patente de corso
DESCRIPTION
Álbum infantil ilustrado. Poemario de Rafa Vilar premiado pola Fundación Xosé Neira Vilas co Arume de Poesía 2011TRANSCRIPT
Patente de corso(Pequeno dicionario pirata)Rafa Vilar
© do texto orixinal: Rafa Vilar© das ilustracións: Gemma Capdevila© desta edición: Edicións Embora, 2012R/ Galiano, 63 - 1º. 15402 Ferrolwww.edicionsembora.es
Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra (www.conlicencia.com; 91 702 19 70)
Impreso en Gráficas LasaPrimeira edición: 2012ISBN: 978-84-92644-45-2Depósito Legal: C 1225-2012
edicións embora
PREMIO ARUME DE POESÍA2011
Levamos dez anos convocando o Premio Arume de poesía para nenos. Nese tempo foron galardoados, entre outros poetas, Xosé María Álvarez Cáccamo, Helena Villar, Marica Campo, Concha Blanco e Xoán Babarro. Publicáronse os libros premiados, para disfrute de nenos e nenas de toda Galicia.Na sexta edición, o premio foille outorgado a Rafa Vilar polo seu poemario Patente de corso(pequeño dicionario pirata), que agora publica Edicións Embora.Trátase duns piratas bos, encantadores, moi atractivos para o lector infantil. Non son violentos, non son agresivos, senón máis ben inxenuos e despistados, pois ata se esquecen de cargar os canóns e libran unhas batallas nas que non firen a ninguén. Coma quen di, uns piratas pacíficos e alegres. Todo un xogo. O autor logra imprimirlle a estes versos, guiados polas letras do abecedario, un ritmo áxil nun estilo moi axeitado. Aparecen referencias sobre Benito Soto, Os camiños da vida, a Internacional…En suma, unha poesía que entretén e informa. Salienta o seu vocabulario no que se mesturan termos tradicionais cos utilizados no mundo da
piratería. O resultado é que estes versos dinnos moitas cousas ó tempo que poñen en solfa a aqueles aventureiros que percorrían os sete mares cometendo tropelías a eito.Rafa Vilar, nado en Cee, en 1968, é Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, integrou o Batallón Literario da Costa da Morte, traballou no Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, foi asesor lingüístico da Televisión de Galicia e ven desempeñando outras responsabilidades, ó tempo que foi cimentando unha obra literaria que abrangue uns doce títulos e que o sitúa pola súa calidade entre os primeiros creadores líricos do seu tempo. Acuarela é o título dun anterior poemario seu para nenos e nenas.O xurado de Arume outorgou tamén dúas Mencións de Honra: a Yolanda Castaño por Verdedades, e a Alberto Calvín por Flores de abruñeiro.Tras seis edicións, o Premio Arume de poesía para nenos ten un espacio de seu entre os concursos literarios do noso país.
Xosé Neira Vilas
Non hai pirata piratónque non teña na abordaxea máis brava das accións
Barco vese a sotaventoque promete un gran botíne alá imos ben contentos
Do mar somos como anguíasnavegando ben lixeirosno lusco-fusco do día
Renxen os barcos chocandocon ruído que mete medoinda que o mar está calmo
Feramente combatemosco ceo por testemuñanon se sabe canto tempo
E tras loita desigualun dos buques é vencidopero non se sabe cal
Vanse eles mar adiantea vitoria celebrandonesta feroz abordaxe
E nós quedamos alísen sabermos que facerou se chorarmos ou rir.
Negra coma a escura cascudaasí é a nosa bandeirano medio do vento mareiro
E no centro unha caveirapor dous ósos cruzada
Bandeira que as xentes temenen toda parte do mundo
Bandeira que se esfiañapolo tempo que vai medrandona súa tea cosida
De chorar case dan ganasao vela tan desfeitiñasucando os mares da terra
Só que os piratas non choranou choran ás agachadas.
O mundo fica pequenopra este barco barcalésque por ter tenvos de todode trinquete a bauprés
De pirata leva o rumbocoa mellor tripulacióncorsarios que somos todosdo abrente ata o solpor
Barco que andou os maresdestes cinco continentesque damos en chamar Terracousa pouco intelixente
Suca as augas sen desmaioque dá xenio velo asíco seu porte fachendosoeste barco bergantín
Cando é de entrar en batallasemella non ter igualTanto que todos liscanpra evitaren máis mal
Orgullosos del estamosdo seu mascarón de proaque ten forma de sereamais a ollada de ladroa
Outro barco eu non queropra facer pirateríaque este meu barquiño vellocamiño á chatarrería.
Burla Negra é o navíoBenito Soto o capitános ingleses que os perseguennunca saben onde están
Pirata galego elda parte de Pontevedravaloroso coma ningúnmar a dentro ou en terra
Foi mariño amotinadosendo case un rapazpirata co que ninguénquería bater no mar
Curta foi a súa vida grande a súa sona foinon hai porto coñecidoque del non saiba o valor
A morte ollouna de frontenos pagos de Xibraltar A Historia xa non esqueceo seu rexo navegar
Adeus a Benito Sotopirata dos arrecifesA Burla Negra inda esperacapitán da súa estirpe.
Compoñen o noso botínmoedas, xoias e ouroque haberá que repartir
A partes iguais din unsoutros non queren asíe os máis fan tururú
Xa está a liorta argalladae inda que apenas hai luzvese o choque das espadas
Non destacan os corsariospor falar só con palabrassi por seren agarrados
A ver se se impón a paznesta rifa chafalleiraque vai durando de máis
Xa se senten na madeiraos pasos do capitánberrando con voz troneira
Parece mentira en vóspiratas de tanto bríoesta pelexa en baborno medio do mar bravío
Mellor botín non haique a lealdade que nos temoscamaradas do mesmo marque navegamos co vento
Deixade xa esta porfíaás espadas dade finbrindade con alegríapolos futuros botíns.
Pola banda de baboros canóns xa deitan fumePola banda de estribormáis que diso botan lume
A batalla comezouno medio e medio do marZafar ninguén zafoudo ruidoso trafegar
Os paxaros asustadosbaten ás sen ningún xeitoPra lugares mellor dadosa escaparen non dan feito
Os peixes peor o teñenxa que nin poden saírdas augas que van e veñennin se poden evadir
E nós piratas cativosdos canóns non nos libramosNin os que sodes furtivosnin os que vos disparamos
Batalla igual nunca vintal era o fume que habíaAntes de chegar á finun dos navíos fuxía
Seica ninguén se lembrarade levar a municiónnin por suposto cargaraningún dos doce canóns
Á nova pirateríadodemo se hai quen a entendaFáltalles ben de porfíamais non lles sobra fachenda.
O capitán évos homeen mil batallas curtidocicatrices o delatane mais un cofre escondido
Agora que a súa memoriaxa erra máis do que atinaandan a dicir algúnsque a ver cando se xubila
El ganas non ten ningunhasde ir deixando de mandare menos debe de terde non poder piratear
Tanto lle presta o oficioque nada aprendeu a facerPor preguiza ou non se sabenin lle deu por pórse a ler
Decátase xa indo vellodo erro que cometeunon sabendo nin as letrasdo seu nome de xudeu
E dise que polas noitesdurmida a tripulaciónadica horas e horasa escribir cun seu plumón
Despois dorme satisfeitoata a hora do xantarLogo soñando en cubertafai as letras sobre o mar.
Teño un mapa do marque nos di onde ireu tamén navegar
Sei de portos e illase de terras remotasdesde China ás Antillas
Navegamos lixeirosocéanos infindose por novos vieiros
Mais perder non perdemosos rumbos indicadosnin xa nada tememos
Tracexado o camiñoavanzamos segurospolo mundo mundiño
E se o tempo acompañaa aventura iniciadacon bo tino e con maña
chegaremos con bende Galiza ao alén.
A espada que empuñocon xesto gallardoten punta redondae gume afiado
Mais o ferreiro que a fixoo seu defecto non dixo
Falar non falousequera de pasodos días en que estanon quere traballo
E ponse rabudaa moi espilidaDe aquí non me movoe raño a barriga
Espada non vinen sitio pirataasí preguiceirae mal encarada
De vela ben lonxexa me tarda o díaQue a ature se querealguén da familia
Pois eu xa vou fartoda súa nugallaQue máis ca unha espadaParece navalla
Mais o ferreiro que a fixoo seu defecto non dixo.
Dígovos que non existepirata digno de aprecioque nun cofre non agocheo máis gardado segredo
Haivos cofres de madeiraou de ferreño metalque sen a chave axeitadaabrir ninguén poderá
Este meu cofre é pequenocoa súa tampa douradaO que nel gardo moi dentrodicirvos non teño ganas
Un valor incalculábelpra min sempre posuiráDunha primeira viaxeque na acordanza vai xa
E foi nos mares do suronde o puiden conseguirA un inglés foille roubadopirata de sona alí
Pois se alguén ten interesee do que se di non sabenon abandone a lecturadeste libro ata o remate.
O garfo do que falonon é o de comerEste ten unha puntae serve pra coller
O primeiro que eu vinonde a man ten o sitiolevábao un piratanun porto perdido
O nome xa nin lembrodo dito bucaneiroque onde acaba o brazolevaba un garfo feo
Non é que dera medose tal algo de grimamirar pra aquel ferranchoque orgulloso lucía
Cun paniño de sedaque o facía brillargustaba de limpaloque ata daba solaz
Un día non se sabesequera o porquésentimos o pirataa discutir con el
O garfo non queríaque o bucaneiro vellodel sempre se servirano lugar do coitelo
Pedía dignidadeaquel garfo tan vivoNon nacín pra cubertonin nada parecido
E o pobre do pirataque non podía máisvendeullo a un ferralleirode alá de Portugal.
Grumetes do mundo unidosa protesta comezamosSe caso non queren facernosen folga nos declaramos
Folga de brazos caídosA cuberta non fregamosnon mondaremos patacase se queremos pasmamos
Saiba ben o capitánas condicións que nós damospra volvermos aos laboresaos que agora nos negamos
Queremos que non nos berreninda que algo mal fagamosNós estamos aprendendoeste oficio no que andamos
Pedimos cada domingodurmirmos o que queiramose os sábados á tardiñacoa cana na man pescamos
Que non haxa represaliasse algunha vez nos negamosa facer cousas ingratasou cando nos despistamos
A última peticióndas que nós consideramoscase dá risa dicilamais así o acordamos
Os grumetes destes maresque tan claro vos falamosqueremos o compromisoe senón non negociamos
de que unha vez ao mesdúas xa non reclamamosunha onza de chocolatelevar á boca poidamos.
Pingas de terra semellanas illas todas do marE nunhas disque hai tesourosNoutras nada haberá
Illas coñezo perdidasnas que nin nós os piratasousamos poñer os pésnin pra collermos a auga
Pois delas cóntanse lendasde monstros que alí habitanque poden deixar sen falaa quen vaia de visita
Illas existen taménnas que sempre vai calorunha calor tan terríbelque nin hai vexetación
Lembro un día tempo haien que nunha destas illasun noso capitán vellohoubo queimar a barriga
Todo por quedar durmidosen protección nin nadabaixo un sol abrasadordespois dunha boa farta
A min as que máis me gustandas illas que eu coñezoson as dos mares do surque nelas non pasa o tempo
Son illas esparexidasno océano máis grandeao que alguén chamou pacíficose cadra foi Magalhães
Illas que sempre hei lembrarno medio e medio do mar.
Mapamundi meu mapiñaque sempre o levo comigopolos camiños da vida
Como corsario que sonpola noite e polo díanon quero perderme non
Pra iso teño o meu mapavaia frío ou vaia solque consulto ás agachadas
Así teño que facerque non vexan os piratasque ás veces non sei volver
Ou que ir ao sitio esquecínE non é a primeira vezque me hai que corrixir
Vergoña moito me dáque pasen cousas asísendo eu o capitán
A que se vai entendendopor que non lonxe da mano levo en todo momento
Mapamundi meu mapiñaque sempre comigo o levopolos camiños da vida.
Outra vida non coñezoque non sexa navegarOutra vida xa non querose non é andando o mar
Sete mares ten o mundoÉ un xeito de falarCinco océanos seguroque vos quero nomear
Ártico Antártico e Índicopero inda quedan dous máisson Atlántico e Pacíficoe temos os cinco xa
A bandeira é testemuñado meu rumbo sen igualNon foi por facer fortunaque fixen barco o meu lar
E pirata acabei sendoNon está de todo malse non fose por este medoque non podo dominar
Medo que non teño poucocando se pon bravo o mare dáme voltas o estómagoe teño que vomitar
Ben sei que non vos son cousasde andar sequera a contarNon vexades a vergoñaque agora estou a pasar
Mais isto crédeme bennon é falar por falarque se volvera nacero mar iría sucar
E aseguro que nada deteríaa este capitán da piratería.
Papagaio falangueiroque tal eu nunca viraata toparme con estepola parte das Antillas
Lareta que te laretaestavos así todo o díaPor parar nin para á noiteÉ cousa de tolería
Todos estamos tentadosde calquera estremoníaDesde andarlle co pescozoa deixalo sen comida
E avisado ben que estápara que cambie de condutaMais indicios non se vene sae sempre coa súa
Espelido non é poucoSabe as nosas intenciónsDos ombros do capitánnon se separa o lambón
Só o pillamos distraídounha noite aló no invernona que o seu gardián estabacunha chea das do demo
Collemos o papagaioe o peteiro lle amarramosben forte que nin puideraabrilo sequera un algo
E despois de feito istopechámolo nun dos cofresonde as riquezas gardadasvan lembrando a nosa sorte
A súa boa fortuna fixoque o capitán espertasee puidese liberaloxusto antes de que acorase
Desde aquela o paxarelocon malos ollos nos mirae anda todo temerosode que perda fala e vida.
O parche que no ollo vesnon é fachenda nin modae tanto ten se me cres
Cousa dun tempo pasadodos meus comezos no marque case nin dou lembrado
A culpa foi dun pirataportugués el de naciónpero con alma de rata
Alma de rata rateiradas que polos sumidoirossemella que andan á xeira
O tal pirata langránde min sempre daba parteao forzudo capitán
Se unha cousa eu facíanunca ben podía estare alá el a acusarme ía
E se por calquera razónnon daba acabado o choiorepetía a operación
Era acusón empedernidoo pirata da Lusitaniaque me tiña aborrecido
Por iso un día xa fartocollino polos colaresque case lle dá un infarto
Así foi que o levanteipero con tan mala sorteque na enxarcia tropecei
Non foi boa a caídade maneira que co golpesentín na cara a ferida
Máis que na cara no ollobatín con algo do chane así che quedei birollo
Velaí a razón do parcheNon resulta moi valentemais outra non podo darche.
Traca traca Traca tracaÉ de pau a miña pata
Unha perna eu perdínOutra teño pra fuxir
Pra fuxir se detrás miñavan soldados da raíña
Da raíña de InglaterraEsa si que é mala herba
Mala herba de verdadeque me segue polos mares
Traca traca Traca tracaÉ de pau a miña pata
Xa nin lembro cando foia desgraza que pasou
Con dúas pernas fun nacerAs mesmas ca ti ou el
Delas estaba ben ledoque corrían coma o vento
Mais un día nada alegrefiquei sen perna pra sempre
Traca traca Traca tracaÉ de pau a miña pata
De pau de madeira de buxoÉche pra min un orgullo
Outros piratas envexanpata de pau coma esta
Débolla e non o esquezoa un amigo carpinteiro
galego da Fonsagradae bo amigo de piratas
Traca traca Traca tracaÉ de pau a miña pata.
Son pirata bucaneirocorsario de mar a dentroe alma de filibusteiro
De terras galegas veñoe de aí esta afoutezae a teimosía que teño
Dun barco estou eu ao mandocon leal tripulacióne así imos navegando
Unha nova singraduracada día comezamossen medo nin atadura
Só nos ollos o horizontena procura dun destinoque nun futuro alguén conte
Alguén con palabra precisaque queira falar de nóse que non lle dea a risa
Digo isto sen ironíaNon é cousa de que a xenteme colla logo manía
Nada mal había estarque algunha nosa fazañase puidese relatar
Relatar ben relatadaQue dese medo ao primeiroe ao final non fose nada
Pois piratas destemidossi que o somos abofée no mundo coñecidos
Que ha falar de nós a historiaPor moito que algúns de vósnon teñades boa memoria.
É a pólvora nos mareso ruído do combate
Os barrís van sempre cheose o seu cheiro chega ao ceo
Enxergado o inimigoos canóns deixamos listos
O caso é ter punteríasenón é loita perdida
Barco a por barco imosnon temos outro destinopois piratas é o que somospiratas dos máis afoutosCando é comezada a loitao ar transfórmase en pólvora
E os nosos ollos xa brillanmentres empardece o día
A por eles meus piratasÁ abordaxe coas espadas
Que son poucos e covardese de loitar pouco saben
Cae a noite silenciosae no alto a lúa asoma
Xa a pólvora é lembranzadesta contenda librada
Vencedores e vencidosemprenden rumbos distintos
Hoxe a batalla é finitae mañá será outro día
E se cadra ocasión haidesta derrota vingar
E restablecer a honraque se perdeu entre pólvora.
Se pirata queres serdos da mellor condiciónrequisito indispensábelé saber algo do ron
Do Caribe disque véno que máis presta ao padalAos poucos hai que tomalopra non acabar moi mal
De nenos non é bebidanin de grumetes sequeraO seu gusto é traizoeiropode enganar a calquera
Faise de cana de azucreque hai que destilar con xeitoDespois pasa a un pipotepra lle tirar o proveito
En botella ou en garrafaasí se adoita venderO prezo varía moitoTodo é cousa de saber
Un pouquiño dá contentoAlgo máis xa solta a risaPero se de aí pasamosmellor que nos dea a brisa
Que a cabeza se pon tolaLogo doe sen pararTodo comeza a dar voltasno medio e medio do mar
De vomitar entran ganase non é cousa agradábelO corpo quedan sen folgose un dá en sentirse culpábel
Isto todo évos o ronBebida marabillosae de piratas queridaTan ruín como gustosa.
É o sextante instrumentoútil e necesariopra navegar ao vento
Úsase pra situarcoa maior precisióncalquera barco no mar
Este noso barquiñovai por todos os maresda súa gloria camiño
Barquiño que é corsarioe que por diante teno seu rumbo diario
Nas mans o leme fríoNos ollos o horizonteNo corpo un calafrío
E vénme hoxe á lembranzao día en que o sextantefoi parte de cobranza
Dun inglés foi botíneste sextante fráxilque veu parar a min
Nun cofre está gardadoNon vaia ser o demoque o dean por roubado
Outro non vou quererpois aprender o manexodá moito que facer
Meu sextantiño lindoSe non fose por ticomo hei chegar ao Pindo?
Para nós piratas dos maresa maior satisfaccióné procurarmos tesourosmar adiante con tesón
E de todos é sabidoque as mellores marabillasse falamos de tesourosadoitan estar nas illas
Fanse mapas valiosospara chegar ao ben prezadoque indican cal é a rotae onde este fica enterrado
Disque moitos son aíndaos que están sen descubrirEu son dos que vou na buscae por iso ando a bulir
Que ganiñas non me faltansexa na terra ou no marde bater cun gran tesouropra me poder xubilar
Pois esta vida é ben cansae a idade xa non perdoaOs ósos todos me renxene a vista non é moi boa
Así que se tes un mapadeses que leva a un tesouro eu por min estou dispostoa pagarcho a prezo de ouro
Que o retiro xa me tardae do barco xa vou cheomáis desta vida pirataá que xa quero pór freo
Outra profesión non tivennin máis oficio aprendínE agora que vou velloteteño que mirar por min
Que inda que pobre non sonnin paso necesidadecomer quente hei querere vestir con dignidade.
Cando é que un pirata xuracon sangue o seu compromisopodedes estar ben certosde que segue o seu destino
Se vai entrar en combateserá sempre solidarioe leal se ha comportarcos seus colegas corsarios
Cousa non revelaráse por acaso o capturanque poña en risco os seus homesinda que sufra tortura
Ha manter a dignidadepola noite e polo díae se por beber lle dáfarao con gallardía
Aos maiores con respectoterá sempre que tratare se así non o fixergran falta cometerá
Combatendo os adversariosou en calquera situacióno código que nos uneten que cumprir con paixón
E se o oficio abandonaseantes que os anos lle pesendeberá de ter ben claroque nada dirá á xente
Ese será o seu segredoe con el irá prá covaXa se hai vida máis alápoderá arranxar as contas
Pois se rompe o xuramentohabía quedar marcadoe o saúdo perderíade calquera outro corsario.