ies a sangriña (a guarda) – o tesouro dos nosos avós (cd3)

30

Upload: patrimonio-de-futuro

Post on 01-Aug-2016

221 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Desde o IES A Sangriña (A Guarda) chéganos este material para o segundo certame de recolla da tradición oral, no curso 2007-2008, organizado por Ponte…nas Ondas!.

TRANSCRIPT

Page 1: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)
Page 2: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)
Page 3: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

É nado en Burgueira, Oia.

No ano 1923.

Pertence a unha familia labrega.

Por diversos motivos vese na obriga de emigrar fóra de Galicia.

Page 4: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)
Page 5: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

Infancia en Galicia

Page 6: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

Ían á escola ó lado da súa casa pero apenas puido asistir porque co inicio da Guerra Civil os profesores tiveron que ir combater na guerra e non podían impartir escola. Polo que a única escola que tivo foi a dun veciño que estivera na Arxentina,donde se preparou para mestre, e así impartiulle escola a estes nenos na súa casa polas

Page 7: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

noites. A escola impartíaselles en castelán porque a represión do Réxime Franquista así o impuña. Cando empezou a Guerra Civil tiña 13 anos polo que só se decatou do que lía no diario e puido darse conta do desastre que se produciu.Ós 15 anos vese na obriga de marchar para Sevilla. Alí estivo cinco anos. Volta a Galicia e fai o servizo militar e estivo aquí durante dous anos.

Page 8: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

A vida en Galicia antes de marchar

A maioría non podía subsistir solo con isto antes da Guerra Civil. España xa tiña un forte atraso o que facía que a poboación emigrase, na maioría dos casos cara América Latina.

Aquí vivían do que cultivaban no campo e o que necesitaban tíñano racionado. Tiñan unha cartilla denominada cartilla de racionamento

Page 9: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

que era unha especie de libreta da que ían quitando pequenos anacos cada vez que ían mercar algo e non tiñan dereito máis que a aquela ración.

Antes de marchar á Arxentina Camilo tivo que entregala en Vigo senón non o deixaban saír de España. Tamén recorda a vida en Sevilla donde a xente tiña tal fame que comía os gatos que encontraban

Page 10: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

pola rúa isto facía que non houbese apenas gatos naquela cidade nese tempo.

Todo isto facía que se viran na necesidade de emprender marcha cara unha vida mellor.

Outros trala guerra tiñan que marchar exiliados como no caso de Castelao, Dieste, Seoane, Cuadrado....E outros tamén estiveron escondidos nos montes galegos como é o caso de Alonso Ríos porque era tal a repre-

Page 11: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

sión exercida polo Réxime que corrían un serio perigo de morte polas súas ideas antifranquistas.

Aínda así dende os seus lugares de exilio seguiron co seu labor cultural galego. Creáronse así moitas institucións de galegos nestes países. Na Arxentina levaríase a cabo así a denuncia ante a UNESCO pola represión exercida polo Réxime Franquista da lingua e literatura galegas.

Page 12: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)
Page 13: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)
Page 14: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

A GUERRA CIVIL

Durante a Guerra Civil el encontrábase en Sevilla e como era un rapaz non tivo que participar directamente nesta. Posteriormente, xa na propia ditadura de Franco el estivo facendo o servizo militar. Alí recrutaban xente voluntaria, ós que lles pagaban, para combater na “División Azul”, a cal axudou a a

Page 15: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

combater ó bando alemán na 2ª Guerra Mundial (1939-1945).El decidiu non participar. E así con vinte e poucos anos decide emigrar a Arxentina.

Page 16: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

A súa marcha a Arxentina

Page 17: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

Todos os galegos marchaban cara a Arxentina e a falta de alimentos e a miseria que había levouno a toma-la decisión de emprender tamén camiño cara a unha vida mellor. Alí tiña veciños galegos e tíos e curmáns que cando el chegou xa o estaban agardando. Alí adicouse ó comercio e tras 20 anos traballando alá decide montar o seu propio comercio de ultramarinos. Alí casou e tivo un fillo.

Page 18: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

O GALEGO NA ARXENTINA

Cando el chega a Arxentina, igual que en Sevilla, vese na obriga de falar castelán.O galego queda apartado da súa vida case totalmente, menos nas reunións cos seus amigos galegos nas que sempre falaban a lingua materna, o galego. Aínda que non o falou case

Page 19: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

en toda a súa vida, cando volta a Galicia comeza a falalo e agora úsao na súa vida diaria a diferencia de todos aqueles que emigraban e volvían falando o castelán.

Page 20: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

A volta a Galicia

En Arxentina, Camilo, casa e ten un fillo pero por circunstancias el divórciase da súa muller e o seu fillo, tras estudar a carreira de dentista, vén vivir para Vigo. Así el intenta convencer ó seu pai de que veña vivir para aquí pero el ten medo porque despois de corenta e sete anos sen vir non sabe como estarán as cousas.

Page 21: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

Así fai un trato co seu fillo e decide vir soamente a ver Galicia durante unha

temporada. Cando chega á súa casa e ve que hai estrada, coches, televisión,...

Non o podía crer tanto que neses días da súa chegada antes de ir para a cama asomábase ó balcón para ver as luces que antes non había e escoitar os coches que pasaban. Non daba crédito o que vía, pensaba que estaba soñando. Así estivo

Page 22: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

aquí dous meses e logo volveu outra vez a Arxentina. Dous anos despois volve a Galicia e decide quedar porque o seu fillo convenceuno de que o fixese. Xa leva trece anos vivindo aquí. Aínda así de vez en cando necesita ir a Arxentina porque para el esta é a súa “Segunda Patria” e fala dela con moito cariño. Alá quedaron todos os seus amigos e moita da súa familia.

Page 23: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

Burgueira antes da marcha de Camilo

Page 24: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

Burgueira despois da chegada de Camilo

Page 25: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

É nada en Burgueira.

No ano 1927.

Vive en Burgueira toda a súa vida.

Page 26: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)
Page 27: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

Socorro recorda o tempo da guerra, cando tiñan unha tenda en Burgueira ela e as súas irmás. De vez en cando tiña que ir a Oia a cabalo buscala ración que logo, vendían na súa tenda. Tamén tiñan que ir a Sabarís, ó mercado a buscar roupa do Chambo, isto é de segunda man, traxes de civís mortos na guerra. Non só compraban roupa no mercado,

Page 28: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

tamén compraban produtos para comer como o peixe, o cal non viña por Burgueira. Era tal a miseria e a cantidade de fillos que tiña a xente que ás veces non tiñan nin que darlle para comer e debían de ir pedirlle ós veciños diñeiro, ovos,...

Esta xente vivía do que traballaba no campo. Vendían gando, adicábanse a

Page 29: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)

traballar ó xornal... Con tanta carestía de produtos e co illamento internacional de España, moita xente adicábase ó contrabando de produtos de Portugal. Socorro ten coñecemento destes casos que polas noites eran perseguidos pola Garda Civil, á que confesa terlle moito medo nese tempo. Tanto que sen facer nada e sen motivo se escondían dela.

Page 30: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós (CD3)