real filharmonÍa de abono de galicia file3 programa duración aproximada do concerto: 1 hora e 25...

12
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 MÉRCORES 11 OUTUBRO 2017 20.30 h Auditorio de Galicia Maximino Zumalave director CONCERTOS DE ABONO

Upload: lyhuong

Post on 14-Feb-2019

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

MÉRCORES 11 OUTUBRO 201720.30 hAuditorio de Galicia

Maximino Zumalave director

CONCERTOSDE ABONO

3

PROGRAMA

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 25 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.

I

JEsús GURIDI (1886-1961)Diez melodías vascas

NarrativaAmorosaReligiosaEpitalámicaDe rondaAmorosaDe rondaDanzaElegíacaFestiva

AnDRés GAOs (1874-1959)Granada Un atardecer en la Alhambra

IIMAnUEL DE FALLA (1876-1946)El sombrero de tres picos

Suite núm. 1La tardeDanza de la molinera (Fandango) Las uvas

Suite núm. 2Danza de los vecinos (Seguidillas)Danza del molinero (Farruca) Danza del corregidor Danza final (Jota)

4

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Violíns I Adriana Winkler (Concertino)Ildikó Oltai (Axuda de Concertino)Victoria Jurov **Elina ViksneIlya FisherMichal RyczelAnna AlexandrovaClaudio GuridiYulia PetrushevskayaJuan Gomollón (R)

Violíns IiGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Irina GruiaKiyoko OhashiNatalia CidSamira AjkicNazaret Canosa (R)Enrique RocaHumberto Cao (R)

ViolasTilmann Kircher *Natalia Madison **Oxana BakulinaTimur SadykovIriana Fernández

Ionela CiobotaruAnne Schlossmacher

VioloncellosPlamen Velev *Barbara Switalska **Thomas PielCarlos García Alejandra Díaz (R)Millán Abeledo

ContrabaixosCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart

FrautasLaurent Blaiteau *Luis Soto **Iago Lariño (R)

ÓboesChristina Dominik *Guillermo Pérez (R)Avelino Ferreira (R)

ClarinetesBeatriz López *Vicente López **

FagotesJuan Carlos Otero *Antonio Gómez (R)

TrompasJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Millán Molina (R)

Trompetas Javier Simó *Ramón Llátser **Diego Aragón (R)

TrombónsEsteban Méndez (R)Iago Ríos (R)Brais Molina (R)

TubaMiguel Franqueiro (R)

TimbalJosé Vicente Faus *

PercusiónGermán Agulló (R)Pablo Cabanelas (R)Mª Isabel Diego (R)Javier Ángel Gómez (R)Darío González (R)

Piano / CelestaSimona Kantcheva (R)

ArpaAlba Barreiro (R)

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecer ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

5

MAxIMINO ZUMALAvE Director

Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en santiago, Madrid, Viena e stuttgart. Foi discípulo de Ángel Brage, Rosa sabater, Guillermo González, John Elliot Gardiner e Helmuth Rilling. é fundador e director do Coro Universitario de santiago e do Collegium Compostellanum, principal director convidado da Orquestra sinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociado da Real Filharmonía de Galicia, formación da que foi fundador. é director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e profesor de sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.

Con el actuaron solistas como J. Achúcarro, T. Barto, M. Bayo, E. Bitetti, R. Buchbinder, R. Castromil, A. Ciccolini, J. Colom, V. Gens, V. Georghiu, W. Holzmair, as irmás Labèque, n. Lahusen, A. de Larrocha, A. León Ara, Ch. Margiono, A. nafé, M. Orán, A. Rolfe Jonson, G. sandor, J. soriano, I. Vermillion e F. P. Zimmermann, entre outros. Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa.

Dirixiu a importantes formacións tanto estranxeiras como españolas como a Orquestra de Cámara de stuttgart, Orquestra de Cámara Inglesa, sinfónica de Praga, Orquestra da Ópera nacional de sofía, nacional de Lille, sinfónica de Odense, sinfónica do Porto, The Brabants Orchester (Eindhoven), Orkest van het Oosten (Enschede), solistas Barrocos Ingleses, Bach Collegium, nacional de España, sinfónica de Madrid, Ciudad de Barcelona, sinfónica de Tenerife ou a Orquesta Ciudad de Granada, entre outras. Ademais, foi convidado a participar en xurados e presidir importantes certames e premios internacionais.

Maximino Zumalave dirixiu estreas absolutas de obras de Bernaola, Castillo, García Abril, Groba, Marco, Mestres Quadreny, Villa Rojo…; coidando especialmente as primeiras audicións de xoves compositores galegos como Alonso,

6

Balboa, Buíde, Durán, Macías, de Paz, Pereiro, Vázquez ou Viaño. O seu compromiso coa cultura de Galicia transcende máis alá da música: Torrente Ballester envíalle unha obra “lamentando que no pueda ser una sinfonía” e a poetisa Eva Veiga escribe:

“...Maximino,que coas súas mans do silencioarrincaa máis pura poesía,no espacio fuxidíano corazón eterna”

é Licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Bioloxía Mariña. En 1995 foi elixido Académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes nosa señora do Rosario. Dende 2010 é membro do Plenario, coordinador da sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega e, dende 2014, forma parte da Comisión Executiva desta institución. En 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao e en 2016 foi distinguido co Premio da Cultura Galega.

7

JEsús GURIDI (Vitoria, 25.11.1886 – Madrid, 7.04.1961)

Diez melodías vascas

“…Era un vasco íntegro, que abrangueu a fondura e a axilidade do seu pobo, brincando polo campo ilimitado da música, coleccionando os sons dun río que corre sen présa, dun monte que encolle árbores ou dun txistu perdido nun domingo calquera” así describe Ignacio Guridi ao seu pai Jesús Guridi, representante do movemento musical vasco da primeira metade do século XX. Descrición que encaixa perfectamente no estilo do compositor cuxa produción musical ven influída absolutamente polo folclore da súa terra, e que nas famosas Diez melodías vascas (1941) o protagonismo é total, tanto que o compositor parte do Cancioneiro popular vasco, recompilación de cancións populares realizada polo experto folclorista e compositor, Resurrección M.ª de Azkue, compañeiro de Guridi na schola Cantorum de París. Estas melodías, a obra máis popular e tamén a cumbre orquestral do compositor vitoriano, recubre a semente de orixe popular cun refinadísimo manto orquestral que enxalza a vitalidade e a melancolía da terra e supoñen un sutil avance conceptual na súa relación co folclore, posto que xa non é usado como medio senón como fin en sí mesmo. De estética neorromántica e un pouco anticuada para a época, as melodías escóitanse en toda a súa pureza, enriquecidas por unha formulación orquestral e tímbrica de extremada calidade. O compositor envolve estas dez melodías dunha exquisita instrumentación respectando a sinxeleza das liñas melódicas, as refinadas harmonías e o acertado contraste que ofrece unha coidada alternancia entre secuencias repousadas.

8

ANDRés GAOs (A Coruña, 31.03.1874 – Mar de Plata, Arxentina, 13.03.1959)

Granada Un atardecer en la Alhambra

nado na Coruña, Andrés Gaos Berea é o compositor galego máis recoñecido e con maior proxección internacional do século XX, que combinou a súa carreira como director de orquestra, coa docencia e cunha carreira como virtuoso violinista que comezou sendo un neno. A partir de 1891 Gaos inicia a súa carreira profesional dando concertos en Europa e América, emigrando definitivamente a Bos Aires en 1898, capítulo que el mesmo contaba así “Eu, como moitos outros galegos, embarquei en Vigo. O Vigo sen peirao que nos achegaba ao barco en canoas esperanzadas. Cheguei a Bos Aires e seguín fiel a Galicia e ao meu destino de músico, sempre co violín baixo o brazo, como levando o meu propio cadaleito”. Aínda que realmente a súa actividade non ía dirixida á comunidade galega emigrada, Gaos sempre sentíu a Galicia moi preto e regresou en varias ocasións para ofrecer concertos e compuxo obras inspiradas en melodías, paisaxes e lembranzas da súa terra como Muiñeira, Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, En las Montañas de Galicia ou a canción sobre un poema de Rosalía de Castro, Rosa de abril. Foi catedrático de violín do Conservatorio nacional e en 1937 e Director dos Concertos sinfónicos Arxentinos na Exposición Universal de París. A súa estadía nesta cidade prolongouse varios anos, dirixindo en moitas ocasións a prestixiosa Orquestra Lamoureux. Volve a Arxentina, afastado da vida pública até a súa morte en Mar de Plata. Ramiro Cartelle describiu a súa música como a dun “neorromántico de amplitude e fondura auténticas. Recorda ás veces a Wagner, Mahler, Fauré ou Frank, mais cun selo autenticamente persoal (…) Concibe orquestralmente incluso o piano e mostra unha temática nobre e expresiva”. Do seu catálogo orquestral o poema sinfónico Atardecer en la Alhambra, composto en 1916 e estreado no Teatro Colón de

9

Bos Aires, constitúe un tributo do autor ao impresionismo por medio dos delicados matices e cores da súa orquestración, ademais dun dos últimos testemuños do denominado ‘alhambrismo’ sinfónico, un estilo propio do romanticismo español e cuxa influencia chegou a Gaos moi cedo, da man do seu mestre Jesús de Monasterio.

M. DE FALLA (Cádiz, 23.11.1876-Alta Gracia, Arxentina, 14.11.1946)

El sombrero de tres picos. suites núm. 1 e 2

nos anos anteriores ao estourido da Primera Guerra Mundial, Manuel de Falla viviu intensamente a vida musical parisina, coñeceu a Ravel e Dukas, recibíu a influencia de Debussy e asistíu ás representacións dos Ballets Rusos de serguei Diaghilev. O inicio da Gran Guerra fixo que os Ballets recalaran en España e o empresario ruso, entusiasmado pola obra de Falla Noches en los jardines de España, suxire ao compositor gaditano convertela nun dos seus ballets, pero será finalmente El corregidor y la molinera, pantomima en dúas partes que se estreou en 1917, a partitura elixida para a adaptación, converténdose no ballet El sombrero de tres picos. Este está inspirado no texto homónimo de Pedro Antonio de Alarcón con decorados de Pablo Picasso e coreografía de Léonide Massine e foi estreado en xullo de 1919 en Londres con enorme éxito de público. Falla proxecta sobre esta obra todo o seu universo sonoro edificado nunha sólida conciencia nacional que se evidencia nas alusións directas e indirectas ao folclore e que se constrúe coas harmonías máis contemporáneas, unha fusión de tradición e modernidade frecuente para compositores como stravinski. O carácter popular transmítese máis aló da evidente temática e dos ritmos á textura orquestral que pretenden evocar os sons da guitarra tanto punteada como peiteada, especialmente evidente na Danza del Molinero, o número con máis tinguiduras flamencas. Falla reuniu en

10

dúas suites de concerto os temas principais da partitura coreográfica. A fanfarria interpretada por ventos e timbais da Introducción preludia as lenes e sensuais cores de a impresionista La tarde, citando motivos populares (o ‘paño moruno’ murciano e unha xota navarra) que representan respectivamente ao chepudo muiñeiro e á súa sedutora muller quen baila un fandango, na Danza de la molinera, ao son da orquestra imitando rasgueos de guitarra. O grotesco saúdo do correxidor no fagot anuncia Las uvas, grata escena de cortexo que remata coa burla da parella e a marcha indignada do correxidor. A Suite núm. 2 comeza coa Danza de los vecinos que describe a reunión no muiño para celebrar o san Xoan a ritmo de seguidillas para a continuación aparecer una das páxinas máis flamencas de Falla, a apaixoante Danza del molinero, vibrante farruca escrita polo compositor horas antes da estrea para exhibición do propio Massine. Pasaxes da canción infantil ‘que non me colles, que non me pillas’, citas a un ‘zorojo gitano’ e outros temas do ballet se superpóñense na Danza final na que a predominante xota aragonesa pon un espléndido punto final a esta excesiva, fastuosa e sempre asombrosa obra mestra.

PRÓxIMOsCONCERTOs

XOVES 19 OUTUBRO20.30 h

REAL FILHARMOnÍA DE GALICIAPaul Daniel, director

G. F. Haendel, Música acuática: Abertura e suite núm. 2 en re maior, HWV 349J. sibelius, Sinfonía núm. 7 en do maior, op. 105L. v. Beethoven, Sinfonía núm. 7 en la maior, op. 92

VENRES 20 OUTUBRO18.30 h

Descubre unha orquestra para ti, a túa!

REAL FILHARMOnÍA DE GALICIAPaul Daniel, director

G. F. Haendel, Música acuática: Abertura e suite núm. 2 en re maior, HWV 349L. v. Beethoven, Sinfonía núm. 7 en la maior, op. 92

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DEsPACHO DE BILLETEsT 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAsT 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura