horta martín codax

13
Oscar Rúa Colexio Martín Codax Na aula, en asemblea, comentouse cal sería un bo tema para investigar. Xurdiron varias ideas pero a conversa centrouse na necesidade de mellorar o coñecemento do noso medio en relación aos vexetais e a relación cos alimentos que os alumnos e alumnas teñen. Así, despois de discutir entre todos e todas, proponse crear unha investigación para comprobar se nos axudaría a mellorar e enriquecer o coñecemento do grupo ao respecto do tema. Deciden crear grupos de traballo, co fin de investigar e elaborar propostas de investigación. Posteriormente, se faría unha exposición para a clase discriminando a información que consideren máis relevante ao respecto. Comézase a investigar de forma autónoma por parte dos grupos de traballo e achegan distinto tipo de material a aula. Todo o material vaise deixando nunha zona da aula, a que todas as persoas que o desexen se achegan par ver, comentar, manipular, etc. Ao mesmo tempo que o grupo traballa investigando sobre o invernadoiro, tamén preparan a elaboración duns días de presentación de actividades, nos que se organizaría o traballo de exposición para a súa e outras aulas. Neste apartado deciden pedirlle axuda a alumnos e alumnas de ESO para coordinar o traballo manual da creación física do invernadoiro dentro da Semana Cultural do Martín Codax. Así, despois de falar co mestre de galego de terceiro e cuarto da ESO, Xavier comunícanos que Daniel Castro, Daniel Bernárdez, Cristian Toucedo, Carolina Braque, Irene Mateos, Carlos Hermida axudarían na preparación dos talleres e distribución das tarefas nas xornadas da Semana Cultural. Con toda información estruturada, comézase a traballar adaptando as ideas e contidos do grupo ao tempo e espazos que se asignan.

Upload: oscar-rua

Post on 23-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Creación dun invernadoiro e unha horta

TRANSCRIPT

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

Na aula, en asemblea, comentouse cal sería un bo tema para investigar. Xurdiron varias ideas pero a conversa centrouse na necesidade de mellorar o coñecemento do noso medio en relación aos vexetais e a relación cos alimentos que os alumnos e alumnas teñen. Así, despois de discutir entre todos e todas, proponse crear unha investigación para comprobar se nos axudaría a mellorar e enriquecer o coñecemento do grupo ao respecto do tema. Deciden crear grupos de traballo, co fin de investigar e elaborar propostas de investigación. Posteriormente, se faría unha exposición para a clase discriminando a información que consideren máis relevante ao respecto. Comézase a investigar de forma autónoma por parte dos grupos de traballo e achegan distinto tipo de material a aula.

Todo o material vaise deixando nunha zona da aula, a que todas as persoas que o desexen se achegan par ver, comentar, manipular, etc.

Ao mesmo tempo que o grupo traballa investigando sobre o invernadoiro, tamén preparan a elaboración duns días de presentación de actividades, nos que se organizaría o traballo de exposición para a súa e outras aulas. Neste apartado deciden pedirlle axuda a alumnos e alumnas de ESO para coordinar o traballo manual da creación física do invernadoiro dentro da Semana Cultural do Martín Codax. Así, despois de falar co mestre de galego de terceiro e cuarto da ESO, Xavier comunícanos que Daniel Castro, Daniel Bernárdez, Cristian Toucedo, Carolina Braque, Irene Mateos, Carlos Hermida axudarían na preparación dos talleres e distribución das tarefas nas xornadas da Semana Cultural. Con toda información estruturada, comézase a traballar adaptando as ideas e contidos do grupo ao tempo e espazos que se asignan.

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

Na súa maior parte, o centro foi quen proporcionou os materiais a través do equipo docente. Na achega de botellas foi todo o centro o que se involucrou, mediante os nenos e nenas de toda a escola, que foron traendo botellas das súas casas.Os materiais precisos parra desenvolver a actividade foron: Cámaras fotográficas, ordenadores para deseñar o proxecto, cañón proxector para visualizalo, lapis, papel, bolígrafos, gomas de borrar, tesoiras, punzóns.Ferramentas: Alicates, martelos, puntas, parafusos, desparafusadores, caladora eléctrica, taladro, coitelos, prolongador eléctrico, metro, nivel, brochas, pinceis, madeira, arame, botellas de auga de 1,5 litros, escadras, luvas. Apeiros: Sachos, sachas, paletas, pala, angazo, cemento...

Días antes de comezar a construción do invernadoiro pídeselle axuda a Nais e pais do centro para a recompilación de botellas de de plástico (botellas de auga de 1,5 Litros) facéndoas servir como material de construcción. Mandamos unha circular explicando a nosa intención e pedindo colaboración:

Estimadas nais e pais:

Como sabedes, o centro adica todos os anos unha semana a desenvolver actividades

que os rapaces e rapazas da E.S.O. preparan para toda a escola. Este ano será na

semana do 29 de abril ao 03 de Maio, e durante a mesma temos ideado un proxecto

para o cal precisamos da vosa axuda:

Temos a intención de construir un invernadoiro feito con botellas de plástico (botellas

de auga de 1,5 Litros) entendendo que os plásticos representan máis do 12% da

cantidade de residuos sólidos urbanos, e que as botellas de plástico poden reciclarse

dándolle unha forma nova de vida e facéndoas servir como material de construcción.

Durante esta semana precisabamos recoller todas as botellas posibles para a

elaboración deste proxecto, polo que se podedes, mandade á escola botellas baleiras.

Un saúdo

Os Alumnos e alumnas da escola encargaríanse de traer as botellas, para pasar a preparación das mesmas sacándolles as pegatinas, cortándolle as bases, preparación dos cables para o enristrado das botellas e cronstrucción das paredes do invernadoiro coas mesmas, nos talleres dirixidos polos nenos e nenas de terceiro e cuarto da ESO.

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

Ademáis, tamén se lle pediu axuda a máis mestres e mestras e persoas maiores do colexio, así, Roberto Pazos, Begoña Matas, o “señor Pepe” Casas, Xavier Balsas, Xose Manoel Juane, Manolo Janeiro, Olaia Bernardo, Jorge Mediero, Eloy García, Patricia García, Jaime Surís, José María Sousa, Alicia Ojea, Teresa Peixoto, Nicolás Riera, Oscar Rúa, María Framiñán, Carlos Camacho, Pilar Álvarez, Carolina Velasco, Monse Fernández, Noemí Iglesias, Estela Alonso, Begoña Fernández axudaron na Aportación de materiais, preparación das estructuras de madeira sobre as que se asentan as botellas, fixación das botellas ás estructuras de madeira. Fixación das estructuras ás cimentacións do invernadoiro. Manipulación de ferramenta eléctrica... (moiras grazas a todos e todas, por suposto).

DESEÑO DO INVERNADOIRO

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

PROCESO DE ELABORACIÓN DO INVERNADOIRO

Tractor para remover o terreo Estudo de material preciso

a. Madeira para fixar as botellas

b. ferramentas de traballo para o invernadoiro

c. ferramentas para a construción dos paneis de botellas

alicates, puntas, parafusos, desparafusadores, taladro, guantes, cable, martelos, tesoiras.

Kit de ferramentas para nenas e nenos Rastrillo, Carretilla, mangueira, pala grandes

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

DESEÑO DO TALLER PARA MONTAR AS ESTRUTURAS COAS BOTELLAS

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

MEDICIÓN DO TERREO (coa participación de boa parte da aula)

CIMENTACIÓN E ASENTAMENTO DOS POSTES

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

PREPARACIÓN DAS BOTELLAS PARA OS TALLERES

PREPARACIÓN DAS ESTRUTURAS POR PARTE DE MESTRES

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

ELABORACIÓN DUN TALLER PARA CREAR COLUMNAS DE BOTELLAS CON ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA,

DIRIXIDOS POLO GRUPO DE TRABALLO DAS NENAS E NENOS DA ESO.

FIXACIÓN DAS BOTELLAS ÁS ESTRUTURAS DE MADEIRA POR PARTE DE PROFESORES DO CENTRO.

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

COLOCACIÓN DOS PANEIS E CREACIÓN DO INVERNADOIRO

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

PREPARACIÓN DOS BARCAIS NA HORTA

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

PRIMEIRA PLANTACIÓN E ESTUDO: A PATACA

Este proxecto “Horta Escolar “ forma parte do conxunto do material didáctico do Colexio Martín Codax. O proxecto “Horta Escolar” representa unha importante estratexia para enfrontar os desafíos que impón a busca de seguridade alimentaria e nutricional. Este proxecto ofrece as posibilidades de afrontar a complexidade e os desafíos relacionados co desenvolvemento dunha cultura de hábitos alimentarios saudables, unha relación sustentable co medio ambiente e unha práctica pedagóxica dinámica e promotora de aprendizaxes.

Oscar Rúa Colexio Martín Codax

Este proxecto fundaméntase no principio de que mediante a promoción da acción escolar e de unha educación integral das e dos educandos, é posible xerar cambios en materia de alimentación, nutrición, saúde e calidade de vida. O interese deste proxecto sería educar cara unha alimentación saudable e sostible, e xerar impactos de tipo pedagóxico: Comprensión do medio ambiente e das relacións sociais como sistemas e procesos. Tamén pretende xerar impactos de tipo alimentario: introdución de produtos da horta orgánica na alimentación escolar. Impactos de tipo nutricional: abastecemento de alimentos sanos e equilibrados. As hortas escolares pode ter diferentes uso se víronse dende moitas perspectivas diferentes, algunhas práctica se outras educativas. A escola ten que buscar fórmulas que lle permitan rachar co memorismo e coa repetición sistemática e potenciar a capacidade de relacionar feitos, fenómenos, cousas e sucesos, así como a responsabilidade, a convivencia, a tolerancia e a cooperación. Non só se trata de ensinar contidos que poden quedar obsoletos en breve, senón de dotar o alumnado de ferramentas que lle permitan seguir aprendendo por si. Tampouco se trata de manter unha organización curricular esmigallada, sen conexión coa realidade, senón de abrir as portas ao coñecemento exterior. Horta escolar e o invernadoiro son uns elementos globalizadores e interdisciplinares que pretenden favorecer, entre outras cousas, o intercambio de información entre o alumnado; rotar tarefas entre eles e elas pedíndolle que sexan eles mesmos e elas mesmas os que pasen o relevo aos seus compañeiros e compañeiras explicándolles en que consiste a súa tarefa, por onde a levan, que problemas están atopando e como os resolven... As rotacións serán moi importantes para que se teña unha visión completa do traballo e non se crean que solo é cavar, regar ou sementar. Tamén ten como meta formar aos integrantes da comunidade escolar respecto do exercicio dunha alimentación sa e medioambientalmente sostible, servíndose do invernadoiro como eixo xerador dunha práctica pedagóxica máis participativa e dun proceso de dinamización do currículo escolar. Aproveitarémolos tratando de que outras actividades da nosa tarefa docente teñan algunha relación con eles. Non parece moi difícil presentar situacións, problemas de matemáticas a partir de plantexamentos da horta, estudar lingua, refráns agrícolas, expresións... analizar o desenvolvemento dos cultivos, as ferramentas e as tecnoloxías que empregamos hoxe como resultado do aprendido...