real filharmonÍa de abono de galicia · beatriz lópez * vicente lópez ** germán martínez ***...

12
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 XOVES 01 FEBREIRO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia PAUL DANIEL Director CONCERTOS DE ABONO Sala Mozart 19.45 h Convers@ndo con PAUL DANIEL Director

Upload: ngokhanh

Post on 19-Sep-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

XOVES 01 FEBREIRO 201820.30 hAuditorio de Galicia

PAUL DANIEL Director

CONCERTOSDE ABONO

Sala Mozart 19.45 hConvers@ndo con PAUL DANIEL Director

Page 2: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega
Page 3: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega

3

PROGRAMA

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 30 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc

I

RICHARD WAGNER (1813-1883)Parsifal: Preludio

ALEXANDER SCRIABIN (1872-1915)Sinfonía núm. 4 “Poema da éxtase”, op. 54 (arr. J. Trillo)

II

RICHARD WAGNER (1813-1883)O holandés errante: Abertura

CLAUDE DEBUSSY (1862-1918)La mer (arr. I. Farrington)

Do alba ao mediodía no marXogos de ondasDiálogo do vento e o mar

Page 4: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega

4

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecelle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

VIOLÍNS I James Dahlgren (concertino)Adriana Winkler (axuda de concertino)Anca Smeu **Michal RyczelIlya FisherIrene Romero ***Claudio GuridiTheologos Kouvatis ***Kiyoko OhashiVictoria JurovIldikó Oltai Yulia PetrushevskayaAnna Alexandrova

VIOLÍNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Irina GruiaGyula VadasziNarazet Canosa (R)Héctor Robles ***Samira AjkicMagdalena Gacek ***Enrique Roca

Elina ViksneNatalia Cid (R)

VIOLASTilmann Kircher *Natalia Madison **Ionela CiobotaruAnne SchlossmacherTimur SadykovNuria Honrubia ***Carolina Uriz ***Iriana FernándezOxana Bakulina

VIOLONCELLOSPlamen Velev *Barbara Switalska **Thomas PielAlejandra Díaz (R)Jorge Merchán ***Carlos GarcíaMillán Abeledo

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart

Miguel Ángel Luzárraga ***

FRAUTASLaurent Blaiteau *Luis Soto **Beatriz Gallardo ***

ÓBOESChristina Dominik *Esther Viúdez **Avelino Ferreira (R)

CLARINETESBeatriz López *Vicente López **Germán Martínez ***

FAGOTESJuan Carlos Otero *Manuel Veiga **Mario Vercher ***

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Adrián Lavía ***

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **Francisco Tomás ***

TROMBÓNSEsteban Méndez (R)Juan Luís Novo (R)Marcos Dorado (R)

TUBAMiguel Franqueiro (R)

TIMBALJosé Vicente Faus *

PERCUSIÓNMarta Rodríguez ***Pablo Salgueiro (R)Germán Agulló (R)

ARPABleuenn Le Friec (R)

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

Page 5: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega

5

PAUL DANIEL Director

É o director titular e artístico da RFG dende 2013 e tamén se encarga da dirección musical da Orquestra Nacional de Burdeos. Entre 2009 e 2013 foi o principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth e foi director musical da English National Opera e da Ópera de North, ademais de principal director da Opera Factory. Foi director invitado das máis destacadas orquestras e compañías de ópera por todo o mundo. Dirixiu no Royal Opera House Convent Garden, en La Monnaie en Bruxelas, na Ópera Estatal de Baviera en Múnic ou no Metropolitan Opera de Nova York.

Recentes e futuros compromisos operísticos inclúen Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro coa English National Opera, Gloriana no Covent Garden, Lulú en La Monnaie, un dobre cartel con L’Enfant et les Sortilleges e Der Zwerg coa Ópera Nacional de París; Os troianos coa Ópera de Berlín; ou A Village Romeo and Juliet coa Ópera de Frankfurt. Ademais dos seus concertos coa West Australian Symphony Orchestra e a Real Filharmonía de Galicia, dirixirá a Filharmónica da BBC, Orquestra Nacional de Burdeos, Royal Philharmonic, Sinfónica de Hamburgo, Orquestra da Radio de Múnic, Tapiola Sinfonietta, Australian National Academy of Music, National Youth Orchestra e participará no Festival de Bregenz (Austria).

Entre as súas numerosas gravacións destaca o éxito alcanzado polo CD coa Sinfonía núm. 3 de Elgar e o DVD da gravación de Lulú en La Monnaie coa soprano Barbara Hannigan. Coa Orquestra Nacional de Burdeos gravou obras de Wagner, Mahler e Chaikovski. En 1998 recibiu un Premio Olivier pola súa dedicación á ópera e nos New Year’s Honours de 2000 foi condecorado coa Cruz do Imperio Británico.

Page 6: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega

6

Richard Wagner (Leipzig, 1813 – Venecia, 1883) Parsifal, Preludio. Acto INa súa xuventude, Wagner admiraba a ópera francesa e mentres compoñía o seu primeiro traballo operístico importante, Rienzi, entre 1839 e 1840, intentou sen éxito competir no mundo musical en París. Nesta cidade converteuse no centro de polémicas que acadaron o punto álxido coa escandalosa estrea da versión parisiense de Tannhäuser, en 1861, ofrecendo a imaxe dun Wagner axitador capaz de unir os desexos de xeracións de artistas e intelectuais, e así Saint-Saëns, d’Indy e Delibes asistiron en Bayreuth a estrea do seu último traballo, Parsifal.A intención de Wagner de escribir unha obra enmarcada nun ambiente eminentemente relixioso ou místico remóntase ao período de dedicación ao libreto de Tristán e Isolda, cando pensou por primeira vez no personaxe Parsifal para un posible epílogo da obra. A idea comezou a tomar forma en 1857, coa primeira versión do texto sobre unha obra do poeta alemán Wolfram von Eschenbach. Wagner traballou enfermo ata rematar en 1882 e convén lembrar que nese período compositivo, J. S. Bach era o seu autor de cabeceira. Así como O holandés errante foi desenvolvido a partir da idea da Balada de Senta, e Tristán e Isolda creceu desde un único compás que encarnaba o proceso misterioso, o proceso creativo en Parsifal inspirouse nas máis fondas facetas da obra: a idea da redención do mundo a través da compaixón. O Preludio, lonxe das aberturas de Gluck e Mozart, rompe de raíz coa regra organizativa habitual nas óperas do século XIX e xa nos primeiros compases aparece esa sensación de redención e transcendencia espiritual condensando o contexto místico e sacramental que percorre a obra. O propio compositor describiu a música do Preludio como expresiva da gran terna, amor – fe – esperanza, e nela aparece a voz da compaixón amorosa, o himno da fe, o grito de angustia do pecador e a esperanza da redención. Comeza co tema do Ágape do amor, do que se utilizan fragmentos en distintos momentos. O segundo tema é do Santo Grial, coñecido como Amen de Dresde. Impoñente aparece o terceiro, a Fe, executado

Page 7: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega

7

polas trompetas e desenvolvido máis tarde nun coral. Despois repítese o tema do Ágape do amor, e reiterada e separadamente escóitanse os temas do Sufrimento -cuxas primeiras notas se empregan como grito de Dor- e da Lanza.

O holandés errante. AberturaO compositor Giacomo Meyerbeer posibilitou que Wagner estreara en Dresde en 1842 a súa ópera Rienzi, baseada na novela de Bulwer Lytton, cuxo éxito deu un novo xiro á súa carreira. Non obstante, tras a estrea d’O holandés errante, con menor repercusión, foi nomeado director de orquestra da Ópera de Dresde, un dos teatros máis importantes de Alemaña, o que o levou cada vez máis lonxe de Rienzi, de estética debedora da Grand Opéra ao estilo de Meyerbeer, mellor entendida e recibida polo público. Numerosos estudosos wagnerianos adoitan situar O holandés errante como a primeira obra "oficial" do autor; algúns mesmo cren distinguir indicios autobiográficos no mariño protagonista. Inspirada nunha obra de Heinrich Heine, a ópera supón un impresionante anuncio do futuro da produción de Wagner no relativo á orquestración, ao deseño dos temas asociados a personaxes e situación ou a certas ideas dos seus dramas (como o carácter errante que distingue os personaxes -de Tannhäuser a Parsifal- ata a redención por amor). A abertura d’O holandés errante é, sobre todo, unha tormentosa e suxestiva paisaxe mariña en forma de poema sinfónico na que se anticipa un resumo da acción da ópera. En forma sonata, expón dous temas básicos confrontados na estrutura, na orquestración, no tempo e no contido expresivo e psíquico. A introdución presenta o tema que corresponde ao holandés e a súa mariñeiría, o andante trata a redención ligada ao amor de Senta e recolle parte da música da Balada. Unha terceira sección regresa ao tempestuoso inicio, outra dedícase á tripulación de Daland e, finalmente, aparece a loita entre os temas do holandés e o da redención.

Page 8: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega

8

Aleksandr Scriabin (Moscova, 1872 – 1915)Sinfonía núm. 4, Op. 54, Poema da éxtaseO compositor e pianista Alexander Scriabin foi un dos máximos representantes do postromanticismo e o tonalismo libre, ademais dun dos músicos máis influentes e renovadores da historia da música rusa. O interese pola teoría do Übermensch de Friedrich Nietzsche e pola teosofía -enraizada a finais do século XIX na sociedade rusa rexida pola espiritualidade e o desasosego- influiría fondamente na música e no pensamento artístico de Scriabin, quen desenvolveu o seu propio e abstracto misticismo baseándose no papel do artista en relación coa percepción e a afirmación da vida. A sinestesia desenvolvida por Scriabin permitíalle asociar cada tonalidade cunha cor determinada, o que tamén contribuíu a un persoal modo compositivo. Cualificado ás veces como un hiperromántico, a súa linguaxe resultaba moderna ao comezo do século XX influíndo en autores coetáneos e posteriores, sobre todo na harmonía e a cor orquestral. O Poema da éxtase, a súa cuarta sinfonía, foi rematado en 1906 e estreado en 1908 na Sociedade Sinfónica Rusa de Nova York e viña precedido polo Poema divino e seguido pola quinta sinfonía, Prometeo: o poema do lume; cada unha delas máis intensa cá anterior nos medios instrumentais, na complexidade tímbrica e harmónica, no contido, na duración etc. Esta obra, para gran plantel orquestral, cunha importante sección de percusión, fusiona conceptos espirituais e sensuais, indicados na propia partitura. O tema de abertura representa o sensual e caracterízase polos cromatismos protagonizados pola sección de vento, con continuos xogos tímbricos e contrapuntísticos; o segundo tema, asignado á trompeta, encarna a vontade creadora e baséase nun motivo de ritmos punteados de harmonía máis estable. O desenvolvemento é un xogo de densidades que xera fermosos momentos de tensión, pero claramente optimista. Serenidade e vehemencia da orquestra combinan con exquisitas pasaxes confiadas a uns poucos solistas até concluír cunha brillante éxtase de estoupido orquestral de forza sobrecolledora, unha preparación ideal para un grandioso final.

Page 9: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega

9

Claude Debussy (Saint-Germain-en-Laye, 1862 – París, 1918)La MerClaude Debussy coñeceu o mar aos seis anos, nunha viaxe familiar a Cannes que recordaría sempre, e a súa paixón influíu na súa música ata tal punto que en 1916, gravemente enfermo, expresa a súa morriña do mar, seguro de que podería axudalo na súa recuperación. De todas as músicas de concerto que se refiren ao mar, seguramente a máis destacada pola súa forza expresiva é a titulada La mer, obra mestra do catálogo do compositor francés. A partir das súas lembranzas mariñas, Debussy comezou súa homenaxe á auga lonxe do mar, en Bichain, na Borgoña francesa, no verán de 1903, e continúaa na illa de Jersey e na costeira cidade de Dieppe, rematando a partitura en marzo de 1905. A peza está articulada en tres bosquexos sinfónicos ligados en certo modo a modelos clásicos, aínda que tratados cunha liberdade e unha complexidade de estruturas sen precedentes na música de Occidente. Debussy indaga en Da alba ao mediodía no mar sobre as emocións variables provocadas pola diferente incidencia da luz sobre a auga. Dado o tratamento puntillista da orquestra e pola súa forma case aberta, Xogo de ondas é o máis revolucionario dos tres movementos. Remata esta partitura con Diálogo do vento e o mar, o máis tradicional de todos, pois presenta temas ben perfilados e unha estrutura próxima ao rondó.A crítica foi dura na estrea desta obra, en outubro do ano da súa finalización, Louis Schneider recollía a decepción do público sinalando que este esperaba “algo grande, algo realmente colosal”, e que só se lle serviu “un pouco de auga axitada nunha salseira”. En Chicago en 1909, W. L. Hubbard escribiu “Non hai temas suficientemente fortes e claros para seren chamados temas. Nin tan só hai un breve motivo que poida ser tomado polo oído e o cerebro como unha guía a través do labirinto tonal. Hai numerosos estraños efectos na orquestración, moitas combinacións e progresións harmónicas tan pouco usuais...” Quizás o erro residiu en que o mar de Debussy non fora creado para ser visto ou oído, senón para ser sentido.

Page 10: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega

10

Segundo Iain Farrington, La Mer é unha das grandes obras orquestrais que evoca as cores e sons do mar a través de anovadores efectos harmónicos e instrumentais. O enfoque a miúdo transparente da orquestración, a lixeireza do toque e o carácter solista da partitura préstase ben para un conxunto reducido. Esta noite a RFG interpreta La Mer, nunha adaptación de Iain Farrington, pensada para a nosa orquestra, que transmite eficazmente a partitura orixinal sen perdas de cor, con detalles ocultos que se fan máis evidentes. Estas adaptacións para diferentes espazos e tamaños orquestrais foi práctica habitual de grandes e recoñecidos compositores nas súas propias pezas para poderen chegar a todos os públicos sen modificar a esencia inicial das obras.

Page 11: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega
Page 12: REAL FILHARMONÍA DE ABONO DE GALICIA · Beatriz López * Vicente López ** Germán Martínez *** FAGOTES Juan Carlos Otero * Manuel Veiga ** Mario Vercher *** TROMPAS Jordi Ortega

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura

Xoves 8 de febreiro, 2018 20,30 h REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPierre Bleuse, director

A. Honegger, Pastorale d’étéA. Roussel, Concerto para pequena orquestra, op. 34L.v. Beethoven, Sinfonía núm 6 en fa maior, op. 68 ‘Pastoral’

Domingo 18 de febreiro, 2018 19,30 hCICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGECentenario C. Debussy / L. BernsteinDÚO BIZJAK

C. Debussy, En blanc et noirS. Rachmaninov, Suite para dous pianos núm. 2L. Bernstein, Suite de West Side StoryM. Ravel, La Valse

A cafetería permanecerá aberta ao remate do concerto. 

Cómpre retirar os vehículos do garaxe trala fin do espectáculo.