nº 30 xaneiro 2012 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 30 xaneiro de 2012 Artigo 5.1 do Estatuto de Artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia: Autonomía de Galicia: A lingua A lingua propia de propia de Galicia é o Galicia é o galego. galego.

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

858 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 30 xaneiro 2012  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 30 xaneiro de 2012

Artigo 5.1 do Estatuto deArtigo 5.1 do Estatuto de

Autonomía de Galicia:Autonomía de Galicia:

A lingua A lingua

propia de propia de

Galicia é o Galicia é o

galego.galego.

Page 2: Nº 30 xaneiro 2012  en galego,

VOCABULARIO DAS RÚAS

Para irmos camiñando desde a escola ata Tui debemos ir pola beirarrúa, porque as estradas son perigo-sas ao seren os lugares de tránsito dos vehículos. Mágoa que non sempre hai beirarrúas en todo o camiño, polo que non hai outra solución que irmos pola beiravía, que é o espazo situado á beira das estradas, sepa-rada dos carrís de circulación por unha liña continua. Xa antes de chegarmos a Tui atoparemos colectores para o lixo e por suposto moitos sinais de circulación. Cando se camiña por estrada é moi recomendábel fa-celo pola esquerda para ollar en todo momento os vehículos que circulan face a nós.

Ao entrarmos na cidade polo lugar do Seixal, encontraremos algún guindastre por mor dalgunha obra de edificación. Se quixermos cruzar a calzada debemos facelo polos pasos ou pasadeiras de peóns, que son eses espazos que ocupan as rúas con faixas intercaladas pintadas de branco. Outra cousa que podemos observar e que as máis das casas adoitan ser de varios andares, que é como se denominan cada un dos

niveis en que se distribúen as vivendas nestes edificios.

Se no canto de irmos camiñando imos en coche ata Tui, teremos que deixalo en algún lugar habilitado para aparcamento de vehículos, cousa non sempre doada ao non haber ningún aparcadoiro soterrado e seren escasos os espazos en superficie.

O que acharemos sen dificultades son caixas de correos, hai unha no medio do céntrico Paseo da Corredoira ou Corredoura.

Aparcamento non é o mesmo que aparcadoiro. Aparcamento é a acción de aparcar e aparcadoiro é o lugar onde aparcar un vehículo.

O guindastre é unha máquina, a grúa é un paxaro. Guindastre: Máquina para levantar e levar pesos dun punto a outro. Grúa: Ave migratoria. A grúa é a femia da especie, o macho é o grou.