funcións sintácticas 2 cd ci supl

22
1 Alfonso Sancho – Efrén Vázquez O complemento directo (CD) É a función sintáctica sobre a que recae a acción do verbo, normalmente un substantivo ou unha unidade equivalente que algúns verbos predicativos esixen para ter significado completo. Son os verbos transitivos, que se refiren a accións que transitan dende o actor ao obxecto. comprar (algo ou alguén) querer (algo ou alguén) desexar (algo ou alguén)

Upload: roman-landin

Post on 03-Jul-2015

5.140 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Adapatado e corrixido de Alfonso Sancho vía www.trompiletras.com

TRANSCRIPT

Page 1: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

1Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

O complemento directo (CD)

É a función sintáctica sobre a que recae a acción do verbo, normalmente un substantivo ou unha unidade equivalente que algúns verbos predicativos esixen para ter significado completo.

Son os verbos transitivos, que se refiren a accións que transitan dende o actor ao obxecto.

comprar (algo ou alguén)querer (algo ou alguén)desexar (algo ou alguén)

Page 2: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

2Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

Quen pode desempeñar o CD

S.N.Desexámosche un feliz ano

S.Prep. coa prep. aChamei a Manel

Pronome persoal átonoEmpurrouno claramente

OraciónEspero que a festa saia ben

Page 3: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

3Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

O CD e a preposición a

Paco quere a moto.

Pepe querea

De entrada, en galego o CD constrúese sen preposición

… aínda que o seu referente sexa unha persoa. O seu uso indiscriminado nestes casos débese ao castelán.

a moza

*Pepe quere á (a+a) moza

Page 4: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

4Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

O CD e a preposición a

Como norma xeral, o CD non leva preposición en galego:

O lobo matou a ovella.

Polo tanto, a diferenza do castelán, en galego débese evitar o seu uso:

Vou visitar un amigo / *Vou visitar a un amigo

Vin o teu pai na feira / *Vin ao teu pai na feira

Levo a miña nai á casa / *Levo á miña nai á casa

Page 5: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

5Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

O CD e a preposición a

Cando se emprega a preposición a?

2.Con nomes propios: Vin a Xosé.

3.Cos pronomes persoais tónicos:

Chameite a ti.

4.Para indicar reciprocidade cos indefinidos un e outro. Tamén con todos:

Os nenos chamáronse os uns aos outros.

Agardounos a todos fóra.

Page 6: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

6Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

O CD e a preposición a

Beneficia o estudo a memoria.

á

Tamén cando se quere evitar a ambigüidade co suxeito, emprégase a con CD inanimados.

Beneficia a memoria ao estudo.

Page 7: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

7Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

CD pleonástico

Non vin a Paco.

A Paco non o vin.

Romperon esta porta e entraron.

Esta porta rompérona e entraron.

CD pleonástico

Cando o CDse antepón,

o verbo increméntase cun pronome

átonopleonástico.

Page 8: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

8Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

Referente do CD consabido

– Viches a Paco?– Non, non o vin.

o SN substitúese no discurso polos átonos: o, a, os,

as.

– Entregaches as solicitudes?– Si, presenteinas no Concello.

Cando o referente do CD xa é coñecido polos interlocutores

Page 9: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

9Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

A construción reflexiva

O suxeito realiza sobre a súa persoa unha acción que tamén se pode realizar sobre algo ou alguén.

Antón lavouse

O pronome persoal reflexivo se fai referencia aquí ao suxeito. En galego esta construción é posíbel cando coinciden suxeito e CD:

Ti peitéaste / Ti peiteas o cabelo

Se o CD xa está expreso non cabe o uso do reflexivo:

*Eu laveime as mans

Outros verbos que non admiten en galego a reflexividade son:

*Ela sentouse no chan

*Caíuse da cadeira

*Esperteime con pesadelos

*Casareime aos 60 anos

Page 10: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

10Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

Identificación do CD

1. Comproba que a oración é predicativa e o verbo transitivo:

Levei unha torta ao cumpreanos. 2. Trata de substituír o CD por o, a, os, as (ou os seus

alomorfos).El fai o que quere / El faino

3. Se a oración admite a conversión pasiva, o CD quedaría como suxeito paciente.O lobo comeu a ovella / A ovella foi comida polo lobo

E non te fíes de que o verbo conteste as famosas preguntiñas Que? ou Que cousa? e A quen? para identificar o CD e o CI

Page 11: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

11Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

O suplemento (Supl)- É un complemento que “completa” o significado dun verbo que necesariamente esixe un complemento con preposición. - É desempeñado por un SPrep cunha determinada preposición esixida polo significado do verbo: a, de con, en...- Aseméllase semanticamente ao CD e sintacticamente ao CC. -Necesita de preposición imposta polo verbo.

Non falo de fútbol contigo.Creo en todo o que me dis.

Page 12: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

12Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

O suplemento (Supl)

Pódese substituír polo pronome iso, mais a preposición non desaparece.

Ela falaba de asuntos dispares

Ela falaba diso

Non cre na sorte

Non cre niso

Page 13: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

13Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

Suplemento / CD

Mentres o CD se conmuta por pronomes átonos, o Suplemento substitúese por pronomes tónicos.

Hoxe os nenos ven

Dani estivo preguntando por Tamara.

a televisión.demasiado

Page 14: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

14Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

Suplemento / CD

A diferenza do CD, non esixe un pronome pleonástico cando se antepón ao verbo.

Gonzalo conseguiu bicar esa moza.

A esa moza conseguiuna bicar Gonzalo.

As súas axilas ulían a Sanex.A Sanex ulían as súas axilas.

O O suplementosuplementoantepostoanteposto non nonesixe incrementoesixe incrementoalgún no Valgún no V

Page 15: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

15Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

Suplemento / CD

O CD pode construírse con ou sen preposición, o Suplemento necesita da preposición seleccionada polo verbo.

Mariña esqueceu os donuts.

Mariña esqueceuse dos donuts.

Page 16: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

16Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

Suplemento / CC

Marta acabou cos seus aforros.

Eloi acabou con rapidez.

É cos seus aforros co que acabou Marta.

É con rapidez como acabou Eloi.

Mantense a preposición

Pérdese a preposición

Page 17: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

17Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

Suplemento / CC

Falaban de música.

Falaban de memoria

É de música do que falaban.

É de memoria como falaban.

Mantense a preposición

Pérdese a preposición

Page 18: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

18Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

O complemento indirecto (CI)- Función que indica quen é o beneficiario ou destinatario da acción verbal- Pode ser desempeñado por un Sprep (prep. a e para) ou un pronome átono (me-nos, che-vos, lle-lles).

Entregueille a carta a Eloi.Vouche contar un segredo.

- Para o recoñecer abonda con substituílo polas formas pronominais se, lle, lles.

Regalei un bono aos premiados.Regaleilles un bono.

Page 19: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

19Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

O complemento indirecto (CI)

Semanticamente indica…

Non é necesario que o seu referente sexa animado…

A ese camión fáltanlle algunhas pezas

Mándame unha foto divertida

Xa é hora de que fagan algunhas reformas ao Instituto

‘destinatario’

‘destino’

Queren meterlle un dedo no ollo

…aínda que é moi frecuente que o sexa

Page 20: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

20Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

CI / CD teñen en común….

Ámbolos dous poden ir precedidos da preposición a

Non bota de menos a Paco

Os psicólogos recomendan aos estudantes grandes doses de confianza en si mesmos

CICD

Page 21: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

21Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

lles

CI / CD diferéncianse…

Para distinguilos bastaráa proba da conmutación:o, a, os, as para o CD elle, lles para o CI

Os mestres xa non aos alumnospegan

El pegou os trozos do xarrón rapidamente

Page 22: FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl

22Alfonso Sancho – Efrén Vázquez

CI con para?

A única preposición quepode preceder ao CI é a

Os complementos con parason sempre circunstanciais

Alguén de MRW deixouun sobre para Manolo

a Francisco

¿CI?

CI

CC