ies a sangriña (a guarda) – o tesouro dos nosos avós (cd2)

Post on 01-Aug-2016

225 Views

Category:

Documents

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Desde o IES A Sangriña (A Guarda) chéganos este material para o segundo certame de recolla da tradición oral, no curso 2007-2008, organizado por Ponte…nas Ondas!.

TRANSCRIPT

O TESOURO DOS NOSOS AVÓS

O causante da opresion

• Aquí vemos a Jose Manuel cos seus amigos, nunha antigua casa que era dos seus avós xa defuntos, sen ser conscientes de que terían que loitar na guerra civil do ano 36.

• Jose Manuel comenta que xa comezada a guerra as escenas que viu cos seus propios ollos eran tremebundas. Toda a súa familia, coma a maioría das familias da época eran moi relixiosas.

• O noso protagonista Jose Manuel loitou no bando antifranquista xunto con moitos dos seus amigos. Un deles foi nomeado por el “O Pedras” o cal era moi bo amigo del.

De aí que recorde o día coma se fose hoxe no que lle dispararon as hostes franquistas arrebatándolle a vida (ó Pedras) ó mellor amigo de Jose Manuel.

• Nesta foto observase a toda a xente que loitaba ao lado de J.Manuel no bando antifranquista. Nun lugar de reunión onde descansaban e planeaban as accións contra o enimigo en forma de guerrillas.

• Jose Manuel díxome tamén na entrevista que o problema da guerra non foron só as mortes senón que a fame e as malas condicions de vida eran tamén un gran problema que afrontar. Comentoume que por este motivo o seu irmán pequeno máis o seu pai emigraron para Arxentina coa esperanza de poder conseguir diñeiro. Este feito ocorreu, segundo Jose Manuel, xa despois da guerra.

• Despois de acabar a guerra o bando franquista comezou a súa opresión, xa que a guerra fora gañada por este bando. Jose Manuel díxome que cando acabara a guerra el só pensaba en voltar a casa para estar coa súa familia. Pero tamén dixo que nese momento non era consciente da dura opresión que exercería o bando franquista sobre a poboación.

Cando chegou a súa casa foi recibido polos seus pais dunha forma indescriptible, segundo el este foi un dos momentos máis emotivos da súa vida.

Os anos seguintes estivo traballando de forma moi dura para poder levar algo de comer a casa.Aínda así a situación segundo el era de moita fame, é entón cando o seu pai decide marchar para Arxentina movido polos rumores de que é unha terra de oportunidades. Este decide levar consigo ao irmán de Jose Manuel, Luis. Este momento é descrito polo protagonista como moi triste.

• Ó pouco de voltar, Jose Manuel coñece a unha rapariga de Salvaterra, de onde el é orixinario, coa que establece unha boa relación. O seu nome é María Purificación. Logo duns anos acaban casando. Aquí temos dúas fotos dela, unha actual e outra antiga.

• Jose Manuel di que desde ese momento a súa vida consistiu en traballar para poder sobrevivir el máis a súa familia. Tamén dixo que o día que voltou seu pai e seu querido irmán en 1968, e o día que morreu o opresor Franco e acabou a ditadura serán días inolvidables.

Outras fotos proporcionadas por J. Manuel

FINFINNome: Javier Alonso Martínez

top related