real filharmonÍa de abono de galicia · reaparecían cunha clara intención de conformar unha obra...

12
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 XOVES 16 NOVEMBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Víctor Pablo Pérez director CORO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA Joan Company director do Coro CONCERTOS DE ABONO Sala Mozart 19.45 h Convers@ndo con VÍCTOR PABLO PÉREZ Director

Upload: trankiet

Post on 17-Feb-2019

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

XOVES 16 NOVEMBRO 201720.30 hAuditorio de Galicia

Víctor Pablo Pérez director

CORO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA Joan Company director do Coro

CONCERTOSDE ABONO

Sala Mozart 19.45 hConvers@ndo con VÍCtor Pablo Pérez Director

3

PROGRAMA

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 40 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc

I

ROBERT SCHUMANN (1810-1856)Sinfonía núm. 4 en re menor, op. 120 (versión 1851)

Ziemlich langsam - LebhaftRomanze: Ziemlich langsamScherzo: LebhaftEtwas zurückhaltend - LangsamLebhaft

II

LUIGI CHERUBINI (1760-1842)Réquiem núm. 1 en do menor

Introit and KyrieGradualeDies iraeOffertorium. Domine Jesu ChristeOffertorium. HostiasSanctusPie JesuAgnus Dei

CORO DA ORqUESTRA SINfóNICA DE GALICIA

4

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecelle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

Violíns I James Dahlgren (concertino)adriana Winkler (axuda de concertino)anca Smeu **Victoria JurovClaudio GuridiYulia PetrushevskayaMichal ryczelanna alexandrovaIldikó oltai Ilya FisherKiyoko ohashi

Violíns IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Natalia Cid (r)Samira ajkicGyula Vadaszi enrique rocaIrina Gruiaelina ViksneNarazet Canosa (r)

Violastilmann Kircher *Natalia Madison **Iriana Fernándeztimur Sadykovanne SchlossmacherIonela Ciobotaruoxana bakulina

VioloncellosPlamen Velev *barbara Switalska **Millán abeledoalejandra Díaz (r)thomas PielCarlos García

ContrabaixosCarlos Méndez *alfonso Morán **oriol Xicart

Frautaslaurent blaiteau *luis Soto **

ÓboesChristina Dominik *avelino Ferreira (r)

Clarinetesbeatriz lópez *Vicente lópez **

FagotesJuan Carlos otero *Manuel Veiga **

TrompasJordi ortega *alfredo Varela *adrián lavía ***Daniel otero (r)

TrompetasJavier Simó *ramón llátser **

Trombónsarturo Centelles (r)Iago ríos (r)Faustino Núñez (r)

Timbal José Vicente Faus *

* principal | ** coprincipal | *** eaeM (Curso avanzado de especialización orquestral) | (r) reforzo

5

VÍCTOR PAbLO PéREz Director

Nace en Burgos e realiza os seus estudos musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid e na Hochschule für Musik de Múnic.

Sinalado dende os seus comezos como un dos grandes e precoces valores españois no eido da dirección de orquestra, entre 1980 e 1988 é director artístico e titular da Orquesta Sinfónica de Asturias e entre 1986 e 2005 director artístico e titular da Orquesta Sinfónica de Tenerife, agrupación que se converte rapidamente nun referente no panorama musical español. En 1993 ponse á fronte da Orquestra Sinfónica de Galicia, labor que leva a cabo ata agosto de 2013, conseguindo nese período un recoñecemento unánime polo nivel de excelencia acadado polo conxunto.

Colabora de maneira habitual co Teatro Real de Madrid; o Gran Teatre del Liceu de Barcelona; festival Mozart da Coruña; festivais Internacionais de Música de Canarias, Perelada, Granada, Santander, Schleswig Holstein, festival Bruckner de Madrid, Rossini Opera festival, festival de San Lorenzo de El Escorial e quincena Musical de San Sebastián. Ademais de dirixir con frecuencia a práctica totalidade das orquestras españolas, é convidado por diferentes formacións internacionais como a Sinfónica de Radio frankfurt, Sinfónica de Berlín, Sinfónica de Múnic, Sinfónica de Dresde, Royal Philharmonic, filharmónica de Londres, Orchestra del Maggio Musicale fiorentino, Orquestra da Academia Nacional de Santa Cecilia de Roma, Orquestra Sinfónica Siciliana, Orchestra Sinfónica da RAI de Roma, Orquestra Sinfónica Giuseppe Verdi de Milán, Orquestra Nacional de Lyon, Orquestra Nacional do Capitolio de Toulouse, Orquestra Sinfónica de Xerusalén, Orquestra Nacional de Polonia e Sinfónica de Trondheim.

As súas distincións son numerosas: Premio Ondas (1992 e 1996), Premio Nacional de Música (1995), Medalla de Oro a las Bellas Artes (1999), Director Honorario da Orquesta Sinfónica de Tenerife (2006), Director Honorario

6

da Orquestra Sinfónica de Galicia (2013) e Académico correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San fernando (Madrid).

Dende setembro de 2013 é Director Artístico e Titular da Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid.

CORO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Director Artístico: Joan Company Pianistas: Ludmila Orlova / Alicia González Técnica vocal: Yolanda Montoussé Coordinadora: María García

O Coro da OSG está integrado por máis de setenta voces procedentes de toda Galicia. fundado en 1998, ofreceu o seu primeiro concerto o 21 de marzo dese ano xunto á Escola de Práctica Orquestral da OSG e baixo a dirección de James Ross. Dende entón ten desenvolto unha intensa actividade artística, centrada nos repertorios sinfónico-coral, operístico e a capella. Joan Company, vencellado como director do grupo desde a súa creación, é tamén director artístico do proxecto coral da Sinfónica de Galicia, no que, ademais do Coro da OSG, atópanse o Coro Xove e os Nenos Cantores.

A primeira xira de concertos fóra da comunidade galega levouno ao Auditorium de Palma de Mallorca. Desde entón, ten participado en varias edicións do festival Mozart, no festival de ópera e no festival de Música da Coruña; nos ciclos de concertos Música en Compostela, O Son das Catedrais, festival Internacional de órgano Catedral de León; e en diversos escenarios e auditorios de toda Galicia.

A finais de 2003 o coro realizou a súa primeira xira ao estranxeiro, con concertos nas catedrais do Porto e Lisboa; e actuou por primeira vez en Barcelona acompañado da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), dirixida por

7

Christopher Hogwood. Tamén cantou no concerto inaugural da temporada 2006-07 da Orquestra Simfònica de Balears no Auditorium de Palma de Mallorca.

No seu extenso e variado repertorio destaca a súa especial dedicación á música sinfónico-coral de Bach, Vivaldi, Haydn, Mozart, Beethoven, Schubert, Brahms, Mahler -con sinaladas intervencións nas súas sinfonías nº 2, 3 e 8-, Mendelssohn, Shostakóvich, Puccini, fauré, Orff, Debussy, Britten, Garcia Abril, Rossini, Stravinski… Ademais, dedica boa parte da súa actividade á ópera, tanto en versións escénicas como en versión de concerto de grandes títulos do repertorio de Mozart, Rossini, Donizetti, Chaikovski, Puccini, Verdi e Wagner.

Ten cantado e actuado sempre baixo a dirección de grandes mestres de renome internacional como Lorin Maazel, Eliahu Inabal, Ton Koopman, Alberto Zedda, Jesús López Cobos, Víctor Pablo Pérez, Miguel Ángel Gómez Martínez, Richard Egarr, Dima Slobodeniouk, Josep Pons e Ros Marbà.

Sopranos

María del Carmen Alkayali freire, Sonia Arochena Gómez, Emma Cabezas Álvarez, Ana Mª Calvo Conchado, feli Carballido Ponte, Lía Celemín Trevín, Ana Cristobo Angueira, Iria María fernández Haz, María García Sánchez, Mª Teresa Guitián Álvarez, Charlene Harriswangler, Nuria Leiro González, Patricia Matilla Costa, Mª Luisa Pazos freire, Laura Pérez Pardo, Ilduara Perianes Guitián, María Ponte García, Patricia Raso López, Sofía R. Rodríguez fernández, Alba Romero Borrajo, Mª del Mar Santás Pérez, Mª Cristina Trevín González

Altos

Mª Teresa Ayerdi Larreta, Ana Calvo Mato, Mª Remedios Cruz Araujo, Elena Domínguez Rodríguez, Patricia farto Ramos, Myriam fernández fernández, Sabela Girón Gesteira, Isabel Gómez Alonso, Montserrat Gómez fraga, Kamryn Rae Kronschnabel, Puri López quintela, Laura Montes Pombar, Mª Luisa Novoa Santás, Mª Isabel Pérez Garrido, María C. Rivera

8

fraga, Katrine Ann Roberts, Lourdes Rodríguez Borrajo, Raquel Rodríguez Pato, Adoración Sánchez Mata, Arabella Sánchez Mata, Ludmila Sánchez Mata, Graciela Trevín González, Cristina Tubío Castro

Tenores

francisco Javier Álvarez Mata, francisco De la Paz, Ignacio Delgado ferreiro, David ferreiro ferreiro, Víctor Henríquez Morillo, Christian Losada Matías, Sergio Malvar fernández, Hugo Martínez Villar, Álvaro Miguélez Rouco, Javier Pérez Carrasco, Carlos A. Valencia Hentschel, Eloy Vázquez fontenla, Julio Vázquez Rodríguez, Mariano Vázquez Tur

baixos

Miguel Álvarez fernández, Jesús M. Barrio Valencia, Carlos Cabrera Baladrón, Jesús Javier Celemín Santos, Álvaro Celemín Trevín, Jesús A. Couceiro Bueno, Vicente P. Couceiro Bueno, Alejandro Esteban Martínez, Ubaldo fernández Gómez, Ángel fuentes González, Daniel García Artés, Juan José Gordillo Campelo, Lucas López López, Juan Mateos Vega, Raúl Muñoz García, Miguel Neira Boga, Juan R. Pérez Gómez, Gonzalo A. Picado Bellas, Rubén Piñeiro Guillermo, fabio Valiño San Martín, José Luís Vázquez López

9

R. Schumann (1810-1856)

Sinfonía núm. 4 en re menor op. 120 (1851)

Robert Schumann casa o 12 de setembro de 1840 coa excelente pianista e compositora Clara Wieck, unha muller moderna que se debatía entre a súa vida familiar e profesional (para ela era moi importante a súa faceta concertística) e que se converteu en musa e inspiración do compositor. Schumann entrara no mundo musical como autor de pezas pianísticas e crítico musical pero a súa esposa convenceuno para afrontar novos retos musicais, primeiro co lieder e logo, coa música sinfónica. Moi influenciado por Beethoven, formal e tecnicamente, Schumann construíu desde a gran tradición xermana unha escola de formidable técnica e innovador contido e experimentou con todas as formas de composición e con numerosas combinacións instrumentais. Aínda que a súa fama chegou por concertos e sinfonías, o coñecemento do seu estilo vén do estudo da súa obra de cámara, das súas cancións e das composicións para piano, ámbitos nos que ofrece as súas ideas máis orixinais e románticas. Precisamente, a idea de escribir unha serie de partituras sinfónicas chega por inspiración da gran Sinfonía en Do maior de Schubert, quen xunto a Mendelssohn ou Berlioz era un dos compositores aos que admiraba e sobre os que escribía na publicación, fundada por el mesmo, Neue Zeitschrift für Musik. Así, en 1841 Schumann compón dúas sinfonías, a núm. 1 Primavera e unha segunda que revisada dez anos máis tarde pasará a titularse Sinfonía núm. 4 en re menor op. 120. A primeira versión, titulada Fantasía sinfónica, foi estreada en 1841 en Leipzig e nela os movementos encadeábanse sen interrupción e os temas reaparecían cunha clara intención de conformar unha obra de carácter cíclico, o que achegou gran modernidade á obra. As modificacións realizadas sobre a primeira partitura radicaron nunha profunda reorquestración e nunha revisión da estrutura formal eliminando certos fragmentos e transformando algunhas transicións temáticas para que todas as partes combinasen dun modo máis harmónico e equilibrado e a obra gañase coherencia. A versión definitiva estreouse en 1853 en Düsseldorf e obtivo un caloroso recibimento, mesmo hai musicólogos que sinalan que esta é

10

a mellor sinfonía de Schumann e representa un importante salto na evolución da forma sinfónica desde a estrea da quinta de Beethoven. Entre 1847 e 1948, compuxo a súa única ópera Genoveva, baseada nunha lenda medieval francesa. Primeiro escribiu a abertura e logo os catro actos, co libreto de Robert Reinick sobre a versión dramática de friedrich Hebbel, afastándose da ópera italiana organizada en números inspirada en dramas tráxicos, de queixume e duelo. Para lograr a súa idea sobre o teatro lírico (textos de calidade e melodías tecnicamente correctas e fieis á versión poética), Schumann asigna motivos aos malvados, mentres que a música para Genoveva, cun estilo entre lírico e recitado, evoca a redención. A abertura reflicte o dramatismo sobrio e penoso coa recreación dun ambiente sonoro tráxico ao comezo, cuxos temas medran e desenvólvense cando se acelera o tempo e se chega ao Allegro. Algúns críticos considérana un dos seus máis exquisitos traballos para orquestra.

Luigi Cherubini (1760-1842)

Requiem en do menor

Cherubini foi considerado un neno prodixio polo seu inmenso talento para a música e a súa facilidade para compor, tanta que con 13 anos xa escribira algunhas obras relixiosas. formado en Bolonia e Milán recibiu influencias doutros autores que alí coñeceu como Traetta, Jommelli e Sacchini, confirmándose como un dos grandes compositores da súa época. En 1785, instalado en Londres, presentou algunhas das súas óperas no King’s Theatre; máis tarde trasladouse a París, onde Giovanni Battista Viotti apadriña a súa estadía e o introduce na vida cultural e aristocrática chegando a ser nomeado, en 1789, director da Nova ópera italiana da cidade. Anos despois, Cherubini pasa algún tempo en Viena onde coñece a Beethoven, quen o describe como o primeiro compositor dramático de Europa, e asiste á primeira representación de Leonora. As obras que lle conferiron maior notoriedade chegan cando renuncia ao seu estilo italiano para adoptar a máis dramática tradición

11

francesa. De volta en Viena, o autor establécese no castelo do príncipe Caraman Chimay e abandona o xénero operístico para dedicarse á música relixiosa en compón as Misas en Fa maior e re menor que deron paso, en 1816, á Misa en Do maior e ao Requiem en do menor para coro mixto e orquestra. No inicio de 1815, en Londres, escribe a Sinfonía en Re maior, unha abertura e Inno alla primavera para coro e orquestra con tal éxito que pensou en quedar, pero a caída de Napoleón e a restauración de Luis XVIII permitíronlle retornar a París e reorganizar o desvalorizado Conservatorio. Recibe entón o encargo dunha misa de defuntos para o aniversario da execución de Luis XVI, orixe da obra que hoxe se interpreta, estreada en 1817 na igrexa de Saint Denis. A admiración de Cherubini polo Requiem de Mozart fíxolle compor o primeiro dos seus seguindo a pegada mozartiana. Comeza este Requiem en do menor cun breve Introitus e un Kyrie cheos de dozura e sosego, sen perder a natureza solemne da peza. Segue un tema apracible e sutil que lembra o moi posterior Réquiem de fauré e que rapidamente se esquece co Dies irae, reflexo sonoro da apocalíptica fin dos tempos. A calma aparece co Recordare Jesu pie para volver ao espanto dos impíos no Cofutatis e pasar por unha temporal paz no suplicante Oro, intermedio anterior ao Lacrymosa que acentúa a ansia e o medo dos humanos e remata cun rotundo Amen. O ofertorio Domine Jesu, destinado a toda a orquestra, igual que o Dies Irae, é a parte máis extensa da obra. Inícisase cunha introdución instrumental antes da entrada do coro ao unísono sobre a xaculatoria Libera animas omnium fidelium defunctorum, Le poenis inferni et de profundo laco. No Offertorum aparece un dos movementos de maior dozura e recollemento, case místico, da partitura. A amplitude vocal e orquestral caracterizan o Sanctus que se une a un místico Benedictus que se canta unha soa vez sobre o acompañamento de fagots, clarinetes e óboes. A modo de coral con interludios aparece o curioso e conmovedor Pie Jesu. O Agnus Dei é categórico e ten instantes de forte impacto emocional. A Communio final é case divina e mostra o motivo da admiración dos que profundaron nesta obra como Beethoven, Berlioz ou Brahms.

Xoves 23 novembro20.30 h19.45 h Sala MozartConvers@ndo con… Paul Daniel e Steven Osborne

REAL fILHARMONÍA DE GALICIA Paul Daniel, directorSteven Osborne, piano

B. Smetana, A miña patria: o MoldavaM. Tippett, Concerto para pianoB. Smetana, A miña patria: SárkaB. Britten, Variacións e fuga sobre un tema de Purcell (Guía para orquestra para mozos, op. 34)

Mércores 29 novembro20.30 hREAL fILHARMONÍA DE GALICIAJonathan Webb, director

H. Krasa, Abertura para pequena orquestraB. Martinu, Sinfonietta giocosaA. Dvoràk, Sinfonía núm. 4 en re menor, op. 13

AUDITORIO DE GALICIAavda. burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE bILLETESt 981 571 026 | t 981 573 979 (auditorio)t 981 542 349 (teatro Principal)

OFICINASt 981 552 290 | t 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

realFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura