abril de 2016 - ourense por barrios

24
Número: 16- Ano: XV - Abril 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.3 DEPORTES Páx. 22 BARRIOS Páx.4 CULTURA Páx. 16 O COB quere forzar o cuarto partido do playoff Coida a túa saúde cos consellos do noso especial Instan a executar actuacións urxentes no barrio do Pino A Festa dos Maios repartirá 1.700 euros en premios ESPECIAL Páx.13-15 Fracasa a petición de dimisión do alcalde por parte de DO Posta en valor da ponte Romana Abre La Molinera [Páx. 16] [Páx. 6] Comezaron as obras de renovación da calzada e da iluminación da ponte Vella . // As traballadoras da empresa de limpeza Linorsa concentráronse os últimos días na praza Maior para reclamar que a empresa lles abone os salarios que lles adebeda./R.TORRES e P.LODEIRO. Entrevista ao concelleiro de Servizos Xerais e Promoción Económica, Jorge Pumar [Páx. 2] Linorsa, en concurso [Páx. 9]

Upload: periodico-barrios

Post on 28-Jul-2016

252 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

O inicio das obras da posta en valor da ponte Romana e o conflicto laboral en Linorsa, temas de portada no número de abril de Ourense por Barrios.

TRANSCRIPT

Page 1: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

Número: 16- Ano: XV - Abril 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.3 DEPORTES Páx. 22BARRIOS Páx.4 CULTURA Páx. 16

O COB quere forzar o cuarto partido do playoff

Coida a túa saúde cos consellos do noso especial

Instan a executar actuacións urxentes no barrio do Pino

A Festa dos Maios repartirá 1.700 euros en premios

ESPECIAL Páx.13-15

Fracasa a petición de dimisión do alcalde por parte de DO

Posta en valor da ponte Romana

Abre La Molinera

[Páx. 16][Páx. 6]

Comezaron as obras de renovación da calzada e da iluminación da ponte Vella . // As traballadoras da empresa de limpeza Linorsa concentráronse os últimos días na praza Maior para reclamar que a empresa lles abone os salarios que lles adebeda./R.TORRES e P.LODEIRO.

Entrevista ao concelleiro de Servizos Xerais e Promoción

Económica, Jorge Pumar

[Páx. 2]

Linorsa, en concurso

[Páx. 9]

Page 2: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

2 OURENSE POR BarriosAbril de 2016

ENTREVISTA

“Todo proxecto que poidamos presentar e redunde en beneficio dos ourensáns presentarémolo, o non xa o temos”

“Se estou nun cargo público é para cumprir e ter proxectos, non me gusta pasar o tempo”

Paula Lodeiro

Jorge Pumar é concelleiro de Servizos Xerais e Promo-ción Económica no Concello de Ourense, cargo que compaxina co de vicepresidente segundo da Deputación Provincial e co de vicesecretario xeral do PP de Ourense.

Acaba de abrir ao público o Centro de Coñecemento A Mo-linera, era un reto como conce-lleiro?

Jorge Pumar: “A verdade é que si, porque non é fácil que a nove meses de estar no Con-cello, co mesmo orzamento e persoal, poder abrir unha nova instalación e ao mesmo tempo aforrar diñeiro, porque estamos a deixar de pagar 30.000 euros que pagabamos polo aluguer da aula CeMIT da rúa Progreso, e a min non me entraba na cabe-za dicir como é posible que es-teamos a pagar 2.000 euros para un centro de novas tecnoloxías tendo a Molinera pechada? E o que estou a buscar nestes pri-meiros meses é potenciar o nome da Molinera, un edificio que tiña unha marca negativa, por todo o que pasou, polo en positivo e facer xornadas de potenciación para que La Molinera sexa o que queiran os ourensáns, que dean ideas, e logo xa é a miña función buscar financiamento e recursos para levalo a cabo”.

Entón non están definidos todos os usos da Molinera?

J.P.: “Si, están definidos. A día de hoxe temos programación até o mes de xullo, e xa estamos a planificar todo o que vai ser de setembro a decembro, e isto ten-do en conta que non temos par-tida orzamentaria para iso, estou a buscar acordos con fundacións e entidades bancarias para poder facer as actividades porque se non non teño maneira. E vai ha-ber un espazo networking aberto a todos os cidadáns, vai haber un taller de robótica, outro de elec-trónica, unha persoa que queira facer un coworking tamén pode

ter o seu espazo, todos eses usos están establecidos, pero como é un edificio polivalente está claro que pode haber moitísimos máis usos”.

Tamén este mes comezaba a funcionar a Lanzadeira de Emprego.

J.P.: “Si, este luns púxose en marcha a primeira Lanzadeira de Emprego de Galicia que temos a sorte que sexa en Ourense, é un programa de emprego innova-dor. É un éxito de participación (218 solicitudes para 25 prazas) e creo que vai ser un éxito nestes cinco meses que vai durar, e que se vai a facer no Centro de Ini-ciativas Empresariais para tentar que a porcentaxe maior posible intégrese laboralmente”.

Que outras iniciativas ten o Concello para promover o em-prego na cidade?

J.P.: “As políticas activas de emprego son competencia da Xunta de Galicia; nós, os conce-llos, o que facemos é colaborar, pór ferramentas para tentar xerar emprego, pero o emprego xéra-no os empresarios, as pequenas empresas, os autónomos, o co-mercio en Ourense. Como con-cello o que temos é que axudar a esas pemes, primeiro, que non desaparezan as que hai, e segun-do, a aquela xente que teña unha iniciativa emprendedora tentar axudala. No Concello de Ouren-se non estamos para que a xente crea que aquí se xera emprego, estamos para tentar apoiar a que pasen da idea á acción e poidan crear a súa empresa. E para iso temos un Centro de Iniciativas Empresariais (CIE) con toda a infraestrutura necesaria, onde hai tres orientadores laborais e tres técnicos de emprego”.

Están todos os niños do CIE ocupados?

J.P. : “Hai nove niños e a día de hoxe só un libre. Unha orde-nanza regula o seu uso; os custos son mínimos porque están equi-pados totalmente con mobiliario, equipamento informático, wifi.

Animo á gente que teña unha idea a que o intente”.

Rexeitan logo o Plan de em-prego consensuado durante o mandato anterior por grupos políticos e axentes sociais e eco-nómicos?

J.P.: “Non é que o descarte, nin moito menos. Non me gusta falar de plans de emprego faraó-nicos porque me parece enganar

á xente que por desgraza está desempregada. O que me gusta é o día a día, con plans específicos, cribles e que a curto prazo poidan ter un rendemento. Oxalá puidé-semos conxuntamente coa Xunta de Galicia e cos empresarios ter unha partida específica para po-der facer plans de emprego espe-cíficos”.

Tamén leva a área de Servi-

zos Xerais, é un caixón de xas-tre?

J.P.: “É o Concello por dentro, o que é a loxística: o mantemento de todas as instalacións munici-pais, o parque móbil, rexistro, estatística, a infraestrutura, o mo-biliario. Como cargo público que son intento minimizar os custos o máximo posible e tentar facer unha xestión coma se fose a túa propia casa. Ás veces hai gastos que se poden aforrar e sobre todo xestionar. Como xestión teño que destacar o Plan de reestruturación de edificios municipais e que vai supor que neste mandato vaia-mos aforrar ao redor de 800.000 euros. Non pode ser que teñamos alugueres como o da aula CeMIT ou o local de Dr. Marañón onde está Recursos Humanos que pa-gamos dous alugueres, que teña-mos na rúa Arcediagos todo Ser-vizos Sociais sen ter ascensor e tendo locais baleiros como podía ser a segunda planta do Conce-llo, que a rehabilitamos e a día de hoxe xa está operativa, ou como pode ser a Cárcere da Coroa, que é un edificio que está baleiro”.

Hai carencias no parque mó-bil municipal?

J.P.: “Non vou negar que é un parque móbil que ten anos. A Policía Local ten demandado melloras, pero non só eles, tamén o piden as brigadas de medio ambiente e doutros departamen-tos. Na Policía Local acábase de facer un proceso de contratación por renting de tres vehículos, un tema que xestiona directamente a concelleira Flora Moure. Desde o meu departamento vemos que ao mellor o parque móbil necesita un restyling”.

Presentaron varios proxectos a convocatorias da UE.

J.P.: “Si, eu teño unha máxi-ma: que todo aquel proxecto que poidamos presentar e redunde en beneficio dos ourensáns presenta-rémolo, o non xa o temos.

Estamos en cinco proxectos europeos: un, un macro proxecto que lidera a Deputación que é o “Conecta Ourense?”, onde estaría involucrado o Concello, a Depu-tación e os concellos limítrofes. Pode haber un antes e un despois para o desenvolvemento da área metropolitana de Ourense, pois estamos a falar de 18 millóns de euros e dunha programación de catro anos. Pénsase que poidan resolvelo no mes de xuño ou xu-llo. Os outros catro son progra-mas POCTEP para o Norte de Portugal e Galicia. Cada un dun-ha liña diferente. Pénsase que se poida resolver no mes de outubro ou novembro.

No caso de que veñan apro-

ENTREVISTA AO CONCELLEIRO DE SERVIZOS XERAIS E PROMOCIÓN ECONÓMICA

“Non me gusta falar de plans de emprego faraónicos porque me parece

enganar os desempregados”4 Jorge Pumar prefire plans de emprego “específicos”, “cribles” e que a curto prazo “poidan ter un rendemento”.

Jorge Pumar é concelleiro de Promoción Económica no Concello de Ourense e vicepresidente da Deputación./P.LODEIRO.

Page 3: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

3OURENSE POR Barrios Abril de 2016

TEMA DO MES

P. Lodeiro

A moción para que o alcalde de Ourense di-mitise se non conseguía compromisos dun mí-nimo de 100 millóns de euros de investimento para a estación intermo-dal da cidade quedou en auga de borrallas. Nin Partido Socialista nin Ourense en Común apoiaron a proposta de Democracia Ourensana –por máis que dixeron compartir os seus argu-mentos, decidiron abs-terse- pero nin sequera houbo votos a favor, ao abandonar os de Gonza-lo Pérez Jácome a sesión tras unha discusión co alcalde.

Na súa segunda inter-vención, Jácome acusou a Jesús Vázquez de rirse cando el estaba falando dos emigrantes, e ta-chouno de “maleducado” e “senvergoña”. O rexe-dor chamouno ao orde, ameazou con suspender ao pleno, e pediulle que retirara os insultos, de-cidindo finalmente qui-tarlle a palabra. Acto seguido Jácome instou aos seus á abandonar a sesión plenaria extraor-dinaria que eles mesmos solicitaran. De aí que a votación final fose de 10 votos en contra (os do PP), e 9 abstencións (as de PSOE e OUeC).

A este respecto, o rexe-dor negou que se rira dos emigrantes e enmarcou o comportamento de Já-come na busca dun “es-pectáculo”, “ao ver que os dous grupos (PSOE e OUeC) non lle entraban ao saco”. Martiño Xosé Vázquez de OUeC tamén o situou nunha “estra-texia” de DO de buscar

un titular na prensa. Ao finalizar a sesión

Gonzalo Jácome ratifi-couse no dito, “ampárame a liberdade de expresión”, dixo. Ademais, acusou ao PSOE de ser “colabora-cionista” co PP e afirmou que a súa postura no ple-no deste martes será o seu “suicidio” nas eleccións autonómicas.

ArgumentosMais non só houbo in-

sultos no pleno extraordi-nario. A sesión comenzaba ás 10 da mañá con Pé-rez Jácome pedindo para Ourense “o mesmo que o resto de Galicia”, citando investimentos en Santiago de mil millóns de euros, na Coruña de 700 millóns ou en Vigo de 300 millóns. “E Ourense, que a estación intermodal son 65 millo-nes orzamentados din que é moi caro”, apuntaba.

O voceiro de Ourense en Común compartía a “indignación” de Pérez Já-

come pola “mala xestión” do PP, en particular no que se refire á falta de coor-dinación entre adminis-tracións, por canto que a Xunta xa licitou a terminal de autobuses sen coñecer o proxecto da estación de tren. Como xa anunciaran na véspera, OUeC optaría pola abstención porque non concordaban na cifra de inversións solicitada, nin en que se concretaran as características técnicas nin en que se puxera un límite de tempo (final de abril) ao rexedor para aca-dar os compromisos.

O socialista José Ángel Vázquez Barquero tamén compartía o “malestar” e “cabreo” e mesmo “a filo-sofía” da moción de DO, pero recoñecía “elemen-tos de discrepancia” (no referido ao investimento solicitado) que os inclina-ban a absterse. Barquero afirmaba que a posición do PP neste tema “sempre foi unha posición errática, en-

Fracasa a petición de dimisión do alcalde4 O Partido Popular rexeitou a moción sobre a alta velocidade de Democracia Ourensana, que abandonou o pleno tras un altercado entre Gonzalo Jácome e Jesús Vázquez.

tre o oportunismo político e a cicatería extrema”.

Foi o edil de Urbanismo, Jesús Cudeiro quen defen-deu a posición do grupo de goberno. Nunha inter-vención lida, afirmou que DO propuña esta moción ante a súa “incapacidade” de asinar unha moción de censura. Entrando no con-tido, defendeu que o PP quere “unha estación ra-cional e economicamente viable”, que a súa postura é “construtiva e realista”, e considerou que o investi-mento que precisaba a es-tación de Norman Foster, que cifrou en 227 millóns de euros, é “un custo ina-sumible”. Cudeiro volveu insistir en que o que que-ren os ourensáns “é que chegue o AVE” e subliñou

que toda a operación “ao Concello non lle custará nada”.

Pechou o debate Jesús Vázquez, que defendeu que “que este alcalde non berre, non monte espectá-culos ou esboce un sorri-so cando o insultan non significa que non defenda con firmeza os intereses desta cidade ante calquera sigla”.

O político popular deu lectura a unha carta da ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, do 8 de abril, na que mantén o compromiso de presentar “nas próximas semanas” a proposta para a estación de Ourense. “Non temos motivos para desconfiar da palabra da ministra”, rematou.

bados Ourense vai ter durante estes catro anos moita actividade e moi-tos recursos para os cida-dáns”.

Tamén leva Coopera-ción Institucional, hai sintonía neste mandato con outras administra-cións?

J.P.: “Pois si, sobre todo podo destacar a sin-tonía coa Deputación Pro-vincial, hai un comité de cooperación permanente e grazas á Deputación puido sacarse adiante o Plan de Obras do conce-llo, con obras tan impor-tantes como a da rúa Con-cello. Iso é cooperación, non nun folio, senón con realidades”.

Inflúe nisto o feito de que vostede estea nas dúas administracións?

J.P.: “A miña máxima independentemente que esteas na Deputación ou no Concello é o cidadán, o importante é darlle ser-vizo. O que quero é tentar resolver os problemas de-les, que para iso estamos aquí. Se vén un colectivo e pódolle axudar dentro das miñas posibilidades no Concello xenial e se é na Deputación pois ta-mén. E o mellor é que entre as administracións cooperen para o desen-volvemento da cidade”.

E como fai para com-paxinar o cargo de con-celleiro co de vicepresi-dente da Deputación?

J.P.: “Pois moito tra-ballo, as 24 horas do día. Gústame moito a plani-ficación, teño estableci-dos os meus horarios e todos os días estou nas dúas administracións, mañá e tarde. É algo que me apaixona e gústame, cantas horas lle bote non hai problema ningún. Se estou nun cargo público é para cumprir e ter proxec-tos, non me gusta pasar o tempo; quen me coñece sábeo, e o que busco é o ben dos ourensáns e o ben de Ourense”.

Momento no que os edís de Democracia Ourensana abandonan o salón de plenos./P.LODEIRO.

Nunha carta do 8 de abril a ministra de Fomento en funcións mantén o compromiso de presentar “nas próximas semanas” a proposta para a estación

Page 4: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

4 OURENSE POR BarriosAbril de 2016

BARRIOS

O PSOE insta a executar actuacións urxentes no barrio do Pino4 Como limpeza de maleza e mantemento de parques.

Redacción

O grupo municipal so-cialista vén de denunciar, tras escoitar as demandas veciñais e comprobar “in situ” o estado de aban-dono no que se atopa o barrio do Pino, as “múl-tiples deficiencias” desta zona, que -din- son froito tanto da desidia do Go-berno do PP como da fal-ta de actuación doutras administracións.

“Podemos observar que o estado no que se atopan as rúas, parques e zonas comúns é lamenta-ble, cunha clara falta de mantemento e conserva-ción por parte do Con-cello. Asemade, o tramo urbano da N-120 que atravesa o barrio presen-ta unha circulación para os peóns cada día máis complexa, por unha ban-da as beirarrúas son moi estreitas e moitas delas presentan maleza e non contan con rebaixes para persoas de mobilidade re-ducida, e por outra a fal-ta de valado dos solares colindantes coa estrada que provoca que a male-za invada as beirarrúas”, relatan nunha nota.

Outras problemáticas importantes no barrio do Pino son o deficiente alumeado público en xe-

ral, e máis en concreto na rúa Travesía da Vía Vella, e a inexistente presenza de Policía Local “fai que continuamente se estean a producir actos vandálicos, como por exemplo as pin-tadas en distintas infraes-truturas da zona”.

En resumo, os socialistas demandan ao grupo de go-berno a execución dunha batería de actuacións ur-xentes en colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta, co fin de “adecuar as beirarrúas e dotalas de accesibilidade peonil, lim-par a maleza existente nas mesmas e instar a que se limpe a dos soares colin-dantes, dotar dun alumea-do público en condicións a zona, aumentar a presenza da Policía Local no barrio e efectuar reparacións e mantemento nas rúas, par-ques e zonas comúns”.

Medio Rural destinará 60.000 euros para a adecuación de Montealegre4 Creará sendas peonís, instalará mobiliario, plantará espe-cies arbóreas singulares e eliminará especies invasoras.

P.L.

A Consellería do Medio Rural destinará preto de 60.000 euros para a posta en valor do espazo fores-tal periurbano de Mon-tealegre, co fin do seu uso “como esparcemento e como ámbito didáctico”. Así o destacou a titular deste departamento, Án-geles Vázquez, acompaña-da polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez, na presen-tación das obras.

Segundo detallou o di-rector xeral de Ordena-ción e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto, a actuación consiste na creación de 650 metros de sendas peonís, acompaña-das de 50 metros de varan-das nas zonas de desnivel, a colocación de mobilario de madeira (13 mesas con bancos, papeleiras e car-teis informativos), e a ins-talación de 300 metros de tendido de rego para axu-dar a manter o parque na época estival.

Tamén se levará a cabo un tratamento para elimi-nar as posibles especies invasoras presentes na zona, como as acacias, e se procederá á plantación de 2.000 especies arbóreas singulares.

Actuarase, en parti-cular, nun ámbito de 20 hectáreas na zona norte de Montealegre, nun es-pazo de transición entre o actual parque e unha zona de monte. “Era unha zona

abandonada e supuña un risco de incendios para o parque”, apuntaba Fernán-dez-Couto.

Ademais, elaborarase un instrumento de xestión fo-restal por parte dun enxe-ñeiro de montes.

O director xeral de Or-denación e Produción Fo-restal apuntou que algúns destes traballos xa co-mezaron e conta con que estean“moi avanzados” no verán.

Darlle uso a MontealegreO recinto actual de

Montealegre alcanza os 146.000 metros cadrados. Nel hai 478 especies ca-talogadas, das cales 240 son autóctonas. O alcalde de Ourense non quixo en-

trar no debate sobre o seu nome (xardín botánico, parque forestal ou parque periurbano). “O que si está claro é que lle temos que sacar partido. Isto é un paso máis, pouco a pouco querémolo ir dotando de novas infraestruturas, como parques biosauda-bles”, precisou. Nesa liña recordou os obradoiros para cativos e adultos que hai todas as fins de sema-na, e anunciou as exposi-cións de bonsais e plantas carnívoras para os meses de maio e xuño.

Mal estado dos acce-sos

Preguntado pola mello-ra dos accesos por estra-da a Montealegre, Jesús

Vázquez indicou que están feitos os proxec-tos –estaba previsto que se executara na segunda fase do Plan municipal de investimentos- pero que falta “a dispoñibili-dade económica”. “Esta-mos falando de contías bastante importantes”, valorou Vázquez Abad, pois non se trataría só de renovar o firme do vial, senón tamén de mellorar a seguridade vial am-pliando as zonas de paso para os peóns, o que im-plicaría expropiacións.

Autoridades observan o plano cos traballos previstos en Montealegre./P.LODEIRO.

Actuarse nun ámbito de 20 hectáreas na zona norte do parque

Beirarrúa invadida pola maleza, no Pino.

Page 5: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

5OURENSE POR Barrios Abril de 2016

BARRIOS

Ultímanse os accesos ao Edificio Xudicial4 As actuacións na zona completaranse cos accesos ao novo Centro de Saúde do Couto.

Redacción

O alcalde de Ouren-se, Jesús Vázquez, o vi-cepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a dele-gada territorial, Marisol Díaz, visitaron este mes as obras de urbanización dos accesos ao Edificio Xudicial, que están a pi-ques de rematar tras tres meses de traballos. Estas obras, que conectarán as rúas Francisco Lloréns Díaz e Velázquez, con-taron cun orzamento de 180.023 euros.

As actuacións na rúa Francisco Lloréns foron realizadas cos criterios de accesibilidade -paso para ambulancias, co-

ches de bombeiros, e os propios veciños- e sosti-bilidade, ao adaptarse á topografía existente evi-tando así o transporte de terra fóra do seu ámbito. Tamén se contemplou a instalación de abastece-mento de auga, sumidoiro e drenaxe, media e baixa tensión, alumeado públi-co e telecomunicacións. Actualmente, trabállase na colocación de xardineiras en aceiro, varandas nas escaleiras e proteccións no muro para separar vehícu-los de peóns.

O vicepresidente da Xunta cualificou a actua-ción como imprescindible para mellorar a contorna do novo edificio xudicial

e facilitar o acceso ao in-moble.

Accesos ao Centro de Saúde O Couto

Aproveitando esta vi-sita o rexedor anunciou o inicio da contración das obras para axeitar tamén o tramo que con-duce ao Centro de Saúde do Couto, actualmente en construción. Así, ini-ciaranse os trámites para poder iniciar estas obras coa maior brevidade po-sible, co fin de “manter nas mellores condicións os accesos a esta impor-tante infraestrutura que dará servizo sanitario a este barrio de máis de 20.000 habitantes”, dixo.

A conexión da rúa Francisco Llorens coa rúa Velázquez está pendente de apertura.

Redacción

A Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil (CHMS) licitou por 82.975 euros o contrato de redacción do proxecto construtivo para a mellora do saneamento de Velle.

O obxectivo deste tra-ballo é obter a mellor so-lución ao problema do sa-neamento existente neste núcleo. Concretamente exponse dúas alternativas

a estudo, por unha ban-da, a incorporación das augas residuais de Velle ao saneamento xeral e, por outra, a execución dunha depuradora de au-gas residuais que cubra as necesidades concretas da zona.

O prazo máximo de redacción do proxecto estímase en sete meses. As empresas poden pre-sentar ofertas ata o 4 de maio.

Búscase proxecto de saneamento para Velle4 O 4 de maio é a data lími-te para presentar ofertas.

EN BREVE

Aspecto da beirarrúa na rúa Mercado.

Barreiras arquitectónicas na rúa Mercado

O grupo municipal socialista alerta de que as obras en execución da rúa Mercado, no barrio da Ponte, non están a eliminar barreiras arquitectónicas. Os socialistas esixen ao Goberno do PP que atenda as demandas veci-ñais e que dea as ordes oportunas á empresa adxudica-taria para proceder ao rebaixe e acondicionamento das beirarrúas antes do remate das obras, pois actualmente limitan a accesibilidade ás persoas de mobilidade redu-cida ou aos carriños de bebés.

4FOTO DENUNCIA

4 Denuncian prácticas “arboricidas”

A asociación ecoloxis-ta Amigos da Terra de-nunciou publicamente a poda e “decapitación” de diversos exemplares de plataneiros de som-bra, no tramo urbano da estrada de titularidade provincial que comunica a cidade con Oira.

Para os ecoloxistas es-tas podas supoñen unha total demostración de falla de sensibilidade, de falla de políticas medio ambientais axeitadas, e de falla de respecto cara o patrimonio arbóreo... “xa que se están a reali-zar en plena primavera e movemento de savia das arbores, fora da época re-comendable segundo os manuais básicos de arbo-ricultura”.

4 Renovación do saneamento na Besada

15 vivendas da Besa-da, na parroquia de San-ta Mariña, dispoñen xa dunha nova infraestrutu-ra de saneamento. Estes traballos, contratados mediante procedemento de adxudicación aberto, contaron cun orzamento de 95.022 euros, e re-mataron un mes antes do previsto.

As actuacións realiza-das incluiron a instala-ción de novas tuberías e ramais, a creación de 20 pozos de rexistro, a re-posición do firme na to-talidade da actuación e a renovación dos servizos afectados polas obras.

Page 6: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

6 OURENSE POR BarriosAbril de 2016

BARRIOS

Redacción

A ampliación do com-plexo hospitalario ouren-sán estará conectada por dous novos vais coas rúas Nosa Señora da Saínza e Cruceiro Quebrado. Un acordo entre Xunta, Con-cello de Ourense e Depu-tación Provincial permitirá a realización destas obras, nas que se inviste máis de 1,5 millóns de euros e que acaban de ser licitadas.

A previsión que manexa o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, é que a actuación se inicie este verán e teña un prazo de execución de cinco me-ses. Os traballos realiza-ranse nunha superficie de 4.050 metros cadrados e limítanse a terreos de titu-laridade pública indicados

no planeamento munici-pal, polo que non foron precisas expropiacións.

Vázquez Almuíño dixo o que este “é un magnífico exemplo do que se pode fa-cer e conseguir cando dife-rentes administracións co-laboran para levar adiante iniciativas que teñen como obxectivo mellorar os ser-vizos que debemos prestar á cidadanía”.

O novo edificio de hos-pitalización, en funcio-namento este ano

O conselleiro de Sani-dade visitou esta semana a zona, acompañado da titular de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do alcal-de da cidade, Jesús Váz-

quez. Na súa visita anun-ciou que antes de rematar este ano a ampliación do hospital ourensán esta-rá funcionando ao cento por cento. O novo edifi-cio de hospitalización do CHUO terá sete plantas e contará cun total de 14 unidades: nove son po-livalentes médico-cirúr-xicas, unha de psiquia-tría, unha de paliativos, unha de oncoloxía e dúas unidades innovadoras, integradas no proxecto H2050. O orzamento desta obra ascende aos 41 millóns de euros.

Dous viais conectarán coa ampliación do hospital4 Enlazarán desde a Saínza e Cruceiro Que-brado co novo edificio de hospitalizacións.

Autoridades visitando esta semana as obras do novo hospital./RAMSÉS.

Prevese que antes de finalizar 2016 a ampliación do CHUO estea en funcionamento

Redacción

A Consellería de In-fraestruturas destina 300.000 euros a obras de posta en valor da ponte Vella de Ourense, que comezaron esta semana e estarán finalizadas no prazo de tres meses.

Os traballos vanse centrar na calzada e na renovación da ilumina-ción. Durante unha visi-ta á infraestrutura, a con-selleira Ethel Vázquez quixo resaltar que “o cambio da iluminación actual será a acción máis destacada desta fase inicial dos traballos, xa que servirá para realzar a monumentalidade da estrutura da ponte, posto

que se optará por medios de iluminación con leds de máxima tecnoloxía, un sistema que permitirá afo-rros no consumo enerxéti-co e contribuirá a reducir a contaminación lumíni-ca, ao eliminar os grandes focos que proxectan a luz cara aos lados da ponte”.

Na calzada, procede-rase á reparación da vía, igualando o pavimento e empregando como único material o bloque de pe-dra e substituirase a capa de formigón dos aparta-doiros e pavimentarase o único treito en terra exis-tente.

Como medidas comple-mentarias, eliminaranse os graffitis pintados na infraestrutura e nas edifi-

cacións anexas, e retirara-se o mobiliario urbano e outros elementos engadi-dos á fábrica da ponte.

Pola súa banda, a Con-sellería de Cultura inicia-rá en maio a súa parte dos traballos, que consistirán na restauración do talla-mar do piar número 4 da ponte, en actuar nas xun-tas para evitar que medre a vexetación e na retirada da condución de abastece-mento en desuso que ac-tualmente dana estetica-mente a ponte. Dedicará para iso 200.000 euros.

Alcalde, conselleira, delegada da Xunta e concelleiros atenden as explicacións de como serán as obras de posta en valor da ponte Romana./RAMSÉS.

Dan inicio as obras de posta en valor da ponte Vella4 Os traballos consisten na renovación da calzada e da iluminación.

Infraestruturas investirá 300.000 euros nesta actuación

Page 7: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

7OURENSE POR Barrios Abril de 2016

BARRIOS

Redacción

As termas do Muí-ño da Veiga contan

cun acceso en mellores condicións. Concello e Deputación de Ourense, no marco do comité per-

Novo asfalto para os accesos ao Muíño da Veiga4 Son tres quilómetros de vial desde a N-120.

Pablo Pérez, Pepe Araújo e Jorge Pumar na Vía Vella.

Alumnado do colexio Filomena Dato, xunto á edil de Educación.

Premio para os escolares que vaian ao colexio camiñando

Estudantes dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro da Valenzá participan nunha no-vidosa iniciativa para fomentar o uso de tranportes alternativos ao coche á hora de ir ao colexio. A través do “xogo da serpe”, pegarán cada día nun cartel o número de escolares que acudiron ao centro educativo a pé, en bici ou en patinete. Como premio, os alumnos destes dous centros públicos participarán no parque infantil de tráfico o 25 de xuño.

A concelleira de Educación, Marga Pérez, explicou que o obxectivo da implantación do camiño escolar é reducir o número de vehículos privados que a diario transportan nenos aos colexios e crear unha rede de itinerarios seguros para que os escolares se poi-dan desprazar camiñando. Preténdese tamén promover a autonomía infantil e fomentar o camiñar “coma unha forma de loitar contra o colesterol, a obesidade, a ansiedade ou o abatemento”

manente de cooperación entre as dúas institucións, veñen de arranxar o cami-ño da Vía Vella, un vial de tres quilómetros que conecta a N-120 co apar-cadoiro da zona termal, “unha demanda veciñal e unha reivindicación dos usuarios que accedían en coche a través do acceso”, segundo comentou na vi-sita ás obras o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo.

Cun orzamento de 60.000 euros -asumido in-tegramente polo Goberno provincial- e un prazo de execución de tres meses, as obras consistiron no as-faltado aglomerado mixto do primeiro tramo e capas de zahorra para o resto, así coma a construción de cembas na zona máis próxima ao río.

As actuacións no cami-ño da Vía Vella comple-taranse cunha mellora na sinalización para que os vehículos que transitan pola N-120 sentido Vigo estean mellor informados.

Page 8: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

8 OURENSE POR BarriosAbril de 2016

BARRIOS

S.N.

O traballo dos presidentes das asociacións de veciños é tan des-interesado como complexo. Ex-plicarlle á xente do barrio a in-diferencia dos gobernantes non é sinxelo, non perder o ánimo no intento, tampouco.

Falamos con Inma Freijeiro, presidenta da asociación de veci-ños O Barrio dende hai máis de 20 anos. Ás demandas da zona sen atender polos políticos, sú-maselle agora a posibilidade de perder o actual local veciñal se o propietario non se presenta ao concurso público que está a rea-lizar o Concello.

Cando se creou a AVV O Ba-rrio?

Inma Freijeiro: “A asociación créase no ano 1995, a deman-da de varios veciños que se ven abandonados entre San Francis-co e a Inmaculada, asociacións en funcionamento nesa época. Quedaba unha parte de barrio sen cubrir e por iso nace esta asocia-ción. O noso núcleo estaba entre a vía do tren e a Inmaculada nese momento, agora cubrimos até Barrocás, xa que desapareceu a asociacion da Inmaculada”.

E dende cando eres a súa presidenta?

I.F. : “Lamento dicir que a pre-sidenta era e sigo sendo eu, así como o 90% da directiva, é moi difícil atopar xente que se queira dedicar ao movemento veciñal, é algo totalmente altruísta e con pouco agradecemento, por po-líticos e veciños. Despois de 20 anos pode que chegase o mo-mento de abandonar, téñoo na miña mente hai tempo”.

Que valoración xeral fas do trato e atención mostrado po-los políticos locais ante as vo-

sas peticións?I.F.: “Nestes 20 anos houbo de

todo, como en todas partes, en xeral daríalles un aprobado, os representantes veciñais facemos un labor importante á adminis-tración, canalizando demandas de veciños, organizando activi-dades que se poderían organizar en centros cívicos ou culturais, inexistentes até hai uns anos,e cando imos cun problema impor-tante como foi para nós o tema das antenas de telefonía móbil hai uns anos, e agora o tema de velocidade na nosa zona, pasan de nós, nos últimos anos nin as manifestacións lles afectan.

Debo dicir que a anterior con-celleira de Participación Cidadá foi unha persoa moi preocupada polo movemento veciñal, e faci-litounos moito as cousas, é xus-to darlle as grazas publicamente desde a nosa asociación”.

Notastes algún cambio dende que mudou o goberno en xuño de 2015?

I.F.: “Co novo goberno é mais do mesmo, hai políticos cos que é moi sinxelo manter un contacto

directo, e atenden as nosas peti-cións nun tempo récord... e outros non te atenden en meses”.

Que melloras observaches neste tempo?

I.F.: “Neste momento estamos moi contentos, porque un tema moi importante para a nosa aso-ciación é o exceso de velocidade que sofre a estrada da Granxa, e os sinistros que se producen cada fin de semana practicamente, e en breve, a Xunta comeza un proxecto para repintar a sinaliza-ción na zona, con glorietas, reco-locación de colectores, e un paso de peóns elevado. Costounos case 20 anos que nos atendan, pero por fin conseguímolo, pero como che dicía antes, foi moito traballo, escritos, entrevistas, protestas, firmas...... Neste tema e en xeral é difícil entender por-que custa tanto atender estas peticións, non supoñen grandes infraestruturas nin cifras despro-porcionadas, é incrible que tar-den tanto en levalas a cabo”.

Cales son as demandas dos veciños que continúan sen ser

atendidas?I.F.: “Fáltanos por cumprir un

soño co que empezamos, un cen-tro de saúde para o noso barrio, pero co momento económico que se vive xa non está nos no-sos plans. Tamén nos gustaría ver cuberto outro anaco de vía, cando empezamos hai anos recollen-do sinaturas para que se cubrise chamábannos tolos, e agora é un espazo que se fai pequeno, pero é tamén un investimento importan-te polo que teremos que esperar”.

Cres que os barrios estàn discriminados en relación ao centro?

I.F.: “A diferenza co centro nós sentímolo sobre todo en temas de beirarrúas, papeleiras, ilumina-ción... As nosas beirarrúas estan que dan pena, e por exemplo Paz Nóvoa xa é a terceira vez que a arranxan.

Aínda así, conseguimos me-llorar aos poucos o noso barrio, o parque das Zapatillas, rebaixes en beirarrúas para facilitarlle a vida aos maiores, un semáforo á altura da asociación, maior sina-lización no chan,un parque bio-

ENTREVISTA Á PRESIDENTA DA AVV O BARRIO, INMA FREIJEIRO

“Cando imos cun problema importante os políticos pasan de nós, nin as manifestacións lles afectan”4 A presidenta da asociación de veciños O Barrio, Inma Freijeiro, achéganos ás necesidades da súa zona e ao complexo labor do movemento veciñal.

saudable...”.

Dende o Concello sacaron a concurso os locais das distintas asociacións para que se pre-senten os propietados de cada zona, como se atopa o voso caso?

I.F.: “O noso saíu a concur-so en decembro, pero o actual propietario non se presentou, ningún da zona o fixo, non hai ademais ningún local na zona que reúna as características, co cal se ninguén se presenta nesta segunda convocatoria por moito que o Concello nos diga que nos mantén a asociación, sen local é inviable. Ven a xente botar a par-tida todos os días, temos zumba, ioga, actividades… Se non te-mos local teriamos que disolver a asociación.

Ao dono deste local non lle in-teresa porque lle baixan o prezo. El está no seu dereito, por moito que nós lle pidamos. Cremos que se presentará na segunda con-vocatoria, pero se non o fai non temos opción. El estaría disposto se lle manteñen o prezo, porque é un diñeiro seguro todo o ano, non somos unha actividade mo-lesta, e nós estamos moi cómo-dos acá, é un local moi grande, ben situado, permítenos facer todo tipo de actividades, incluso as que son ao aire libre, porque temos acá unha explanada. Ade-mais, ven xente da Inmaculada, de Serra Martiñá, de San Fran-cisco, porque estamos xusto no centro”.

Que actividades ofrece a aso-ciación?

I.F.: “Celebramos cos veci-ños as festas do magosto e San Xoán, realizamos excursións, te-mos zumba e ioga, talleres de re-postería para nenos, e as charlas informativas que vaian xurdin-do. Esta semana tivemos unha de diabetes impartida por Cruz Vermella”.“Por moito que o

Concello diga que nos mantén a asociación, se non temos local teriamos que disolvela”, explícanos

“É moi difícil atopar xente que se queira dedicar ao movemento veciñal, é algo totalmente altruísta e con pouco agradecemento. Despois de 20 anos, pode que chegase o momento de abandonar”, confesa Inma Freijeiro

“Fáltanos por cumprir un soño co que empezamos, un centro de saúde para o noso barrio”, detalla

Inma Freijeiro, presidenta da asociación de veciños O Barrio dende 1995./RAMSÉS.

Page 9: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

9OURENSE POR Barrios Abril de 2016CIDADE

4 Mesa da Mobilidade

Ourense en Común solicita ao equipo de go-berno que convoque en próximas datas a Mesa de Mobilidade para informar sobre o Plan de Transpor-te Metropolitano e sobre a xestión dos compromisos asumidos en anteriores xuntanzas.

“Fai un mes xa da últi-ma reunión e non temos información algunha de avance nos moitos com-promisos asumidos peran-te os colectivos que teñen representación na Mesa”.

4 Praza de Abastos da Ponte

O PSdeG advirte ao PP que non permitirá que se dea outro uso á Praza de Abastos nº 2 da Ponte. Os socialistas censuran que o PP non fora capaz de acadar “un prego útil e válido” en 10 meses e so-licítanlle que consensúe “un prego en condicións” para lograr a reapertura do mercado este ano.

4 Auditoría nos Remedios

Democracia Ourensana pedirá no pleno de maio que se substitúa a canali-zación da auga quente do Pavillón dos Remedios que provén das Burgas.

Unha auditoría ener-xética desvelou que a condución perde 10.000 litros cada hora e que de-bido á falta de illamento da tubaxe, a temperatura da auga descende de 67º a 50º durante o traxecto. O informe apunta a que se se renovase a canaliza-ción reduciríase a factura de gas nun 80%.

Linorsa, en concurso, e as traballadoras, sen cobrar4 O Concello proporá ao administrador concursal que regularice os pagos ou que rescinda a concesión.

P.L.

As traballadoras de Li-norsa na cidade levan dous meses e medio sen co-brar, que previsiblemen-te se convertirán en tres e medio ao remate deste mes de abril. A empresa viguesa, cunha plantilla global de 1.200 emprega-dos e unha débeda que se estima en oito millóns de euros, presentou concurso voluntario de acredores o pasado 19 de abril.

O alcalde de Ourense está a espera de manter unha reunión co admi-nistrador concursal de Linorsa, a empresa que se encarga da limpeza dos colexios públicos da cida-de. Jesús Vázquez ve dúas alternativas para solucio-nar o conflicto laboral: ou a regularización dos pa-gos ás empregadas (a Lei concursal obriga ao pago inmediato dos 30 días an-teriores á declaración do concurso) ou ben a resci-sión unilateral do contrato, a primeira alternativa que plantexará o Concello. “Se asina unha rescisión e hai vontade por parte do administrador, entendo que nós ao día seguinte xa estaríamos en opción de contratar momenta-neamente e de maneira temporal a unha empresa para que dea continuidade a este servizo durante os dous meses que quedan”, valorou o rexedor.

A posibilidade de que

sexa o propio Concello quen rescate esa conce-sión foi desbotada pola longa tramitación que su-pón: “entre que abrimos o expediente vannos pasar os meses sen solventar o problema”, explicou Váz-quez Abad.

Críticas de “inacción”Malia as repetidas

xuntanzas que mantivo o mandatario local cos representantes dos traba-lladores, desde sindicatos e oposición falan de “in-acción” neste conflicto por parte do grupo de go-berno. Nun comunicado, CCOO lamentaba “a feble intervención do alcalde” e criticaba que non actuara “coa celeridade, firmeza e a responsabilidade políti-

4 En Barbadás rescindiron a concesión

En Barbadás, onde Linorsa se encargaba da limpeza de todos os cen-tros públicos dependentes do Concello, optaron por rescindir o contrato. “Hai mes e medio reunímonos coa dirección de Linorsa e conseguimos que paga-ran os atrasos, excepto medio mes de decem-bro-explicaba o rexedor, o socialista Xosé Carlos Valcárcel- e decidimos rescindir a concesión”.

Abriron un prazo para que novas empresas se presentaran ao concurso e saíu elixida Elite, que empezará a prestar o ser-vizo en maio, por un pe-ríodo de tres meses. As 12 traballadoras que se encargan da limpeza da casa consistorial, Casa da Xuventude, Escola de Música, polideportivo, os dous colexios e os dous centros de saúde do mu-nicipio serán subrrogadas pola nova concesionaria. O Concello está elaborar xa un novo prego para adxudicar este servizo de limpeza por un período máis amplo.

“Nós fomos áxiles”, valoraba o alcalde, “e consideramos que a me-llor solución era esta”. Con todo, Linorsa adebe-da tamén os salarios de marzo e os deste mes de abril que está a piques de rematar. Valcárcel agar-da que os traballadores sexan dos primeiros en cobrar no concurso de acredores, e en todo caso, “hai un aval importante” depositado no Concello de Barbadás, que, en-tende o político, sería suficiente para afrontar o pago destas nóminas.

ca precisa para que a em-presa cedese a concesión, como si fixo a determina-ción de Abel Caballero en Vigo, intervindo con deci-sión para que a partir do 1 de maio, exerza a conce-sión outra empresa”.

Nesa mesma liña se ex-presaba a concelleira de Ourense en Común, Ledi-cia Piñeiro, que recordaba a “situación insostible” na que viven as traballadoras de Linorsa desde o mes de decembro, “Non sabemos a que responde esta pará-lise absoluta. Están nun-ha situación totalmente extrema e precisan unha resposta xa”, reclamaba a edil de OUeC.

Piñeiro apuntaba que a situación está empezando a pasar factura na calidade

da limpeza das escolas: “hai queixas de colexios onde non se corta a her-ba, as ventás non están limpas, os canalóns non se limpan nin se hixieni-zan, estamos a rozar unha situación de insalubrida-de nos colexios e segue habendo unha inacción clara do grupo de gober-no”, afirmou.

A este respecto, o rexedor ourensán ten declarado que “non hai constancia por parte de ningún centro educativo de ningunha queixa”.

EN BREVE

Na última semana, a plantilla de Linorsa manifestouse todos os días ás portas da casa consistorial de Ourense./P.LODEIRO.

A empresa adebeda dous meses e medio de salarios

Page 10: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

10 OURENSE POR BarriosAbril de 2016 CIDADE

P.L.

A Plataforma ProCA-PDOurense presentou o 27 de abril na Delegación da Xunta en Ourense as 50.000 firmas recollidas nos últimos 15 días en apoio á creación dun cen-tro público para a atención de persoas con discapaci-dade maiores de 21 anos na nosa provincia.

A Plataforma confía en que as súas demandas sexan escoitadas porque “non é unha tontería de catro pais senón que é unha demanda lóxica e necesaria para a nosa pro-vincia”, expresaba Eva Gutiérrez, a súa voceira. Ourense é actualmente a única provincia que non conta cun centro de aten-ción á diversidade para maiores de 21 anos, ida-de na que deixan de estar escolarizados no Centro de Educación Especial de Velle.

Xestión públicaA Plataforma insiste

en que sexa unha instala-ción de xestión pública. “Precisamos como pais unha garantía de que os

nosos fillos teñan un lugar onde vivir para cando nós non esteamos, necesitamos polo ben dos nosos fillos unha seguridade que só proporciona a Xunta e ade-mais consideramos que os servizos sociais non son un negocio, ten que asumir a responsabilidade a Conse-llería”, explicaba esta nai.

En canto ás prazas que debería ter este centro, re-cordan que “en Redonde-la o centro ten 120 prazas, Sarria tamén, o da provin-cia da Coruña ronda as cen prazas… polo tanto extra-polando supoño que aquí

como mínimo esas prazas tamén son necesarias”. Eses centros están cheos e hai lista de espera, polo que estiman que para Ourense sería necesario unha cifra similar. “Seguro que se enchería”, puntualizaba Gutiérrez.

Pais membros da Pla-taforma mantiveron este mércores unha xuntanza co conselleiro de Política So-cial, José Manuel Rey Va-rela, quen comprometeu á construción deste centro, en Mariñamansa, con 48 pra-zas para centro ocupacional e de día e residenciais.

50.000 firmas en apoio á creación dun centro para persoas con discapacidade4 A Plataforma ProCAPDOurense reclama á Xunta un centro público na provincia.

Membros da plataforma ProCAPDOurense coas sinatu-ras recollidas diante da Delegación da Xunta./P.L.

Redacción

A concesión da licenza de apertura para a residen-cia universitaria, xestio-nada por Siresa Campus SA, só depende da entrega por parte desta empresa da documentación requerida polo servizo de Urbanismo do Concello de Ourense, en concreto, do proxecto de legalización.

A cronoloxía desta con-troversia remóntase a 2013, cando o Tribunal Supe-rior de Xustiza de Galicia deixou sen efecto as licen-zas de apertura e ocupación dado que a residencia se atopaba en ámbito de solo urbano non consolidado, e o Concello viuse na obri-ga de precintar o edificio. O grupo de goberno man-

tivo reunións coas partes implicadas para resolver o conflito e, mesmo logo de que a xunta de compensa-ción da zona afectada lle ofrecese o terreo ao Con-cello para a súa recepción, os funcionarios municipais seguen agardando pola do-cumentación necesaria para normalizar dita recepción.

A empresa solicitara do Concello aclaracións técni-cas para a tramitación da li-cenza de apertura e de ocu-pación, entre eles informes de Bombeiros nos que se lle explicaba que era pre-ciso recepcionar os terreos por parte do Concello ou a necesidade de presentar un proxecto de obra en vía de legalización do edificio para o seu uso como resi-dencia universitaria.

A licenza da residencia universitaria, pendente da entrega de documentación 4 A empresa debe presentar proxecto de le-galización.

Ao fondo á dereita, residencia universitaria do campus ourensán./ARQUIVO.

4 Reábrese a causa contra Áurea Soto

A Audiencia Provin-cial vén de estimar o recurso de apelación interposto pola entidade Casas Ourense e ordea ao Xulgado de Instru-ción nº2 de Ourense que continúe coa investiga-ción aberta en relación á licenza de ocupación inicial concedida á resi-dencia universitaria As Burgas. A sala aprecia “elementos indiciarios de criminalidade” na conce-sión da licenza por parte do Concello de Ourense, a instancia da concellei-ra de Urbanismo Áurea Soto, que é investigada por prevaricación.

Page 11: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

11OURENSE POR Barrios Abril de 2016ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

EN BREVE

4 A Valenzá poderá optar a fondos Feader

O Grupo de Desenvol-vemento Rural da Co-marca de OurenseADER-COU -no que se inclúe o concello de Barbadás- poderá optar a fondos Feader para transforma-ción e comercialización de produtos agrarios e para a creación, moder-nización e ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias.

Como novidade, neste novo período de fondos comunitarios a parroquia da Valenzá será incluída no Plan estratéxico, xa que no anterior período só eran subvencionables os proxectos das zonas rurais de Barbadás. As axudas poden chegar ao 50% para proxectos em-presariais e ao 90% para proxectos sociais.

4 Barbadás crea un banco de emprego online

A Oficina de Promo-ción Económica de Bar-badás, PROECO, depen-dente da Concellaría de Promoción Económica de Barbadás vén de crear un banco de emprego municipal online.

Este servizo, dirixido tanto a empresarios como a demandantes de empre-go ou a persoas que quei-ran mellorar a súa ocu-pación laboral, consiste nunha plataforma na web municipal que ofrece aos demandantes de emprego o acceso a ofertas de tra-ballo e aos empresarios a posibilidade de contar cos perfís axeitados para cubrir as vacantes na súa empresa.

4 Entrega de diplomas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marno-tes, entregou os diplomas do obradoiro ‘Coida de ti’ no que 20 desempregados de Barbadás se forma-ron nas especialidades de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e Dinamización de activi-dades de tempo libre edu-cativo infantil e xuvenil.

Participantes no Centro de Iniciativas Empresariais./CEDIDA.

Comeza a funcionar a Lanzadeira de Emprego de Ourense

25 persoas desempregada, con perfís formativos moi diversos, comezaron a entrenar unha nova busca de emprego na Lanzadera de Emprego de Ourense, impulsada polo Concello, a Fundación Telefónica e a Fundación Santa María la Real, coa cofinancia-ción do Fondo Social Europeo.

Ao longo de cinco meses, os participantes reuniranse varios días á semana no Cen-tro de Iniciativas Empresariais, onde levarán a cabo actividades para mellorar a súa empregabilidade, como sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e busca de emprego 2.0, adestramento de entrevistas persoais, elaboración de mapas de empregabilidade, visitas a empresas, reunións con emprendedores e procesos de intermediación laboral con responsables de Recursos Humanos.

A de Ourense é a primeira Lanzadeira de Emprego que se pon en marcha en Gali-cia.

A comarca sostén o 51% do emprego provincial

A comarca de Ourense xerou o 79,1% do emprego da provincia4 Coñécense os datos do Ob-servatorio Económico Ouren-sán.

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, o concelleiro de Promoción Económica de Barbadás, Xosé Manoel Fírvida, e o preidente do Inorde, Rosendo Fernández.

Redacción

A comarca ourensá im-pulsou o 79,1% de todo o emprego neto que se creou no conxunto da provincia ao longo do último ano, segundo recolle o Ob-servatorio Económico da Deputación. “A cidade de Ourense e os once muni-cipios cos que comparte unidade territorial están a xerar catro de cada cinco novos empregos, o que os converte no epicentro da recuperación laboral de Ourense”, remarcou o xe-rente do Inorde, José Ma-nuel Rodríguez, na presen-

tación destes datos. “Esa achega é moi supe-

rior á que lle corresponde en función do peso relati-vo que ten sobre as afilia-cións. Con preto de 50.000 afiliados, esta comarca sos-tén agora mesmo o 51% do emprego provincial, polo que o seu protagonismo na recuperación económica e laboral resulta moi salien-table, xa que está preto de 30 puntos porcentuais por enriba do que lle corres-pondería desde o punto de vista estrutural”, explicou Rodríguez.

O Observatorio Econó-mico enxalza dun xeito

especial a tendencia do sector servizos, que supón o 79% de todo o emprego (a media galega ronda o 72%). “De manter en 2016 o ritmo de crecemento ac-tual, en decembro estaría-mos falando dun teito his-tórico de 40.000 empregos nas diferentes actividades vinculadas aos servizos. Neste intre, con 39.400 afiliados xa estamos moi cerca do récord anterior, rexistrado en decembro de 2009 con 39.682 traballa-dores en alta laboral. Isto significa que na actualida-

de xa neutralizou toda a perda de emprego da crise, xa que no sector tercia-rio os efectos da recesión económica non foron visi-bles ata xa entrado o ano 2010”, precisou o xerente do Inorde.

ParoNo capítulo do Obser-

vatorio dedicado ao paro rexistrado, a comarca de Ourense logra protagonis-mo pola notable redución de parados no último ano (descenso interanual do 7,5%), por ter nove conce-

llos en tendencia favora-ble e por contabilizar ca-tro baixadas municipais a dobre díxito.

En taxa acumulada desde o inicio da crise, o paro comarcal aínda reflicte un incremento do 38,9%, o que significa case oito puntos porcen-tuais menos que a media galega (46,7%).

Redacción

Cruz Vermella desen-volve desde setembro o programa Sara, que axuda ás mulleres que chegan a Ourense a atopar traballo.

Até o 1 de xuño conti-núa o terceiro obradoiro deste programa, no que participan 17 mulleres de entre 18 e 53 anos, de paí-ses como Rusia, Romanía,

Venezuela, Cuba, Ecua-dor, Camerún, Paquistán, Marrocos, Brasil ou Por-tugal.

Para o que resta de obradoiro, está progra-mada a visita dun mem-bro da Policía Nacional, talleres de control da tensión, e unha muller inmigrante que achegará a súa experiencia abrindo o seu propio negocio.

Mulleres que participan no programa Sara./C.V.

17 mulleres inmigrantes participan no programa Sara 4 Desenvólveo Cruz Vermella.

Page 12: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

12 OURENSE POR BarriosAbril de 2016

especial SAÚDE

O crecemento da espe-ranza de vida na poboación e a entrada en vigor da Lei de Dependencia dispararon nos últimos anos a deman-da de servizos para o coi-dado e atención de persoas maiores ou dependentes, e máis nunha provincia tan envellecida como a nosa.

Falamos con María Cristina Portela Pérez, a directora de Edades, para que nos achegue a reali-dade desta empresa de ser-vizos sociais, que ofrece todo tipo de prestacións a uns prezos moi alcanza-bles para a maioría da po-boación.

Desde cando funciona Edades en Ourense?

Cristina Portela: “Eda-des Servicios Sociales é unha empresa tipo fran-quía que desde o ano 2008

está implantada en Ouren-se, e que foi en constante crecemento desde a súa apertura”.

Que servizos ofrece?C.P.: “A oferta de Eda-

des contempla desde aten-ción e coidado de maiores, dependentes ou nenos, a trámites burocráticos, a asistentes persoais para discapacitados, unha ten-da de axudas técnicas en venda e aluguer, reformas a domicilio, desde cambio de bañeira por ducha adap-tada a servizos de fontana-ría, electricidade... Poucas veces unha empresa abran-gue tantas posibilidades de servizos para os seus clientes como Edades”.

E cales son os máis de-mandados?

C.P.: “Sobre todo inter-

nas as 24 horas e para fins de semana, con diferen-za”.

Que produtos da vosa tenda de axudas técnicas teñen máis saída?

C.P.: “O que máis saída teñen son as cadeiras para persoas con modalidade reducida, as camas xeriá-tricas e as grúas. Ademais, teñen bastante demanda os produtos de segunda man”.

Como valoras a túa experiencia empresarial con Edades?

C.P.: “Estou satisfei-ta por cumprir todos os obxectivos nestes oito anos e dos entre 80 e 90

Fachada de Edades, no número 33 da avenida de Marín.

Edades, empresa punteira en Ourense na prestación de servizos sociais

traballadores cos que con-tamos habitualmente, que están moi implicados na empresa.

Teño unhas esixencias moi altas e requiro profe-sionalidade ás persoas que queiran traballar con nós, con formación específica e experiencia mínima dun ano no sector. Pois para cada servizo necesítase un tipo de persoa distinta, non é o mesmo traballo o dun-ha señora que se dedica a tarefas domésticas, a outra que atende a unha persoa maior, e por iso temos auxiliares de enfermaría ou de xeriatría, coidadoras de nenos, licenciados ou diplomados, entre outros perfís”.

Cristina Portela, xerente de Edades.

“Requiro profesionalidade ás persoas que traballan con nós, con formación específica e experiencia mínima”

Page 13: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

13OURENSE POR Barrios Abril de 2016

SAÚDE especial

UN CONSELLO DE CLÍNICA DENTAL QUIROGA

Se coidas as túas encías, controlas a túa diabetes

Un ano leva aberta na rúa Avilés de Taramancos (ao carón do Barbaña) a Clínica Dental Quiroga. Diríxea a doutora Cris-tina Rodríguez Quiroga, experta en estética dental e cirurxía e próteses.

Dispoñen dos servizos de odontoloxía xeral (para adultos e nenos), implan-toloxía, periodoncia, or-todoncia, próteses e raios X. Son especialistas en estética e saúde dental.

Control da diabetesEn Clínica Dental

Quiroga colaboran coa Asociación Diabética Auria na prevención da diabetes. As persoas con diabetes mal controla-da teñen tres veces máis risco de padecer perio-dontite; pola súa parte, a

Clínica Dental Quiroga atópase na rúa Avilés de Ta-ramancos, 16, baixo.

periodontite pode iniciar ou aumentar a resistencia á insulina dunha maneira similar a como o fai a obe-sidade.

A clínica dental é un lu-gar ideal para identificar o

risco de sufrir diabetes non coñecida, así como para realizar todas as tarefas preventivas, de diagnose precoz e de tratamento que precise unha persoa con diabetes.

A ourensá Clínica Te-knos conta desde os seus inicios cun servizo de po-doloxía a cargo de Borja Pérez Serrano, podólogo especialista en cirurxía do pé. Neste campo achégan-se diagnósticos e solucións ás diferentes problemáticas dos pés coas que nos pode-mos atopar. Ás veces requi-ren cirurxía pero noutras ocasións a solución virá a través de tratamentos de carácter conservador.

Explícanos Pérez Serra-no que a área de Podoloxía de Teknos está estruturada en tres departamentos: bio-mecánica, patoloxía e uni-dade de cirurxía do pé.

A área de biomecánica inclúe, entre outros, o estu-do da marcha ou o escáner da pegada, para dar solu-ción a posibles patoloxías, a través de plantillas, orte-sis de silicona ou férulas.

Na área de patoloxía te-

ñen distintos protocolos diagnósticos e terapéuticos, como o pé de risco, para os caso dos pacientes diabéti-cos, que teñan problemas de circulación, ou de idade avanzada.

Tamén ofrecen trata-mentos para a dor do pé, entre eles infiltracións de medicamentos de última xeneración, que teñen unha acción biorreguladora e rexeneradora.

Nesta área contan cun-ha sección de podopedia-tría, orientada aos máis pequenos e os problemas máis habituais nesas ida-des, como os problemas de apoio en nenos de 3 a 4 anos, fungos, verrugas, pa-pilomas ou alteracións das uñas. Para facerlles máis agradable a estancia na

clínica aos cativos, con-tan cunha área de espera adaptada.

Cirurxía do péFinalmente na unidade

de cirurxía do pé practí-canse diferentes técnicas para ofrecer ao paciente a resolución do seu pro-blema. Principalmente a través de cirurxía míni-mamente invasiva, con pequenas incisións e anes-tesias locais que permiten ao paciente saír andando sen muletas trala ope-ración, post operatorios practicamente indoloros e recuperacións máis rá-pidas. “En contraposición á fama que tiña a cirurxía tradicional, os protocolos avanzaron moito”, apunta Pérez Serrano.

Os problemas do pé teñen solución en Teknos

A cirurxía minimamente invasiva permite saír andando sen muletas trala operación e recuperacións máis rápidas

Page 14: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

14 OURENSE POR BarriosAbril de 2016

especial SAÚDE

Canto tempo leva aber-ta Clínica Soara?

“Levamos desde agosto do 2011. Imos cumprir en breve 5 anos”.

Quen está á fronte?“Á fronte estamos Caro-

lina Sotelo Álvarez e Cris-tina Seara Domínguez, pero somos un equipo no que están tamén Juan Ra-mos Dacal e Jose Quintas Cid”.

Que tratamentos ofre-cedes aos vosos clientes? Cal é o máis demanda-do?

“Ofrecemos todo tipo

de tratamentos; os máis demandados son os de im-plantoloxía”.

Segue existindo medo a acudir ao dentista?

“Si, aínda que vai decre-cendo”.

Cando debemos ir?“Para previr deberiamos

acudir cada seis meses a revisións. Moitas veces vés en casos de dor extre-ma e os tratamentos son máis agresivos, pola falta de facer revisións perió-dicas nas cales se poden detectar a tempo enfermi-dades da boca e así liqui-

dalas de maneira menos invasora e agresiva”.

Por mor do sucedi-do con certas clínicas dentais, que consellos dariades a quen estea a buscar unha clíni-ca para realizar, por exemplo, un implante dental?

“Buscar unha clínica de confianza. A saúde sempre debe ser a prio-ridade; antes que o peto, como se demostrou coas últimas noticias de certas clínicas”.

Clínica Soara abre de luns a venres, de 9 a 13 horas polas mañás e de 16 a 20 horas polas tar-des.

Cita previa: 988 246 770ou soaraclinicadental@hotmail

Clínica Soara: “A saúde sempre debe ser a prioridade”

Un dos gabinetes de Clínica Dental Soara e fachada do centro, situado na rúa Pena Trevinca, 44.

Centro de Psicoloxía Rosa Mª Feijoo Rebollo é un gabinete de psico-loxia integrado por pro-fesionais todos cualifi-cados para o desempeño da profesión. Abriu as súas portas no ano 2009 e dende entón están si-tuados na rúa Vila Real número 1 no barrio do Couto.

O seu obxetivo é dar unha atencion rápida e eficaz a todos os seus pa-cientes.

Prestan unha ampla cobertura no campo da psicoloxía. Así, no ámbi-to da psicoloxia clínica, atenden casos de ansie-dade, depresión, estrés, trastornos alimentarios, control da impulsivida-

de, ludopatías, trastornos do comportamento, adi-cións...

Tamén realizan terapia de parella e sexoloxía.

No ámbito da psicoloxía educativa, tratan o trastor-no de atención con ou sen hiperactividade, motiva-cion para o estudo, orien-tacion escolar, tecnicas de estudo, avaluacion para nenos, necesidades educa-tivas especiais, probas de cociente intelectual...

Asemade, o Centro de Psicoloxía Rosa Mª Feijoo Rebollo dispón dun de-

partamento psicoeducati-vo que proporciona apoio escolar para nenos con ne-cesidades educativas espe-ciais. Pode ser tanto a nivel individual como en grupos reducidos. Sempre dando unha atención persoal e in-dividualizada. Se o rapaz non pode desprazarse ata o seu centro tamén prestan o servizo a domicilio.

Por ultimo, realizan cur-sos e talleres durante todo o ano de temáticas como risoterapia, autoestima, habilidades sociais ou téc-nicas de estudo.

CENTRO DE PSICOLOXÍA ROSA Mª FEIJOO REBOLLO

R/Vila Real, 1 - O Couto - Tel 677 366 203 e 988 60 79 48

Centro de psicoloxía Rosa Mª Feijoo Rebollo

A psicóloga Rosa Feijoo dirixe este centro de psicoloxía con sede na rúa Vila Real.

Page 15: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

15OURENSE POR Barrios Abril de 2016SAÚDE especial

Centro Médico El Car-men é un hospital que his-toricamente se caracterizou por ir sempre á cabeza da innovación na provincia de Ourense. De feito, a súa calidade foi recoñecida recentemente coa certifi-cación EFQM 400+ Exce-lencia Europea de Xestión de Calidade Empresarial, outorgada por AENOR e o Club de Excelencia. Este selo únese á renovación da Certificación trianual da Norma de Calidade “ISO 9001:2008”, cun ámbito de “CALIDADE TOTAL”.

Un dos obxectivos do hospital é pór a disposición dos seus pacientes a última tecnoloxía e as unidades sanitarias máis completas. Por esta razón, nos últimos meses incorporou un novo TAC de baixa radiación,

seguindo así as directrices europeas de progresiva di-minución das radiacións que unha persoa recibe ao longo da súa vida. Este TAC ten como vantaxe que reduce até nun 40% as ra-diacións habituais. Desta maneira protéxese a saúde de pacientes especialmen-te sensibles como nenos, persoas que teñen que so-meterse con frecuencia a estudos radiolóxicos, como os afectados por procesos oncolóxicos, ou órganos delicados como a mama.

Nesta liña tecnolóxica, tamén se renovou a Re-sonancia Magnética, ins-talando un novo software que mellora o diagnóstico de enfermidades como o cancro de próstata.

Ademais, reforzáronse importantes unidades como

a de neuroloxía, cardio-loxía ou cirurxía plástica, incorporando ao equipo a recoñecidos profesionais.

No ámbito da cirurxía plástica, o equipo está for-mado por catro cirurxiáns que traballan principal-mente en dous ámbitos: tratamentos reparadores sen necesidade de cirurxía (bótox, suavizado da pel...) ou cirurxías plásticas e re-paradoras de mama, corpo-ral, facial, “redistribución e reacomodación” de graxa corporal.

O equipo tanto de cirur-xía plástica como doutras especialidades tamén trata a pacientes internacionais a través da liña de turismo de saúde e balneoterapia WaterHealth, un proxecto único dentro da sanidade galega.

“Escola de Saúde”Centro Médico El Car-

men quere compartir os seus coñecementos co resto de ourensáns e contribuír á educación en saúde. É por isto que recentemente puxo en marcha a súa propia “Escola de Saúde”, ciclo de charlas nas que participan profesionais do hospital xunto a membros de aso-ciacións e que teñen como finalidade a divulgación sobre diversos aspectos re-lacionados con patoloxías concretas que interesan á cidadanía. Temas como o Alzhéimer, a infertilidade ou as consecuencias dos accidentes de tráfico foron cuestións protagonistas destes encontros, moi ben acollidos polo público.

En definitiva, Centro Médico El Carmen é un hospital cun afán de me-llora continua para dar a mellor atención ás persoas que confían a súa saúde aos profesionais que forman este centro.

Centro Médico El Carmen, á vangarda da innovación

Avenida de La Habana, 50-52, Ourense Tel. 988 22 34 00

Habitación de Centro Médico El Carmen.

Quirófano de Centro Médico El Carmen.

Page 16: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

16 OURENSE POR BarriosAbril de 2016

SOCIEDADE

Paula Lodeiro

O curso que vén co-mezará a impartirse no campus de Ourense o novo grao de Enxeñaría Aeroespacial. Ourense sumarase así ás dez cida-des españolas que contan con esta titulación e agar-da converterse “na porta pola que entre o talento no novo polo aeronáuti-co galego”, en palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O grao de Enxeñaría Aeroespacial terá 240 créditos repartidos en catro anos, cunha for-mación básica e común ás titulacións da rama tecnolóxica, con mate-rias como matemáticas, informática, física, quí-mica, empresa ou expre-sión gráfica. Tamén terá o “toque especial” da Universidade de Vigo, apuntaba o secretario da Xunta de Titulación e futuro director da Escola de Enxeñaría Aeronáu-tica, Arno Formella, 12 créditos para materias como enxeñaría de siste-mas e comunicación ou cálculo numérico. Con 50 prazas dispoñibles, os estudantes poderán

especializarse realizando nos dous últimos cursos a mención en Aeronaves ou a mención en Equipos e Materiais Aeroespaciais.

Xa están planificados os recursos e o persoal nece-sarios para impartir o seu primeiro curso a partir de setembro, faltando só por definir a ubicación exacta da escola nas instalacións xa dispoñibles do campus de Ourense. “Todo está listo, só nos faltan os es-tudantes”, sinalou Forme-lla, que apuntou que xa chegou á Universidade de Vigo o informe definitivo da Axencia para a Calida-de do Sistema Universita-rio de Galicia dando a súa aprobación á memoria de título presentada.

Interese empresarialNo deseño do grao tívo-

se en conta “o interese do tecido empresarial galego”, apuntou o reitor, Salustiano Mato, así como a especia-lización da universidade do sur de Galicia no sector es-pacial. O rexedor ourensán e anterior conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, recordou que “esta propos-ta académica naceu fai ano e medio logo dun intento fallido” (Enxeñaría Física)

e coa intención de poten-ciar “un campus periféri-co” como é Ourense.

Pola súa banda, Núñez Feijóo salientou que o grao de Enxeñaría Aeros-pacial é unha oportunida-de para o novo modelo produtivo polo que apos-ta a Xunta e enmarcouno na triple proposta que fai o Executivo galego para o sector aeroespacial-aero-náutico, con investimen-tos en Nigrán, Rozas e Ourense.

O mandatario recordou que o sector tecnolóxico foi un dos que mellores resistiu a crise, “manten-do facturación e empre-go” e agora ten que se-guir “despegando”. Non se parte de cero, pois en Ourense e Vigo hai em-presas que están venden-do pezas ás principais empresas de aviación do mundo. Citou o caso de Coasa, que desde Ouren-se fabrica as comportas do tren de aterraxe dos Airbus.

EN BREVE

Enxeñaría Aerospacial comezará o vindeiro curso 4 Feijóo destaca que Ourense se converterá con esta titulación “na porta pola que entre o talento no novo polo aeronaútico galego”.

O vicerreitor, o presidente da Deputación, o alcalde, o conselleiro de Educación, o presidente da Xunta, o reitor da Universidade de Vigo, a delegada da Xunta e o subde-legado do Goberno, na presentación do grao de Enxeñaría Aeroespacial./P.LODEIRO.

Só falta por definir a ubicación exacta da escola nas instalacións do campus

4 Ocio en FamiliaA Concellería de Sani-

dade pecha o 27 de abril a inscrición en Ocio en Familia, un programa de lecer gratuíto dirixido a familias con fillos de 4 a 14 anos.

O programa contén actividades gratuítas coma ‘Mira Ourense con outros ollos’ (1 de maio); ‘Xogos para compartir’ (8 de maio); ‘Auga e ruta termal’ (15 de maio); ‘A luz da lúa’ (21 de maio); e ‘Andaina sen fume’ (29 de maio), para celebrar o Día Mundial sen Tabaco.

4 Escola de Familias na Valenzá

Este xoves, 28 de abril, ás 17 horas na Casa da Xuventude da Valenzá, a Concellería de Educación de Barbadás organiza a charla - taller “Conécta-te- Redes Sociais”

Enmarcada dentro da programación do progra-ma Escola de Familias, está dirixida a familias con nenos e nenas dende Primaria ata Bacharelato. Será una charla - taller, aberta e participativa, na que aprenderemos a fomentar hábitos de uso responsable das novas tecnoloxías nos nosos fillos e fillas. Conta coa colaboración do Cen-tro Quérote+ da Xunta de Galicia, que serán os profesionais encargados de impartila.

4 Concursos de pintura rápida e fotografía

Encher as rúas de Ourense de artistas é un dos propósitos da segun-da edición do Concurso de Pintura Rápida e do Maratón de Fotografía Cidade de Ourense. Es-tes eventos, organiza-dos pola Concellería de Cultura e a asociación LADDO, terán lugar o 14 de maio, no caso do certame de pintura, e os días 21 e 22 de maio, no de fotografía, e repartirán 5.000 euros en premios. A inscrición pode reali-zarse de forma gratuíta, o propio día do concur-so no Centro Municipal José Ángel Valente.

P. Lodeiro

Actividades desde as 11 da mañá ás 7 da tarde e 1.700 euros en premios son os atractivos para público e participantes na Festa dos Maios de Ourense, que se celebra o domingo 1 de maio. A Concellería de Cultura quere converter este ano a celebración na Alameda nunha auténtica romaría, polo que, a maiores dos maios e da animación musical, decidiu instalar un posto de polbo para que os participantes poi-dan xantar no lugar.

A programación co-meza na véspera, cun concerto ás 22:30 horas do grupo Prímula na pra-za de San Martiño. Xa o domingo, a partir das 11 empezarán a colocarse os maios na Alameda; pouco despois os gaiteiros “Os Carapaos” e os cabezu-dos comezarán a animar a festa. A mediodía o xu-rado visitará as diferentes figuras e escoitará cantar as coplas. Logo do xantar, haberá xogos populares e obradoiros de enredos na-turais e tocarán os gaitei-ros “Os Gomes Mouro” .

Ás 18:30 entregaranse os premios. Nesta oca-sión hai 500 euros para o mellor maio artístico, 300 para o maio enxebre,

A festa dos Maios repartirá 1.700 euros en premios4 Cultura quere convertir a Alameda na xornada do do-mingo nunha romaría.

200 euros para o maio máis creativo e para o mellor maio infantil. Ademais, as mellores coplas e as me-llores coplas infantís serán galardoadas con 200 euros cada unha.

Polo momento só hai inscritos nove colectivos, aínda que desde Cultura agardan que ao final se al-cancen unha cifra de “en-tre 20 e 30 maios”, similar á doutros anos, apuntaba a técnica María Díaz. O prazo para inscribirse re-mata este xoves 28 ás 14 horas.

Durante toda a xorna-da elaborarase un maio de forma tradicional para que todas as persoas poidan ver como é o proceso de elabo-ración.

A actuación do grupo Sons do Douro no palco da Alameda ás 7 da tarde porá o broche final a esta festa, declarada de interese turís-tico en 2011. Unha festivi-dade “arraigada”, resaltaba a edil de Cultura, Belén Iglesias, que informou da campaña turística posta en marcha polo Concello de Ourense para atraer visi-tantes a próxima fin de se-mana, que inclúe descontos do 30% para quen colla o tren para visitarnos, e os establecementos hoteleiros ofertarán paquetes turísti-cos de aloxamento, comida e visita ás termas.

Presentación dos Maios 2016 no Concello./P.LODEIRO.

Page 17: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

17OURENSE POR Barrios Abril de 2016

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Tensión“Vanse as rulas e non

volven ata o verán, ela vaise para outro sitio onde tamén se foi a túa nai e o avó, pero pasarán os días e atroparémolos outra vez, doutro xeito”. Dicíame isto o pai na-mentres me aloumiñaba, e co pano branco que lle bordara ela me secaba as bágoas que esvaraban teimosas polas miñas meixelas, como as pin-gas da choiva no cuarto grande, contra o cristal da fiestra.

A avoa Hortensia esta-ba guapísima co vestido novo deitada cos olliños pechados, parecía que ía espertar en calquera in-tre e arrincar para a misa como calquera domin-go. A tapa do cadaleito aberta e o escapulario cinguindo as súas mans, arredor as veciñas chora-ban ou rezaban o rosario, namentres eu non enten-día de todo aquel ritual da morte, aquel pranto acompasado de rezos e choros, os cirios ardendo cun arrecendo mesturado de cera e flores, espallan-do sombras de lapas no espello do chinero.

Inquedo ollei cara fóra, dende a fiestra albiscá-base o río Asneiro que baixaba cheo, asolagan-do o prado do Muíño, e o ceo pecho seguía rezu-mando auga inmisericor-de.

O pai non choraba na-

mentres estaba alí no velo-rio, cada pouco saía para a cociña e agochábase detrás da mesa, onde a alacena dos chourizos, saloucaba un anaco e despois secaba as bágoas e volvía como se non pasara nada. Eu deca-teime porque sempre estou detrás del -“para onde vai o can, vai o rabo”- e vixiei-no dende o corredor.

Tamén o viu Laureana, a nosa parente de Taín, que lle deu unha aperta e díxo-lle “hai que ter paciencia, Avelino”. Ela aloumiña a todos, consola a todos, sempre ten unha verba agarimosa, chegou coas súas potas, tixolas e coi-telos e púxose a facer de comer. Parecía que esti-vera sempre na casa e iso que só viña polas festas. Tróuxome un anaco de doce metido na faltriquei-ra, e preguntoume pola escola (este é o meu pri-meiro ano, pero vou moi ben, xa pasei as primeiras raías), ela si que sabe coci-ñar larpeiradas e falar cos rapaces. Preparou comida para todos, “comer hai que comer”, repetía mentres limpaba a verdura para o cocido.

Disto que vos estou a contar xa pasaron case 50 anos, onte coñecín a noti-cia do pasamento de Lau-reana, e lembreime do que me dixo meu pai de aquela muller que sempre estaba ao carón dos que sufrían, familiar, festeira cando to-caba, sempre acompañan-do, sen unha soa queixa, sen facerse notar, viña coas mesmas potas a co-ciñar para un enterro que para un casamento, xene-rosa, alegre, traballadora,

feliz.Ela, que non tivo fillos,

foi algo nai de todos, tivo unha longa vida, finou aos 95 anos, contoume meu ir-mán Suso, de velliña e sen sufrimento apagóuselle a vela e foise como as rulas.

Xa estará contigo, papá, seguro que ti xa a recibi-ches como se merece, se-guro que botastes unhas risas e cantastes algunhas cantigas para celebrar o reencontro, no ceo dos galegos, que á forza ten que ser máis chuviñento e morriñeiro que os outros ceos. Lembreime como me colliches aquela tarde no colo e como me fala-ches de mamá e me con-solaches para que puidera durmir.

Xa sabes que estes últi-mos días tiven algún per-cance coa saúde e pensei que se cadra eu tamén podía irme coas rulas... pero á noite viñeches e dixeches que aínda non se acabara o meu verán, vol-víches e contáchesme que non chegara a miña hora e que me deixara de an-drómenas, que aínda teño moito que facer. Pois ben, vai preparando todo para cando toque, che dixen, e ti pasáchesme a mao polo lombo e votácheste a rir, namentres a enfermeira insistía: “sepáreme o bra-ciño que lle teño que mirar a tensión”.

Abrín os ollos e pedin-lle que me perdoara, que estaba a falar con meu pai. Como me miraba de xeito raro, aclareille que estaba soñando, aínda así vina marchar cara a porta sen estar convencida de todo.

Avelino Jácome

SOCIEDADE / ARTIGOS

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Gastabas a limpa e vi-drosa mirada dun neno inquedo cando disertabas, con republicana paixón, sobre o teu Ourense de pontes físicas e intelec-tuais abismos.

Afogabas as nosas dú-bidas en documentos, no-tas e imaxes en branco e negro. Só aquel carraspeo retranqueiro que asinaba as túas máxicas sentenzas, interrumpía as fugaces viaxes a un venturoso pa-sado onde agardadaban as

Pastor Fábrega Carballo

“Dixéchesme que me deixara de andrómenas, que aínda teño moito que facer”

Pastor Fábrega de neno.

P.L.

Do 22 de abril ao 8 de maio, 39 establecemen-tos de Ourense partici-pan no quinto Concurso de pinchos “Sabores de Ourense” edición pri-mavera, organizado polo Concello de Ourense e a Unión de Hostaleiros Ourensáns (UHO).

Son 39 locais de hosta-laría da cidade (a maioría da zona dos Viños, pero tamén do centro, San Francisco, A Ponte, Re-sidencia ou zona termal) os que ofrecerán durante dúas semanas petiscos elaborados con materias primas frescas e de tem-pada, e a un prezo máxi-mo de 2,50 euros.

Todos os pinchos opta-rán aos tres premios do xurado profesional e do público, e ao premio da

39 pinchos optan a premio en "Sabores de Ourense"4 O concurso está aberto ata o 8 de maio.

A propietaria do Porta da Pía, local gañador do primei-ro premio na pasada edición do certame; o voceiro do grupo de goberno, Pepe Araújo; e o presidente da UHO, Javier Outumuro, observan o“Crocante”, pincho co que este restaurante participará nesta edición./P.LODEIRO.

sempre amigables respos-tas, versadas e certeiras, que de tanta luz proveron á traslúcida intrahistoria local.

Onte choveu, pero apa-receu o sol na túa despedi-da, debuxando un particu-lar arco iris en vermello, amarelo e morado. Ata sempre, Pastor. Grazas por todo.

Fernando Valcárcel, membro do Arquivo

Visual Ourensán

prensa, e aqueles que sexan sen glute optarán tamén ao premio pin-cho celíaco.

Os clientes que selen os boletos cos seus vo-tos (en alomenos tres bares) poderán gañar premios como lotes de viño, estancias termais ou en hoteles, e aque-les que rexistren a súa votación na aplicación para móbiles “Sabores de Ourense” unha ta-blet.

Page 18: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

18 OURENSE POR BarriosAbril de 2016

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

Os integrantes da asociación en Ourense posan coa furgoneta do banco de tapóns.

Uns moteiros moi solidariosA asociación Moteiros Solidarios Galicia fixo entrega o pasado 9 de abril dos tapóns

que estiveron a recoller nos últimos meses ao banco de tapóns Baixo Miño; o recadado será destinado á axuda de menores necesitados. O colectivo conta tamén cun psicólogo para atender de maneira gratuíta a nenos con problemas, mulleres maltratadas e outras persoas que o necesiten.

O director de Queixumes dos Pinos, o alcalde de Ourense e o secretario xeral de Emi-gración, observan a mostra de artesanía.

Convivencia intercultural en Queixumes dos PinosA sede de Queixumes dos Pinos acolleu o 17 de abril as II Xornadas interculturais

organizadas por esta agrupación folclórica e a asociación ourensá-venezolana Alma Lla-nera. Houbo unha mostra de artesanía e gastronomía de diferentes países e as actuacións de grupos de Colombia (Agrupación Mira), Perú (Asociación Machu Pichu), os bailes orientais de Nissaa e o grupo infantil de Queixumes dos Pinos. Unha actividade coa que se buscaba destacar os valores da cooperación, a tolerancia, a convivencia, a solidarieda-de e o respecto á diversidade cultural.

Estudantes e profesores do Divina Pastora Franciscanas./P. LODEIRO.

Franciscanas celebra o Día do LibroO xoves 21 de abril o Colexio Divina Pastora Franciscanas sumouse ás celebracións

do Día Mundial do Libro dun xeito moi especial. Primeiro realizaron un maratón de lec-tura en castelán, galego, inglés e alemán en homenaxe a Cervantes e Shakespeare. Logo deron lectura ao primeiro manifesto poético “Verbas no Aire” desde o balcón da fachada principal do centro educativo. E, finalmente, entregaron os premios aos gañadores dos 47º Xogos Florais.

Poetas que participaron en “PonTesia16”./FREIXO.

Recital poético “PonTesía16”O pasado 7 de abril, o local da asociación Andén Primeiro quedou pequeno para o

númeroso público, case 100 persoas, que asisitu ao recital de poesía denominado “Pon-Tesía16”, organizado pola asociación cívica e cultural “Vía Vella” de Ponte Canedo.

O magnífico cartel estaba composto polas consagradas autoras Carmen Blanco, Clau-dio Rodríguez Fer e Olga Novo, acompañadas por unha nova xeración de poetas da Ponte, Ángela del Canto, Inés Outumuro e Iago González, os dous últimos recentemente premiados nos Minerva de poesía na presente edición de 2016.

A excelente resposta do público fai augurar que esta cita se repetirá anualmente, fa-cendo bo o desexo da organización de estarmos ante o primeiro dunha longa serie de PonTesías.

Page 19: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

19OURENSE POR Barrios Abril de 2016

OCIO E CULTURA

Asistentes á charla de Elsa Punset en La Molinera./P.LODEIRO

Xornada sobre o coñecemento en La MolineraOs ourensáns completaron o aforo no primeiro acto público do Centro de Coñecemento

La Molinera, o 8 de abril. Tratouse dunha xornada sobre o coñecemento na que partici-paron a divulgadora Elsa Punset, o deseñador ourensán Pablo González e o director do Citilab de Cornellá Javier González.

Entre as próximas actividades que oferta esta instalación, no marco da ICC Week, que organiza a Deputación de Ourense, haberá varios obradoiros para escolares de entre 8 e 17 anos, para que estes se acheguen ás novas tecnoloxías dun xeito lúdico. Serán os días 13 e 14 de maio e centraranse en temáticas como drons e robótica, impresión 3D, stop-motion ou pintura condutiva.

Stand da Plataforma de Afectados pola Hepatite C na pasada Feira da Saúde./P.L.

Unha trintena de colectivos, na XIII Feira da Saúde Rexistros sanitarios, reparto de folletos informativos ou charlas divulgativas son al-

gúns dos contidos da XIII Feira Municipal da Saúde, que estivo instalada os días 12 e 13 de abril na avenida de Pontevedra. Alí, estiveron representados 30 colectivos do ámbito da saúde, incluíndo o propio Concello de Ourense.

A feira foi o acto máis destacado da conmemoración en Ourense do Día Mundial da Saúde, que este ano levaba por lema “Vence a diabetes. Mantente en superforma!” e puña o foco na prevención desta enfermidade que afecta a entre un 12 e un 14% da poboación mundial. Ademai, houbo charlas nos centros cívicos, rexistros sanitarios gratuítos nas farmacias e dous paseos saudables, un deles con mascotas.

4IMAXES DO MES

Page 20: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

20 OURENSE POR BarriosAbril de 2016

Luis Ahijado presentounos “La sonrisa que te debo”./RAMSÉS.

OCIO E CULTURA

Luis Ahijado confésanos para quen é ese sorriso que debe: “o libro vai dedicado a parte da xente que me rodea, á que lle debo moitísimo este empurrón de optimismo, e a min mesmo”

EN BREVE

4 Jaureguizar gaña o “Carracedo” de xornalismo

O xornalista Santiago Jaureguizar é o gañador do XXVI Premio de Pe-riodismo “Xosé Aurelio Carracedo” que concede a Deputación.

O xurado outorgou o galardón ao artigo pu-blicado no xornal El Progreso, titulado “Os amigos do cadáver de Blanco Amor”, destacan-do da obra “a súa calida-de xornalística, o sentido crítico e a proposta de “actualizar”, por medio dunha personaxe histó-rica da literatura galega, como é Blanco Amor, a crítica á situación social que vivimos nestes mo-mentos”

O premio, dotado con 3.000 euros e diploma, entregarase o vindeiro 3 de maio, Día Interna-cional da Liberdade de Prensa, nun acto na De-putación de Ourense.

4 Concurso para o cartel do Festival de Cine

O Concello de Ouren-se convida a creativos e deseñadores a participar no proceso de selección de provedores para o de-seño do cartel da 21ª edi-ción do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). O contrato está valorado en 1.200 euros máis IVE, unha dotación económica coa que o Concello pretende esti-mular a concurrencia de propostas para anunciar esta cita anual da cidade co mellor cine interna-cional. A creatividade deberá incluir os logos do Concello de Ouren-se e OUFF, así como as datas de celebración do certame (do 28 de outu-bro ao 5 de novembro de 2016).

Os interesados poden presentar as súas propos-tas no Rexistro do Con-cello ata o 30 de abril.

R.Torres

Xa está acá o libro “La sonrisa que te debo” de Luis Ahijado Gómez. “El baúl del eterno repro-che”, “Isósceles” e este último -do que falamos co autor- compoñen a súa triloxía de poemas. Do inferno ao ceo, do pe-simismo ao positivismo en tres poemarios.

Pechas o círculo con “La sonrisa que te debo”. Contento co re-sultado?

Luis Ahijado: “Si. Tiña pensado que a evo-lución fose como foi. O primeiro libro era adoles-cente, pesimista, tremen-dista, ata chegar a este que é unha especie de canto, de oda á vida. En plan positivo, halagando á muller constantemente. Vendo as relacións per-soais desde un prisma positivo. Totalmente dis-tinto ao primeiro libro.

Rematou xusto como quería. Este proxecto está totalmente remata-do. Gustoume como foi a evolución e incluso poeticamente na obra. Os que o lean daranse conta que este está máis pulido. Deixeime ir. Non está adaptado pola mé-trica; sentinme máis có-modo a pesar de que a temática non era a máis cómoda para min. Can-to máis negativo sexa o contido mellor me sinto.

Isto fixo que fora un reto escribir desde unha parte positiva”.

Querías cumprir o obxectivo de rematar a triloxía nun momento preciso. Costouche cum-prilo?

L.A.: “O primeiro era recopilatorio da adoles-cencia polo que xa tiña bastante material; o se-gundo era realista e xurdiu dun xeito natural, non ti-ven que buscar a temática. Neste si que tiven que pro-curar eu a materia. Saiume vivir no mundo de arco iris e de cor.

Visto por unha persoa que non me coñece dirá que ten unha carga de po-sitivismo brutal; pero co-ñecéndome como persoa, escribir isto foi un reto. Dos tres libros é do que

máis orgulloso estou, por-que adoptei unha actitude, fixen coma se fora un ac-tor que se ten que poñer a máscara do positivismo”.

A quen lle debías o so-rriso?

L.A.: “A parte da xente que me rodea, á que lle debo moitísimo este em-purrón de optimismo que se reflexa no libro, e a min mesmo. É o libro que máis me arroupou, dinme un abrazo a min mesmo. É un autosorriso, e tamén é un sorriso á xente que coñe-co e que me axudou cando non pasei polo meu mellor momento”.

Con que se vai a atopar o lector?

L.A.: “Cun conxunto de poemas moi vitalistas. Penso que lidos en mo-

mentos delicados verán poemas que mostran unha esperanza, unha fe de su-perar barreiras. Espero que a xente reciba o positivis-mo que transmito nel”.

Pechas a etapa poética con este libro?

L.A.: “Non. Abandonar a poesía sería como quitar-me a pel. Non podo deixar de pensar en rimas e sigo escribindo poesía; xa teño cousas pensadas e ideas ás que lle teño que buscar o camiño.

Estoume deixando cha-mar polas musas, deixán-dome aconsellar veñan de onde veñan. Que me susu-rren versos ou ideas para libros en prosa”.

Que tes en mente?L.A.: “Comecei a escri-

bir un libro en prosa que

ENTREVISTA A LUIS AHIJADO GÓMEZ, AUTOR DE “LA SONRISA QUE TE DEBO”

“Abandonar a poesía sería como quitarme a pel”

4 Con este libro pecha a súa triloxía de poemas.

pensei que era o seguinte proxecto pero non o teño claro de todo. Quero ir pouco a pouco e sen mar-carme datas. Dubido moi-to porque coñecéndome como me coñezo doulle mil voltas ás cousas e nun-ca estou satisfeito ao com-pleto; é algo que non podo evitar.

Por outra banda tiña pensado outros proxectos, como un de poesía eró-tica; xa que me dei conta de que os poemas que es-cribo teñen connotacións eróticas das que non podo fuxir e ás que recurro. E tamén quero facer poesía para nenos, para o que xa teño algo escrito. Quizais vexa máis preto volver a escribir en verso que en prosa”.

Contén, como no se-gundo, ilustracións.

L.A.:”Si, como no se-gundo libro contén ilustra-cións coa miña colaborado-ra habitual, Raquel Sáenz, que fixo os debuxos sen coñecer os textos, expli-cándolle o que eu quería”.

Non che gusta deixar nada ao azar.

L.A.: “Si, que todo se rixa por un patrón. A tri-loxía contén un número ca-picúa: o primeiro libro con-tén 45 poemas, o segundo 60 e este 45. Ademais, no segundo libro todos os poe-mas comezan por vogal; 12 pola A, 12 pola E,... E nes-te quixen rizalo rizo e fixen un poema oculto que se descifra collendo a primei-ra palabra do título de cada poema”.

A partir de agora estare-mos atentos á promoción do seu libro que se poderá comprar, ao prezo de 12 euros, na libraría Amorín (barrio da Ponte), e proxi-mamente online.

“Escribir esto foi un reto, dos tres libros é do que máis orgulloso estou”, asegura

“Teño pensados outros proxectos, como poesía erótica ou para nenos”, adiántanos

Page 21: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

21OURENSE POR Barrios Abril de 2016PUBLICIDADE

Page 22: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

22 OURENSE POR BarriosAbril de 2016 DEPORTES

Vicente del Bosque, en MacedaO seleccionador nacional de fútbol Vicente del Bosque estivo este mércores 27 en

Maceda. Os motivos foron varios. O seleccionador realizou unha visita ao Concello para firmar no libro de honra e posteriormente descubrir unha praca dunha rúa céntrica da vila que levará, a partir de agora, o seu nome. Despois foi o encargado de cortala cinta que daba pé á inauguración do remodelado campo “Cardenal Quiroga”; pase de ser de area a céspede artificial. Alí estiveron presentes un milleiro de escolares de Maceda e arredores. A apretada axenda levouno tamén ata o Castelo de Maceda, onde ofreceu unha charla a adestradores galego. A homenaxe rematou cun xantar.

Con Vicente del Bosque no banco, a selección española logrou o Mundial de Sudá-frica en 2010 e a Eurocopa de Polonia e Ucraína.

3º partido da eliminatoria COB - Burgos. Xoves, 21 h, Paco Paz

Diz e Teijeiro golpean primeiro4 Venceron na cita inicial do “Correndo por Ourense”.

Redacción

Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) e Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) ven-ceron na primeira carreira do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. A primeira cita, como vén sendo habitual, nesta sexta edición foi no barrio do Vinteún.

O atleta de Xinzo de Li-mia da Gimnástica foi o primeiro en cruzar a liña de meta na proba absolu-ta; o seu tempo foi de 18 minutos e 41 segundos. A 37 segundos entraría o at-leta de Ribadavia do Club Lamargha Iván Docampo (19:18). O terceiro clasifi-cado foi Luis Iglesias Raña (Atletismo Arenteiro) pa-rando o crono en 19:41.

En mulleres Sonia Tei-jeiro fixo un tempo de 23 minutos e 24 segundos. A pouco máis de medio mi-nuto (23:57) entraría en meta Ana María Ocampo (Ourenrunning). De ter-ceira clasificada remataría Vicky Losada (Ourenrun-ning) cunha marca de 24 minutos e 20 segundos.

Nesta categoría foron 492 os que remataron a ca-rreira. Nas categorías in-feriores concorreron máis de 200 atletas o que fixo que na primeira etapa do “Correndo por Ourense” estiveran presentes máis de 800 participantes.

O CoutoA vindeira carreira do

circuíto terá lugar no ba-rrio do Couto. A cita terá lugar o sábado 21 de maio en horario nocturno. Será a única das seis probas que se dispute en sábado e de

4 Fútbol salaA Liga en Primeira

División continúa coas opcións intactas de ver ao Ourense Envialia na vindeira edición da Copa de España. Cita disputa-da polos catro primeiros clasificados na Liga. O Envialia marcha cuarto cunha vantaxe de tres puntos sobre o quinto clasificado, o Universi-dad de Alicante.

O Cidade As Burgas, pola súa banda, xa está sen opción de loitar por entrar na Copa, pero sen problemas de apuros. O Cidade é oitavo con 35 puntos. Por iso, durante as cinco xornadas que restan para que finalice o campionato Codeso daralle máis minutos ás menos habituais.

Onde non marchan nada ben as cousas é no equipo masculino de 2ª B, o Sala Ourense Prolsport. O conxunto está descendido e á crise deportiva únese a ins-titucional. Despois de dimitir o seu presidente, Julio Prol, e o vocal, Ós-car Vivián, foron os xo-gadores do filial -na súa maioría- os que se nega-ron a seguir na competi-ción por, segundo expli-caron nun comunicado, recibir “trato vexatorio e recaudatorio” por parte da actual directiva.

4 FútbolA Unión Deportiva

Ourense xa se proclamou campioa do grupo 9 de Segunda Autonómica. A falta de tres xornadas para o remate da Liga aos homes de Antonio Dacos-ta tan só lles resta acadar algún que outro récord, como contar co máximo goleador da competición (Cristian Dacosta é o ac-tula pichichi con 31).

A plantilla tamén está conxurada para poder lograr alzarse coa Copa Deputación B.

4 RalimixO piloto asturiano

Abel Jurado venceu no Ralimix de Piñor co seu kartcross Yacar Racing, facendo bos os prognós-ticos.Participantes da carreira do Vinteún./I. OSORIO.

noite.As carreiras escolares

darán comezo ás 22 ho-ras para rematar coa pro-ba absoluta ás 22:30.

BarbadásO concello de Barba-

dás únese á febre das probas atléticas e aco-llerá para o mes de maio dúas probas.

Por unha banda, o I Castro Trail de Barbadás -Sobrado do Bispo- será o domingo 8 de maio. Esta primeira edición ten dúas probas a elexir: un trail, de 22 quilómetros con saída ás 9:30 horas, ou unha andaina, de 17 quilómetros e saída ás 9 horas.

As inscricións poden realizarse ata o día 4 de maio a través da web cronotec.es. O prezo para participar na carreira é de 10 euros e de 5 para a andaina.

Por outra banda, o sá-bado 28 de maio terá lu-gar a I Carreira Popular A Valenzá. A inscrición, que tamén será a través de cronotec.es, ten de data límite o 24 de maio ás 12 da noite. O prezo para anotarse na catego-ría absoluta é de 4 euros; para o resto de catego-rías é de balde.

Cinco son as probas que se disputarán: bibe-rón, cun percorrido de 100 metros; benxamín, 400 metros; alevín e in-fantíl, 1.000 metros; ca-dete, 2.000 metros; e a absoluta, que conta con 7.000 metros.

As probas comezarán ás 18:30 h -biberóns- e rematarán ás 19:45 horas coa saída da absoluta.

Del Bosque con rapaces no remodelado campo Cardenal Quiroga de Maceda./M. REJO.

O COB quere forzar o cuarto partido4 O conxunto ourensán mar-cha 0-2 na eliminatoria fron-te a Burgos.

Redacción

O Ourense Provin-cia Termal (COB) ten a oportunidade este xoves ante a súa afección -21 horas, Paco Paz- de for-zar o cuarto partido ou dicir adeus ao playoff de ascenso e á tempada.

A serie aterriza en Ourense cunha desvantaxe para os ourensáns de 0-2 tras perder os dous primei-ros encontros na cancha de Burgos -O Plantío-. No primeiro partido quedou coa mel nos beizos ao ver como Sinica palmeaba un balón que entraba a fal-

ta dunha décima para o remate do encontro (73-72).

O castigo foi moi gran-de, e os homes de Gonza-lo García de Vitoria non se recuperaron, xa que no segundo encontro o COB non competiu ao mesmo nivel e perdeu con máis contundencia, 81-64.

PazoAgora toca encomen-

darse ao Paco Paz e ao “espírito dos 900”. Para elo o técnico cobista quere un Pazo cunha moi boa entrada. “É xoves, unha boa hora, non hai excusa”, afirmaba García de Vitoria.

En caso de derrota os ourensáns despediríanse da tempada e tocará cen-trar a atención nos despa-chos de cara a disputar o ano que vén a Liga Ende-sa. Unha vitoria faría que a eliminatoria se prolon-gue, alomenos, un partido máis, que sería o domingo ás 19 horas no Pazo.

Partido de Liga entre o COB e o Burgos./ARQUIVO.

EN BREVE

Page 23: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

23OURENSE POR Barrios Abril de 2016

AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo FeijooNº 16 - Ano: XV - Abril de 2016 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 012Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138P. Local Barbadás 988 221 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 235 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 902 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil 24 h. 988 510 254Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 222 484SOS Galicia 112Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias902 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 392 909Teletaxi 988 21 00 11Taxis A Valenzá 988 251 471Taxis Carrefour 988 231 657RENFE 902 240 202Estación autobuses 988 216 027Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222Aquagest 988 250 088Atención menor 900 202 010Asoc. Diabética Auria988 226 608AECC 988 219 300C. C. Antisida 988 233 000Alcer 988 229 615AFAOR 988 219 292Alcoh. Anón. 646 645 11924h. Alc. Anón. 988 269 540Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TEL. DE INTERESE

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urba-nosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valen-zá en www.anpian.com

4AXENDAMúsica

- 29 de abril- Concerto de Kepa Junquera - 21 h - Liceo- 30 de abril - Concerto de Derroche - 22 h - Sala Berlín- 1 de maio - Concerto de Yomelo Montosolo - 13 h - Café Bulervar

Exposicións- Ata o 30 de abril - Expo-sición dos proxectos Crea 2016 - Espazo Xove- Ata o 8 de maio - Ex-posición “Contra ven-to e marea: itinerarios converxentes” - Centro Municipal José Ángel Valente- Ata o 12 de xuño - Ex-posición “A fronteira in-finda. Os artistas galegos e a emigración” - Sala de Exposición Afundación

Teatro- Ata 30 de abril - XXI Miteu - Diversos empla-zamentos- 5 e 6 de maio - “Coma e punto” - 20:30 h - Audito-rio Municipal- 6 de maio - “Shakes-peare para ignorantes”- 20:30 h - Teatro Princi-pal- 8 de maio - “Pancreas” - 19 h - Teatro Principal- 8 de maio - “Viejove-nes” - 20 h - Auditorio Municipal- 20 de maio - “No es-conderás un cadáver en el armario” - 20:30 h - Teatro Principal

Espectáculos- 7 de maio - “Menú da noite” - 20 h - Auditorio Municipalwww.periodicobarrios.com

INMOBILIARIA

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected].

Gratuítos para particulares]

TRABALLO

VENDASVendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, de calefacción de corrente de calor e frío, e porta de alumunio oscuro. Tel. 637 00 59 10.Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Bio-field, rexistrada polo Minis-terio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781Vendo colchas de ganchi-llo. Tel. 988 23 06 69.Vendo leña de carballo. 220 euros/tractor. Tel. 630 521 448.

Ófrecese señor para traba-llar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispo-ñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620.Ofrécese señora para tra-ballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten, tel. 645 77 05 10. Clases de apoio a domici-lio,. Matemáticas xeraias e outras materias curricula-res. Todos os niveis. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Información en [email protected] e 610 38 25 89.Poñémosche a túa máqui-na de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio).Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Serieda-de. Tel. 685 56 46 81Fanse desbroces en fin-cas e montes. Tel. 722 216 123.Particular en Ourense imparte clases individuais personalizadas de matemá-ticas e estatística, todos os niveis, e resto de materias curriculares de Ensinanzas Medias. Con CAP. Ampla Experiencia. Económico. A Domicilio. Contacto: [email protected] e tel. 610 38 25 89Fanse desbroces con trac-tor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448.

Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofréce-se para compañía de mulle-res de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eró-ticos a mulleres. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

CONTACTOS

4CARTA AO DIRECTOR

Á xerente do Sergas en Ourense

O motivo da miña carta é o seguinte: con data 18/02/2015, realizá-ronme unha revisión en cardioloxía, pautándome nova revisión ao cabo dun ano. Ese mesmo día solicitei a nova revisión. Quedaron de avisarme e pasaron 14 meses e aín-da non me chamaron. Padezo unha cardiopatía isquémica, con implanta-ción de dous stent. Ade-mais xa pasei por dúas anxinas de peito e non quixera ter a mala expe-riencia de pasar por unha terceira.

Como vexo que pasa o tempo e non me chaman, espero non tarden tan-to como fixeron co meu marido, que estando en lista de espera para in-tervención de carótidas, cando o chamaron para dita intervención, levaba falecido catro meses.

Como de todos é co-ñecido o feito de que a vostede outorgáronlle o premio como unha das mellores xerentes de sa-nidade do país, é polo que espero me xestione esta cita o máis axiña po-sible e non ter que espe-rar outro catorce meses.

Unha “paciente” paciente, Aurelia San-

martín Pousa

Alugo oficina amoblada de 24 m2. Lista para empezar a traballar. 150 euros/mes (+4 euros da luz da escaleira). Tel. 627 203 131.Alugo piso amoblado con calefacción e garaxe en Mar-celo Macías. 300 euros/mes. Tel. 649 57 13 13Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10.Alugo apartamento no cas-co antigo de Ourense. Eco-nómico. Tel. 637 00 59 10.Alugo apartamento en Montalvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xar-dín, tumbonas, aparcamen-to...). Fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16.Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497.Vendo piso en Praza Espa-ña (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09.Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traba-llos de albanelería (restaura-ción tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543.Alugo perruquería en Pro-greso, 250 euros + comuni-dade. Tel. 637 00 59 10Necesítase mozo ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 10.Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 62 86 28.

Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524.Alúganse oficinas en Pro-greso, unha amoblada, to-das exteriores. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10.Alúgase local de oficina no barrio da Ponte, acondi-cionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659.Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ouren-se. Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543.

Page 24: Abril de 2016 - Ourense por Barrios

OURENSE POR BarriosAbril de 2016