dr. hª da arte. profesor- titor hª da arte (uned / ourense) · que un elemento, un recurso...

8
Gravado en madeira de Luís Seoane para o seu derradeiro libro de 1978 Imágenes de Galicia. XAVIER LIMIA DE GARDÓN Dr. Hª da Arte. Profesor- Titor Hª da Arte (Uned / Ourense)

Upload: others

Post on 28-Sep-2020

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Dr. Hª da Arte. Profesor- Titor Hª da Arte (Uned / Ourense) · que un elemento, un recurso (…)”. Dende Castelao hai, en Seoane un contínuum de Galicia como tarefa, norte da

Gravado en madeira de Luís Seoane para o seu derradeiro libro de 1978 Imágenes de Galicia.

XAVIER LIMIA DE GARDÓN

Dr. Hª da Arte. Profesor- Titor Hª da

Arte (Uned / Ourense)

Page 2: Dr. Hª da Arte. Profesor- Titor Hª da Arte (Uned / Ourense) · que un elemento, un recurso (…)”. Dende Castelao hai, en Seoane un contínuum de Galicia como tarefa, norte da

71~

Olibro como obxecto de interese máis aló do texto, da súa valía, está, no

principal na calidade dos materiais que o envolven (coiro e apliques de pedras preciosas e seme-preciosas na súa encadernación), que invaden o interior nas follas encartadas con pans de ouro nas láminas. Ás veces, a fermosura dunha portada tenme feito gardala agachándoa baixo dunha sobre-capa provisional, a fin de preservala mentres estou a ler o libro. Outras veces o libro dende a súa tapa, tenme servido de gabanza dende a imaxe que acompaña o título. Porque grandes debuxantes teñen traballado ó servizo das edi-toriais durante anos, e as súas crea-cións forman dende a adolescencia parte da miña memoria. Así as de Alianza Editorial, ou Alianza Universidad, con Daniel Gil (1930-

2005), que tamén traballou para Mondadori. Eran traballos dende as imaxes canónicas da historia da arte manipuladas ás que engadía algún que outro acento cotiá, para extraelas do contexto aquel no que naceron e darlle outro significado, camiño que ía máis aló da relación causa-efecto co contido do libro. A súa plasticidade poética foi sempre unha poderosa suxestión. E así, aínda, o seguen a ser, malia o tempo transcorrido. Algunhas das sobretapas dos libros de Barral son unha das ilustracións do interior, que lle dan un ar de novidade; as de Cátedra semellan un lastre para a estética.

Pouco a pouco, dende o meu campo en relación co mundo da arte, e das súas imaxes fun valorando as achegas dos artistas e mestres das

SEOANE E O LIBRO(NOTAS ENCOL DAS SÚAS TAPAS E ILUSTRACIÓNS)

Xabier Limia de Gardón

artes plásticas ó mundo do libro. Así na obra de Juan Carlos García Alías Ocaña Martínez: iconos e instantes de la contemporaneidad (I) (pinturas 1983-1989) [ edic. bilingüe español-italiano, Deputación de Ourense, 2003] o artista José Antonio Ocaña Martínez, pintor e escultor, Dr. en Arte, fixo un debuxo orixinal para cadanseu volume da edición nume-rada. El e o poeta Alberto Pascual Carballo veñen de facer un libro, A Neve do tempo (Xerais, 2008), espléndida achega onde a poesía e a arte conviven nun entrelazo de baile máis aló do lugar común horaciano “ut pictura poesis”. Na derradeira obra do artista íl e o seu amigo comparten o espazo da madrileña Casa Encantada con unha das súas esculturas. Mais cadansúa das imaxes reproducidas son obras pictóricas de maior formato.

O

Page 3: Dr. Hª da Arte. Profesor- Titor Hª da Arte (Uned / Ourense) · que un elemento, un recurso (…)”. Dende Castelao hai, en Seoane un contínuum de Galicia como tarefa, norte da

72~

AS TAPAS, PORTAS DE ARTE

Vindo ó caso das portadas de libros de Luís Seoane (Buenos Aires 1910 - A Coruña 1979), singular pintor e debuxante. A actividade deste gran galeguista galego-arxentino amplíase cara o mundo do libro, en tódalas súas vertentes, isto é, como editor e maquetista deles e de revistas, amén de escribir poesía, teatro, prosa e ademais ensaio. No seu interior moitas veces van debuxos e grava-dos seus, metáfora visual coa que o libro acrecéntase, enriquecéndose, e converténdose noutra cousa: nun vehículo expresivo de dous rexistros, as veces en paralelo, noutras en liñas converxentes, cando non en pretexto da expresión plástica, por partir dun texto preexistente. Mais o feito plás-tico relevante son as portadas, ou tapas, que visten a obra de imaxe e cor, un reclamo publicitario. Porque

se o texto seduce paseniñamente, a imaxe faino de contado, linguaxes que se complementan xa que transmi-ten ideas. Expresión da súa importan-cia foron as súas publicacións Libro de Tapas (Buenos Aires, 1953, Botella al mar) e Segundo libro de Tapas (Buenos Aires, 1957, Bonino), pero teñen ido aumentando ata unhas seis-centas ó longo da súa vida.

Cómo sinalar onde está presente o mundo do galeguismo nas ilustra-cións das tapas e do interior deles? Para elo debemos acudir ó seu con-texto vital. Había aprendido o oficio en Santiago, no nº 15 da rúa do Vilar onde estaba instalada a imprenta da editorial Nós de Ánxel Casal. Nela comezou a deseñar portadas de libros: así Mar ao norde, pri-meiro volume de poemas de Álvaro Cunqueiro, en 1932, á que seguirán Poemas de sí e non (Lugo, 1933,

Edic. Ún) e Cantiga nova que se chama riveira, Santiago, 1933, Ed. Nós). A arte de Castelao (+1950) tiña como obxectivo primordial, contribuír á construción da nación galega dende as imaxes, que foron un “medio de expresión, y con el lápiz o la pluma, sólo he querido ser un intérprete fiel de mi pueblo, de sus dolores y de sus esperanzas”. Así o dixo en Buenos Aires en 1944 na presentación de Sempre en Galiza, comentario no que se debe engadir coa súa afirmación previa: “Yo no he cultivado nunca el arte por el arte. El arte para mi no ha sido más que un elemento, un recurso (…)”. Dende Castelao hai, en Seoane un contínuum de Galicia como tarefa, norte da súa vida do autor arxen-tino – galego. Mais Castelao era dunha xeración distinta que viña das Irmandades da Fala (“Irmán Daniel”), e en Galicia aquel grupo

Portada do seu libro de 1948 Tres hojas de ruda y un ajo verde o las narraciones de un vagabundo.

Gravado de portada de L. Seoane para A gaita a falare, 1939, de Ramón Rey Baltar.

Page 4: Dr. Hª da Arte. Profesor- Titor Hª da Arte (Uned / Ourense) · que un elemento, un recurso (…)”. Dende Castelao hai, en Seoane un contínuum de Galicia como tarefa, norte da

73~

de artistas, os Novos, Colmeiro, Souto, Torres, Eiroa, Laxeiro e Carlos Maside quen, dende a súa crono-loxía (Pontecesures, 1897/ Santiago, 1958), e a súa actividade para quen Galicia é tradición, fundamental-mente, sendo preciso para o mestre galego en Buenios Aires pois para unha apertura da arte cara o ancho río das correntes plásticas europeas. Esquemático debuxo lineal que se move con liberdade nos campos das tintas lisas de cores fortes, pureza de medios para unha pintura directa, nun proceso consciente de unión entre tradición e vangarda.

UNHAS TAPAS ENTRE TAPAS

Seoane fixo unha ampla actividade de deseño de tapas e/ou ilustracións dos libros. Primeiramente dos ami-gos, que dende a fase final da súa primeira estadía en Galicia poñen nas súas mans esta importante tarefa, sendo o caso máis destacado o de Álvaro Cunqueiro, xa comentado, e de Lorenzo Varela. Mais estes anos rematan abruptamente coa guerra civil o que provoca a súa fuxida cara o seu país natal. Instalado aquí non esquece os lutuosos feitos da terra dos seus pais, e propia súa xa, por todo o vivido nela nuns anos tan decisivos entre a infancia e a xuventude. Así intervén na edición do libro de Ramón Rey Baltar A gaita a falare, lembranzas e maldicións / Poema (Buenos Aires, Central galega d’Axuda ao Fronte Popular Hespañol, 1939), con carta prólogo de Rafael Dieste, sendo outras das ilustracións de Castelao –de “Galicia mártir”– e Colmeiro, quen fai catro. De Seoane son oito, dúas a toda plana e seis no texto, e a tapa. Nesta un gaiteiro coa osamenta do cranio á vista está a punto de tocar. Por tras, saíndo

Tapa de Lonxe de Lorenzo Varela, 1954 e gravado en madeira do interior.

Page 5: Dr. Hª da Arte. Profesor- Titor Hª da Arte (Uned / Ourense) · que un elemento, un recurso (…)”. Dende Castelao hai, en Seoane un contínuum de Galicia como tarefa, norte da

74~

do roncón espállanse unhas ramas con follas, algo murchas, a natureza ó redor dun gaiteiro que comeza a converterse nun cadáver.

Na década dos anos corenta fará para o seu amigo Rafael Dieste, o escritor de Rianxo, a ilustración da tapa de Historias e invenciones de Félix Muriel (Buenos Aires, 1943, Nova), baseada no conto “La Peña y el pájaro”, e os finos debuxos a pru-miña do interior. A continuación dúas obras súas. A primeira é Homenaje a la torre de Hércules: un canto a Galicia desde el exilio (Buenos Aires, 1944, Nova), álbum de Seoane con corenta e nove debuxos seus e pró-logo de Rafael Dieste, obra conside-rada pola Pierpont Morgan Library e o Institute of Graph de Nueva York

como un dos dez mellores libros de debuxos do mundo durante a década 1935-1945. Na portada unha muller deitada na area, semiapoiada nunha rocha, como sen formas e a mirada perdida... Logo da a coñecer a que será a súa única obra narrativa Tres hojas de ruda y un ajo verde o las narraciones de un vagabundo (Buenos Aires, 1948, Botella al mar), con tapa e ilustracións. Aquela é un fino debuxo a prumiña con dúas tin-tas na que un vagabundo se achega á beira do mar para parolar cunha serea, que o observa deitada na auga en actitude pensativa.

Na seguinte década destacamos a súa primeira obra de poesía: Fardel de eisilado (Buenos Aires, 1952, Edic. Anxel Casal). Tapa e contra-

tapa a dúas tintas, verde e roxo, unha cor fría e outra cálida. Son dúas mulleres sentadas, con largos vestidos e panos nas cabezas, que se fan así ovais, como os ollos. A da dereita sinala o ollo coa man dereita e co esquerdo cruzado, a man por en baixo do cóbado. Sobre o mandil, no colo ten varias froitas, catro mazás vermellas. A outra cruza os antebrazos en aspa portando unha fouce na man esquerda, contra o ombro da outra. Na contratapa son xa unha muller e un home, con un sol entre as cabezas: ela cruza os antebrazos e as mans entre as pernas separadas, el faino tamén máis sobre o estómago levando as mans ós brazos. Entre as pernas ten unha roda. No interior oito escenas do barco,señoritas de clase alta, que viaxan disfrutando da travesía, des-preocupadas, o que contrasta coa vestimenta dos emigrantes, eles con pucha na cabeza. Na derradeira prodúcese o encontro de dous xoves de ámbolos mundos... Mais dende Arxentina e Uruguai a morriña de Galicia está sempre presente. Así para o libro de expresivo título do seu amigo Lorenzo Varela, Lonxe (Buenos Aires, 1954, Botella al mar): na tapa a tres tintas, unha vaca cachena de grandes cornos, deitada a rumiar, semella sorrir cos trinos dun paxaro sobre o lombo. As liñas ver-mellas marcan os límites deles sobre fondo marelo, no campo cromático –lonxe do verde da herba–, que racha un pequeno campo branco. Eis o esforzo do mestre Seoane por reno-var a linguaxe estética tópica galega en aras dunha maior plasticidade e modernidade.

E aparece Xosé Neira Vilas coas súas Memorias dun neno labrego (Buenos Aires,1961, Follas Novas). Dedicada a “tódolos nenos que

Tapa do libro de Seoane

de 1952 Fardel

de eisilado.

Page 6: Dr. Hª da Arte. Profesor- Titor Hª da Arte (Uned / Ourense) · que un elemento, un recurso (…)”. Dende Castelao hai, en Seoane un contínuum de Galicia como tarefa, norte da

75~

falan galego”, a obra, dende a súa segunda edición en Sada - A Coruña, 1968, por Ediciós do Castro, ten sido o buque insignia da editorial (vintecinco edicións) que dende Sargadelos botara a andar Luís Seoane cinco anos antes, co que principia así a derradeira etapa de Seoane, con presenza física maior en Galicia, na fase tamén final do réxime ditatorial franquista. Aínda que no interior do libro vaian catro ilustracións de Isaac Díaz Pardo o vestido é de Seoane, o que semella un símbolo nos inicios da magna acción empresarial emprendida por ámbolos dous. O coruñés deseña para a tapa unha cabeza a ollar por tras dunha fiestra, e busca o contraste da súa redondez e os grandes ollos coas liñas en ángulo dos seus cristais, marco e van onde se insire. Coa única axuda da liña e unha tinta plana de cor define a Balbino, o neno protagonista, a ollar

fóra da casa, pois non pode saír dela nas festas por estar de loito a familia, “metido na gaiola coma un rulo”. Mais, no contexto da historia que conta Neira Vilas pódese tomar como ese territorio exterior e desco-ñecido, polo que devece o rapaz, no que acabará penetrando. Porque a obra ten outra tapa por tras sig-nificativamente -e non a usual con-tratapa en branco-, na que Balbino está de costas fitando a escuridade. Para X. Alonso Montero, na introdu-ción da obra, o rapaz olla o mundo dende a fiestra “da conciencia de clase”, lectura unidireccional escla-recedora pese a non apreciar que as capas do anverso e reverso son o seu xeito de amosar unha dialéctica dentro / fóra de máis amplo abano. Este concepto plástico expresouno logo en A Esmorga de Eduardo Blanco Amor (Vigo, 1970, Galaxia). No interior leva tamén ilustracións de Díaz Pardo. A obra de ambiente

galego urbano é como a súa acti-tude na arte, respecto do rural en Blanco.

Nos anos setenta Díaz Pardo pro-pónlle ó escritor ourensán facer unha edición apropiada en galego dunhas breves “Farsas” que da súa autoría saíran en castelán en Buenos Aires (1953), e algo máis acrecentadas en México (1962), coas ilustracións de Luís Seoane. Saíu así do prelo nunha edición bilingüe Farsas para títeres (A Coruña, 1973, edic. do Castro). Todo elo para facerlle unha home-naxe polos “seus cincoenta anos de laboura nas letras galegas”. A figura dun home mozo apoiándose sobre a boina, e as mans, cabeza abaixo, e as pernas dobradas, calzado con zocos, é a portada na que Seoane protexe o positivo do debuxo sobre o fondo de base, e colorea todo o demais con tinta vermella gallo. A súa impronta estética preséntase

Tapa e contratapa de 1963 para o libro de X. Neira Vilas Memorias dun neno labrego.

Page 7: Dr. Hª da Arte. Profesor- Titor Hª da Arte (Uned / Ourense) · que un elemento, un recurso (…)”. Dende Castelao hai, en Seoane un contínuum de Galicia como tarefa, norte da

76~

na cor branca que se espalla en ocasións máis aló do corpo, para penetrar a cor cálida do recheo no corpo dando así unha sensación

móbil de trémolo ou titubeo. Das seis ilustracións interiores, inseridas nas follas impares a modo de tapa interna de cadansúa farsa, queremos destacar dúas: en primeiro lugar a de

“Amor e crimes de ‘Juan el Pantera’ (farsa pra títeres de cachiporra)”, que é a segunda do elenco. Trátase dun home de grandes bigotes e cuberto

por sombreiro de á curta cun xesto de ferocidade vestindo “zamarra remontada” e cachaporra de “pau de toxo decorada a fogo”, descrición de Blanco que Seoane recolle da imaxe,

se ben semella ter máis dos 28 anos que sinala ter. En segundo lugar, o da “Verdade vestida (farsa violenta)”, ilustración que non corresponde por

contra á representación desta figura alegórica pois trátase dun home obeso con cara abotargada, con un vestido como de Arlequín aínda que cun cinto orlado de funís, que leva un vade-mecum baixo do brazo da man que empuña unha tralla. Na cabeza leva un sombreiro de copa, e desta guisa, representa a Lei. O artista inclúe neste caso cores azuis que a modo de manchas intentan tapar os remendos do traxe, subindo ata a cara e o sombreiro, mais independízase ata o exterior do corpo, seme-llando unha sombra, ata ser nunha liña de base, sistema plástico que non falta en ningunha das ilustracións. Digamos, para rematar o comentario do libro que todas elas son a dúas tintas, sendo o recheo do fondo común, de cor negra. A firma do artista, invariable-mente, está abaixo, coa súa caligrafía habitual, a ese minúscula e separada do resto da palabra que con-forma o apelido.

Rematamos estas notas analíticas e ensaísticas cun caso chocante a modo de coda -máis que estrambote-: o da segunda edición (a

primeira é a principios de 1888) da obra de Manuel Curros Enríquez, O divino sainete (A Coruña, 1994, Edic. do Castro), que leva unha tapa feita e firmada por Seoane quen morrera

Ilustración de Seoane para a “Verdade vestida (farsa violenta)”, de Farsas para títeres de Eduardo Blanco Amor, Ediciós do Castro, 1973.

Page 8: Dr. Hª da Arte. Profesor- Titor Hª da Arte (Uned / Ourense) · que un elemento, un recurso (…)”. Dende Castelao hai, en Seoane un contínuum de Galicia como tarefa, norte da

77~

quince anos antes. O motivo elixido ilustra a obra dende o Libro I: un vello recostado e vestido con unha coroza e monteira na cabeza (v. 92 passim), que invita ó poeta a pasar e sentarse (v. 136 ss.). É o poeta Añón (vv.151-153) que leva a Curros dende a noite pecha de Madrid a

Roma, coa Santa Compaña. Detrás del hai “dous discos roxos” (v.74) enmarcados de branco e sobre un fondo negro, que é o tren –“xigante locomotora” (v. 132)– , no que via-xan dentro do sétimo vagón. Mais do xeito de facer do Seoane clásico restan apenas uns acentos de cor,

apenas un eco daquela forza cromá-tica amosada nos libros comentados. Eis o triunfo despois de morto, como El Cid Campeador!

Ourense, outubro de 2010

Tapa de O Divino sainete, 2ª edic. da obra de Curros Enríquez, 1994.