real concertos filharmonÍa de abono de galiciaauditorio de galicia real filharmonÍa de galicia...

12
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 25 MAIO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia JAIME MARTÍN Director LUCAS MACÍAS Óboe CONCERTOS DE ABONO Sala Mozart 19.45 h Convers@ndo con JAIME MARTÍN Director LUCAS MACÍAS Óboe

Upload: others

Post on 24-Feb-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

VENRES 25 MAIO 201820.30 hAuditorio de Galicia

JAIME MARTÍN DirectorLUCAS MACÍAS Óboe

CONCERTOSDE ABONO

Sala Mozart 19.45 hConvers@ndo con JAIME MARTÍN DirectorLUCAS MACÍAS Óboe

2

PROGRAMA

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 40 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc

I

MAURICE RAVEL (1875-1937)Ma Mère l'Oye

Pavana da Bela DormentePolgariñoA neniña fea, Emperatriz das PagodasConversa da Bela e a BestaO xardín das fadas

RICHARD STRAUSS (1864-1949)Concerto para óboe en Re maior

Allegro moderatoAndanteVivace – Allegro

Lucas Macías, óboe

II

ÍGOR STRAVINSKI (1882-1971)Petrushka (revisión de 1947)

Escena 1: A festa de EntroidoEscena 2: Na casa de PetrushkaEscena 3: Na casa do MouroEscena 4: A festa de Entroido ao atarceder

3

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecelle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

VIOLÍNS I James Dahlgren (concertino)Adriana Winkler (axuda de concertino)Anca Smeu **Anna AlexandrovaClaudio GuridiTheologos Kouvatis ***Victoria JurovIrene Romero ***Michal RyczelYulia PetrushevskayaIlya FisherIldikó Oltai

VIOLÍNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Elina ViksneSamira AjkicEnrique RocaMagdalena Gacek ***Gyula VadasziHéctor Robles ***Kiyoko OhashiIrina GruiaNazaret Canosa (R)

VIOLASTilmann Kircher *Natalia Madison **Anne SchlossmacherIonela CiobotaruTimur SadykovCarolina Uriz ***Nuria Honrubia ***Oxana BakulinaIriana Fernández

VIOLONCELLOSPlamen Velev *Barbara Switalska **Alejandra Díaz (R)Iratxe Paredes ***Carlos GarcíaJorge Merchán ***Thomas PielAlexandre Llano

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart Miguel Luzárraga ***

FRAUTASLaurent Blaiteau *Luis Soto **Beatriz Gallardo ***

ÓBOESChristina Dominik *Esther Viúdez **Cecilia Castro ***

CLARINETESBeatriz López *Vicente López **Germán Martínez ***

FAGOTESJuan Carlos Otero *Javier Sánchez (R)Mario Vercher ***

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Adrián Lavía ***

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **Francisco Tomás ***

TROMBÓNSEsteban Méndez (R)Iago Ríos (R)Marcos Dorado (R)

TUBAMiguel Franqueiro (R)

TIMBALJosé Vicente Faus *

PERCUSIÓNMarta Rodríguez ***Roberto Oliveira (R)Javier Ángel Gómez (R)

ARPAAlba Barreiro (R)

CELESTASimona Kantcheva (R)

ARPAIlona Timchenko (R)

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

4

JAIME MARTÍN Director

Despois dunha intensa carreira como solista de frauta, accedeu á dirección orquestral da man de Sir Neville Marriner, quen o presentou nunha xira conxunta por España coa Orquestra de Cadaqués en 2008. Dende 2013 é o Director Principal e Artístico da Orquestra Sinfónica de Gävle, Director Titular da Orquestra de Cadaqués dende 2011 e Director Artístico do Festival Internacional de Santander dende 2013.Ten dirixido orquestras como a Philharmonia, Filharmónica de Londres, Academy St. Martin in the Fields, Orquestra Filharmónica de Radio Francia, Orquestra Nacional do Capitolio de Toulouse, Orquestra Nacional de Lyon, London Mozart Players, Orquestra Sinfónica da Radio Sueca, Sinfónica de Beijing, Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya (OBC), Sinfónica de Galicia, Sinfónica de Castilla y León, Orquesta de RTVE e Sinfónica de Tenerife. No eido operístico, destaca o seu debut no Festival de El Escorial e na Quincena Musical de San Sebastián (2012) con A frauta máxica e O barbeiro de Sevilla. E coa English National Opera en Londres (2013), onde regresou con As vodas de Fígaro de Mozart (2014).Compromisos próximos e recentes inclúen o seu regreso coa Filharmónica de Liverpool, Orquestra Simfònica de Barcelona e a Philharmonia Orchestra. Debutará coa Filharmónica Real de Flandes, a Helsingborgs Symfoniorkester e a Sinfónica de Colorado, así como coa Sinfónica de Radio e Televisión en Dublín (RTÉ National Symphony).Ten numerosas gravacións coa Orquestra de Cadaqués (Schubert, Montsalvatge, Halffter, Beethoven) e coa OBC (Toldrà, Garreta, Granados, Taltabull, Lamote de Grignon, Charles, Albéniz) para o selo Tritó. En 2012 dirixiu a súa primeira gravación coa Academy of St. Martin in the Fields.

5

LUCAS MACÍAS Óboe

É un dos músicos españois máis recoñecido no eido internacional. Naceu en 1978 en Valverde del Camino (Huelva). Estudou no Conservatorio de Zúric con Thomas Indermühle. Continuou no Conservatorio de Friburgo, na clase de Heinz Holliger. Proseguiu a súa formación na Karajan Akademie da Filharmónica de Berlín e completou a súa etapa formativa con Maurice Bourgue no Conservatorio de Xenebra.Tras acumular sucesivos méritos en grandes orquestras de toda Europa -como solista da Royal Concertgebouw Orchestra, a Orquestra do Festival de Lucerna ou a Orquestra Mozart de Boloña-, encamiña a súa traxectoria cara á dirección de orquestra. Estudou con Mark Stringer na Hochshule für Musik und Darstellende Kunst de Viena e na actualidade é Director Asistente da Orquestra de París, onde traballa co mestre Daniel Harding.Como solista ten actuado coa Orquestra Sinfónica da Radio de Frankfurt, SWR Sinfonieorchester Baden-Baden und Freiburg, Royal Concertgebouw Orchestra, Orchestra Mozart de Boloña, Orquestra da Radio de Baviera, Orquestra de Cámara de Europa, Orquestra de Cámara de Lausanne, Orquestra de Cámara de Múnic, Camerata Bern, Mahler Chamber Orchestra, Budapest Festival Orchestra, Orquestra de Cámara de Viena, Accademia di Santa Cecilia, Orquestra de Cámara de Escocia, Solistas de Moscú, Filharmónica de Buenos Aires, Orquesta RTVE, Filarmónica de Gran Canaria e a Bilbao Orkestra Sinfonikoa. Estivo dirixido por mestres como Claudio Abbado, Bernard Haitink, Mariss Jansons, Seiji Ozawa, Pierre Boulez, Charles Dutoit, Leopold Hager, Iván Fischer, Christoph Poppen, Christian Zacharias e Thomas Hengelbrock, entre outros moitos.A súa presenza é habitual nas principais salas e festivais do ámbito internacional como la Folle

6

Journée, Festival de Lucerna, Festival da Cidade de Lausanne, Berliner Festwochen, Kuhmo Festival, Festival de Davos, Albert-Konzerten Freiburg, Schwetzinger Musikfestival, Festival de Boloña, West Cork (Irlanda), MozartFest Wurzburg, Festival Internacional de Música de Bogotá, Palau de la Música e Auditori de Barcelona, Sociedad Filarmónica de Bilbao, Sociedad de Conciertos de Alicante e Festival Internacional de Música de Canarias. No eido da música de cámara ten colaborado con nomes como Isabelle Faust, Radu Lupu, Maria João Pires, Sabine Meyer, Éric Le Sage, Lars Vogt, Ton Koopman, Jacques Zoon, Enrique Bagaría, Emmanuel Pahud, Reinhold Friedrich, Giuliano Carmignola, Alexander Lonquich ou o ]W[ Ensemble, entre outros moitos.Foi galardoado nos International Classical Music Awards (ICMA 2015) como mellor CD na categoría de concerto (Claves Records), xunto a Claudio Abbado e a Orquestra Mozart de Boloña, interpretando o Concerto para óboe de Mozart e a Sinfonía Concertante de Haydn. Destacan tamén as súas gravacións para o selo Deutsche Grammophon da Sinfonía concertante para ventos de Mozart e os Concertos de Brandemburgo xunto á Orquestra Mozart e Claudio Abbado, editado en DVD por Euro Arts. Dende 2012 é profesor na Escola de Música de Friburgo.

7

Maurice Ravel (Ciboure,1875 – París, 1937)Ravel adoraba aos fillos do matrimonio Godebski, de 6 e 7 anos, para os que inventaba xogos, contáballes historias e, tentando axudar aos seus amigos na educación musical dos fillos, escribe Ma Mere l’Oye, obra para piano a catro mans sobre cinco dos seus contos favoritos. O primeiro movemento titúlase: Pavane de la Belle au bois dormant (Pavana da Bela Dormente) baseado no conto de Charles Perrault no que o músico recrea o profundo sono da doncela, valéndose de antigas harmonías da escala menor natural e do ritmo de pavana. O segundo movemento tamén parte dun texto de Perrault titulado Petit Poucet (Polgariño); nel os violíns con sordina xunto á continua sucesión métrica entre os compases de 2/4 e 3/4, suxiren as dúbidas dos sete fillos do leñador perdidos no bosque. O terceiro, Laideronnette, Impératrice des Pagodes (Neniña fea, Emperatriz das Pagodas) sobre un conto da Condesa Marie d’Aulnoy que foi desterrada de Francia polas conspiracións do seu marido; trasladouse a España e de volta ao seu país, convertíuse nunha das rivais de Perrault cos seus contos e historias de fadas. Laideronette, Impératrice des Pagodes, narra a historia dunha fermosa princesa que, desesperada pola condea dunha fada malvada, encontra unha gran serpe verde que a leva polo mar á illa dos Pagodins, diminutas criaturas de cristal, porcelana e pedras preciosas. A atmosfera exótica e oriental vén realzada por unha música que, segundo Ravel, procede da tradición xavanesa de Extremo Oriente, reflectida no uso do modo pentáfono ou na brillante orquestración protagonizada por elementos de percusión. A cuarta peza, do conto de Jeanne-Marie Leprince de Beaumont Les entretiens de la Belle et de la Bête (Conversa da Bela e a Besta), traduce o diálogo entre a Bela, personificada nun tema do

8

clarinete, e a Besta, representada polo contrafagot, durante o que ela acaba cedendo aos rogos da Besta, conmovida polo amor que lle profesa. Descoñécese a historia que inspirou o derradeiro movemento, Le jardin feerique (O xardín das fadas), concibido polo compositor como apoteose final da obra, asentada nas harmonías impresionistas, na delicada orquestración e no efecto encantador da melodía solista que interpretan violín, viola e celesta. A versión para piano foi estreada en 1910 e publicada co subtítulo Cinco pezas infantís. En 1911, Ravel orquestrou a obra e un ano despois convertíuna en ballet engadindo un preludio e unha danza (Escena e danza da roda).

Richard Strauss (Múnic, 1864 - 1949) Durante décadas calificado como unha obra menor, o Concerto para óboe de Richard Strauss chegou a ser unha obra predilecta no catálogo para ese instrumento, pois non abunda no repertorio dos grandes compositores. Este concerto a modo de divertimento de verán, foi composto en 1945, rematada a Segunda Guerra Mundial, cando soldados americanos ocuparon a área de Garmisch, onde Strauss posuía unha finca; alí chegou un escuadrón de soldados para requisala e o compositor recibiunos presentándose como o autor de Caballero da rosa e Salome. Un comandante afeccionado á música, recoñeceuno e o seu fogar quedou a salvo aínda que a zona permaneceu vixiada. Un deses soldados era John de Lancie, oboísta da Sinfónica de Pittsburgh quen lle preguntou a Strauss se pensara escribir un concerto para óboe. Strauss dixo que non e De Lancie sorprendéuse cando meses despois soubo da estrea por Marcel Saillet dun novo Concerto para óboe do compositor en Zúric; De Lancie, co

9

tempo, interpretou e gravou o concerto. Considerada unha das pezas máis clásica de Strauss, é unha obra de artesanía que aínda sen encaixar entre os turbulentos movementos das vangardas de posguerra, finalmente foi considerada como unha das composicións formalmente máis perfectas da inconfundible musicalidade de Strauss, un dos poucos exemplos de “música pura” que producíu para orquestra na súa madurez. O concerto é ademais notable pola economía da orquestración, austeridade relativa -en comparación coa extensa instrumentación de poemas e óperas de Strauss- característica de gran parte da música do último período do compositor como a Sonatina núm. 2 para 16 instrumentos de vento e Metamorphosen para 23 cordas. Seguindo o modelo clásico, a obra está escrita en tres movementos: o Allegro moderato inicial presenta a interacción entre óboe e a frauta e o clarinete. O aflixido Andante evoca o ánimo máis meditabundo das últimas óperas do compositor. Aínda que a linguaxe harmónica é sustancialmente diatónica, Strauss usa inflexións cromáticas coloreadas. O movemento, interesante pola súa intensidade e luminosidade, contrasta coa natureza máis temática e episódica de moita música de Strauss. O Vivace final presenta o carácter alegre das partituras d’O burgues xentilhome ou da ópera O cabaleiro da Rosa.

Igor Stravinski (Lomonosov, 1882 – Nova York,1971)O impacto da produción de Stravinski sobre a música clásica occidental resultou claro tras a estrea do ballet A Consagración da Primavera e creceu co século. Foi capaz de desbaratar a harmonía diatónica de xeito controlado pero difícil de analizar. Stravinski introduce na música novos modos, tomados do folclore ruso, da música relixiosa ou o

10

modo da alternancia maior e menor e intervalos de segunda derivados de Rimski-Korsakov, do que foi alumno predilecto. A súa revolución harmónica está acompañada da súa revolución rítmica e o tempo en Stravinski non continúa coas regras da maioría da música occidental, os cambios na harmonía e no ritmo están acompañados por cambios na forma: a súa música non se move con intención cara a unha resolución. A súa produción musical pode dividirse en tres períodos, o primeiro deles, chamado ruso - impresionista está conformado polas súas tres obras para ballet: O paxaro de lume, Petrushka e A Consagración da Primavera, todas elas encargadas pola prestixiosa Compañía de Ballets Rusos con claras influencias da escola rusa e do folclore do seu país; escribe para grande orquestra, marcando claramente a citada revolución da linguaxe musical, abandoa o concepto de tonalidade tradicional, utiliza libremente a disonancia, xoga cos ritmos irregulares e os cambios de acentuación, explotando ao máximo os recursos de cada instrumento. A idea orixinal de Petrushka tivo lugar cando Stravinski se preparaba para iniciar A Consagración da Primavera. Para relaxarse, pensou escribir unha peza para piano e orquestra, na que Stravinski encheu de frescura o discurso sonoro, renovou a paleta tímbrica mostrando unha infinita inventiva da que xorden as ideas musicais; en definitiva, amosa a abrumadora personalidade dun compositor no primeiro tramo da súa carrera. En 1911 adaptou a partitura a un ballet cuxo personaxe central sería Petrushka, polichinela do teatro de marionetas ruso.

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura

PRÓXIMOSCONCERTOS

XX Ciclo de LiedTeatro Principal

11 de setembro Amor e vida de muller Sobre os ciclos Frauenliebe und leben e Waldscenen de R. Schumann

Hasmik Nahapetyan, sopranoMaría Cervantes, actrizCarlos Scholz, actorMª Teresa García Molero, pianoNicolás Guindo, director

20 de setembroChristiane Stotijn, mezzosoprano Maciej Pikulski, pianoJ. Brahms, G. Mahler, R. Strauss

25 de setembroHanno Müller-Brachmann, baixo-barítonoMatthias Alteheld, pianoC.M. von Weber, F. Schubert

A cafetería permanecerá aberta ao remate do concerto. Cómpre retirar os vehículos do garaxe trala fin do espectáculo.