abril de 2016 - barrios

24
[Páx. 16] VERÍN Páx.2 DEPORTES Páx. 18 COMARCAS Páx.8 CELANOVA Páx.17 Ascenso das Escolas Deportivas de Verín de fútbol Prepara as túas celebracións: vodas, comuñóns... No último ano baixou o paro en Allariz- Maceda e na Limia Homenaxe de Celanova ao poeta Pepe Velo ESPECIAL Páx.11-15 Denuncian un gasto excesivo en plantación de árbores Número: 24 - Ano: XI - Abril 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 Abre o Centro Cultural das Artes de Verín sen certificado final de obra.// Unha glorieta facilitará o acceso ao polígono de Xinzo. /P. LODEIRO e M. REJO. [Páx. 6] Nova glorieta en Xinzo Entrevista á profesora de Música e organista Marisol Mendive Inaugurado sen certificado [Páx. 3]

Upload: periodico-barrios

Post on 28-Jul-2016

258 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

A apertura do Centro Cultural e das Artes de Verín –aínda sen certificado final de obra - e a nova glorieta de acceso ao polígono de Xinzo son as imaxes da portada do número de abril do periódico Barrios.

TRANSCRIPT

Page 1: Abril de 2016 - Barrios

[Páx. 16]

VERÍN Páx.2 DEPORTES Páx. 18COMARCAS Páx.8 CELANOVA Páx.17

Ascenso das Escolas Deportivas de Verín de fútbol

Prepara as túas celebracións: vodas, comuñóns...

No último ano baixou o paro en Allariz-Maceda e na Limia

Homenaxe de Celanova ao poeta Pepe Velo

ESPECIAL Páx.11-15

Denuncian un gasto excesivo en plantación de árbores

Número: 24 - Ano: XI - Abril 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Abre o Centro Cultural das Artes de Verín sen certificado final de obra.// Unha glorieta facilitará o acceso ao polígono de Xinzo. /P. LODEIRO e M. REJO.

[Páx. 6]

Nova glorieta en Xinzo

Entrevista á profesora de Música e organista

Marisol Mendive

Inaugurado sen certificado [Páx. 3]

Page 2: Abril de 2016 - Barrios

� BARRIOSAbril de �016

VERÍN E COMARCA

Tubaxes rotas na rúa Irmáns Moreno./CEDIDA.

Diego Lourenzo e Manuel Alfonso Araujo.

Redacción

O portavoz do Partido Popular de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, vén de amosar as súas críticas ao gasto realiza-do polo Concello de Ve-rín en plantación de ár-bores da vila que ascende a 60.000 euros.

“Nós tamén plantamos árbores durante os anos que estivemos gobernan-do e non foi unha noticia extraordinaria. Fixémolo sen publicidade, grandes vallas publicitarias nin eslogans rimbombantes porque críamos que era algo normal”, asegura Ji-ménez Morán.

“Non nos opomos a que se planten árbores, pero cremos que non se está a contar a verdade aos veciños, xa que o custo económico é im-portantísimo”, indica. “En primeiro lugar, cre-mos que se trata dun tipo de árbore inadecuada porque é moi grande, é de folla caduca e a caí-da da folla ocasionará moitos problemas no in-verno, non só de limpeza senón tamén resbalóns cando chova e atasco nos sumidoiros, e trátanse de árbores con grandes raí-ces que poden afectar ás distintas canalizacións subterráneas e levantar o

O PP de Verín denuncia o gasto de máis de 60.000 euros en plantar árbores4 Jiménez critica que por non consultar ás compañías subministradoras o Concello rom-peu tubaxes na rúa Irmáns Moreno.

pavimento”.Ademais, “antes de

plantar ás árbores realí-zase un levantamento to-pográfico, que xa supuxo ata o momento un custo de 6.663 euros”, recoñe-ce Jiménez, “pero non debe ser unha tarefa moi exhaustiva, xa que ao non avisar as compañías subministradoras de luz, gas e telefonía para que lle facilitasen plans do chan, romperon tubaxes incluso da rede de gas na rúa Irmáns Moreno”, de-nuncia.

“Sumando todos os conceptos o custo total por árbore é de 4�6,60 euros, e o que se leva gastado ata o momento son máis de 60.000 euros, que temos que pagar to-dos os veciños”, subliña o político popular.

4 Facenda retén fondos ao Concello de Verín

Ante a nova de que o Ministerio de Hacienda retén fondos ao Concello de Verín por non facilitar os datos do ano �014, e varios requerimentos de �015, Jiménez Morán saiu ao paso, para defen-der a xestión realizada polo PP nese tempo. “Se había algo do que estaba-mos nós orgullosos, e non saíamos tanto en prensa como agora, era da xes-tión económica que se fixo no Concello durante o noso mandato”, indica Juan Jiménez. “Nos anos �013 e �014 non se pediu ningún crédito, págabase aos provedores nun pra-zo de 4� días, amortiza-mos parte da débeda cun montante superior a un 1.�00.000 euros e cum-príanse os requirimentos do Ministerio”, engade.

Jiménez cre que o bi-partito verinés non está a seguir un riguroso con-trol orzamentario, “fa-cendo un excesivo gasto sen xustificación, que sen dúbida vainos levar a que teñamos máis problemas con Facenda e dubida-mos que se cumprirán os parámetros que marca o Ministerio”.

Pola súa banda, dende o Concello de Verín deixan claro que “a liquidez e a capacidade de pago do Concello está asegurada para todo o ano; os pagos correspondentes a �016 faranse no prazo de 30 días; e os pendentes de �015, aproximadamente uns 300.000 euros, están pendentes dun expedien-te de modificación de crédito, pero os cartos es-tán reservados para esas facturas”.

Juan Manuel Jiménez Mo-rán, voceiro do PP en Ve-rín./M.REJO.

Redacción

Os 18 alumnos que forman parte do curso “Aproximación ao mundo da cata de viño”, organiza-do polo Consello Regula-dor da Denominación de Orixe Monterrei, recibiron xa a primeira sesión desta iniciativa formativa.

Ao comezo da mesma, os alumnos e os profesionais encargados de impartir o curso foron recibidos pola presidenta do C.R.D.O.

Monterrei, Asunción Ro-dríguez Zarraquiños, que lles presentou outras ac-cións formativas que leva-rán a cabo este ano.

Durante as dúas primei-ras sesións do curso, que teñen lugar nas adegas Franco Basalo Iria Otero, licenciada en Enoloxía ensinou aoss participantes cuestións como elabora-cións de viños brancos, tintos e de barrica, inicia-ción á cata de viños e téc-nica de cata.

Mentres que nas últi-mas sesións, que terán lugar os días 6 e 7 de maio na adega Crego e Monaguillo os aprendi-ces recibirán formación no ámbito de orixes da vide, variedades, de-nominacións de orixe, servizo e cata de viños. Nesa ocasión, o ensino correrá a cargo de Anto-nio Portela, diplomado en Ciencia da Eduación e Master en Viticultura e Enoloxía.

Asistentes ao curso de cata de viños posto en marcha pola DO Monterrei.

O Consello Regulador organiza un curso sobre cata de viños4 Os alumnos visitarán adegas da Denomi-nación de Orixe Monterrei.

Convenio de colaboración entre o Concello e Protección CivilRedacción

Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde do Con-cello de Verín, e o presi-dente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso Araujo, asinaron o convenio de colabora-ción entre as dúas entida-des para o mantemento da operatividade e prestación de servizos da agrupación no ano �016.

O obxecto do convenio é regular a colaboración en-tre o Concello de Verín e Protección Civil de Verín, destinado ao cumprimen-

to dos estatutos actuais da agrupación.

Entre as cláusulas que regula o acordo atópanse o financiamento dos gastos derivados do mantemento da agrupación, e a cesión da utilización dun espazo para a mesma, mentres que

a agrupación compromé-tese a facilitar a formación necesarias aos seus mem-bros, así como atender ás demandas de servizo que faga o Concello de Verín, a Xunta a través do 11� e outras entidades públicas ou privadas

Page 3: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016

3VERÍN E COMARCA

120.000 euros anuais, estimación do custo do mantemento

O alcalde Gerardo Seoane no Centro das Artes./P.L.

O Centro das Artes de Verín foi recepcionado polo Concello verinés o pasado 31 de decembro sen estar terminado e asi-nando a acta de recepción tan só o alcalde, Gerardo Seoane. Así o denuncia o Partido Popular da locali-dade, que tacha de “nefas-ta e ilegal” a actuación do Goberno local en relación a esta infraestrutura.

Nunha rolda de prensa, o portavoz dos populares, Juan Manuel Jiménez Morán, puxo de relevo que a Dirección Faculta-tiva da obra presentou un rexistro no Concello o �� de marzo pasado sinalan-do que o edificio non está finalizado: “malamente

Paula Lodeiro

Cunha presentación aos medios de comunicación por parte do alcalde e unha fin de semana de portas abertas para os verineses, quedou “inaugurado” o Centro Cultural e das Artes de Verín.

Trátase dun edificio de 4.500 metros cadrados, que supuxo un investi-mento total de 3,3 milló-ns de euros, achegados pola Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, e que polo momento care-ce de certificado final de obra. “O certificado farase cando estean as probas de son, iluminación e de cale-facción, a partir do día �0”, respostou o alcalde.

A falta de cumprimentar este requisito legal, xa está previsto que a fin de se-mana do �� e �3 de abril o Centro das Artes acolla un seminario da Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela no que se dará a coñecer as últimas novi-dades técnicas no mundo da radio e da televisión.

Edificio “polémico”Gerardo Seoane come-

zou a súa intervención aos medios citando algúns dos problemas dun “edifi-cio polémico desde a súa

pódese dar por termina-do un edificio no que nin sequera se realizou proba algunha de instalacións tan importantes como a clima-tización, equipo escénico e existen unidades de obra aínda sen finalizar”. Ade-mais, non foi expedido cer-tificado final de obra pola Dirección de Execución “e moito menos, por tanto, visado por ningún Colexio Profesional”.

Tamén os coordinadores de seguridade e saúde da devandita obra informaron ao Concello, noutro escrito do 1 de abril, que “reitera-mos que a obra do centro está en curso”.

Razoa Jiménez Mo-rán que o feito de recibir

a obra sen o certificado final pode dar pé á em-presa construtora a dicir que “moitos dos traballos pendentes e reclamados pola Dirección Faculta-tiva ‘como mal execu-tados’ foron motivados pola ocupación material da obra e un mal uso por parte do Concello”, ne-gándose así a emendar “os numerosos defectos” atopados pola Dirección Facultativa.

Opina o portavoz do PP que se devolveron “de forma irregular” os úl-timos avais depositados pola empresa que respon-dían da mala execución ou da falta de unidades de obra.

4 O PP denuncia que a obra foi recepcionada polo Concello sen estar rematada

orixe”, nomeadamente a expropiación de terreos, que fora anulada polo TSXG. Indicou que o Con-cello ten “un principio de acordo cos propietarios”; pola vía de convenios. De non chegar a ese entende-mento, “utilizaremos o que nos di a sentenza, expro-piación forzosa”.

Tamén se referiu ao fei-to de que ningunha das melloras presentadas pola empresa construtora se realizaron, “foronse facen-do diversos modificados e esas melloras non están executadas nin se van exe-cutar”, afirmou o político socialista.

O Concello tamén ato-pou deficiencias nas insta-lacións, como que a acústi-ca do salón de butacas non é a óptima, o recinto carece de pantalla de proxeccións, e parte das butacas das tri-bunas superiores non teñen visibilidade sobre o esce-nario.

Futuros usosCon todo, Seoane non

quixo polemizar: “aquí non vale que eu lle bote a culpa a alguén ou que ma boten a min, isto é o que hai e hai que sacalo para adiante”. Así, adiantou algúns dos usos do Centro Cultural e das Artes de Verín. Dunha

banda, será a sede do Con-servatorio de Música da vila; doutra, preténdese ob-ter da Consellería de Edu-cación un ciclo de imaxe e son de FP.

Tamén se quere crear unha radio escolar, orga-nizar seminarios, utilizalo como sala de exposicións, integralo na rede de audi-torios de Agadic, e progra-mar unha sesión mensual de cine de estrea, así como representacións teatrais.

Custo do mantementoO Concello de Verín ten

aínda que dotar de mobilia-rio o recinto, para o que xa reservou unha partida nos próximos orzamentos, e en canto ao persoal que o aten-da, vaise asignar unha per-soa que realizará función múltiples. Ademais, para as tarefas de mantemento firmarán unha asistencia técnica cunha empresa local. Unha primeira esti-mación fala dun custo de mantemento duns 1�0.000 euros anuais; “o gasto todo depende do que o utilice-mos”, valorou Seoane Fi-dalgo.

O Centro Cultural e das Artes de Verín carece aínda de certificado final de obra4 O Goberno municipal dá o edificio por rematado, aínda que faltan por realizar a proba de instalacións como a climatiza-ción, o son, a iluminación ou o equipo escénico.

Parque de 7 hectáreasAo redor do Centro das

Artes vaise crear un gran parque de sete hectáreas, anunciou o alcalde.

Para tal fin, o Concello de Verín realizará unha modificación puntual do Plan urbanístico e precisa-rá obter os terreos colidan-tes, mediante convenio ou expropiación.

Page 4: Abril de 2016 - Barrios

4 BARRIOSAbril de �016 VERÍN E COMARCA /XINZO E COMARCA

Participantes na acción formativa.

Redaccion

34 persoas participan na acción formativa organiza-da polo Concello de Verín, a través da Escola de Fa-milia municipal, destina-da á preparación das pro-bas libres para a obtención do graduado en ESO que

se desenvolven durante os meses de maio (día �7) e setembro (día 8) .

As probas para a obten-ción do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria constitúen unha vía extraordinaria para acceder a titulación básica oficial do sistema

educativo, permitindo a continuación dos estudos de Bacharelato, de Forma-ción Profesional ou de Ar-tes Plásticas e Deseño.

Para presentarse a estas probas, dirixidas a maiores de 18 anos, non é necesa-rio ningún requisito acadé-

4NOTICIA DE EMPRESA

Redacción

A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral de Desen-volvemento Rural, acu-diu a Xinzo para manter unha reunión sobre os regadíos pendentes na Limia. Á xuntanza, ce-lebrada o pasado ven-res, asistiron o alcalde de Xinzo e a rexedora de Porqueira, concellos afectados ambos os dous no seu territorio, o presi-dente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil,

os presidentes das Comu-nidades de Regantes de Corno do Monte, Alta Li-mia, Lamas-Ganade e San Salvador de Sabucedo, e representantes da asocia-ción ADEGAL.

Ángeles Vázquez infor-mou que, segundo traslada a Consellería de Medio Ambiente, Corno do Mon-te tamén ten afección am-biental, polo que se acorda que sexa un único proxec-to que englobe as catro co-munidades de regantes o que se someta a Estudo de Impacto Ambiental, cun

custo aproximado de cen mil euros.

A conselleira tamén in-dicou que malia que existe unha partida nos orzamen-tos da Xunta para �016 de 1,5 millóns de euros, Medio Rural está a buscar máis financiación para o proxecto dos catro rega-díos, acudindo a Bruxelas e ao Ministerio de Agricul-tura, Alimentación e Me-dio Ambiente, que derivou a SEIASA (a Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias). Esta opción rexéitase desde a Xunta por non adaptarse ás carac-terísticas e peculiaridades da zona e das infraestru-turas. Non obstante, Án-geles Vázquez sinalou aos asistentes á reunión que o seu departamento segue buscando apoio económi-co por outras vías.

Da xuntanza saiu a de-cisión de crear unha co-misión de traballo para informa e consensuar o proxecto do regadío.

Medio Rural busca financiación para os regadíos 4 A conselleira mantivo unha reunión en Xinzo coas comu-nidades de regantes.

A tenda está na rúa Toural, 12 (esquina r/San Roque), Xinzo.

Nova oficina de Elyte no centro de XinzoA empresa limiá Elyte vén de abrir unha nova tenda no centro de Xinzo, na rúa Toural

1� , que se suma á da Avenida de Ourense 90 e á da capital ourensá. Ademais de todas as especialidades en iluminación led (que conseguen un aforro de ata o 80%), caldeiras de todos os tipos (incluidos os últimos modelos de condensación de gas), piscinas ... o que buscan é achegar a empresa as persoas interesadas en instalar por primeira vez o gas natural que xa existe en Xinzo. Elyte é empresa colaboradora de Gas Natural e pode pór o selo de calidade nas instalacións que realizan, ademais de tramitar todo o necesario para que vostede teña gas natural no seu edificio, vivenda ou negocio. Os interesados neste servizo poden consultar no establecemento ou no teléfono 988 688 108.

34 persoas participan nunha formación para obter o graduado4 As probas serán en maio e setembro.

mico. As persoas interesadas

en inscribirse na forma-ción para preparar as probas libres convocadas para setembro, poden fa-celo do 1 ao 8 de xullo no servizo de Educación Familiar de Verín.

Un dos obradoiros do Proxecto Re-Invéntate.

Obradoiro do proxecto de busca de emprego do CDR O Viso

Os participantes no Proxecto Re-Invéntate de inserción laboral do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso en Xinzo volveron realizar un obradoiro os pasados días 5 e 6 de abril. Nel puxeron en práctica habilidades sociais, como as autocandidaturas, as chamadas telefónicas e a rede de contactos, así como técnicas de relaxación para o ensaio de entrevistas laborais, coa realización de su-postos prácticos.

Page 5: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016

5VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

Estudantes nas actividades do programa “Jóvenes Emprendedores” de La Caixa.

As aprendizaxes ne-cesarias para promover unha formación de ca-lidade teñen estreita re-lación co traballo diario nas aulas e co tempo de estudo na casa. Comple-mentariamente, é nece-sario levar adiante acti-vidades extraescolares para dotar aos estudantes de entrenamento noutras competencias necesarias para o desenvolvemento pleno da súa personali-dade.

Nestas últimas sema-nas no IES García Bar-bón de Verín destacan, entre outras: actividades do Día Mundial da Saúde -7 de abril- organizadas

polo alumnado e o profe-sorado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría -con distintos obradoiros informativos- e nas que participou a maio-ría do alumnado do centro. Organizouse unha xorna-da de doazón de sangue. Tamén se fixeron saídas pedagóxicas á estación de esquí de Manzaneda, saída ao teatro en Ourense, visita ao Salón do Automobil de Vigo e asistencia ao teatro en inglés.

O alumnado de Forma-ción Profesional de grao medio e superior que su-perou a totalidade dos mó-dulos formativos está xa realizando a súa Forma-

ción en Centros de Traba-llo (FCT).

Unha parte moi impor-tante da formación do alumnado de Formación Profesional é a que ten lu-gar nos distintos centros de traballo, xa que axuda aos estudantes a demostrar na práctica as súas com-petencias profesionais e a mellorar a súa cualifica-ción técnica.

Fomentando o em-prendemento

O alumnado do IES García Barbón de Verín participou durante varios días das actividades or-ganizadas polo programa “Jóvenes Emprendedores

IES GARCÍA BARBÓN

Actividades extraescolares e formación en centros de traballo para os estudantes de FP

de Obra Social La Caixa”. A finalidade do proxecto radica en dar a coñecer aos mozos as posibilidades de crear a súa propia empresa como saída para encontrar traballo unha vez rema-ten os presentes estudos. Despois das Xornadas de Orientación celebradas en marzo, estas distendidas charlas de carácter parti-cipativo, impartidas pola consultora verinesa Apoio, confirman a forte aposta por parte do centro para seguir impulsando a men-talidade emprendedora en-tre o seu alumnado.

Titorías individualiza-das

O Departamento de Orientación promove a realización de titorías in-dividualizadas ao longo de todo o curso, pero nos últimos meses adica un especial esforzo de tito-ría individualizada –con varios profesores/as- para reforzar o asesoramento académico dos estudantes de �º de Bacharelato.

Por último, cinco blogs do IES García Barbón par-ticiparon na X edición do Premio Espiral Edublogs 2016. Na web http://es-piraledublogs.org/comu-nidad/Edublogs/premio poderase ver o 6 de maio a lista de finalistas e o día 13 de maio os resultados finais.

Redacción

O conselleiro de Cul-tura, Educación e Or-denación Universitaria, Román Rodríguez; e o presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar; asinaron, por se-gundo ano consecutivo, un protocolo de colabo-ración para coordinar obras de reparación, con-servación, mantemento, ampliación e mellora dos centros públicos de edu-cación infantil, primaria e especial da provincia de Ourense. O importe

total das actuacións ascen-de a case 644.000 euros.

Ao abeiro deste acor-do financiaranse obras en 36 centros de ensino. A Consellería desenvolverá obras, entre outros centros, nos CEIPs de Castrelo do Val, Joaquina Gallego Jorreto da Merca, Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, Rodolfo Núñez de Vilardevós e Vázquez Por-tomeñe de Xunqueira de Espadanedo.

A Deputación actuará, entre outros, nos colexios Padre Feijoo de Allariz, Curros Enríquez de Ce-

Xunta e Deputación realizarán melloras en 36 centros educativos4 Investiran case 644.000 euros.

lanova, CEIP de Cuale-dro, CEIP de Medeiros en Monterrei, Plurilingüe

de Vilar de Barrio Vilar de Barrio, e Padre Crespo de Xunqueira de Ambía.

Manuel Baltar e Román Rodríguez no colexio de Rairiz de Veiga onde asinaron o convenio./M.REJO.

Page 6: Abril de 2016 - Barrios

6 BARRIOSAbril de �016 XINZO E COMARCA

Redacción

A conselleira de Me-dio Ambiente e Ordena-ción do Territorio, Bea-triz Mato, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo, para analizar distintas vías de colaboración entre o de-partamento autonómico e o goberno local.

Durante o encontro, analizaron distintos proxectos de interese para o concello, prestando es-pecial atención á mellora da rede de saneamento, unha actuación que será estudada por Augas de Galicia para ver a posi-bilidade de incorporala no plan de investimentos deste organismo.

Medio RuralNon foi esta a única

xuntanza do rexedor de Baltar con responsables da Xunta. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, tamén o recibiu para coñecer e avaliar as necesidades deste muni-

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o al-calde de Baltar, José Antonio Feijoo./RAMSÉS.

A Xunta estudará mellorar a rede de saneamento do municipio de Baltar4 Reunión entre a conselleira de Medio Am-biente e o alcalde.

cipio ourensán, en parti-cular as relacionadas co agro.

Vázquez ofreceu ao al-calde a colaboración do seu departamento para traballar a prol da me-llora da calidade de vida dos seus veciños.

Redacción

O grupo municipal socialista de Xinzo de-nuncia a “grave contami-nación” que provocan as augas fecais procedentes da canceira que xestiona a Deputación Provincial. Segundo denuncian des-de o PSOE, a canceira verte as augas sen depu-rar directamente á gabia que vai paralela a pista de Mosteiro e que en-tronca coa OU-301.

“A acumulación de augas fecais procedentes dunha instalación onde se tratan animais con medicamentos, ademais de non estar permitida, é altamente contaminante para o entorno e mesmo para a saúde das persoas se entra en contacto con

algún acuífero. Non se pode permitir que unha instalación nova con ape-nas tres anos de funciona-mento estea a contaminar o entorno por desidia da propia Deputación Provin-cial coa permisividade do Concello” di a portavoz socialista.

O PSOE vén de rexistrar un escrito solicitándolle ao Alcalde que “esixa da Deputación provincial, a inmediata conexión á rede de saneamento máis próxima ou a limpeza, con maior frecuencia, da fosa séptica da mencionada canceira”

“De non ser así veré-monos obrigados a facer as denuncias pertinentes ante as autoridades com-petentes”, manifestan os socialistas.

O PSOE denuncia vertidos fecais procedentes da canceira de Xinzo4 Demandan á Deputación que conecte a instalación coa rede de saneamento.

Vertidos de augas fecais na contorna da canceira de Xinzo./CEDIDA.

Novos talleres na Escola Rural de SaúdeRedacción

Dentro do “Proxecto intervención e educación sociosanitaria na zona ru-ral”, a Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia porá en marcha a partir do �1 de abril a primei-ra parte dos “Talleres de atención integral ao paciente encamado”, es-pecialmente dirixidos a coidadores e familiares de persoas dependentes.

A finalidade destas ac-tividades formativas é a de adquirir coñecemen-tos e habilidades para coidar mellor daqueles que necesitan da súa atención continuada.

A formación será im-partida pola docente Elisa Cadaya González, enfermeira de Atención Primaria e Hospitalaria do Sergas, e desenvol-verase os días �1, ��, �5 e �6 abril na primeira planta da Casa da Cultu-ra de Xinzo de Limia.

Todos aqueles que te-ñan interese en participar poden inscribirse no 603 784 435, no correo [email protected] ou na aula, de luns a venres en hora-rio de 10 a 13 h. Para a impartición destes obra-doiros a Escola Rural da Saúde conta coa colabo-ración do Concello de Xinzo e prevé unha sub-vención da Deputación de Ourense.

De maneira paralela a esta formación poderase ver na Casa da Cultura de Xinzo unha exposi-ción dun estudo médico sobre a saúde e a calida-de de vida do coidador familiar.

Unha glorieta facilitará a entrada no polígono Redacción

Está a piques de fina-lizar a construción da rotonda que dará acceso ao poligono empresarial de Xinzo. A actuación está a ser executada pola Deputación Provincial e conta cun orzamento de 1�0.000 euros.

A actuación suporá ta-mén a renovación da si-

se porque houbo que reti-rar unha torre de Fenosa que se atopaba na entrada do polígono.

nalización horizontal e ver-tical na estrada que enlaza Xinzo con Vilar de Barrio.

Os traballos demoráron-

Só queda pintar e retirar sinalización de obra./M.REJO.

Page 7: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016

7PUBLICIDADE

Page 8: Abril de 2016 - Barrios

8 BARRIOSAbril de �016

EN BREVE

4Reclaman un inventario do patrimonio etnográfico

O grupo municipal so-cialista de Xinzo solicita ao Concello que cree un inventario do patrimonio etnográfico do munici-pio.

A solicitude xorde a raíz do derrubamento do lavadoiro público de Ga-nade, e a súa substitución por unha illeta cunha mi-nifonte “que non cumpre función algunha”. Os socialistas solicitaron ao grupo de goberno unha copia da memoria desta obra xunto co orzamen-to e os informes técnicos que a avalan

4Reparto de alimentos en Xinzo

Desde o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso complementou o labor desenvolvido den-de o Concello de Xinzo de Limia e da Parroquia Santa Mariña no reparto de alimentos do Plan de axuda ás persoas máis necesitadas da Unión Europea. Este mes foron sobre todo bombonas de gas e produtos variados de hixiene, ademais de alimentación para aque-las familias que non re-cibiron a alimentación da UE. En total bene-ficiáronse 87 persoas. Ademais de axudar nas necesidades básicas, ta-mén lles propoñen a súa participación nos obra-doiros mensuais de bus-ca activa de emprego nas xuntanzas do Programa de Educación Infantil.

4Controis da Garda Civil no rali

A Garda Civil para evitar un rali paralelo entre os afeccionados que se dirixiron a pasad fin de semana ao Cam-pionato de Rallycross de Montalegre (Portugal) estableceu un control nas estradas da Limia. Fixo 306 probas de alcol das que 5 foron positivas. Das 47 probas de drogas, 16 foron positivas, o que denota un aumento do consumo destas substan-cias entre os condutores.

XINZO E COMARCA

O incremento das afiliacións en Allariz situouse no 1,2%, o que coloca á vila entre as cinco cabeceiras comarcais máis puxantes no último ano

Xinzo de Limia vense amosando como un dos municipios máis resistentes aos efectos laborais da crise

Redacción

O mercado laboral de Allariz-Maceda é, xunto co da comarca de Ouren-se, o que ofrece máis fortaleza agora mesmo no conxunto da provin-cia. En canto á comarca da Limia, presenta un acentuado contraste en-tre a cabeceira comarcal e o resto dos municipios, con diferenzas moito máis acentuadas que no conxunto da provincia. Son dúas das principais conclusións do Observa-torio Económico da De-putación, que foi presen-tado en ambas bisbarras polo xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez.

No último ano, Allariz-Maceda sumou emprego neto a un ritmo do 1,4%, o segundo máis intenso da provincia. Todos os municipios da zona, agás Xunqueira de Espada-nedo (-1,5%), aumenta-ron os seus respectivos mercados de traballo en �015.

O incremento das afi-liacións no concello de Allariz situouse no 1,�%, o que coloca á vila ala-ricana entre as cinco ca-beceiras comarcais máis puxantes no último ano. A subida comarcal máis feble nas afiliacións foi a de Baños de Molgas (0,5%).

O primeiro municipio en neutralizar por com-pleto os efectos laborais da crise é o de Allariz, que xa contabiliza un 3% máis de empregos que os que tiña en decembro de �007. O xerente do Inor-de detallou que “Allariz-Maceda, que conservou ao longo de todo �015 a barreira dos 4.500 afilia-dos, presenta una nivel de emprego comparable ao de finais de 2012, polo que neutralizou tres anos completos da crise. Nos tres primeiros trimestres do ano pasado logrou creación neta de emprego,

evolución que só foi es-quiva no cuarto trimestre, no que baixou nun 1,1% a cifra de cotizantes”.

Situación na LimiaNo que se refire á comar-

ca da Limia, a febleza dos concellos rurais queda re-tratada no feito de que an-tes da crise só había dous municipios –Calvos de Randín e Porqueira– que contabilizaban menos de 300 empregos locais, men-tres que na actualidade son cinco –engadíronse Baltar, Os Blancos e Vilar de San-tos–, e nuns meses poderían ser sete, xa que Sarreaus e Trasmiras conservan esa barreira por un estreito marxe de 10 e de 15 afilia-cións, respectivamente.

Pola súa parte, Xinzo de Limia vense amosando como un dos municipios máis resistentes aos efec-tos laborais da crise. De feito, é o quinto concello

de toda a provincia que perdeu menos afiliados en toda a serie histórica da crise. En comparación con decembro de �007, o mer-cado de traballo de Xinzo de Limia só restou o 6,9% dos cotizantes.

José Manuel Rodríguez concluíu que “no segui-mento estatístico desta comarca preocupa espe-cialmente a brevidade dos períodos de recuperación, que son máis curtos que nas zonas máis desenvol-vidas da provincia. Ata agora, a creación neta de emprego nunca durou máis de dous trimestres consecutivos, o que está lastrando a superación da crise”, apuntou. Con todo, o xerente do Inorde mati-zou que A Limia non está entre as peores zonas da provincia na evolución do emprego en taxa acumula-da desde �007.

No último ano, o conxun-

to da comarca perdeu o 1,4% dos seus afiliados, mentres que dous concellos –Vilar de Barrio (6,7%) e Sandiás (1,3%)– inverteron tendencia e conseguiron crear emprego neto. Pola súa banda, Xinzo pechou �015 cun descenso do 1% nas afiliacións.

Por sectoresDos datos do Observato-

rio destaca o fito do sector servizos na comarca de Allariz-Maceda, instalado na actualidade en máximos históricos de emprego lo-cal, impulsando �.900 em-pregos. En canto á Limia, “a agricultura conserva un peso relativo do 17%, can-do a media provincial ape-nas supera o 4,5%, mentres que o sector servizos ten unha das proporcións máis baixas de toda Galicia, ao representar o 60,6%, doce puntos menos que a media ourensá”.

O paro en Allariz-Maceda baixou un 15% no último ano, na Limia apenas un 1,6%4 Danse a coñecer as conclusións do último informe do Observatorio Econó-mico da Deputación.

O alcalde de Xinzo entre o presidente e o xerente do Inorde.

O xerente do Inorde xunto aos alcaldes de Baños de Molgas, Allariz e Paderne.

4Allariz-Maceda lidera a baixada do paro

Na análise do paro, o Observatorio salienta que a comarca de Allariz-Maceda asinou no último ano o maior descenso provincial no número de parados. Cunha redución do 15%, dobrou a veloci-dade media da provincia (-7%). As baixadas foron xeneralizadas nos seis concellos que comparten unidade territorial, e en cinco deles o ritmo mes-mo superou o 15%.

Mentres, na Limia a re-dución de parados limi-touse ao 1,6%, o descen-so máis suave de toda a provincia. Con todo, ca-tro concellos están a res-tar parados a dobre díxi-to: Trasmiras (-13,6%), Sarreaus (-1�,6%), Rai-riz de Veiga (-11,1%) e Vilar de Barrio (-10%). O paro tamén decrece en Calvos de Randín (-8%), Vilar de Santos (-3,3%) e de xeito case inaprecia-ble en Xinzo de Limia (-0,1%), o que fai que a diminución a nivel co-marcal sexa moi lixeira, xa que a cabeceira con-centra máis da metade (55,5%) dos parados re-sidentes na Limia.

Page 9: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016

9

Tamén se puxo en marcha a máquina de tratamento de materia orgánica en Chorente

ALLARIZ E COMARCA

O edil de Medio Ambiente, o alcalde de Allariz e unha técnica de ADEGA xunto a unha das 24 illas de compostaxe repartidas pola zona urbana.

Redacción

O Concello de Alla-riz presentou, xunto coa asociación ADEGA, o balance de situación do programa RE (progra-ma de recollida de lixo e separación de materia orgánica) que a adminis-tración alaricana está a

poñer en marcha na vila.Logo de finalizar a pri-

meira fase do proxecto, información e conciencia-ción dos veciños, os téc-nicos municipais levaron a cabo o proceso de dota-ción loxística co reparto de composteiros indivi-duais para todas aquelas vivendas que o solicitaron

e a creación dunha ampla rede de composteiros co-munitarios.

Allariz conta con �4 illas de compostaxe ubica-das na zona urbana e máis de 130 composteiros que recollerá, cada un, a mate-ria orgánica de aproxima-damente 15 familias.

Ademais vén de poñerse

O Concello de Allariz pon en marcha un pioneiro programa de reciclaxe 4 Conta con 24 illas de compostaxe comuni-tario e máis de 130 composteiros.

4 Aberto o prazo de matrícula da aula de espera

A aula de espera de Allariz mantén aberto ata o 30 de abril o prazo de matrícula para o vindei-ro curso �016-�017, que debe formalizarse no Fo-gar dos Maiores.

A aula de espera é unha iniciativa que favorece a conciliación familiar e laboral, ofrecendo aos pais e nais traballadores a posibilidade de deixar aos escolares de educa-ción infantil e primaria no centro con anteriori-dade ao inicio das clases.

Os beneficiarios deste servizo municipal son cativos de 3 a 11 anos es-colarizados en Allariz.

4 Obradoiros de tocados e cosmética natural

A Fundación Ramón González Ferreiro ten preparados dous novos cursos. O primeiro deles será os días �9 (de 18 a �1 horas) e 30 de abril (de 10 a 13), e tratará sobre a elaboración de tocados. Os participantes aprende-rán a diferenciar calida-des, endurecelas e darlles forma.

A fabricación de cos-mética natural será o eixo doutro obradoiro o 12 de maio (de 16:30 a 20:30 horas). Nel trata-rase a elaboración arte-sanal de champús, pasta de dentes, desodorante, contorno de ollos, crema de mans, etc.

Para ambas actividades é preciso inscribirse en [email protected] ou no 988 436 18�.

4 Curso de cociña saudable

“O bo trato comeza en nós”. Así se chama o curso de cociña saudable e coidado que organiza a área de Servizos Sociais do Concello de Allariz.

O curso, impartido por Beatriz Angulo, comeza-rá o �1 de abril e celebra-rase os xoves, no Fogar dos Maiores, en horario de 18:30 a 21 horas. As inscricións realízanse no mesmo lugar.

[+ info no 988 554 059]

Redacción

A Asociación Galega de Apicultura conmemorará o Día Mundial da Abella o �0 de maio no marco do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que se inaugura o día 13.

Será unha xornada de divulgación apícola di-rixida ao público visitante e ás escolas da comarca, na que se poderá obser-var a presencia de abellas e abellóns polos xardíns e participar en obradoiros de elaboración de casas de polinizadores, candeas de cera, trampas caseiras

para capturar velutinas e degustación de meles.

AGA tamén organiza na provincia cursos rela-cionados coa apicultrua. Tres serán de iniciación, en Cualedro o 30 de abril e 1 de maio, en Amoeiro o 7 e 8 de maio e en Mui-ños o �1 e �� de maio. E impartirá un curso de especialización sobre reprodución apícola en Cualedro os días 11 e 1� de xuño e outro sobre cosmética apícola, en Maceda o �8 de maio.

[+ info en www.apicultu-ragalega.es ou no teléfono

981 508 14�]

Celebración do Día Mundial da Abella4 Organizado pola Asocia-ción Galega de Apicultura.

en marcha a máquina de tratamento de materia or-gánica, no parque empre-sarial de Chorente, á que irá destinada a recollida porta a porta de materia orgánica de grandes pro-ductores.

O proxecto conta con inversión externa do plan provincial �015, cas axu-das a parques empresarias para dotación de maquina-ria da Consellería de In-dustria e, tamén, a través do Ministerio de Medio Ambiente co programa PIMA que se desenvolverá ao longo do �016.

“Allariz é o primeiro concello galego que fai unha proposta integral de reciclaxe e separación de materia orgánica para toda a poboación”, explicou o alcalde Francisco García.

A existencia dunha orde-nanza municipal, modifi-cada para cambiar os hábi-tos da xestión da recollida do lixo e a conxelación da taxa do lixo durante cinco anos, son medidas com-plementarias que o conce-llo levará a cabo.

Redacción

Allariz rexistrou altas cifras de visitantes nesta Semana Santa, e unha ocupación hostaleira do 100%. De feito, 3.100 persoas pasaron pola súa oficina de turismo, pro-cedentes, sobre todo, de Galicia e do centro e nor-te de España.

A programación da “Semana Santa ao Vivo” con música na rúa, acti-vidades infantís e merca-dos de artesanía no Patio do Museo do Coiro e o de produtos da Reserva da Biosfera na praza de

Abastos foron un recla-mo para os visitantes du-rante os días festivos, así como a gastronomía e a oferta comercial.

A rede museística con-tinuou a ser un dos prin-cipais atractivos.“Preto de �.000 persoas visita-ron os museos” afirmaba o edil Alberto Conde. O Museo do Xoguete foi o preferido polos turistas, seguido do Museo da Moda e o do Coiro.

Exitosa Semana Santa ao Vivo4 3.100 persoas pasaron pola oficina de turismo.

2.000 persoas visitaron os museos

EN BREVEA Casa da Mocidade acolle un obradoiro da paisaxeRedacción

A Casa da Mocida-de de Allariz acollerá o obradoiro “Xuntos, pro-texemos a Paisaxe Ga-lega” organizado pola Xunta de Galicia.

O xoves �1 de abril, ás 18:30 horas, os par-ticipantes na actividade poderán expresar as súas aspiracións en canto aos obxectivos de calidade paisaxística, así como a súa opinión sobre as posibles medidas de pro-tección, planificación e xestión da paisaxe.

Estas actividades for-man parte dos 50 talleres públicos que a Xunta or-ganizará en toda Galicia, un por cada unha das 50 comarcas paisaxísticas nas que se divide o noso territorio. Esta distribu-ción pretende garantir unha maior equidade espacial no proceso de participación, facilitando á poboación de todos os ámbitos territoriais o ac-ceso a este proceso dun xeito presencial.

Web participativaOs obradoiros com-

plementaranse coa posta en marcha dunha plata-forma web participativa a través da cal calquera persoa dende calquera lugar e en calquera mo-mento poderá achegar a súa opinión e o seu co-ñecemento para o deseño das directrices da paisaxe galega.

A través da web (https://sixot.es/Paisaxe) os usuarios poderán lo-calizar puntos relevantes dende o punto de vista paisaxístico e asignarlles unha valoración, deter-minar os elementos que os compoñen e propoñer medidas de actuación.

No obradoiro parti-ciparán tanto axentes convidados polo seu co-ñecemento da área pai-saxística como público en xeral, que debe inscri-birse en [email protected] ou chamando aos teléfonos 981 541 755 e 981 541 756.

Page 10: Abril de 2016 - Barrios

10 BARRIOSAbril de �016 ALLARIZ E COMARCA

Redacción

A portavoz do PP de Allariz, Luz Doporto, cri-ticou que de novo se pe-chen as contas municipais do �015 cun remanente de tesouraría negativo de 39�.��5 euros.

O Concello de Allariz excedeu o límite da regra de gasto en 559.�61 euros, aumentando durante o pa-sado ano o gasto corrente en 406.399 euros con res-pecto ao ano �014.

Valoran desde o PP que a pesar de todo os esforzos realizados polos alarica-nos, “que asumiron con re-signación a tremenda suba

de impostos e o apagado de máis da metade da ilu-minación pública, vemos que todo esforzo é inútil dado que a máis déficit do Concello de Allariz, máis gasto e máis derroche”.

Desde o grupo munici-pal popular reiteraron a súa petición ao BNG a que “poña freo” á dilapidación que desde o Concello se segue facendo “das xa maltreitas arcas munici-pais”.

Solicitan, por tanto, a redución do gasto “para non seguir sacrificando o investimento ano tras ano. Allariz está paralizado pola xestión do BNG. Os

O PP de Allariz, crítico coa xestión financieira municipal4 O Concello pechou 2015 cun remanente de tesouraría próximo a 400.000 euros.

alaricanos non renovaron a confianza no BNG nas últimas eleccións para recibir este pago por par-te dos seus gobernantes”, subliñan desde o PP.

17.000 firmas piden en Internet a reformulación da Festa do Boi4 A Asociación Cultural Xan de Arzúa defen-de que non existe maltrato animal.

Redacción

Máis de 17.000 persoas asinaron xa unha petición na plataforma Change.org para que o Concello de Allariz suprima a par-ticipación de animais na Festa do Boi. A festa in-clúe o uso de bois atados con sogas, que percorren as rúas da localidade.

A petición, iniciada pola Asociación Anima-lista Libera, sinala que o sufrimento dos bóvidos non debería ser parte dun festexo popular en nin-gún punto da xeografía española. “A tensión, as ataduras e a presenza de persoas ao seu redor pro-vocan nos animais unha situación de malos tratos psíquicos evidente, ad-vertido por profesionais veterinarios”, sinala o colectivo animalista.

É por iso que nesta pe-tición instan ao Concello de Allariz a que refor-mule a festa, e substitúa a participación dos bois por un festival folk de re-ferencia, unha feira para potenciar a comarca e un espazo para novas pro-mesas da música.

Comunicado da Aso-ciación Xan de Arzúa

A raíz desta petición, a Asociación Cultural Xan de Arzúa emitiu un co-municado no que expón que na Festa do Boi “non

existe maltrato animal”. “Non é, dende logo, un

San Fermín galego, compa-ración que só se pode facer dende o descoñecemento. Aquí non hai ‘encierros’ porque aquí non hai ‘corri-das’” xa que a Festa do Boi non é un evento taurino; de ningún modo é sentido así polos veciños que a prota-gonizan nin recibe ningun-ha autorización adminis-trativa especial, diferente á de moitas outras festas que se celebran no concello ao longo do ano”, replican.

Desde o colectivo que or-ganiza a festa negan que se produzan ataques ou agre-sións ao boi. “O obxecto das carreiras non é perse-guir o boi nin golpealo nin, moito menos, como se di nalgún dos informes xené-ricos difundidos estes días como se fosen referidos á festa de Allariz, facelo pa-sar fame ou sede. Simple-

Luz Doporto, voceira do PP de Allariz./ARQUIVO.

mente, trátase de correr ao seu lado”.

Explican que nas carrei-ras do boi programadas du-rante a semana de festexos empréganse catro animais, participando cada boi nun-ha carreira cada dous días durante un máximo de 30 minutos. A organización conta co asesoramento de persoal especializado para o trato, a alimentación e coidado dos animais, subli-ñan desde a asociación.

A edición �016 da Festa do Boi celebrarase do �1 ao �9 de maio.

Unha carreira do boi./ARQUIVO.

Libera sinala que o sufrimento dun animal non debería ser parte dun festexo; Xan de Arzúa nega que se produzan agresións ao boi

Redacción

O Concello de Allariz, xunto coa Dirección Xeral de Tráfico e a Policía Lo-cal, presentou o programa “Allariz no camiño”, un proxecto de adecuación ao tránsito peonil de cinco percorridos urbanos ata o colexio Padre Feijóo.

O programa plantexa a intervención no trazado de varias rutas para mellorar

o uso seguro e accesible coa finalidade de que os escolares as empreguen diariamente no seu perco-rrido ao colexio.

O camiño escolar de Allariz comporase de cin-co rutas, diferenciadas por cores, que confluirán na praza do Couto, último tramo do camiño escolar. En todos os cruces de rúas e viais e zonas conflicti-vas siturase o logotipo do

Cinco rutas para ir ao cole a pé4 O programa “Allariz no ca-miño” busca aumentar a au-tonomía infantil.

camiño (Don Pé) que indicará a ruta a seguir e durante o traxecto haberá elementos identificativos así como sinalización adecuada e presenza, en caso necesario, de mem-bros da policía munici-pal.

Segundo explicaba o director do colexio Padre Feijóo, Javier Fernán-dez, os obxectivos do programa céntranse no aumento da autonomía infantil así como reducir o número de vehículos que transportan nenos ao colexio fomentando así o coidade do medio am-biente e a convivencia, favorecendo que os me-nores acudan ao colexio en compañía de amigos e compañeiros.

Page 11: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016

11CELEBRACIÓNS especial

Escolle Os Caracolespara as túas celebracións

Desde hai case dúas dé-cadas, Hotel Restaurante Os Caracoles é toda unha referencia no sector gas-tronómico de Ourense. Especialistas en alta coci-ña tradicional, da súa carta destacan as carnes da co-marca e o bacallau. O trato amable e persoal co clien-te é un dos seus sinais de identidade.

De cara á organización de comidas especiais, sexa unha voda, un bautizo, unha primeira comuñón ou calquera outra celebración en grupo, en Os Caracoles porán á vosa disposición menús acordes ao tipo de

OS CARACOLESA Derrasa, s/n - Pereiro

de Aguiar - Telf. 988 380 165

evento, e aos vosos gus-tos e presuposto.

Diariamente ofertan servizo de comedor tanto á carta coma con menú, e servizo de cafetaría con almorzos, pinchos e tapas.

Os Caracoles é tamén hotel, dispondo de 14 cuartos -individuais e dobres- con conexión a internet, TV, calefacción e auga quente.

Aparcadoiro exterior con acceso para discapa-citados, ascensor, zona axardinada, de xogos e terraza son outros dos seus servizos.

Mesa montada para unha celebración en Os Caracoles.

Un dos salóns de Os Caracoles.

Fai 10 anos organizar unha voda custaba de media uns �5.000 euros. Coa crise económica, os menús, os traxes, a lúa de mel e todos os detalles do enlace son máis modera-dos, rozando agora toda organización os 16.500 euros (segundo datos da Federación de Usuarios e Consumidores Inde-pendentes, FACU). Pero esta cifra varía, e moito, dependendo da comuni-dade autónoma na que sexa a celebración. No alto da lista atópase Ma-drid, onde unha voda con 100 convidados custa aproximadamente �1.000 euros, fronte a rexións como Extremadura e Canarias, onde ten un prezo de 14.000. Galicia atópase contra o medio desta táboa, rondando os 18.000 euros.

O banqueteO banquete é o prin-

cipal gasto, rondando a metade do presuposto. O menú oscila entre os 75 e os 100 euros por persoa, en función do restaurante e os pratos elexidos. Ao que hai que engadirlle a música e a barra libre posteriores que poden su-mar uns 800 euros máis.

De seguido atopamos o vestido da noiva, que oscila entre os 500 e os 1.650 euros, ao que se unen zapatos, comple-mentos, maquillaxe e ramo, que implican en-gadir entre 350 e 700 euros.

Pola súa banda, o traxe

do noivo móvese entre os 375 e os 1.�00 que pode custar baixo unha firma recoñecida. Pero fron-te a isto atópase a opción de alugar un chaqué, con chaleco e gravata, por 90 euros.

Así mesmo, as flores para decorar o lugar da cerimonia e do banquete rondan os �50 euros, as in-vitacións engaden outros �00 euros ao presuposto, a reportaxe fotográfica osci-la entre os 900 e os 1.500, e a presenza de música en directo durante o enlace pode variar entre os �00 e os 1.000 euros.

Nos detalles foi onde as parellas comezaron a recurtar debido á crise, e a agudizar a imaxinación con manualidades perso-nalizadas, orixinais e moi valoradas polos convida-dos. Agora, a media de gasto neste apartado sitúa-se sobre os 450 euros.

Lúa de mel E despois dun día único

toca unha lúa de mel de ensoño, pero as dificul-tades económicas tamén fixeron que o gasto nesta especial viaxe se fose re-ducindo, situándose agora en torno nun mínimo de 1.150 euros por parella.

Pero como o valor non está no material, cada pa-rella, escolla a maneira que escolla para casar, ante dous ou ante �00 convidados, cunha lúa de mel no Caribe ou sen saír de Galicia, se-guro que logrará converter ese día no máis importante da súa nova vida.

O prezo de casar4 O banquete, o vestido da noiva e a lúa de mel, no centro do presuposto.

Dámosvos uns sinxe-los pasos para organizar unha voda perfecta.

1. Decidir a data e o restaurante. Elexir o día do enlace é das primeiras cousas que se debe facer, para pechala canto antes co restaurante no que se desexe festexala.

2. Tipo de cerimonia. Decidir como será o en-lace (civil ou relixioso) é o seguinte paso. Sexa cal sexa a elección debes in-formarte dos documentos e requisitos esixidos.

3. Convidados. Con-formar a lista de convi-dados é moi importante, tendo en conta o tipo de celebración desexada e o presusposto do que se dispón. De seguido, é importante realizar a dis-tribución das mesas.

4. Elexir os traxes.O vestido de noiva e o traxe de noivo son aspectos chave. Sentirse cómodo coa elección e adaptar a

mesma ao estilo da voda son aspectos importantes.

5. Música e festexo.Elexir a música para a ce-remonia e a celebración non é sinxelo, pero será un dos aspectos inolvida-bles. Romántica, diverti-da, clásica, actual… cada parella debe adaptar a escolla musical ás súas preferencias. A animación infantil para os cativos e divertidos photocalls para os maiores son propostas modernas e coas que se acerta seguro.

6. Detalles. Tamén é im-portante escoller os agasa-llos para os convidados. Que sexan útiles é o máis recomendable, pero sen esquecer algún detalle per-sonalizado que convertirá ese día en inesquecible.

7. Lúa de mel. Se ten-des algún destino en men-te e queredes viaxar nun momento concreto é acon-sellable organizar a lúa de mel canto antes.

4 Organización

Organizar unha voda en Galicia ten un custo medio de 18.000 euros

Page 12: Abril de 2016 - Barrios

1� BARRIOSAbril de �016 especial CELEBRACIÓNS

O apelido Dacal está ligado en Xinzo ao mun-do da fotografía. Luis e Gonzalo Dacal, cuarta xeneración de fotógra-fos, están á fronte de Foto Dacal na rúa San Roque. Son 65 anos de historia desta tenda, unha longa traxectoria que os coloca como pioneiros en Ourense en facer re-cordatorios de comuñón e vídeos de voda, e xa, máis recentemente, in-corporar o álbum dixital.

Para o día da túa voda, unha única recomenda-ción que dan estes dous irmáns aos noivos: “que contraten un fotógrafo profesional”, non en van, as fotografías e o vídeo “van ser o único recordo que lles quede”. Eles rea-lizan reportaxes comple-tos do enlace, incluíndo a cerimonia e o banque-

te, así como de bautizos ou primeiras comuñóns, e entregan o resultado en formato de álbum dixital.

Outros dos seus servizos son o retoque de fotogra-fías antigas, a dixitaliza-ción de películas VHS para evitar que se perdan, o revelado dixital ou a foto de estudo, tanto de bebés,

Desde fai sete anos, Ka-prichos é a opción de moi-tos verineses e verinesas para as súas compras de lencería e roupa de fogar. Para o día ao día, pero ta-mén para celebracións es-peciais como é unha voda, en Kaprichos de seguro atoparemos o que estamos buscando e mellor nos queda. Suxeitadores, bra-gas, ligueiros, camisóns, batas… de marcas como Passionata, Intima Cherry, Freya ou Chantelle. A ofer-ta é ampla, desde a talla 38 ata a 50 e desde a copa B ata a dobre H. O branco xa non se leva, agora as noi-vas decántanse por cores coma o cru, o marfil ou o cava. Sexa cales sexan as túas preferencias e gustos, Marisa Rodríguez, á fronte do negocio, darache o me-llor consello.

En Kaprichos tamén po-

derás mercar o bikini ou bañador e toalla que levar á túa lúa de mel, ou mercar a roupa para o teu bebé. Date

Kaprichos, a túa tenda de lencería en Verín

A oferta de suxeitadores vai desde a copa B á dobre H.

A fotografía en Xinzo de Limia apelídase Dacal

KAPRICHOS r/Deputación, 18 - 988 413 589 - Verín

FOTO DACALr/San Roque, 39 - 988 480 251 - Xinzo

As noivas decátanse por cores coma o cru, o marfil ou o cava na súa roupa interior

unha volta polo seu esta-blecemento e sorprende-raste con todo o que ato-pas no seu interior.

como de comuñón ou das parellas. A través da web www.fotodacal.dreambo-oks.es os seus clientes po-derán elaborar os seus pro-pios álbumes, de diferentes formatos e tamaños.

Ademais son especialis-tas en enmarcación, tanto de fotografías como de es-pellos ou cadros.

Page 13: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016

13CELEBRACIÓNS especial

Vorec, vodas con identidade, non idénticas

Vorec é un exclusivo servizo de deseño e orga-nización integral de todo tipo de eventos (vodas, bautizos, comuñóns, des-pedidas de solteiro, aniver-sarios, reunións de empre-sa, festas temáticas, etc), cun alto nivel de servizo, creatividade, profesionali-dade e experiencia á hora de organizar calquera ce-lebración, prestando unha especial atención aos pe-quenos detalles.

Asesoran, planifican, xestionan, supervisan e coordinan todos os aspec-tos relacionados con cada evento: localización de es-pazos singulares, montaxe e oficiante de cerimonias, catering, música e espec-táculos, decoración, ilumi-nación e son, invitacións e obsequios, fotografía e vídeo, aloxamento e trans-porte para convidados, perruquería, servizo de canguro, azafatas e todo aquilo que poida axudar a ter un evento perfecto.

Como expertos plani-ficadores de vodas, ase-soran aos noivos desde o principio, deseñándolles unha voda á súa medida, axeitándoa ás súas prefe-rencias, informándolles

puntualmente dos pasos a seguir, etc., en definiti-va transmitindo confian-za e seguridade.

Contar con Vorec para a organización da súa voda é obter un servizo integral onde transfor-man espazos nada per-soais en ambientes máxi-cos, coa personalidade e esencia de cada cliente, con calidade e bo gus-to, para lembrar ese día como algo irrepetible.

Dispoñen de varios tipos de contratación dependendo das nece-sidades dos noivos. Po-dedes contratar servizos puntuais que vaiades necesitando, coordinar o día da voda ou a máis demandada, unha orga-nización integral, onde vos axudarían na organi-zación completa do voso gran día.

Cerimonias persona-lizadas

Vorec, como empresa pioneira no oficio de ce-rimonias civís en Ouren-se, deséñavos cerimonias personalizadas, emoti-vas, diferentes e únicas, en resumo, a cerimonia dos vosos soños.

VOREC - www.vorec.esr/Marcelo Macías, 22 - [email protected]

Telf. 988 103 099 - 661 567 172 - Ourense

Cada vez son máis as parellas que deciden casar nunha praia, un xardín ou na súa propia casa. Para iso Vorec ofrécevos todo o necesario para a mon-taxe da vosa cerimonia: cadeiras, música, ofician-te, decoración...etc. Eles encargaríanse de todo o necesario para que vós go-cedes plenamente dun día tan especial.

Achegan creatividade a calquera evento manténdo-se ao tanto de todas as novi-dades e últimas tendencias. Entenden que a decoración e mobiliario é algo funda-

mental para personalizar calquera celebración polo que dispoñen dun amplo catálogo de material en alu-guer (mantelería, cadeiras, zonas chill out, photocall, mobiliario, decoración...). Unha das súas últimas ad-quisicións é a cadeira ti-ffany, a cal dará un toque de distinción e elegancia a calquera evento.

Na súa tenda poderás atopar todo tipo de invita-cións, clásicas, modernas, exclusivas e mesmo perso-nalizadas e os mellores de-talles para sorprender aos vosos invitados.

Cada vez son máis as parellas que deciden casar nunha praia, un xardín ou na súa propia casa.

Page 14: Abril de 2016 - Barrios

14 BARRIOSAbril de �016 especial CELEBRACIÓNS

Ante a celebración da primeira comuñón dos no-sos fillos xorde o dilema de se facer unha pequena ce-lebración na casa ou optar por unha comida nun res-taurante. A pesar da crise económica, son moitos os pais que seguen a facer un gran esforzo para que este día sexa moi especial para os seus pequenos e que non falte ningún detalle. De feito, segundo a FUCI, en España gastamos de media neste tipo de evento 1.768 euros. Cifra que veu caendo dende �009, polos axustes de presuposto que tiveron que facer as fami-lias, e aos que tiveron que adaptarse os establece-mentos relacionados con esta celebración.

Igual que acontece nas vodas, o banquete dunha primeira comuñón ce-lebrada nun restaurante adoita ser o máis caro do presuposto, xa que oscila entre os 30 e 50 euros por comensal. Ao que se suma o animador que adoita ser contratado trala comida para divertir aos máis ca-tivos e cuxo custo se sitúa nuns 100 euros.

En canto ao traxe, con-tinuamos coa tendencia nupcial, e as nenas acostu-man a lucir vestidos máis caros. Mentres o traxe dun rapaz ronda os 80 euros, o das rapazas sobe ata os 130 euros de media. Ci-fras ás que hai que sumar zapatos, complementos e peiteados, polo que o gas-to nos nenos ascende a uns 150 euros e nas nenas as �30.

Coa crise económica, a reportaxe fotográfica e os detalles foron aspectos nos que os pais máis recur-taron en gastos. A primeira ronda agora os �30 euros

de media, e os segundos o euro por convidado.

OrganizaciónPara comezar a organizar

unha primeira comuñón o primeiro paso é facer a lista de convidados. Hai que ter en conta que se trata dunha celebración eminentemen-te familiar; pódese invitar tamén a algún amigo do comulgante.

De seguido debemos es-coller o lugar no que cele-brar o banquete, e o máis cómodo é confiar esta ce-lebración a un restaurante, deixando en mans de pro-fesionais esta parte tan im-portante, elexindo o menú que máis se axuste aos nosos gustos e presuposto e sen deixar de participar na decoración do espazo, para poder engadir algún detalle ao gusto do cativo.

As invitacións, recor-datorios, portafotos…son outra parte primordial deste día, e é recomen-

Como organizar unha primeira comuñón inesquecible4 O banquete adoita ser o punto máis caro do presuposto.

dable que vaian a xogo, encaixando co estilo da festa.

O traxe do neno ou nena tamén ocupará parte im-portante da organización, así como o dos propios pais, xa que é un día para estar todos radiantes.

Outro aspecto impor-tante será a festa poste-rior á comida, na que os nenos serán os protago-nistas. Animación e in-chables son chave para que este día sexa diver-tido para eles e para que os maiores tamén poidan gozar da festa.

Por último, unhas ma-nualidades preparadas con cariño para membros destacados da familia, como poden ser os avós, supoñen un broche moi emotivo e inesquecible.

E o principal de todo, non esquecer, con todos estes preparativos, o sig-nificado espiritual desta celebración relixiosa.

En España gastamos de media neste tipo de evento 1.768 euros

Cando pensas en fotos de comuñón rapidamente venche a imaxe que to-dos temos plasmada dese estilo fotográfico. Verche retratatado no salón dos teus pais co neno Xesús nas túas mans ou no fa-moso reclinatorio facía que cada vez que a túa nai presumise do guapo que era o seu raparigo ti non sabías onde meterte.

Hoxe en día as re-portaxes de comuñón dalgúns profesionais xa nada teñen que ver e unha sesión fotográfica de comuñón é un traba-llo moito máis amplo onde se coidan as loca-lizacións e os gustos dos máis pequenos.

Borys Martínez é un dos fotógrafos que me-llor entende as novas for-mas de crear recordos.

O seu estudo atópase en Verín, pero moitos dos seus clientes desprázanse desde outras localidades para realizar a reportaxe de comuñón onde a be-leza do val de Monterrei axuda para crear fantásti-cos álbumes atemporais.

Que é unha reportaxe de comuñón?

Borys Martínez: “Para min o máis impor-tante é poder plasmar a esencia dos nenos, deixar que sexan eles nas fotos, que poidan ter un recordo desa etapa da súa vida. As fotos máis naturais e espontáneas son o seu mellor recordo”.

Como son as túas fo-tos?

B.M: “Máis que fo-tos, son recordos, com-binamos sesión no noso estudo, onde tentamos recrear escenarios reais para que as fotos teñan un toque natural, desde

xanelas até unha Harley Davidson en miniatura e outra parte en exteriores, sorpréndense moitas veces das paraxes espectaculares que temos á beira e que moitos non coñecen”.

Sempre se escoita que os nenos se aburren.

B.M.: “Si, vén coa idea de que todo vai ser un ro-llo, pero ao final non que-ren acabar a sesión, o truco é moi sinxelo, ser amigos deles e que todo se conver-ta nun xogo”.

Fotos raras de comu-ñón?

B.M.: “Teño de todo, a verdade que me abro a todas as ideas... o ano pasado pasámolo xenial cunhas fotos onde Miguel nos trouxo ao seu pai cos seus amigos moteiros, iso si, todo orgulloso co seu casco. Pero... desde acabar na auga ou pintados de co-lorines.. iso si, sen o traxe de comuñón.

Cando hai que contra-tar unha comuñón?

B.M.: “No meu caso canto antes, só facemos un número limitado de repor-

taxes, posto que as vodas quítannos moito tempo e gústanos facer as cousas ben. Mellor pouco é ben que moito e mal”.

Mariñeiro ou de capi-tán?

B.M.: “Faime moita gra-za... pero os nenos son os que mandan... se a eles lles gusta ir de mariñeiros pois que vaian de mariñeiros, É o seu día... o que non en-tendo é esa tradición cando non temos mar, pero está claro que cando os deixa-mos escoller a eles canto máis dourado mellor”.

Onde poden ver os teus traballos?

B.M.: “Podedes entrar na miña web, www.borys-martinez.es ou en calquera das redes sociais buscando Borys Martínez ou mirar o noso escaparate na rúa Luís Espada �1”.

Algunha consello para

os nosos lectores?B.M.: “Animar a todos

os pais a que fagan fotos, é un recordo, xa non digo de comuñón se non do que eles queiran, pero que fa-gan fotos. O tempo pasa e é a única forma de conxe-lalo, dentro duns anos terá moitísimo valor. A que vos gusta ver fotos vosas de pequenos? Agora mesmo todo o mundo garda as fotos nun pen, que pasará dentro de 30 anos, onde es-tará ese pen?”

As fotos de comuñón están a cambiar

Fotografía de comuñón realizada por Borys Martínez.

Page 15: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016

15CELEBRACIÓNS especial

En Reyso Viajes, en Verín, levan xa 1� anos asesorando a todo tipo de parellas de recén ca-sados. Por iso para as lúa de mel ofrécenvos os destinos e os paquetes turísticos que esperades para unha viaxe tan úni-ca e especial. Traballan coas mellores marcas e receptivos do sector, xa que para esta axencia de viaxes verinesa a con-fianza, a seguridade e o coñecemento son funda-mentais á hora de vender viaxes.

Ao longo destes anos este tipo de viaxes foron evolucionando: aos clá-sicos destinos de grandes resorts en praias do Ca-ribe e Índico, engádense como tendencia viaxes culturais, safaris en busca de vida salvaxe, viaxes ao exotismo asiático, ou cruceiros de luxo, e todos eles coa mellor relación entre prezo e calidade.

Como gran novidade Renso ofrece a todas as parellas un seguro mul-tirrisco especial para cu-brir calquera imprevisto

que poida xurdir. Se os noivos teñen que anular a súa voda todos os gastos que puidesen ter, como o restaurante, floraría, barba-ría, fotografía, vestimenta, etc.. poden estar cubertos con este novo servizo.

Desde Reyso Viaxes póñense a disposición das parellas para conseguir que a viaxe da súa lúa de mel sexa inesquecible no tempo.

Outras ofertasDoutra banda, agora que

xa queda menos para o ve-

Unha lúa de mel únicacon Reyso Viajes

rán, nos destinos de praia para familias dispoñen dun amplo abano de hoteis con animación e instalacións ideais para que os máis pe-quenos estean entretidos e os maiores poidan gozar e desconectar das merecidas vacacións.

E xa para finalizar, Rey-so Viajes tamén un produto low-cost, ideal para xente que quere gastar pouco pero non por iso deixar de viaxar e explorar cidades como Roma, Londres, Pa-ris, ou Amsterdam, entre outras.

REYSO - r/Remedios, 3, baixo B - Telf. 988 59 04 26- Verín

Grandes resorts de praia, viaxes culturais, safaris, cru-ceiros de luxo son algunhas das alternativas.

Porque a comodidade non está reñida co estilo, Komodamoda leva case unha década ofrecendo ás súas clientas roupa de festa cunha ampla tallaxe.

Desde o pasado outono nunha ubicación máis am-pla e céntrica na capital ourensá, na rúa Bedoya, 13, Komodamoda conta xa nos seus estantes coa nova colección de festa, que nos presenta vestidos tanto cur-tos coma longos, a maioría ata a talla 60. Con calquera deles estaredes ideais para asistir a unha voda, bauti-zo, comuñón ou calquera outra celebración.

Son prendas ultra cómo-das e actuais, para que as invitadas se sintan a gusto con elas mesmas e poidan gozar ao máximo desa fes-ta especial sen ter que pre-ocuparse pola tallaxe.

TendenciasNesta nova tempada des-

tacan as cores verdes, azuis e moradas e tamén os es-tampados florais. Seguen a verse as telas bordadas, os encaixes, os volantes, as capas superpostas, os dra-

Komodamoda, a talla non importa

KOMODAMODA r/Bedoya, 13 Tel. 988 25 43 59 - Ourense

peados nos corpiños e os corpos con pedrería.

No interior da tenda tamén

poderedes atopar unha pe-quena colección en moda baño e corsetería.

Un deseño longo de festa con estampado.

Page 16: Abril de 2016 - Barrios

16 BARRIOSAbril de �016

Marisol Mendive é profesora no Conservatorio de Música de Ourense, e dirixe e imparte o Ciclo de concertos didácticos de órgano de Celanova./S.N.

CELANOVA E COMARCA

“É unha experiencia única para os estudantes”, asegura Marisol

A directora xeral de Co-mercio, o xerente de Ga-licia Calidade e o alcal-de de Celanova, durante a súa visita á fábrica de Quesos Feijoo./M.R.EJO.

Quesos Feijoo recibe o selo de Galicia CalidadeRedacción

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, acompañada polo xeren-te de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, en-tregou en Celanova o certificado de garantía Galicia Calidade á em-presa Quesos Feijoo, a cal pode a partir de agora incluír este recoñece-mento na súa etiquetaxe para o queixo certificado pola Denominación de Orixe Protexida Queixo de Tetilla.

O certificado de uso, con validez para os próxi-mos tres anos, permitirá a Quesos Feijoo incluír o distintivo nas etiquetaxes así como nas diferentes accións de promoción que leve a cabo.

Calidade e tradiciónQuesos Feijoo, duran-

te máis de sete décadas e catro xeracións, segue a elaborar queixos de forma tradicional. Crea-da en 1949, actualmente está consolidada en Es-paña e busca afianzarse en México, Portugal ou Italia.

Nos oitenta e noventa, a empresa abordou un plan de expansión, ao elaborar os primeiros queixos de pasta dura ou barra e os semicurados de mestura de leite de vaca e nata de ovella. E en �015 lanzou o requeixo e o semicura-do de vaca e de cabra.

Silvia Nieto

Marisol Mendive na-ceu en Bilbao, pero dende pequena viviu en Zara-goza. Alí estudiou piano, e ao rematar formouse no órgano de tubos, tan-to na capital de Aragón como en Barcelona.

Estivo varios anos de organista nun santuario e fai 10 anos dedidiu optar á praza de profesor de órgano que se ofertou no Conservatorio de Ouren-se, o único da comunida-de que ensina esta espe-cialidade.

Nos últimos sete anos compaxina as clases no conservatorio coa direc-ción do Ciclo de concer-tos didácticos de órgano que se imparte na igrexa de Celanova.

Como xurdiron estes concertos didácticos?

Marisol Mendive: “O Concello de Celanova acababa de restaurar o órgano da igrexa, quería sacarlle partido e pen-sou nesta actividade. Ao mesmo tempo, un grupo dos meus alumnos, eran sete ou oito, que daquela daban clases de música en Secundaria, sabían que os estudantes ían a concertos didácticos im-partidos pola Filarmonía de Santiago, a Orquesta Sinfónica da Coruña, e parecíalles que sería unha boa idea facelos de órgano.

Polo que ambos con-fluíron na mesma pro-posta. E así empezou fai sete anos. Creouse unha unidade didáctica, que se colgou na web, fíxose un calendario e comezamos con poucos alumnos,

todos do entorno de Cela-nova, eles sentábanse no coro e eu faláballes, pero non tiñamos os medios que hai agora.

Pouco a pouco todo se foi profesionalizando. E logo veu o apoio da Xunta, porque economicamente o Concello, aínda que non se precisa unha inversión ele-vada, non pode afrontalo todo, e agora están apoia-dos pola Secretaría Xeral de Cultura.

Na actualidade hai moito soporte técnico, hai cámara de video, canón con pan-talla, micro inalámbrico, 50 sillas… xunto a persoal do Concello que axuda a distribuir os grupos e or-ganizar o ciclo. Ademais, o Concello encárgase de enviar a información aos centros escolares para que se inscriban. Trátase dunha actividade pioneria en Es-paña, é a única dirixida a grupos de alumnos de toda unha comunidade”.

Cal é a particularieda-de principal deste ciclo?

M.M.: “A primeira no-vidade é o lugar no que

se imparten os concertos, o órgano de Celanova e o coro alto, que son especta-culares. Así conséguese un encontro directo dos mozos cun patrimonio do século XVI que doutra forma non coñecerían.

Nesta actividade van escoitando a historia dos monxes, da liturxia… e todo xera un ambiente que os mete directos na mes-ma.

Tamén que o órgano é único, cunha caixa das de maior tamaño de Galicia. Porque grandes órganos en uso na actualidade en Galicia só están os de Tui, Compostela e Celanova. E por último o son en directo dun instrumento de tanta beleza e riqueza sonora, que os impresiona porque non están acostumados a escoitar un instrumento deste tipo”.

En que consiste un con-certo didáctico?

M.M.: “O que é o con-certo didáctico dura unha hora. Na primeira parte eu explícolles dunha forma dinámica a historia do ins-

trumento; na segunda parte séntome ao órgano e ensé-ñolles todos os sons, o ven-to, os fuelles; e na terceira eles son os protagonistas, eles tocan coa flauta doce acompañados do órgano as obras que prepararon pre-viamente cos seus profe-sores. A min isto paréceme o máis fermoso da activi-dade.

Pero en xeral, sorprende o silencio que hai, a aten-ción que poñen e o respec-to que mostran.

Falamos de adolescen-tes entre 1� e 18 anos, e tratando un tema como o do órgano, pero marchan felices”.

Cantos alumnos adoi-tan participar ao ano?

M.M.: “Temos unha media de 1.100 ou 1.�00 alumnos cada ano proce-dentes de toda Galicia.

Este ano xa está todo o programa pechado, xa es-taban completados os 30 grupos tres semanas antes de comezar o ciclo, e iso quere dicir que xa está dentro da rutina dos cen-tros escolares”.

ENTREVISTA A MARISOL MENDIVE

“O lugar, o instrumento e a beleza sonora impresiona aos estudantes”4 Marisol Mendive achéganos ao Ciclo de concertos didácti-cos de órgano de Celanova.

Esta actividade com-pleméntase con visitas a lugares culturais emble-máticos de Celanova.

M.M.: “Si, é o comple-mento ideal. Ao principo só comezou con música, pero agora inclúense visitas á Casa dos Poetas, Castro-mao e Vilanova dos Infan-tes. Os institutos que veñen gozan de interdisciplina-riedade, xa que se xuntan alumnos de lingua, historia e música, e todos aprovei-tan a visita. Por iso fai falla un equipo importante para organizar aos distintos gru-pos. Eu creo que isto é un regalo para Celanova, para dar a coñecer a vila e a súa historia entre alumnos de toda Galicia”.

En que pode seguir me-llorando esta iniciativa?

M.M.: “Creo que é unha idea que cuallou moi ben, e que pode dar de si proxectos interesantes, como facer un video ou unha gravación cos me-llores grupos. Polo que se houbera un apoio econó-mico estable, porque hoxe non está orzamentado nin pola Xunta nin polo Con-cello, poderían incluírse outros proxectos”.

Cal foi a túa primeira impresión cando viches a igrexa de San Salvador e o seu órgano?

M.M.: “Impresionoume moito. En xeral, toda Ga-licia, porque ten un pa-trimonio de mosteiros incrible, Ramos, Oseira, Santo Estevo… E o de Ce-lanova é incrible, o coro alto é único, a igrexa ta-mén me impresionou, e chamoume a atención que o órgano estea en uso, e o empreguen nas misas. Así é como debe ser, que o ór-gano sexa un obxecto usa-do de xeito normal. E ese é o labor do Conservatorio de Ourense, dar a coñecer este patrimonio que está moi abandonado, e formar aos mozos organistas para que o vaian promovendo”.

Que balance fas destes sete anos de concertos?

M.M.: “É unha expe-riencia única para os estu-dantes, é preciosa, é unha forma de achegar o patri-monio cultural aos mo-zos. Creo que o Concello de Celanova ten que estar moi orgulloso deles”.

“As visitas culturais á Casa dos Poetas, Castromao e Vilanova son o complemento ideal, para dar a coñecer a vila e a súa historia entre os alumnos de toda Galicia”, explica a directora

Page 17: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016

17

Anxo Lorenzo, José Luis Ferro, Mercedes Gallego e Anto-nio Piñeiro, xunto á rúa Pepe Velo de Celanova./P.L.

CELANOVA E COMARCA

Paula Lodeiro

Neste �016 cúmprense 100 anos do nacemento de Xosé Velo Mosquera, e para axudar a difundir un pouco máis a súa fi-gura entre celanoveses en particular e galegos en xeral, a Secretaría Xeral de Cultura, o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez prepa-raron un programa de actos. O máis destacado será unha exposición na que estará presente unha maqueta de dous metros do Santa María, o bu-que portugués que Velo secuestrara no medio do océano Atlántico para denunciar ante o mundo as dictaduras de Franco e Salazar.

Segundo explicou o biógrafo de Pepe Velo e técnico municipal de Celanova, Antonio Piñei-ro, a mostra abordará “a dimensión social” deste transatlántico, na memo-ria de tantos celanoveses, ourensáns e galegos que emigraron a Venezuela. Actualmente a exposi-ción está en fase de pro-dución por parte da Fun-dación Curros Enríquez, que tramita co Museo de Pontevedra –onde está depositada a réplica do

barco -. A intención é que estea aberta ao público, na Casa dos Poetas, nos me-ses de verán, para posibili-tar que sexa visitada polos emigrantes.

Cita para os escolaresAdemais, os actos con-

memorativas contarán cunha xornada dedica-da aos escolares o 11 de maio, e un ciclo audiovi-sual, coa proxección dos documentais de Xan Leira, Margarita Ledo e Francis-co Manso. Así como un concerto de Carmen Penín de �naFronteira, quen mu-sicou varios poemas escri-tos polo propio Pepe Velo.

José Velo Mosquera foi cofundador das Mocida-des Galeguistas, activo

dinamizador cultural e po-lítico da sociedade galega en Caracas, poeta, xorna-lista, traductor e mestre de Matemáticas. Faleceu en 197� no exilio en Brasil. O intelectual e activista Pepe Velo conta cunha rúa en Celanova desde hai �0 anos. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou na presentación deste centenario, que Pepe Velo “fixo un contributo á cultura galega que non debe pasar desapercibido”, non só en Celanova, senón tamén no resto de Galicia. De aí a importancia de que o seu centenario serva “para actualizar a súa vida, a súa obra, o seu aporte en definitiva á construción colectiva de Galicia”.

Celanova honrará a Pepe Velo cunha exposición sobre o buque Santa María4 O poeta e activista protagonizara o secues-tro do transatlántico portugués.

86 novos carballos para conmemorar os días mundiais da Árbore e a AugaRedacción

A Deputación de Ourense celebrou os días mundiais da Árbore e da Auga, que se conmemo-ran os días �1 e �� de marzo, plantando carba-llos en 86 centros públi- O presidente provincial desprazouse ata o CEIP da Merca para participar nesta activi-

dade, onde o carballo que plantaron os estudantes recibiu o nome de “Francisco”.

S.N.

Unha estatua da Virxe da Guía desatou a polémica en Celanova. En �01� ins-talouse na rotonda na que conflúen a avenida López Blanco e a OU-531 un mo-numento na honra dos emi-grantes doado polo artista Leandro Sánchez, pero a comezos deste mes foi re-tirada e sustituída por unha escultura da Virxe da Guía de Gomesende, correndo cos gastos da fabricación e instalación da mesma o párroco da Guía, José López Gil, que presentou unha petición no Concello para realizar o cambio ar-gumentando que dende a ventá da súa casa, sita ao lado da rotonda, desexaba ver esta imaxe relixiosa xa que, segundo el considera, os veciños de Celanova non coñecían o significado do monumento anterior.

Pero este cambio non foi moi ben acollido, nin por unha parte dos veciños de Celanova nin pola oposi-ción do Concello. Dende o BNG califican esta sus-titución como “unha fal-ta de respecto, a Leandro Sánchez e aos emigrantes, un colectivo que por des-graza é tan amplo na nosa comarca”, explicounos o seu voceiro, Leopoldo Ro-dríguez.

Ademais, pregúntase: “o resto da cidadanía po-demos colocar o que nos

apeteza en lugares públi-cos se o pagamos do noso peto?”. Os nacionalistas non entenden que o go-berno municipal sucumba ante “o capricho dun par-ticular”, e menos que o faga “dependendo de quen veñan as peticións, xa que no último pleno o alcalde deixounos claro que para el hai dous tipos de cida-dáns, de primeira e de se-gunda, e que non goberna para todos por igual”.

Asemade, nun estado aconfesional como o espa-ñol, dende o BNG conside-ran que o comportamento do rexedor e do seu grupo de goberno “vai en contra da liberdade e da dignida-de da cidadanía e mesmo da cordura”.

Como consecuencia, o edil nacionalista Gonza-lo López puxo en marcha unha petición a través da plataforma change.org para solicitar a Ferro a re-posición no seu lugar do monumento aos emigran-tes, “esta iniciativa vai dirixida a toda a xente á que non podemos chegar, nomeadamente os emi-grantes”.

A posición do ConcelloAnte a pregunta des-

te xornal sobre o tema, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, explicounos que deu por zanxada esta polémica no pleno deste mes de abril, cando res-

postou ás acusacións do BNG asegurando que o cambio contou coa apro-bación de Leandro Sá-chez e que considera que a ubicación na rotonda da Virxe da Guía, patro-na dos emigrantes, non altera en absoluto o sim-bolismo que se lle deu a este lugar.

A estatua da discordia4 A colocación dunha imaxe da Virxe da Guía en substitución do monumento ao emigrante trouxo a polémica a Celanova.

Estatua da Virxe da Guía./P.L.

O cambio non foi ben acollido por parte dos veciños e da oposición

cos de educación primaria da provincia, que foron os colexios que participaron nas actividades de con-cienciación medioambien-tal organizadas no marco da “�ª Semana Escolar da Árbore e da Auga”.

Máis de 8.900 alumnos desenvolveron diferentes eventos literarios, cultu-rais, educativos e medio-ambientais ao redor da figura dos bosques, as ár-bores e a auga. Ao remate destas actividades tivo lu-gar a plantación dun car-ballo en cada colexio.

Page 18: Abril de 2016 - Barrios

18 BARRIOSAbril de �016 DEPORTES

Morales durante unha proba do Campionato de España de orientación.

Diz e Teijeiro venceron en Xinzo4 Iglesias e Teijeiro na popu-lar da Merca.

Redacción

Xinzo de Limia e A Vei-ga acolleron nas últimas semanas unha carreira po-pular e un trail, respectiva-mente

En Xinzo os máis rápi-dos foron o local Rubén Diz e Sonia Teijeiro. No podio masculino acompa-ñaron ao limiao Luis Igle-sias (segundo) e Saturnino González, terceiro. Tras Teijeiro segunda foi Vic-ky Losada e terceira Ma-rina Losada. Por relevos, o equipo “Correcaminos” foi o máis rápido.

A MercaLuis Iglesia e Sonia Tei-

jeiro venceron na �5ª edi-ción da carreira popular da

Merca sobre unha distan-cia de 10 km.

Acompañaron a Igle-sias no podio masculi-no, Saturnino González -segundo- e Julio Nóvoa -terceiro-. Xunto a Tei-jeiro estiveron no podio Marina Losada e Jacque-line González, segunda e terceira, respectivamen-te.

Proba escolar en Xinzo./RAMSÉS

Redacción

O biker do Academia Postal - Actyon, Iván Feijoo -categoría júnior-, volveu saborear a vitoria. Nesta ocasión foi na Taça de Portugal disputada na localidade lusa de Valon-go.

Tras unha dura pugna co campión portugués durante a primeira volta, o ourensán lograba do-minar a proba acadando unha vitoria que o leva a sumar uns valiosos pun-tos para o campionato. Finalmente sacáballe na liña de meta dous minu-tos ao seu máis inmedia-to perseguidor.

En categoría elite, Saúl López remataba sexto

nunha proba de categoría C1 internacional. López sumou importantes puntos codeándose cos mellores especialistas portugueses.

FerrolArrincaba en Ferrol o

Vitoria de Feijoo na Taça de Portugal4 Venceu na proba disputa-da en Valongo.

O ciclista júnior Iván Feijoo durante a proba disputada no país veciño./CEDIDA.

Saúl López rematou sexto en categoría elite

Open de Galicia de BTT onde o equipo macedán logrou sete podios, dos cales tres foron primeiros postos.

Abel Franco en júniors e Carlos Canal e Antía Martínez, en cadetes, lograron a vitoria. Ro-mán Saa (júniors), Hugo Vázquez (cadetes), Raúl González (sub�3) e Xia-na Conde (elite) serían terceiros.

4 AndainaA pesar dunha xorna-

da marcada pola choiva, 350 persoas participaron na andaina ‘Ruta dos Ca-rros. Subida ao Pozo do Demo’, organizada polo Concello de Verín e Aso-ciación de Sendeirismo Ruta das Augas.

4 AtletismoO III Desafío 4� dis-

putarase en Maceda e Ourense (o sábado 14 de maio) e Allariz (o domin-go 15). As inscricións realízanse en champion-chipnorte.com. Maceda acollerá tamén o VI De-safío solidario San Ma-mede o �� de maio.

4 FútbolO mércores �7 de abril

o adestrador nacional de fútbol, Vicente del Bos-que, estará presente na reinauguración do cam-po Cardenal Quiroga, de Maceda.

EN BREVE

Redacción

Os deportistas de Li-miactiva Joao e Martín Morales proclamáronse campións de España de orientación.

Pontevedra acolleu este campionato de España celebrado a finais de mar-zo. A primeira das probas foi a de M1� na que Joao

Joao e Martín Morales, campións de España4 De orientación.

Morales lograba a primei-ra vitoria para o Limiacti-va. Nas outras probas que participou logrou a sétima posición en sprint e a 18ª en distancia media.

O segundo título para o equipo limiao chegaba da man de Martín Morales na categoría M45 na proba de sprint. Tamén foi 14º en elite e e �7º en distancia

media. Ademais foi 14º en elite e �7º en distancia media.

A outra participante do Limiactiva, Irene Mora-les, chegaba a meta na novena posición en F18, sexta en sprint e undé-cima na proba de media distancia.

Ascensos das Escolas Deportivas de VerínRedacción

As Escolas Deportivas de Verín lograron o ascenso dos seus equipos de fútbol 11 á Liga Galega. O equi-po xuvenil conseguiu unha vitoria ante o Ourense C.F

(1-�) o que lle valeu para acadar o título e o ascenso.O cadete logrou o título pro-vincial ao vencer no último encontro ao Antela (1-3).

Os equipos de fútbol 8

(prebenxamín, benxamín A e o alevín A) tamén lo-graron o pase para xogar os campionatos galegos nas súas respectivas cate-gorías.

Equipo cadete de fútbol 11 de Verín.

Page 19: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016

19PUBLICIDADE

Page 20: Abril de 2016 - Barrios

�0 BARRIOSAbril de �016

EN BREVE

Está á venda en librerías da comarca da Limia

OCIO E CULTURA

Creacións expostas na Festa dos Maios de Allariz dunha edición anterior./ARQUIVO.

Presentación da Revista Lethes en Ourense./P.L.

4 Exposición da UVigo en Verín

A rúa Lisa de Verín acolle a exposición iti-nerante “�5 anos máis”, organizada pola Vice-rreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

O obxectivo da mesma é visibilizar a conexión que existe entre a socie-dade e a Universidade, a través de rostros e opi-nión de persoas significa-das e representativas nos seus respectivos sectores de actividade: o deporte, a cultura ou a empresa.

4 Congreso sobre radio e televisión

O novo Centro Cultu-ral e das Artes de Verín acollerá os días �� e �3 de abril un congreso so-bre o futuro das radios e televisións municipais en confluencia coas novas tecnoloxías; con confe-rencias e debates a cargo de destacados poñentes do eido audiovisual na-cional e galego, e cunha clase presencial da Fa-cultade de Xornalismo de Santiago.

Polas tardes, as persoas que o desexen (previa inscrición en [email protected]) poderán par-ticipar nos talleres prác-ticos sobre como facer e o seu propio programa de radio.

4 Actividades de verán para mozos

A Oficina Municipal de Información Xuve-nil do Concello de Verín mantén aberto (ata o �3 de abril) o prazo de ins-crición, para mozos de entre 9 e 17 anos, na súa campaña de Verán �016.

Esta iniciativa ofrece (durante 10 ou 15 días) actividades de carácter lúdico, cultural, deporti-vo e formativo aos máis novos, así como a posibi-lidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.

Os prezos, dependendo de se o lugar elixido se atopa dentro ou fóra de Galicia, oscilan entre 100 e 300 euros (con descon-tos para familias nume-rosas e usuarios do carné xove).

Redacción

O �9 de abril, Allariz celebra a tradicional Fes-ta dos Maios, na que os alumnos do colexio de Primaria e do instituto presentan as súas crea-cións naturais e cantan as coplas que eles mesmos elaboran. Para participar é preciso inscribirse na Casa da Cultura antes do día �6 de abril.

Os grupos deberán ter un mínimo de oito per-soas. Haberá premios para os tres mellores maios enxebres e os tres mellores artísticos. Todas as creacións presentadas cun mínimo de calida-de levarán un diploma de participación e unha subvención de 40 euros. Tamén se galardoarán as tres mellores coplas, en

categoría de nenos (ata os 11 anos) e de maiores (de 1� anos en adiante).

O veredito do xura-do emitirase o día �9, no transcurso da Festa dos Maios que se desenvolve no Campo da Barreira a partir das 1�.

VerínO Concello de Verín or-

ganiza un ano máis unha concentración de Maios artísticos, tradicionais e hu-manos. Será o 1 de maio no Parque da Alameda a partir das 10 horas.

Nesta iniciativa non com-petitiva poderán inscribirse, no Concello de Verín ata o �3 de abril, centros de ensi-no da comarca, institucións e asociacións culturais e sociais que estean rexistra-das e que mantiveran acti-vidades públicas despois

dos Maios do �015.Como axuda para os

custos da montaxe, a cada asociación entregaránse-lle �00 euros en coplas sen cargo. Como excep-ción, os centros de ensino recibirán en metálico de 175 euros e �5 coplas sen cargo.

As coplas serán ela-boradas polos grupos participantes e o texto entregarase dixitalizado no Concello antes das 1� horas do �7 de abril.

Farase unha edición conxunta de todos os par-ticipantes, que será ven-dida por un euro, e tratará de cubrir obxectivos cul-turais e sociais. A Cruz Vermella entregaránselle 600 exemplares para que adique a cantidade obtida con eles a programas asis-tenciais na comarca.

Celebración dos Maios en Allariz e Verín4 Será o 29 de abril e 1 de maio.

P. Lodeiro

A Revista Lethes, pu-blicación de carácter cultural da comarca da Limia, alcanza o seu nú-mero 1�.

O Centro de Cultura Popular da Limia pro-move desde 1999, ano da súa creación, esta re-vista, que se inspira no espírito da Revista Nós e que recolle “os valores culturais, de etnografía, paisaxe, de creación ar-tística” desta comarca, apuntou o seu represen-tante, Manuel Seoane.

Este número en parti-cular inclúe artigos sobre xeoloxía, termalismo ou botánica, así como dez poemas inéditos de An-tón Tovar, recopilados por Delfín Caseiro, ou un artigo do escultor de Xinzo Xosé Lois Ca-rreira. Tamén se pode

ler nela unha reseña sobre a Vía Nova, cuxo tramo entre Porto Quintela e A Saínza vén de ser restaura-do como ruta de sendeiris-mo. Todos eles escritos en galego.

A publicación foi pre-sentada no Museo da Li-mia, anticipando tamén así a celebración do �0º aniversario do mesmo na súa sede actual, a reitoral de Vilar de Santos, que se cumpre no mes de maio.

A Revista Lethes, que dirixe Xosé Badás, é pu-blicada pola Deputación de Ourense e está á venda en librerías da comarca da Limia. Nos seus 1� núme-ros, ao redor de 150 auto-res teñen colaborado de maneira desinteresada.

Preséntase o número 12 da Revista Lethes4 No Museo da Limia de Vi-lar de Santos.

75 alumnos de Primaria visitan a biblioteca de VerínO días 5 e 1� de abril alumnos de 1º, 4º e 5º de Primaria do CEIP Princesa de España

visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Verín. Unha actividade que lle permitiu aos cativos coñecer o servizo bibliotecario, así como as diferentes actividades educa-tivas e lúdicas que se programan nesta instalación ao longo do ano.

Page 21: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016

�1DEPUTACIÓN DE OURENSE especial

A Deputación financia iniciativas para a infancia en 24 concellos

A Deputación de Ourense co-financiará Puntos de Atención á Primeira Infancia (PAI), situa-dos en concellos de menos de 5.000 habitantes, para prestar apoio aos pais, titores e garda-dores dos nenos e nenas de en-tre 3 meses e 3 anos. A contía concedida a cada concello vai dos 10.000 aos 13.000 euros en función de diferentes pará-metros obxectivos. En conxun-to, o ente provincial destinará 140.000 euros para cofinanciar 1� centros PAI.

Asemade, a Deputación de Ourense apoia aos concellos que desenvolven funcións de atención e coidado, fóra da xor-nada escolar ordinaria, a nenos e nenas entre 3 e 1� anos, ac-tuando como soporte e apoio ás familias e contribuíndo á conci-liación da vida laboral e fami-liar. Para esta liña a institución dedicará 60.000 euros.

A tramitación destas liñas de cooperación entre a administra-ción provincial e os concellos realízase exclusivamente a tra-vés de administración electró-nica.

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense recibiu o Premio Nacional “Excelentia a la Cultura” �016 como proxec-to máis destacado no ámbito da música e da cultura en Espa-ña, “un galardón que recoñece os trinta anos de traxectoria da Real Banda de Gaitas, que ten percorrido os cinco continentes e actuado nos principais escena-rios do mundo levando o nome de Ourense e de Galicia e a nosa cultura e tradición musical aló

por onde vai”, afirmou o presi-dente da Deputación, Manuel Baltar, quen recolleu o galardón. Ao remate do acto de entrega do premio a Real Banda de Gaitas actuou no Auditorio Nacional interpretando melodías clásicas e tradicionais galegas, como a Novena Sinfonía de Beethoven, o Himno do Antergo Reino de Galicia, e a Muiñeira de Chanta-da, e un saúdo de percusión, nun evento que conta coa Raíña Dona Sofía como presidenta de honra.

A �ª edición da “Ourense ICC Week”, a Semana das Industrias Culturais e Creativas que organi-za a Deputación de Ourense, cele-brarase do día 10 ao 14 de maio, en diferentes lugares da provin-cia. O presidente do goberno pro-vincial, Manuel Baltar, afirmou na presentación do evento que a ICC Week “converte a Ourense nun auténtico plató de experien-cias, creación e debate ao redor das vangardas creativas”, e enga-diu que este evento “sitúa á nosa provincia como referente das úl-timas cuestións relacionadas coas disciplinas que abrangue o ámbito da creatividade”.

O presidente da Deputación destacou que esta idea, “converte a Ourense nunha localización con referencia histórica indubidable e con gran valor patrimonial para os debates de máxima actualida-de no eido da innovación audio-visual, da man de relatores que protagonizan os cambios e as úl-timas tendencias”. “A ICC Week –engade o presidente- mestura o tradicional, o relevante patrimo-nialmente como é San Pedro de Rocas, o Pazo de Vilamarín, ou

o Mosteiro de San Salvador en Celanova, con aquelas cuestións postas sobre a mesa significan estar a falar do último en innova-ción”.

A ICC Week �016 será un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que ato-

parán na provincia de Ourense o marco perfecto para o co-wor-king, a potenciación de negocios e apertura de novos mercados. No apartado musical destacan as actuacións de “Love of Lesbian”, Iván Ferreiro, e os grupos ouren-sáns “Bestlife” e “Priscila”.

O Teatro Principal da Deputa-ción de Ourense acolleu a presen-tación da 71ª edición da “Vuelta a España”, unha proba ciclista que este ano ten como protagonista á provincia de Ourense, na cal se disputarán catro etapas. No acto, que contou coa participación dos exciclistas Pedro Delgado, Óscar Pereiro e Fernando Escartín, ana-lizáronse as características técni-cas do percorrido e a repercusión social e económica que supón este evento para a provincia ourensá. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo na súa intervención de apertura do acto que esta é a provincia na que cremos, “unha Ourense de futuro, positiva e ambiciosa”, que desta-ca no ámbito deportivo en logros como “a súa presenza na máxima competición do baloncesto, o ter-malismo de alto nivel deportivo e a estación de montaña de Galicia, en Cabeza de Manzaneda”.

No acto, no que tamén parti-cipou o director xeral da “Vuelta a España”, Javier Guillén, foron homenaxeados os ciclistas ouren-sáns César Pérez e Raúl Rey, que participaron na Vuelta a España, e tamén foron recoñecidos Xulio Conde e o ciclista preolímpico

ourensán, Pablo Rodríguez. Manuel Baltar destacou que o

deporte “é unha das liñas básicas do plan de mandato Ourense 15-19, nas súas vertentes de deporte de elite e escolas deportivas”, e engadiu que a propia denomina-ción que este ano ten a proba ci-clista: “Ourense Termal-Madrid” “alude ao noso papel como berce da mesma, tendo como puntos de saída ou chegada os concellos de

Cenlle, Arnoia, Nogueira de Ra-muín, Castrelo de Miño, Maceda e a capital ourensá”.

Retorno económico A “Vuelta a España” é un even-

to que xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia configuran as carreiras ciclistas máis importan-tes do mundo, sendo seguida por máis de 150 países e do que a or-ganización estima que terá un re-

torno económico mínimo de 1,7 millóns de euros para a provincia de Ourense.

A presentación de equipos terá lugar en Arnoia, sendo a primei-ra etapa unha crono entre Laias (Cenlle) e o Parque Náutico de Castrelo de Miño. A segunda eta-pa terá a súa saída na cidade de Ourense, a sexta etapa terá como meta a localidade de Luintra, e a sétima etapa sairá de Maceda.

A “Vuelta a España”, máis ourensá que nunca

Actuación da Real Banda de Gaitas no Auditorio Nacional.

A Real Banda de Gaitas, premio “Excelentia a la Cultura” 2016

Presentación da “Ourense ICC Week” 2016

Juan Rivas, Manuel Baltar e Manuel Araújo, na presentación da Ourense ICC Week.

Presentación da “Vuelta a España” no Teatro Principal de Ourense.

Page 22: Abril de 2016 - Barrios

�� BARRIOSAbril de �016

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

A dieta do Paleolítico

Na época do Homo Sa-piens, os seres humanos alimentábanse de acordo co que a natureza ofre-cía, non había industria agrícola nin transforma-ción de alimentos. Era todo baseado en produtos salvaxes e orgánicos.

Adoptar este réxime é unha das dietas máis axei-tada á nosa especie e iso tense comprobado cien-tificamente. Este regreso ás orixes é xa seguido por miles de persoas en todo o mundo que tentan previr todas esas doenzas que están agora todos os días enriba da mesa.

Esta dieta do Paleolí-tico promove unha dieta rica en graxas monoinsa-turadas, ómega 3, fibras, proteínas e a exclusión

de alimentos procesados, ricos en azucre, sal e adi-tivos químicos.

Unha das grandes van-taxes tamén é a ausencia de hidratos de carbono de alto índice glicémico, responsables de moitas doenzas actuais.

Os resultados son evi-dentes, aínda que gra-duais, mellora a enerxía e o benestar. Ademais, o exercicio físico é como sabemos indispensable en todas as dietas.

Existe algunha difi-cultade para atopar estes produtos orgánicos, con todo, xa existen varios espazos e até algúns res-taurantes para os segui-dores do “Paleolítico”.

João Damião

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4AXENDAMúsica- �9 de abril - Concer-

to de Twin&Music - �� h - Arca da Noe (Vilar de Santos)

- 30 de abril - II Encon-tro de Músicos - 12:30 h- Rectoral de Ansemil (Celanova)

Exposicións- Ata o 1� de maio -

Exposición “Pon un can de palleiro na túa vida” - Casa da Cultura de Xinzo de Limia

- Ata o 15 de maio - Exposición “Rostros do Douro” - Fundación Vi-cente Risco (Allariz)

Cine- ��, �3 e �4 de abril

- Proxección de “Batman vs Superman” - 18:45 e �� h - Cine de Verín

- �3 e �4 de abril - Proxección de “Norman del Norte” - 16:30 h - Cine de Verín

- �5 de abril - Proxec-ción de “O noso último verán en Escocia” - 18:30 h - Casa da Cultura de Verín

- �8 de abril - Proxec-ción de “Maimiño e o espello máxico” - �0 h - Auditorio de Celanova

- � de maio - Proxec-ción de “Phoenix” - 18:30 h - Casa da Cultura de Verín

- 5 de maio - Proxec-ción de “A tropa de trapo na selva do arco da vella” - �0 h - Auditorio de Ce-lanova

Teatro- �9 de abril - Branca-

neves - 20:30 h - Audito-rio de Xinzo de Limia

Outros- �� de abril - Monó-

logo de Carlos Blanco - 22:30 h - Casa da Cultura de Allariz

- �4 de abril - Espectá-culo de baile “O son do sabugueiro” - 18 h - Au-ditorio de Celanova

- 14 de maio - Monólo-go “Memorias dun neno perdido” de Rubén Riós - 23:55 h - Café Cultural Roi Xordo (Allariz)

www.periodicobarrios.com

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Godás, o arquivo da memoriaCando Ramón Go-

dás, no século pasado no Carballiño, comenzou a meterlle na alma ao seu fillo Máximo a maxia da fotografía, de seguro que ninguén pensaba que a dinastía Godás ía seguir a estela do bisavó ata hoxe, con catro xeracións de magníficos fotógrafos.

Máximo Godás Retor-ta, fillo de Ramón, que por cousiñas da vida esco-lleu Verín para emprender un camiño profesional e familiar, fundou en 19�9 o seu primeiro estudo fo-tográfico na nosa vila, na avenida de Luis Espada, sendo máis tarde traspa-sada á rúa Lisa onde se-gue a día de hoxe.

Máximo foi alcalde de Verín en tempos revol-tos e difíciles. Lembro ao avó Máximo coa súa boina calada na cachola e co caxato acompañan-do os seus pasos, pretiño do negocio, rexentado xa daquela polo terceiro da saga, o inesquecible Xurxo Godás, fillo de Maximo, o fotógrafo de moitisimas xeracións de verinenses, deixando un legado fotográfico maxis-tral, ao mesmo tempo que un sinfín de momentos únicos. De feito, cando eramos nenos íamos ao seu estudo a sentir a sen-sación da maxia e ollar un meticuloso e particular estilo de traballar, agar-dando unha explosión de luz, mesturada coa intriga infantil, de poder escoitar unha agarimosa bronca, por facer movementos involuntarios, no momen-to xusto. Inborrables lem-branzas dun xenio!

O tempo corre sen acougo e agora a cuarta xeración Godás é a que segue alongando, coa súa maestría, a lenda desta fa-milia de fotógrafos.

A Suso Godás, fillo de

Xurxo, atopeino hai anos no centro de Madrid, na praza Tirso de Molina, apresurado e cargado coa súa mochila, sen tempo para dixerir unha recoñe-cida traxectoria profesio-nal na fotografía da moda e no mundo do do espido masculino, sendo gaña-dor de premios con pres-tixio nacional. Aquel día puiden ver nos seus ollos o traxín dun artista, cando está no sitio equivocado, percorrendo as rúas do inferno.

Agora está aquí, en Verín, no seu sitio ver-dadeiro, seguindo a luz brillante da estrela maior, coma aquela revista edita-da no Carballiño polo seu bisavó Ramón, chamada “El sol”. Coñezo ben a Suso e Xurxo, os fillos do derradeiro maestro Godás, e penso que son herdeiros dun dos maio-res tesouros que pode ter un pobo: a memoria foto-gráfica.

E agora que corren tempos de nostalxia, agora que, por fin, come-zamos a darnos conta de que o Verín das pedras é o auténtico, o das árbores e das sombras, o Verín dos balnearios e das fontes, os viñedos e os montes; coido que é o momento de amosar a historia que sen dúbida Xurxo Godás junior, “o da tele”, algún día sacará do seu interior. A tolemia de artista sensi-ble e único creará a pelí-cula máis fermosa desta vila, xuntando imaxes que catro xeracións de fo-tógrafos foron gardando con esmero, e que en ri-guroso orde cronolóxico agardan pacentes que o bohemio algún día nos abra as portas transparen-tes dos arquivos divinos da casa Godás.

Miguel A. Prieto “Chitín”

Allariz celebra o Día do LibroRedacción

Allariz celebra o �3 de abril o Día do Li-bro. Nesta ocasión faino agasallando a todos os visitantes aos seus mu-seos cunha publicación, por mercar unha entrada ou un bono.

Ademais, no Mu-seo da Moda terá lugar o obradoiro infantil “Creación de marione-tas con calcetíns”. Será a partir das 11:30 horas e está dirixido a nenos e nenas de 5 a 1� anos. O custe do obradoiro é de 1 euro para os cativos que conten con tarxe-ta de cidadanía e de � euros para os que non.

Para participar é pre-ciso inscribirse na Casa da Cultura ata o �1 de abril.

A conferencia “Escritor de Novela Negra”, de González Reigosa, clausurou o 2ª Ciclo de Novela Negra de VerínO pasado 14 de abril a Casa da Cultura de Verín acolleu a derradeira conferencia do

2º Ciclo de Novela Negra de Verín: “Escritor de novela Negra”, impartida por Carlos González Reigosa, xornalista, analista político e director da axencia EFE en Madrid, actualmente xubilado.

González Reigosa, considerado o primeiro escritor de novela negra galego coa súa obra “Crime en Compostela”, puxo o broche final esta iniciativa, ofrecendo unha visión persoal sobre a evolución e traxectoria deste xénero literario.

Devandito ciclo, que tivo lugar do 30 de marzo ao 14 de abril, estaba organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín, coa colaboración da Xunta de Galicia, Ministerio de Educación, Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural, O Retiro do Conde e D.O. Monterrei.

A conferencia “Contra toda a historia da novela negra”, que tivo lugar o 31 de marzo, correu a cargo do xornalista e guionista Diego Ameixeiras.

Page 23: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016

�3CLASIFICADOS

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 590 �06Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada Xinzo 988 460 309

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadanedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz.Nº24 - Ano: XI - Abril 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 35�.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDAVéndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo �.000 euros. Tel. 636 3�9 5�4.Alúgase habitación próxima aos novos xulgados do Couto (Ourense), con fiestra cara a rúa, cama de matrimonio, mobles, calefacción, televisión, Wi-Fi. Dispón de salón, cociña e baño. Prezo: 180 euros/mes (gastos incluidos). Tel. 600 9�� 547 (WhatsApp). Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 �63 e 676 758 819.Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen interme-diarios. Tel. 690 795 379Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 005 910.Cámprase finca preto de Ouren-se, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 64�.Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, econó-mica. Interesados chamar ao 630 030 64�.Vendo finca en Loiro. 3.000 m�. Con luz e auga. Tel. 687 6�8 6�8.Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Prezo econó-mico. Tel. 637 005 910. Vendo finca de 10.000 m2 con granxa para cría de 100 ternei-ros con 300 metros de almacén. Con todo o necesario para a cría de animais con a PAC. Zona de Xinzo. Prezo: 140.000 euros. Tel. 686 540 087.Alugo apartamento en Mon-talvo. 1 e � habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbo-nas, aparcamento), fronte ao mar. Tel. 607 �7 19 16.Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minu-tos da praia. Tel. 636 4�� 497.Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09.Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle In-clán. 50 euros. Tel. 636 3�9 5�4.Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, �5 m�, económico. Tel.634 95 06 59.Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense, prezo de oferta 13.800 euros. Tel. 606 4� �5 43.

EMPREGOOfrécese señora mediana ida-de, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 14�Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de ex-periencia- . Disponibilidade in-mediata. Tel. 647 640 6�0.Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de in-glés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reduci-dos. Tel. 664 59 06 04.Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417.Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 5�1 448.Ofrécese señora para o coida-do de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330.Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp).Moi económico, fanse repara-cións en fogar e negocios, car-pintaría, mobles, persianas, etc.Tel. 656 78� 460Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660.Necesítase señora para coi-dar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 4�.Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81.Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 5�1 448.

COMPRA /VENDA

Vendo coche sen carné Micro-car en perfecto estado, elevalu-nas eléctrico, peche centralizado, motor de 500cc, 4.000 euros ne-gociables. seminovo. Tel. 677 �� 96 57 (José Luis).Vendo leña de carballo. ��0 euros/tractor. Tel. 630 5�1 448.Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 �3 06 69.

CONTACTOSOfrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 �8.

Vendo Renault 19 GTS diésel. 110.000 km.Tel. 6�7 608 758 e 671 9�1 854 (con whatsapp)Véndese tractor Pascuali. To-talmente equipado. Tel: 695 690 945.Véndo Clío 1900 diésel. Impe-cable. Tel: 605 320 158.Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade semi-nova. Tel. 637 00 59 10.Pómosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio).Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración te-llado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 4� �5 43.

Page 24: Abril de 2016 - Barrios

BARRIOSAbril de �016