a nova peneira 69. finais de xuño de 2016

40
XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL ANO 5 - nº 69 finais de xuño 2016 - 2€ Páx. 11 Páx. 16 Está o Medulio no Condado? Falamos co escritor Antonio Alonso Fontán sobre a hipótese de que o Monte San Nomedio das Neves é en realidade onde se levou a cabo a derradeira batalla de resistencia contra o Imperio Romano PÁX. 8 Co verán, chegan outra vez eleccións O CONCELLO DE TOMIÑO ACONDICIONA A PRAIA DE GOIÁN DE CARA A TEMPADA ESTIVAL RUTAS TURÍSTICAS: UN PASEO POR FORNELOS DE MONTES ESPECIAL FESTAS DE SAN BIEITO DE GONDOMAR AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS: ENTREVISTA A RUBÉN PÉREZ, DA MAREA DE VIGO ANÁLISES E OPINIÓNS Páx. 12 Páx. xIII

Upload: a-nova-peneira

Post on 03-Aug-2016

247 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

A Nova Peneira e Hermes&Atenea de finais de xuño do 2016

TRANSCRIPT

Page 1: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERALANO 5 - nº 69 finais de xuño 2016 - 2€

páx. 11

páx. 16

Está o Medulio noCondado?

Falamos co escritor Antonio AlonsoFontán sobre a hipótese de que o

Monte San Nomedio das Neves é enrealidade onde se levou a cabo a derradeira batalla de resistencia

contra o Imperio RomanoPÁX. 8

Co verán, chegan outra vez eleccións

O CONCELLO DE TOMIÑOACONDICIONA A PRAIA DEGOIÁN DE CARA A TEMPADAESTIVAL

RUTAS TURÍSTICAS:UN PASEO POR FORNELOS DE MONTES

ESPECIAL FESTASDE SAN BIEITO DE GONDOMAR

AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS:

ENTREVISTA A RUBÉNPÉREZ, DA MAREA DE VIGO

ANÁLISES E OPINIÓNS

páx. 12páx. xIII

Page 2: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

2 FINAIS DE XUÑO 2016

EDITORIAL

Tino LagoDirector de A Nova Peneira

O vindeiro domingo 26 viviremos, seis mesesdespois,unha nova xornada electoral para escoller-mos as 23 deputadas e deputados que representaránao noso país no Congreso dos Deputados español. Noconxunto do estado, semella que a situación non serámoi diferente á que xurdiu após os comicios do 20de decembro do ano pasado. A suma dos votos da de-reita nacionalista española, representada polo PP e oexperimento de márketing auto denominado Ciuda-danos será numericamente moi parecida, á da social-democracia española do PsoE e a esquerda (imosdeixar unha porta aberta á esperanza) representadapola candidatura de Unidos Podemos coas súas con-fluencias en Catalunya, Valencia e o noso País (EnMarea). No caso de que a dereita nacionalista espa-ñola acade a maioría absoluta e poida formar go-berno, albíscanse outros catro anos dramáticos paraas clases traballadoras. Sen dúbida haberá novos re-cortes en servizos sociais básicos, empeorando no-vamente as condicións de vida da maioría dos sereshumanos, e fornecendo as ringleiras de persoas que

terán que acudir aos comedores sociais ou a calqueratipo de axudas desesperadas para poder vivir. No casocontrario; todo vai depender do PsoE. Se Unidos Po-demos adianta aos de Pedro Sánchez, ou se o PartidoSocialista precisa dos votos dos de Pablo Iglesiaspara presidir o goberno; que farán? O que quere axente, e estou seguro de que a amplísima maioría dasúa militancia tamén; -Construir un goberno dife-rente?, ou o que quere a vergonzosa cúpula ao servizoda oligarquía económica que ten secuestrado aoPsoE, e deixar gobernar ao partido de Rita Barberásenadora e na deputación permanente do senado?Nun recente editorial do xornal EL PAIS, que no seutítulo leva a palabra impostura, entendo que está aresposta.

No que se refire ao noso país, despois de 20 anosdun traballo inmenso en cantidade, e sobresainte encalidade das deputadas e deputados do Bloque enMadrid, cómpre dicilo así de claro porque é verdade,unha verdade albea, nidia ,transparente e digna, a so-

ciedade galega decidiu non velo así, e o 20 de decem-bro os resultados de Nós-Candidatura Galega forondesastrosos, deixando aos nacionalistas do BNG senrepresentación. Desta volta, cunha nova dirección eno medio dun proceso de renovación interno (Pro-ceso Adiante), a numerosa militancia percorrerá oPaís de norte a sur e de leste a oeste tratando de trans-mitir a súa mensaxe; ”A nosa papeleta vale duplo;está inexorablemente ao servizo das maiorías sociais,e defende os intereses de Galiza“. Nós queremos aGalicia e creemos en Galicia. O noso, é un País po-tencialmente moi rico, e é un sen sentido, unha cana-llada que non se nos permita mudar as potencias aactos. Danos igual Alexandra ca Luis, Miguel Anxoca Olalla. De feito desexariamos non ter que escoller.Gustaríanos que Alexandra, Miguel Anxo, Olalla,Noa Presas ou Antón Sánchez camiñaran cóbado concóbado con honestidade e lealdade porque creen enGalicia e porque queren a Galicia. O 26 de Xuñocreamos en Galicia e queiramos a Galicia!

26 de xuño.Querer e crer

Page 3: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

3FINAIS DE XUÑO 2016

Se nós propios non nos defendemos, ninguén ovai facer por nós. Máis que unha frase adecuada aocaso, isto é unha realidade constatada día a día. Sem-pre se di que non hai mellor mestra que a experiencia.Pois ben, reparemos no que nos ensinaron os últimosmeses.

No pasado 20 de decembro moitas persoas vota-ron co criterio de que o seu voto fose útil para desa-loxar o PP do goberno e depositaron a confianza enopcións que vían como mellor posicionadas para lo-grar ese obxectivo, ao tempo que tamén se identifi-caban como portadoras da voz da Galiza. Pois ben,comprobamos nestes meses que non fixeron nin unhacousa nin outra: priorizaron os intereses partidistasfronte aos colectivos e -en lugar de se poren deacordo- deron unha nova oportunidade ao PP de sesituar en posición de formar goberno. Mais o real-mente grave é que esqueceron totalmente o compro-miso de defenderen os intereses da Galiza, dosgalegos e galegas, dos traballadores e traballadorasdeste País.

A diferenza do que acontecera nos 20 anos ante-riores en que o BNG representou digna e eficazmentea defensa da Galiza e d@s galeg@s, o noso País es-tivo totalmente ausente da axenda política estatal.Nos programas que se barallaron nas negociacións -ou, se se quixer, no teatriño- para formar goberno, osproblemas e as preocupacións do pobo galego nonestaban recollidas e nin sequera se mencionaba unhasoa vez o noso País. Houbo quen tratou de xustificalocon argumentos que -con certeza, sen pretendelo- evi-denciaron o pouco que lles preocupa este País. Foi ocaso do senador de En Marea-Podemos, García Bui-trón, cando argumentou que tampouco se mencio-naba Estremadura ou Castilla-La Mancha. Houbomesmo quen tentou xustificarse dicindo que as pro-postas da Galiza figurarían nun anexo.

Mais nós sabemos que a Galiza non é ningúnanexo, é o centro do noso mundo. E sabemos taménque os problemas do pobo traballador galego non me-rece un tratamento secundario. Para o nacionalismogalego a situación da nosa mocidade precarizada eobrigada a emigrar, a dos traballadores e traballadoras

que fican no paro e sen expectativas laborais, a doslabregos forzados a malvender o leite, a das mullerespermanentemente ameazadas con veren recortados osseus dereitos, a das persoas ás que se nega o dereitoa unha vivenda digna ou a servizos públicos esen-ciais, é preocupación central e permanente e non algoaccesorio que poida ser recollido nun anexo que concerteza nunca será realmente abordado.

“Nunca virá de fóra remedio ou esperanza”, dei-xou dito o poeta. Ninguén nos defenderá se nós pro-pios non nos defendemos, dicimos nós, dixo sempreo nacionalismo e constatámolo -insisto- día a día. Au-sente o BNG, ninguén defendeu Galiza no Congresonos últimos meses e iso -sabémolo- ten consecuen-cias directas na atención á resolución dos nosos pro-blemas, nos investimentos e, por tanto, no benestarmaterial dos galegos e galegas. Tamén na considera-ción de Galiza como nación que debe ter a capaci-dade de decidir por si propia e libremente como únicamaneira de atender desde aquí a grave situación deemerxencia nacional e social que padecemos.

E fica claro que a perspectiva non mudará se nona muda o BNG. Recentemente asistimos a un debateentre os líderes das catro forzas estatais e puidemosverificar que ningún deles falou da Galiza nin deuresposta ás nosas preocupacións colectivas. Ese de-bate demostrou o que preocupa a PP, PSOE, C's e EnMarea-Podemos os nosos intereses: NADA. Mais de-mostrou tamén algo máis importante á hora de decidira quen votar: só o nacionalismo, só o BNG-Nós ga-rante a defensa inquebrantábel dos intereses mate-riais, sociais e nacionais dos galegos e galegas. Aexperiencia afastada e recente -esa grande mestra-mostra que ningunha forza política con dirección enMadrid o fixo nunca e, por tanto, podemos concluírque tampouco o vai facer no futuro. Temos, pois, queagarrar sen demora o noso destino coas propias mans.

O resultado das eleccións do 20D foron un fracasopara a Galiza e tiveron consecuencias moi negativaspara o noso País e os nosos intereses. Podemos e de-bemos mudar o guión previsto. Volto ao principio.Houbo o 20D, con efecto, persoas que sempre con-

fiaran no nacionalismo que se decantaron polo votoque consideraban útil e resultou que foi o máis inútilpara o noso País e para os nosos intereses. Mais nonforon estas persoas as que se enganaron. Foron as for-zas políticas de obediencia madrileña as que engana-ron o electorado con promesas que non estabandispostas a cumprir. Agora temos unha nova oportu-nidade de actuar e debemos facelo pensando no queé mellor para nós, para o pobo, para as clases traba-lladoras, para Galiza.

Agora fica máis evidente do que nunca que nonhai nada máis útil que podermos decidir sobre o nosoe, nunhas eleccións, nada máis útil que confiarmosnas propias forzas. E a única que se presenta comotal, sen dependencias externas, sen máis lealdade queá Galiza é a candidatura que agrupa o BNG, a FOGA,o PCPG e numerosas persoas independentes. A cam-paña do BNG-Nós Candidatura Galega salienta queeste é un voto dobremente útil: porque garante a voze a defensa dos intereses dos galegos e porque, nunprevisíbel contexto sen maiorías absolutas, 1 ou 2 re-presentantes nacionalistas poden ser decisivos paramudar o goberno e acabar coas políticas do PP.

Máis realmente ten aínda máis utilidade. O votono BNG-Nós é o voto da dignidade colectiva do pobogalego, o voto que exercita a capacidade soberana dedecidir, o voto que nos sitúa no mapa como nación, ovoto que nos fai respectar e o único que expresa anosa vontade de tomarmos o destino nas nosas mans.E tamén o voto que nos sitúa con capacidade de cons-truírmos un futuro diferente, de liberdade, de xustiza,de igualdade, de benestar e de dignidade.

E non apenas porque cun bon resultado nas xeraisa candidatura nacionalista partirá en mellor posiciónnunhas eleccións galegas que van ser decisivas. Ade-mais, e fundamentalmente, porque se quixermos serlibres debemos actuar xa con plena liberdade; se as-pirarmos a unha Galiza soberana teremos de comezarpor exercer o noso voto de maneira soberana. Máissimple aínda, se queremos continuar sendo galegos egalegas, debemos tamén votar como galegos e gale-gas: BNG-Nós Candidatura Galega.

Néstor Rego CandamilMembro da Executiva Nacional do BNG BNG-Nós,

o voto da dignidade

Page 4: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

4 FINAIS DE XUÑO 2016

PUBLICIDADE

Page 5: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

5FINAIS DE XUÑO 2016

A PENEIRADA DO MES: FANATISMOS E ARMAS

GALICIA

Dende unha das pasarelaspeonís sobre a AP-9 en Cha-pela (Redondela), En Mareareclamou a gratuidade e atransferencia a Galicia da Au-totestrada do Atlántico, unhapetición que xa fora levada aoCongreso polos nosos depu-tados e deputadas na pasadalexislatura.

“A AP-9 é a vía que ver-tebra o noso país e cremosque está absolutamente amor-tizada e que debemos rematarcoa política de amiguetes doPartido Popular, máis candoxa levan ingresados 2.400millóns de euros en 36 anos”,denunciou a cabeza de listaao Congreso por PontevedraALEXANDRA FERNÁN-DEZ, en alusión á renovaciónda concesión a Audasa ata o2.048 por parte do PartidoPopular. “Na pasada lexisla-tura xa trasladamos esta ini-ciativa que volveremosmanter na vindeira porquecremos que é unha das cues-tións principais que afectan ácidadanía galega”.

Por outra parte, para EnMarea os poderes públicosteñen capacidade para obrigara racionalizar as tarifas e axestión da autoestrada. A AP-9 ten algún dos treitos máiscaros das autoestradas detodo o Estado e a segundacon máis queixas dos usua-rios. “Non se aplica ningúntipo de rebaixa nos custes dapeaxe e o seu mantemento écada vez peor. Tamén se re-corta en persoal nas cabinasde peaxe que dean servizoaos condutores e por todo istoe tal e como defendemosestes meses no Congreso cre-mos que é o momento detransferir a AP-9 a Galiciapara que poidamos xestionaladende aquí.Non imos seguirpagando as consecuencias deque regalen as infraestruturasque son o ben común detodos e todas aos seus ami-gos. Estamos fartos e fartasda política de amiguetes e é omomento de poñer no centrodas decisións políticas os in-tereses da cidadanía”, enga-

diu a n.1 da lista ao Congresopor Pontevedra

Dende En Marea taménapelamos á coherencia do PPe do PSOE nunha cuestióntan relevante para Galicia,pois recuperar a concesión daAP-9 beneficiaría económi-camente todo o país e facili-taría a cohesión territorial.“Sorprende a incoherencia doPP e PSOE que por un ladodin que apostan pola gratui-dade pero cando chega a ver-dade de votar no Congresobótanse para atrás. Por iso éimportante que vaiamos conforza ao Congreso e obrigalosa que teñan que votar alí oque predican en campaña”,censurou Alexandra Fernán-dez.

En Marea alerta de queAudasa acumula 1251 mi-llóns de excedentes de explo-tación (segundo os informesda empresa de 2014), mentresincrementa os prezos e min-gua a calidade do servizo.Estes resultados repítensedende a renovación da conce-sión en 2001, é dicir, que Au-dasa ten sobradamenteamortizados os custes deconstrución. A concesionariaestá a incrementar dun xeitodesorbitado os prezos daspeaxes, excluíndo ás persoascon menor capacidade econó-mica e dificultando así a via-bilidade de moitas empresaslocais que necesitan do trans-porte por autoestrada parapoder desenvolver a súa acti-vidade produtiva.

A solicitude xa foi rexistrada por En Marea no Congreso na pasada lexislatura evolverá a ser presentada na vindeiraAlexandra Fernández: “É o momento de transferir a AP-9 para que poidamos xestionala dende aquí e poñer no centro os intereses da cidadanía galega”

En Marea reivindica a gratuidade etransferencia da AP-9 e rematar coa“política de amiguetes” do PP

CARTAS AO DIRECTORDesde que comezou a escribir

neste diario da súa digna direc-ción, vin seguindo con atenciónos artigos interesantísimos de al-guén que asina, ou se chamaRoger. O que me deixa na dú-bida de se é home ou muller, peropola delicadeza que destila inclí-nome pola feminidade; en fin,sexa quen sexa e sen pretendermolestar a ninguén, porque en de-finitiva, sempre se atopan reple-tos de sabedoría e elegancialéxica, e non só é interesante ocontido de cada artigo, senónmesmo é de destacar a mestríacoa que os desenvolve. De todosos xeitos non todo resulta tan lu-minoso como se podería traslucirdestas eloxiosas e merecidas pa-labras, xa que tamén adoecen dunserio hándicap.

O problema máis importanteque sofre é, sen dúbida, a esca-seza de espazo do que dispón oou a autora dos referidos artigos,o que se traduce nunha reducióndo seu contido que, lamentable-mente reflíctese nunha pertinaz

angustia, e simplemente por esafalta de espazo.

Se realmente custa atopar ar-tigos serios, con contidos tan in-teresantes como os quedesenvolve Roger, é realmentefrustrante o constatar que un trasoutro ven minguados por tan de-sasosegante falta de espazo que,por outra banda, si se dedica conprofusión a outros contidos que,sen ser en absoluto banais, si sepoderían contentar con algomenos de tamaño sen que perde-sen contido crucial e, deixandositio en definitiva, a que Rogerpuidese dar renda solta á súamagnífica erudición.

Confiando en ser atendidonesta petición que redundaría enbeneficio de todos os que dal-gunha maneira sentimos vincula-dos á Nova Peneira, simplementeréstame felicitar efusivamente aRoger polos seus artigos que de-sexamos todos poder seguir go-zando deles.

Dun fervente lector.

...É que ninguén vai saír nunca na defensa das persoas que padecenenfermidades mentais? Estamos moi acostumados a criminalizar aeste colectivo, proxectando sobre eles todos os fallos da nosa¨sana¨ sociedade . Como se estas persoas fosen violentas e peri-gosas per se, cando a inmensísima maioría son xente que fai unhavida máis pacífica e tranquila que moitas das persoas ¨normais¨.

O asasino da deputada laborista británica JoCox, un home de ultradereita favorable ao Bre-

xit, resulta que ao final só era un pobre ¨enfermo mental¨ que accarreaba problemas

da infancia. Nunca foi un asasinato político.Que va! Como pode ser que un varón

branco e cristiano cometese tal tropelía? Se aínda fose un chisco máis moreno...

...poderíamos falar de terrorismo...

Page 6: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

6 FINAIS DE XUÑO 2016

A LOURIÑA

Varios centos dedelegados/as sindicais da CIG etraballadores/as de Servicarneparticiparon nunha mobiliza-ción que arrincou da Casa daCultura porriñesa ás 11.00horas. Á cabeza da marcha, sos-tendo unha faixa na que sepodía ler “Non á explicación la-boral en Frigolouro”, o secreta-rio da Unión Comarcal de Vigo,Alberto Gonçalves, o da UniónLocal do Porriño, Tano Guerra,e o secretario comarcal daFGAMT-CIG, Luciano Villar.Xunto a eles, varios emprega-dos da cooperativa de traballoasociado Servicarne.

Durante o percorrido, querematou arredor das 12.00 horasdiante das instalacións da em-presa de procesados cárnicosFrigolouro tras pasar polas prin-cipais rúas do centro da locali-dade, as consignas máiscoreadas foron “A explotaciónnon é a solución”, “Servicarneculpábel, Frigolouro responsá-bel” e “Queremos traballar enon mendigar”

Ao remate da protestatomou a palabra Suso García,da FGAMT-CIG de Vigo, quelembrou que a manifestación éun paso máis na loita que os tra

balladores/as e a centralmanteñen dende hai variosmeses para denunciar o “neoes-cravismo” que practica Frigo-louro e as “condiciónsinfrahumanas que a nova ordemundial do capital está a intro-ducir nas nosas condicións devida”.

Neste senso, criticou a im-plantación da figura do autó-nomo/a dependente nascooperativas de traballo aso-ciado, que cualificou de “men

tira que agocha unhas condi-cións laborais que non fan vol-ver ao século XIX: sen xornadade traballo, sen salario certo,sen vacacións, con baixas labo-rais disfrazadas de baixas porenfermidade común, con ritmosde traballo infernais, sen posibi-lidade de sindicarse, sen poderprotestar baixo ameaza de san-ción, sen idemnización por des-pido, etc.”.

Desmaios no posto de tra-ballo

García denunciou o queestes días foi revelado por unhatraballadora da planta de Coren-grupo ao que pertence Frigo-louro- en Ourense, a existenciade casos de empregados/as quecaen desmaiados/as debido aoforte ritmo de traballo impostoe de outros/as que teñen que serlevados/as en cadeira de rodasaté a ambulancia, o taxo ou ocoche para que os trasladen aocentro de saúde.

“Esta é a realidade de Servi-carne; esta é a realidade do

Grupo Coren, do que fai partesFrigolouro”, sentenciou.Fronte a isto, a CIG está a pro-tagonizar unha loita practica-mente en solitario que inclúe acelebración de asembleas,paros, manifestacións, denun-cias na Inspección de Traballo enos Xulgados, reparto de pan-fletos e mocións nos Concellos.

Ao mesmo tempo, explicouque Servicarne é unha empresacatalá que se rexe pola Lei deCooperativas de Catalunya. “EnGaliza temos unha Lei de Coo-perativas propia, máis avanzadaque a catalá, que permitiría queos traballadores/as cobrar os sa-larios establecidos na empresausuaria, pero a Xunta mira caraa outro lado”, censurou.

Por outra banda, lembrouque a Inspección de Traballonon pode actuar en Catalunya,pois o Goberno catalán tentransferida esta materia.

Fronte a isto, incidiu na ne-cesidade de que o noso paíscontae cun Marco Galego deRelacións Laborais e coa com-petencia exclusiva en materiadeTraballo e Saúde Laboral.

Unha nova manifestación percorre as rúas do Porriño para denunciar a explotación laboral en ServicarneVarios centos de delegados/as da CIG participaron na marcha en solidariedade cos falsos autónomos/as dependentes de Frigolouro

O pOrrIñO

Page 7: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

7FINAIS DE XUÑO 2016

PUBLICIDADE

Page 8: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

8 FINAIS DE XUÑO 2016

REPORTAXE

Todos os historiadores clásicos como DiónCasio, Lucio Floro e Paulo Orosio, e deste sé-culo pasado, como Magie, Syme, Schulten, Ho-rrent e Forni, destacan esa batalla singular quesignifica a derrota definitiva dos pobos ibéri-cos e a plena dominación romana que nos im-porá unha cultura e nos dará varias linguas.Supostamente, no monte Medulio, os galegospreferiron darse morte antes que entregarse.Para uns, este suicidio colectivo nunha guerraé un xesto vergoñento de cobardía, mentresque para outros simboliza un xesto de valentíae dignidade como resistencia suprema a perder

a independencia e, polo tanto, a identidade.De todos xeitos, a fascinación polo Meduliotamén vén dada polo feito de que non haxa unsdatos históricos suficientes, e que son comple-tados con mitoloxía e incógnitas. Igual por iso,o feito de que só saibamos que era un monteperto dun río caudaloso chamado Miño des-tapa toda a nosa curiosidade e ganas de saber.Pero a ubicación do monte foi e segue a ser moidiscutida polos estudosos: Syme e Macías si-túan ese monte nas Médulas, no Bierzo, ondese explotaban as minas de ouro. Teoría poste-riormente respaldada por Vicente Risco que

aseguraba que o Río Sil recibía tamén o nomede Miño polos romanos; Adolf Schulten sitúaono Monte Aloia (Tui); Flórez no monte Medelo,perto de Ourense; Murguía no Cabeza de Medo,entre Ourense e Lemos; e Benito Vicetto, noCabo Ortegal. E incluso hainos que o ubican enCantabria, Burgos ou Palencia. Pero hai unhateoría que cada vez cobra máis protagonismoe respaldo: A de que o Monte Medulio é en re-alidade San Nomedio (ou Domedio), na parro-quia de Taboexa, Concello das Neves. Desprazámonos até alí para coñecela de primeira man.

Desprazámonos até Mederpara conversar co principal de-fensor desta hipótese: O escritorAntonio Alonso Fontán (Meder,Salvaterra de Miño, 1931). Unhome amable, locuaz e rexio enideas, que nos convidou amable-mente a conversar con el na súacasa de Meder, onde fai un viñoexcelente baixo a atenta mirada ecompañía de Suso, un can de corescura moi vivaz.

Alonso Fontán foi colabora-dor en diarios, revistas e radiogalegas, especialmente en Farode Vigo, Diario 16, La Voz deGalicia e Diario de Pontevedra,ou no antecesor desta publica-ción que están a ler: ¨A Peneira¨.Promoveu a creación do perió-dico bimensual A Voz do Con-dado. Tamén foi creador doFestival de Poesía do Condadoen 1980 e participou en numero-sos recitais e certames poéticosen Galicia e Portugal, sendotamén un asiduo conferenciante.Escribiu, entre outras obras Apo-calipsis en Galicia: sete celulo-sas sete (1977).

No plano político foi un dosfundadores do Partido Galego doProletariado (PGP) e de GaliciaCeibe.

Aínda que xa é un home vete-rano, di non estar retirado, e estáa encher as fachadas da súa casade poemas seus.

Considera, en palabras off thereccord que confía máis en que omonte que está detrás da súa casaé o Medulio, que en calquera po-lítico dos que se presenta a estaseleccións xerais.

¨Confío máis en que aquí está o Medulio que en calquera político actual¨

Conversa con Antonio Alonso Fontán

Por que asevera vostedeque o Medulio está aquí?

Por varias razóns. Unha dasprincipais bases desta teoría éa toponimia da contorna: Bata-lláns, A Batalla, Porto Escuro,Portomaior, A Búrbida, AXacra, Meder...

Eu vivín moitos anos enVigo e ía decote á FundaciónPenzol, que aí está case todocanto se escribiu sobre Galicia.Eu ía buscando detalles arredordesta teoría, e atopeinos.

Entón levei ao Monte SanNomedio a Xosé Luís MéndezFerrín e a Moncho Villares,que foi decano de Xeografía eHistoria e reitor da Universi-dade de Santiago, e agora Dou-tor Honoris Causa polaUniversidade do Minho. Edende alí no alto expliqueilles:Por un lado temos Portomaior,nas Neves, unha posíbel pontede madeira en Bruñeiras, e des-pois unha liña que une Braga eLugo (Bracara Augusta e

Lucus Augusti) que pasa poraquí mesmo: Mondariz, Cerna-dela e a Búrbida, en Pazos deBorbén... Polo tanto é moi fac-tible que houbera unha calzadaromana. Esa é a miña opinión.Ademáis, se non me engano,tamén creo que fose unha partedo primeiro Camiño Portuguésa Santiago.

Este paso foi unha obra quedebeu tardar en construírsemáis de 100 anos.

A Villares leveino dúas

veces para explicarlle por ondeiría a zanxa que construíronpara que non pasasen os roma-nos. E el recolleu isto no librode Historia de Galicia. Hai unsanos pensaba que eu estabatolo, pero hoxe en día, díxome-Se tivese que reescribir olibro, sinalaría o Monte SanNomedio como a máis clarahipótese-.

Tamén levei a moita outraxente por motivos diversos,como Ana Turbau, fotógrafa de

AA

Page 9: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

9FINAIS DE XUÑO 2016

REPORTAXE

Intervíu, o pintor Ánxel Huete, LuisSoto, incluso fixemos unha excursiónnos tempos da UPG; que ademáis doMedulio, no Monte San Nomedio ían fu-silar 17 homes desta parroquia durante aguerra e salváronse polos pelos.

Por iso gostaría moito de facer unCongreso en Lentille, parroquia de Ba-talláns, arredor do Monte Medulio e traera estudosos do tema para explicar benestas hipóteses:

O Primeiro Congreso do Monte Me-dulio! -dinos visibelmente emocionado.

Que pasou no Medulio?Aquilo foi unha masacre. Pero moitos

deles suicidáronse co veleno do froito daárbore do teixo antes de seren apresados.E tamén hai moita lenda ao respecto doque pasou alí. Algúns din que alí foi a

orixe da expresión Denantes mortos queescravos¨, pero todo isto ten parte de mi-toloxía.- E é lóxico, porque senón haiunha historia escrita en condicións...

Esa árbore está presente?-Hai quen di que esta zona estivo po-

boada por esta árbore, pero xa non existeaquí. Foi combatida. Chamábanlle a ár-bore do veleno, e polo tanto foi extermi-nada.-

Paulo Orosio (383 - 420 D.C.), his-toriador e teólogo da Gallaecia sitúa-bao cerca do Miño ("Minium flumineinminentem").

Por que fai esa relación entre o ríoMiño e o Medulio Paulo Orosio?

Porque se basea no dato que hai dooutro historiador; Estrabón, que dicía quehabía un río caudaloso: O Miño, queseica antes era moito máis caudaloso doque é agora.

Por outra parte, hai aproximadamentecen anos, estivo por aquí un célebre his-toriador e arqueólogo alemán: AdolfSchulten, quen afirmou que o Monte Me-dulio era o Aloia, pero que había unhaparte desa suposición que coxeaba, quenon daba a medida exacta en estadios(unidade de lonxitude grega que corres-ponde a 174,125 m) con respecto aoMiño, tomando como referencia as cró-nicas de Estrabón; que eran escasos, e esamedida, penso que aquí si que da, xustoen Portomaior.

Daquela, Tui non tiña nin a ponte nina catedral, non tiña nada. Só era unhaatalaia. Así que non puido ser oMonte Aloia, como algúns apuntan.Tui era menos importante que estazona do Condado antes e durante aromanización. E non moi lonxe deaquí, no actual concello de Pontea-reas, estaba o castro de Troña, quesí era importantísimo. (-Non sei porque os de Ponteareas se empeñan enpromocionar o ¨Condado do Tea¨que non existe, que é unha granmentira, tendo o Castro de Troña-Apunta Antonio). Isto era un lugarmoi poboado

En Taboexa atópase o Couto deAltamira, que foi tamén un pequenocastro onde atoparon aras, e vesti-

xios de bronce. Eu atopara un crisol. Alífixeron moitas excavacións e atoparonmoito material que levaron ao Museo dePontevedra.

Como se pode desmontar a teoríade que o Medulio estaba nas Médulas?

Pois home, eu creo que o de quehabía un río caudaloso xa o desmonta, elogo que alí non hai toponimia.

E bueno, aquí tamén había ouro e es-taño...

Que lle diría vostede ao alcalde dasNeves, Xosé Manuel Rodríguez, se o ti-vese aquí diante para potenciar oMonte como destino turístico?

Actualmente hai unha romería, peroque pode ter 30 anos... de carácter reli-xioso (De cando viu Luis Soto de Mé-xico. El estivo moitas veces aquí), perovolvendo ao tema:Para empezar, dende oMonte hai unhas vistas preciosas. Dendeo medulio miras todo, habería que facerunha subida dobre, ben feita, Taboexa-Meder.

Sería posible a nivel de un atractivoturístico facer rótulos explicativos?

Tanto é así que tiñan que por ¨Subidaao Medulio¨, directamente. Primeiro for-

talecer o nome. Para min está claro que é.

Xa que a historia foi como foi, quepodemos sacar de positivo de todoisto? Queda vivo algún vestixio ro-mano?

Moitos dos nosos costumes e avancesveñen dos romanos, que por outra partetamén eran bastante bárbaros. Construíana golpe de látigo, pero non cabe dúbidade que eran un pobo moi avanzado e in-telixente; as pontes, e estruturas que fa-cían eran espectaculares. Naagriculutura, por exemplo até hai benpouco empregábase o arado romano.Aquí en Salvaterra, estaban as augas dePedra Furada en Oleiros, porque presta-ban especial intención ás termas, como ésabido. Alí había uns píos que botabanburbullas de auga quente. Eu lembro debañarme alí. A miña nai bañábame alí.Agora recuperáronas. Seica a clase diri-xente mentres disfrutaba destas caldas edunha vida cómoda o pobo estaba escla-vizado. Pero o cambio social que supuxoa Romanización foi espectacular: as vi-vendas, o idioma... E todo isto empezouaproximadamente hai 2400 anos, que sedi pronto.

Un pracer, Antonio.

No Monte Medulio loitaron ga-laicos, celtas, astures, cánta-bros, lusitanos e demais pobosda península contra os roma-nos, na meirande de todas asbatallas. A historia di que foi amáis brutal da Romanización.Segundo o historiador LucioAnneo Floro: “Os mercenarios

romanos sitiaron o monte, perosufriron miles de baixas. Unavez alcanzado o cumio, só ato-paron cadáveres, porque os si-tiados tirábanse as fogueirasou cravábanse a espada atamorrer, mentres as mulleres emeniños tomaban un velenoextraído dos teixos”.

No cumio de San Nomedio haiprobas non excavadas de pre-senza celta, ademáis de unhacapela medieval dedicada ao“Santo do Medio”, desde a quese otea toda a comarca do Con-dado, por onde baixa o Miño.Segundo unha lenda, as augasde San Bartolomeu son férreasporque tras unha gran batallalibrada alí, as armas foron sote-rradas nunha gruta.

Page 10: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

10 FINAIS DE XUÑO 2016

A LOURIÑA

O pasado sábado día 10, onoso amigo Javi, da pizzeríaA Favorita de Sanguiñeda,inauguraba a temporada deespectáculos no seu local.Ogrupo de folk vigués Bara-funda, deleitou durante dúashoras ás ducias de persoas queateigaron A Favorita cun es-pectacular e emotivo con-certo, no que interpretaronmoitas pezas salientables damúsica galega ...

Folk na Favorita

No último Pleno Munici-pal celebrado onte, o PartidoPopular de Mos propuxo á to-talidade da Corporación Mu-nicipal presentar unha mociónconxunta co fin de facer unhadeclaración para manifestar oreixeitamento á implantacióndun parking de camións naparroquia de Dornelas.

Este parking tería previstodar servizo a máis de 200 ca-mións de toda a área metropo-litana. Isto implicaría untráfico continuo polas estra-das principais dos centros ur-banos de Peinador ePuxeiros-Portela que se suma-ría ao xa existente, provo-cando a saturación das vías eunha inseguridade na circula-ción que terían que soportaros veciños ademáis do incre-mento da contaminación

acústica e ambiental.

GañaMos mostrouse favo-rable a esta declaración e ins-tou ó goberno municipal deMos a que faga todo o legal-mente posible para impedir ainstalación do parkíng paracamións que esta empresa pri-vada ten previsto crear na pa-rroquia de Dornelas. Estesterreos son os menos axeita-dos para unha infraestructuradeste tipo, que debe situarsenun polígono industrial e ólado dunha vía de alta capaci-dade, para que o tráfico pe-sado non transite polas zonasurbanas residenciais.

Dende GañaMos adverti-mos que esta declaración nondeixa de ser unha hipocresíado Partido Popular de Mos,que intenta agora lavar a súa

imaxe e ocultar a súa malaxestión urbanística que sofri-rán os veciños de Dornelas,Peinador e Puxeiros. Adverti-mos que este so é o primeiroproblema dos moitos que sedeixarán ver co novo modelodo Plan Xeral de OrdenaciónMunicipal aprobado cos úni-cos votos do Partido Popular,presidido por Nidia Arévalo.

Prácticamente tódolos te-rrenos situados en Monte Fa-quiña, a ámbolos dous ladosda Avda. de Peinador que uneos centros urbáns de Puxeirose Peinador, pasaron a ser cali-ficados como solo industrial.Deste xeito, calquera tipo deindustria ou actividade, in-cluso as calificadas de moles-tas, insalubres ou perigosas,poderán instalarse nesta zona,acarrexando múltiples proble-mas aos os veciños dos nú-

cleos residenciais de Peinadore Puxeiros.

Dende GañaMos levamosadvertindo este tipo de defi-ciencias no PXOM dende anosa chegada á corporaciónmunicipal e os veciños xa en-viaron máis de 700 queixas áConsellería de Mediaom-biente da Xunta sen obterunha desposta que garanta asolución a estes problemas. Oúnico que queda claro é que oPP de Mos non quixo escoitaras nosas advertencias nin aspreocupacións destes veciñosxa que o novo PXOM noncontempla vias de serviciopara estas zonas industriais eo tráfico pasará irremediable-mente polas zonas residen-ciais de Peinador, Dornelas ePuxeiros-Portela.

O PXOM de Mos comenza dar problemas antes da súa entrada en vigor

Page 11: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTEnº39 (terceira xeira) finais de xuño 2016 - 2€

Con Laura Bugalho, por xustiza.

PÁX. III

Page 12: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

A LOURIÑA

FINAIS DE XUÑO 2016II

sAlcedA de cAselAs

Despois do Pleno Ordinario cele-brado o pasado martes, onde PP ePSOE impediron a aprobación dos Or-zamentos para este ano 2016, o equipode Goberno de Movemento Salcedatoma a decisión de aprobar o Docu-mento en Xunta de Goberno ante a im-posibilidade de facelo no Pleno. A Lei37/2013 de Racionalización e Sosteni-bilidade da Administración Local per-mite esta aprobación, posto que Salcedade Caselas conta co Orzamento prorro-gado de 2014, e ofrece así a posibili-dade de evitar o bloqueo da acciónmunicipal. Lamentan dende Move-mento Salceda que un novo pacto entrePP e PSOE impedise a aprobación ini-cial do documento no Pleno, antepo-ñendo unha vez máis os seus propiosintereses ante os dos veciños e veciñas.Ante a importancia dos OrzamentosMunicipais para poder dar cabida a di-ferentes obras e servizos, MovementoSalceda opta por acollerse á opción quelle permite a Lei.

O documento que se aprobou enXunta de Goberno recolle as partidasnecesarias para facer fronte ao paga-mento do Recoñecemento de Créditoque por terceira vez tumbou a oposi-ción, impedindo unha vez máis a duciasde proveedores a posibilidade de cobraras súas facturas, para as que o GobernoMunicipal conta coa liquidez suficientenas contas bancarias do Concello paraa frontar a totalidade do seu pago. A

aprobación do Orzamento en Xunta deGoberno dota do crédito suficiente aspartidas para afrontar as facturas pen-dentes, aínda que segue sendo precisaa aprobación plenaria deste Recoñece-mento para proceder ao pago aos pro-veedores, algo que lamentablementenon están a permitir os grupos da opo-sición, e que o Equipo de Goberno con-fía en que cos novos Orzamentosrecapaciten e permitan que as empresaspoidan cobrar.

O Orzamento Municipal vai permi-tir o terceiro pago aos expropiados dosterreos do Parque Raíña Aragonta, assubvencións ás entidades culturais, de-portivas, educativas e de benestar, re-alizar achegas como a do tandemandado servizo do transporte me-tropolitano, ou o primeiro pago dacompra do edificio da Antiga CámaraAgraria, entre outros.

Jose Luis González, Concelleiro deFacenda: “A oposición non pode seguirbloqueando continuamente os expe-dientes municipais, xa que os veciños eveciñas de Salceda demandan servizosprioritarios que non poden dependerdas alianzas entre PP e PSOE. Dende oGoberno Municipal asumimos a res-ponsabilidade que nos deron as urnasde seguir adiante co traballo e adicaciónconstante na procura de cumplir as de-mandas que os veciños e veciñas deSalceda nos fan chegar”.

Movemento Salceda aprobará os Orzamentos en Xunta de Goberno tras o bloqueo da Oposición

Page 13: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

GALICIA

FINAIS DE XUÑO 2016 III

PUBLICIDADE

Laura Bugalho é unha muller de 52anos, sindicalista, activista e gran defen-sora dos dereitos humanos e dos inmi-grantes.

Laura encárgase, desde hai anos,dos temas de migración no sindicato na-cionalista CIG, os seus compañeiros de-fínena como "unha compañeira íntegraque leva moitos anos traballando en de-fensa dos dereitos dos inmigrantes".

Encárgase do asesoramento a inmi-grantes nos procesos de legalización,acompañaba a sen papeis nos trámitesadministrativos e por isto leva desde hai7 anos loitando en diferentes procesosxudiciais.

Foi acusada en 2009 de falsificacióndocumental continuada de documentospúblicos, polo que se podía enfrontar aunha pena de entre tres e seis anos de pri-sión. A denuncia partiu do Grupo Opera-tivo de Estranxeiría da Policía Nacionalque di atopar, entre a documentaciónachegada para a regularización de catropersoas, documentos públicos falseadosrelativos a trámites que apoian as súas so-licitudes, como padróns ou analíticas mé-dicas.

O Foro Galego de Inmigración, queagrupa a máis de 80 ONG, sindicatos easociacións: dixo que "Axudar a inmi-grantes é en realidade o delito que se lleimputa á nosa compañeira Laura Bu-galho" pois a Subdelegación do Goberno

coñece os métodos utilizados por ONG esindicatos no labor de facilitar o empa-droamento ou o arraigamento de inmi-grantes e que poden incorrer enirregularidades formais pero estas irregu-laridades administrativas na tramitaciónde papeis non son, en ningún caso, mate-ria constitutiva de delito.

A propia Bugalho asumiu este pro-ceso como un ataque persoal á súa traxec-toria como activista en defensa dosdereitos humanos e fixo denuncias deredes ilegais que traían migrantes, sobretodo de Marrocos, e mesmo facéndollespagar cantidades importantes.

Denunciou persecución policial a raízde sacar á luz pública estes feitos , e de-

nunciou que “recibiu mesmo chamadasadvertindo que non seguira por esa vía,que corría perigo”.

Fixo públicas ameazas . “Unhaameaza que publiquei porque estou fartade que me digan que se non entro desta,entro dá seguinte”.

Despois destes 7 anos de longa loita ede pasar por cinco xuízos, o pasado mar-tes 7 de xuño péchase este ciclo da súavida, nos Xulgados de Fontiñas, che-gando a un acordo coa Fiscalía de 11meses de cadea e 750 euros de multa.

Laura di que “aceptou un acordo coaFiscalía porque estou farta, teño 52 anose quérome xubilar tranquila”.

Aa preguntas das e dos xornalistas

sobre o acordo explicou “para que seentenda”que “a xente ten que saber queestou moi farta” e negouse a explicarnada do proceso, porque “non é un pro-ceso que eu fixen, senón un procesoque me inventaron”.

Denunciou que se tratou todo dunha“montaxe” porque “sei que toquei fi-bras moi sensibles deste sistema e ousistema deféndese”. Por iso manifes-touse “satisfeita de chegar a esteacordo” diante dá posibilidade de quese suspendera novamente este procesoxudicial e “alongalo non tempo. Levoasí xa sete anos, teño 52 e quérome xu-bilar tranquila”.

Laura Bugallo rematou pedindo“que nos deixen en paz. Ou que facemosé construír e nada máis que iso: construír”e alertou de que isto “é un aviso a nave-gantes, a todos aqueles e aquelas que seestán a mover, non só aquí, senón taménnoutras latitudes”.

Ademais, agradeceu a solidariedade eas mostras de preocupación e agarimo re-cibidas de alén do Atlántico, ao longodeste tempo mais tamén esta mesmanoite.

Deste a miña persoa, agradécolle aLaura que siga loitando polos dereitos hu-manos, dos inmigrantes e na loita sindi-cal, pois persoas como ela fan moita faltae lle pido que non se rinda, que todos es-tamos con ela.

G.FIGueIredO

Laura Bugalho

Page 14: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016IV

O CONDADO

O Concello de Salvaterra de Miñoorganiza un ano máis a súa tradicionalfogueira de San Xoan.

O 23 de xuño, a partir das 22.00h,no Recinto Amurallado, fogueira eSardiñada de San Xoan

XIV Festa dos Callos en Fiolledo (Salvaterra de Miño)

A comisión Pro-festas do Carmede Fiolledo 2016 celebra, o vindeirodomingo 26, a súa “XIV Festa gas-tronómica dos callos”.

A partires das 11:00 horas, servi-ranse tapas de callos e racións deempanada a prezos populares.

As 12:30 horas haberá misa so-lemne con procesión, na honra dopatrón da parroquia, San Paio.

O xantar realizarase baixo unhacarpa instalada no Parque do Souto(enfronte ao centro cultural) e estaráamenizado polo trío musical “Talis-mán”.

Lucía Rodríguez logra no cam-peonato de España sub 13, reali-zado na Coruña, un importantedoblete; Prata en dobres e bronceen individual

Esta gran deportista salvate-rrense iniciouse en bádminton áidade de 6 anos, e no seu pequenotraxecto conta xa con importanteslogros deportivos. Está consideradapola federación española de bád-minton como unha das xogadorasmáis prometedoras para o futuro dobádminton nacional. Hai que resal-tar que é a única xogadora galegaque conseguiu 7 medallas consecu-tivas nas súas catro participaciónsen campionatos de España.

sAlvAterrA sAlvAterrA

sAlvAterrAsAlvAterrA

O Concello de Salvaterra de Miñopresenta a programación de veránpara os máis cativos do municipio.

Un programa diverso con activi-dades variadas, enfocado a diferen-tes idades, que busca facilitar aconciliación da vida laboral e fami-liar nos meses estivais.

O Concello, aparte dos cursos denatación que se levan a cabo nosmeses de xullo e agosto, ofrece di-versos campamentos gratuítos (se-gundo idades), cursos de cociñagalega e oriental. Ademais comonovidade este ano, a parte do cursointensivo de Chino tamén se impar-tirá un curso de Inglés, ámbolosdous nos meses de xullo e agosto.

Máis de 350 rapaces serán osbeneficiarios desta iniciativa quepromove a conciliación e a interac-

ción entre os nenos e nenas, mozos emozas do noso municipio.

O Concello de Salvaterra oferta máis de 350 prazas para actividades infantís de verán

Page 15: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016 V

O CONDADO

O Concello de Salvaterra de Miñoorganiza unha exposición de artes eoficios con bonecas de porcelana, quese abrirá o vindeiro domingo día 19 dexuño e se ubicará no Castelo de DonaUrraca, punto onde está situada a Ofi-cina de Turismo, que aparte de dar in-formación sobre a propia exposiciónatende as visitas e da informaciónsobre o conxunto histórico da Vila etodo o patrimonio e diversidade queofrece o noso Concello e zonas limí-trofes.

Esta exposición estará integrada pormáis de 300 bonecas, Nancy antigas e

bonecas de porcelana,así como por numerosose variados obxectos enminiatura que dan untoque de gran realismoás escenas que3 recreano modo de vida tradicio-nal e costumes na Gali-cia dos nososantepasados.

As bonecas estaránvestidas na súa totali-dade pola man de Car-men Costas, viguesa deformación autodidacta,que leva máis de 10anos traballando nas la-bores de recopilación debonecas e búsqueda deobxectos en miniatura.

A través desta colec-ción recrearanse escenasde traballo no campo eno mar, oficios tradicio-

nais, días de mercado e feira, festas eromarías, e un sinfín de imaxes da vidacotiá, costumes e tradicións de Galicia,nas que se mostra a riqueza do traxetradicional, da nosa cultura e do nosopatrimonio etnográfico.

A exposición terá lugar no Castelode Dona Urraca, espazo histórico de-clarado Ben de Interese Cultural dendeo ano 1949, e estará aberta ó públicotodos os sábados e domingos entre osdías 19 xuño e 24 de xullo. O horariode apertura será os sábados de 11:00ha 14:00h e de 16:00h a 19:00h e os do-mingos de 11:00h a 14:00h.

Exposición de artes e oficios conbonecas en Salvaterra

O alcalde de Ponteareas, XoséRepresas, presentou xunto aos orga-nizadores do Festival, a asociaciónFalcón, e á responsable de Cultura eLecer, Normalización Lingüística eTurismo, Hortensia Bautista, acuarta edición do Rock in Río Tea,festival que se celebrará o 2 de xulloa partir das 21.00 horas no parque daFeira Vella, con máis novidades ecun moi bo nivel de música grazasaos artistas do cartel deste ano.

O alcalde destacou a importanciado evento e a repercusión positivaque ten para o comercio e hostalería,evento que o Concello apoia econó-micamente, colaboración no quetamén se implican diversos departa-mentos para lograr que se desen-volva nas mellores condicións e paracontribuír ao éxito do festival. “Ini-ciativas e festivais como o Rock inRío Tea, axudan a facer unha Pon-teareas máis dinámica a nivel cultu-

ral e xeran tamén maior acti-vidade a nivel económico esocial”, indicou o primeiroedil.

A concelleira de Cultura,Hortensia Bautista, aprovei-tou a ocasión tamén para feli-citar á organización do Rockin Rio Tea. “Son catro anosxa que leva en pé este festivalpor vontade dos seus promo-

tores, a asociación Falcón, e é grazasa eles que Ponteareas vai camiño deser unha referencia para o rock nonoso país”, manifestou a edil.

Julio Mera, en representación daorganización do festival, agradeceuo apoio recibido do Concello dePonteareas e de todos os patrocina-dores, a maioría empresas e comer-cios da localidade, que colaboranpara sacar adiante este evento. “Es-peramos consolidar o festival, xaque o ano pasado viron máis de3.000 persoas. Ofrecemos música decalidade de balde por riba da famaque poidan ter as diferentes bandas,como son os casos de Julián Maesoe Los Labios, cabezas de cartel esteano. Amais, apostamos por músicaemerxente coma The Trunks, gaña-dores do noso concurso de bandas naque participaron 59 bandas, sendoseleccionadas 9 para a final”, expli-cou o membro da asociación Falcón.

A cuarta edición do Rock in Río Tea celebrarase de balde o 2 de xullo no parque da Feira Vella con dous escenarios O alcalde Xosé Represas e a concelleira de Cultura Hortensia Bautista,xunto a asociación Falcón, organizadora do evento, presentaron asactuacións de Julian Maeso, Los Labios, The Shoubinhas Experience,Yakuzas, The Trunks y Baby Jane

pONteAreAssAlvAterrA

Page 16: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016

O CONDADO

VI

Xosé Represas, María Jesús Garrote eManuel Troncoso, voceiros das tres for-zas políticas que forman o goberno, repa-saron o primeiro ano de mandatomunicipal

•Xosé Represas: “Neste primeiro anode traballo intenso logramos sacar adianteprioridades como os primeiros orzamen-tos dende 2010, garantimos estabilidadeno Concello, puxemos en marcha as pri-meiras medidas de cambio político peroqueda moito por facer”

•María Jesús Garrote: “A aprobacióndo Plan Urbanístico. co máximo con-senso, é un dos logros máis importantesdeste primeiro ano de goberno”

•Manuel Troncoso: “Estamos incre-mentando as axudas sociais e incidiremosno cambio en políticas sociais para as per-soas que máis o necesitan”

O alcalde de Ponteareas, Xosé Repre-sas, a primeira tenente de alcalde, MaríaJesús Garrote, e o cuarto tenente de al-calde, Manuel Troncoso, como voceirosdas tres forzas políticas do goberno mu-nicipal de coalición (BNG, PSOE eARDT) fixeron un balance moi positivodo primeiro ano de goberno municipal.Destacaron o bo entendemento de todo ogoberno co obxectivo de colaborar paramellorar Ponteareas e o día a día da cida-danía.

Xosé Represas manifestou que a pe-sares da situación económica do Concelloe dos graves problemas atopados nesteprimeiro ano, “traballamos intensamentee con rigor por parte do Goberno Muni-cipal, foi un ano difícil pero tamén ilusió-nante; puxemos as bases do cambio paraos vindeiros tres anos, garantimos a esta-bilidade no Concello con un acordo queesta permitindo concretar a aprobación decuestións prioritarias como os primeirosorzamentos anuais despois de 6 anos seneste documento básico para rematar codescontrol económico no Concello”

O Alcalde resaltou a herdanza reci-bida do anterior goberno do PP, “ademaisda débeda co Estado pola que nos embar-gan cada mes máis da metade dos ingre-

sos, seguimos recibindo condenas xudi-ciais de elevadas débedas sen pagar conelevados intereses de demora e costas xu-diciais ás que lle temos que facer fronte.Esta situación limita enormemente a ca-pacidade para investir no curto prazo e in-cluso para atender neste ano o gastocorrente e o mantemento en boas condi-cións das instalacións públicas, estradase camiños municipais”.

A aprobación do PXOMPola súa parte María Jesús Garrote re-

saltou o cumprimento dunha das princi-pais prioridades de Ponteareas e dogoberno municipal; a aprobación do PlanXeral de Ordenación Municipal despoisde trece anos de iniciados os traballos,“era urxente, pois permite dotar de segu-ridade xurídica a miles de vivendas e lo-cais comerciais e permitirá regularizar asituación de diversas empresas, co conse-cuente mantemento dos postos de traba-llo”. A concelleira de urbanismo tamén sereferiu ao cumprimento doutro dos com-promisos, a contestación por carta detodas e cada unha das case tres mil alega-cións ao PXOM. Sobre o requirimento dedocumentación do PXOM por parte daXunta de Galicia, a concelleira de urba-nismo afirmou que será entregada no re-xistro da Xunta en Santiago este luns,unha vez rematados os traballos este ven-res por parte da empresa contratada para

o Plan.Amais, Mª Jesús Garrote tamén des-

tacou a adhesión de Ponteareas á ÁreaMetropolitana de Vigo ou a apertura doPortal de Transparencia por parte da Con-cellería de Novas Tecnoloxías na páxinaweb do Concello. “O Portal de Transpa-rencia é un fito que explica a actitude e ohábito de render contas ante á veciñanzacoa posta en marcha de ferramentas departicipación. É certo que hai que ir do-tándoo de máis e máis contido, pero é ocamiño a seguir”, resalta a primeira te-nente alcalde.

“Neste primeiro ano tomáronse medi-das concretas para solucionar moitas dosproblemas e reclamacións da cidadaníasobre as estradas e camiños municipais, ailuminación pública, etc., así das 1.786peticións rexistradas foron atendidas, ataeste momento, case 1.300 peticións veci-ñais”, concluíu María Jesús Garrote.

Incremento das axudas sociais Pola súa parte o concelleiro de Servi-

zos Sociais, Manuel Troncoso manifes-tou, “neste ano iniciouse o cambio naspolíticas sociais para atender ás persoasque máis o necesitan; ofreceuse asesora-mento aos afectados por desafiuzamen-tos, ás cláusulas solo, mellorouse oservizo de comedor para as nenas e nenosdas familias con escasos recursos econó-micos”, engadindo que dentro das medi-

das máis relevantes está a modificaciónda ordenanza de axudas de emerxenciasocial, incrementando o número de fami-lias que poden acceder ás axudas e incre-mentando os importes así comoorzamento destinado a atender estas ne-cesidades que se incrementou nun 50%.“Nos vindeiros tres anos realizaranse oscambios necesarios para centrar aíndamáis os nosos esforzos na situación daspersoas que están nunha situación máisprecaria, esas son as nosas prioridades”,afirmou Troncoso

Medidas para favorecer o empregoO Alcalde resumiu as principais me-

didas dos primeiros 365 días, que se cum-pren o 13 de xuño, salientando o esforzodo Goberno na posta en marcha de medi-das para favorecer o emprego, subvencio-nando a creación de 14 novos postos detraballo, ofrecendo oportunidades labo-rais aos cidadáns coma os novos obradoi-ros de emprego para 20 persoas dirixidasá albanelería en obras de rehabilitación epor outro lado a atención socio sanitariade persoas no domicilio, ou o Plan de em-prego que permitiu contratar neste ano a34 persoas financiado con 250.000 eurosdos fondos da Deputación para os Con-cellos, ou os 20 empregos para persoas enrisco de exclusión social activados nestasemana.

Outras medidasAdemais das medidas postas en mar-

cha nas diferentes áreas de goberno, re-saltaron as seguintes:

Cultura: A realización dunha com-pleta axenda de actividades culturais e delecer ao longo de todo o ano, destacandoo apoio a eventos como o Festival Groba,o Rock in río Tea, Festival Internacionalde Danza ou o Festival das Brétemas.

Ensino e infancia: A posta en marchade iniciativas como o programa “Me-drando a par” para ás familias con fillas efillos de 0-3 anos, a “I Semana das Cien-cias” o campamento de verán “CampusTea”, medidas nas que xa participan cen-tos de nenas e nenos.

O goberno local de Ponteareas fai un balance moi positivo do primeiro ano de gobernoO goberno do BNG, PSOE e ARDT destacou a aprobación do PXOM, dos primeiros orzamentos dende 2010, as políticas de emprego e oincremento das axudas sociais

pONteAreAs

Page 17: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016 VII

O CONDADO

A dirección Xeral de Patri-monio ben de imporlle aoConcello de Ponteareas unhasanción de 6.000 euros polosdanos causados na construciónda senda do Tea ao seu pasopolo Castro da Croa. Estamulta é consecuencia da polí-tica do anterior goberno, res-ponsable de facer un sendeiro

ao pé do río Tea nunha zona deasolagamento e sen respectaros valores culturais e arqueo-lóxicos. A actuación do ante-rior Goberno, nalgúns tramos,foi un malgasto de cartos pú-blicos como se demostrouneste inverno coa desfeita dassucesivas crecidas do Tea.

A senda foi realizada no

ano 2013 entre a Freixa e oPozo do Barco, na praia fluvialde Padróns ao longo do 3.160metros, e implicou o removidode terras que afectaron á inte-gridade do patrimonio conser-vado no xacementoarqueolóxico do castro daCroa, ben inventariado polaDirección Xeral de Patrimonio

Cultural da Xunta de Galicia.Sobre a situación da senda

do Tea o goberno local adian-tou que está a traballar, encoordinación coa Conselleríade Medio Ambiente, no pro-xecto de actuación para contarcunha senda que respecte o ríoe o rico patrimonio medioam-biental e cultural da zona.

O Concello deberá pagar unha sanción de 6.000€ polas obrasde 2013 na senda do Tea ao seu paso polo castro da CroaO actual Goberno local está traballando para contar cunha senda que respecte o rico patrimonio medioambiental e cultural da zona

A aula do Centro para aModernización e InclusiónTecnolóxica (CeMIT) , sito narúa Oriente nº12, segue coasnovas e variadas ofertas de cur-sos de informática, organizadapor temáticas e idades, co espe-cial obxectivo de salvar a fendatecnolóxica en maiores e per-soas con discapacidade.

Os interesados xa se podeninscribir ata o 1 de xullo nocurso Elabora o teu CV que co-mezará o 4 e rematará o 8 dexullo, con diferentes horariosde mañá de 10.30 a 12.00 horas

e horario de tarde de 16.30 a18.00 horas, o luns, o mércorese vernes desa semana.

O prazo de inscrición para oseguinte curso Busca de em-prego remata o 8 de xullo e co-meza o 11 e finaliza o 15. Teráhorario horario de mañá e detarde, de luns a venres.

O 15 de xullo será o fin deinscrición para Informáticapara menores, que comezará oluns 18 e rematará o venres 22en horario de 10.30 a 12.30 h.

O fin de matrícula para OUso seguro das TIC é o 29 de

xullo, que comezará o 1 deagosto e remata o 5 de agosto,en horario de 10.30 a 12.30 h.O 5 de agosto remata a inscri-ción para o obradoiro da se-guinte semana do 8 ao 12 deagosto Uso da tablet, en horariode 16.00 a 18.00 h.

O 12 rematará a matricula-ción para o obradoiro Trocospor Internet do 16 ao 19 deagosto, en horarios diferentesde 10.30 a 12.00 e 16.30 a18.00 horas. Por último, o finde inscrición no curso Protexeo teu PC remata o 26 de agosto

e realizarase do 29 de agosto ao2 de setembro, no mesmo ho-rario que o anterior.

Este servizo ofrécese grazasá concesión dunha subvenciónpor parte da Axencia para aModernización Tecnolóxica,dependente da Consellería dePresidencia, AdministraciónsPúblicas e Xustiza.

O Concelleiro de NovasTecnoloxías Benito Márquezanima á toda a veciñanza aanotarse nestes cursos “porqueaxudan a adaptarse á nova eradixital”.

Aula de informática CeMIT segue coas súas actividades nos meses de xullo e agosto Ofrece novos cursos en horario de mañá e tarde con diferentes temáticas e públicos

Pode solicitar informa-ción na Gardería Municipalou nas oficinas municipais

Ata o 30 de xuño de2016 pódese solicitar prazana gardería municipal deMondariz Balneario para ocurso 2016-2017.

Aberto o prazopara solicitar plazana Gardería deMondariz Balneario

As Neves promo-ciona a cultura e aenogastronomía enFESTUR

Na terceira edición deFESTUR o Concello dasNeves promocionará os re-cursos turísticos do munici-pio, con especial atención aoferta enogastronómica.

Festa do Tinto Rías Bai-xas celebrará a súa XI edi-ción neste 2016, a segundafin de semana de xullo, osdías 9 e 10. A Feira do Re-queixo e do Mel que se ce-lebra todos os anos o venresde Semana Santa, está de-clarada dende maio do ano2013 Festa de Interesa Tu-rístico de Galicia

pONteAreAs

pONteAreAs

mONdArIz-bAlNeArIO

Page 18: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016VIII

OPINIÓN

“Igualdade”, esa palabra maltratada, mercantili-zada, pisada, lixada, baleira e que a día de hoxe distamoito de reflectir o seu contido, está relegada a unconcepto do que se apropian os espabilados de turno,usada para vender un compromiso inexistente, paraaparentar o que non se é, para presumir dunha formade vida que nin practican nin cren, esa palabra que levapor bandeira tanto aproveitado.

Igualdade, que mágoa que non sexas unha reali-dade, unha forma de vida, unha crenza, unha loita, unideal, quedaches relegada a unha foto para evidenciarun apoio falso. Igualdade, cuspe a túa xenreira sobrequen te traizoa, homes e mulleres que presumen de tedefender, organismos que fan gala de te apoiar, unhasociedade que non te merece e que te ofende unha eoutra vez coa súa desidia, co seu silenzo cómplice.

Igualdade! igualdade de dereitos, responsabilida-des e oportunidades das mulleres, imparcialidade notrato, medidas encamiñadas a compensar as desvan-taxes históricas e sociais que arrastran as mulleres. Épreciso e urxente deconstruírte, lembrar o teu signifi-cado, o valor e beleza do teu nome, todo o que preten-días ser, a bandeira ergueita dunha loita que hoxe, éevidente, dista moito de selo.

Xente noxenta e infame usa o teu nome para ven-derse como produto, o único que fan é engadir o teunome nun título dun espectáculo e xa está! ninguénmira o que se agocha detrás, que xentes están detrás,que preparación teñen,… ninguén, o teu nome é ga-rante de todo, que noxo e que mágoa, así podemos ver(son datos reais), o que o ano pasado era “Mostra deTíteres para nenos 2015 ou Mostra de contacontosmusicais para nenos 2015” este ano pasou a ser “Mos-tra de Títeres de igualdade para nenos 2016” e Mostrade contacontos musicais de igualdade para nenos2016”, mercadear contigo é noxento, a cantos eurosvai o quilo de “igualdade”? E o máis triste é que se

consinte, se lle engades a todo isto a que a maioría dasactividades son dirixidas á infancia a cousa é graví-sima. Un organismo provincial tivo a ben poñer nasbases que se valoraría a igualdade e aí temos o resul-tado, que pensades que pasou? tal e como nos temia-mos, nada de nada, así que un montón de actuaciónsdirixidas á infancia estarán baixo ningún tipo de su-pervisión, nada novo, por outra parte, logo botamosas mans á cabeza. Realmente desesperanzador ver queaínda que muden os partidos políticos, todo segueigual.

O mundo da política non é unha excepción, hai unsdías decidín facer unha análise e é demoledor o resul-tado, para ningún partido o tema da igualdade e vio-lencia de xénero é o principal, a ningunha persoacandidata lle escoitei como prioridade esta pandemiada violencia, ningunha. O único que fan é concederlleuns segundos escasos para vender un ideal no que nincren, xa que senón estaría como absoluta prioridade.A metade da poboación mundial está a ser asesinada,vexada, maltradada… e non o consideran prioridade.Naturalmente logo fan videos nos que se autovendencomo garantes da igualdade, fotos nas que se autopro-mocionan como os meirandes valedores da violenciade xénero. Só lles interesan despachos e escanos, ver-goñento. Non queremos videos nin fotos, queremoscompromisos claros e á hora da verdade a muller nonimporta, igualdade e política son incompatibles a díade hoxe.

Pero o peor foi cando escoitei a voz da sociedadepreguntar aos partidos políticos e… tampouco o teñencomo prioridade, algo escandaloso, a sociedade viveás costas da realidade, as mulleres non merecemos estemundo e, por triste que pareza, as propias mulleres nonestán unidas nin son conscientes da gravidade destapandemia que nin queren ver. Só cando teñen o terrorá beira súa é cando se escandalizan, cando pasa algo

terrible moi preto, saben que todo eso pasa todos osdías en calquera parte do mundo, ah, pero está lonxe,non queren problemas, prefiren vivir nunha comodi-dade vergoñenta.

Os medios de comunicación usan o teu nome paraen datas sinaladas vender noticias, a ser posible deforma macabra, así será máis notoria a súa presenza, oseu compromiso co teu nome, o que fan é desprezarteunha e outra vez. Nos seus medios ridiculízase á mu-ller, programas ofensivos enchen as pantallas e a so-ciedade cala, todo eso é síntoma do mundo en quevivimos, a ninguén importa cantas persoas están a su-frir.

Escandaloso é o mundo do deporte, estes días sal-tou a información de explotación, comercio e trata demulleres, ninguén se pregunta como estarán esas po-bres mulleres, o engano e as vexacións ás que foronsometidas, o que preocupa é quen será o titular, pobreshomes! como dubidar deles, son un símbolo nacional,se a policía atopou evidencias non importa, seguro queao final elas serán as culpables, coma sempre. E todaa sociedade cala, ese é realmente o grave do asunto.

Igualdade, pídoche perdón por non te saber defen-der e non poder levar a túa mensaxe a todos cantos lu-gares eu quixera. Eu non son importante nin famosa,non comercio contigo, téñoche respecto e quero quete coñezan… pero non é dabondo. Hoxe se non vas enminisaia, se non levas escote, se non amosas o cú, senon te vendes, se non cedes… si, todo eso estase afacer en bibliotecas, colexios, institutos, auditorios, alíonde se programa para público infantil, adolescente,adulto, esa é a idea que teñen de concienciar e ninguénfai nada. Nesas mentes que son como esponxas estána medrar uns conceptos de igualdade cos que eu estouescandalizada. Eu non mudarei a miña maneira depensar nin de ofrecer o teu valor, sinto non poder facermáis, pero non te vendo nin venderei nunca, seguireihumildemente defendéndote alí onde me deixen.

Ana HermidaAsociación Lisístrata

Deconstruíndo a igualdade

Page 19: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016 IX

OPINIÓN

Alberto López MartínezTraballador de Médicos Sen Fronteiras

Cando en 2016 día a día avanza o desemprego, a pre-cariedade, a temporalidade ou a taxa de pobreza, avanzatamén o discurso interclasista na nosa sociedade, un dis-curso que nega a existencia da loita de clases comomotor da sociedade e o papel que teñen que xogar as am-plas masas de asalariados e asalariadas.

Día tras día os datos e a nosa realidade cotiá mós-trannos a vixencia máis que nunca da clase obreiracomo suxeito político chave e fundamental para o cam-bio. Unha clase que ocupa, ou máis ben debe de ocupara centralidade do taboleiro para calquera transforma-ción que poña en xaque ó sistema socioeconómico ba-seado na explotación das amplas masas traballadoraspor unha minoría posuidora do grande capital.

No conxunto do estado español, tan só o 2% dasgrandes empresas facturan o 80% das mercancías e ser-vizos e son menos de mil empresas as que empregan a3,6 millóns de traballadores e traballadoras, ademais onúmero de persoas asalariadas no estado supera ós 14millóns, esta realidade ten o seu co-relato a nivel na-cional.

O desemprego no noso País ronda o 20%, sendo

moito maior na mocidade que sofre aínda máis as con-secuencias do sistema capitalista que padecemos. Nosúltimos 5 anos (período 2010-2015) a xuventude ocu-pada na Galiza diminuíu nun 33%.

Esta escolma de datos non fan máis que demostrarque a mocidade é, no mundo laboral, o espectro da so-ciedade que maior precariedade sofre, e é por iso queten que ser punta de lanza na batalla pola superacióndo sistema que oprime ós e ás traballadoras en benefi-cio das grandes trasnacionais.

Unha xuventude que dende fai xa varios anos foiafastándose do discurso das grandes centrais sindicais,discurso, en moitos casos e sen xeneralizar, baseado nanula confrontación coa patronal, baseado na defensadas cotas de poder e non na protección nítida e integraldos e das traballadoras.

Nos últimos tempos, existen ó longo do territorioque conforma o estado español novas formas de loitaobreira, paralela á loita do movemento obreiro sindicalmáis clásico, unha loita que estivo, en casos como a dostécnicos de Movistar, baseada na unidade das traballa-doras por enriba das propias centrais sindicais.

Cos datos de desemprego na mocidade rondando o50% a loita sindical faise aínda máis difícil, acentuán-dose tamén naqueles mozos e mozas con emprego quesaltan de traballo en traballo, cunha taxa de temporali-dade do 60% que dificulta tamén que podan organi-zarse nos seus centros de traballo.

Por iso é fundamental o papel que deben de xogaras seccións sindicais nas nosas empresas, uns espazosque sirvan para a organización dos e das traballadoras,uns espazos dende os que reivindicar os nosos dereitoslaborais perante os ataques da patronal, uns espazos ba-seados na igualdade e na solidariedade, que sexan unpolo de resistencia e de contraataque, e dende os que iracadando pequenas vitorias construíndo poder do pobo.

É, o movemento obreiro sindical o motor do cam-bio. Tal e como apuntabamos, a clase obreira segue aestar no centro do taboleiro e son os sindicatos os es-pazos de masas onde se aglutinan e organizan as am-plas masas traballadoras, e dende os que ir elevando odiscurso de clase, e dende as problemáticas máis con-cretas ir adquirindo conciencia para a superación dosistema.

A clase traballadora e o movemento obreiro e sindical en 2016

A repetición das eleccións xerais ten provocadofrustración, desafección e cansanzo. Tamén en Galiza.Moita xente está a pensar en se ir a votar ou non, ou aque forza apoiar. Motivos non lles faltan. Mais este26X a abstención non pode ser unha opción, e menospara os traballadores e as traballadoras. Se non imosvotar, outros votarán por nós e na nosa contra.

A clase obreira galega non pode ficar indiferentediante de ningún proceso electoral, pois é nos parla-mentos, como o Congreso español, onde se toman asdecisións que atinxen as nosas condicións laborais, sa-lariais e de vida. Non nos é indiferente o resultado deningunha elección. Ao contrario. Temos que empregaro noso voto para facer avanzar unha nova correlaciónde forzas a nivel institucional, que sexa favorábel ásdemandas e reivindicacións que tantas veces nos teñenlevado a nos mobilizar nas rúas. Non é igual que noCongreso haxa máis bancadas comprometidas con de-

fender os nosos dereitos como clase, ou a os recortar eatacar sistematicamente.

O próximo 26X temos unha oportunidade de em-purrar o cambio no Estado, pero sobre todo temos aoportunidade de facelo por, para e desde Galiza.Diante da desertización produtiva e industrial, preci-samos ter unha voz enérxica que defenda o noso de-reito a producir, a vivir dignamente do noso traballona nosa terra.

Necesitamos que Galiza volva existir no debateparlamentar en Madrid, para que os nosos problemasestean acima da mesa exixindo solucións. Para defen-der un cambio de rumbo que pasa por derrogar total-mente as reformas laborais do PSOE e do PP, a danegociación colectiva e a das pensións, coas que nosroubaron dereitos. Pero tamén para exixir soluciónspara o sector naval, para o sector leiteiro, para a pesca.Para demandar oportunidades que poñan fin á emigra-

ción xuvenil que hipoteca o noso futuro, á precarie-dade laboral que nos empobrece e ao brutal desem-prego que padecemos.

As últimas dúas décadas demostraron que só candoo nacionalismo galego ten representación no Congreso,Galiza existe na política estatal. Só o BNG é garantíade que haberá unha voz firme, coherente, comprome-tida e sen subordinación a defender os intereses do nosopaís e das clases populares e traballadoras galegas. E fa-rémolo, coma sempre, cortando o paso á dereita, axu-dando a desaloxar ao Partido Popular do goberno centrale, sobre todo, obrigando a unha viraxe radical nas polí-ticas para que a mudanza sexa real e non só de aparen-cia. Votando o BNG-Nós perde Rajoy, perden aspolíticas de dereita impostas polo PP (e antes poloPSOE) ao ditado da Troika, e gaña Galiza. Gaña a es-peranza. Recuperemos a voz e o voto no Congreso. Estána túa man. No teu voto.

Votemos como traballadoras galegas

Xabier Pérez IgrexasActivista contradiscurso.net

Page 20: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016X

OPINIÓN

Nacían as “Irmandades da Fala” hai cen anos nacidade da Coruña, epicentro daquelas do galeguismoe republicanismo galego. Facíano a partir do cha-mado do escritor e xornalista Antón Vilar Ponte,quen convocaba a diversos galeguistas a se reunireno 18 de maio daquel 1916; de cara a crear unha or-ganización ‘nacionalista’ que superara o ‘rexiona-lismo’ do tempo previo... A convocatoria foi unéxito, creándose a partir daquela xuntanza “Irman-dades” na Coruña, Compostela, Monforte, Ponteve-dra, Ourense, Vilalba, Ferrol, Vigo, Melide., AEstrada, Betanzos, mesmo La Habana ou Madrid,entre moitas outras...

En definitiva, creábase unha constelación deagrupamentos locais en favor da normalización e le-galización da lingua galega, que reivindicaban ofeito nacional galego. Desde aquela primavera do1916 desenvolveron as ‘Irmandades da Fala’ diver-sas iniciativas en favor dunha e outra reivindicación.Conxugaban en chave nacional galega, así, pois,loita cultural e política até 1931, que deron lugar aoPartido Galeguista, partido político de referenciapara o nacionalismo galego até o golpe militar dexullo do 1936.

Para alén de celebrarmos a efeméride relativa aocentenario das “Irmandades da Fala”, é central res-gatar o axir das mesmas e a memoria das figuras quederon lugar a aquela magnífica rede galeguista.

Neste senso, a figura de Lois Porteiro Garea debeser reivindicada. Porteiro Garea naceu en Lugo o 16de novembro de 1889, trasladándose a Santiago deCompostela poucos anos despois, onde estudaría na

Faculdade de Dereito da Universidade de Santiagode Compostela. A seguir doutoraríase en Dereito enMadrid, cunha Tese sobre o sistema parlamentario eo caciquismo. Na capital de España comezou a cola-borar na prensa, achegándose ao galeguismo políticograzas á súa amizade con Rodrigo Sanz, senlleira fi-gura do agrarismo galego e do “Secretariado de Ga-licia” en Madrid. O activismo anticaciquil de LoisPorteiro Garea fixo que este se achegara ao agrarismo

de “Acción Gallega”, sendo electo concelleiro agra-rio na Corporación municipal compostelá, como benten indicado recentemente Prudencio Viveiro Mogonas páxinas de Murguía, Revista Galega de Historia(vol. 32; 2015).

Na primavera do ano 1916 sería un dos primeirosmembros das “Irmandades da Fala”, sendo eleitopresidente da “Irmandade da Fala” de Compostela.Pronunciaría numerosas conferencias e sería autordunha manchea de artigos de imprensa. No ano1918 apresentouse como candidato ás Eleccións Xe-rais ao Parlamento español, malia non ser eleito co-lleitou uns bons resultados. Catedrático de Dereitona Universidade compostelá, foi un dos primeirosdocentes en impartir unha conferencia en galego nomarco universitario (setembro de 1915).

Como avogado, Lois Porteiro Garea representa-ría a obreiros e líderes sindicais, caso do anarquistaXosé Pasín, membro tamén da ‘Irmandade da Fala’de Compostela na súa fundación.

No outono do 1918 falecía Lois Porteiro Garea,interrompéndose así o seu axir e unha magnífica ca-rreira profisional. A data do pasamento de Lois Por-teiro Garea sería ano trás ano lembrada polas

‘Irmandades da Fala’ dado o seu contributo intelec-tual e axir.

Co seu axir e capacidade intelectual, Lois PorteiroGarea demostrou ser unha das figuras de maior relevodo pensamento galego naquel primeiro tempo das ‘Ir-mandades da Fala’, xunto ao tamén malogrado JohánVicente Viqueira, os irmáns Antón e Ramón VilarPonte, Antón Lousada Diéguez ou Vicente Risco.

Recuperarmos a Lois Porteiro Garea.Centenario das Irmandades da Fala

Uxío-Breogán DiéguezProfesor da Universidadeda Coruña

Page 21: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016 XI

BAIXO MIÑO

A Presidenta da Deputación Car-mela Silva, participou na apertura daxornada “Xuventude 3.0. Outra ollada”,organizada pola institución provincialpara dar a coñecer as novas políticasprovinciais en materia de xuventude,pero sobre todo “para escoitar a todosos colectivos que traballan cos mozos emozas e que saben mellor que ninguénas súas necesidades, gustos e deman-das”. No acto tamén estiveron a Depu-tada de Cohesión Social e Xuventude,Digna Rivas; a deputada de Xuventudeda Deputación de Xaén, María ÁngelesLeiva; e a concelleira de Turismo, Pa-trimonio e Mocidade de Tomiño, Fá-tima Rodríguez.

Dende a Deputación provincial con-cibiuse esta xornada de traballo comaun foro de debate para intercambiar ini-ciativas, proxectos e experiencias sobrepolíticas activas coa xente moza. “Hoxepresentamos aquí todo o que estamosfacendo dende o noso Goberno de caraá mocidade, pero sobre todo hoxetemos que abrir un espazo de debateentre as distintas administracións, enti-

dades e colectivos sobre que me-didas e políticas precisan os nososmozos e mozas”, manifestou aPresidenta. Para destacar a impor-tancia que dende a nova Deputa-ción se lle dá aos mozos e mozas,a Presidenta lembrou que se creouunha área específica para a xuven-tude, a área de Cohesión Social e

Xuventude, pero resaltou que non só setrata dun departamento estanco, senónque “traballamos coa mocidade de xeitotransversal entre todos os departamen-tos. As políticas para os máis novosestán inxeridas en todas as nosas actua-cións e non só nunha área estanca”.

Tras o acto de apertura de “Xuven-tude 3.0. Outra ollada”, a xornada con-tinuou desenvolvéndose como foro dedebate e diálogo. Na mesa redonda“Políticas efectivas de Xuventude” ti-veron a palabra distintas administra-cións que levan a cabo políticas activaspara os máis novos, querendo simboli-zalo nun concello grande como Vigo enoutro máis pequeno coma Tomiño,ademais da Deputación de Xaén que tendende fai tempo iniciativas efectivascos máis novos. Na mesa redonda “Xu-ventude 3.0. Programas e proxectos”escoitáronse diferentes sectores da so-ciedade civil que se moven con éxito noámbito da xente moza, como Agareso(Asociación Galega de Reporteiros So-lidarios) ou o Festival Revenidas.

¨Xuventude 3.0. Outra ollada¨ convértesenun espazo de diálogo e debate sobrepolíticas efectivas para a mocidade

Do 4 ao 8 de xullo as instalaciónsdeportivas municipais Álvarez Duránacollerán o Campus de Fútbol da Fun-dación Celta de Vigo en colaboraciónco Concello de Tui e o Tyde. Vai diri-xido a rapaces e rapazas entre os 4 e os16 anos que se poden inscribir ata o 1de xullo ao través da web www.funda-cioncelta.com. O prezo por participanteé de 130 euros, salvo para os xogadoresdo Tyde F.C. que aboarán 115 euros. Asclases de luns a xoves serán de 10 a14h e o venres de 10 a 18h, incluíndo oxantar e a festa fin de campus á que po-derán asistir tamén as familias.

Foi presentado o Campus na casa doconcello de Tui polo concelleiro de De-portes, Laureano Alonso, o presidentedo Tyde F.C., Elias Vieiro, o director daFundación Celta de Vigo, Germán Ar-teta e o responsable das escolas doCelta en Galicia, Diego García.

Laureano Alonso,concelleiro de Deportes,destacou que para oConcello é unha honrapoder contar con estacolaboración co Celta eo Tyde, ao tempo que sa-lientou a oportunidadeque o Campus repre-senta para mellorar ascondicións técnicas doparticipantes.

Elías Vieiro, presi-dente do Tyde F.C., ex-

plicou que o ano pasado na primeiraedición desta actividade en Tui conta-ron con 25 participantes, cifra que agar-dan superar este ano xa que é unhaoportunidade para rapaces e rapazas dechegar mellor preparados e formadosao comezo da nova temporada.

O director da Fundación Celta deVigo, Germán Arteta, destacou quecada participante recibirá unha equipa-ción, e agradeceu a colaboración tantodo Concello coma do Tyde, que fan quese sintan en Tui coma na casa. O res-ponsable das escolas do Celta en Gali-cia, Diego García, foi o encargado dedar os detalles técnicos explicando quehaberá catro áreas nas que traballarános cinco días do Campus: coordinacióne psicomotricidade, técnico-táctico,multideporte e competicións indivi-duais e colectiva. O mércores amaisavanzaba que terán algunha sorpresa.

Tui acollerá do 4 ao 8 de xullo o Campusde Fútbol da Fundación Celta de Vigo

Page 22: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016XII

As liñas de actuación da estratexia queo grupo de desenvolvemento ruralGDR14 presentará á convocatoria LEA-DER, daranse a coñecer no Rosal

Os 13 concellos participantes presen-tarán, nun acto simbólico, o documento“Liñas de actuación e Plan de Acción”,elaborado polos técnicos e poboación par-ticipante no proceso

Mañá mércores 15 de xuño, os alcal-des e alcaldesas pertencentes ao Grupo deDesenvolvemento Rural GDR 14, presen-tarán o documento resultado da finaliza-ción da segunda fase do procesoparticipativo de elaboración da estratexia

de desenvolvemento local: as Liñas de ac-tuación e o Plan de acción.

Deste xeito, os 13 municipios que for-man o grupo presentarán de modo públicoestes documentos elaborados polo persoaltécnico do GDR e poboación participanteno proceso, mediante un acto simbólico,que terá lugar na adega Lagar de Fornelos(O Rosal) ás 11.30 horas.

Este constitúe o paso previo a ter o do-cumento que se presentará á candidatura,que recollerá a estratexia local que rexiráo proceso de financiación de proxectosnas convocatorias de fondos LEADER doprograma 2014-2020.

Esta actividade forma parte dasprogramadas dentro da Festa da Lan-gosta e da Cociña Mariñeira, a festapor excelencia da localidade, que terálugar os días 1, 2 e 3 de xullo.

A Travesía Nado está promovida exestionada pola Concellería de De-porte da Guarda en colaboración coclub de Remo Robaleira; o Club ALA-GUA; a Confrarías de PescadoresSanta Tecla; e o RíoVerde motores fo-rabordas. Nela poderán participar tantonadadores federados como non federa-dos.

Existen un total de 12 categorías, 6para homes e seis para mulleres, dis-tribuídas do seguinte xeito:

CATEGORÍA FEMININACATEGORÍA MASCULINA

A - Nados nos anos 2010-2016 C - Nados nos anos2010-2016

B - Nados nos anos 2005-2009 D - Nados nos anos2005-2009

E - Nados nos anos 2001-2004 I - Nados nos anos 2001-2004

F - Nados nos anos 1996-2000 J - Nados nos anos1996-2000

G - Nados nos anos 1979-1995 K - Nados nos anos1979-1995

H - Nados en 1978 e anterio-res L - Nados en 1978 e anterio-res

A distancia varía segundo a catego-ría. Para A, B, C, D é de 400 metros.Para o resto será de 1200 metros. Asaída será dende o Porto da Guarda,xunto á Carpa da Festa da Langosta.

O prazo de inscrición está abertodende o día 10 de xuño ata o mércores29 de xuño. A inscrición é gratuíta epode realizarse na webhttp://www.reunalia.com/7045867. Osnadadores minores de idade necesitanautorización do pai/nai ou titor, quepoden descargar na parte inferior destapáxina, para recoller o gorro. Esta re-collida farase o día da proba entre as10,30 e as 11,50 horas.

21ª edición da Travesía a Nado da GuardaA Guarda prepárase para celebrar, o vindeiro 2 de xullo ás 12h a 21ª edición desta competición. O pasado 14 de xuño, tivo lugar a pre-

sentación da Exposición “Exodus” queestará até o 29 de xuño.

A Guarda inicia así o percorrido destamostra fotográfica, organizada pola De-putación de Pontevedra, que amosa foto-grafías sobre refuxiados tomadas polosfotoxornalistas galegos Felipe Carnottoe Adrián Irago durante os meses de se-tembro e outubro de 2015.

A mostra conta cun total de 30 obrasque documentan as vivencias dos refu-xiados que foxen de distintos conflitosbélicos para chegar a Lesbos e percorreros Balcáns na busca dun novo fogar enEuropa.

A exposición permanecerá na Casa doConcello da Guarda ata o día 29 para quetodo o que o desexe poida achegarse enhorario de 8 a 14 horas e contemplar estassobrecolledoras imaxes, que buscan con-cienciar sobre a situación dos refuxiados.

Exodus até o 29 de xuñoA GuArdA A GuArdA

BAIXO MIÑO

Page 23: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016 XIII

Rosal é unha das subzonas da Deno-minación de Orixe Rías Baixas onde seelabora uns dos viños brancos con máisprestixio e recoñecemento no panoramavitivinícola.

Os viños do Rosal acumulan distin-cións e galardóns nas máis prestixiosascatas e testemuñan a súa presenza nasmesas de todo o mundo.

Cada terceiro fin de semana do mesde xullo celébrase a feira de exaltacióndeste viño de sabor incomparable e único.Un evento consolidado, declarada Festade Interese Turístico de Galicia, e ampa-rada pola participación de adegas que for-man parte da D.O. Rías Baixas.

Unha celebración que á súa vez secomplementa con actividades lúdicas,culturais e deportivas.

A Oficina Municipal deTurismo de Tui, na praza deSan Fernando, acolle aolongo deste mes de xuño aobra de catro pintores. Trá-tase de Marta Docampo Ca-baleiro que presentaacuarelas, Roberto Trigasobras en pluma e tinta china,Javier Trigas con lapis de

grafito e Antonio Abalde queachega con distintas técnicaspaisaxes galegos.

Ademáis os que se ache-guen ata a Oficina Municipalterán a oportunidade de vertraballar en directo a AntonioAbalde retratando distintosrecunchos da cidade.

Catro pintores amosan a súa obra na Oficina Municipal de Turismo

Mil metros cúbicos de area, seránnecesarios para acondicionar a Praiade Goián, situada á beira do EspazoFortaleza, despois dos danos ocasio-nados polos temporais e aumento des-mesurado do caudal do río Miñodurante os últimos meses.

Francisco Campo Lago, conce-lleiro de Vías e Obras, explica que se

trata de obras de ca-rácter excepcional, xa que o estado enque quedaron as instalacións imposi-bilita totalmente o uso das mesmaspor parte da veciñanza. “Son obras decarácter excepcional, que contan contodos os permisos e autorizacións ne-cesarios dos organismos correspon-dentes (Patrimonio, Rede Natura,

Costas, etc.)”, aclara.A intervención consistiu concreta-

mente, en reconstruír os accesos áspraias e a zona de duchas, por afundi-mento, cun investimento que rolda os20.000 euros.

A area necesaria para rechear apraia, é de balde, xa que procede dazona da desembocadura do Miño,onde era necesario dragar o canal doferry entre A Guarda e Caminha.

Por outra banda, será necesario re-construír tamén o pantalán, que foi se-riamente danado e desprazado do seulugar orixinal varios metros.

Paralelamente, o Concello está aacondicionar o Espazo Fortaleza decara ao verán, procedendo á limpeza,corte da herba, e outras tarefas demantemento e conservación.

O Concello acondiciona a praia de Goián e o Espazo Fortaleza, de cara ao veránOs efectos das crecidas do río durante o inverno causaron importantes danos, tanto na praiacoma no pantalán situado na zona

A XXIV Feira do Viño doRosal celebrarase os días15, 16, e 17 de xullo

tOmIñO

tuI

O rOsAl

BAIXO MIÑO

Page 24: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016XIV

O MORRAZO

Vimos de observar como nos últimos meses nonhoubo xeito de formar goberno. A propia En Mareaobservou coma o PSOE zombie de Felipe González,Susana Díaz e os mercados, non permitía a confor-mación dun goberno plurinacional e de esquerdas. Oempeño de sentar a Ciudadanos na mesa, rematou porser un obstáculo continuo para a chegada dunha ondade cambio en todo o Estado que rematase cos políti-cas neoliberais dos ultimos catro anos. Mentres EnMarea observaba como un Rajoy en funcións conti-nuaba executando decisións que condenaban ó pobogalego, caso da prórroga por 60 anos a ENCE. Taménobservamos como se reixataba a constitución da co-misión de investigación do accidente de Angrois;unha infamia.

Malia todas estas dificultades En Marea desen-volveu un traballo digno representando ó pobo ga-

lego. Dende a proposta de revogación da prórroga aENCE, ata a defensa do ensino galego, pódese afir-mar que nunca o pobo galego estivo tan represen-tado, tanto cuantitativa como cualitativamente, noCongreso dos deputados. Ver a Pedro Sánchez atacarpor primeira vez na historia do Congreso dos depu-tados, ó pobo galego por querermos exercer o dereitode autodeterminación, debe enchernos de orgullo.Sen lugar a dúbidas a intervención de Alexandra Fer-nández no debate de investidura, marcará un antes eun despois respecto a Galiza, dende que no ano 78 seconstituíse esto que PP, PSOE e C’S chaman demo-cracia.

A que nos enfrontamos agora? Pois a unha situa-ción límite. A unha morte súbita. A un todo ou nada.En Marea vai camiño de converterse e consolidarsecomo segunda forza política na Galiza, semella que

incluso con opcións de ser primeira forza nalgunhacircunscripción. No conxunto do Estado a esquerdarupturista representada por forzas como Compromis,CHA, EU, Equo, Anova, En Comú, Podemos e unlongo etc, poden facerse coa segunda posición. Aquíestá o todo ou nada. No camiño que colla o PSOE.Só hai dous posibeis camiños: o primeiro pactar coasesquerdas rupturistas para cambialo todo. Isto pasaporque o PSOE recupere a súa esencia esquerdista,obreira e plurinacional. A segundo camiño é undrama para o conxunto das galegas e das cidadás doconxunto do estado. Que o PSOE siga o trazado mar-cado por Felipe Glez, Susana Díaz e os mercados: agran coalición por acción ou omisión, e cun C’s queactúa como caxato do bipartidismo. O camiño é re-forzar ás persoas e ás nacións. Por iso eu o teño claro.O 26 X, eu son En Marea.

26 X: última oportunidade

Aarón Franco OutónConcelleiro da Marea Marín

Page 25: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

O MORRAZO

FINAIS DE XUÑO 2016 XV

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e aconcelleira de promoción económica eturismo, Silvia Carballo, presentaron oinforme co plan de emprego e de desen-volvemento local, que conta con impor-tantes iniciativas que sitúan a Bueu navila morracense na que máis descendeuo paro. Segundo datos da Consellería deEconomía e Industria, en maio do 2015había en Bueu 1055 parados, e en maiodo 2016, 978. Iso implica un descensodo 7%, fronte ao 5% da media no con-xunto da comarca do Morrazo.

Así, no ámbito do emprego, desta-can a posta en marcha de dous cursosbásicos de fitosanitarios subvenciona-dos polo Concello, ademais de anunciara organización de dúas novas ediciónsno futuro inmediato. Seguindo coa for-mación e o emprego, neste ano 2016 es-tase a traballar en colaboración coGALP Ría de Pontevedra para a crea-ción dun plan intermunicipal de em-prego no sector náutico, pesqueiro edeportivo, para o que xa se mantiveronreunións con empresas dos tres sectores.

No que atinxe á contratación de de-sempregados, contrátanse a 30 persoasno marco do Plan de Conservación2016, que subvenciona a Deputación dePontevedra, que ten un custe total de220588,74 euros, dos que 86954,89euros corresponden á achega municipale que se destinan a complementar os sa-larios dos contratados con este pro-grama. Tamén se está tramitando unha

subvención á Consellería de Economía,Emprego e Industria para a contratacióntemporal de persoal, para a que o Con-cello solicitou trece socorristas para aspraias, dúas persoas para o servizo delimpeza e tres para o servizo de apoioadministrativo. O custe total do pro-grama ascende a 90089,88 euros, dosque 85800 euros corresponden á sub-vención solicitada e 4289,88 euros áachega por parte do Concello.

Por outra banda, no marco da áreade desenvolvemento local, Félix Juncale Silvia Carballo quixeron destacar aparticipación da institución municipalno GALP Ría de Pontevedra e no Grupode Desenvolvemento Rural. Así, estasetramitando a solicitude ao GALP parapoder acometer a 2ª e 3ª fases do pro-xecto de rehabilitación do Estaleiro daBando do Río.

Destacable é tamén o mercado eco-lóxico e artesanal Ecobueu, do que secelebrou o pasado domingo a sétimaedición e que supón un pulo e un fo-mento da economía local e sostible.Neste sentido camiñan tamén os merca-dos temáticos, que se celebran no pri-meiro andar da Praza de Abastosbuenense, reformada recentemente.

E por último, o Departamento dePromoción Económica traballa asímesmo na integración do medio am-biente en proxectos e lugares estratéxi-cos, como pode ser Cabo Udra,integrada na Rede Natura 2000.

Bueu fai balance e presenta as súasactuacións en materia de empregoe desenvolmento local

Presentouse o 14º Certame deComic do Concello de Cangas doMorrazo. Está dirixido a mozos emozas non profesionais de ata 35anos e establécense 3 categorías.

Categoría A: de 18 a 35 anosCategoría B: de 14 a 17 anosViñeta Xove: menores de 14 anosO prazo de presentación de traba-

llos remata o xoves 30 de xuño naCasa da Xuventude de Cangas.

Volve o Salón do Cómic e Ilustración de Cangas

A partir de mañán día 16 de xuño,o Centro de Interpretacion dos Petro-glifos de Mogor, abrirá de xeito con-tinuado durante os meses de veran, enhorario de 11:30 h. a 13:30 h. polasmañáns e de 18:00 h. a 21:00 h polastardes, ofertándose nese horario, duasvisitas guiadas, unha pola mañá ás12:30 h e outra pola tarde ás 20 h.

Tamén tódolos venres dos mesesde xullo, agosto e setembro, de 22 h

a 23 h. realizarase unha visita guiadanocturna

Aínda que o centro ata o día dehoxe non estaba aberto de xeito con-tinuado, sí tiña actividade previa cita,para os grupos que o solicitaran, defeito, dende finais de marzo ata ladata, rexistráronse 17 visitas de cen-tros de ensinanza, en grupos entre 40e 60, que sumaron cerca de 900 visi-tantes.

Apertura Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor

Próximas actividades:Luns 6: OS DINOSAUROS

(aprenderemos as capas da terra e de-senterraremos "esqueletos" de dino-sauro).

Martes 7: OS PETRÓGLIFOS(descubriremos os que son e realiza-

remos uns propios).Mércores 8: OS CASTROS (iden-

tificaremos os castros e faremos uncon plastilina).

Xoves 9: SAÍDA Á XUN-QUEIRA PARA SER "OCEANÓ-GRAFO/A POR UN DÍA"(coñeceremos de primeira man olabor dun oceanógrafo/a e diferentescuriosidades do fondo mariño. Asaída será ás 17.30 horas e o regresoá ludoteca ás 19.30 horas).

Venres 10: XINCANA INDIANAJONES (obradoiro de caracterizaciónde Indiana Jones e xincana de aven-turas).

Ludoteca de Moaña: ArqueoxogandomOAñA

mAríN

cANGAs

Page 26: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016XVI

Na xuntanza mantida esta semanaentre o Sindicato Labrego Galego e adirectora xeral de Gandaría, Agricul-tura e Industrias Agroalimentarias,Belén Docampo (bit.ly/SLGdo-campo1), trasladóuselle á Consellaríao empeoramento, nas últimas sema-nas, dunha situación que xa era insos-tible das persoas que viven na Galizade producir coello. Actualmente, oprezo do coello está totalmente bana-lizado, posto que as cadeas de distri-bución están a impor prezosinasumibles para as granxas, con valo-res por baixo de 1,50 €/quilo cando oscustes de produción superan os 1,80 €.Até non hai moito, os produtores eprodutoras do sector foron termandoporque recibían cartos pola pel, peroagora non teñen esa saída comercial.

Neste contexto, o Sindicato La-brego Galego propúxolle a Belén Do-campo unha batería de medidas

1. Recuperación urxente do prezoen orixe e aplicación real dunha cadeade valor sostible en base a índices ob-xectivos dos custos de produción e quesexa de aplicación obrigatoria e congarantías de cumprimento. Nestemarco, a Administración debería reali-zar unha actuación contundente contraa ilegalidade das prácticas comerciaisdaquelas cadeas de distribución queobrigan a vender a perdas.

2. Frear a agresiva campaña dosgrandes matadoiros que están a pro-mover a substitución de centos de

granxas por uns pou-cos macroproxectosintegrados con milesde animais.

3. Promoción doconsumo de coellocomo unha das carnesmáis saudables quehai no mercado: Estamedida serviría para

enfrontar a caída de consumo que haideste alimento entre as xeracións máisnovas e podería facerse por diferentesvías máis alá das simples campañaspublicitarias, dende a promoción di-recta en hostalería á compra pública dealimentos, sen esquecer a sinatura deacordos coas distribuidoras.

4. Programa de axudas ás granxas:O SLG xa denunciou que as medidasanunciadas pola Consellaría de MedioRural para o sector cunícola son insu-ficientes e que debe facerse un pro-grama de apoio máis ambicioso que,ademais de axudas, inclúa refinancia-mento de débeda, moratorias, bonifi-cacións, etc. Neste senso, non está demáis facermos unha comparativa dasmedidas emprendidas pola ComunitatValenciá para enfrontar a crise no sec-tor cunícola, coas levadas a cabo naGaliza: Esta é unha pequena compara-ción coas axudas anunciadas por Va-lencia.

5. Apoio a proxectos de produciónde coello ecolóxico: Permitiría obterun maior valor engadido e cubrir unnicho de mercado practicamente senexplotar.

6. Financiamento de proxectos dematadoiros de proximidade e crear unmarco legal axeitado para ter salas dedespece caseiras ou infraestruturas naspropias granxas que permitan aos pro-dutores e produtoras comercializar di-rectamente carne de coello.

O Sindicato Labrego Galego propón a Medio Rural medidas contra a crise cunícola e estará nas protestas do sector en Madrid

A Asociación de Empresarios de Re-dondela conxuntamente co Concello dor-ganizarán dun xeito especial e durante 3días a festa do San Xoán con diversas ac-tividades que se desenrolarán na Praia deArealonga en Chapela.

Os festexos comezarán o xoves 23, aprogramación desta xornada contará,entre outras, co espectáculo de animacióna cargo do Compañía Troula Animaciónbaixo o título de “Errantes” que dará pasoa partir das 00:00h á esperada fogueira deSan Xoán para iniciarse unha noite má-xica na Praia de Arealonga e que conti-nuará cunha sesión de DJ´s na propiaPraia.

Durante todo o fin de semana taménpoderase gozar do VI Campionato Ga-lego de Balonmán Praia organizado poloClub Balonmán Chapela que xuntará aos

mellores equipos de balonmán Praia deGalicia

Grazas a iniciativa de diversos colec-tivos veciñais foi posible deseñar unhaampla variedade de actividades comple-mentarias que converterán a Praia deArealonga nunha cita obrigada nesta fes-tividade de San Xoán que contará con ac-tividades como: un espectáculo deFlyboard, unha concentración popular degaiteiros, un Mercadillo Popular Solida-rio, onde o troco, a compra e venta deprodutos de segunda man serán os prota-gonistas. Este tipo de mercadillos téñenseconvertido nunha actividade que marcatendencia en toda Europa onde reciclaxe,coleccionismo, segunda man ou vintage,da man de particulares que baixo unhaperspectiva de consumo colaborativo, sedan cita nestes rastros de segunda man.

Asociación de Empresarios e Concello de Redondela revitalizan a tradicional celebración do San Xoán na Praia de Arealonga en Chapela

Os alcaldes nacionalistas do Con-dado, Xosé Represas e Xosé ManuelRodríguez arroupando ao candi-

dato do BNG ao Congreso pola pro-vincia de Pontevedra Luis Bará opasado sábado no mitin comarcal.

GALICIA

Page 27: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

FINAIS DE XUÑO 2016 XVII

Page 28: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

TERRAS DE REDONDELA

FINAIS DE XUÑO 2016XVIII

Page 29: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

TERRAS DE REDONDELA

FINAIS DE XUÑO 2016 XIX

Unha visita de AER realizada enmarzo deste ano ao Castelo de Randedesvelaba que Audasa tiña paraliza-das por Patrimonio as obras de 5 za-patas da ampliación da ponte deRande, xa que o proxecto construtivode xuño de 2011, que o Ministerio deJosé Blanco e Audasa fabricaron nasombra (paralelo ao exposto ao pú-blico no 2010 e antes da licitaciónque se fixo no derradeiro consello deministros do goberno de Zapatero),ameaza de cheo os restos da Forta-leza. Mesmo proxecto escuro (docu-mentación agochada durante 3 anos)no que xa se pintaban as casas deChapela que saíron no BOE de 2014.

A comparecencia do Concelleirode Cultura solicitada por AER nopleno do mes de xaneiro desvelabaque a proposta feita no 2011 por AU-DASA e Fomento, en resposta ás ale-gacións que fixo Patrimonio naexposición pública, foi rexeitada poreste organismo e non se volveu faceroutra ata dous anos despois de queAna Pastor, actual Ministra de Fo-mento en funcións, licitara o pro-xecto.

AER pediu documentación sobreeste asunto a través da comisión deseguimento das obras da AP-9, e le-vamos semanas e semanas de silen-

cio ata que finalmente se nos “con-testa” que non se atopan os nosos re-xistros sobre os temas da AP-9.Dende AER denuncian que hai pro-blemas técnicos e legais detrás dosretrasos da ampliación da ponte deRande que nos agochan. Dende Fo-mento non se contesta ás nosas pre-guntas e preocupacións. Por riba,Javier Bas, o presidente da comisiónde seguimento, non denuncia esta ac-titude do Ministerio e de Audasa, evai levando a treboada como pode xaque ten que salvagardar os interesesde partido.

Estes días saltaron as alarmas aoverse un camión formigoneira nas za-patas paralizadas por Patrimonio. EnAER non saben se Patrimonio xa au-torizou os traballos preto do Castelo,porque a Comisión non se convoca,tampouco lles contesta aos rexistrospedindo documentación e incluso so-licitaron a incorporación dun repre-sentante de Patrimonio na vindeiracomisión, e non tiveron resposta denin si nin non, ou de se xa se está xes-tionando.

Conclúen:¨Dende AER non podemos enten-

der como nun país supostamente de-mocrático se pode denegar e ocultardocumentación pública á cidadanía.¨

AER denuncia que non recibe a documentación solicitada a Fomento nacomisión de seguimento dás obras da AP-9

construción da ponte de rande. foto: vigoantiguo.blogspot.com

Presentouse a nova edición do Festi-val Sinsal Son Estrella Galicia, que secelebrará do 22 ao 24 de xullo na Illa deSan Simón. O acto tivo lugar no espazode Estrella Galicia en Vigo e contou coapresenza dos principais patrocinadoresdo festival: Son Estrella Galicia, NewBalance, Consellería de Cultura daXunta de Galicia, Deputación de Ponte-vedra e concello de Redondela.

Victor Mantiñán, de Estrella Galicia,actuou como anfitrión e mestre de ceri-monias destacando o papel do festivalSinsal como “prescriptor musical, caza-dor de talentos, un dos festivais que me-llor encarna os valores da nosa marca”.O Festival Sinsal Son Estrella Galiciaacadou en 2015 o Premio Fest ao Mellor

Festival de Formato Pequeño de España. O orzamento do Festival Sinsal Son

Estrella Galicia en 2016 é de aproxima-damente 150.000 euros. Destacou o co-director do Festival Sinsal Son EstrellaGalicia Xuliio Gómez o equilibrio no fi-nanciamento do festival entre patrocinioprivado, institucional e ingresos propios,“prácticamente ao 30% en cada un desescapítulos”. Un 35% de orzamento destí-nase a cachés artísticos e un 45% a pro-dución. En 2016 a organización dofestival asinou un convenio con ADAMI,a axencia francesa para xóvenes talentosmusicais.

Sinsal Son Estrella Galicia é unevento único en Europa en concepto eforma. “Non somos un festival indie ninde músicas do mundo, nin de jazz…Anosa identidade é ofrecer en San Simónconcertos para todos os gustos. Haberámoitas propostas instrumentais perotamén unha representación interesantedos novos xograres do século vinte e un.O 90% dos artistas estarán presentes nosmellores festivais de España e Portugalcomo o Grec de Barcelona, o Jazzaldiade Donostia, La Mar de Músicas de Car-taxena ou Sines”, explicou XulioGómez.

“Este ano contaremos con dezanoveartistas diferentes e procedentes de Es-paña, Portugal, Francia, Reino Unido,Lituania, Exipto, Zimbabwe, EUA, Ca-nadá, Chile, Brasil e Arxentina. Haberátres escenarios: o Son Estrella Galicia, oNew Balance e o Paseo dos Buxos.

Achégase o Sinsal - Son Estrella GaliciaIllA de sAN sImóN redONdelA

Sinsal Son Estrella Galicia é un dosfestivais máis singulares de Europa. Tenlugar nunha illa, a de San Simón (Redon-dela), situada na espectacular Ría deVigo, desenvólvese durante o día e o pú-blico só pode acceder ao festival nos bar-cos fletados pola organización. O prezoda viaxe en barco está incluído no prezoda entrada. A viaxe á illa é o punto departida dunha experiencia única. A outracircunstancia que fai de Sinsal Son Es-trella Galicia un novo modelo de festivalé o cartel secreto. Liches ben, si. O pú-blico non coñece o nome dos artistas até

que entra na illa. Un cartel con referen-cias de diferentes puntos do planeta, coacalidade e capacidade de sorprender quecaracterizan a Sinsal, que unicamente800 persoas poden gozar cada día.

O groso da programación componsede artistas que xiran por outros festivaisprestixiosos en España e Portugal: desdeo Jazz á World Music, do Rock á MúsicaElectrónica, Sinsal Son Estrella Galiciaé un festival sen complexos. Por esarazón propón ao público un cartel se-creto, unha experiencia musical máis aláde nomes concretos.

Que é o Sinsal?

Page 30: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

Este xornal imprimiuse en

papel reciclado

Director: Tino Lago [email protected]

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de [email protected]ón: G. [email protected]

Edita e publica: Edicións Mide S.L.Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 [email protected]éfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L.Fotografía: Arquivo.Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Guillermo Rodriguez, Adrián So-lovio, Moncho Lareu, Vicente Alló, Carlos Rey, JosiñoAraújo, X. S. Paramos, Lucia Santos, Santiago Mallo,Segundo González, X. C. de la Fuente, BaldomeroIglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, JoséManuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero.Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149

Depósito Legal: VG-195-2011

MIRADAS: CONTRASTESGalicia é un país de contras-tes: o belo éo moito e o feotamén. Non é preciso rebus-car para atoparnos cousasben xeitosas, pero tam-pouco temos que patearmoito para ¨deleitar¨ osnosos sentidos con constru-cións a medio facer, caniba-lismo arquitectónico,vivendas que suben variospisos por riba das colindan-tes, nulo respecto polasnosas paisaxes e constru-cións tradicionais, ou man-sións sen pintar (entre outrasaberracións). O noso amigoe xa colaborador habitual daPeneira José Manuel Duráninsiste en mostrarnos esaGalicia positiva da quetodos gostamos, e un novofotógrafo amateur que se faichamar ¨Diafragma Sa-grado¨ mándanos estoutraestampa dunha rúa céntricade Marín. Ver para crer.Abaixo, no centro, un autocar de Varadero, Cuba.A foto envíanola Xosé Giráldez. Grazas aos tres.

Gústache a fotografía? Esta sección está feita para tí!Podes enviarnos as túas imaxesa [email protected]

Page 31: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

11FINAIS DE XUÑO 2016

TERRAS DE REDONDELA

Fornelos de Montes pertencente ácomarca de Redondela, sitúase no in-terior Centro-este da provincia de Pon-tevedra, dista a 27 km. de Pontevedrae a 31 km. de Vigo. Está formado porsete parroquias: Calvos, As Estacas,Fornelos de Montes, A Laxe, Oitavén,Traspielas e Ventín.

Linda ao Norte coa Lama e PonteCaldelas, ao Oeste con Soutomaior ePazos de Borbén, ao sur con Mondarize Covelo e ao Leste con Covelo e oconcello ourensán de Avión.

En 1906 a poboación de Fornelosde Montes alcanzou o seu récord his-tórico, con 3047 habitantes.

A medida que se desenvolvía a in-dustria en Vigo, aumentando a de-manda de traballadores, e debidotamén á perda de importancia da agri-cultura, principal sector económico deFornelos, a poboación foi reducíndosee envellecéndose.

É un dos municipios máis chuvio-sos de Galicia e a uga xoga un papelmoi importante nos espazos naturais deFornelos,pois desde a presa de Eirassae unha ruta BTT practicamente

chaira que segue as canles de auga echega ata Vigo. Hai rutas para facersendeirismo moi interesantes, mesmopodemos ver varias pontes medievaise muíños para facer fariña. Combí-nanse no municipio os carreiros por es-pesos bosques e por zonas de montañana Serra do Suído. Outros bosques deinterese son a carballeira de Couso oua Fraga de Couñago. Entre A Laxe eAiroa podemos ver unha bonita zonade fervenzas e pozas que merece apena visitar, así como a Ponte da Laxe.

Hai diversos restos do pasado comomámoas como a de Borraxeiros, nafronteira con Covelo, petróglifos, comoLaxe Val do Gato ou algún castro. EnVilán hai un sartego antropoide situadoaproximadamente a un quilómetro dapraia Fluvial do río Oitavén. Destacano municipio as ruínas da chamada Ci-dadella ou Monte dá Cidade que estánsituadas a un quilómetro da igrexa deSan Adrián de Calvos e moi pretotamén da de San Vicente de Oitavén .Neste poboado pódense distinguir unacueducto de finais do século XVIII, epreto del, as ruínas das vivendas.

Destaca na súa xeografía A Serrado Suído ao leste, nela localízanse asmaiores cimas, como Couto Minuto(1061 m) e Outeiro Lanuxe (1008 m).Cara ao Oeste as altitudes van dimi-nuíndo, pasando a un territorio carac-terizado polos vales fluviais. O encorode Eiras e os ríos Oitavén, que fai defronteira con Ponte Caldelas, Parada eBarragán. É posible ver desde a fron-teira con Ourense na Serra do Suído asIllas Cíes, aínda estando a 50 Km. dedistancia en liña recta. Moitos visitan-tes son atraídos polos seus montes e re-cursos naturais, xa que conta cun granpotencial para gozar no seu territoriodestes espazos.

Do encoro de Eiras abastécese deauga a cidade de Vigo, e parte da súacomarca. O río Barragán, que desem-boca na marxe esquerda do Oitavén,xa dentro do encoro de Eiras, e que se-para, ao oeste, Fornelos do concello dePazos de Borbén. Por último o río Pa-rada, que nace dentro do municipio, naSerra do Suído, e é tamén afluente damarxe esquerda do Oitavén.

No último tramo do río Barragánantes de chegar a Eiras atópase un es-treito val cun moi ben conservado bos-que de ribeira.

No transcurso de río Oitavén nosencontramos cunha bonita praia fluvialchamada “Praia de Portovilán”, contacun areal e zona de recreo, tamén teñenunhas mesas de pedra para podercomer. É un sitio moi tranquilo, agra-dable e de fácil acceso.

Un paso por Fornelos de Montes

encoro de eiras

g. figueiredo

Achéganse as festas deOitavén en Fornelos

Os días 9 e 11 de xullo poderemos dis-frutar das festas na honra a San Bieito enSan Vicente de Oitavén, Fornelos.

O programa será o seguinte:O sábado 9 pola mañá haberá un pasa-

rrúas a cargo da Banda de Música Xuve-nil de Barro.

Ás 12:30 terá lugar a Novena e a Misasolemne. A partires das 23h haberá unhaVerbana amenizada pola orquestra LaOcaband e Armonia.

O luns 9, pola mañá, a Unión Musicalde Tenorio fará un pasarrúas e haberámisas na honra de San Bieito ás 11, 12:30,e 19h pola tarde. Ao remate, a mesmabanda deleitaranos cun concerto.

pAzOs de bOrbéN

FOrNelOs de mONtes

Page 32: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

12 FINAIS DE XUÑO 2016

VAL MIÑOR

O Concello de Nigránabre o prazo de inscriciónpara participar nos novecampus deportivos de veránque durante as mañás dexuño, xullo e agosto se levana cabo coa colaboración dosclubes do municipio. As ins-cricións deben facerse naOficina de Turismo de Pan-xón como mínimo unha se-mana antes de que comece ocampus no que se quereapuntar (horario de oficina:ata o 14 de xuño de 16.00 a20.00 horas e a partir do día15 de xuño de 10.00 a 14.00e de 16.00 a 20.00 horas).Todos teñen un custo de 60euros e unha duración decatro ou cinco días. Comonovidade, este ano se incor-pora ciclismo e atletismo,ofrecéndose en total sete dis-ciplinas deportivas.

Os campus están orienta-dos a un público infantil e

adolescente e arrancan o día27 de xuño con Surf a cargode Prado Surf e Baloncestoco clube Airexa. Os setecampus restantes van suce-déndose ao longo de todo overán sen solaparse: ci-clismo (Club Ciclista RíasBaixas), baloncesto (ClubBaloncesto Nigrán), tenis(Club Tenis Nigrán), Atle-tismo (Sociedad Atlética ValMiñor), fútbol sala-multide-porte e animación (PanxónNigrán F.S.), fútbol (E.D.ValMiñor) e running (RunningClub Nigrán). O Concelloaportará a merenda diariapara cada participante e acobertura do seguro.

Tódolos detalles (datasde celebración, horario, ida-des...) pódense consultar nocartel adxunto, que estarátamén no Facebook do Con-cello, no propio Concello ouna Oficina de Turismo.

O Concello de Nigrán abre as inscricións para os Campus deportivos de Verán

Trátase de sete disciplinas deportivas orientadasa nenos e adolescentes nas que se incorpora porvez primeira ciclismo e atletismoOs interesados deben anotarse na Oficina deTurismo de Panxón e abonar 60 euros

Juan José, como se presen-tan as próximas festas de SanBieito?

Pois moi ben como sempre,Con moitísima devoción. Apesar de que este ano cadra enluns, o 11 de xullo, pero taméntemos festa o día anterior, SanCristovo, e o posterior, San An-tonio. Pero a principal é desdelogo San Bieito.

Dicíame que se presentancon moita devoción?

Si, si. Os luns son malospara todo. Porén en inverno quetamén cadrou en luns quedamosrealmente contentos

.Cantos anos leva vostede

como párroco de San Bieito?Cinco anos

De onde é natural?Eu son de Vigo

Está a gusto nesta parro-quia?

Moito, a verdade é que si.

Desde unha óptica reli-xiosa, que destacaría do con-tido desas festas?

Son tres festas moi diferen-tes. No que se refire a San Cris-tovo, oriéntase cara aos

transportistas, pero todos parti-cipamos porque todos precisa-mos unha axuda amiga na nosacondución. A de San Bieito tenun sentido máis popular entorno a San Bieito milagreiropara todo tipo de males.

Cal é o sentido esencial dafesta de San Bieito?

Honrar a San Bieito comoavogado de todos os males.Tenunha fondura enorme.De feitoaquí veñen moitísima xente defora. En ocasións en relación apromesas referentes á supera-ción de males, angustias e pro-blemas. É un día de moitomovemento de xente de todaspartes. No que respecta a SanAntonio, é unha festa máis pro-pia de Gondomar, cun sentidonon tan universal, que engrande medida debe a súa pro-moción aos franciscanos de Vi-lariño.

Que tipo de actos relixiososides desenvolver eses días?

O día de San Cristovo, saenen promoción desde algunhaparroquia o colectivo de taxis-tas. O ano pasado foi desdecouso, este de momento aíndanon o sei. A procesión chega ataa nosa parroquia e facemos a

misa solemne. Logo baixamosen procesión ata a rúa principal.Pola tarde temos a novena deSan Bieito. Un dos aspectos quequixera destacar é a bendicióndo aceite, que é un dos elemen-tos característicos da devocióna San Bieito. Especialmente oaceite para curar as verrugas.Oaceite lévase en botes, e hai quebendicilo. O propio día de SanBieito, é en plan de romaxe.Misas a todas horas con conti-nua participación de xente, querealiza ofrendas. Quen non co-ñece os ovos a San Bieito?Adoita ser unha ducia. Aquí enGondomar. Temos unha parti-cularidade, que é a de pedir osovos en casas distintas.

Na festas de San Bieito enGondomar, segue predomi-nando o compoñente reli-xioso, ou a parte lúdica xa émáis importante?

Con toda sinceridade dígo-che que estou convencido deque en San Bieito, segue a pri-mar o aspecto relixioso. Que haixente que non pisa a Igrexa entodo o ano, e só ben en SanBieito, sí tamén é verdade,perocon moita vocación, aínda quesó sexa ese día.

Festas de San Bieito. Gondomar 2016O Concello de Gondomar vivirá en breve assúas festas máis sobranceiras. No mes dexullo,como cada ano, milleiros de persoasnon só de Gondomar, senón tamén de todo oVal Miñor e das comarcas da contorna, ache-garémonos ata a vila Miñorana para desfrutar

das festas de San Bieito. Para sabermos máisdesta festa achegámonos ata Gondomar paraconversarmos co párroco de San Bieito, JuanJosé González que nos atendeu con moitaamabilidade.

NIGráNGONdOmAr

Page 33: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

13

VAL MIÑOR

FINAIS DE XUÑO 2016

Haberá dúas quendas a es-coller unha:

- 1º quenda: do 15 ao 29 dexullo

- 2º quenda: do 1 ao 12 deagosto, ambas en horario de10:30 a 13:30 h, tendo lugar arecepción dos participantes napraza do Concello.

Entre as actividades que sevan levar a cabo, podemosdestacar diversas excursiónsaos monumentos da nosa vila,como á Virxe da Rocha, áCarabela Pinta, a Casa daNavegación (lembrámosllesao responsables desta instala-ción, que toda a rotulacióndesta instalación segue en cas-telán), ao Castelo de Monte-rreal, saídas medioambientais,xogos na praia, festa temática,ect, e este ano como novedade,os participantes coñecerán oCamiño Portugués pola Costaa Santiago, facendo unha pe-queña parte do tramo quetranscorre polo noso munici-pio.

O plazo de solicitudes paraparticipar neste campamentoestá aberto dende o 6 ao 17 dexuño de 2016, e a adxudica-ción de prazas realizarase me-diante sorteo.

Esta actividade é total-mente gratuíta.

A Concellaría de Xuven-tude organiza un ano máiso tradicional Campa-mento Urbán destinado anenos e nenas de 5 a 11anos.

C a m p a m e n t oUrbano Baiona2016

Unha expedición compostapor seis policías locais de Ni-grán, encabezados polo ins-pector xefe José ManuelVázquez, partiu esta mañácedo cara a Huelva para parti-cipar por vez primeira na súahistoria nos 'VI Xogos Euro-peos de Policías e Bombeiros'.Eles serán os únicos represen-tantes do Val Miñor nunhacompetición que arrinca mañásábado e que se estende ata odomingo 19 de xuño coa par-ticipación de 5.000 deportistasde 30 países e 15.000 visitan-tes. Con este campionato ocorpo policial estréase nunhacompetición deportiva a nivelinternacional (existen taménOlimpíadas e Mundiais desteperfil).

"É un orgullo que Nigránestea presente nun evento quereúne a miles de participantes

de todo o continente. Os nososaxentes prepáranse día a díapara poder desempeñar as súasfuncións con orgullo e capaci-dade e ofrecen unha imaxemoi positiva do noso munici-pio nun campionato que ade-mais de fomentar a prácticadeportiva transmite valorescomo a fraternidade e o com-pañeirismo", sinalou o alcalde,Juan González, na súa despe-dida esta mañá desde a casaconsistorial, á que acudiutamén o edil de SeguridadeRubén Rial.

Os seis axentes, de idadescomprendidas entre os 35 e 40anos (de esquerda a dereita naimaxe), son Ubaldo Rodrí-guez, Montxo Hermida, San-tiago Pereira, Borja González,José Manuel Vázquez e JoséLuís Garrido (este último nonestá na foto porque partía

desde Pontevedra). Competi-rán en sete disciplinas diferen-tes: un en natación, dous enatletismo, dous en ciclismo,dous en BTT, dúas parellas enBiathlon (correr unha milla,efectuar 12 diparos a unha dis-tancia de 25 metros, correrunha segunda milla, volver aefectuar outros 12 disparos epor ultimo correr unha terceiramilla), dúas parellas en Duath-lon e un equipo de tres enTriathlon.

"Cada un de nós ten bagaxenas disciplinas nas que imosparticipar, así que decidimoslevar a nosa afección indivi-dual ao ámbito público para re-presentar así a Nigrán nunhacompetición deste tipo por vezprimeira na súa historia", si-nala o inspector xefe José Ma-nuel Vázquez, quen o pasadofin de semana logrou o bronce

no Campionato Galego de Na-tación Máster de Verán. Váz-quez é o único que xaparticipou en competicións in-ternacionais sendo axente localen Vigo, unha experiencia quedescribe como "moi positiva"e que trasladou aos outroscinco axentes de Nigrán queagora se estrean.

A presenza da PolicíaLocal nos Xogos é posible gra-zas á colaboración do Concelloe dos patrocinadores privadosPescapuerta e Marine Instru-ments. Así mesmo, o Club Ci-clista Rías Baixas colaboraprestando os remolques cosque trasladan as oito bicicletasque empregarán nas diferentesprobas.

Os Xogos Europeos iniciá-ronse en 2006 na cidade dePontevedra. Desde entón celé-branse cada dous anos nunhalocalidade europea diferente,de maneira alterna cos Mun-diais. Desde o seu inicio, o nú-mero de participantes en cadaedición foi crecendo de formaininterrompida, ata o punto deque, a nivel mundial só ven su-perados en índices de partici-pación, de número de deportese de repercusión económicapolos Xogos Olímpicos epolos Xogos Mundiais de Po-licías e Bombeiros. Nos Xogosparticipan policías, bombeirose membros da administraciónpenal e das aduanas de

A Policía Local de Nigrán compite por vez primeiranos 'VI Xogos Europeos de Policías e Bombeiros' Serán os únicos representantes do Val Miñor nun evento deportivo que reúne a máis de5.000 participantes de 30 países e 15.000 visitantesDebutarán en sete disciplinas diferentes: Natación, Atletismo, Ciclismo, BTT, Biathlon,Duathlon e Triathlon

O Concello ven de engadir un novoordenador de consulta na BibliotecaMunicipal de Nigrán e de reacondicio-nar os dous existentes, con elo, gáñaseun posto máis dende onde o usuariopode conectarse á rede e optimizase oseu funcionamento. Por outra banda, abiblioteca conta dende maio cun novotraballador, trátase dun diplomado enBiblioteconomía e Documentación quegrazas á financiación da Deputación de-senvolverá ao longo deste ano a súalabor na biblioteca. Esta é unha apostamáis do goberno por este espazo, no

que dende outubro modificou o horariode 9.00 a 21.00 horas de luns a venres,deixando polo tanto de pechar a medio-día, tal e como viñan reclamando osusuarios. Paralelamente, o Concelloprevé dispor durante este ano dun pro-xecto técnico de Biblioteca Municipaldeseñado dende a Escola Superior deVilanova de Cerveira (Portugal) paradar cobertura ás necesidades reais dosseus veciños. “Temos que reforzar emellorar ao máximo este servizo claveque, sabemos, actualmente se queda

Nigrán renova os equipos informáticos de consulta da biblioteca municipal

NIGráN bAIONA

Page 34: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

14

VAL MIÑOR

FINAIS DE XUÑO 2016

A Plataforma pola protección da Fozdo Miñor celebrou o pasado sábado aAsemblea Xeral para informar dos últi-mos avances nas xestións da coordina-dora e para acordar o calendario deactuacións que serán desenvolvidas nosvindeiros meses.

Informouse da xuntanza mantidacoas entidades politicas do Val Minorde cara a rpesentacion dunha mocion na

mancomunidade doVal Minor que seratratada na vindeir xun-tanza ordinaria.

Tamén expuxose ainformacion sobre axuntanza mantida pormembros das coordi-nadora co director deaugas de Galicia, ondetrataron o tema exten-samente e reclamaron

informacion puntual da situacion actualrelativa a contaminacion da Foz. dendeaugas de galicia incidiuse nas obras nonrematadas do colector e tanque de tor-mentas en Gondomar e en que a depu-radora funciona perfectamente,conclusions non coincidentes co estadoda Foz que vemos todos os dias. Que-daron pendentes de enviar uns tecnicosa revisar con membros da plataforma a

situacion in situ.Informouse do verquido acontecido

do dia 14 de maio e insistiuse no proto-colo de actuacion no caso de que algunaprticular detecte un verquido, avisandoinmediatemante ao 112 para a posta enmarcha do protocolo de actuacion,Tamen seria necesario que a plataformativera conecmento dos feitos paraelabroar un catalogo de verquidos coposterior seguimento.

O debate mais extenso foi o rela-tivo as dievrsas activdiades a realizarentre as que se atopan xuntanzas coreitoe cos alcaldes para dar a conecera plataforma e recabar infortmacionsobre o saneamento de cada un dosterritorios e a sua influencia na Foz.Actividades de difusion, roteiros,xornadas tecnicas, mobilizacions emesmo iniciativas xuridicas seran

estudadas proximamente para o seu de-senvolvemento.

Incidiuse especialmente nos vindei-ros procesos electorais pois e momentode enviar inciaitivas e propostas comn-cretas as entdiades politicas para quesexan recollidas nos seus programas.

A Plataforma pola Protección da Foz do Miñor traza a súa folla de ruta para os vindeiros meses

Page 35: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

15FINAIS DE XUÑO 2016

VIGO

Os camiños da vida levaron a estehumilde cronista aos límites entre Vigoe o Concello de Nigrán. Nunha contornaprivilexiada, na baixada á viguesa praiade Saiáns, tiven o pracer de degustar acociña do restaurante Curbeira, nunhaespectacular terraza conprivilexiadas vistas ásmaxestuosas illas Cies.A experiencia non puidoser máis positiva; a co-mida de primeirísimacalidade, as vistas de au-téntica postal, o am-biente cálido e cordial, ealgo tamén importante,o prezo, moi razoable.Conversamos co seupropietario, José Roadepara coñecermos algomáis deste moi reco-mendable restaurante.

José, Saiáns é unha parroquia his-tórica do rural de Vigo, que nos últi-mos tempos creceu moitísimo. Xentesde procedencia diversa, xeralmente denivel económico elevado, fixeron casaaquí,ás veces mesmo como segundaresidencia. Ti es dos nativos, ou dosachegados?

Eu son de Saians de toda a vida, sondos nativos desta parroquia. De feito,procedo de familia de tradición hoste-leira. A miña avoa xa tiña unha tendafonda, moi preto de onde temos agora obar. Moitísima xente de Vigo, viña en

tranvía a comer á fonda da miña avoa.

Cóntanos a historia do restauranteCurbeira.

O restaurante foi fundado polo meupai e a miña nai, no ano 1950, xa imos

polos 66 anos de vida

Os teus pais son nativos de Saiáns?O meu pai si, a miña nai é da provin-

cia de A Coruña, da localidade de Ne-greira.

No contexto actual, un negocio queacade tantos anos de vida como o Cur-beira, é moi meritorio.Eses 66 anos devida foron ininterrumpidos?

En todo ese tempo só se pechou 1ano por motivos de saúde.

Cantas persoas traballades aquí?

Traballamos tres persoas, dándootodo e pondo o mellor de nós mesmos,para que cada cliente que nos honre coasúa compañía, faga da súa visita unhaexperiencia que desexe repetir.

Cales son as principais especialida-des do restaurante?

Procuramos chegar á excelencia entodo o que servimos. Por destacar algo,dicirche que somos moi coñecidos polopolbo, en formas diversas, polbo con fei-xóns, polbo caramelizado... tamén qui-xera salientar os nosos guisos de peixe,ou as nosas carnes á pedra. Asemadetamén dispomos de viños tintos e bran-cos de moi alta gama.

Que tipoloxía de clientes tedes?De todo tipo, ven moita xente da

zona, e tamén abondosa xente de foranos distinguen coa súa compañía.

Un negocio con tanta historia comoo Curbeira, supoño que terá clientesmoi antigos, non?

E tanto que si, moiantigos e moi fieis.Podo dicirche que teñofeito bautizos a clientesque hoxe en día son per-soas casadas.

Xa para rematarJose, aquí tes as nosaspáxinas para tirar amensaxe que queiras,tanto aos teus clientescomo aos que non oson.

Para os meus clien-tes, só teño unha pala-bra; Grazas, grazas

desde o máis profundo do meu corazón.Existimos por eles, e para eles. Para oslectores da Peneira que aínda non noscoñezan, convidalos a que veñan á nosacasa a coñecernos. O noso compromisoé poñer o mellor de nós, para que dese-xen repetir.

Moitas grazas.

Restaurante Curbeira está na Estradade Vigo a Baiona (pola costa) nº152.Vigo.TFN 986 491 260.

[email protected]

Restaurante CurbeiraExcelencia na cociña, nun entorno paradisíaco.

Vigo manifestouse en contra das Guerras een apoio ás persoas refuxiadas este domingo

A Rede Galega en Apoio ásPersoas Refuxiadas, formada pormáis de 70 colectivos, asociacións,ONGD, sindicatos e partidos polí-ticos convocou novas mobilizaciónen toda Galicia arredor do 20 dexuño, día mundial das persoas re-fuxiadas.

Baixo o lema 'Non ás guerras.Rachemos coas fronteiras' A Co-ruña, A Guarda, Compostela, Fe-rrol, Lugo, Ourense, Pontevedra eVigo saíron ás rúas para esixirrutas legais sen condicións; o cum-primento dos convenios interna-cionais en materia de asilo erefuxio; que se revise en profundi-dade a política migratoria e exte-rior europea; e o respectos dosdereitos humanos das persoas quese viron obrigadas a fuxir da gue-rra, a violencia e a fame.

Page 36: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

16

VIGO

FINAIS DE XUÑO 2016

As instalacións deportivas públicas na cidade de VigoNa Peneira de finais do pasado mes de marzo informabamos de queque a maioría absoluta do PSOE no Concello de Vigo, viña de aprobarnun pleno celebrado o 29 de febreiro “reformular o modelo de xestión”das piscinas cubertas municipais das Travesas, Lavadores, Teis, Vala-dares e o Ximnasio do Berbés.Asemade manifestabamos a nosa opi-nión radicalmente contraria ao que entendemos que é unha

privatización disfrazada, que provocará o deterioro do servizo e pre-suntamente o empeoramento das condicións laborais das traballadorase traballadores desas instalacións. Para sabermos máis do tema, ache-gámonos ata o Concello de Vigo para coñecer a opinión do voceiro dogrupo municipal da marea de Vigo, Rubén Pérez.

Rubén Pérez Correa:“As instalacións deportivas públicas viguesas sofren un modelo de privatizaciónde libro, o mesmo modelo que a trama Gürtel sacaba en Madrid e Valencia”

Rubén cal era a situación das ins-talacións deportivas viguesas ata o deagora?

Ben, nos últimos anos semprehoubo certo ruxe ruxe sobre o desman-telamento do Instituto Municipal dosDeportes (IMD). O 26 de outubro doano pasado desapareceron os organis-mos autónomos...

Perdoa Rubén, que eran os orga-nismos autónomos?

O Concello de Vigo tiña distintosorganismos, a nivel estrutural e orza-mentario; A xerencia de urbanismo, Vi-goZoo, O IMD... Os seus traballadoresestaban adscritos a eses organismos au-tónomos. Ao desaparecer, estes orga-nismos insírense na conta xeral doConcello. En principio parece positivo,porque pode facilitar a consolidacióndas traballadoras e traballadores. Porén,nós xa vimos varios movementos quenos preocuparon.

Cales?Os organismos autónomos teñen

que presentar un informe sobre a súa si-tuación estrutural, orzamentaria, conta-bilidade... e recíbense efectivamenteeses informes, pero o do IMD non.

E por que motivo, ao teu xuizo?Entendemos que pola RTP, a relación

de traballadores,polos procesos encuber-tos de privatización que houbo estesanos. Cada vez, había máis persoal dexestión externa. Nós votamos en contrae fixemos outra proposta.

En que consistía a vosa proposta?Nós entendemos que o proceso de in-

tegración do IMD, ten que ir parello a unestudo de viabilidade de xestión pública.Ao mesmo tempo comezamos a ver coninquietude a creación de empresas quenacen ex profeso para xestionar ximna-sios e piscinas, e temémonos que o quese nos presenta como unha integracióndun organismo autónomo, en realidade

é a antesala a unha privatización encu-berta. Meses despois o concelleiro de de-portes Manel Fernández leva unhaproposta para sacar a concurso as pisci-nas públicas e os ximnasios que teñenadscritos.

Como sería ese concurso?Cun sistema no que entra unha em-

presa privada á concesionaria, encárgaseda reparación das instalacións e a cam-

bio se lle da a concesión por creo que25 anos, desculpa que falo de memoriae non lembro con exactitude o númerode anos, pero por aí andará. En defini-tiva, unha privatización de manual;-di-cimos que as instalacións están moivellas.-que o Concello non ten recursospara acometer as melloras necesarias-que non queda máis remedio que recu-rrir a unha empresa privada-que haique darlle a concesión á devandita em-presa para que recupere o investimentorealizado

Ti pensas que houbo vontade ex-plícita de non investir o necesarionas instalacións deportivas públicas,que son de todas e todos os que vivi-mos en Vigo, para transmitir volun-tariamente a sensación dedecrepitude, e proceder á súa priva-tización?

Sen dúbida, é así. Este ano o Con-cello vai meter 7 millóns do superáviten humanizacións. Por que motivo nonse destinan parte deses cartos a mello-rar as presuntas deficiencias das pisci-nas? Por que motivo non se calculacanto lle custaría ás arcas do Concelloproceder aos arranxos necesarios? É un

modelo de privatización de libro, omesmo modelo que a trama Gürtel sa-caba en Madrid e Valencia. A políticamáis caciquil do Partido Popular, levadapolo partido socialista de Vigo, especial-mente por un concelleiro que ven do ám-bito sindical (Manel Fernández, exsindicalista de CCOO). É que están de-gradando voluntariamente o público

Page 37: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

17FINAIS DE XUÑO 2016

VIGO

para logo xustificar a privati-zación. Por exemplo, candofan falta, non se tira do persoaldo IMD, recórrese a microempresas externas, non searranxan os vehículos doIMD...

Que votou o PP nesepleno?

Votou con nós, en contra.O PP de Vigo, está vivindounha etapa moi curiosa: ElenaMuñoz defendendo nacionali-zacións. Non sei, se cadraestán nunha etapa pro sovié-tica.

Como está a situación naactualidade?

Xa está aprobado no plenoo pliego de como vai ser a xes-tión do IMD.Hai 15 días máisou menos sacan a concurso, un procesode avaliación do custe.É dicir,indica conclaridade unha intención apriorística pri-vatizadora. Primeiro privatizo e logo es-tudo canto custa¡¡¡.Ao grupo municipalda Marea de Vigo, parécenos dunha gra-vidade manifesta.

Evidentemente, a maioría absolutado PSOE vai facer o que lles pete. Enque crees que poida afectar á veci-ñanza usuaria desas instalacións? E áspersoas que alí traballan?

E tanto que lles pode afectar. Os tra-balladores que non formen parte dasplantillas públicas poderían ir á rúa, e nomomento que entrase a nova concesio-naria, podería contratar a quen lle petara.

E por que non a través dunha ETT?.Unmonitor,unha persoa de ximnasio, podesufrir substanciais diferenzas salariaiscon respecto a unha categoría laboral pú-blica.

Fixémonos no exemplo de Madrid.OIMD de deportes foi reintroducido naconta xeral do Concello no ano 2.004, ea partir de alí as privatizacións foron bru-tais.Empresas que se creaban só paraconcursar gañaban os concursos..

Como? Empresas que se creabansó para concursar?

Si sí, así como cho digo. Nós estamosdetrás dalgunha empresa, unha UTE(Unión Temporal de Empresas), Cha-mada ¨Piscinas de Vigo¨, que ten detrása Aqualia, algunha construtora... Nós

pensamos que é un pelotazo privatizadoren toda regra. Estamos vixilantes e que-remos ver que empresas concursan... Defeito, pensamos que Máis que Auga éunha empresa pantalla dalgunha constru-tora.

E aos veciños e veciñas como llespode afectar?

Hai varios problemas; Están elimi-nando os pagos en metálico, queren obri-gar á xente a ter unha tarxeta paraacceder ás instalacións

-Os bonos que antes duraban variosmeses, agora só duran 45 días e xa cadu-can

En definitiva acoutan a xestión admi-nistrativa para facer desaparecer ao per-

soal administrativo, co gallode darlle as instalacións rendi-bles á concesionaria que veña.Nós, a Marea de Vigo en par-ticular, e todas as candidaturasmunicipalistas do estado enxeral, fixemos unha apostamoi clara pola remunicipaliza-ción de servizos, e pola elimi-nación radical de todas estaspara empresas creadas ad hocpara xestionar servizos queteñen que ser municipais.

Grazas Rubén.Aínda queesta visita tiña como obxectocoñecer a Opinión da Mareade Vigo, sobre este tema, nonme resisto a rematar sen fa-cerche un par de preguntassobre as eleccións de xuño

-Como se presenta acampaña?

Complexa como todas. Non debemosesquecer que ANOVA, EU,e Podemosprocedemos de culturas políticas moi di-ferentes... pero moi ilusionante desdelogo. Recentemente inauguramos unnovo local electoral de EN MAREA, naavda das Camelias, e a afluencia dexente foi espectacular.

-E Cales son as vosas expectativaspara este 26 X?

Todo indica que a area metropolitanade Vigo consolidará o 3º deputado de EnMarea, na provincia de Pontevedra.Osresultados de En Marea en Galicia, seránmellores que en decembro.

Moitas grazas Rubén.

traballadores/as da auxiliar de mantemento do imd protestan no pleno esixindo a súa readmisión

Page 38: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

18 FINAIS DE XUÑO 2016

CINEMA

Aínda que por ben ser debera titu-larse a columna: Como preparar o me-llor cocido galego do mundo, porquedicir só cocido sen apelido xentilicio édicir moitas cousas e non dicir nin-gunha. Non vou enumerar por falta deespazo a cantidade de cocidos recoñeci-dos que hai en todo o planeta aínda quea tentación téñoa, pero conto cun nú-mero limitado de liñas e debo ir aomiolo da cuestión máis pronto quetarde, se non quero deixar no tinteirocousas de verdade transcendentes. Etampouco e pola mesma razón vou falardos cocidos ventureiros, daqueles pra-tos cuxa base é a cocción dunha mes-tura de vexetais e restos mortais dediferentes animais -feras nalgúns casos-que consomen en aldeas descoñecidas,en lugares mesmo afastados do que cha-mamos civilización. Xa que logo, nonme referirei, moi ao meu pesar, ás téc-nicas que comparten no ancho mundoxentes tan iguais e tan diferentes aoachegárense ao lume das súas lareirasou aos fogóns das súas cociñas. Teñoque reservar todo o espazo do que dis-poño para o tema que me interesa e quevos interesa: o cocido galego.

Cando se redacta unha receita, haique seguir unha orde preestablecidaconvencionalmente e respectada portodo o mundo que se mergulla nesteproceloso mundo da literatura gastronó-mica. Non pensedes que é esta unha es-trutura caprichosa ou arbitraria senónque responde á organización do procesoe á orde de elaboración do produto. Eantes de nada debemos coñecer os in-gredientes que necesitamos para forne-cernos convenientemente.

Onde vives? Nunha urbe populosa?Nunha vila ? Ou vives na aldea? Ti xasabes que a forma de aprovisionamentovaría substancialmente dun lugar aoutro. Pois aínda que así sexa, non tepreocupes, vivas onde vivas hai trescousas que non debes ignorar se querespreparar o mellor cocido galego domundo.

A primeira…

Como preparar o mellorcocido do mundo (II)

O Festival Novos Cinemas presen-tou no Museo de Pontevedra a súa pro-gramación completa para esta Edición01, que se desenvolverá dende o 28 dexuño ao de 3 xullo na cidade. No actoestiveron presentes Anxos Riveiro -Concelleira de Cultura do Concello dePontevedra-, Juan Manuel Corbacho -Vicerreitor do Campus de Pontevedrada UVigo-, Jacobo Sutil -director daAGADIC-, Carmela Silva Rego -Presi-denta da Deputación de Pontevedra-,Carla Andrade -artista e autora da cabe-ceira desta edición do Festival- e Daniel

Froiz -Director Executivo de NovosCinemas-.

Unha das principais finalidadesde Novos Cinemas é detectar, difun-dir e promover o talento dos cineas-tas que dan os primeiros pasos nestemundo. Por este motivo, a SecciónOficial focaliza a súa atención nasprimeiras e segundas longametraxes.Co obxectivo de dar cabida ás pro-postas máis novas e suxerintes, o cer-tame non fai distincións nin sobre anatureza das películas nin sobre a súaprocedencia xeográfica. Os nove fil-mes en competición -tal e comoapuntou Daniel Froiz, Director exe-cutivo do Festival- representan a di-versidade e riqueza estética quecaracteriza ao cinema internacionalmáis actual.

Co obxectivo de artellar unhaprogramación accesible a toda a po-

boación, a programación de Novos Ci-nemas abrangue aspectos como aexhibición cinematográfica -presen-tando obras de cineastas emerxentesprocedentes de diveresos países comoChina, Brasil, Estados Unidos, Franciaou Portugal–, a formación e o encontroentre profesionais, cunha marcada ver-tente lúdica. Entre as principais activi-dades de Novos Cinemas destacan:

Sección OficialRetrospectiva adicada a José Luis

Guerin

+Novos: cinema de autor feito porrapaces de primaria e secundaria, a re-cuperación dun clásico incuestionabledo cinema infantil e unha das comediasde adolescentes máis sorprendentes datempada.

Baixo as estrelas: Esa sensación eOs exiliados románticos, filmes inédi-tos na nosa cidade e netamente estivais,convertiranse na coartada perfecta paratransformar os espazos urbanos de Pon-tevedra en salas cinematográficas efé-meras.

Por primeira ou última vez: en ho-menaxe a Nicholas Ray proxectarase asúa primeira longametraxe They live bynight (1948)

Encontros: espazo adicado ao sec-tor dentro do festival. Trátase dun puntode encontro permanente entre técnicos,creadores, empresas, estudantes e orga-nizacións do audiovisual de todo omundo.A organización fixo público ocartaz desta edición -autoría de MiguelÁngel Acosta Quiroga-, no que primana imaxe, a natureza e a auga. A Conce-lleira de Cultura Anxos Riveiro, quixofacer especial fincapé neste punto porser estes "elementos tan ligados á ci-dade de Pontevedra". Cos mesmositems xogou a artista Carla Andradepara a realización da cabeceira de Edi-ción 01 de Novos Cinemas, utilizandoa paisaxe de xeito simbólico como ale-goría de "ir máis alá, de expandir lími-tes".

A sección oficial do festival componse de nove filmes de países como China, Brasil, Estados Unidos, Francia ou Portugal

O Festival Novos Cinemas presenta a súa programación

Page 39: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

19FINAIS DE XUÑO 2016

muíñO dA FeIxA. x.s.pArAmOsLETRAS

e

,

Na noite de San Xoán.., anda solto un demoque me roubou o carroe tamén o cancelo, vou co fachuco na man,vou a facer o mesmo.

Arde a fogueira.xa temos para papar viño canto queiras,churrasco e chourizos que curan os feitizos de bruxas e meigas.

Van as bruxas espidasá praia de Rodeira,rin, chían, espernexan,saltan a fogueira.So quedan as espiñas despois de tanta festa.

Bailan as bacantes na porta da auroradespois da noite tolaonde o día rompeco delirio do DeusBacco…

Muíño da Feixa

Page 40: A Nova Peneira 69. Finais de xuño de 2016

Este xornal imprimiuse en

papel reciclado

Director: Tino Lago [email protected]

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de [email protected]ón: G. [email protected]

Edita e publica: Edicións Mide S.L.Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 [email protected]éfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L.Fotografía: Arquivo.Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Guillermo Rodríguez, Adrián So-lovio, Moncho Lareu, Vicente Alló, Carlos Rey, JosiñoAraújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santiago Mallo,Segundo González, X. C. de la Fuente, BaldomeroIglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, JoséManuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero.Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149

Depósito Legal: VG175-2012