real filharmonÍa de galicia€¦ · la aurora asomaba viii. la primavera besaba javier franco,...

12
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2018 → 2019 XOVES 18 OUTUBRO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Maximino Zumalave Director Javier Franco Barítono CONCERTOS DE ABONO Sala Mozart 19.45 h CONvers@ndo con JOAM TRILLO Compositor

Upload: others

Post on 27-Sep-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2018 → 2019

XOVES 18 OUTUBRO 201820.30 hAuditorio de Galicia

Maximino Zumalave DirectorJavier Franco Barítono

CONCERTOSDE ABONO

Sala Mozart 19.45 hCONvers@ndo conJOAM TRILLO Compositor

Page 2: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

2

PROGRAMA

JOSÉ ARRIOLA: A REVELACIÓN

IRICHARD STRAUSS (1864-1949)Guntram, op. 25 Preludio do acto I

JOSÉ ARRIOLA (1895-1954)Tres textos cervantinosIII. Marinero soy de amor

Javier Franco, barítono

Seis poesías de Antonio MachadoVII. El Cadalso. La aurora asomabaVIII. La primavera besaba

Javier Franco, barítono

IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino)

IIJESÚS GURIDI (1886-1961)Una aventura de Don Quijote

RICHARD STRAUSS (1864-1949)Intermezzo, op. 72 Catro interludios sinfónicos

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 20 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.

Page 3: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

3

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecerlle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

VIOLÍNS I Teimuraz Janikashvili (concertino)Adriana Winkler (axuda de concertino)Anca Smeu **Yulia PetrushevskayaVictoria JurovIlya FisherDaniel KordubayloMichal RyczelIldikó Oltai Claudio GuridiAnna Alexandrova

VIOLÍNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Helena SengelowGyula VadasziIrina GruiaKiyoko OhashiSamira AjkicElina ViksneEnrique Roca

VIOLASTilmann Kircher *Natalia Madison **Anne SchlossmacherIonela CiobotaruOxana BakulinaTimur Sadykov

VIOLONCELLOSPlamen Velev *Barbara Switalska **Ailsa LewinThomas PielMillán AbeledoCarlos García

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart

FRAUTASLaurent Blaiteau *Laia Albinyana (R)Luis Soto **

ÓBOESChristina Dominik *Avelino Ferreira (R)Esther Viúdez **

CLARINETESBeatriz López *Emilio Alonso (R)Vicente López **

FAGOTESJuan Carlos Otero *Javier Sánchez (R)Manuel Veiga **

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Simón Lewis (R)

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **Manuel Paino (R)

TROMBÓNSArturo Centelles (R)Iago Ríos (R)Marcos Dorado (R)

TUBAMiguel Franqueiro (R)

TIMBALJosé Vicente Faus *

PERCUSIÓNGermán Agulló (R)Marta Prado (R)

ARPAAlba Barreiro (R)

PIANOSimona Kantcheva (R)

Page 4: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

4

MAXIMINO ZUMALAVEDirector

Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart. Foi discípulo de Ángel Brage, Rosa Sabater, Guillermo González, John Elliot Gardiner e Helmuth Rilling. É fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociado da Real Filharmonía de Galicia, formación da que foi fundador. É director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e profesor de Sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.

Con el actuaron solistas como J. Achúcarro, T. Barto, M. Bayo, E. Bitetti, R. Buchbinder, R. Castromil, A. Ciccolini, J. Colom, V. Gens, V. Georghiu, W. Holzmair, as irmás Labèque, N. Lahusen, A. de Larrocha, A. León Ara, Ch. Margiono, A. Nafé, M. Orán, A. Rolfe Jonson, G. Sandor, J. Soriano, I. Vermillion e F. P. Zimmermann, entre outros. Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa.

Dirixiu a importantes formacións tanto estranxeiras como españolas como a Orquestra de Cámara de Stuttgart, Orquestra de Cámara Inglesa, Sinfónica de Praga, Orquestra da Ópera Nacional de Sofía, Nacional de Lille, Sinfónica de Odense, Sinfónica do Porto, The Brabants Orchester (Eindhoven), Orkest van het Oosten (Enschede), Solistas Barrocos Ingleses, Bach Collegium, Nacional de España, Sinfónica de Madrid, Ciudad de Barcelona, Sinfónica de Tenerife ou a Orquesta Ciudad de Granada, entre outras. Ademais, foi convidado a participar en xurados e presidir importantes certames e premios internacionais.

Maximino Zumalave dirixiu estreas absolutas de obras de Bernaola, Castillo, García Abril, Groba, Marco, Mestres Quadreny, Villa Rojo…; coidando especialmente as

Page 5: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

5

primeiras audicións de xoves compositores galegos como Alonso, Balboa, Buíde, Durán, Macías, de Paz, Pereiro, Vázquez ou Viaño. O seu compromiso coa cultura de Galicia transcende máis alá da música: Torrente Ballester envíalle unha obra “lamentando que no pueda ser una sinfonía” e a poetisa Eva Veiga escribe:

“...Maximino,que coas súas mans do silencioarrincaa máis pura poesía,no espacio fuxidíano corazón eterna”

É Licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Bioloxía Mariña. En 1995 foi elixido Académico de Número da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. É membro da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega. En 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao e en 2016 foi distinguido co Premio da Cultura Galega.

JAVIER FRANCOBarítono

Nacido na Coruña, estudou na Escuela Superior de Canto de Madrid e no Conservatorio Superior de Música del Liceu de Barcelona, asistindo a cursos de perfeccionamento con Alfredo Kraus e Renato Bruson. Na actualidade perfecciona a súa técnica vocal con Carlos Chausson. Ten gañado concursos internacionais como o Viñas de Barcelona, Francisco Alonso de Madrid, Luis Mariano de Irún ou o Rocca delle Macie de Siena (Italia).

A súa presenza é habitual en teatros como o Real de Madrid, Liceu de Barcelona, Palau de les Arts de Valencia, Teatro de la Zarzuela e Auditorio Nacional de Madrid, Palacio da Ópera da Coruña, Campoamor de Oviedo, Comunale di Bologna, Verdi di Sassari (Italia) ou São

Page 6: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

6

Carlos de Lisboa. Ten colaborado con mestres do talle de Zubin Mehta, Jesús López Cobos, Guillermo García Calvo, José Ramón Tebar, David Parry, Donato Renzetti, Renato Palumbo, Steven Mercurio, Roberto Tolomelli, Reynald Giovaninetti, Miguel Ángel Gómez Martínez, Maurizio Benini, Pablo Mielgo...

Debutou cos roles operísticos máis representativos: Lucía de Lammermoor (Enrico), Un baile de máscaras (Renato), A bohemia (Marcello), A filla do rexemento (Sulpice), Fausto (Valentín), O barbeiro de Sevilla (Fígaro), As Villi (Guillermo), La Traviata (G. Germont), O segredo de Susana, O trobador (Conde de Luna), O Arame de Juan Durán, Carme (Escamillo), Rigoletto (Rigoletto), Don Giovanni (Don Giovanni), Maria di Rohan (Enrico), Luisa Miller (Miller), O elixir de amor (Belcore), Roberto Devereux (Nottingham), Don Pascual (Malatesta), Pallasos (Silvio), Aida (Amonasro), El retablo de Maese Pedro (Don Quijote), Madame Butterfly (Sharpless)...

O seu repertorio de zarzuela inclúe: Luisa Fernanda (Vidal), La tabernera del puerto (Juan de Eguía), La del soto del parral (Germán), Jugar con fuego (Marqués de Caravaca), La del manojo de rosas de Sorozábal (Joaquín), La rosa del azafrán de Guerrero (Juan Pedro), Los Gavilanes (Juan), El caserío (Tío Santi), Pan y Toros (Capitán Peñaranda), Katiuska (Pedro), Marina (Roque), La verbena de la Paloma (Julián)...

Entre os seus vindeiros compromisos destaca Fuenteovejuna no Campoamor de Oviedo, La tabernera del puerto en Las Palmas de Gran Canaria, O soño dunha noite de verán no Teatro de la Zarzuela, Madame Butterfly (Sharpless) en Palma de Mallorca, Los Gavilanes en Pamplona...

Page 7: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

7

Guntram, con libreto do autor, é a primeira ópera de Richard Strauss. A súa estrea tivo lugar en 1894 en Dresde, dirixida polo proprio Strauss, sen demasiada transcendencia. As raras representacións seguintes: Múnic 1895, Praga 1901 (con grandes cortes), Frankfurt 1910, non conseguiron un éxito maior. En 1934 a Radio de Berlín emitiu unha versión, amplamente retocada, dirixida por Hans Rosbaud. O éxito desta emisión induciu a Strauss a escribir unha nova versión máis curta e cunha orquestra máis reducida. Esta versión é a que logo se impuxo.

O preludio inicial, moi apreciado por Mahler, é unha páxina orquestral de gran nivel que revela a experiencia dos poemas sinfónicos do propio autor, a pesar da clara influencia wagneriana, tanto na temática do texto, que é de ambiente medieval próximo a Tannhäuser, como na escritura orquestral. Con todo, os motivos temáticos utilizados aquí non son verdadeiros leitmotiv wagnerianos. Consta de dúas partes ben definidas baseadas en dous motivos temáticos. A primeira parte amosa as características morais e espirituais do protagonista. Logo segue un pequeno fragmento que introduce o motivo da segunda parte, pero aínda regresa brevemente o primeiro motivo. Entra xa despois a segunda parte, baseada nun motivo que describe a nobreza dos membros da confraternidade do protagonista. Chegando ao final o autor introduce un terceiro motivo combinado cos dous primeiros. Este motivo revélanos aínda máis a relación coa produción sinfónica precedente do autor, pois é a cita do tema da infancia tomada do seu poema Tod und Verklärung (Morte e Transfiguración) e que aquí pretende falarnos da infancia do protagonista.

A vida e a obra de Pepito Arriola (José Rodríguez Carballeira) parece sacada dun romance e, por esta razón, case resulta imposible de crer. O apelido de Arriola, co que pasou á posteridade, provén do segundo apelido do avó materno, polo que era coñecida a família. El era fillo de solteira e tomou os apelidos da nai. E aquí comeza a incrible historia de Pepito. O seu pai era amante da

Page 8: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

8

súa avoa e da súa nai. E isto leva á avoa á morte e o avó traslada a residencia de Ferrol a Betanzos, que será onde naza Pepito en 1895. A súa nai tocaba o piano e o meniño escoitábaa, pero a nai parte para Madrid e deixa o fillo coa súa irmá Aurora (de 16 anos), que é quen inicia realmente ao rapaz como pianista ata 1899. Vendo a nai a gran promesa que é o fillo, quítallo á súa irmá e lévao consigo a Madrid. A irmá Aurora sente a enorme perda do meniño, que para ela era xa o seu fillo, e logo decidirá ter, tamén de solteira, o seu propio fillo, que será filla, a logo tamén famosa Hildegart. En Madrid Pepito comezará uma carreira de grandes éxitos que o levará a tocar na corte e a obter unha bolsa da Casa Real para estudar en Alemaña. Así, parte para Alemaña cos súa nai en 1902.

En Leipzig asistirá a clases sobre todo de piano, pero tamén de composición. E de alí a pouco comeza a fulgurante carreira do noso pianista. En 1908 xa realiza unha xira de grande éxito por toda Alemaña, o que o leva a ser convidado polo propio káiser Guillerme II a ofrecer un recital diante de toda a corte. A admiración da familia imperial é tal que o káiser regálalle un alfinete e un chalé en Meklenburgo. Xa en 1909 realiza unha xira polos Estados Unidos, Canadá, México e Arxentina. E así se consolida a súa fama e fará xiras de concertos tamén en Inglaterra, Países Baixos, Rusia, Scala de Milán (1912). En 1911 visita a súa cidade natal, Ferrol, tocando no Teatro Jofre.

Durante os anos do nazismo está moi ligado ás emisoras de radio de Berlín. Nalgunhas ocasións nas que toca para as radios están presentes dirixentes nazis, como o propio Hitler, Goebbels ou Goering. Non podemos saber se el sentía simpatía polo nazismo. Ao final da II Guerra Mundial a súa casa de Berlín é destruída polos bombardeos e Arriola decide regresar a España. Establécese en Barcelona. Pero el en España non era famoso como en Alemaña e o Franquismo tampouco tiña unha gran devoción pola música. O feito é que o noso afamado pianista só consegue dar poucos concertos e a súa vida remata en Barcelona en 1954.

Page 9: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

9

A historia das súas composicións é case tan novelística como a da súa vida. E pego aquí o que escribín na edición das súas obras:

“Carmen Osorio Rodríguez (Berlín 1907 - Ferrol 1995) é media irmá de Pepito Arriola por parte de nai. Estivo en Ferrol ao longo dos últimos anos da súa vida, hospedada no Hostal Real na rúa Galiano e rematou morrendo na residencia de vellos Mi Casa, rexentada por monxas e dependente da Diócese de Ferrol-Mondoñedo. Alí visitábaa Jaime López Pérez, xubilado dos estaleiros e home de fondas inquedanzas socioculturais. Nunha desas visitas comunícanlle que Carmen Osorio morrera e fora enterrada nun nicho común que tiña a organización relixiosa no cemiterio de Catabois. A superiora de Mi Casa díxolle a Jaime López que Carmen Osorio deixara uns papeis que estaban no almacén e se quería podía recollelos. E así apareceron as partituras orixinais de José Rodríguez Carballeira, coñecido co nome artístico-familiar de José Arriola (Betanzos, 1895 - Barcelona, 1954) e a documentación fotobiográfica empregada no traballo de Ferrol Análisis nº 18 (2003), que Jaime López puxo nas miñas mans para desenvolver o citado traballo documental.

Unha vez rematada a edición de Pepito Arriola en Ferrol Análisis, insiste en que lle devolva os orixinais porque unha persoa de Betanzos ten interese en ver as partituras e así o fago. Pero cando desexamos recuperar os orixinais para a comprobación da obra fotocopiada, comunícanme que Jaime López morreu e a súa viúva non sabe a quen lle deixou as obras citadas. E así están as cousas. Inicialmente perdidas, aínda que sempre cabe a posibilidade de que saian á luz”.

Mais as obras que foran achadas non son todas as obras que o noso autor compuxo. Non sabemos cantas obras están perdidas pero el mesmo confesa que no bombardeo da súa casa en Berlín se perderan varias obras, entre elas un concerto para piano e orquestra.

Page 10: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

10

Neste concerto imos ter unha mostra da súa produción, centrada nas súas fermosas cancións. As poesías de Machado foron compostas en Barcelona en 1950 e as cervantinas en 1947. Das Seis poesías de Antonio Machado só se conservan completas as que figuran no programa de hoxe. As outras están perdidas e a nº VI incompleta. A nº VII é a nº XLVII de "Humorismos, Fantasías, Apuntes. Los grandes inventos", de Soledades. Galerías. Otros poemas. A nº VIII é a nº LXXXV do libro "Galerías" da mesma obra. A nº IX é un breve epílogo musical referente ao "destino" do propio Machado. A orquestra das cervantinas é maior que a de Machado. Son pezas curtas e austeras nas que a orquestra sempre deixa maior espazo ao canto.

Guridi, que sempre se sentiu vasco, para Una aventura de Don Quijote escolle de entre todas as aventuras do cabaleiro os capítulos VIII e IX, referentes á "Batalla del gallardo vizcaíno, Don Sancho de Azpeitia, y el valiente manchego". Escribiuna en 1915, pouco depois de voltar de Francia e Alemaña, onde coñeceu o "Don Quijote" de Strauss, e foi distinguida co 2º premio entre máis de 70 obras polo Círculo de Bellas Artes de Madrid con motivo do centenario de Cervantes. Guridi demostra aquí o seu dominio da orquestra e do sinfonismo. Segue os pasos de Richard Strauss, pero sempre coa súa harmonía persoal, ademais do achegamento á música tradicional vasca. Como é de esperar, é unha obra de brillante heroísmo, pero quizais o momento álxido da batalla cede ao lirismo, cando don Quijote ordena ao vencido ir ao Toboso a renderlle homenaxe a Dulcinea.

A ópera Intermezzo de Richard Strauss estreouse en 1924 en Dresde. O título está inspirado nos "Intermezzi", breves obras cómicas que se intercalan ("intermedios") nos entreactos das óperas no século XVIII, normalmente desenvolvendo enredos amorosos ou matrimoniais. O argumento, escrito por Strauss, parte dun incidente da súa propria vida, e os catro interludios que hoxe imos escoitar refírense ao argumento do texto:

Page 11: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

11

O primeiro ten como título “Reisefieber und Walzerscene" (“Febre de viaxe e escena do valse”). Christine (que representa a Pauline de Ahna, muller de Strauss), anoxada co seu esposo, viaxa a un centro turístico de inverno e alí baila un longo valse co barón Lummer. Isto é ao que se refire o primeiro preludio. Christine recibe unha carta de amor dirixida ao seu marido dunha tal Mitzi Mayer. Furiosa, decide divorciarse e irse co barón. E disto último fala o segundo interludio, que ten como título "Träumerai am Kamine" (“Soño xunto á cheminea”).

No 2º Acto temos ao marido (Robert Storch, director de orquestra, que representa ao proprio Strauss) xogando ás cartas co director Robert Stroh e cuns amigos. O terceiro interludio fálanos disto e ten como título "Am Spieltisch" (“Na mesa de xogo”). Christine envia unha carta ao seu marido para dicirlle que o abandona e que quere o divorcio. Pero Stroh e Storch descobren que a carta da Mitzi non era para Storch (Strauss) senón para Stroh. Informada Christine e aclarado o enredo só falta o “Final Feliz”, e ese é o título do 4º interludio, "Fröhliche Beschluß".

Joam Trillo

Page 12: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA€¦ · La aurora asomaba VIII. La primavera besaba Javier Franco, barítono IX. Epílogo (Antonio Machado. Su destino) II JESÚS GURIDI (1886-1961) Una

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacultura.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCultura

@rfgalicia@CCultura

Xoves 25 outubro 201820.30 hUnha noite con Mendelssohn

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAJonathan Webb, directorSvetlin Roussev, violín

F. Mendelssohn Concerto Abertura As Hébridas, op. 26Concerto para violín en mi menor, op. 64Sinfonía núm. 8 para cordas en Re maior(versión para orquestra con ventos)

Sábado 10 novembro 201818.30 hDescubre unha orquestra para ti… a túa!O Crebanoces

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAMaximinio Zumalave, directorCompañía de monicreques Per Poc (Santi Arnal e Anna Fernández)

P. ChaikovskiO Crebanoces (orq. McDermott)