do alcalde de Verín, entre outras autoridades.

equipamento térmico ins-talando unha caldeira de biomasa, unha actuación que terá lugar ao longo do segundo semestre deste ano. E destacou que esta mellora vai reducir o con-sumo enerxético, e mello-rar as condicións laborais dos traballadores.

Antrololoxía ForenseA delegada territorial

explicou tamén que dito

Plan inclúe a creación da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), emprazada no Hospital Comarcal de Verín, e que presta servizo aos tribunais, fiscalías e xulgados da comunidade.

Prevese, ademais, a ins-talación dun equipo para a extracción de gases e dun lavadoiro na sala de esque-letización.

Verín inaugura a súa primeira zona de aparcadoiro libreO Concello de Verín vén de pór en funcionamento a primeira zona de aparcadoiro

libre das oito previstas para descolapsar o estacionamento do centro da vila, así como para facilitar o acceso dos cidadáns aos servizos públicos e ao comercio local.

Estes aparcadoiros están deseñadas para que, cando estean todos operativos, Verín conte cun milleiro de novas prazas de aparcadoiro gratuítas e céntricas.

Zona de aparcamento libre sita entre as rúas Juan Guerra Valdés e a Canella Cega.

Page 4: Xuño de 2016 - Barrios

4 BarriosXuño de 2016 VERÍN E COMARCA

Redacción

O Concello de Verín finalizou o acondiciona-mento de dous parques con zona infantil decora-dos con arte urbana e poe-sía, situados en dous ca-nellóns da rúa Cancelón.

Esta iniciativa, que se enmarca dentro do plan

de rehumanización da vila, nace coa finalidade de recuperar espazos es-tériles e reconventirlos en lugares lúdicos e de lecer para o goce dos veciños.

Para a posta en marcha destes parques, o Con-cello investiu un total de 9.115,84 euros na cons-trución dos mesmos e

Arte urbana e a poesía para rehumanizar as rúas4 Verín inaugura dous parques con zona in-fantil con esta decoración.

na dotación do seu mo-biliario e 2.783 euros nas execucións dos tres murais de arte urbana (que correron a cargo do artista ourensán Mon Devane) e da parede de-corada coa frase da ini-ciativa Acción poética “O imposible só existe na túa mente”.

Un dos novos parques infantís da rúa Cancelón.

O PP advirte diverxencias no proxecto do auditorio4 O acceso e as prazas de aparcamento in-cumpren a normativa de accesibilidade.

Redacción

O portavoz do PP en Verin, Jiménez Morán, avisa de que a contorna actual do Centro Cultu-ral e das Artes de Verin non se corresponde co que no seu día foi apro-bado polo seu goberno e para o que se consignou unha partida presuposta-ria no 2015.

“O acceso actual non cumpre coa normativa de accesibilidade tal e como di un informe do arquitecto municipal”, afirma o portavoz po-pular. Engade que “por parte do actual gober-no non se executou o proxecto de accesibili-dade e urbanización dos arredores do Auditorio

polo que a un determina-do número de asentos lle corresponde un número de aparcamentos. Algo que se pode comprobar non existe actualmente”.

Na súa opinión “unha

obra desta envergadura non merece unha pista nin sequera asfaltada” e agarda que melloren as condicións dos accesos e a contorna do Centro das Artes de Verin.

Infografía do proxecto aprobado no seu día.

Page 5: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016

5VERÍN E COMARCA

EN BREVE

4 Mitin do PP en Verín

O Partido Popular ce-lebrará mitin electoral en Verín o próximo domingo 19 de xuño, a partir das 20:30 horas no colexio María Inmaculada.

Abrirá o acto o senador e voceiro municipal Juan Manuel Jiménez Morán. Falarán a candidata ao Senado polo PP, Miri Barreira, o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

4 “Pasaporte do Auguista”

A Eurocidade Chaves-Verín vén de presentar o “Pasaporte do Auguista” da Ruta termal e da auga Verín - Chaves - Vidago como punto de partida da revalorización do auguis-mo en Verín.

A iniciativa busca pro-mocionar o retorno e a valorización do auguis-mo na zona transfrontei-riza e irá unida a un plan de remodelación dos ma-nanciais de Verín.

Mural elaborado polo alumnado de Debuxo Artístico do IES García Barbón.

O IES García Barbón de Verín foi elixido no Programa Erasmus+ KA1 (2016) para levar adiante un Proxecto de Formación “European Healthcare Alliances” con alumnado e profeso-rado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría en Finlandia.

C o m p l e m e n t a r i a -mente, dito centro ten solicitado participar no Programa CUALE de formación en inglés (nivel B1) para os es-tudantes de Coidados Auxiliares de Enferma-ría no vindeiro curso 2016/2017.

Actividades extraesco-lares

O mércores 8 de xuño o instituto verinés contou coa poesía e a música de María Lado e Lucía Aldao no salón de actos.

O alumnado de Debuxo Artístico e o seu profesor Carlos Matos, despois de semanas de intenso traba-llo, teñen case rematado o enorme dragón que se pode ver pintado no muro da parte traseira do centro educativo.

Datas de admisión e matrícula

Para Formación Profe-sional, a preinscrición rea-

lízase na última quincena de xuño e a matrícula na última quincena de xu-llo.

Para Bacharelato, o prazo de matrícula é do 25 de xuño ao 10 de xu-llo. En setembro do 1 ao 10.

Información de in-terese para estudantes que remataron un Ciclo de Grao Medio

As persoas que posúen un título de Grao Medio de Formación Profesio-nal cumpren o requisito académico de acceso a ciclos formativos de grao superior.

O García Barbón, elixido para un Programa Erasmus de formación en Finlandia

Os programas educativos de Verín despídense por este curso4 O Kero-Kolo terá unha edición de verán.

Redacción

Co remate do curso escolar, finalizan tamén outros programas educa-tivos. En Verín despedi-ron o pasado 14 de xuño os programas ‘Kero-Kolo’ e ‘Kero-Kedar’ cunha festa de fin de cur-so no complexo deporti-vo da Granxa.

Ambas son dúas inicia-tivas da Escola de Fami-lia Municipal de Verín: o ‘Kero-Kolo’ é un espazo de encontro entre proxe-nitores e nenos de 2 e 3 anos e o ‘Kero-Kedar’ un espazo de xogo e apren-dizaxe para cativos de 3 e 4 anos que serve de conciliación para as fa-milias.

Ambos programas te-rán continuidade o curso

que vén, para o que xa está aberto o prazo de inscri-cións no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín. No

mesmo lugar realízanse as inscricións para a súa ver-sión de verán, a iniciativa lúdica ‘Kero-Verán’ que se desenvolverá en xullo e

agosto. Esta proposta está destinada a menores de entre os 2 e 4 anos e reali-zarase os luns e mércores, de 11 a 13 horas no CEIP Princesa de España.

Proxecto europeoTamén se clausurou este

mes o programa interna-cional “As túas ideas, as túas iniciativas” no que participaron estudantes de ESO do Colexio María In-maculada. Fixérono cunha sesión de xogos populares na Praza do Concello. “O que buscamos con esta actividade é que os mozos recuperen os xogos na rúa, e o fagan ademais da forma máis segura desde o pun-to de vista da seguridade viaria”, explicou Fernando Castro, o policía local que coordinaba o proxecto.

Alumnado do colexio María Inmaculada participou en xogos populares na praza do Concello de Verín.

Page 6: Xuño de 2016 - Barrios

6 BarriosXuño de 2016 VERÍN E COMARCA /XINZO E COMARCA

Redacción

O conselleiro de Polí-tica Social, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos rexedores municipais galegos para coordinar a atención social dos cida-dáns, a través da optimiza-ción dos recursos locais e autonómicos.

Así, no último mes man-tivo xuntanas co alcalde

José Manuel Rey Varela con Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos.

Rey Varela recibe os alcaldes de Baltar, Laza, Rairiz, Vilardevós e Vilar de Santos4 Para coordinar a atención social.

de Baltar, José Antonio Feijoo, o de Laza, José Ramón Barreal Novo, a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morga-de, o rexedor de Vilarde-vós, Manuel Cardoso e o de Vilar de Santos, Xan Jardón. En todos os casos incrementáronse no último ano as horas do Servizo de Axuda no Fogar.

En particular, co rexedor de Vilardevós analizou a

situación do centro de día para 40 usuarios e residen-cia para outros 24 usuarios que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está a cons-truír no municipio, e que se prevé poida abrir este mesmo ano.

De Vilar de Santos o conselleiro recibiu un proxecto de ampliación dos recursos residenciais do concello.

Vilar de Santos estreou mercado de artesanía 4 Volverano repetir en outubro.

Paula Lodeiro

Vilar de Santos cele-brou este domingo 12 de xuño o seu primeiro mercado de artesanía e produto local, organiza-do pola Arca da Noe e o forno Faragullas coa co-laboración do Concello. Unhas mil persoas, se-gundo os organizadores, achegáronse ata a locali-dade, onde puideron mer-car nalgún dos 32 postos instalados nas rúas do casco vello do municipio,

a maioría procedentes da propia comarca da Limia.

A experiencia foi boa, polo que teñen pensado re-petir dentro de tres meses, o 9 de outubro, afirman.

Explicaba o alcalde, Xan Jardón, que o Conce-llo de Vilar de Santos sem-pre apostou “por valorizar os recursos locais e facer labor de dinamización”, de aí o apoio a este mer-cado, que compartiu xor-nada coa feira tradicional do municipio, recuperada en 2014.

Completo programaO mercado deu comezo

a mediodía coa instala-ción dos postos de produ-tos artesanais e de comida nas rúas do Pasadizo, do Forno e da Senra. Houbo concerto da banda de mú-sica de Trasmiras, foliada e actividades para os máis pequenos. O concerto de Habelas Hainas completou o programa.

“No rural hai futuro e hai moita vida e isto ten que valernos como un escapa-rate”, resaltaba o rexedor.

Ademais de postos de artesanía e gastronomía, houbo animación musical./CEDIDA.

Page 7: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016

7XINZO E COMARCA

4NOTICIAS DE EMPRESA

Son tus aromas é a franquía líder en perfume de marca branca de alta calidade que vén de insta-larse en Xinzo de Limia. No seu establecemento dispoñen de máis de 150 referencias de perfumes para home, muller e neno, que evocan os perfumes de máis éxito do mer-cado internacional. Son perfumes de elaboración nacional, sometidos a estritos controis de Sani-dade e Medio Ambiente, cunha alta concentración de esencia, que se mante-ñen ata 10 horas

Ademas na súa tenda da rúa 2 de Maio poderás atopar o último en incien-sos da India, fragancias ambientais, incluíndo ambientadores para casa e coche, mikados, pedras

olorosas e candeas aromá-ticas.

Teñen tamén comple-mentos de baño como xa-bóns artesáns con propie-dades terapéuticas, sales de baño con manteiga de karité, xabóns exfoliantes

e anticelulíticosPodes atopar tamén

aceites esenciais puros, orgánicos, aceites base e augas florais; arxilas na-turais, cremas e xeles con esencias naturais; lacas de uñas de calidade profesio-

nal, e cosmética ecolóxica certificada da marca Nao-bay.

Produtos terapéuticosEn Son tus aromas dis-

poñen de produtos orgáni-cos con propiedades tera-péuticas para peles secas, graxas, mixtas, adoles-centes, maduras e infantís e para problemas de pel como: acne, eccemas ou psoriase..., e tamén para dores musculares, de ósos, mesmo migrañas e celuli-te.

Tamén teñen á venda bolsas de trigo e lavanda que che axudarán a aliviar os teus problemas muscu-lares ou de ósos, e bolsas de linaza e lavanda para aliviar olleiras e migrañas.

Son tus aromas elabora cestas agasallo con gran-des descontos e teñen un amplo catálogo de detalles para vodas, bautizos, co-muñóns e outras celebra-cións con prezos rebaixa-dos.

Son tus aromas, perfumería de marca branca de alta calidade

Visítanos en r/2 de Maio, 66, en Xinzo.

Dispoñen de produtos orgánicos con propiedades terapéuticas

Stand do CDR O Viso instalado na gala, na praza Car-los Casares de Xinzo./CEDIDA.

A gala solidaria “Os 80” recada mil quilos de alimentos

A gala solidaria “Os 80” desenvolvida o 11 de xuño en Xinzo por Fusión Fitness rematou coa recollida de mil quilos de alimentos e produtos de hixiene básicos, cos que o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso axuda-rá a familias máis necesitadas da comarca da Limia.

Esta recolllida axudará ao CDR O Viso a desenvovler o Programa de Atención Urxente a persoas en risco ou exclusión social, que lle subvenciona o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Mediante este programa desenvolven unha acción profesional “que pretende mellorar a calidade de vida das persoas e, non só ser mero asistencialismo”.

Page 8: Xuño de 2016 - Barrios

8 BarriosXuño de 2016 BALANCE DO 1º ANO DE MANDATO EN XINZO

Redacción

Que ten sido o máis po-sitivo deste ano no Con-cello de Xinzo?

Ramiro Rodríguez: “O remate do Museo Galego do Entroido logo de 15 anos dende que os daque-la concelleiros do BNG puxeran a idea sobre a mesa. No eido económico destacaría os avances no proxecto da fábrica de al-midón, que agardamos se poida materializar o máis axiña posíbel”.

E o máis negativo?R.R.: “A constatación

de que o alcalde e o seu grupo carecen dun proxec-to para este pobo e se limi-tan a cubrir o expediente renunciando a ter algún

tipo de incidencia ou inter-vención sobre a realidade económica, demográfica, social, etc. do noso con-cello. A evidencia disto son os orzamentos do ano 2016 dos que desapareceu calquera partida adicada á promoción económica e nos que unicamente se destinan 60 mil euros a in-vestimentos”.

Cal debería ser a prio-ridade do Goberno local de Xinzo?

R.R.: “Reubicar a Xinzo no papel de liderado que debería desempeñar como cabeceira dunha das prin-cipais comarcas do noso país, apostando claramen-te pola mellora das condi-cións da vila como centro comercial e de servizos.

Tamén se fai urxente un plan de conservación e va-lorización do noso patri-monio cultural e arqueoló-xico, poñendo ao Mosteiro de Trandeiras como priori-dade absoluta.

No ámbito organizati-vo rematar coas frontes abertas cos traballadores e traballadoras aprobando dunha vez a RPT e nego-ciando un novo convenio colectivo. A medio prazo tamén se vai facer necesa-ria unha revisión en pro-fundidade do PXOM”.

Como é a relación co grupo de goberno?

R.R.: “Os gobernos do PP non se caracterizan precisamente pola súa transparencia e participa-ción e o de Xinzo non é

unha excepción, así que a relación limítase ao es-tritamente obrigado pola lexislación”.

E cos outros grupos da oposición?

R.R.: “Co resto dos grupos da oposición hai boa sintonía e sempre estamos dispostos a co-laborar para defender os intereses dos veciños e veciñas”.

“O alcalde carece de proxecto”4 Ramiro Rodríguez, único concelleiro do BNG, fai balance deste ano.

Ramiro Rodríguez, edil do BNG

P. Lodeiro

Xinzo Adiante entrou como nova formación no Concello de Xinzo o pa-sado maio, con tres edís. Manuel Pérez Grande é o seu voceiro.

Que ten sido o máis positivo deste ano no Concello de Xinzo?

Manuel Pérez: “Xin-zo Adiante presentou máis dunha decena de mocións, e cinco foron aprobadas pola corpora-ción de xeito unánime: a defensa do mantemento no IES Cidade de Antio-quía dos estudos do Ciclo Medio de Xestión Admi-nistrativa; a solicitude á Consellería de Sanidade da posta en funciona-mento dunha unidade de Coidados Paliativos con sede permanente en Xinzo e o mantemen-to das dúas enfermeiras adscritas aos facultativos de Pediatría no centro de saúde de Xinzo; solictar á Real Academia Galega que o vindeiro ano se lle dedique o Día das Letras Galegas a Carlos Casa-res; e unha moción para adecuar os tanatorios á normativa vixente.

Xinzo Adiante é o gru-po municipal que máis iniciativas presentou, que máis consensos xe-rou e que levou ao Pleno cuestións que si son im-portantes para o día a día da cidadanía”.

E que foi o máis nega-tivo para Xinzo nestes meses?

M.P.: “Séguese coa mesma rutina dos an-teriores mandatos. No equipo de goberno non existen iniciativas para reconducir a situación de regresión –económica e demográfica- que está a vivir este Concello. O único que fan e xestionar o que lles vén dado por outras Administracións”.

Cal debería ser a

prioridade do gober-no local de Xinzo neste mandato?

M.P.: “A prioridade fundamental debería ser a de crear a sinerxia para reconducir a situación de regresión, e empezar a cre-cer en todos os aspectos: sociais, económicos...

Cómpre orientar a xes-tión municipal para dar cobertura ás necesidades do pobo: atención axei-tada aos nosos maiores; plan para combater a caí-da demográfica; a toma de medidas para dinamizar o pequeno comercio local; un plan para a posta en valor do sector primario; rematar co clientelismos; e adoptar medidas para ga-rantir a transparencia”.

Como é a relación co grupo de goberno?

M.P.: “Aínda que eles son os que teñen que go-bernar, cremos que debe-rían contar máis coa opo-sición e xuntos seríanos máis fácil poder saír do atolladeiro no que se ato-pa hoxe Xinzo. De feito, cando presentan algunha proposta que vemos po-sitiva, Xinzo Adiante non ten ningún inconvinte en apoiala”.

E cos outros grupos da oposición?

M.P.: “É boa, de feito temos presentado algun-ha moción en conxunto. Sempre estamos abertos ao diálogo e ao consenso cos grupos da oposición”.

MANUEL PéREZ, DE XINZO ADIANTE

“Somos o grupo que máis iniciativas

presentou”

Manuel Pérez.

Redacción

Desde a oposición, a so-cialista Elvira Lama fai un retrato negativo do que foi o Goberno municipal nes-te ano.

Que ten sido o máis po-sitivo deste ano no Con-cello de Xinzo?

Elvira Lama: “No que vai de lexislatura pouco hai de positivo por non di-cir nada. Se acaso a venda dunha parcela no polígono industrial, para unha fá-brica de almidón modifi-cado de patacas que están en fase de cultivo experi-mental. Un proxecto moi ambicioso dun empresario particular de Xinzo, que pode chegar a dar saída a uns 50 millos de quilos de pataca dunhas variedades especificas.

Unha industria que pode solucionar o problema do

sector primario, e o mo-nocultivo da pataca coas súas oscilacións de pre-zos cíclicas, sen contratos homologados e a risco e ventura das inclemencias climatolóxicas como as deste ano 2016”.

E o máis negativo des-tes 12 meses?

E.L: “Que seguimos perdendo poboación, un rural envellecido, poucos nacementos, e xente que está a emigar porque aquí non atopa traballo nin fu-turo. Xinzo é un pobo que esmorece, día a día cando saes á rúa dos viños ás 9 da noite e non ves a ninguén cando hai poucos anos a vida nocturna da provincia estaba precisamente aquí.

Hai falta de programa-ción e de proxectos con-cretos; o Museo do En-troido pechado, o albergue de peregrinos nas mesmas

condicións...”

Cal debería ser a prio-ridade do Goberno local de Xinzo neste manda-to?

E.L.: “Por descontado que a creación de empre-go; ser o polo de atracción de novas empresas, para poder ampliar o polígono, pero tamén o fomento do emprego autónomo, do emprego xuvenil e do em-prego no rural apostando polos proxectos de xente moza que non quere mar-char, axudalos a buscar en Xinzo o seu proxecto de vida.

Buscar nas institucións alleas financiamento para proxectos de investimento en Xinzo, culturais, e de restauración de patrimonio como o Mosteiro de Tran-

deiras”.

Como é a relación co grupo de goberno?

E.L: “A relación co grupo de goberno é nor-mal dentro do distancia-mento que separa dúas formas de entender a po-lítica. De todos é sabido que o PP non comparte a visión que os socialistas temos das cousas públi-cas nin ten as mesmas prioridades á hora de go-bernar”.

E cos outros grupo da oposición?

E.L.: “Cos grupos da oposición un pouco me-llor porque as visións da política son máis pareci-das, salvando a distancia de que nós non comparti-mos o nacionalismo”.

ELVIRA LAMA, VOCEIRA DO PSOE

“Pouco de positivo, se acaso a venda dunha parcela no

polígono industrial”Elvira Lama é a voceira do grupo socialista en Xinzo.

Page 9: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016

9XINZO E COMARCA

Instalaranse na Casa da Cultura de Xinzo e no Auditorio de Celanova

Momento da reunión entre a conselleira de Medio Rural e Felipe Traveso.

Ángeles Vázquez reúnese co rexedor de SandiásA conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, vén de recibir no seu despacho de

San Caetano ao alcalde de Sandiás, Felipe Traveso. Nesta xuntanza abordaron a situa-ción dos cultivos no concello ourensán en particular e na comarca da Limia en xeral. A conselleira e o alcalde trataron tamén o arranxo de pistas no municipio.

Redacción

O político popular An-tonio Pérez suma xa o seu sexto ano como alcalde de Xinzo. Impulsar a cir-cunvalación á localidade e recuperar o tramo urba-no do río Limia son dous dos seus obxectivos pri-mordiais para este terceiro mandato.

Que ten sido o máis po-sitivo deste ano no Con-cello de Xinzo?

Antonio Pérez: “A nor-malidade institucional, a saída da difícil situación económica, e a puxanza do polígono industrial”.

E que foi o máis ne-

gativo dos últimos doce meses?

A.P.: “A taxa de desem-prego, e a parálise institu-cional dende a non con-formación do goberno en Madrid”.

Cal é o proxecto ines-

cusable do Goberno lo-cal de Xinzo para sacar adiante neste mandato?

A.P.. “Son moitos proxectos, pero por enu-merar algún, diríamos unha actuación global no tramo urbano do río Limia, a circunvalación á vila, e o

“O máis positivo, a puxanza do polígono industrial de Xinzo”

4 Para o alcalde, Antonio Pérez, é inescusable acometer neste mandato a circunvalación.

arranxo das avenidas de Celanova, de Ourense e de Madrid”.

Como está sendo a

relación cos grupos da oposición?

A.P.: “En xeral, boa, diría que cordial”.

Antonio Pérez, na Alcaldía de Xinzo./ARQUIVO.

Redacción

O Igape e a Fundación Escuela de Organización Industrial (EOI) impul-san dúas aceleradoras que permitirán a 500 emprendedores de Xin-zo e de Celanova recibir formación e asesoramen-to gratuíto. Será nos es-pazos coworking que en datas próximas se van habilitar nos locais do Auditorio Municipal de Celanova e na Casa da Cultura de Xinzo de Li-mia, cedidos por ambos municipios.

O director do Igape, Javier Aguilera, e o di-rector de Iniciativa Em-prendedora, Innovación e Pemes da EOI, Miguel Sánchez Galindo, pre-sentaron en Celanova e en Xinzo de Limia os novos espazos cowor-king, acompañados dos respectivos alcaldes. Nestes actos, todos os representantes públicos coincidiron en salientar a importancia da coope-ración entre adminis-

tracións para dar un novo pulo ao emprendemento.

O obxectivo prioritario destas dúas iniciativas de coworking é acelerar o des-envolvemento de proxec-tos empresariais sobre o territorio; incrementando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores ourensáns nun período limitado de tempo, identificando aque-les con maior potencial de desenvolvemento e facili-tando a súa posta en mar-cha e consolidación. Os mellores proxectos serán titorizados por expertos.

Dúas aceleradoras formarán 500 emprendedores en Xinzo de Limia e Celanova4 Impulsadas polo Igape e a Escuela de Or-ganización Industrial.

Redacción

O Goberno local de Rairiz de Veiga non re-mata de asentarse. Se no mes de maio dimiti-ra o concelleiro popular Manuel Corderi, agora outros dous edís, Manuel Ferreiro e José Antonio Fernández, abandonan o grupo de goberno tras iniciarlle o PP un expe-diente de expulsión.

Desta volta a polémica xurdiu cando transcen-deron as fotos da reunión entre o conselleiro de Política Social e a alcal-

FinanciaciónO proxecto de cowor-

king impulsado por Iga-pe e EOI disporá dunha achega conxunta para toda Galicia de 4,8 millóns de euros. A Xunta achega-rá 960.000 euros en dous anos, e a EOI a cantidade restante contando coa co-financiación do Fondo So-cial Europeo.

Javier Aguilera, Antonio Pérez e Miguel Sánchez./M.R.

desa de Rairiz de Veiga, na que esta estaba acom-pañada polo ex alcalde Xaquín Rodríguez. Nada máis coñecerse a noticia, o PSOE esixiu a dimisión de Asunción Morgade por permitir a presenza do ex rexedor, que está inhabi-litado por prevaricación, nun encontro oficial co conselleiro de Política Social. “O noso Conce-llo merece algo máis que unha alcaldesa que precisa de ser tutelada para tomar decisións e que é incapaz de rachar co peor da nosa historia política”, afirmou

o voceiro socialista, Pablo Lorenzo. Unha petición de dimisión á que se sumaron os dous concelleiros crí-ticos, o que motivou que o PP lles abrise un expe-diente de expulsión, ao considerar que “na prácti-ca están a facer oposición contra o seu propio par-tido, posicionándose con outra formación contra as propostas de goberno do PP e ata pedindo a dimi-sión da rexedora”.

Cinco no gobernoMorgade seguirá gober-

nando con cinco concellei-ros unha vez tome pose-sión da súa acta o sustituto de Corderi, mentres que previsiblemente a oposi-ción quedará conformada polos dous edís socialistas e os dous ex concelleiros populares.

O PP expulsa dous concelleiros en Rairiz de Veiga

Page 10: Xuño de 2016 - Barrios

10 BarriosXuño de 2016

especial MOTOR

70 docentes participaron no XVI Congreso de “ENFAMEC”Redacción

Os días 10 e 11 de xuño, 70 profesores de fabrica-ción mecánica de toda Ga-licia participaron no XVI Congreso de ENFAMEC que se celebrou, por pri-meira vez, no IES García Barbón de Verín. A finali-dade deste congreso que organizaba a Asociación de Ensinantes de Fabrica-ción Mecánica, foi crear un lugar de encontro entre docentes do sector e as ins-titucións no que intercam-biar experiencias, e am-pliar coñecementos desta especialidade formativa.

Na inauguración, o al-

calde, Gerardo Seoane, fixo especial fincapé na “necesidade de fomentar

en Verín un modelo propio, compartido de formación e emprego, onde vaiamos da

man, o tecido educativo e os axentes sociais e as empresas”.

Á inauguración do Congreso acudiu Gerardo Seoane, alcalde de Verín; José Domínguez Alonso, director do Centro de Formación e Recursos de Ourense; Mercedes Gallego, xefa territorial de Educación en Ourense; Fco. Javier Novelle Secades, presidente de ENFAMEC; Daniel Veiga, director do IES García Barbón e Benito Fernández Jardón, xefe do departamento Instalación e Mantemento do IES García Barbón./CEDIDA.

Iago Silva e Eugenio Fernández abandonaron

Coa vitoria na Gudiña o piloto asturiano sitúase como líder indiscutible do Campionato galego de Ralimix.

Redacción

O piloto Abel Jurado venceu co seu Ya-Car Cross nunha nova edi-ción do Ralimix da Gu-diña. Para o asturiano é a segunda vitoria da tempada, xa que antes vencera en Piñor. Este triunfo fai que sexa líder indiscutible do Campio-nato galego de Ralimix cando van disputadas tres probas.

O abandono dos seus rivais máis directos xunto a un gran control de cada tramo fixo que fora unha vitoria in-cuestionable.

Na primera xornada o campión da pasada edi-ción, o ourensán Iago Silva, tivo que aban-

donar tras unha rotura do cárter no seu Ya-Car Cross. Tamén tivo que deixar a proba, pero o do-mingo, o piloto Eugenio Fernández (por pinchazo e rotura de cárter).

PodioEn segunda posición

remataría Óscar Añón, a máis de 25 segundos do campión.

O terceiro lugar sería para o ourensán Jesús Vázquez que co seu Se-mog chegou a 55 segun-do do líder.

Abel Jurado vence unha vez máis4 O piloto asturiano venceu no Ralimix da Gudiña.

Cando un coche che-ga ao taller de Bruno, el xa sabe o que lle pasa. É moito dicir, está claro, pero pouco lle falta para ser verdade. Con máis de 22 anos entre automóbi-les, Bruno Lorenzo e o seu equipo ven coches de to-das as marcas e con todas as avarías a diario, o que lles confire un alto grao de coñecemento sobre o mun-do do motor.

Saxen Automoción, en Xinzo, é o clásico taller que fai reparacións de electro-mecánica; chapa e pintura non. Dende un cambio de aceite, de rodas ou revisión pre-itv que pode resultar do máis sinxelo ata abrir e des-montar un motor, ou buscar a avaría imposible que fai que o teu coche falle cada pouco e non saibas porqué, en Saxen nunca te enga-

narán e diranche sincera-mente o que falla e cal é a solución, tendo ti sempre a última palabra coa infor-mación que manexas gra-zas ao estudo minucioso do teu caso. Proba disto é que

dispón de dúas máquinas de diagnose, para que unha complemente a outra e non se escape ningún detalle.

Se cres que o teu coche non ten arranxo ou queres deixalo nas mellores mans,

pásate un día calquera de luns a venres de 9 a 13 e de 15 a 19 horas pola ave-nida de Ourense 168 de Xinzo e entra en Saxen Automoción para com-probalo.

Saxen Automoción, cando a experiencia é un grao

Xerson, Bruno e Francisco, os profesionais de Saxen Automoción./M.REJO.

Page 11: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016

11MOTOR especial

Xa pouco queda daquel neno que este xaneiro de 2016 cumpriu 18 anos. Deu os seus primeiros pa-siños Quellemoto e Que-llealquiler con medo pero agora xa pode dicir que é todo un referente na pro-vincia.

Coa experiencia ad-quirida co paso do tempo Quellemoto convertiuse no sitio ideal para mercar a tua moto, da marca que queiras, xa sexa nova ou de segunda man, pois das dúas formas danche garan-tía igual, xa que todas as motos que ten á venda pa-saron un exhaustivo exa-me. Pero non só venden, tamén mercan a túa moto usada. E se fora pouco, se

o desexas, restauran mo-tos clásicas dándolles ese toque vintage que tanto se leva.

Xa no apartado de me-cánica, Quellemoto dá res-posta a todas as avarías da túa moto, quad ou bicicle-ta: mantemento, revisión pre-itv, diagnose de inxec-ción, avarías mecánicas, problemas de motor.... e se é preciso, con recollida e entrega a domicilio.

En Quellemoto xa po-días atopar as últimas no-vidades en canto a neumá-ticos de moto a un prezo incrible pero este ano ce-lebran a maioría de idade introducindo a venda de rodas de coche. As marcas máis coñecidas e algunha

que traballan en formato máis económico serán as perfectas para o teu vehí-culo.

Na rúa San Sebastián 8 de Xinzo non só está de aniversario Quellemoto. Quellealquiler é o irmán que naceu o mesmo día. En Quellealquiler atoparás toda a maquinaria de cam-po e xardinería que nece-sites. Motoserras, desbro-zadoras, hidrolimpadoras, cortacéspedes... da pres-tixiosa marca Oleo Mac, da que son servizo técnico. Podes elexir entre mercar ou alugar, como prefiras.

Quellemoto faise maior de idadeTras 18 anos converteuse nun referente provincial no mundo da moto, bicicleta e agora en neumáticos

Quellemoto está en rúa San Sebastián, 8, de Xinzo./M.R.

Xa para rematar e de-mostrando que están á última, en Quellemoto tamén venden máquinas de fitness, ximnasio e cintas de correr de moi-tas marcas, entre a que destaca BH.

Xa sabedes, o peque-no fíxose maior grazas a todos os clientes que de-mostraron a súa confian-za nel, e el devolveu esa confianza con pequenos pasos que o fixeron me-drar en oferta, produtos e mellorar en relación prezo-calidade. Noraboa e feliz aniversario!

Na mesma tenda podes atopar motos, bicis e maquinaria de xardinería./M.REJO.

Récord de inscritos4 O Rali de Ourense contará con 88 coches nesta edición, que se corre os días 17 e 18.

Redacción

Ao peche do prazo de inscricións eran 88 os pi-lotos inscritos, polo que quedaban oito na reser-va. Porén desde a organi-zación determinaron que os 88 equipos estarán na saída deste rali. Así pois, gran participación nun rali que foi considerado o ano pasado o mellor do Campionato de España de ralis de asfalto.

Peche e apertura dos tramos

Cinco tramos que se disputarán o sábado 18 de xuño pecharanse ao tráfico 90 minutos antes da saída do primeiro par-ticipante. Entre as dúas pasadas non se abrirá.

TramosO primeiro tramo será

o da Peroxa (27,63 km). O peche do mesmo será ás 6:30 horas, a primei-

ra pasadao ás 8:00 e a se-gunda ás 10:55 e apertura da estrada terá lugar ás 12:25.

Toén-Castrelo (15,00 km) péchase ás 7:35 h., ás 9:05 dará comezo a pri-meira pasada e ás 12 a se-gunda; para as 13:30 h está previsto a apertura.

Esgos (15,48 km) pécha-se ás 13:30 h., ás 15 horas será a primeira pasa e ás 18:50 h a segunda; apertu-ra será ás 20:20 horas.

En Maceda (13,42 km) ás 14 horas pecharase o tramo, ás 15:30 h progra-mada a primeira pasada e ás 19:20 h a segunda; a apertura será ás 20:50 h.

E finalmente o Canón do Sil (32,00 km) que se pechará ás 14:40 horas, a primeira e segunda pasa-da están previstas para as 16:10 e as 20:00 horas; ás 21:30 abrirase ao público a estrada. A entrega de pre-mios, ás 22 h no parque de San Lázaro (Ourense).

Participante da edición do rali pasado./RAMSÉS.

Page 12: Xuño de 2016 - Barrios

12 BarriosXuño de 2016 especial MOTOR

Unhas instalacións pre-paradas para que todos os clientes queden satis-feitos cos servizos de-mandados. Con esta pre-misa se traballa no taller de reparación Xinzauto de Xinzo. Dispoñen dun servizo multimarca de diagnose rápido e moder-no con persoal cualifica-do e máxima atención ás necesidades e tempo do cliente.

Xinzauto conta cun-has amplias instalacións preparadas para todas as marcas e modelos (turismos, industriais, 4x4). Ofrecen todo tipo de servizos de mecánica en xeral e mantemen-to regular do vehículo (aceites, distribucións, freos, inxección, lavados e limpeza de tapizarías) e xestionan todos os pro-

blemas e avarías que poi-dan aparecer na ITV do seu vehículo.

Tamen se realizan todos os traballos de electricida-de do automóbil.

Entre os servizos de-mandados cabe destacar nestes meses de verán a comprobación e carga de aire acondicionado, a pre-cios especiais, realizado por profesionales titulados oficialmente.

Stock de vehículos de ocasión e seminovos

En Xinzauto dispoñen de gran stock no referen-te á venda de vehículos de ocasión e seminovos, turismos, furgonetas, fur-góns, todoterrenos revisa-dos e garantidos, así como remolques de todo tipo. Nestas instalacións poderá atopar o vehículo que está

buscando ao tempo que valoran o coche que entre-gue o cliente, se é o caso.

HomologaciónsOutro servizo que se

ofrece son as homologa-cións e reformas de ve-hículos. Os seus técnicos encárganse de todas as xestións relacionadas con proxectos, pasos de fur-gonetas a turismo, fichas técnicas, preparacións de-portivas de vehículos…

Ofrecen ademais pre-zos moi competitivos e económicos e contan con especialistas e maquinaria que permite que o cliente non teña que preocuparse por ningún tipo de proble-ma.

Pásate por Xinzauto e terás un chequeo xeral do teu vehículo de forma to-talmente gratuíta.

Xinzauto está na avenida de Ourense, 73, de Xinzo de Limia.

XINZAUTO, taller mecánico multimarca e compra venda de vehículos

R.T.

Dous días de pura adre-nalina na que se darán cita os mellores pilotos do Campionato de España de ralis de asfalto é o que nos agarda os días 17 e 18 de xuño coa 49ª edición do Rali Ourense Termal. O piloto Xevi Pons, campión do Mundo da categoría S2000 en 2010 e campión de España de ralis sobre te-rra en 2008, 2012 e 2013, fará unha exhibición cun Mitsubishi Lancer Evo X no tramo espectáculo de San Cibrao.

TramosO deste ano será un per-

corrido similar ao de pasa-das edicións, con lixeiros cambios. A tarde do ven-res 17 terá lugar o tramo espectáculo de San Cibrao (3,33 km), no que os parti-

cipantes terán que dar dúas voltas case completas ao trazado.

O sábado pola mañá fa-ranse dúas pasadas aos tra-dicionais tramos da Peroxa (27,63 km) e Toén (15,00 km), ambos con lixeiros cambios. Na Peroxa su-prímese a zona estreita inicial, sendo a partir de aí idéntico ao do ano pasado. En Toén tamén hai algun-has variantes, iniciándose de forma case similar ao de 2010 para, na súa parte fi-nal, transitar pola que fora antigamente a especial de Puga, aínda que sen perder a espectacular rotonda no mesmo pobo de Toén.

A tarde iníciase co tramo de Esgos (15,48 km), nes-ta ocasión cun percorrido máis curto ao habitual das últimas edicións, denomi-nado San Pedro de Rocas, pois comezará en Triós e

O Rali de Ourense, a escena4 Os días 17 e 18 de xuño chega a 49ª edi-ción dun dos mellores ralis nacionais.

rematará en Niñodaguia, nunha versión xa utiliza-da noutras ocasións.

A gran novidade será o tramo de Maceda (13,42 km), cuxa saída estará nas rúas da localidade e finalizará en Baldrei, co-llendo parte do trazado que xa se realizou nos anos 1994 e 1995, e cun-ha zona nova.

E como non podía ser doutra forma, non faltará o clásico de Canón do Sil (32,00 km), que repite o mesmo esquema da edi-ción anterior con ese bo-nito inicio no centro ur-bano de Castro Caldelas.

Presentación do Rali de Ourense, nas Burgas,/RAMSÉS.

A gran novidade será o tramo de Maceda con saída en zona urbana

Page 13: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016

13MOTOR especial

Tras máis de 50 anos no mundo agrícola, Comercial Agrícola Guerra, agora xa na terceira xeración, aca-dou unha estreita relación co cliente da comarca de Viana. Agora traslada todo este coñecemento á zona de Xinzo, onde seguirán reafirmando os valores que os fixeron medrar pouco a pouco.

Contan cun equipo de 12 persoas. “Dende sem-pre apostamos pola for-mación, para que tanto os nosos técnicos coma os comerciais ou recambis-tas, coñezan todos os pro-dutos e así poder ofrecer o mellor servizo”, explican.

Unha das marcas máis prestixiosas no mundo agrícola, New Holland,

apostou por Comercial Agrícola Guerra para que fose distribuidor dos seus tractores. Unha ampla gama de vehículos, desde os de 25 ata os de case 700 cv., que inclúe tamén co-lleitadoras, empacadoras xigantes, as remodeladas rotoempacadoras, picado-ras e vendimadoras.

Dende o pasado 2015 son tamén distribuidores da división de New Ho-lland dedicada ao ramo da construción.

Para complementar a súa oferta tamén traballan co líder mundial en venda de apeiros, Kuhn, incluín-do segadoras rotativas, encintadoras, carros mez-cladores, empalladoras...Tamén excelentes fresa-doras ou gradas rotativas, así coma as súas máis que recoñecidas abonadoras, unha ampla gama de pul-

verizadores tanto suspen-didos como arrastrados, e sembradoras, xa sexan mecánicas ou neumáticas.

Xa para rematar poderá atopar no seu establece-mento produtos de xardi-nería e ferramentas, como desbrozadoras, hidrolava-doras, cortasetos, ilumina-ción e todos os accesorios necesarios para o tractor.

Comercial Agrícola Guerra chega a Xinzo de Limia

Agricultura de precisiónComercial Agrícola

Guerra apostou pola agri-cultura de precisión, gra-zas a cal conseguirá aforro de custos e de tempo, re-dución de solapamentos e traballo máis cómodo, sen fatiga. Grazas a unha rede de satélites prográmase o tractor para que traballe a finca, automaticamente e

En Viana do Bolo, Estrada Vilariño 3. Tel. 988 340 339En Xinzo, Polígono Industrial Xinzo, nave 43. Tel. 988 461 315 - Móbil 664 465 072.

el só, cun erro dun centí-metro aproximadamente.

Se está interesado en mercar un tractor achégue-se pola nave de Comercial Agrícola Guerra para re-cibir toda a información que precise e benefíciese dos seus descontos ou da financiación 0,00% pola que poderá mercar agora e pagar en cómodos prazos.No seu establecemento atoparás todo tipo de maquinaria

agrícola, accesorios, e ferramentas de xardinería.

Page 14: Xuño de 2016 - Barrios

14 BarriosXuño de 2016

EN BREVE

4 Arranxo da rúa As Laxas

O Concello de Allariz iniciou as obras de acon-dicionamento da rúa As Laxas, nas inmediacións do centro de saúde, onde se creará nunha parcela municipal un aparca-mento con capacidade para 15 vehículos.

O proxecto de huma-nización da rúa tamén contempla a mellora da pavimentación dende a intersección coa rúa Oli-veira ata a Emilia Pardo Bazán que se acondicio-nará con adoquín. A re-forma, ademais, mellora-rá os espazos peonís coa creación de beirarrúas de ata dous metros de ancho en aquelas edificacións e espazos públicos que así o permitan. Ademais, dado que as obras inclui-rán levantamento das beirarrúas actuais, apro-veitarase para soterrar os cables telefónicos.

A reorganización do tráfico rodado da zona así como a renovación da sinalización vertical e horizontal son aspectos incluídos no proxecto.

A actuación conta cun orzamento de 55.000 euros, dos que 29.500 proceden da Vicepresi-dencia da Xunta e o resto serán fondos municipais.

4 Novo horto urbano

A zona do Fuxón de Allariz, nun espazo que serviu para tirar os entu-llos dunha urbanización, acolle agora un novo horto urbano destinado ao autoconsumo de quin-ce familias.

A leira, de 3.000 me-tros cadrados, acondicio-nouse para contar con 12 parcelas independentes para o cultivo de froitas e hortalizas, e outras para plantar árbores froiteiras e outros arbustos.

Na parcela comezan a crecer as primeiras leitu-gas, tomates, pementos e chícharos, entre outros produtos. Na zona das froiteiras crecerán, o ano que vén, cereixas, peras e figos.

Na actualidade existen outros dous hortos urba-nos na Casa Lomberte e na rúa Alarico.

BALANCE DO 1º ANO DE MANDATO EN ALLARIZ / ALLARIZ E COMARCA

Volve comercializarse a carne de boiRedacción

O Concello de Allariz deu por comezada a cam-paña de comercialización de Carne de Boi de Alla-riz. Desde o sábado 11 de xuño, os locais hostalei-ros alaricanos adheridos ao programa ofrecerán carne de boi de Allariz nas súas cartas. Ademais ofrécese a venda directa no Mercado da Reserva que se celebra todos os sábados pola mañá na

Praza de Abastos. Dous exemplares de

450 kg cada un, cebados durante un ano en Allariz, veñen de ser sacrificados para que os amantes des-ta carne, recoñecida po-las súas especiais carac-terísticas gastronómicas, poidan degustala.

Este ano comerciali-zaranse 12 exemplares criados no municipio, que serán sacrificados progre-sivamente para ser degus-tados, a meirande parte, nas Xornadas de Degus-tación de Carne de Boi de Allariz, do 30 de setem-bro ao 16 de outubro.

P. Lodeiro

16 anos leva xa o nacio-nalista Francisco García a fronte do consistorio ala-ricano.

Que ten sido o máis positivo para Allariz des-te primeiro ano de man-dato?

Francisco García: “En certa medida, a boa marcha da actividade económica en Allariz, especialmente na creación de postos de traballo, o dinamismo em-presarial e comercial que o noso concello ten; a po-lítica de eventos realizada desde o propio Concello.

Ademais, proxectos que o Concello está poñendo en marcha de carácter pio-neiro, como o programa RE de recuperación a tra-vés da separación de resi-duos e da compostaxe.

E foi moi importante a creación de novos vesta-rios e ximnasios na piscina climatizada”.

E que ten sido o máis negativo destes 12 me-ses?

F.G.: “Sigue sendo para

nós un gran obxectivo o impulso á dinamización do medio rural, a recu-peración das parroquias tanto a nivel de demogra-fía como de actividade económica, unha cuestión que está sendo máis lenta do que quixéramos a pesar dos proxectos que estamos vendo en castaña, queixo, mel, cervexa, carne de boi, en fin… como digo é nece-sario intentar incrementar ese ritmo”.

Cal é o proxecto inescu-sable para sacar adiante neste mandato?

F.G.: “Destacaría con-solidar o programa RE, fa-cer de Allariz un referente no tratamento do lixo, pola actividade económica que o lixo pode significar.

Destacaría os camiños escolares, facendo eses percursos máis seguros a través da modificación que pretendemos realizar da estrada de Xunqueira.

E tamén destacaría no apartado museísistico no que Allariz ten unha gran potencialidade, a posibili-dade de completar as infra-estruturas que hoxe temos

cun centro de interpreta-ción da idade media”.

Como é a relación cos grupos da oposición?

F.G.: “É unha relación correcta, cun diálogo bastante fluído; con pun-tos de encontro nalgúns casos como pode ser a declaración institucional a respecto da Festa do Boi, con diferencias de criterio nalgúns outros; pero en todo caso cunha presenza da oposición, dentro da transparencia que vimos practicando, nas mesas de contrata-ción e nos concursos”.

FRANCISCO GARCÍA, ALCALDE DE ALLARIZ

“Queremos consolidar o programa RE”

Redacción

Por segundo mandato, Luz Doporto lidera o prin-cipal grupo da oposición en Allariz, o PP.

Que ten sido o máis po-sitivo para Allariz deste ano?

Luz Doporto: “O máis positivo neste ano, foi o avance en convivencia. A unión ante a defensa da nosa festa máis popular e tradicional, a Festa de Boi. Por primeira vez en moitos anos, todos os grupos polí-ticos estivemos unidos e á altura dun asunto transcen-dental para o pobo”.

E que ten sido o máis negativo?

L.D.: “A incapacida-de do grupo de goberno do BNG para xestionar e reducir a débeda e a con-tinua subida de impostos. A mala xestión do BNG pagámola todos, sóbennos o IBI e apágannos a ilumi-nación pública, é inadmi-sible”.

Como é a relación co grupo de goberno?

L.D.: “A relación co grupo de goberno é co-rrecta aínda coas nosas diferenzas ideolóxicas. O noso grupo sempre man-

tén unha actitude cons-trutiva, e iso condúcenos a esa convivencia correc-ta e positiva en prol dos intereses xerais.

E co outro grupo da oposición?

L.D.: “Co grupo socia-lista tamén, aínda que con menos relación porque tratamos menos. Pero en liñas xerais, en Allariz na actualidade pode dicirse que hai unha boa convi-vencia política”.

LUZ DOPORTO, VOCEIRA DO PP

“A mala xestión do BNG pagámola todos”

Francisco García.

Luz Doporto.

Redacción

O Concello de Allariz e a Asociación de Co-merciantes e Hostaleiros organizan unha Noite Meiga o 25 de xuño.

Máis de 30 comercios asociados, do sector téxtil e de calzado, hostaleiros e de servizos, entre outros, abrirán as súas portas en horario nocturno, de 20 a 24 horas, o vindeiro sá-bado 25 de xuño.

Descontos de ata un 50%, obradoiros infantís, sorteos, petiscos a prezo reducido e animación con música ao vivo engloban a programación da Noi-te Meiga, co obxectivo, segundo explica a con-celleira Cristina Cid “de

dinamizar a vila dando a coñecer a oferta comer-cial e hostaleira”.

A Asociación quere darlle ao evento un ca-rácter festivo e agasallar aos seus clientes con des-contos ademais de sor-tear máis de 25 produtos e unha viaxe a Londres para aquelas persoas que fagan as súas compras durante a Noite Meiga. A hostalería tamén se suma ao evento ofrecen-do petiscos meigos a pre-zos reducidos.

Están previstas outras actividades como a aper-tura de museos en hora-rio nocturno e a realiza-ción dun flashmob por parte dos alumnos dunha escola de baile.

Presentación da Noite Meiga, que será o 25 de xuño.

O comercio alaricano vivirá unha Noite Meiga4 Máis de 30 locais abrirán o día 25 ata medianoite.

Page 15: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016

15PUBLICIDADE

Page 16: Xuño de 2016 - Barrios

16 BarriosXuño de 2016

BALANCE 1º ANO DE MANDATO EN CELANOVA

“A aprobación do Plan Xeral é vital”4 José Luis Ferro fai balance deste ano no goberno.

Silvia Nieto

Leopoldo Rodríguez e o BNG continúan no grupo da oposición do Concello de Celanova, sen perder nin un ápice das gañas de loitar polos intereses de todos os veciños.

Que ten sido o máis positivo deste ano for-mando parte da cor-poración municipal do consistorio celanovés?

Leopoldo Rodríguez: “O máis positivo é que o BNG segue sendo a voz dos veciños que nos demandan a defensa dos seus intereses no Conce-llo. A día de hoxe, os úni-cos proxectos que se es-tán materializando foron os que puxo en marcha o BNG no anterior manda-to, aproveitando a perda de maioría absoluta do PP. Por exemplo, estase a realizar estes días -por fin- a reforma integral do parque infantil, que foi unha das grandes reivin-

dicacións do noso grupo.Para o BNG é un orgullo

contribuír a que Celanova sexa unha vila na que cada día se viva mellor e na medida en que poidamos seguir aportando ideas que melloren as cousas, aquí estaremos”.

E o máis negativo?L.R.: “O máis negati-

vo é que, despois dun ano de goberno con maioría absoluta, o alcalde José Luís Ferro e o PP aínda

Silvia Nieto

José Luis Ferro presen-touse por primeira vez como candidato do PP á alcaldía de Celanova en maio de 2015. Contaba coa experiencia de dous anos no cargo tras subs-tituir a Antonio Mouriño cando este pasou a parla-mentario. Agora fai balan-ce deste ano de goberno no que foi escribindo o seu propio camiño.

Que ten sido o máis positivo deste ano á fron-te do consistorio celano-vés?

José Luis Ferro: “Ao-longo deste primeiro ano de mandato foron frutifi-cando distintos proxectos nos que levabamos xa tempo traballando, entre os que podemos destacar:o campo de herba artificial (que era unha demanda e unha necesidade real e ur-xente, dada a importancia das Escolas Deportivas do Concello de Celanova); e o parque infantil (que es-tará a disposición dos ve-ciños a finais de mes).

Ademais, con indepen-dencia das dificultades que vive o comercio de Celanova, das que somos conscientes, si que esta-mos apreciando aperturas e reaperturas de negocios de toda índole, que están xerando emprego e que fai que vexamos con optimis-mo o futuro”.

E o máis negativo?J.L.F.: “A pesar de que

a situación económica do Concello é moi boa en si mesma e máis se a com-paramos con concellos similares ao noso, á hora de pensar en proxectos economicamente máis custosos e que definirían o que queremos que sexa Celanova nun futuro, ato-pámonos con moitas difi-cultades para conseguir a financiación necesaria.

Por outra banda, no lado negativo da balanza hai que por o feito de non poder atender sempre coa celeridade e satisfacción que nos gustaría as de-mandas cotiás dos nosos veciños”.

Cal é o proxecto ines-cusable que lle gustaría que saíse adiante neste mandato?

J.L.F.: “A redacción e aprobación definitiva do Plan Xeral que será de vital importancia para o futuro desenvolvemento do noso Concello”.

Como é a súa relación coa oposición?

J.L.F.: “A verdade é que polo de agora está sendo moi boa e moi cor-dial. O voceiro do BNG xa estivera no anterior mandato, no que traba-llamos, colaboramos e incluso coincidimos na necesidade de varios proxectos para o noso pobo.

O voceiro do PSOE e o seu compañeiro tamén son moi respetuosos e dialogantes”.

S. Nieto

Marcial Lafuente e Fa-bio González estreáronse neste mandato como edís do PSOE no Concello de Celanova (trala renuncia da súas compañeira Boo e Miranda). Achégannos a súa valoración deste ano na oposición.

Que ten sido o máis positivo deste ano for-mando parte da cor-poración municipal do consistorio celanovés?

“A maioría absoluta restoulle a Ferro o pouco talante que tivo antano”4 Dende o BNG reclaman que o PP non teña proxectos claros a curto e medio prazo.

non nos deixaron entrever que proxectos teñen para Celanova a curto e medio prazo. O único que perci-bimos é inmobilismo total, falta de ideas e desidia, que nos van seguir con-denando a ser o vagón de cola da provincia.

Atopámonos diante dun “máis do mesmo”, que o único que provoca é frus-tración entre os veciños que a única solución que lle ven ao seu futuro é marchar do concello.

Como exemplo da fal-ta de obxectivos chega con dicir que aínda non foi quen de presentar un orzamento para o 2016 e que está gobernando co de 2013 prorrogado e así non é posible ter un proxecto de futuro sólido”.

Cal debería ser a prio-ridade do goberno de Ce-lanova neste mandato?

L.R.: “Ter unha idea cla-ra da Celanova que queren de aquí a tres anos, polo menos. Non se percibe ningún cambio substancial da época do anterior alcal-de á época de Ferro, mes-mo nalgún caso comete ou repite os mesmos erros”.

Como està a ser a rela-ción co grupo de goberno e co outro grupo da opo-sición?

L.R.: “Botamos de me-nos que o alcalde conte máis con nós para con-sensuar temas importan-tes para o Concello, como pasaba cando estaba en minoría e onde o BNG lle fixo, en todo momento, unha oposición construti-va. A maioría absoluta res-toulle o pouco talante que tivo antano.

Polo demais temos, en xeral, unha relación de cordialidade e respecto tanto co grupo de goberno como co outro grupo da oposición”.

“A prioridade debe ser que a xente non marche da vila”4 O PSOE demandan máis in-formación e iniciativa do PP.

Marcial Lafuente: “Po-sitivo creo que moi pouca cousa, xa que non conta-ron coa opinión da oposi-ción para nada”.

Fabio González: “O mellor é estar nesta nova etapa na que estamos in-tentando aprender dentro das nosas posibilidades”.

E o máis negativo?M.L.: “Case todo, non

hai transperencia, non hai información, non hai iniciativa por parte do partido do goberno”.

F.G.: “ O máis negativo é a pouca axuda do parti-do de Celanova. Estamos sós”.

Cal debería ser a prio-ridade do goberno de Ce-lanova neste mandato?

M.L.: “Deberían ser moitas. Tratar de que Ce-lanova non quede obsole-ta. Crear medios ou fontes de traballo para non perder núcleo human”.

F.G.: “O primordial de-ber ser impulsar Celano-va., intentar que a xente non marche e que a xuven-tude quede na vila”.

Como està a ser a rela-ción co grupo de goberno e co outro grupo da opo-sición?

M.L. e F.G.: “As rela-cións son boas co grupo de goberno e, por suposto, co BNG”.

Leopoldo Rodríguez, voceiro do BNG./ARQUIVO.

José Luis Ferro, alcalde de Celanova./ARQUIVO.

Marcial e Fabio, edís socialistas en Celanova./CEDIDA.

Page 17: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016

17CELANOVA E COMARCA

Redacción

Unha vez superadas as xornadas de adversa climatoloxía, que facían imposible levar a cabo os traballos de conserva-ción previstos, a brigada de conservación do pa-trimonio cultural e na-tural de Celanova (posta en marcha este ano pola Fundación Curros En-ríquez) levou a cabo os traballos de limpeza da maleza que ao longo do inverno medrou sobre a ornamentación artística da fachada da igrexa do Mosteiro de San Rosen-do.

“A conxunción da per-manente presencia das palomas que aniñan no lugar, xunto coa propia climatoloxía e as condi-cións arquitectónicas do edificio fan que de forma periódica haxa que levar a cabo traballos de man-temento do conxunto, pois calquera outra ac-tuación de prevención da presencia das palomas no lugar non teñen dado

en ningún caso, resultados satisfactorios”, explican dende a Fundación.

Segundo aseguran, o principal problema para levar a cabo estes traballos son as propias dimensións da fachada que obrigan á contratación dunha grúa de grandes dimensións para poder acceder aos espazos

onde é preciso levar a cabo a limpeza, de aí que a veces resulte moi difí-cil e especialmente one-roso executar con máis frecuencia estas tarefas.

O custo económico do servizo de grúa foi sufra-gado polo Concello de Celanova e a Parroquia de San Rosendo.

Eliminada a maleza da fachada do mosteiro4 A cargo da brigada de conservación do patrimonio da Fundación Curros Enríquez.

Foi precisa unha grúa de grandes dimensións para rea-lizar os traballos de limpeza da fachada.

Clausurados os concertos didácticos de órganoO secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, compartiu o pasado 8 de xuño co

alumnado do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela a xornada de clausura dos Concertos Didácticos de Órgano de Celanova 2016, nos que participaron desde o pasado mes de abril 1.500 estudantes de centros educativos de toda Galicia.

En colaboración co Concello de Celanova, a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia apoiou este ano unha nova edición deste ciclo, no que se realizaron preto de 30 concertos no órgano barroco da igrexa de San Rosendo de Celanova, baixo a dirección da profesora do Conservatorio de Música de Ourense Marisol Mendive.

Anxo Lorenzo, Marisol Mendive, Mercedes Gallego e Antonio Piñeiro, durante a clausura dos concertos didácticos de órgano de Celanova./RAMSÉS.

EN BREVE

4 Rexeitada a dimisión do presidente da Mancomunidade

Cos votos dos edís do Partido Popular foi rexeitada a reprobación e petición de dimisión do presidente da Man-comunidade Terras de Celanova que solicitou no pasado pleno do 7 de xuño o BNG.

Os nacionalistas in-cluíron na orde do día esta demanda de modo urxente argumentando que o presidente da Man-comunidade, o popular José Antonio Pérez, deu traballo neste organismo ata a 16 persoas ache-gadas á súa familia e ao PP, ademais de empregar recentemente un espazo propiedade da Manco-munidade para festexar o cumpleanos do seu neto.

4Melloras viariasA Xunta vén de licitar

as obras de reforzo de fir-me nas estradas OU-402, OU-212 e OU-404, que contarán cun investimen-to de máis de 502.000 euros. No caso da OU-404, que une Celanova e Barral, levarase a cabo a rehabilitación localizada mediante fresado e re-posición, nos municipios de Cartelle e Castrelo de Miño.

O prazo de execución é de 6 meses e as empresas interesadas poderán pre-sentar as súas ofertas ata o vindeiro 15 de xuño.

4“Relax & Siesta”O Auditorio Ilduara

de Celanova acolleu este 4 de xuño a presenta-ción da segunda entrega –adicada á Terra de Ce-lanova- da serie “Relax & Siesta”, dirixida pola videoartista celanovesa Xudit Casas, e o compo-sitor pontevedrés Adrián Saavedra.

Esta é a primeira serie adicada exclusivamente a durmir a sesta. Por iso os vídeos teñen unha du-ración de entre 20 e 30 minutos, e neles úsan-se as imaxes a modo de postais en movemento, introducindo fermosas paisaxes propias dos do-cumentais de natureza cun concepto artístico.

Redacción

A última publicación do micólogo celanovés Ale-jandro Mínguez, “Da mico-fobia á micofilia”, recolle a súa experiencia no mun-do dos cogomelos e a súa aportación na divulgación micolóxica en distintos medios de comunicación dende 1996. Trátase de tex-tos seleccionados que falan dos aspectos menos coñe-cidos, como os cogomelos do verán, os medicinais, o cultivo, a orixe dos seus nomes e, como non, o caso de Celanova, que concen-trou nun momento concreto as Xornadas Micolóxicas máis lonxevas de Ourense, unha explotación de cultivo de cogomelos e comerciali-zación e a tapería micoló-xica, todo en mans da súa familia.

O texto relata as viven-cias persoais que parten dunha clara situación de fobia aos cogomelos anos atrás, micofobia, ata a mi-cofilia actual, ou amizade cos cogomelos, nunha so-

“Da micofobia á micofilia”, 20 anos de cogomelos4 é a última publicación de Alejandro Mínguez.

ciedade que vai introdu-cindo distintas especies fúnxicas na cociña e noutros aspectos da vida.

DespedidaAdemais este texto, o

décimo relacionado coa micoloxía do autor, ser-ve de despedida. Plan C, a tapería especializada en cogomelos que abría en outubro de 2013, arran-cou este ano con nova xe-rencia; Ricardo Mínguez, pai do autor e presidente da Asociación Cultural e Micolóxica de Celanova, anunciou que trala cele-bración no 2015 das XXX Xornadas Micolóxicas de Celanova, pechábase unha etapa e haberá un descanso sen tempo de-finido; e Borja Mínguez, titular da explotación de cultivo de cogomelos en Celanova, tamén anun-ciou o peche da mesma.

Remata así unha etapa para os Mínguez que, sen dúbida, nin Celanova nin o mundo dos cogomelos esquecerá.

Mellora do abastecemento de augana parroquia de San Martiño

A Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Ve-rea colaborarán na mellora do abastecemento de auga á parroquia de San Martino. Traballos que serán responsa-bilidade de Augas de Galicia e que contan cun orzamen-to de 100.000 euros.

Con esta actuación preténdese garantir aos veciños dun sistema de abastecemento axeitado, necesario de-bido á escaseza de auga detectada e ao incremento da demanda da época estival.

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o al-calde de Verea, Juan Antonio Martínez González./R.T.

Page 18: Xuño de 2016 - Barrios

18 BarriosXuño de 2016

DEPORTES

Redacción

Maceda foi elexida a sede do Campionato de España de bicicleta de montaña. Os días 15, 16 e 17 de xullo será o foco de atención para os amantes das dúas rodas. Na loca-lidade ourensán disputa-ranse o “team relay” na mañá do venres 15, para dar paso ás probas masters de cross country o sábado 16 pola mañá; o elimina-tor, nun circuíto urbano,

Maceda, sede dos nacionais de bicicleta de montaña4 Disputaranse os días 15, 16 e 17 de xullo.

pola tarde noite, e pechar coas probas de júniors, sub23 e elites, femininas e masculinas, na matinal do domingo 17.

Open de Galicia Na última proba do

Open de Galicia de BTT, o Club Ciclista Mace-da logrou catro vitorias. Saúl López, na catego-ría raíña; Iván Feijoo, en júniors; e Carlos Canal e Antía Martínez, en cade-tes.

No centro, Saúl López no podio elite do Open de Piñor.

Un ouro e dúas pratas para Ferreira4 O verinés logrou as meda-llas do europeo de wushu.

Redacción

Excelente a actuación do deportista verinés José Manuel Ferreira. O inte-grante do Gimnasio Arco Verín representou a Espa-ña no Campionato de Eu-ropa de wushu. Ferreira logrou un título europeo e dous subcampionatos.

O ourensán logrou col-garse o ouro en formas de pao (nangun). Tamén logrou as pratas en for-mas de puño (nanquan) e en combate de exhibi-ción (‘Duilian’ -combate sincronizado-) formando tándem co seu compañei-ro Dan Río.

O seu compañeiro, o ourensán Ezequiel Gago, logrou os subcampiona-tos de taichí moderno e taichí con espada.

Internacional A vindeira cita será

na casa, coa disputa do Campionato Internacio-nal de Ourense. Será os días 2 e 3 de xullo na capital ourensá. Este evento contará con equi-pos de China, Portugal, Francia e outros países europeos.

José Manuel Ferreira rea-lizando un exercicio no Campionato de Europa de Wushu.

Lekhili e Fernández, xuntos4 Os dous cruzaron a liña de meta de Celanova da mán.

Redacción

O sábado 11 de xuño celebrouse en Celanova a súa 13ª carreira popu-lar. Na categoría absoluta Alejandro Fernández e Hassan Lekhili chegaron a meta da mán despois de completar xuntos todo o percorrido. Rubén Diz foi o terceiro clasificado.

En categoría feminina o podio foi copado por Ariana González, Iria Fernández e Sonia Tei-jeiro remataron primeira, segunda e terceira, res-pectivamente.

XinzoEste sábado 18 Xinzo

celebrará a súa carrei-ra nocturna. Ás 20:15 h comezará coa proba de benxamíns e alevíns. Ás 21:30 horas rematará coa proba absoluta. A saída terá lugar na praza San

Roque.

MolgasO vindeiro 30 de xullo,

celebrase a IX edición da carreira popular San Sal-vador de Baños de Molgas. As 19:00 horas empezara-se ca carreira de pitufos (150 metros), as 19:15 benxamins e alevins (750 metros), as 19:30 infantis e cadetes (2.300 m.) e as 20:00 horas a proba abso-luta (7.000 m.), tres voltas a un circuito urbano.

Nocturna de Xinzo.

Page 19: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016

19PUBLICIDADE

Page 20: Xuño de 2016 - Barrios

20 BarriosXuño de 2016 ENTREVISTA

“Este verán viaxaremos ao Festival de Sarvar en Hungría para representar a Galicia”, adiantounos

Alexandre Sotelino (esquerda) xunto a Freixo, gaiteiro das Pontes.

Silvia Nieto

Leva 10 anos en funcionamen-to e as súas propostas culturais xa figuran fixadas nas axendas dos veciños de Ramirás e de distintos puntos da provincia. Repasamos co coordinador da Asociación Rebulir, Alexandre Sotelino, a historia, oferta formativa e o amplo abano de actividades que levan a cabo ao longo do ano, sempre partindo dunha única pre-misa: aman o que fan e gozan con elo; e iso demóstrase en todas e cada unha das iniciativas nas que se involucran.

Cando e como naceu a Aso-ciación Rebulir?

Alexandre Sotelino: “Rebulir nace no curso 2006/2007 conti-nuando o traballo do que fora o Grupo Sendra, a escola de baile tradicional de Ramirás e a Banda de Gaitas de Ramirás.

A idea xurdiu dun grupo, profe-sores, pais e nais, Concello e por suposto, membros da antiga ban-da e da escola de baile, para crear un novo proxecto que involucra-se aos nenos e nenas, e mozos de Ramirás a partir da recuperación e posta en valor da cultura tradi-cional endóxena”.

Con que obxectivo?A.S.: “O obxectivo foi doble.

Por unha banda, fomentar a par-

ticipación veciñal a partir dun proxecto de índole cultural. E por outra, a consolidación dunha es-cola de baile e música tradicional de calidade e rigurosa no seu que-facer, que puidera ser referente en e desde Ramirás”.

Que tipo de formación ofre-ce?

A.S.: “Actualmente impártense catro disciplinas: gaita tradicio-nal, percusión, canto e pandeireta e baile tradicional; con diferentes grupos para cada actividade se-gundo idade e nivel. Nestas ac-tividades participan máis de 100 socios, que desde os 3 anos de idade se mergullan na música e no baile tradicional”.

Que tipo de actividades orga-niza ao longo do ano?

A.S.: “Durante todo o ano or-ganízanse unha chea de inicia-tivas. Desde cursos, xornadas, monográficos, concertos, exposi-cións, saídas... tendo protagoni-mo sobre todo tres actividades. A primeira é o FIR (Festival Inter-nacional Rebulir), que ten lugar en decembro; a segunda sería a Noite de Fiadeiro que recupera a esencia daqueles fiadeiros que se facían antano na comarca de Celanova; e por último unha acti-vidade emerxente chamada “C@ntadas”; onde os veciños e veci-ñas do Concello poñen en valor

as súas historias de vida, lendas, mitos, ritos... etc”.

Unha das máis destacadas é o Festival Internacional Rebulir de Baile e Música Tradicional que en 2016 chegará a súa déci-mo primeira edición.

A.S: “Efectivamente, o FIR é unha cita importante para nós.

Empezou como un pequeno festi-val de Nadal para os nosos nenos, e actualmente estamos traendo grupos de toda España, e mesmo do estranxeiro. Tamén é destaca-ble nos últimos anos a creación do Premio Rebulir, que recoñece o labor de diferentes persoas en prol da cultura tradicional ou ben da difusión do nome de Ourense fóra das nosas lindes”.

Tamén é moi coñecida a Noi-te de Fiadeiro. Como foi a cele-brada este 28 de maio?

A.S: “Como comentaba, na Noite de Fiadeiro recréanse esas celebracións que antigamente tiñan lugar nas cortes, bodegas, baixos das casas da contorna; e que foron desaparecendo.

Nesta edición, que foi xa a dé-cima creamos un programa de ac-tividades que comprendeu a xor-nada enteira, e na cal participaron diferentes colectivos de música tradicional das catro provincias galegas, sendo un total de 30; grupos de animación e teatro de rúa, artesáns, postos de gastrono-mía... todo para facer desta unha edición especial”.

Como hai que facer para con-

certar unha actuación vosa?A.S.: “A verdade é que temos

unha axenda moi intensa para o verán, e seguen chegando chama-das para pechar datas dos diferen-tes grupos, con especial relevan-cia no caso do grupo de música tradicional.

Se algún Concello, asociación ou comisión quere contar coa nosa presenza nas súas festas só ten que contactar con nós por cal-quera das vías que se ofrecen na web e estaremos encantados de poder contribuír a facer troula alí onde se nos requira”.

Tamén realizades actuacións en localidades de fóra de Gali-cia e doutros países.

A.S.: “Efectivamente. Neste dez anos levan sido moitos os festivais e eventos nos que temos participado a nivel autonómico, estatal e mesmo internacional. Este verán viaxaremos ao impor-tante Festival de Sarvar en Hun-gría para representar a Ourense, e por ende, a toda Galicia.

Pero para nós ir de viaxe non é unha prioridade. Desde un co-mezo Rebulir pensou que os seus membros tiñan que amar o que fan e gozar con iso, independen-temente do lugar onde se faga. Deste xeito, aseguramos que a motivación sexa intrínseca e que o grupo permaneza no tempo”.

Envíalle unha mensaxe aos nosos lectores.

A.S.: “Tan só quería enga-dir que Rebulir é máis que unha asociación folclórica. Rebulir ten senso en canto é un revulsi-vo para as dinámicas culturais, educativas e sociais de Ramirás, implicando na súa dinámica a to-dos os membros da comunidade, desde empresarios e institucións, a veciñanza e outras asociacións e grupos cívicos. Por iso é que ano tras ano seguimos conquerindo os obxectivos que se propoñen. Pois doutro xeito non tería sentido”.

ENTREVISTA A ALEXANDRE SOTELINO, COORDINADOR DA ASOCIACIóN REBULIR

“Rebulir busca involucrar a nenos e mozos na posta en valor da cultura tradicional endóxena”

4 Coñecemos máis a fondo toda a oferta formativa e iniciativas culturais que a Asociación Rebulir, de Ramirás, organiza ao longo do ano.

Actuacion durante unha edición anterior do Festival Internacional Rebulir.

“Rebulir ten sentido en canto é un revulsivo para as dinámicas culturais de Ramirás, implicando a todos os membros da comunidade”, explica

Page 21: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016

21PROVINCIA

4NOTICIAS DE EMPRESA

Redacción

A Xunta de Galicia au-mentou nun 25% o número de obradoiros de emprego na convocatoria deste ano. 20 serán na provincia de Ourense, chegando a un total de 75 municipios.

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Mar-notes, presentou a oferta destes programas na pro-vincia ourensá, coa que se formarán 400 desempre-gados.

Entre outros, haberá obradoiros no concello de Monterrei, xunto con Cas-trelo do Val, Laza, Cua-ledro e Oímbra; en Cela-nova, conxuntamente con Bande e Verea; na Man-comunidade Conso Friei-

ras; na Mancomunidade voluntaria dos concellos da comarca de Ourense; o de Sarreaus, conxun-tamente con Trasmiras, Sandiás e Vilar de Barrio; o obradoiro compartido por Xinzo e Baltar; o da Merca,Cartelle e Ramirás; e o de Porqueira, Rairiz de Veiga e Os Blancos.

Dos tres obradoiros de Garantía Xuvenil, para menores de 30 anos, un irá para a Mancomunidade de municipios da comarca de Verín, e outro para a Mancomunidade Terra de Celanova.

Concellos sen obradoiroTres concellos que que-

dan sen obradoiro son Allariz, Vilar de Santos, e A Bola, que presentaran

75 concellos ourensáns terán obradoiros de emprego4 A Allariz, Vilar de Santos e A Bola non llo concederon.

unha proposta conxun-ta. O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, dixo que vai estudar a resolu-ción e opinou para este medio: “parece que con-tan todos os concellos menos determinados”.

Alfonso Marnotes, direc-tor xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta./P.L.

Na avenida de Zamo-ra 154 de Ourense podes atopar unha tenda The Singular Kitchen, na que a experiencia de comprar unha cociña convértese en algo exclusivo, úni-co e diferente para cada cliente.

Detrás de The Singular Kitchen hai un grupo de profesionais cheos de ilu-sión por ofrecer ao con-sumidor a máxima trans-parencia para que poidan acceder ao produto máis vangardista, tecnolóxico e de calidade do merca-do, democratizando o mercado de mobles de cociña de alta gama, fa-céndoas accesible a cal-quera familia.

En The Singular Kit-chen saben que a elec-ción da cociña é un in-vestimento meditado e moi significativo que pode converter o proceso

de compra en algo longo e complexo cando se desco-ñece todo o que abrangue. A cociña é moito máis que unha estancia da casa e por iso poñen todos os medios para axudar a elixila. Des-de o establecemento cón-tannos que o seu segredo é que non hai secreto, é simplemente enxeño, em-patía e sentido común para servir aos intereses dos seus clientes e lograr a súa satisfacción.

En The Singular Kitchen

Ourense atoparás unha am-pla exposición de cociñas que responden a diferen-tes gustos e necesidades. Están as ultramodernas que obedecen aos canons das últimas tendencias, as que destacan pola súa fun-cionalidade, algunhas de corte tradicional ou máis rústicas.

Cociñas únicas en The Singular Kitchen

Cociña de The Singular Kitchen.

Visita The Singular Kitchen

Av. Zamora, 154 Ourense

Page 22: Xuño de 2016 - Barrios

22 BarriosXuño de 2016

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

A importancia dos froitos vermellos

Aí están eles, os mi-lagreiros: inxeridos nos intervalos das comidas van de seguida lubrificar os vasos sanguíneos.

Unha alimentación co-rrecta non só contribúe para unha mellor calida-de de vida e para unha sensación de benestar, ta-mén prevén moitas doen-zas. É así que podemos definir estes alimentos lembrando a Hipócrates: “que o teu alimento sexa o teu primeiro medica-

mento”.Indicacións terapéuticas

dos froitos vermellos:- A mora é axeitada

para doenzas cardíacas e neurolóxicas, neoplasias e cancro, envellecemento da pel, falta de visión, anemia, ansiedade e hipertensión.

- Cereixas, para a artri-te, reumatismo, arterios-clerose e anemia .

- A framboesa reforza a función do corazón e do fígado, é depurativa.

- Os amorodos son bos

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4AXENDAExposicións- Ata o 19 de xuño

- Exposición “Festa do Boi: a mirada dos nenos” - Fundación Vicente Ris-co (Allariz)

- Ata o 26 de xuño - Exposición de manuali-dades da Asociación de Mulleres Silvardeiras - Sala A Fábrica (Allariz)

- Do 17 de xuño ao 10 de xullo- Exposición da Escola de Pintura- Casa da Cultura de Verín

Cine- 17, 18 e 19 de xuño-

Proxección de “X Men Apocalipsis” e “Triple 9”- Sesións ás 18:30 e 22 h - Casa da Cultura de Verín

- 18 de xuño - Proxec-ción de “Vida” - 22:30 h - Praza da Mercé de Verín

- Do 20 ao 25 de xuño - Proxeccións de astrono-mía “Planeta móbil”- 11 e 17 h- Pavillón de De-portes de Verín

Música- 23 de xuño - Concerto

de Ken Stringfellow - 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos)

- 24 de xuño - Concerto de Aló Django Cuarteto - 23:30 h - Bar O Latas (Celanova)

- 24 de xuño - Concer-to de Tiao Duá - 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos)

- 25 de xuño - Concer-to de 2NaFroteira - 20:30 h - Fundación Vicente Risco (Allariz)

- 25 de xuño - Concer-to de Ton Risco Trío - 20 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos)

Espectáculos- 17 de xuño - “Unha

marimba no mar”- 12 h- Casa da Cultura de Alla-riz

- 18 de xuño- “Os bo-lechas van ás Olimpía-das”- 12:30 h - Auditorio Municipal de Verin

- 19 de xuño - “Os bo-lechas van ás Olimpía-das” - 18:30 h - Audito-rio Ilduara de Celanova

www.periodicobarrios.com

No ano 1984 apareceu de forma casual unha ne-crópole sueva mentres se arranxaba o contorno da capela de San Salvador das Rozas en Medeiros. Segundo contaba daque-la o diario “La Región” os sarcófagos apareceran cando os veciños escava-ban para ampliar o terreo arredor da capela.

Este descubrimento fortuíto é, aínda hoxe, o maior e mellor testemuño da época sueva na nosa comarca, unha época de transición entre Roma e o medievo da que se teñen moi poucos datos. Pese a importancia do achado as pezas xamais foron valoradas como se mere-cían e pasaron os últimos 30 anos nun galpón feito de bloques de cemento, amontoados uns enriba doutros e sen protexer das inclemencias do tem-po. Seguramente se nos ocos dos sarcófagos se puidera montar un hotel xa houberan tido máis coidado.

Pero este desprezo pola nosa historia chegou ao seu fin o pasado 10 de xuño cando, despois da sinatura dun convenio

4HISTORIAS DE MONTERREI

A necrópole de Medeiros

entre o concello de Mon-terrei (cando fan algo ben tamén hai que dicilo) e a Universidade de Vigo, deron comezo as labores arqueolóxicas que teñen como principais metas a conservación, o estudo e a divulgación da necrópole. Unha vez rematada a inter-vención, os restos arqueo-lóxicos serán trasladados á caseta tellada construída na banda norte da igrexa para a custodia e exhibición dos mesmos.

Estes traballos arqueo-

lóxicos teñen una políti-ca de “aberto por obras” polo que mentres dure a intervención haberá aten-ción diaria e visita guiada gratuíta para calquera que se queira achegar. Así que, dende aquí, anímo-vos a que vos acheguedes á capela de San Salvador e coñezades de primeira man e por xente ben for-mada una parte importan-te da nosa historia.

Andrés Diz historiamonterrei.

blogspot.com.es

para o estrés, a ansiedade e inflamacións.

- A arandeira, para problemas de visión, hemorroides, infeccións urinárias e doenzas neu-rolóxicas.

Deben ser consumidos regularmente, porque axudan a previr o can-cro, o envellecemento e reforzan o sistema inmu-nitário, tornándoo máis forte e resistente a bacte-rias e virus.

João Damião

Achádegos na igrexa de San Salvador de Rozas.

Clausura das actividades do curso escolar da Biblioteca de Verín

Finalizou o curso escolar na Biblioteca Municipal de Verín coa actividade “Cantamos un conto?”. Ano no que se levaron a cabo 58 actividades: 10 presentacións lite-rarias, 19 contacontos, 16 conferencias, 2 obradoiros, 11 visitas escolares e 15 reunións do club de lectura.

Así mesmo, anunciou os seus servizos estivais: a Bi-blio-Rúa, información sobre a biblioteca nos días de fei-ra; e a Biblio-Piscina, nas piscinas municipais en xullo e agosto.

Á actividade “Cantamos un conto?” acudiron 50 nenos socios da instalación.

EN BREVE

4 Concertos no FIXA de Allariz

Allariz acolle os días 18 e 19 de xuño o III Fes-tival de Bandas de Músi-ca no Festival Internacio-nal de Xardíns (FIXA).

Ambos días haberá pa-sarrúas ás 19:30 horas e concerto ás 20 horas. O sábado, a cargo da Banda Musical Parafita de Mon-tealegre (Portugal); e o domingo actuará a Banda de Música Sementeira de Cambre e a Banda Unión Musical de Allariz.

4 Maceda solidariaMaceda acolle este 18

de xuño unha gala benéfi-ca (ás 21 horas no parque Francisco Carballo) para axudar aos refuxiados si-rios. Nela actuarán Os do Fuelle, Carlos Quintas, Mar Rivero, Xarabote, e o grupo convidado An-drius Blues Nights & Jam Band. As entradas custan catro euros.

A iniciativa complé-tase coa proxeción do documental “Syria Self Portrait, Silvered water”, no salón de actos do Con-cello o 17 ás 20 horas.

4 Actividades para nenos e maiores

O Concello de Allariz ten aberto ata o 17 de xuño o prazo para que as fami-lias se inscriban no pro-grama “Concilia Verán”, unha iniciativa lúdica de atención a nenos de 3 a 12 anos cuxos pais residan en Allariz.

Tamén ata o 17 os pen-sionistas e xubilados poden anotarse no programa “Va-cacións para maiores”, e gozar de estancias en zonas costeiras, viaxes culturais e turismo de natureza.

Ambas solicitudes de-ben tramitarse no Fogar do Maior.

4 Arte infantilAté o 5 de xullo, a Sala

de Exposicións de Verín acolle a mostra ”Arte In-fantil”, realizada por nenos e nenas durante o curso es-colar 2015-2016 nas Aulas de Iniciación ás Artes Plás-ticas da Escola de Artes e Oficios de Verín.

A exposición está aberta ao público de luns a venres de 17:30 a 20:30 horas; e os sábados de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

Page 23: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016

23CLASIFICADOS

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 002 Concello de Oimbra 988 426 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 425 032Concello de Castrelo de Val 988 419 002Concello de Laza 988 422 002Concello de Cualedro 988 424 004Comisaría de Policía Verín 988 414 123Policía Local Verín 988 411 612Bombeiro Verín 988 590 206Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 412 121Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 812Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 212IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 425CEIP Princesa de España 988 410 128Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 002 Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Garda Civil 988 462 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada Xinzo 988 460 309

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 293 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadanedo 988 291 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 204 CEIP Padre Feixoo 988 440 825IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 219Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 260 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 523Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 290CEIP Curros Enríquez 988 431 725Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 482Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 902 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 902 309 000Protección Civil 112Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

4TELéFONOS DE INTERESE

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz.Nº26 - Ano: XI - Xuño 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDAVéndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524.Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adelante para atrás con praza de garaxe pe-chada. Prezo económico. Pouco gasto de comunidade. Tlf.: 629 52 38 12.Cámprase finca preto de Ouren-se, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642.Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, econó-mica. Interesados chamar ao 630 030 642.Vendo finca de 10.000 m2 con granxa para cría de 100 ternei-ros con 300 metros de almacén. Con todo o necesario para a cría de animais con a PAC. Zona de Xinzo. Prezo: 140.000 euros. Tel. 686 540 087.Alugo apartamento en Mon-talvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbo-nas, aparcamento), fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16.Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minu-tos da praia. Tel. 636 422 497.Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09.Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle In-clán. 50 euros. Tel. 636 329 524.Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59.

EMPREGOOfrécese señora de mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tel. 659 129 142Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de ex-periencia- . Disponibilidade in-mediata. Tel. 647 640 620.Limpieza de fincas, jardines, desbroce y trabajos de campo, amplia experiencia, presupues-to sin compromiso. tlf. 602 864 666.Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417.Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448.Ofrécese señora para o coida-do de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330.Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp).Moi económico, fanse repara-cións en fogar e negocios, car-pintaría, mobles, persianas, etc.Tel. 656 782 460Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660.Necesítase señora para coi-dar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42.Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81.Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448.Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Materias curriculares de ensi-nanzas medias. Con CAP. Am-pla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: [email protected] e 610 38 25 89

COMPRA /VENDA

Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69.Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade semi-nova. Tel. 637 00 59 10.Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, pe-che centralizado. 8000 euros. Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, todos os extras. 3900 euros. Renault Clio 1.5 DCI, 70 cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regulador velocidade, todos os extras. 7000 euros. Nis-san Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576.Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COS-MO (todos os extras). Máis info e fotos no 607 20 34 81 (atendo WhatsApp)Vendo máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos (PRESAS), máquinas ex-

CONTACTOSOfrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

pendedoras de tabaco, etc. Tel. 607 20 34 81 (atendo Whats-App).Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración te-llado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43.Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tlf: 640 378 300.

Page 24: Xuño de 2016 - Barrios

BarriosXuño de 2016