milagre é crer liberado
TRANSCRIPT
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 1
Milagre é crer
Suso Díaz
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 3
Milagre é crer
365 + 1 poemas en forma de haiku
Suso Díaz
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 4
Suso Díaz
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 5
na lareira, 2020
© dos textos, Suso Díaz.
© da fotocomposición da portada –Rosa de pedra-,
Pedro Díaz.
NON se autoriza a venda nin o uso comercial de
ningún material desta obra.
Calquera uso deste material deberá contar coa
autorización do autor e en todo caso será
referenciado coa súa autoría.
Contacto: susodiazestevez[arroba]gmail[punto]com
Caderno: www[punto]susodiaz[punto]gal
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 6
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 7
Nota do autor
Só no primixenio, na esencia vital do verso, reside a poesía. Para min escribir adoptando esta forma poética do haiku é a maneira que teño de afondar no verso, de manter aceso o lume da escrita lírica, de pescudar na esencia da palabra os segredos do silencio, a alma dos sentimentos e vertelos en pequenas doses de versos. Milagre é crer, crer na poesía. Este libro nace da necesidade de volver a forma do haiku despois dun tempo mergullado na creación de O sol dentro da cabeza, que me afastou dos poemas de tres versos. Estes fragmentos de min, que agora ven a luz nos ollos doutras persoas que os recollan e fagan seus, ocupáronme un ano dende o 10 de setembro do 17, ao 9 de setembro do 18, día a día, ata sumar os 365 + 1 haiku que enchen este libro de poesía, e que é un sutil reflexo do que vivín, vin ou
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 8
sentín nese tempo, mais tamén nace coa intención de que estes poemas manteñan a carga poética máis alá do momento no que foron concibidos. Así debuxo, ao meu xeito, a vida, a beleza, o amor, o sentimento, as pequenas cousas que poden ser infindas en cada latexo; tamén lle escribo á lingua, a esta lingua que é o mellor verso co que nos agasallou a vida; aos lugares queridos, ao Ludeiros da infancia que me sostén, ao de agora, e a outros lugares dos que tamén nacen versos que van sumando para encher a vida; e dedico, dedico poemas a manter a memoria e tamén para agasallar a quen comparte a súa vida comigo; e escribo contra a barbarie e a sen razón, a deshumanización, e contra o fascismo que se multiplica. Poesía é todo o que nos rodea e só agarda ser escrito, descrito e pintado en versos que alimenten as almas sensibles. Brúe o sentimento sen fin!
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 9
Aos meus fillos Sofía e Pedro. A MariPaz.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 10
Latexos de esencia poética
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 11
I Notas de voz
no presente calado onde me escribo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 12
II Sentir as xemas
lenes de bolboreta sobor do amor.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 13
III Na noite chea
reflíctense as candeas cada amencer.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 14
IV Van paseniño
sobor do río seco, follas de outono.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 15
V Latexa o monte
preñado de chorimas. Minguan as noites.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 16
VI Voa, anduriña!
Preña o silencio do ar cun canto novo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 17
VII Pintan os teitos
estelas de fartura co vento húmido.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 18
VIII A dor repítese.
Ábrese o ceo á luz que trae a pomba.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 19
IX Na ardora espellan as paisaxes da fame
súa fartura.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 20
X Ardía o lume
na lareira. O meiró no corazón.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 21
XI O estraño vento
envolveu de soidade os sentimentos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 22
XII Convoco á verba no fío dunha idea
intelixíbel.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 23
XIII Pinga a pesela
o sangue da vendima sobor do outono.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 24
XIV Compón a noite
o seu espazo na luz desta outonía.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 25
XV Noites en van
preso dun novo día de tempo vivo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 26
XVI Tremelucente
sentir duns ollos núos, apaixonados.
Adicado a María Casares
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 27
XVII Algún axóuxere
treme o peito sen luz en primavera.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 28
XVIII Contigo fun
de esmorga pola rúa. Volvín sen min.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 29
XIX Somos palabras
recollendo sentires do noso pobo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 30
XX Depositarse
nos pétalos do haiku para libares.
Para Helena Villar Janeiro
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 31
XXI A núa fenda
deste ceo baleiro empreña o vento.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 32
XXII Cura a palabra
a razón do silencio cando é ferida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 33
XXIII A democracia
non se defende a paus. Gaña a palabra.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 34
XXIV Non escoitamos
a pregaria por nós. Almas sen luz.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 35
XXV Nostalxia en min,
no pensamento núo, na pel ferida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 36
XXVI As verbas fican
retidas na memoria, no berce amado.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 37
XXVII Novos carreiros
para os corazóns vivos, ermos de nós.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 38
XXVIII Noso silencio
afonda na lembranza que nos afasta.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 39
XXIX Noso país
é un verso inmorredoiro de doce son.
A Rosalía de Castro
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 40
XXX Nese acubillo
de cada sentimento medran os versos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 41
XXXI Soñan os teitos
ciscar gromos de inverno nun ceo acuoso.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 42
XXXII Deitei na xeada toda necesidade
de florecer.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 43
XXXIII Medra o baleiro
sobor do pensamento asolagado.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 44
XXXIV Silencio, escribo.
Escribo estes silencios, e nada digo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 45
XXXV Ardo por dentro.
O pensamento é lume oxixenado.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 46
XXXVI Preso ó tolete
da luz, procuro o son morno dos beizos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 47
XXXVII Mundo inhumano incapaz de sentirse
só natureza.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 48
XXXVIII Almas en pé!
Somos auga curando a dor da terra.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 49
XXXIX Cortar este aire
co silencio do outono e sen ferida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 50
XL Abrirse á dor
para sentirse vivo. Outono morto.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 51
XLI A natureza
sente, padece, sofre. O home, mata.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 52
XLII Medrar no verso
co silencio de todas as verbas ditas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 53
XLIII Toda a paciencia
agarda sobre a terra núa de tempo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 54
XLIV Sangrar sen fin.
Sentir para sentirse. Vivir na escrita.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 55
XLV Coñezo o mundo
albiscando o padal do berce inxenuo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 56
XLVI Pés de cristal.
Camiñar no ar, sen ás. Chumbo nos pés.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 57
XLVII Vermes do alén
prenden no pensamento do miolo van.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 58
XLVIII Penedos ocos
enrolando mareas de bos devezos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 59
XLIX Ceos sen cor
escriben estacións inexistentes.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 60
L Caen poeiras
de sol no outono seco, desfigurado.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 61
LI Ferín a noite
con luces desexosas de alumear.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 62
LII O río leva
luz e día, no canto de pedra e terra.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 63
LIII Sorteo a noite
esfollando palabras sen súa voz.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 64
LIV Florido outono
de versos conxugados en ti, Sofía.
Para Sofía
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 65
LV A auga despega
o silencio da terra, escribe versos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 66
LVI Cantos ollares
caben no primixenio? Todo por ver.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 67
LVII O ceo chora
sentimentos de vida, versos de outono.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 68
LVIII Húmidos campos
de verde resplandor. Ilusos ollos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 69
LIX Collido a ti,
polos vieiros sen fin do sentimento.
Para MariPaz
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 70
LX Fica na terra
a luz doutra estación sen tren, nin alma.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 71
LXI Terra mollada
desexosa de luz. Corpo de outono.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 72
LXII Soltar amarras.
Deixarse ir coma follas libres no vento.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 73
LXIII Negros sorrisos
nas caras dos cativos sempre felices.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 74
LXIV Espulgo as almas
do cobizoso outono con viño e brasas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 75
LXV Nestas engurras
da terra endurecida, petrificada.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 76
LXVI Tropelexar
polos vieiros sen fin. U-lo o outono?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 77
LXVII Pingan as follas
soidades boreais, noites sen lúa.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 78
LXVIII Reza o amor
con razóns, sen razóns, súa pregaria.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 79
LXIX A auga sementa
de primavera a terra para ser flor.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 80
LXX Espir a mente
das tebras do desexo. Navegar só.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 81
LXXI O lume queima
noso feliz recanto lonxe de nós.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 82
LXXII Acadar folgos
nunha eira de castañas bebendo o ar.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 83
LXXIII Volve a memoria
ser presente, sen alma. Futuro morto.
Á memoria de Aceredo
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 84
LXXIV Condenso o vento na áncora do sentir
para emerxer.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 85
LXXV Vou devagar
polos camiños ávregos do sufrimento.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 86
LXXVI Tremen os gallos
a un ceo de emoción de amor cuberto.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 87
LXXVII Histeria infame.
Precipicio no acougo do raciocinio.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 88
LXXVIII A dor non prende
nas arelas de amar. Rompe esas pontes.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 89
LXXIX Ó lonxe voan
estacións desprendidas por novos tempos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 90
LXXX Morno é o canto
nas tardes deste outono que nunca chega.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 91
LXXXI As faragullas
do sentir deposítanse na dor da pedra.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 92
LXXXII Ouvea o lobo
nas noites dos outonos chamando o frío.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 93
LXXXIII Peles tocándose,
sentíndose auga morna de sangue doce.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 94
LXXXIV O mar secouse
no ceo, nos ollares do home terra.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 95
LXXXV A rúa vístese
de luces incoloras. Soños baleiros.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 96
LXXXVI Mares de inverno
na ilusoria soidade do pensamento.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 97
LXXXVII A pedra acolle
a escrita duradeira en riscos mudos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 98
LXXXIII Os pés retidos
sobor de follas brancas. Mudo silencio.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 99
LXXXIX Prendeu de lava
o azul de ondas mariñas lonxe do mar.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 100
XC Risco camiños
nun verde imaxinario. Dureza gris.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 101
XCI Pérdense os pasos
nas cores deste outono procurando auga.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 102
XCII A vida é todo.
Respecto á natureza dispar e igual.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 103
XCIII Metamorfose
de voces agochadas en liñas pétreas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 104
XCIV Imperativo
é voar núos de ás en ceos brancos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 105
XCV Invoco os soños
como realidade única á que aferrarse.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 106
XCVI Quen prende a boca
do farsante e ruín home de palla?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 107
XCVII Versos opúsculos
ciscados en capítulos. Folla en outono.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 108
XCVIII Premer a vida
de inesquecibles intres. Fuxir do averno.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 109
XCIX Pregan as follas súa certa caída. Caduca o sol.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 110
C Aire de inverno
chamando na xanela desconsolado.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 111
CI Cativa arela
en corazón enorme. Sorriso da alma.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 112
CII Arden sentires
con lumes inflamados polo capricho.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 113
CIII Comeza o fin
dun novo e seco inverno. Irto solsticio.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 114
CIV Vivos instantes
de palabras sen voz xemendo gozos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 115
CV Luces de cores.
Imperios de cartón. Todo soidade.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 116
CVI Noite de ausencias
con infindas presencias. Latexo unísono.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 117
CVII Pechamos círculos
pintados na pel núa, arrefecida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 118
CVIII Pingan as tellas
memorias doutros tempos. Bágoas frías.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 119
CIX Cultivo flores
de inverno nun xardín repleto de almas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 120
CX Trazo en soidade
un verso sen agullas retendo o tempo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 121
CXI As periferias
da razón emerxían sen voz da ría.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 122
CXII Íspese o Quinxo
do seu saio de inverno. Feble ilusión.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 123
CXIII A Santa Eufemia
retén nosos sentires e olla por nós.
A miña nai
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 124
CXIV Prenden os gallos
a luz da vida eterna. Sombra de nós.
Ao carballo do Santo
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 125
CXV Rezos impíos
a un ceo inalcanzable. Reflexo noso.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 126
CXVI Cumio de pedra, latexo do Xurés.
Nosa Señora.
Á Virxe do Xurés
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 127
CXVII Brazos de terra.
Sostén do meu universo morno. San Pedro.
A San Pedro de Ludeiros
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 128
CXVIII A terra é leve
para o corpo pesado. Cinsa de nós.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 129
CXIX Dilúo fendas
nas quenllas de Ludeiros buscando ó neno.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 130
CXX O fin é fin.
Quen sabe se dun novo brotar sen fin.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 131
Si cantas, es ti que cantas
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 132
A Rosalía de Castro por sempre.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 133
CXXI Sementa a terra
flores sen estacións. Cura emocións.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 134
CXXII Perdo a razón
nas palabras escritas que non son verso.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 135
CXXIII Quen interfire
no silencio onde amamos para atronarnos?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 136
CXXIV Brinquei cun verso
nos teus beizos enxoitos. Afoguei en ti.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 137
CXXV Abrazar a auga
vertida nas meixelas do sentimento.
A meu pai
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 138
CXXVI A sensación
de buscarnos na noite descompoñéndonos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 139
CXXVII Nos aloumiños
do vento fica activo noso desexo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 140
CXXVIII Sorrir á noite
sabéndose invisíbel aos teus ollos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 141
CXXIX Non gardo nada
nesta pel de desexos arrefecidos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 142
CXXX Quen se recolle
na brancura dun pétalo que nunca morre?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 143
CXXXI Xiran as verbas
no corazón dun disco atado ó tempo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 144
CXXXII Datas sen máis.
Recoller con angazos follas caídas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 145
CXXXIII Antes de min,
nada. Despois de min, outra vez nada.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 146
CXXXIV Somos inverno.
Árbores derrotadas pola soidade.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 147
CXXXV Almas envoltas,
enchoupadas de cinsa. Noite no día.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 148
CXXXVI A noite loce
o reflexo da lúa no saio da auga.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 149
CXXXVII Vasos sen fondo
recollen sentimentos que nunca volven.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 150
CXXXVIII Compro palabras.
Vendo sentidos versos. Fico sen nada.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 151
CXXXIX O tempo xira
pechado, sen deterse. Conxuga todo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 152
CXL Que nos obriga
a deitar en silencios tantos latexos?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 153
CXLI Queimamos anos
procurando unha voz descoñecida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 154
CXLII Abraza a noite
estes corpos de amor e algo de sexo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 155
CXLIII A liña oblicua
do pracer é o pecado que nunca chega.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 156
CXLIV Saltan as bágoas.
Despídense as palabras. Fica o silencio.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 157
CXLV Arde esa leña
na pedra da esperanza. Consola a vida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 158
CXLVI Noites enxoitas.
Sentimento enchoupado da nosa ausencia.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 159
CXLVII Que nos desculpa
de existir? Os latexos que conxugamos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 160
CXLVIII Nada retén
na memoria do esquezo o que se foi.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 161
CXLIX Levouno o mar
celoso do seu canto polas sereas.
A Paco Souto, poeta das mareas
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 162
CL Noso verde ouro
consúmese esquecido pola soberbia.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 163
CLI Secamos ríos
sen mollarnos a pel, para afogarnos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 164
CLII Conquiro mares
en min intransitables. Arribo velas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 165
CLIII Caduca o medo,
renovado en valores de negro medo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 166
CLIV Sentir na pedra
o latexo que chama dende o silencio.
Á poesía
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 167
CLV Froito esmagado
con pés encalecidos. Sangrado zume.
Á vendima
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 168
CLVI Negras bateas
peiteándose ó sol da verde ría.
Á ría de Vigo
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 169
CLVII Outros amores
coallarán na pel fría, espida á vida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 170
CLVIII Todo é privado
no eido do corazón que sofre só.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 171
CLIX Foise o serán
collido á noite clara para ser lúa.
Á memoria de meu avó Manuel Pementa
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 172
CLX Nada me pagan.
Cada palabra é todo tan pouco amado.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 173
CLXI Nos eidos ermos
resiste a miña infancia esmorecida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 174
CLXII Que nos levou
á derrota sentida do corazón?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 175
XCLXIII Traballo a terra
que acollerá estas cinsas súas, prestadas.
A Ludeiros
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 176
CLXIV Lonxe está a lúa
dos latexos sentidos fóra da noite.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 177
CLXV Cantos pecados
enchen este baleiro sen fondo certo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 178
CLXVI Escoito a paz
no silencio das verbas que me transitan.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 179
CLXVII Logo do amor
fica a necesidade espindo versos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 180
CLXVIII Hoxe nacemos
renacemos de ti, en ti ficamos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 181
CLXIX Onde estarán
eles, os meus avós que non me guían?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 182
CLXX Un intre, agás
un só intre, e todo acaba. Silencio infindo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 183
CLXXI Voltas e voltas.
Xirar sen ir a algures. Onde está algures?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 184
CLXXII Estas paredes
falan outros idiomas descoñecidos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 185
CLXXIII Coller os gromos ofrecidos no gozo morno da lingua.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 186
CLXXIV Quen se deixa ir
polas esclusas do amor do noso sexo?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 187
LCLXXV Que foi de nós,
das palabras antergas que se evaporan.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 188
CLXXVI Quen quixo ser
en terra fértil verde herba, e ficou ermo?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 189
CLXXVII Retorno ó río
para afogar en ti. Manancial puro.
Ao Val do Limia asolagado
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 190
CLXXVIII O calafrío,
ardido en nós, soñando ser lume eterno.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 191
CLXXIX Así, sen máis,
caducamos as follas do noso tempo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 192
CLXXX As cores mancan
os ollares da xente que aínda sente.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 193
CLXXXI Quero sentir,
soamente sentir alén de min.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 194
CLXXXII O vento funga
a soidade da xente para que esperte.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 195
CLXXXIII Pedimos choiva
e recollemos bágoas de dor e sangue.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 196
CLXXXIV Fica en nós todo
o que pasamos xuntos e nos mantén.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 197
CLXXXV Cabe no bulso
todo o que o home ten, canto desexa.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 198
CLXXXVI Quérote inverno.
Choiva afogando o sexo. Lareira acesa.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 199
CLXXXVII Aqueles mozos
do tempo gorentoso, onde ficaron?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 200
CLXXXVIII Perdo a razón
no camiño á dozura do que me ofreces.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 201
CLXXXIX O ceo marca
a distancia da vida e a ilusión.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 202
CXC Fatigo os días
na barriga dos pés sen dar un paso.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 203
CXCI Repouso os dedos
nas pedras das paredes feitas por ti.
A meu pai
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 204
CXCII Augas revoltas,
ventos entolecidos. Primavera irta.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 205
CXCIII Poema. Verme
que enteiro me habitas. A ti pertenzo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 206
CXCIV Non era o sol
o que cega esta sombra. É o que preciso.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 207
CXCV Ciscar negrura
no sentir dunha terra que brúa soa.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 208
CXCVI As sombras ispen
de verdade esta noite falta de amor.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 209
CXCVII Cabalos negros.
Negros cabalos corren cara ningures.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 210
CXCVIII Os soños, irtos.
As palabras, caladas. O home, preso.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 211
CXCIX O peso medra
no corazón doído, na alma que agarda.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 212
CC Camiños secos
no inverno desta terra sen primaveras.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 213
CCI Sentado no ar
do Corete do Santo, respiro a vida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 214
CCII Lindoso amado.
Berce noso, dos nosos. Raizame eterna.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 215
CCIII O eco da fala
vaise afogando en Vigo neste mar de ondas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 216
CCIV Reter a luz
no pensamento da auga. Bicar teu ceo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 217
CCV Cando asubían
pequenos mequetrefes, méxese o mundo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 218
CCVI Ollamos nubes
pasar tan preto nosa; de nós tan lonxe.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 219
CCVII Cavar o tempo
nas leiras do destino sen saber nada.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 220
CCVIII Ollos de inverno,
de verde pranto enxoito, de luz na boca.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 221
CCIX Colapsa o mundo coa natural forza que non se toca.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 222
CCX Rachar a pedra
sen ferir o equilibrio do que latexa.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 223
CCXI Sentir a pel
como codia de pan na boca augada.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 224
CCXII Agarro ás mans
ó mundo que non teño e levo dentro.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 225
CCXIII Perdemos todo
na boca da ilusión que só é veleno.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 226
CCXIV Digo: esta noite. Fico desposuído da escuridade.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 227
CCXV Pedimos almas,
corazóns que nos queiran, algo de vida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 228
CCXVI Xiro os rodicios
coa forza do verso onde me moio.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 229
CCXVII Sentirse igual,
parte dun mesmo corpo republicano.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 230
CCXVIII Imos deixando
ermar todo sen nós, sen os latexos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 231
CCXIX Deixo pasar
o inverno nas meixelas para agromar.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 232
CCXX Rompemos a alma
sen cultivar o pétalo que leva dentro.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 233
CCXXI Calamos todo.
Ferimos o silencio sen dicir algo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 234
CCXXII Que razón temos
para agardar do ceo unha esperanza?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 235
CCXXIII Soñan os versos
ser manancial na túa boca de abril.
Ao pobo portugués
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 236
CCXXIV O lume móenos
sen deixar cinsas nosas na longa pedra.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 237
CCXXV Outros virán
empurrando o inverno das nosas vidas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 238
CCXXVI Non me despido
de min, porque non podo. Tampouco quero.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 239
CCXXVII A sementeira
dos corpos sen futuro que agardan todo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 240
CCXXVIII Doce é a lúa
no pensamento da auga onde se afoga.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 241
CCXXIX A dor non é
proporcional á pena. Nunca remata.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 242
CCXXX Estou calado
roendo o podre mundo das inxustizas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 243
CCXXXI Non se desanda
ningún camiño aberto no pensamento.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 244
CCXXXII Bicar a area
eternamente xuntos. Ti máis eu nun.
A MariPaz
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 245
CCXXXIII Presinto a noite
sen ti, sen o meu corpo que é alma túa.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 246
CCXXXIV Choveu no maio
outro ano en min, enxoito, lonxe de min.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 247
CCXXXV Ogallá nunca.
Nunca sexamos máis. Máis ca ninguén.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 248
CCXXXVI Moro tan lonxe
de min que nin existo. Exilio espazo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 249
CCXXXVII Sopramos tempo,
velas dunha gamela que encaia dentro.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 250
CCXXXVIII Tremen os dedos
coa ausencia da pel en tanto escriben.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 251
CCXXXIX Da mesma cerna.
Xuntos polo destino. Querer eterno.
A miña nai
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 252
CCXL Atado ó verso.
Semente do futuro que me sostén.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 253
Rentes ó sol pousado
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 254
Na memoria dos meus avós: Pepa da Celedonia e Manuel “Chencho”,
Pepa do Pementa e Manuel Pementa.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 255
CCXLI Venden nosa alma
a quen sementa estériles cantos alleos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 256
CCXLII Vemos veleno
roendo cada miolo ata secalo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 257
CCXLIII Premer cos dedos cada necesidade
da túa pel.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 258
CCXLIV Temos palabras,
versos que nos describen. Apenas nada.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 259
CCXLV Podemos ir
paseniño, agarrados, ser un só corpo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 260
CCXLVI Milagre é crer.
Crer nalgo noso. Crer que vai con nós.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 261
CCXLVII Ollos de medo.
Bágoas de terror. Infancia morta.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 262
CCXLVIII Somos o mesmo latexo conxugado en nós os catro.
A familia
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 263
CCXLIX Cristalizamos
as horas que nos quedan. Tempo convexo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 264
CCL Meu ben enteiro.
A lingua non se cala. Esta é nosa alma.
Ás Letras Galegas
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 265
CCLI Recolle a noite
nosos corpos de pel feitos de sombras.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 266
CCLII Observo, calo.
Silencio é poesía en explosión.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 267
CCLIII Outra vez só
gardando o meu rabaño de pensamentos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 268
CCLIV Os libros falan
de nós, do noso verbo que foi silencio.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 269
CCLV Sabes a mel,
boca miña onde afogo cada silencio.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 270
CCLVI Nun intre pérdese
a forma das palabras. Todo é silencio.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 271
CCLVII Falan os ollos
a dor que sente o corpo calada e fría.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 272
CCLVIII Rubir ó amor
que se atopa no teito inalcanzable.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 273
CCLIX A señardade
fica na cor das fotos, na súa pátina.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 274
CCLX Penso no neno,
no neno dos avós. Onde fiquei?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 275
CCLXI De mollo o sal
do corpo da pirámide para ser mar.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 276
CCLXII Babexan ledos
acariñando a dor que traguerán.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 277
CCLXIII Serven á causa
con fe cega, cegados pola ira estéril.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 278
CCLXIV Letras sen fin
agardando por almas ata o seu fin.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 279
CCLXV O mar é plástico.
A auga tamén é plástico. Seremos plástico.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 280
CCLXVI Os pés escriben un capítulo novo
en cada paso.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 281
CCLXVII Incomprendidos. Na soidade da pel só hai unha viaxe.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 282
CCLXVIII O libro cala
estas letras sen fala con algo de alma.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 283
CCLXIX Morro nas rúas
atando estas palabras para entregarchas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 284
CCLXX A forza corre
nas liñas destes versos cativos, mínimos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 285
CCLXXI A fiestra garda
a cor da luz baleira e sosegada.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 286
CCLXXII A calma medra
devagar e remata soa no mar.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 287
CCLXXIII Chove na noite
deste escuro tellado sen retellar.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 288
CCLXXIV Paseniño arde
o tempo no camiño sen auga e viño.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 289
CCLXXV Pequenas codias
rentes ó sol pousado no mar sen fondo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 290
CCLXXVI Cada palabra,
cada xesto espontáneo semella un haiku.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 291
CCLXXVII Na calma, mar.
Mar na necesidade de ficar, mar.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 292
CCLXXVIII Canto valemos
no mercado da vida? Tanto consumas!
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 293
CCLXXIX O orfo camiño
á Fonte do Eido espera por nós sen tempo.
Á avoa Pepa da Celedonia
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 294
CCLXXX Calo, sen máis.
O silencio completa o meu discurso.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 295
CCLXXXI Sentir é todo.
Vivimos precisando sentir, sen máis.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 296
CCLXXXII Cómpre coidado
cos años agochados no monte tépedo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 297
CCLXXXIII Os pés non chegan
para pisar o ceo que nos separa.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 298
CCLXXXIV Pensar en nada
tantas veces me salva de pensar algo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 299
CCLXXXLV Parte do inverno
vai ficando na pel que imos perdendo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 300
CCLXXXVI Doen os cortes
da traizón maquinada para sangrarnos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 301
CCLXXXVII Esta é a luz
que precisa miña alma tan delicada.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 302
CCLXXXVIII Arden as pedras
nos pés de Compostela. Ceo estrelado.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 303
CCLXXXIX Agarda a letra
o verso inmorredoiro. A alma é poeta.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 304
CCXC Manteño o sol
atado ó cristalino onde medraba.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 305
CCXCI Todo é pasado.
O presente caduco pasado está.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 306
CCXCII Navega a lúa
nunha dorna de escuma no seu mar, soa.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 307
CCXCIII Warhol non pinta
noites escuras, Andy inventa a cor.
A Andy Warhol
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 308
CCXCIV Vertemos bágoas
de sol no corpo aberto á luz perdida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 309
CCXCV O pasaxeiro
do billete caduco. Tempo emprestado.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 310
CCXCVI Abafo en min
todo o que sen min penso e nada vale.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 311
CCXCVII O tempo frío
é o que fica na gorxa chamando ó gando.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 312
CCXCVIII O corpo quere
corpo. Enerxía allea que nos revive.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 313
CCXCIX Facemos xuntos un único camiño
inmorredoiro.
Para Pedro
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 314
CCC Traballo cada
verso coma se fose o derradeiro.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 315
CCCI Atalla o corpo
o desgaste da vida pechando os ollos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 316
CCCII Todo estremece
a dor nos pensamentos estremecidos.
A Lois Pereiro, Florbela Espanca e Baudelaire
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 317
CCCIII Fica o canastro
baleiro do seu ser sen pretendelo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 318
CCCIV Descoñecémonos.
Estrañamos o corpo no que vivimos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 319
CCCV Porque sentimos
o aloumiño na voz e no silencio.
A miña nai
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 320
CCCVI A vaidade é
esa sombra sen fin que nos arrastra.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 321
CCCVII Perdida a cerna
nunca seremos froito en terra allea.
Na memoria de meu avó Manuel “Chencho”
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 322
CCCVIII Repoño os pés
descalzo nesta terra que levo en min.
Na memoria de miña avoa Pepa do Pementa
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 323
CCCIX Tiramos terra
dos ollos que nos cegan de nós tan lonxe.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 324
CCCX Eternamente
gárdanos do silencio, de ficar mudos.
A Rosalía de Castro
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 325
CCCXI Quero chegar
á orbita do imposible da man collidos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 326
CCCXII Medro neste ar
no que me cisco enteiro para ser nada.
A Ludeiros
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 327
CCCXIII Premo o que penso e non abrolla nada
que me encha enteiro.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 328
CCCXIV Tiña ollos de auga afogando na noite
deste solpor.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 329
CCCXV Tiña pensado
trazar liñas na area, borrar o tempo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 330
CCCXVI Nas Catedrais
tremen os alicerces de Breogán.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 331
CCCXVII Calan as falas
na fronteira tronzada pola xenreira.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 332
CCCXVIII As xentes flúen
atadas a un destino que descoñecen.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 333
CCCXIX Peregrinar
pola arteria de pedra para afogar.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 334
CCCXX Ollan de esguello e calan a negrura que moe dentro.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 335
CCCXXI A ferida é
sentir a voz do mar aquí, asubiando.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 336
CCCXXII Morrer de día
entregándose ó sol é renacer.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 337
CCCXXIII Indiferenza.
A quen lle importa a voz de quen escribe?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 338
CCCXXIV Prende o tizón
e afoga o lume. Fumo de emborrallar.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 339
CCCXXV Navegar só
despregando a razón do horizonte.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 340
CCCXXVI As moscas calan
coa merda do mundo debaixo delas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 341
CCCXXVII Nada se perde
na auga que corre libre por esta terra.
A Galicia
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 342
CCCXXVIII Subir, baixar,
e subir, e baixar. Sen mar, bogar.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 343
CCCXXIX Non estou só.
A noite amosa estrelas para que eu soñe.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 344
CCCXXX A natureza
acende as sinerxías cando a sentimos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 345
CCCXXXI Todos collidos
sen rozarnos a pel encalecida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 346
CCCXXXII E despois, nada.
Tanto traballo en van sirve para algo?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 347
CCCXXXIII Outro camiño
se pecha en cada boca que non bicamos.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 348
CCCXXXIV A anguria cuspe
no pensamento groso, interesado.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 349
CCCXXXV Tanto ten algo,
coma nada ten algo que nada ten.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 350
CCCXXXVI Estou perdido
nun mundo sideral onde me escribo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 351
CCCXXXVII Cativa, escura,
razón de tantas crenzas. Guadalupe obra.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 352
CCCXXXVIII Abrir os ollos
á escuridade branca e comprender.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 353
CCCXXXIX Predico un credo
sen acólitos presos polo seu influxo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 354
CCCXL Onde foi o lume, a labarada eterna
dos nosos corpos?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 355
CCCXLI A terra é nosa.
Labregos pola estirpe que nos mantén.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 356
CCCXLII Que gando ornea
na corte da memoria que aínda vive?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 357
CCCXLIII Por que me fun
da cerna do que son, e sigo sendo?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 358
CCCXLIV Nunca estarás
só na soidade fría. Raíz de canto.
A Federico García Lorca
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 359
CCCXLV A agulla segue,
Miramontes-Casal, cosendo a terra.
A Ánxel Casal
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 360
CCCXLVI Recollo a luz
cada intre desta vida antes se apague.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 361
CCCXLVII Arrinco a pel
húmida dos espellos que me delatan.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 362
CCCXLVIII Salto portelos,
rememoro a infancia. Procura inútil.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 363
CCCXLIX Turro do ceo
onde debuxo espido versos nun lenzo.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 364
CCCL Sopran raizames
na alma erguida nos foles de vento Atlántico.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 365
CCCLI Noso mundo é
mentira. Só enganamos a inexistencia.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 366
CCCLII A pel do demo
préndenos deste vidro mesmo escravista.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 367
CCCLIII Noite de branco
preñando o ceo escuro. Lúa de esperma.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 368
CCCLIV Albisco o medo
nos coios resentidos do corazón.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 369
CCCLV O intre de dor
retido eternamente, agarda á vida.
Á memoria dos asasinados polo fascismo
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 370
CCCLVI Somos o froito
dun futuro entregado á transparencia.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 371
CCCLVII Hai un vento suave
en San Breixo nas tardes do fin de agosto.
A Celso Emilio Ferreiro
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 372
CCCLVIII Mañá onde fica? Existimos ou non somos ninguén?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 373
CCCLIX Crestar a esencia
murmurando no bico noso respecto.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 374
CCCLX Estrugar corpos
coa luz dos pés quentes. Zume de vida.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 375
CCCLXI O pensamento
entrégase á razón interrogando.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 376
CCCLXII Como ato o tempo
que foxe de min, libre? Quen o retén?
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 377
CCCLXIII A bolboreta
descobre o ar nadando nun mar de vento.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 378
CCCLIV Versos son fame,
fame insaciábel, nova, por sempre nosa.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 379
CCCLXV Remato como
comecei. Procurando na nada o verso.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 380
CCCLXV + I Este caderno
de versos e metáforas florece só.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 381
Biografía Suso Díaz, 1 de maio de 1971, Ludeiros -Lobios- Ourense. No ano 2019 publico Pedro. Ediciones Liliputienses. Tamén publico A utopía que diluíu o vento. 56 poemas inspirados no Couto Mixto. Edicións Positivas. No ano 2018 coordino e edito En el vuelo de la memoria. Antología para Ángel Campos Pámpano, 78 poetas homenaxean ao escritor estremeño partindo dalgún dos seus versos. No libro empregase o español, portugués, galego, catalán e francés. Editora Regional de Extremadura. No ano 2017 publico O sol dentro da cabeza. 76 poemas feitos a partir da obra narrativa de Carlos Casares. Edicións Laiovento. Tamén coordino e edito a antoloxía Salgueiro Maia. A liberdade non é unha utopía. Ediciones Liliputienses.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 382
No ano 2016 publico Sofía. Ediciones Liliputienses. No ano 2015, xunto a Helena Villar Janeiro coordinamos e editamos o libro 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca. Biblos Clube de Lectores. Nese mesmo ano tamén coordino e publico nunha edición electrónica o libro colectivo 150 Cantares para Rosalía de Castro. Xunto a miña compañeira MariPaz diriximos, na radio, o programa de poesía La voz en espiral, en Español, Galego e Portugués. Na rede manteño o caderno persoal www.susodiaz.gal. E con MariPaz o caderno de poetas galegos contemporáneos As escollas electivas.
Milagre é crer Suso Díaz
Obra NON venal 383
Este libro publícase o 25 de marzo do 20,
data do pasamento de Ricardo Carvalho Calero,
baixo o confinamento pola pandemia do Coronavirus
nalgún lugar chamado POESÍA