real filharmonÍa de abono de galicia · 4 real filharmonÍa de galicia director artístico titular...

12
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 XOVES 18 XANEIRO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia LARS VOGT Director e Piano CONCERTOS DE ABONO

Upload: docong

Post on 23-Aug-2019

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

XOVES 18 XANEIRO 201820.30 hAuditorio de Galicia

LARS VOGT Director e Piano

CONCERTOSDE ABONO

3

PROGRAMA

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 50 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc

I

LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)Concerto para piano núm. 2 en Si bemol maior, op. 19

Allegro con brioAdagioRondo: Molto Allegro

Lars Vogt, piano

SERGEI PROKOFIEV (1891-1953)Sinfonía clásica, op. 25

AllegroLarghettoGavota: Non tropo allegro Finale: Molto vivace

II

IGOR STRAVINSKI (1882-1971)Concerto en re “Concerto Basel”

VivaceArioso: AndantinoRondo: Allegro

LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)Concerto para piano núm. 3 en do menor, op. 37

Allegro con brioLargoRondo: Allegro

Lars Vogt, piano

4

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecelle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

VIOLÍNS I James Dahlgren (concertino)Adriana Winkler (axuda de concertino)Anca Smeu **Claudio GuridiMichal RyczelVictoria JurovIlya FisherYulia PetrushevskayaIldikó Oltai Anna Alexandrova

VIOLÍNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Gyula VadasziSamira AjkicIrina GruiaElina ViksneNazaret Canosa (R)Enrique RocaKiyoko Ohashi

VIOLASTilmann Kircher *Natalia Madison **Iriana FernándezIonela CiobotaruTimur SadykovOxana BakulinaAnne Schlossmacher

VIOLONCELLOSPlamen Velev *Barbara Switalska **Thomas PielMillán AbeledoAlejandra Díaz (R)Carlos García

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart

FRAUTASLaurent Blaiteau *Iago Lariño (R)

ÓBOESChristina Dominik *Esther Viúdez **

CLARINETESBeatriz López *Vicente López **

FAGOTESJuan Carlos Otero *Manuel Veiga **

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **

TIMBALJosé Vicente Faus *

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

5

LARS VOGT Director e Piano

Lars Vogt consagrouse como un dos pianistas máis recoñecidos da súa xeración. Nacido en Alemaña en 1970, chamou por primeira vez a atención do público ao quedar segundo no Concurso Internacional de Piano de Leeds (1990).

Este versátil artista é cada vez máis demandado como director convidado por numerosas orquestras. En setembro de 2015 foi nomeado director musical da Royal Northern Sinfonia (Inglaterra), coa que realizou unha xira por Europa e Asia a tempada pasada; e esta tempada dirixirá á orquestra en Ámsterdam, Viena, Budapest e Xapón. Como director traballou con orquestras como a de Colonia, as de cámara de Múnic e Zúric, Camerata de Salzburgo, Filharmónica de Bremen, Filharmónica de Radio Berlín e a Sinfónica de Sidney. Entre as súas próximas colaboracións destacan os seus proxectos coa Orquestra da Ópera de Hannover, Museumorchester de Frankfurt, Orquestra de Cámara de París, Filharmónica de Varsovia e sinfónicas de Singapur e de Nova Zelandia.

Nesta temporada actuará coa Orquestra Filharmónica de Radio Francia, Filharmónica de Varsovia, Orquestra da Gewandhaus de Leipzig, Filharmónica de Bruxelas, Sinfónica de Toronto e Museumorchester de Frankfurt. Tamén regresa á Orquestra Filharmónica de Radio Berlín e tocará coa Royal Northern Sinfonia en Ámsterdam, Budapest e Viena.

Ao longo dos seus 25 anos de carreira ten actuado con algunhas das máis importantes orquestras como a Orquestra Real do Concertgebouw de Ámsterdam, Orquestra de París, Orquestra da Academia Nacional de Santa Cecilia, Filharmónica de Berlín, Sinfónica Alemá de Berlín, Bayerischer Rundfunk de Múnic, Staatskapelle de Dresde, Filharmónica de Viena, London Philharmonic, Sinfónica de Londres,

6

Filharmónica de Nova York, Orquestra de Philadelphia, Sinfónica de Boston ou a Orquestra Sinfónica NHK. En 2015 participou nos Proms da BBC e na apertura da tempada da Philharmonie de París coa Orquestra de París, concerto repetido na Scala de Milán. Colaborou con prestixiosos directores como Claudio Abbado, Daniel Harding, Mariss Jansons, Paavo Järvo, Andris Nelsons, Sir Simon Rattle ou Robin Ticciati. A súa especial relación coa Filharmónica de Berlín continuou con frecuencia con colaboracións despois do seu nomeamento como o seu primeiro "Pianista en Residencia" en 2003/04.

Artista prolífico, na actualidade traballa coa discográfica Ondine. Recentemente gravou un disco con obras de Schubert e as Variacións Goldberg, cun enorme éxito. Á súa crecente lista de gravacións de cámara débese engadir o recente lanzamento de sonatas de Brahms, Mozart e Schumann con Christian Tetzlaff; e o seu disco nomeado aos Grammy, “Tríos para piano” de Brahms, con Tanja Tetzlaff. Como artista de EMI realizou máis de dez gravacións, incluíndo o “Hindemith Kammermusik nº 2” coa Filharmónica de Berlín; e Schumann, Grieg e os dous primeiros concertos de Beethoven coa Sinfónica de Birmingham. Tamén gravou para os selos Cavi, Oehms Classics e Berlin Classics.

En 2005 fundou "Rhapsody in School", conseguindo a colaboración de compañeiros para impartir leccións en escolas de Alemaña e Austria, conectando aos nenos coa inspiración de músicos de clase mundial. Consumado e entusiasta docente, foi nomeado en 2013 profesor de Piano no Conservatorio Superior de Música de Hannover.

Entre as súas actuacións máis recentes no noso país destaca a colaboración coa Orquesta Nacional de España, Sinfónica de Galicia e Sinfónica de Sevilla, así como un recital no Palau de la Música Catalana.

7

Sergei Prokofiev (1891-1953) Sinfonía clásica, op. 25

Herdeiro do gran estilo dos ballets rusos, xunto a Stravinski, Prokofiev converteuse en máximo representante das vangardas do seu momento. Considérase musicalmente, xunto con Ravel, un dos precedentes do neoclasicismo, movemento que preconizou anos máis tarde como postura estética durante unha etapa da súa vida.A Sinfonía Clásica op. 25 é unha declaración de intencións a respecto da súa admiración polo formalismo e a estética haydinianas, aínda que con innovacións formais e compositivas propias dunha linguaxe moito máis moderna e da ampliación das técnicas que a orquestra outorgaba a un compositor do século XX. Esta peza foi escrita no verán anterior á Revolución de 1917 e aínda que pode verse nela un dos mellores exemplos do neoclasicismo do século XIX, é certo que se aparta dos seus dous grandes representantes, Hindemith e Stravinski, en dous aspectos importantes: non ten a solidez da construción formal das obras do primeiro e carece da aguda estilización á que somete a música do XVIII o segundo. Prokofiev escribe esta obra contra os que o acusaban de iconoclasta e de utilizar unha estética próxima ao maquinismo futurista e ao radicalismo revolucionario, así como de refuxiarse na novidade inxustificadamente e por ser incapaz de obter resultados orixinais que chegasen ao pobo cos medios máis habituais. Lonxe da realidade, o autor verteu nesta sinfonía o seu humor máis fino, unha vertixinosa alegría que achega a obra ao público cunha clara intención no uso dos motivos de danza, en cuxo tratamento era un consumado mestre. As melodías da sinfonía son breves, lixeiras, inxenuas. O resultado é unha obra moi concisa e algo irreverente, que combina con habilidade rococó e modernidade a través dos formais catro movementos, substituíndo o minué por unha gavotta. O Allegro é vivaz e

8

desenfadado, mentres que o Larghetto é unha melodía das cordas que despois é acompasada nas madeiras. A Gavotta posúe un aire pastoril e alterna madeiras e corda. O Finale. Molto vivace aparece áxil e rebuldeiro, ofrecendo un papel destacado ao son da frauta.

Igor Stravinski (Oranienbaum, 1882 - Nova York, 1971) Concerto en re

Stravinski aprendeu con Rimski-Korsakov a orquestrar sonatas de Beethoven e cuartetos de Schubert ademais de compoñer as súas dúas primeiras obras de estilo propio, Feu d’artifice e Scherzo Fantastique. Pero o que cambiou a súa vida, e quizais o curso da música do século XX, foi o encargo de Diaghilev d’O Paxaro de lume que o lanzou ao recoñecemento no mundo musical. Unha constante na carreira artística do compositor foron os imprevistos cambios de estilo que levaron a que falemos de tres períodos estilísticos.O período neoclásico, o segundo dos tres, comeza co ballet Pulcinella e o camerístico Octeto, vai ata 1951 e inclúe obras que chegaron a ser parte do repertorio como a Sinfonía dos Salmos (1930), Sinfonía en Do (1940), Sinfonía en tres movementos (1945) ou o Concerto en Re (1946), unha peza brillante escrita por encargo do director e filántropo suízo Paul Sacher para a súa estrea coa Orquestra de Cámara de Basilea que, para distinguilo do Concerto para violín en re, titulou ‘Basel’ e na que se poden escoitar as tradicións da escola nacionalista rusa con elementos case folclóricos. Esta partitura mostra a personalidade de Stravinski, a súa preclara intelixencia, a inventiva sen límite, a mestría de resaltar as máis vivas cores, grande enxeño e boa dose dun rudo e sarcástico humor. O Vivace inicial está escrito en forma sonata, o Andantino presenta unha das poucas melodías longas e líricas de Stravinski e o Allegro, máis extenso que os outros dous movementos xuntos, ofrece o ritmo típico do autor a mediados da década de 1940.

9

Ludwig van Beethoven (Bonn, 1770 - Viena, 1827)

Os cinco concertos para piano de L. v. Beethoven amosan o paso do clasicismo ao romanticismo observando a evolución da literatura para piano, do concerto, das relacións entre solista e orquestra e dos novos recursos para a disposición do material musical, case esquecendo a herdanza mozartiana e introducindo o século XIX, onde o piano brillará con nome propio. Ludwig van Beethoven revelouse cos seus Concertos para piano núms. 2 e 3 como un virtuoso e un autor con selo propio e unha descoñecida seguridade en si mesmo. Aínda que o Concerto para piano núm. 2 en Si bemol maior foi catalogado como o seu segundo concerto para piano, foi o primeiro que compuxo, rematando a primeira versión en 1795 malia continuar retocándoa ata a súa estrea en 1801. Sendo a súa primeira obra de envergadura, Beethoven non estaba moi satisfeito con ela e así llo manifesta aos editores de Leipzig Breitkopf und Härtel: “Indícolles que aparece en Hofmeister un dos meus primeiros concertos; non é unha das miñas mellores obras”. No Allegro con brio, os temas contrastantes escóitanse con claridade e o seu elegante carácter deixa entrever trazos do Beethoven maduro. A cadencia, de clara orientación contrapuntística como o fugado co que empeza, leva á fin do movemento cunha pequena coda. O Adagio desenvolve un lirismo melódico de gran contido expresivo, presentando un leve piano que contrasta coas participacións orquestrais. A continuación, o piano acompaña á orquestra para adquirir protagonismo mediante un diálogo coa orquestra ata a reexposición do primeiro tema. O último movemento é presentado polo tema exposto polo piano volvendo ao virtuosismo do concerto. As intervencións do piano aparecen como xogos decorativos do tema. O Concerto núm. 3 en do menor ofrece dúas faccións da evolución compositiva de Beethoven, unha cara ao

10

dramatismo mozartiano dos concertos núms. 20 e 24 e outra, anticipando o concerto romántico para piano no que trata por igual a orquestra e solista. A escritura desta obra data inicialmente de 1800 pero non foi ata 1803 cando o propio Beethoven a estreou tras infinitos arranxo, pois a maior parte da composición coincide cos primeiros síntomas da súa xordeira. Lonxe da desolación polas circunstancias persoais, o Allegro é vigoroso, cun tema marcial e solemne e un segundo de carácter cantábile. De carácter poético e ensoñador é o Largo no que acordes do piano expoñen unha melodía hímnica que se volve íntima. O terceiro movemento aparece cun motivo alegre que evoca os scherzos beethovenianos e remata, despois dunha breve cadencia, de modo triunfal.

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura

Xoves 1 de febreiro, 2018 20,30 hREAL FILHARMONÍA DE GALICIAPaul Daniel, director

R. Wagner, Parsifal. PreludioA. Scriabin, Sinfonía núm. 4 op. 54 “Poema do éxtase” (arr. Joam Trillo)R. Wagner, Abertura d’O holandés erranteC. Debussy, La mer (arr. Iain Farrington)

19,45 h Convers@ndo con…..Paul Daniel

Xoves 8 de febreiro, 2018 20,30 h REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPierre Bleuse, director

A. Honegger, Pastorale d’étéA. Roussel, Concerto para pequena orquestra, op. 34L.v. Beethoven, Sinfonía núm 6 en fa maior, op. 68 ‘Pastoral’

A cafetería permanecerá aberta ao remate do concerto. 

Cómpre retirar os vehículos do garaxe trala fin do espectáculo.