plan tic

37
Proxecto TIC 1/37 Proxecto TIC IES Francisco Asorey Curso 2012/13

Upload: ies-francisco-asorey

Post on 22-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

PLAN TIC 2012-13

TRANSCRIPT

Page 1: PLAN TIC

Proxecto TIC 1/37

Proxecto TIC IES Francisco Asorey

Curso 2012/13

Page 2: PLAN TIC

Proxecto TIC 2/37

SUMARIO

1.- Situación actual. .......................................................................................................... 3

1.1.- Instalacións e equipamento TIC. ........................................................................... 3 1.2.- Xestión do equipamento TIC. ............................................................................... 4

2.- Obxetivos. .................................................................................................................... 5 2.1.- Centro .................................................................................................................... 5 2.2.- Profesorado ........................................................................................................... 6 2.3.- Alumnado. ............................................................................................................. 6 2.3.1.- Alumnado con necesidades educativas especiais. .............................................. 6 2.4.- Comunidade educativa. ......................................................................................... 6

3.- Estratexias e Metodoloxía ............................................................................................ 6 3.1.- Equipamento TIC .................................................................................................. 6 3.2.- O centro ................................................................................................................. 7 3.3.- Profesorado: .......................................................................................................... 7 3.4.- Alumnado .............................................................................................................. 8 3.4.1.- Alumnado con necesidades educativas especiais. .............................................. 9 3.5.- Pais e nais .............................................................................................................. 9 3.6.- O equipo de dinamización TIC ............................................................................. 9

4.- Avaliación ................................................................................................................... 10 4.1.- Indicadores para a avaliación. ............................................................................. 10

5.- Anexos ....................................................................................................................... 12 5.1.- Anexo 1: Parte de incidencias TIC ...................................................................... 12 5.2.- Anexo 2: Formación do profesorado. .................................................................. 13 5.3.- Anexo 3: Enquisa de necesidades de software para o profesorado do centro ..... 14 5.4.- Anexo 4: Utilización das aulas de informática e dos Equipos Informáticos. ...... 15 5.5.- Anexo 5: Instalación Salón de Actos ................................................................... 18 5.6.- Anexo 6: Programa de seguridade TIC. .............................................................. 29 5.7.- Anexo 7: Instrucións de instalación en PC’s do Centro. ..................................... 34

Page 3: PLAN TIC

Proxecto TIC 3/37

1.- Situación actual. No centro impártense as ensinanzas de ESO, ESA, PCPI, Bacharelato, e Ciclos formativos da familia profesional de Administración (CM Xestión administrativa e CS Administración e finanzas) e Electrónica (CM Instalacións de telecomunicacións e CS Sistemas de telecomunicación e informáticos). O centro conta con profesorado bastante implicado nas novas tecnoloxías, de feito o centro está inmerso en distintos proxectos relacionados cas TICs, como soo os seguintes:

• Climántica: proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dirixida aos alumnos de secundaria. Os alumnos, coa colaboración do profesorado, elaboran un blog.

• Proxecto Webs dinámicas da Consellería de Educación e O. U., dentro da cal no noso centro estase a empregar a web do centro como sistema de comunicación, e difusión do coñecemento a toda a comunidade educativa. Tamén se está a empregar a aula virtual como apoio ao ensino presencial.

• Proxecto Meiga. Proxecto de integración das bibliotecas na rede e a incorporación delas a sociedade da información. Este proxecto permite que na rede se poida ve-la portada dun libro a consultar, escoitar un tema dun CD de música, ver un trailer dunha película, ler comentarios sobre un rexistro ou simplemente leer libros electrónicos.

• Sección bilingüe do departamento de Xeografía e Historia. Estase a traballar nun blog, onde se mostrarán os traballos feitos por este grupo.

• Proxecto aulas específicas. Este proxecto de organización do centro ten o obxetivo, entre outros, de que cada departamento imparta clase en aulas determinadas, e por tanto empreguen uns equipos informáticos concretos nos que terán instalado o software adecuado para as súas asignaturas.

• Deseño de blogs e de páxinas webs en distintas materias como Educación Plástica e Visual, Grego, Bioloxía, Educación para a Cidadanía, Normalización lingüística... (algúns xa elaborados outros en fase de elaboración).

• Proxecto Abalar. Proxecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no ámbito da integración das TIC na práctica educativa, cuxo obxectivo principal é o de transformar os centros educativos tradicionais en centros educativos dixitais

1.1.-Instalacións e equipamento TIC. O centro atópase completamente cableado con conexión de rede en todas as aulas, e con conexión a internet a través da liña ADSL da rede da Xunta de 4 Mbps, Ademais hai varios puntos de acceso inalámbricos para facilitar a conexión de equipos móbiles a internet. A maiores, os departamentos de administrativo e electrónica, contan con unha conexión a internet propia.

• Distribución do espazo e equipamento

Page 4: PLAN TIC

Proxecto TIC 4/37

Os espazos do centro podémolos dividir en catro grupos:

Administración Nos espazos adicados a administración do centro están secretaría e os

despachos empregados polo equipo directivo, todos eles equipados con PCs.

Aulas-taller específicas de ciclos, que están equipadas con PCs, pantalla e

proxector: 4 aulas taller do departamento de administrativo. 4 aulas taller do departamento de electrónica.

Aulas específicas compartidas para o ensino de ESO, Bacharelato, ESA, e

PCPI: Aula de informática 1 dotada de 20 PCs con canón, pizarra dixital e

pantalla, Aula de informática 2 dotada de 17 PCs con canón e pantalla, Aulas Abalar. Este curso ampliase o proxecto Abalar a 2º da ESO, co cal

hai no centro 6 aulas Abalar (1, 4, 8, 11, 13, e 15) adicadas soamente ao 1º ciclo da ESO. Con esta distribución garántese a cobertura en prácticamente todas as aulas do centro.

Aulas específicas: no centro disponse de 20 aulas, que están repartidas para os distintos departamentos. Estas aulas dispoñen de PC con conexión a internet, canón e pantalla. Algunha delas dispón de algún equipamento ‘extra’, así disponse de: Aulas con pizarras dixitais: 2, 5, 7, Idiomas, e Música Aula 7 (Dep. Xeografía e Historia), ademáis da pizarra dixital conta

con proxector de opacos. Aula de educación especial con PC de sobremesa, e portátiles para uso

dos alumnos con necesidades educativas especiais

Espazos que involucran a todos os ensinos do centro: Sala de Profesores, na que hai dous espazos informáticos:

Espazo Windows con 2 Pcs de sobremesa e 2 Portátiles. Espazo Linux con 2 Pcs.

Biblioteca: Dotada con 2 PCs para a xestión da biblioteca, e 6 PCs mais para o emprego do alumnado.

TV no hall conectada a un PC para poñer información, vídeos, presentacións,.. ao alumnado durante os recreos, entradas e saídas.

Salón de actos equipado con PC, proxector, son, e internet. A instalación permite proxectar e reproducir son dende o equipo fixo, ou dende un portátil. Tamén permite sacar o teclado, o rato e unha pantalla ao escenario sen necesidade de sacar o PC do seu lugar. No anexo 5 pódese ver un esquema da súa instalación.

1.2.-Xestión do equipamento TIC. O equipo de dinamización TIC é o encargado de xestionar, manter e actualizar o equipamento TIC. Para o seu labor dispón de:

• Horas pa adicar ao mantemento.

Page 5: PLAN TIC

Proxecto TIC 5/37

• Armario onde poder gardar a ferramenta e material necesarios para desenvolver o seu labor.

• Un servidor NAS accesible dende todo o centro, excepto a zona de administración, onde gardar drivers, software, ..,

• Un PC de reposto, así cando o mantemento dun PC leva moito tempo pódese deixar outro no seu lugar.

2.-Obxetivos. Os obxectivos, formulados de xeito xeral, pódense resumir nos seguintes :

• Incorporación das TIC ao proceso de ensino-aprendizaxe, como un recurso mais.

• Adquisición de coñecementos e habilidades para o seu uso nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer.

• Acadar unha competencia dixital. • Fomentar a páxina web do centro como espazo de comunicación e de

colaboración con toda a comunidade educativa. • Coordinar a acción do profesorado de distintas áreas e materias en

relación ao traballo coas TIC. A continuación imos concretar estes obxectivos para o centro, o profesorado, o alumnado, e a comunidade educativa.

2.1.-Centro • Fomentar o uso do medio informático como forma de romper cas

desigualdades sociais. • Potenciar o emprego das TIC como ferramenta de traballo no proceso de

ensino-aprendizaxe. • Favorecer a formación e perfeccionamento do profesorado no uso das

TICs e a súa utilización nas tarefas habituais do Centro. • Facilitar o acceso a estas ferramentas por parte dos alumnos con

necesidades educativas especiais e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxe.

• Conseguir que o alumnado acceda ao mundo de internet con capacidade de procura de información e de tratamento crítica da mesma.

• Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e impulsar valores sociais e de respecto de outras costumes e outras formas de vida.

• Potenciar actividades de participación de toda a comunidade educativa nas diferentes actividades do centro: páxina web, xornal escolar, actividades culturais,..

2.2.-Profesorado • Mellorar o plantexamento pedagóxico a través das TIC. • Empregar as TIC para o traballo cotidian e as actividades de aula:

Page 6: PLAN TIC

Proxecto TIC 6/37

programacións, actividades, controis, fichas... • Extraer información a través das TIC, tanto para temas profesionais como

para experiencias interesantes para a súa actividade docente. • Intercambiar experiencias, coñecementos, actividades e participar en

foros, Chats... e diversas redes de colaboración como Internet.

2.3.-Alumnado. • Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e

o seu afán de coñecemento. • Espertar o interese por coñecer cousas diversas e lograr que utilicen as

pautas adecuadas para chegar á información precisa. • Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, e

cooperación e de expresión das propias ídeas. • Potenciar a comunicación cos seus semellantes. • Utilizar programas e contornas que faciliten a súa aprendizaxe das

diferentes áreas do Currículo, así como favorecer a adquisición de habilidades e destrezas.

2.3.1.-Alumnado con necesidades educativas especiais. • Integrar aos nenos e nenas con discapacidades físicas, psíquicas ou

sensoriais no emprego das novas tecnoloxías.

2.4.-Comunidade educativa. • Acadar a integración das TIC como un medio dinámico de comunicación,

sendo un elemento común de información e contacto con todos os axentes do proceso facilitando a conexión entre eles.

• A través das asociacións de nais e de pais dos centros, poñer en marcha mecanismos para aproveitar a infraestrutura tecnolóxica e favorecer a adquisición por parte de nais e pais dos coñecementos necesarios para un uso proveitoso das TIC.

3.-Estratexias e Metodoloxía

3.1.-Equipamento TIC Para un aproveitamento óptimo dos equipos, convén que tanto os equipos coma os espazos estean organizados de maneira que se lles poida sacar o máximo proveito posible, tanto na dispoñibilidade, coma no seu rendemento. Para sacarlle o máximo rendemento aos equipos, estes deben ter instalado o mínimo software posible. Con estas premisas organizaranse os equipos e espazos da seguinte maneira:

• As aulas Abalar están destinadas unicamente aos alumnos de 1º e 2º da ESO.

• Cada PC terá instalado un software xenérico: Sistema operativo, lector de PDF, visor de vídeos, paquete office, Navegador de internet, … Cando se necesite nalgún PC algún software adicional solicitarase ao equipo de

Page 7: PLAN TIC

Proxecto TIC 7/37

Dinamización TIC según o modelo do anexo 3. • As aulas de informática adiaranse primeiro as asignaturas que así o

requiren. Farase un libro para cada aula, con unha folla para cada semana do curso, no que cada folla conten o horario de uso semanal das aulas de informática, de forma que o profesorado que desexe utilizar unha das aulas de informática soamente terá que apuntarse no libro. Nos PCs destas aulas instalarase, ademais do software xenérico, aquel que soliciten os profesores que imparten clase nelas.

o No anexo 5 recóllense as normas de uso das aulas de informática.

• O proxecto de aulas específicas, permite que cada departamento teña 1 ou 2 aulas asinadas, e polo tanto pode ter o seu material distribuído nesas aulas, sen necesidade de andar de aula en aula con él. Outro tanto ocorre co software, xa que de esta maneira cada departamento terá instalado nas súas aulas o software que emprega, sen necesidade de instalar todo o software de tódolos departamentos en todos os PCs.

3.2.-O centro O centro pretende integrar as TIC no seu funcionamento cotiá. Se na xestión administrativa xa se fai todo vía web (Xadeweb), preténdese que no funcionamento interno se integren tamén as TIC, así:

• As convocatorias de claustros, consellos, reunións, etc, en lugar de facerse a través de unha notificación, eviarase un e-mail a cada compoñente e porase a convocatoria impresa na sala de profesores.

• Empregarase o correo electrónico para comunicar avisos ao profesorado, enviarlle documentación, ou informacións que lles poidan interesar. Tamén se empregará en sentido inverso cando o profesorado teña que enviar algunha documentación ao centro.

• Nas horas de entrada, saída, e recreos estará encendida a TV do Hall para amosar ao alumnado información de interés para eles.

• Na ‘secretaría’ da páxina web do centro colgaranse distintos tipos de formularios de uso no centro, como xustificantes de faltas do alumnado, petición de permisos do profesorado, etc. co obxetivo de que poidan chegar a secretaría con él xa cuberto.

• Atención á formación do profesorado nas TICs: En xuño, ao remate do curso, solicitarase ao profesorado, a través dos departamentos didácticos, que comunique as necesidades de formación en TICs que detecta no seu ámbito de traballo, Así poderanse planificar e organizar as actividades correspondentes cara ao curso seguinte que permitan satisfacelas. (Anexo 2)

3.3.-Profesorado: O proxecto de traballo do profesorado terá como obxectivo a incorporación das novas tecnoloxías na aula mediante:

• Emprego habitual do equipo PC-Proxector como un elemento mais da aula.

Page 8: PLAN TIC

Proxecto TIC 8/37

• Uso da PDI (Pizarra Dixital Interactiva) • As webs dinámicas. • A aula virtual. • Blogs • Uso de software de simulación, animación, cálculo, gráfico, squeak, e-

toys, etc. • Uso de e-books, dicionarios electrónicos e bibliotecas virtuais. • Isto obriga ao profesorado a:

o Crear contidos dixitais para amosar na clase empregando o conxunto PC-proxector.

o Elaborar contidos e actividades para a aula virtual. o Buscar contidos interesantes en Internet para mostrar na aula

mediante o proxector, ou ben por os enlaces na páxina web ou na aula virtual.

o Ensinar e motivar ao alumnado para a elaboración de blogs. o Crear e buscar actividades para a pizarra dixital.

Este curso farase un Proxecto de Formación de Centro destinado ao profesorado implicado no proxecto Abalar, e aberto a todo o profesorado do claustro.

3.4.-Alumnado Para poder integrar ao alumnado no coñecemento das TICs, e poder acadar os obxectivos, cada departamento deseñará distintos tipos de actividades, que se recollen nas programacións didácticas. Ademais os alumnos de 1º e 2º da ESO disporán de Aulas Abalar, o que lles permitirá dispor en calquera momento de PCs para facer actividades deseñadas polos profesores, actividades do Espazo Abalar, ou outras actividades educativas que se poden atopar na rede. Independentemente das distintas actividades que propoña cada departamento, é importante inculcar ao alumnado que non toda a información da rede é fidelina, que hai información tendenciosa, .. Por iso é necesario que cando busquen información non se limiten unicamente en buscar e seleccionar información de unha web para buscar respostas, ademais deben cuestionarse a validez de dita información, formulándose preguntas do tipo:

• É fidedigna a fonte de información? • Qué tipo de sitio web é a fonte: persoal, institucional, participativo? • Cítanse referencias e a data de publicación? • Qué intencionalidade ten a información: informar, convencer,

denunciar...? • Quén está representado? Quén non o está? • É persuasiva a maneira de presentar a información no sitio web? • Existen puntos de vista alternativos?

3.4.1.-Alumnado con necesidades educativas especiais. Ca integración dos nenos e nenas con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais no emprego das novas tecnoloxías, preténdese non so

Page 9: PLAN TIC

Proxecto TIC 9/37

que estes adquiran esas capacidades dixitais, senón favorecer o seu aprendizaxe con software específico. Para poder cumprir este dobre obxectivo, estes alumnos disporán de portátiles con software específico para eles, para empregar tanto nas aulas de apoio como cando van a aula cos seus compañeiros. Isto permite o emprego de materiais didácticos interactivos para actividades complementarias de recuperación e adaptación curricular xa que permiten ao alumno/a controlar o seu traballo e a adaptación ao seu ritmo de traballo.

3.5.-Pais e nais A páxina web do centro ten un apartado para a ANPA, na que esta pode colgar calquera información de interés para esta asociación. O equipo de dinamización TIC asesorará aos integrantes da ANPA en calquera dubida ou problema. Preténdese crear un canal de comunicación cos pais e nais dos alumnos a través das novas tecnoloxías. Para que este canal funcione, no impreso da matrícula do alumnado informarase:

• Da dirección da páxina web do centro, onde haberá información sobre o centro, actividades extraescolares, documentos de secretaria, información da ANPA,

• Da dirección do correo electrónico do centro. • De que a comunicación de que un alumno/a non asistiu a clase se fará

por SMS. Para facilitar o acceso as TIC na sala de Pais/Nais colocarase un ordenador a súa disposición. Asimesmo ofrecéselles as aulas de informática, da mesma maneira que outras dependencias do centro, para calquera actividade que desexen facer no centro.

3.6.-O equipo de dinamización TIC Nomearase un coordinador TIC que xunto con varios compañeiros, dependendo da dispoñibilidade de profesorado no centro, formarán o equipo de dinamización TIC. As funcións de este equipo son:

Instalación de equipos e software. No anexo 7 establécese o protocolo de instalación de equipos.

Mantemento de equipos e instalacións TIC. No Anexo1 móstrase o formato do ‘Parte de incidencias’, para calquera

incidencia que se queira comunicar ao equipo de Dinamización TIC. Administrar a páxina web do centro.

Facilitarase ao profesorado interesado unha conta para que poida engadir contidos, ademais de prestarlle a axuda que necesite..

Axudar aos compañeiros nas dificultades que atopen a hora de empregar as novas tecnoloxías nas aulas.

Page 10: PLAN TIC

Proxecto TIC 10/37

Coordinar o emprego dos equipos informáticos e audiovisuais. Fomentar o emprego das TICs. Fomentar a formación do profesorado neste campo, informando dos cursos

de formación e propoñendo grupos de traballo neste campo.(Ver anexo 2) Detectar as carencias no emprego das TIC e propoñer solucións. Detectar as necesidades, tanto de hardware como de software. Levar a cabo o Plan de Seguridade deseñado no Anexo 6.

4.-Avaliación Dende o equipo de dinamización TIC farase unha avaliación continua do emprego das TIC para tratar de solventar as posibles dificultades o antes posible. Así mesmo farase unha valoración do Plan por parte dos diversos sectores: profesorado, pais, e alumnado, co fin de detectar aspectos de mellora e intentar subsanar as deficiencias.

4.1.-Indicadores para a avaliación. Para a avaliación empregaranse os seguintes indicadores:

• Tense en conta ao alumnado con necesidades educativas especias. • Todo o alumnado do centro participa do Plan sen discriminación de nivel

educativo, proceso de maduración, dificultades de aprendizaxe.,sexo ou cualquera outro tipo de discriminación.

• Contribúe a consecución dos Obxetivos pedagóxicos de cada unha das áreas e ciclos así como as Adaptacións Curriculares Individualizadas.

• Hai equipos dispoñibles para toda a comunidade educativa. • Empréganse as TIC como soporte de comunicación , intercambio de

información e experiencias, e apertura do centro a novos entornos socioculturais.

• Favorece e estimula o intercambio escolar de experiencias e informacións con alumnado de outros centros.

• Propicia actitudes e valores de ríspeto aos contidos e formas de ser de outras comunidades educativas promovendo a tolerancia, a non discriminación e la interculturalidade.

• O profesorado formouse no emprego das TIC. • Promove as accións innovadoras na educación. • O grado de satisfacción dos alumnos no emprego das TIC na aula é bón. • Os alumnos poden buscar información na web. • O grado de satisfacción do profesorado no emprego das TIC na aula é

bon.

Page 11: PLAN TIC

Proxecto TIC 11/37

Page 12: PLAN TIC

Proxecto TIC 12/37

5.- Anexos

5.1.-Anexo 1: Parte de incidencias TIC

I.E.S. Francisco Asorey  Curso 2012/2013

Dinamización TIC: demandas profesorado

Dinamizador T.I.C.:

Aula:

Profesor:

Incidencia: Data incidencia: Resolución: Data resolución:

Page 13: PLAN TIC

Proxecto TIC 13/37

5.2.-Anexo 2: Formación do profesorado. ¿Cales son as principais dificultades que atopas na aplicación das TIC’s na docencia? 

 

Seguidamente presentamos unha táboa con distintos temas que quizáis poidan ser de interés para a túa formación de cara a afrontar a adaptación da docencia as TIC; indica o grao da súa importancia para ti, de acordo á escala.

Elaborar documentos con editores de textos. Elaborar presentacións de diapositivas. Manexar follas de cálculo. Usar e configurar o correo electrónico. Subir documentos, noticias, avisos,… á web do centro. Usar a aula virtual.

•Hai outros temas que che parezan importantes?

•Interésanos coñecer as túas expectativas de cara á posible formación que poidamos ofrecerche; agradeceriámoste nos indiques algúns aspectos que para ti resulten esenciais na túa formación e que esperas se garantan na oferta formativa que che presentamos:

•Co propósito de solucionar as pequenas dificultades que algunhas veces imposibilitan o uso das novas tecnoloxías, compartir inquietudes ou solucións ao respecto, facilitar o acceso aos recursos que nos ofrecen as TIC e detectar novas necesidades para futuras propostas de formación, proponse durante as tardes de luns e/ou martes (en horario a concertar) do terceiro trimestre, en pequenos grupos (máximo de cinco persoas) traballar algún dos temas propostos. Se estás interesado, propón horario.

Page 14: PLAN TIC

Proxecto TIC 14/37

5.3.-Anexo 3: Enquisa de necesidades de software para o profesorado do centro

Profesor Solicitante: email: @edu.xunta.esData da Solicitude: ./ ./ En qué data é preciso telo dispoñible? ./ ./

Nome do Programa Tipo de Licenza Aulas/PC Observacións Ten Licenza Gratuíta ou similar

Precisa Licenza e xa a temos Precisa Licenza e a temos que mercar

Ten Licenza Gratuíta ou similarPrecisa Licenza e xa a temos Precisa Licenza e a temos que mercar

Ten Licenza Gratuíta ou similarPrecisa Licenza e xa a temos Precisa Licenza e a temos que mercar

Ten Licenza Gratuíta ou similarPrecisa Licenza e xa a temos Precisa Licenza e a temos que mercar

Ten Licenza Gratuíta ou similarPrecisa Licenza e xa a temos Precisa Licenza e a temos que mercar

Ten Licenza Gratuíta ou similarPrecisa Licenza e xa a temos Precisa Licenza e a temos que mercar

Ten Licenza Gratuíta ou similarPrecisa Licenza e xa a temos Precisa Licenza e a temos que mercar

Ten Licenza Gratuíta ou similarPrecisa Licenza e xa a temos Precisa Licenza e a temos que mercar

Outras Necesidades TIC Aulas/PC Observacións

Acceso a Impresoras: Da Sala de Profesores Da Biblioteca Instalar unha Localmente

Instalar Periféricos: Altofalantes Escáner Proxector Rato Teclado Monitor Unidade de DVD Disco Duro Externo

Instalar un PC completo Outra:

Observacións, Comentarios ou Suxestións

Page 15: PLAN TIC

Proxecto TIC 15/37

5.4.-Anexo 4: Utilización das aulas de informática e dos Equipos Informáticos.

Normas xerais de uso dos equipos e aulas de informática O uso dos equipos informáticos e dos espazos en que estes se ubican regúlanse, con carácter xeral polo Regulamento de Réxime Interno en especial polas normas recollidas no titulo III, nos artigos 8 e 9 e no título VII capitulo III artigo 35 no que se tipifican as coductas gravemente prexudiciais para a convivencia do centro e a súa corrección. Sen embargo, debido ao incremento no número e na utilización dos equipos informáticos no centro parece necesario establecer de xeito máis preciso unhas normas de uso destes equipos a fin de velar polo seu mantemento e pola súa correcta e utilización. 

 

Normas xerais 1.Con  carácter  xeral    nas  aulas  de  informática  observarase  unha  conduta respectuosa  coas  persoas  e  co  material  tal  e  como  se  establece  no  RRI, recordándose que non está permitido: 

a. Introducir nas salas comidas e/ou bebidas  

b. Utilizar as salas como lugar de faladoiro ou xogos  

c. Deixar roupa ou outros obxectos enriba das mesas  

      2.  Ademais  consideraranse condutas  contrarias  as normas de convivencia 

a.  Mover ou cambiar os compoñentes dos equipos 

b. Modificar a configuración dos equipos informáticos. 

3. O alumnado NON PODE QUEDAR SÓ no aula cos equipos informáticos.  

4. Ao  terminar a clase, o alumnado  sairá do aula e o profesor/a    responsable do grupo nese momento pechará o aula con chave, asegurándose que: 

a. Todas as portas ou fiestras  queden COMPLETAMENTE PECHADAS. 

b. Todos os computadores estean APAGADOS 

5. O uso dos equipos informáticos farase de acordo coas indicacións do profesor/a   responsable quedando prohibida a MANIPULACIÓN NON AUTORIZADA de calquera equipo distinto do posto de traballo asignado ao alumnado correspondente.  

6. Non se permite o cambio de FONDOS DE PANTALLA ou o aspecto do escritorio do equipo correspondente.   

    7.  O  almacenamento  ou manipulación  de  información    para  realizar  actividades, traballos, etc..   propostas debe  ser, en  todo momento, RESPECTUOSO CO RESTO DE 

Page 16: PLAN TIC

Proxecto TIC 16/37

COMPAÑEIROS/AS  E  PROFESORADO  prohibíndose  manexar  contidos  ilegais, discriminatorios ou ofensivos.  

8.  Non  está  permitido  instalar  calquera  tipo  de  PROGRAMAS  ou  aplicacións informáticas,  por  parte  dos  alumnos.  No  caso  de  que  un  profesor  necesitase  da instalación dalgún programa, solicitarao previamente co coordinador TIC quen decidirá o procedemento a seguir. 

9.  Está  prohibido  facilitar  os  contrasinais  dalgunha  das  contas  con  privilexios  de administrador de equipo aos alumnos. Por motivos de seguridade, os usuarios sempre empregarán  as  contas  de  PROFESOR,  ALUMNO  ou  INVITADO  con  privilexios restrinxidos. No caso de que un profesor necesitase executar un equipo con privilexios de  administrador deberá  solicitalo previamente  ao  coordinador  TIC,  quen decidirá  o procedemento a seguir. 

10. Non se garante a integridade dos datos ou arquivos que os alumnos depositen nos computadores do centro, xa que son equipos de USO COMPARTIDO entre o alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas por cada profesor ou profesora. Por iso recoméndase aos alumnos que almacenen os seus traballos na súa propia UNIDADE DE MEMORIA EXTRAÍBLE USB. 

11. Na sala de profesores e nas aulas de informática existirá un PARTE DE INCIDENCIAS para  anotar  calquera  anomalía  nos  equipos,  que  será  entregado  canto  antes  polo profesor correspondente ao coordinador TIC depositándoo na bandexa que a tal efecto está ubicada na sala de profesores. 

12.  Todas  as  incidencias  deben  comunicarse  por  escrito  a  través  do  correspondente PARTE  DE  INCIDENCIAS,  para  facilitalo  rexistro  e  control  do  traballo  pendente  do coordinador TIC.

Procedemento a seguir para a utilización  dos equipos informáticos  

 

Para  a  OCUPACIÓN  HABITUAL  das  aulas  de  informática    por  grupos  que  teñen reservado  horario    durante  todo  o  curso  en  determinadas  materias,  proponse  o procedemento seguinte:    

O profesor/a  responsable do grupo asignará a      cada alumno ou alumna   UN  EQUIPO E SITIO FIXOS na aula, para todo o curso académico. 

Esta  distribución  rexistrarase  nun  persoal  ou  cuadrante  de  OCUPACIÓN HABITUAL da aula  ,que permanecerá sempre a disposición do profesorado do 

Page 17: PLAN TIC

Proxecto TIC 17/37

grupo ou, no  seu  caso, do profesorado de  garda, en  cada unha das  aulas de informática. 

Só o profesor/a responsable do grupo na hora de utilización da aula respectiva poderá  autorizar  CALQUERA  CAMBIO  na  localización  puntual  dun  alumno  ou alumna  por  motivos  pedagóxicos,  de  control  disciplinario  ou  mal funcionamento do equipo e reflectirá dito cambio   no cuadrante de ocupación habitual.  

Ao  comezar a  clase  correspondente    cada alumno/a asignado ao  seu posto e equipo  informático  ,  realizará  un  RECOÑECEMENTO  VISUAL  de  ambos, comunicando inmediatamente calquera anomalía observada ao profesor/a que o reflectirá no parte de incidencias TIC. 

Procedemento a seguir para a utilización  dos equipos informáticos  

 

Para a OCUPACIÓN ESPORÁDICA das aulas de informática  por outros grupos distintos dos anteriores proponse o procedemento seguinte: 

O  profesor/a  responsable  do  grupo  realizará  a  reserva  da  aula  segundo  o procedemento seguido ata   agora, e dicir, anotarase no  libro   de reservas que está sala de profesores. 

Existirá outro persoal ou cuadrante do aula para a OCUPACIÓN ESPORÁDICA en horas  libres  ou  non  utilizadas  por  outro  grupo  onde  quedará  reflectida  a localización do alumnado, con especificación do grupo, día, hora e profesor ou profesora correspondente.  

Igualmente,  ao  comezar  a  clase  correspondente    cada  alumno/a  asignado  ao seu  posto  e  equipo  informático  ,  realizará  un  RECOÑECEMENTO  VISUAL  de ambos,  comunicando  inmediatamente  calquera  anomalía  observada  ao profesor responsable e reflectindo dita anomalía no cuadrante respectivo. 

Page 18: PLAN TIC

Proxecto TIC 18/37

5.5.-Anexo 5: Instalación Salón de Actos

Page 19: PLAN TIC

Proxecto TIC 19/37

Page 20: PLAN TIC

Proxecto TIC 20/37

Page 21: PLAN TIC

Proxecto TIC 21/37

Page 22: PLAN TIC

Proxecto TIC 22/37

Page 23: PLAN TIC

Proxecto TIC 23/37

Page 24: PLAN TIC

Proxecto TIC 24/37

Page 25: PLAN TIC

Proxecto TIC 25/37

Page 26: PLAN TIC

Proxecto TIC 26/37

Page 27: PLAN TIC

Proxecto TIC 27/37

Page 28: PLAN TIC

Proxecto TIC 28/37

Page 29: PLAN TIC

Proxecto TIC 29/37

5.6.-Anexo 6: Programa de seguridade TIC. O programa de seguridade TIC ten dous obxetivos claros, que son a seguridade do PC, e a seguridade no uso da rede interna e externa. Coa seguridade do PC, preténdese que este funcione correctamente, sen virus nin programas maliciosos. Tamén que non teña instalados programas con licencia "pirata" ou innecesarios, nin almacene moreas de arquivos. Esto facilita o mantemento do PC, e prevén moitos problemas. Por outra parte preténdese que o alumnado faga un bo uso da rede, por eso está terminantemente prohibido:

• Navegar en páxinas de contido sexual. • Navegar en páxinas de calquera tipo de contido violento. • Entrar en páxinas con contidos degradantes para calquera colectivo. • Empregar programas de descarga e mensaxería instantánea, xa que

aparte de ser un foco do malware, apropianse do ancho de banda e diminúen a velocidade da rede.

• Mudar a configuración ou aspecto do S.O. do PC do centro que estean a empregar.

Neste senso establécense as seguintes pautas:

Os administradores dos equipos son os compoñentes do equipo de dinamización TIC, e estes serán os encargados de instalar e configurar as aplicacións que lles requira o profesorado.

Tódolos PC do centro terán dúas contas: unha para os usuarios con permisos restrinxidos sen contrasinal, e a outra para o administrador do sistema con contrasinal con tódolos permisos.

Cada PC, sempre que conte con suficientes recursos como para soportalo, terá instalado: software antivirus, software protector de USB e antimalware.

Os PC para uso do alumnado ou que dadas as súas limitacións non dispoñan de antivirus, serán ‘conxelados’ para evitar que se modifique a súa configuración; de esta maneira evitase que se poidan instalar aplicacións ‘non permitidas’, que se poñan fondos de escritorio non adecuados para un centro de ensino, que o malware se instale no PC, …

Algúns PC poderán ter unha partición non conxelada onde tódolos usuarios poderán gardar arquivos, e que será baleirada regularmente. Por iso recomendase aos usuarios que leven sempre consigo a súa propia memoria USB onde almacenar os seus arquivos persoais.

Para dar conexión a internet a calquera membro da comunidade que traia un PC portátil, crearase unha VLAN específica para os puntos de acceso, de maneira que non teñan acceso ao resto da rede, xa que non se poden controlar estes equipos.

Instalarase un proxy para:

Page 30: PLAN TIC

Proxecto TIC 30/37

o Analizar o funcionamento da rede e por tanto detectar equipos con moito tráfico, susceptibles de ter instalado algún programa de descarga ou troiano.

o Xestionar o reparto do ancho de banda de acceso a internet do centro.

o Analizar as páxinas web ‘visitadas’ e detectar a navegación por páxinas non permitidas.

o Filtrar os contidos web, aínda que a xunta xa fai un filtrado, dende aquí preténdese facer un segundo filtrado.

O servidor Proxy que se menciona estará ubicado como se ve na figura:

Para un bo funcionamento da rede configurarase o proxy (ebox) cas seguintes características:

• Servidor DHCP para os equipos móbiles que non son do centro. • Servidor de DNS. • Servidor proxy HTTP, con filtrado de contidos web e reparto do ancho de

banda de acceso a internet. o O filtrado deberá ser distinto para profesores e alumnos

• Servidor de directorio LDAP: o Dominio con grupos de Usuarios xenéricos (departamentos,

aulas, profesores, alumnos, etc) cun sistema de cuotas de disco. • Servizo de compartición de impresoras, de esta maneira sería mais

doado engadir unha impresora nun equipo. • Servizo de aloxamento de páxinas web: así poderíamos aloxar unha

copia das aulas virtuais (moodle) na nosa propia intranet. Se caera o acceso a internet do centro, poderíamos seguir coas nosas clases. Ademais o acceso dende o centro sería mais rápido.

• Servizo de enrutamento NAT, para conectar a rede IP dinámica destinada aos equipos móbiles externos, co acceso a internet do centro que está noutra rede IP.

• Servizo emisor de certificados Radius, para ter un control dos equipos que se poden conectar á rede.

• O proxy deberá limitar o ancho de banda de acceso a internet da VLAN destinada aos equipos móbiles que non son do centro.

Page 31: PLAN TIC

Proxecto TIC 31/37

FUNCIONAMIENTO HABITUAL

FALLO NO ACCESO A INTERNET DA REDE DA XUNTA OU NO ROUTER

El puerto 80, 50001 externos deben estar redirigidos al 80 y al 22 del servidor Web externo

Informática 1 Informática 2 Biblioteca

192.168.150.x (DHCP) 50-150

Servidor DHCP 192.168.150.x Servidor web interno Proxy/filtrado/limitador de BW Cliente dyndns Puertos TCP 50000, 50001, 50002 de eth0 los redireccionamos a los puertos TCP 80, 22 y 443 de 69.65.20.43 Puerto TCP 60000 de eth0 lo redireccionamos al TCP 80 del 69.65.20.1 De reserva: Servidor web externo

eth0

192.168.150.x (estático)

Router Xunta

ADSL

69.65.20.1

Proxy Ebox

eth0

192.168.150.1 69.65.21.44/24

eth1

69.65.20.44/24

Switch Rack

VLAN Admon

VLAN Aulas

VLAN Wifi

Router Movistar

ADSL

69.65.20.1

Web Server ext

Ebox

eth1

192.168.150.1 69.65.21.44/24

69.65.20.43/24

Servidor web externo por eth1 Cliente dyndns De reserva: Servidor DHCP 192.168.150.x Servidor web interno Proxy/filtrado/limitador de BW Redirección de puertos TCP 50000-2 de eth0 a TCP 80,22,443 de 69.65.20.44, y TCP 60000 de eth0 a 80 de 69.65.20.1

A través del Proxy Ebox debo poder acceder a la configuración del otro Ebox y del Router Movistar

Ptos Acceso

Red Wifi

Servidor web externo por eth1 Cliente dyndns Servidor DHCP 192.168.150.x Servidor web interno Proxy/filtrado/limitador de BW

ADSL

69.65.20.44/24 eth1 Proxy

Ebox eth0

VLANS

Router Movistar 69.65.20.1

Web Server ext

Ebox

eth1

192.168.150.1 69.65.21.44/24

eth0

69.65.20.43/24

El Proxy Ebox sigue activo, pero no pinta nada.

El puerto 80, 50001 externos deben estar redirigidos al servidor Web

Router Xunta

ADSL

69.65.20.1

Switch Rack

Page 32: PLAN TIC

Proxecto TIC 32/37

FALLO NO ACCESO A INTERNET MOVISTAR OU NO ROUTER

FALLO NO PROXY EBOX

FALLO NO SERVIDOR WEB EXTERNO EBOX

192.168.150.1 69.65.21.44/24

VLANS

Router Movistar

ADSL

69.65.20.1

Web Server ext

Ebox

eth1 eth0

69.65.20.43/24 Cliente dyndns Servidor DHCP 192.168.150.x Servidor web interno Proxy/filtrado/limitador de BW Redireccionamiento de puertos

Router Xunta ADSL 69.65.20.1

Switch Rack

Proxy Ebox

eth0 eth1

69.65.20.44/24

Se perdería el acceso externo a las páginas web (es inevitable, porque por la Xunta no se puede salir).

VLANS

Router Movistar

ADSL

69.65.20.1

Web Server ext

Ebox

eth0

192.168.150.1 69.65.21.44/24

eth1

69.65.20.43/24

Cliente dyndns Servidor DHCP 192.168.150.x Servidor web interno Proxy/filtrado/limitador de BW Servidor web externo por eth1 Redirección de puertos

Router Xunta

ADSL

69.65.20.1

Switch Rack Debería poder accederse a través de él a la configuración del Router Movistar

El puerto 80, 50001 externos deben estar redirigidos al servidor Web

Page 33: PLAN TIC

Proxecto TIC 33/37

VLANS

Router Movistar

ADSL

69.65.20.1

Proxy Ebox

eth0

192.168.150.1 69.65.21.44/24

eth1

69.65.20.44/24

Cliente dyndns Servidor DHCP 192.168.150.x Servidor web interno Proxy/filtrado/limitador de BW Servidor web externo por eth1 Redireccionamiento de puertos

Router Xunta

ADSL

69.65.20.1

Switch Rack

El puerto 80, 50001 externo debe estar redirigido al Proxy ebox, al 20.44 en vez de al 20.43

Page 34: PLAN TIC

Proxecto TIC 34/37

5.7.-Anexo 7: Instrucións de instalación en PC’s do Centro. O obxectivo é que tódolos PCs do centro dispoñan dun SO con Licenza e mais de software con Licenza ou Gratuíto. Para poder mellorar a eficiencia, o SO almacenarase nunha partición separada da información específica dos usuarios e programas. Tódalas instalacións contarán cunha copia de seguridade no NAS e cunha copia personalizada nunha partición oculta. Ademais o PC contará cunha máquina virtual, onde haberá un SO Windows XP cunha única conta sen contrasinal e permisos de administrador. Nela os usuarios poderán instalar e desinstalar programas con o sen licenza. Haberá unha copia do disco virtual no NAS, que se irá nutrindo coas peticións de cada un dos usuarios do centro. Por motivos de seguridade, esa máquina virtual non terá acceso á rede, nin á unidade USB: só ao CD/DVD e a un cartafol compartido. O PC Anfitrión terá a partición activa conxelada, e a conta de uso xeral terá permisos restrinxidos para evitar a desinstalación do conxelador.

1. Crear 3 particións primarias NTFS co Partition Magic ou ben co Acronis Disk Director Suite::  

• 30GB para o S.O. Primaria e activa  • 10GB para a copia de seguridade, chamada BACKUP  • resto do espazo do disco para datos do usuario, chamada CARPETAS  

2. Pode haber 2 casos:  • Se  non  existe  unha  imaxe  dese  SO  nesa  placa  base:    Instalar  o  S.O.  na  súa 

partición,  introducir a clave da  licenza. Se é un SO que precisa activación  , é mellor activalo no derradeiro paso.  

• Se xa existira unha  imaxe: Copiar a  imaxe á partición BACKUP e restaurala na partición activa. Agora pódense saltar os pasos: 3, 6, 10 e 11. Do paso 5 instalar só o software que non estea instalado.  

3. Instalar os Drivers para tódolos dispositivos da placa. Actualizar o S.O.  4. Configurar dirección IP, Nome de PC e Grupo de Traballo.  

Mascara: 255.255.254.0 Porta de Enlace: 69.65.20.1 DNS1: 69.50.2.190 DNS2: 212.51.33.106 Grupo de Traballo: Asorey

5. Instalar1:  • Antivirus Avira  • A derradeira versión de Openoffice  • As actualizacións de Java, Flash e codecs Divx.  • 7zip (similar ao winrar pero gratuíto)  • salvapantallas  do  Asorey,  deixar  copia  do  fondo  de  pantalla  na  carpeta 

Windows/system32  • Foxit Reader con actualizacións  • Ccleaner  • Gimp • VirtualBox   • Os protectores de USB:   

i. Panda USB Vaccine  ii. Autorun eater  

6. Crear as contas:  • “Supervisor” con permisos de administrador e contrasinal: *****  

1   No NAS están disponibles todos estes programas, incluindo o salvapantallas e fondo de escritorio do IES Fco Asorey: ftp://admin:****@69.65.20.40/backups/software/ 

Page 35: PLAN TIC

Proxecto TIC 35/37

• “Usuario” , sen contrasinal e con permisos limitados.  7. Activar restaurar sistema só na Unidade do S.O.  8. Dende a nova conta de Usuario:  

• Mover a carpeta “Mis Documentos” á unha nova carpeta dentro da partición CARPETAS.  

• Copiar  o  arquivo  vdi  co  disco  duro  para  o  VirtualBox,  dende  o  NAS  para  a partición CARPETAS.  

• Crear un PC no VirtualBox2 :  i. Sen tarxeta de rede nin acceso ao USB.  ii. Con acceso á tarxeta de son e ao CD do anfitrión.  iii. Cun cartafol compartido en CARPETAS chamado Compartido.  iv. Coller o disco duro copiado en CARPETAS. Probar que a máquina virtual 

arranca.  • Poñer o fondo de escritorio e salvapantallas do Asorey.  • Deixar no escritorio un acceso directo á máquina Virtual, chamado Programas 

Asorey.  • Abrir o OpenOffice e en Opcións, activar a compatibilidade con MS Office.  • Abrir o Internet Explorer e comprobar que a páxina de inicio e www.google.es  

9. Dende a nova conta de Supervisor:  • Pasar o Ccleaner: limpar arquivos sobrantes e arranxar erros do Rexistro.  • Desactivar as actualizacións do SO e do Antivirus.  • Defragmentar a partición onde vai o S.O.  • Activar Apagado Automático do PC os días de semana ás 21:00h  

10. Arrancar o PC dende a unidade de DVD  co Hiren’s Boot CD. Dende o Norton Ghost, crear  unha  imaxe  comprimida  da  partición  onde  vai  o  S.O.  e  gardala  na  partición “BACKUP” do disco duro.  

11. Arrancar  o  PC  e  copiar  o  arquivo  de  imaxe  anterior,  no  NAS: ftp://admin:****@69.65.20.40/backups/backups/   Creando unha carpeta co nome do PC ou ben o da placa base do PC.  

12. Activar o SO, se é preciso facelo.  13. Borrar a  imaxe da partición BACKUP. Vaise substituír por unha nova, co SO activado e 

totalmente adaptada a este PC  14. Arrancar o PC dende a unidade de DVD  co Hiren’s Boot CD. Dende o Norton Ghost, 

crear  unha  imaxe  comprimida  da  partición  onde  vai  o  S.O.  e  gardala  na  partición “BACKUP” do disco duro.  

15. Arrancar o PC dende a unidade de DVD co Hiren’s Boot CD. Dende o Partition Magic ou o Acronis Disk Director Suite,, facer oculta a partición “BACKUP” do disco duro.  

16. Conxelar a partición do SO co Deepfreeze.  Instalación en PCs antigos 1) Crear 3 particións primarias NTFS co Partition Magic ou ben co Acronis Disk Director Suite:  

a) 4GB para o S.O. Primaria e activa  b) 2GB para a copia de seguridade, chamada BACKUP  c) resto do espazo do disco para datos do usuario, chamada CARPETAS  

2) Se o PC é un:  a) Fujitsu  Scenic  eD. Copiar o  arquivo  imaxe  feito  co Acronis  True  Image  e  gardado  en 

\\srvtic\imaxes\backups\fujitsu  scenic eD , na partición Backup. Restaurar a imaxe na 

2   En \\srvtic\imaxes\Maquinas Virtuais VBox reside unha imaxe dun S.O. Windows XP coas VBoxGuestAdditions no que se irán actualizando 

Page 36: PLAN TIC

Proxecto TIC 36/37

partición activa. Agora nos  saltaremos os pasos: 3, 6, 7, 10, 11. Do 5 engadiremos o que falte  

b) HP  Vectra  VL400.Copiar  o  arquivo  imaxe  feito  co  Norton  Ghost  e  gardado  en \\srvtic\imaxes\backups\hp vectra vl400  , na partición Backup. Restaurar a  imaxe na partición activa. Agora nos  saltaremos os pasos: 3, 6, 7, 10, 11. Do 5 engadiremos o que falte.  

c) Outro: Instalar Winchiquito na partición Activa.  3) Instalar os Drivers para tódolos dispositivos da placa. Senón están xa, copiar os drivers da 

placa base nun cartafol co nome da placa en \\srvtic\imaxes\drivers\placas base.  4) Configurar dirección IP, Nome de PC e Grupo de Traballo.  

Mascara: 255.255.254.0 Porta de Enlace: 69.65.20.1 DNS1: 69.50.2.190 DNS2: 212.51.33.106 Grupo de Traballo: Asorey

5) Instalar3 :  a) A derradeira versión de Openoffice  b) As actualizacións de Java, Flash e codecs Divx.  c) 7zip (similar ao winrar pero gratuíto)  d) salvapantallas  do  Asorey,  deixar  copia  do  fondo  de  pantalla  na  carpeta 

Windows/system32  e) Foxit Reader  f) Ccleaner  g) navegador K‐meleon   h) MS Powerpoint 2010  i) Os protectores de USB:   

i) Panda USB Vaccine  ii) Autorun eater  

6) Crear as contas:  a) “Supervisor” con permisos de administrador e contrasinal: Asorey.1  b) “Usuario” , sen contrasinal e con permisos limitados.  

7) Activar restaurar sistema só na Unidade do S.O.  8) Dende a nova conta de Usuario:  

a) Mover  a  carpeta  “Mis  Documentos”  á  unha  nova  carpeta  dentro  da  partición CARPETAS.  

b) Poñer o fondo de escritorio e salvapantallas do Asorey.  c) Abrir o OpenOffice e en Opcións, activar a compatibilidade con MS Office.  d) Abrir o K‐meleon e comprobar que a páxina de inicio e www.google.es  e) Axustar a configuración visual para o máximo rendemento.  f) Eliminar o acceso directo ao IE6 e poñer como navegador predeterminado ao K‐Meleon  

9) Dende a nova conta de Supervisor:  a) Pasar o Ccleaner: limpar arquivos sobrantes e arranxar erros do Rexistro.  b) Defragmentar a partición onde vai o S.O.  c) Activar Apagado Automático do PC os días de semana ás 21:00h  

10) Arrancar o PC dende a unidade de DVD co Hiren’s Boot CD. Dende o Norton Ghost, crear unha  imaxe comprimida da partición onde vai o S.O. e gardala na partición “BACKUP” do disco duro.  

11) Arrancar  o  PC  e  copiar  o  arquivo  de  imaxe  anterior,  no  NAS: ftp://admin:****@69.65.20.40/backups/backups/ Creando unha carpeta co nome da placa base do PC.  

12) Arrancar o PC dende a unidade de DVD co Hiren’s Boot CD. Dende o Partition Magic ou do Acronis Disk Director Suite, facer oculta a partición “BACKUP” do disco duro.  

3   No NAS están disponibles todos estes programas, incluindo o salvapantallas e fondo de escritorio do IES Fco Asorey: ftp://admin:****@69.65.20.40/backups/software/ 

Page 37: PLAN TIC

Proxecto TIC 37/37

13) Co Deepfreeze conxelar a partición activa, con contrasinal *****.