nº 64 xaneiro 2017 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 64 xaneiro de 2017 EN GALEGO, SEN PREXUÍZOS As viñetas de Luís Davila que ilustran este boletín for- man parte dun calendario para 2017 editado pola Universida- de de Vigo. As tres da contracapa ilustran os meses de xanei- ro, febreiro e marzo (hai unha por cada mes do ano) e a que está por riba destas liñas é a portada do almanaque. O lema que acompaña cada unha destas viñetas é en ga- lego, sen prexuízos; e abofé que ilustran ben, coa mestría e irónico humor de Davila, moitos dos prexuízos que acompa- ñan o noso idioma e que dificultan o seu uso normal no país que lle é propio. Neste caso a suposta (falsa e absurda) inca- pacidade para os ámbitos científicos ou tecnolóxicos, a fuxi- da do mesmo aducindo poucos falantes (xa quixeran os habi- tantes de moitos estados europeos que as súas linguas tive- sen as mesmas posibilidades de comunicación que ten o ga- lego) ou os prexuízos coa sinaléctica na nosa lingua (“é que os de fóra non entenden”). E a viñeta da portada? Que podemos dicir? A mestra re- presenta o papel que historicamente xogou a escola e que quizais en algúns (ou moitos) casos segue xogando: unha institución desgaleguizadora. seguir lendo na contraportada vén da portada Nós intentamos que non sexa así e que sexa un elemento po- sitivo a prol da normalización do idioma. Mais esta tarefa vai moi- to máis aló dos muros da escola: é responsabilidade de toda a so- ciedade. E un papel moi importante xógano os pais e nais na transmisión do idioma aos seus fillos e fillas.

Upload: ceiprandufe

Post on 11-Apr-2017

267 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 64 xaneiro 2017  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 64 xaneiro de 2017

EN GALEGO, SEN PREXUÍZOS As viñetas de Luís Davila que ilustran este boletín for-man parte dun calendario para 2017 editado pola Universida-de de Vigo. As tres da contracapa ilustran os meses de xanei-ro, febreiro e marzo (hai unha por cada mes do ano) e a que está por riba destas liñas é a portada do almanaque. O lema que acompaña cada unha destas viñetas é en ga-lego, sen prexuízos; e abofé que ilustran ben, coa mestría e irónico humor de Davila, moitos dos prexuízos que acompa-ñan o noso idioma e que dificultan o seu uso normal no país que lle é propio. Neste caso a suposta (falsa e absurda) inca-pacidade para os ámbitos científicos ou tecnolóxicos, a fuxi-da do mesmo aducindo poucos falantes (xa quixeran os habi-tantes de moitos estados europeos que as súas linguas tive-sen as mesmas posibilidades de comunicación que ten o ga-lego) ou os prexuízos coa sinaléctica na nosa lingua (“é que os de fóra non entenden”). E a viñeta da portada? Que podemos dicir? A mestra re-presenta o papel que historicamente xogou a escola e que quizais en algúns (ou moitos) casos segue xogando: unha institución desgaleguizadora.

seguir lendo na contraportada

vén da portada Nós intentamos que non sexa así e que sexa un elemento po-sitivo a prol da normalización do idioma. Mais esta tarefa vai moi-to máis aló dos muros da escola: é responsabilidade de toda a so-ciedade. E un papel moi importante xógano os pais e nais na transmisión do idioma aos seus fillos e fillas.

Page 2: Nº 64 xaneiro 2017  en galego,

DITOS E FRASES FEITAS (3): ESTAR COMA UN BUXO

Estar (ou ser) coma un buxo indica estar (ou ser) forte, o mesmo que estar coma un carballo. Son frases feitas, que pola dureza das madeiras das árbores ás que fan referencia, transmiten a idea de fortale-za respecto da persoa da que se fala. Co mesmo significado é a frase estar (ou ser) forte coma un breu. Entre a fraseoloxía que gaba a fortaleza dunha persoa hai un espazo para as persoas xa non novas que se conservan ben como non pasar un día por alguén, estar feito (ou parecer) un abril, estar para gastar unhas mangas novas. Hai tamén frases feitas para indicar que unha persoa está moi delgada: estar como un bacallau polo rabo, estar coma un carabullo,... como un fío,... coma un pau de virar tripas,... coma un fiúncho,... es-tar feito un cascallo,... un coiro,... un pistraca,... Ou tamén para indicar que está moi gorda: Estar coma un bocoi,... como un baluro,... coma un bazuncho,... un zoncho,... un rebolo... E para referírmonos a aparencia física hainas positivas, para indicar que unha persoa é fermosa, ten bo aspecto, como: estar de bo ano, estar cuca, ir feita unha Berenguela, ter cara de rosa, merecer un tento,... E en sentido negativo, indicando fealdade: ser un cangallo,... un croio, ou directamente chamar-lle feo/a con expresións como ser feo ás leguas ou ser feo/a como a morte.

Un está coma un fío e o outro coma un rebolo.

Carabullo é un pau pequeno e delga-do, que se usa sobre todo para prender lu-me; pistraca é unha persoa que come moi pouco e non de todo; bazuncho como ad-xectivo significa con moita barriga e como substantivo persoa grosa e de pouca esta-tura, zoncho é a castaña cocida coa pela. Todas estás palabras teñen relación coa delgadeza ou gordura á que queren aludir nos ditos, porén baluro é un sinónimo de bruxo, feiticeiro, mago, meigo; un exemplo de como unha frase feita muda o significa-do inicial das palabras que a compoñen.

Para xogar ao rugby hai que estar forte coma un breu; e con todo podes re-matar así de magoado.