nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 69 outubro de 2017 UNHA VALEDORA QUE NON NOS VALE Desde a súa chegada ao cargo a Valedora do Pobo ten re- cibido ducias de casos de vulneración dos dereitos lingüísticos polo uso do galego. En todos os casos, os expedientes e inves- tigacións abertas terminan xustificando as actitudes contra o ga- lego e nalgúns indo máis alá que a propia administración. É o caso dunha queixa en relación coa redución do horario en gale- go coa Lomce que aínda é máis que o xa limitado polo Decreto de plurilingüísmo; o da nena de 9 anos que sufriu abuso de au- toridade por empregar a forma lexítima Galiza nunha redacción; ou no caso de Gondomar pedindo a retirada de sinais de tránsito na nosa lingua e advertindo de que a toponimia debe estar en castelán obviando que segundo a Lei de normalización lingüísiti- ca, a única forma legal é a galega. . O seu exceso de celo é notorio en casos contra o galego, actuando de oficio se for preciso. Como exemplos a petición da valedora da edición en castelán da cartilla de vacinas ou a cam- paña de acoso contra un centro de ensino por pendurar un car- taz a favor do galego. Segundo a lei que regula a institución, a súa función debe ser velar polo exercicio dos dereitos fundamentais e as liberda- des, mais actúa como se o dereito ao uso pleno e libre do gale- go non existir ou non fose merecente de facelo, contribuíndo a engadir máis obstáculos dos que xa hai ao seu desenvolvemen- to e normalización. Con esta actitude mal pode arrogarse a nobre defensa da sociedade galega nin ser a súa valedora a quen está máis preo- cupada por defender o statu quo e preeminencia do castelán que aplicar a lei de forma xusta, ponderada e equilibrada.

Upload: ceiprandufe

Post on 22-Jan-2018

212 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

CEIP de Randufe Nº 69 outubro de 2017

UNHA VALEDORA QUE NON NOS VALE Desde a súa chegada ao cargo a Valedora do Pobo ten re-cibido ducias de casos de vulneración dos dereitos lingüísticos polo uso do galego. En todos os casos, os expedientes e inves-tigacións abertas terminan xustificando as actitudes contra o ga-lego e nalgúns indo máis alá que a propia administración. É o caso dunha queixa en relación coa redución do horario en gale-go coa Lomce que aínda é máis que o xa limitado polo Decreto de plurilingüísmo; o da nena de 9 anos que sufriu abuso de au-toridade por empregar a forma lexítima Galiza nunha redacción; ou no caso de Gondomar pedindo a retirada de sinais de tránsito na nosa lingua e advertindo de que a toponimia debe estar en castelán obviando que segundo a Lei de normalización lingüísiti-ca, a única forma legal é a galega. . O seu exceso de celo é notorio en casos contra o galego, actuando de oficio se for preciso. Como exemplos a petición da valedora da edición en castelán da cartilla de vacinas ou a cam-paña de acoso contra un centro de ensino por pendurar un car-taz a favor do galego. Segundo a lei que regula a institución, a súa función debe ser velar polo exercicio dos dereitos fundamentais e as liberda-des, mais actúa como se o dereito ao uso pleno e libre do gale-go non existir ou non fose merecente de facelo, contribuíndo a engadir máis obstáculos dos que xa hai ao seu desenvolvemen-to e normalización. Con esta actitude mal pode arrogarse a nobre defensa da sociedade galega nin ser a súa valedora a quen está máis preo-cupada por defender o statu quo e preeminencia do castelán que aplicar a lei de forma xusta, ponderada e equilibrada.

Page 2: Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor

AQUELAR

A viñeta de Luís Davila xoga co verbo aquelar. Aque-lar(se) é un verbo que pode significar arranxar, reparar, amañar; mais tamén o con-trario e ter o significado de estragar(se) e tamén apar-var(se), amolar, alterar(se), anoxar(se). Así podemos di-cir:

Deixei o coche no taller para ver se o aquelan que fai uns ruídos moi raros. Ou tamén: Non quero que me andes co ordenador, que mo aquelas. En realidade aquelar é un verbo da lingua coloquial, de sentido vago, de significado pouco preciso que se usa cando non se atopa o verbo adecuado ou non se quere empregar a palabra precisa. O que fai aínda máis curiosa a esta palabra que pode significar unha cousa e a súa contraria é que tamén ten un antónimo: desaquelar, que ten o mesmo significado impreciso, que adquire segundo o contexto en que se diga. Así un exemplo sería: Deulle un golpe á radio e desaquelouna. Ou tamén (co sentido de “reparar”): Deulle un agasallo para desaquelalo.

Sobre o verbo aquelar escribe Alba Nogueira López no Portal das Palabras: “Como explicarlle o que é aquelar a unha persoa que nunca tal escoitou? Aquelar é coller e deitar. Aquelar é romper e arranxar. Aquelar é berrar e loubar. Só a proximidade coloquial nos dá o tempero xusto para cada aquelar”.

E falando da viñeta de Davila, non pensades que é ben aquelada?

“Aqueliño, es ben aquelado. Aquela lixeiro que chegas tarde”