nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 70 novembro de 2017

Upload: ceiprandufe

Post on 23-Jan-2018

388 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP de Randufe Nº 70 novembro de 2017

Page 2: Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor

SOLIDARIOS E TAMÉN INTERESEIROS

Imaxinade que nun parque encontramos un cadelo, como o da fotografía, que non para de dar brincos e de xogar co aro. Imaxinade tamén que nos achegamos ao neno ou nena que o leva e dicímoslle: o can éche moi rebuldeiro. Se o can está con varios cativos diríamos: o can évos moi rebuldeiro. Porén se a quen nos achegamos é un avó do neno a cousa podería ser: o can élle moi rebuldeiro, mais se foren o avó e a avoa teriamos que dicir o can élles moi rebuldeiro. E nos catro casos poderiamos dicir o can é moi rebuldeiro e non cambiaría a sentido da

mensaxe. Entón por que lle engadimos che, vos (tratamento de familiaridade) ou lle, lles (tratamento de cortesía) segundo os casos? Pois porque dan uns valores expresivos que implican afectivamente ao interlo-cutor (neno, avó) ou interlocutores (nenos, avós) na mensaxe que lle transmitimos. A que si?

E a cousa non remata aquí porque falando do mesmo canciño se nos diriximos a varios interlocutores podemos dicir o can échevos moi rebuldeiro (nenos) ou o can échelles moi rebuldeiro. E construímos unha forma redundante ao meter tamén o che.

E aínda podemos ir un pouco máis alá e dicirlles aos avós o can échellenos moi rebuldeiro, e aquí metemos un nos como se sentísemos o animal tamén un pouco noso.

Este nos, e tamén me (en singular), indican que temos implicación, que temos interese; por ex.: María aproboume o carné de conducir ou María non me aprobou o carne de conducir. Ao igual que no caso do can rebuldeiro o contido da mensaxe non muda se lle quitamos o me.

Na fala coloquial non é obrigatorio usar es-tes pronomes, pero quen o faga falará ben, falará un galego autentico (enxebre), de calidade.

O cabezallo (solidarios e intereseiros) res-ponde a que nestes usos os pronomes che, lle, vos, lles reciben o nome de pronomes de solida-riedade e dativos de interese os usos de me e nos.

Hoxe téñoche

ganas de botar un partido de tenis.