ciencias da natureza - santillana

22
Ciencias da Natureza PRIMARIA O libro Ciencias da Natureza para o 5.° curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: TEXTO Adela Martín Rodríguez Bárbara Braña Borja Julia Manso Prieto Raquel de Andrés González Raúl Carreras Soriano ILUSTRACIÓN Alademosca il·lustració Jordi Baeza José Luis Navarro Digitalartis EDICIÓN EXECUTIVA Begoña Barroso Nombela David Sánchez Gómez Juan Ignacio Medina Crespo Xoán López Bendaña DIRECCIÓN DO PROXECTO Antonio Brandi Fernández DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os traslade ao seu caderno. 5

Upload: others

Post on 16-Oct-2021

19 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ciencias da Natureza - Santillana

Ciencias da NaturezaPR

IMA

RIA

O libro Ciencias da Natureza para o 5.° curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO Adela Martín RodríguezBárbara Braña BorjaJulia Manso PrietoRaquel de Andrés GonzálezRaúl Carreras Soriano

ILUSTRACIÓN Alademosca il·lustracióJordi BaezaJosé Luis NavarroDigitalartis

EDICIÓN EXECUTIVA Begoña Barroso NombelaDavid Sánchez GómezJuan Ignacio Medina CrespoXoán López Bendaña

DIRECCIÓN DO PROXECTO Antonio Brandi Fernández

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero

As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemase outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os traslade ao seu caderno.

5

Page 2: Ciencias da Natureza - Santillana
Page 3: Ciencias da Natureza - Santillana

Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu Saber Facer Contigo.

Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para os futuros cidadáns e cidadás do século XXI:

As habilidades de comunicación

A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:

– Tempo para falar. Comunicación oral.

– Tempo para ler. Competencia lectora.

– Tempo para escribir. Comunicación escrita.

As destrezas de pensamento

Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para isto trabállanse as estratexias e rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que os alumnos e as alumnas adquiran habilidades de pensamento de orde superior:

– Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.

– Reter e lembrar a información.

– Relacionar coñecementos entre si.

A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cunha icona de cor azul.

A intelixencia emocional

A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan sobre estes aspectos:

– A identificación das emocións propias e alleas.

– A autoxestión e a regulación emocional.

– A expresión das emocións.

– As habilidades sociais e a empatía.

Unha icona de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.

Presentación do proxecto

3

Page 4: Ciencias da Natureza - Santillana

A creatividade

A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:

– A busca de estratexias persoais e innovadoras.

– A utilización de formas creativas de expresión.

As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cunha icona de cor verde.

A autorregulación da aprendizaxe

En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e poder detectar fortalezas e debilidades.

Ao longo das unidades inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.

O traballo cooperativo

Co obxectivo de que os alumnos e as alumnas desenvolvan a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupación:

– Traballo por parellas.

– Traballo en equipo.

– Traballo en grupo-clase.

Estas actividades identifícanse con distintas iconas.

Ademais, ao acabar cada trimestre inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

Por último, atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que axudarán a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.

4

Page 5: Ciencias da Natureza - Santillana

Unidade 1. A organización dos seres vivos ............. 9

Unidade 2. A clasificación dos seres vivos ............. 23

Unidade 3. Os ecosistemas ................................... 39

Cooperamos ............................................................ 56

Minilab ................................................................... 58

Unidade 4. A nutrición. Os aparellos dixestivo e respiratorio ....................................... 59

Unidade 5. A nutrición. Os aparellos circulatorio e excretor ............................................ 75

Unidade 6. A reprodución e a relación ................. 89

Cooperamos .......................................................... 108

Minilab ................................................................. 110

Unidade 7. A materia .......................................... 111

Unidade 8. A enerxía e as máquinas ................... 125

Cooperamos .......................................................... 142

Minilab ................................................................. 144

Uso das tecnoloxías da información e da comunicación ................................................ 146

Índice

5

Page 6: Ciencias da Natureza - Santillana

Mapa de contidos

Unidades Contidos

1. A organización dos seres vivos

A célula Os tipos de células Os niveis de organización

2. A clasificación dos seres vivos

Os cinco reinos Os reinos dos animais e das plantas

A nutrición nas plantas

3. Os ecosistemas Os compoñentes dun ecosistema

Relacións entre os seres vivos e o medio físico

Relacións de alimentación

Cooperamos O xogo das palabras. Utilizamos palabras clave para explicar as relacións nos ecosistemas

Minilab Extraio a clorofila dunha folla

4. A nutrición. Os aparellos dixestivo e respiratorio

Os alimentos e os nutrientes

A función de nutrición O proceso dixestivo

5. A nutrición. Os aparellos circulatorio e excretor

Como é o aparello circulatorio?

A circulación do sangue A excreción

6. A reprodución e a relación

A función de reprodución A función de relación Os órganos dos sentidos

Cooperamos Folio xiratorio. Comprendemos as etiquetas dos alimentos

Minilab Constrúo un modelo de pulmóns

7. A materia A materia A densidade As propiedades de sólidos, líquidos e gases

8. A enerxía e as máquinas

A enerxía e as súas propiedades

As fontes de enerxía Consecuencias do uso da enerxía

Cooperamos Crebacabezas. Investigamos un electrodoméstico

Minilab Constrúo unha cociña solar

6

Page 7: Ciencias da Natureza - Santillana

Tempo para ler Saber facer

O uso do microscopio para estudar seres vivos

Unha misión para Clara

Observo células ao microscopio

O reino dos fungos Os reinos dos protistas e das bacterias

Os Lagartixos Identifico plantas cunha clave

Relacións entre seres vivos de distintas especies

Efectos das persoas sobre os ecosistemas

Exploradores no lago Elaboro unha rede alimentaria

A respiración A saúde dos aparellos dixestivo e respiratorio

Charlie e a fábrica de chocolate

Practico técnicas de primeiros auxilios: a manobra de Heimlich

A saúde dos aparellos circulatorio e excretor

O pequeno vampiro Realizo un experimento e interpreto os datos

O sistema nervioso O esqueleto Os músculos e o movemento

A marabillosa menciña de Xurxo

Elixo unha actividade para facer exercicio

Os cambios da materia

James e o melocotón xigante

Constrúo un submarino e explico como funciona

O bo uso da enerxía A enerxía eléctrica O Club dos Chapóns. O fantasma do profesor de matemáticas

Represento transformacións de enerxía

7

Page 8: Ciencias da Natureza - Santillana

Iconas utilizadas neste libro

As actividades en que terás que traballar xunto cun compañeiro ou compañeira están marcadas con este símbolo.

Nas actividades en que apareza este icona, terás que cooperar cos demais e traballar en equipo.

Este icona identifica as actividades en que terás que exercitar de xeito especial a túa capacidade de reflexión para tirar conclusións.

PENSA

MENTO

Coas propostas que encontrarás na sección de creatividade terás que poñer en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

C

REATIVIDADE

As actividades que aparecen sinaladas con esta icona animarante a expresar o que sentes e a poñerte no lugar dos demais.

EMOCIÓNS

8

Page 9: Ciencias da Natureza - Santillana

1 A organización dos seres vivos

1

Tempo para falar Que están facendo o neno e a nena da fotografía?

Para que cres que os nenos están usando ese aparello? Sabes como se chama e que partes ten?

Que cres que se pode ver con el?

Gustaríache ser ti quen está mirando polo aparello?

Que sabes xa? Que diferenza hai entre un ser vivo e un ser inerte?

Que teñen en común os animais e as plantas?

Os seres humanos somos seres vivos?

Como se chaman as partes máis pequenas de que estamos formadas as persoas? Que outras partes forman o noso corpo?

9

SUXESTIÓNSMostrar algunha fotografía en que se observe algunha célula ou tecido co microscopio óptico indicando canto se ampliou a imaxe.

LibroMediaVídeo: A través do microscopio.

Solucións Tempo para falar

A nena e o neno da fotografía están mirando a través dun microscopio óptico.

R. L. (Resposta Libre). Para ver algo pequeno. Microscopio óptico. Partes: obxectivos, platina…

R. M. (Resposta Modelo). Células, tecidos…

R. L.

Que sabes xa?

Os seres vivos realizan as tres funcións vitais de nutrición, relación e reprodución. Os seres inertes non poden.

Os animais e as plantas son seres vivos e realizan as tres funcións vitais.

Somos seres vivos e pertencemos ao reino animal.

As partes máis pequenas de que estamos formadas as persoas son as células. Outras partes que forman o noso corpo son os tecidos, os órganos, os aparellos e os sistemas.

Page 10: Ciencias da Natureza - Santillana

SoluciónsPensamento

R. M. De esquerda a dereita e de arriba abaixo: dúas imaxes de microscopía electrónica de varrido coloreadas; á esquerda vese o protozoo Didinium (marrón) atacando e engulindo o protozoo Paramecium (verde); á dereita vense dous protozoos flaxelados relacionándose entre si.

Na parte inferior móstrase unha célula embrionaria dividíndose, ao microscopio óptico.

R. L.

R. L.

A célula

Todos os seres vivos están formados por partes moi pequenas cha-madas células. Son tan pequenas que só se poden ver utilizando un microscopio.

As células están vivas porque realizan as tres funcións vitais.

Os animais e as plantas están formados por miles de millóns de células. Os seres vivos formados por un gran número de células chámanse pluricelulares.

Nutrición. As células obteñen as substancias que necesitan para medrar e conseguir enerxía.

Relación. As células reciben a información do medio que as arrodea e poden reaccionar ante ela.

Reprodución. As células divídense e orixinan células fillas.

Todas as células proveñen sempre doutras células que xa existen.

Tamén hai seres vivos que están formados por unha soa célula. Reciben o nome de unicelulares e só se dan visto cun microscopio.

PENSA

MENTO

VEXO-PENSO- -PREGÚNTOME

Observa as fotografías de células realizando as súas funcións vitais. Están tomadas a través dun microscopio.

Describe o que ves en cada unha das fotografías.

Que pensas cando as ves?

Que preguntas che suxiren?

10

SUXESTIÓNSObservar e comentar outras imaxes de seres unicelulares e de tecidos en que se aprecien ben as células individuais.

LibroMediaVídeo: Seres vivos unicelulares e pluricelulares.

Page 11: Ciencias da Natureza - Santillana

Solucións1 Os seres vivos pódense dividir en dous grupos unicelulares,

formados por unha soa célula, ou pluricelulares, formados por moitas. Parécense en que todos están formados por células e distínguense no número delas que posúen.

2 As células son as unidades menores que forman os seres vivos. Están vivas porque poden realizar as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.

3 R. G. (Resposta Gráfica). As partes que o alumnado ten que sinalar no debuxo son estas: membrana, citoplasma, núcleo e orgánulos.

4 A membrana é unha cuberta que arrodea a célula e que a separa do exterior.

O núcleo é a parte que controla o funcionamento da célula.

O citoplasma é a parte que queda entre a membrana e o núcleo.

Os orgánulos están no citoplasma e cada tipo ten a súa función.

1

As células son as unidades máis pequenas que forman os seres vivos e que, ademais, están vivas. Están formadas pola membrana, o citoplasma, o núcleo e os orgánulos.

As partes da célulaAs células están formadas pola membrana, o citoplasma, o núcleo e os orgánulos.

A membrana é unha cuberta que arrodea a célula e a separa do exterior.

O citoplasma constitúe a maior parte da célula. Está formado por auga con numerosas substancias disoltas.

Os orgánulos encóntranse no citoplasma. Hai orgánulos de varios tipos e cada un realiza unha función diferente.

O núcleo é a parte que controla o correcto funcionamento da célula.

1 Di as clases de seres vivos que hai segundo o seu número de células. Explica en que se parecen e en que se diferencian.

2 Que son as células? Por que dicimos que están vivas?

3 Copia no caderno o debuxo da célula e ponlles nome ás súas partes.

4 Copia no caderno as oracións que se forman ao unir as columnas.

• A membrana… … é a parte que queda entre a membrana e o núcleo.

• O núcleo… … están no citoplasma e cada tipo ten a súa función.

• O citoplasma… … é a parte que controla o funcionamento da célula.

• Os orgánulos… … é unha cuberta que arrodea a célula e a separa do exterior.

ACTIVIDADES

11

LibroMediaActividades: Canto sabes das células?Como son as células?

SUXESTIÓNSSinalar na microfotografía as partes da célula animal comparándoa co debuxo das actividades, máis simple.

Page 12: Ciencias da Natureza - Santillana

SoluciónsObserva e desCUbre

As máis pequenas son as bacterias e as células do sangue, como os glóbulos vermellos. As máis grandes son as células do fígado, os protozoos como a Euglena e a ameba, e a alga diatomea.

R. L.

Os tipos de células

Como son as célulasAs células son moi pequenas, pero teñen distintos tamaños. No noso corpo, por exemplo, as células do cerebro, as neuronas, son bas-tante maiores ca as do sangue, os glóbulos vermellos.

Ademais, os distintos tipos de células teñen formas diferentes: es-férica, prismática, estrelada, plana…

As persoas, coma o resto dos seres vivos, estamos formadas por células. O noso corpo está formado por billóns de células de dife-rentes formas e tamaños.

As células do cerebro son grandes e teñen numerosas prolongacións.

No sangue hai células esféricas e con forma de disco.

As células do fígado son bastante grandes e de forma case esférica.

As células dos músculos son moi longas.

As células do intestino son alongadas e teñen un extremo en forma de cepillo.

As células que forman os ósos teñen numerosas prolongacións irregulares.

• Das células do debuxo, cales son as máis pequenas? E as máis grandes?

• Describe a forma que ten cada unha das células representadas.

OBSERVA E DESCUBRE

bacterias

célula do intestino

células do sangue

célula do fígado

euglena

ameba

diatomea

12

SUXESTIÓNSOs alumnos e as alumnas adoitan imaxinar as células en dúas dimensións. Utilizar os debuxos do libro para mostrar que as células teñen volume.

LibroMediaGalería de imaxes: As formas das células.

Page 13: Ciencias da Natureza - Santillana

Solucións 1 Usa as TIC. O tamaño das células nerviosas é moi variable, pero o

seu corpo celular pode chegar a medir ata 150 micras (unha micra equivale a 1 milésima de milímetro: 1 micra = 0,001 mm) e o seu axón máis de 1 metro.

2 As células animais e vexetais parécense en que están formadas por unha membrana que contén o citoplasma, os orgánulos e o núcleo. Diferéncianse en que a célula vexetal posúe cloroplastos e

unha parede ríxida que cobre a membrana celular e que lle dá unha forma poligonal á célula.

3 Células musculares (A), alga diatomea (B), glóbulos vermellos e glóbulos brancos do sangue (C) e célula vexetal (D).

4 Usa as TIC. R. L.

1Células animais e células vexetaisTanto as células dos animais coma as das plantas posúen membra-na, núcleo, citoplasma e orgánulos. Pero presentan varias diferenzas:

• A forma e o tamaño son diferentes. En xeral, as células vexetais adoitan ser máis grandes e teñen unha forma máis regular, nor-malmente prismática. Entre as células animais hai máis variedade de formas.

• As células vexetais posúen unha parede ríxida por fóra da mem-brana. Por iso, os talos e as pólas dalgunhas plantas son duros.

• As células vexetais posúen cloroplastos, uns orgánulos de cor verde en que se realiza a fotosíntese.

1 USA AS TIC. Busca información sobre o tamaño que pode alcanzar unha neurona nos animais.

2 Describe as semellanzas e as diferenzas entre unha célula animal e unha vexetal.

3 Observa as fotografías da dereita, compáraas cos debuxos da dobre páxina e di que tipo de célula aparece en cada unha.

4 USA AS TIC. Buscade ilustracións de distintos tipos de células humanas e organizade unha presentación con elas.

ACTIVIDADES

Célula animal Célula vexetal

núcleo

citoplasma

membrana

orgánulos parede ríxida

cloroplasto

A

C

B

D

13

LibroMediaVídeo: As células animais e vexetais.

LibroMediaActividade: As características dos vertebrados

LibroMediaActividades: As partes da célula animal. As partes da célula vexetal.

SUXESTIÓNSEn relación coa actividade 4, na información que encontrará o alumnado haberá medidas en micras. Dado o pequeno tamaño das células adóitase empregar a micra como a unidade para medir o seu tamaño. Será necesario aclarar isto na clase, así como explicar que unha micra é algo diminuto. Unha micra equivale a unha milésima de milímetro:1 micra = 0,001 mm.

Page 14: Ciencias da Natureza - Santillana

SoluciónsObserva e descubre

R. M. As células no tecido muscular colócanse unhas a continuación doutras formando longas fibras que despois, á súa vez, se agrupan para formar o músculo.

Os niveis de organización

Os seres pluricelulares están formados por moitísimas células. Esas células non se colocan de calquera forma, senón que están organizadas. Nos seres vivos pódense distinguir varios niveis de organización.

Os tecidosAs células que son do mesmo tipo agrúpanse en tecidos. As célu-las dun tecido realizan unha función común.

Os órganosA unión de varios tecidos que se organizan para funcionar conxun-tamente dá lugar a un órgano.

As células do tecido óseo forman os ósos que dan soporte ao noso corpo.

A lingua é un órgano animal que está formado por varios tecidos: o tecido muscular; o tecido epitelial, que forma a pel que o recobre; e o tecido nervioso, que forma os nervios que transmiten os sabores, entre outros tecidos.

Todos traballan xuntos para que a lingua cumpra as súas funcións.

As follas son órganos vexetais formados por varios tecidos, entre eles a epiderme e os tecidos condutores.

O tecido epidérmico protexe a superficie das follas.

As células do tecido muscular producen movemento.

Os tecidos condutores encóntranse no interior dos troncos, dos talos e dos nervios das follas. A súa función é a de transportar substancias dentro da planta.

Tecidos animais Tecidos vexetais

• Describe como se colocan as células no tecido muscular.

OBSERVA E DESCUBRE

14

SUXESTIÓNSFacer fincapé en que as células que se agrupan para formar tecidos traballan xuntas para levar a cabo unha función concreta.

LibroMediaPresentación: Os niveis de organización no ser humano.

Page 15: Ciencias da Natureza - Santillana

Solucións1 A microfotografía A mostra un tecido animal formado por

numerosas células. Na microfotografía B podemos ver unha célula vexetal en que se aprecia a parede celular en cor verde escura.

2 R. L.

1

Nos seres vivos pluricelulares as células agrúpanse en tecidos que se unen para formar órganos. Os sistemas están formados por varios órganos e os aparellos, por órganos ou sistemas. A unión de todos forma un organismo.

Os organismosA unión de todos os aparellos e sistemas dá lugar a un organismo, é dicir, a un ser vivo completo.

Nos organismos pluricelulares podemos distinguir células, tecidos, órganos, sistemas, aparellos e o ser vivo completo. Para que o or-ganismo funcione, deben traballar coordinadamente todos os niveis, desde as células ata os aparellos.

Os seres vivos unicelulares, como as bacterias, quedan no primeiro nivel de organización, o celular. A súa célula debe realizar todas as funcións vitais do ser vivo.

Un sistema está formado por varios órganos do mesmo tipo que realizan a mesma función.

Un aparello está formado por órganos diferentes ou por varios sistemas que funcionan de xeito coordinado para realizar un traballo.

Os sistemas e os aparellos

1 Observa as fotografías e explica se se trata dun tecido ou dunha célula. Di por que o soubeches.

2 Pon exemplos de aparellos do corpo humano que coñezas e nomea os órganos ou sistemas que os forman.

ACTIVIDADES

O sistema muscular está formado polos músculos.

O sistema óseo está formado polos ósos.

O aparello locomotor está formado polo sistema muscular e polo sistema óseo. Ambos traballan xuntos para producir movementos e desprazamentos.

Algúns seres pluricelulares son maiores ca outros. Un elefante, por exemplo, é moito maior ca un rato. Débese a que o elefante ten moitísimas máis células ca o rato, non a que as súas células sexan máis grandes.

A B

15

LibroMediaActividades: A organización do corpo humano.Cales son os niveis de organización dun ser vivo pluricelular?

SUXESTIÓNSPara exemplificar como funciona o aparello locomotor pódense mostrar imaxes do proceso de flexión do brazo. Ao contraerse o bíceps, tira do óso ao que está unido e o brazo flexiónase.

SUXESTIÓNSInsistir na idea de que un organismo pode ser unha entidade complexa, froito da suma de tecidos, órganos, sistemas e aparellos, ou ser unha entidade unicelular, como nos protozoos, algunhas algas ou as bacterias.

Page 16: Ciencias da Natureza - Santillana

SoluciónsObserva e descubre

O microscopio da fotografía ten tres obxectivos.

Os obxectivos máis curtos teñen menos aumentos e os máis longos teñen máis.

O uso do microscopio para estudar seres vivosO uso do microscopio para estudar seres vivos

O microscopio é un instrumento óptico que permite ampliar moito a imaxe de seres vivos moi pequenos como os protozoos, as algas unicelulares ou os fungos unicelulares. Tamén se utiliza para obser-var os tecidos e as células dos seres vivos pluricelulares como ani-mais, plantas, fungos e algas.

Os microscopios compóñense de varias partes.

Os microscopios actuais teñen dúas lentes, o obxectivo e o ocular.

O obxectivo amplía a imaxe do obxecto e o ocular amplía a imaxe que formou o obxectivo. Deste xeito, conséguese aumentar ata 1.000 veces as imaxes.

Para saber a ampliación con que estamos observando un obxecto a través do microscopio, hai que multiplicar os aumentos do obxectivo polos aumentos do ocular.

• Cantos obxectivos ten o microscopio da fotografía?

• Os obxectivos do microscopio teñen diferente lonxitude. A que cres que se debe?

OBSERVA E DESCUBRE

Ocular. Contén a lente pola que miramos.

Obxectivos. Conteñen as lentes que quedan preto da preparación, que é o que queremos observar. Van montados nunha peza que xira e permite intercambialos.

Platina. Nela colócase a preparación.

Diafragma. Regula a cantidade de luz que chega á preparación.

Fonte de luz. Serve para iluminar a preparación. Pode ser unha lámpada ou un espello que reflicta a luz dunha ventá ou dun flexo.

Pé. É a base do microscopio.

Tubo. Une os obxectivos co ocular. Polo seu interior viaxa a luz.

Brazo. Serve como soporte ás distintas partes do microscopio.

Parafusos de enfoque. Permiten subir e baixar a platina para achegar a preparación ao obxectivo ou afastala del. Hai un parafuso grande e outro máis pequeno.

16

SUXESTIÓNSIncidir na importancia do invento do microscopio para o avance dos coñecementos en bioloxía.

LibroMediaAnimación: O microscopio.

Page 17: Ciencias da Natureza - Santillana

SoluciónsObserva e descubre

Os parafusos de enfoque para acercar a preparación ao obxectivo.

1 Os dous tipos de lentes dun microscopio son o obxectivo e o ocular. O obxectivo é a lente que queda máis próximo á preparación.

2 Usaremos primeiro o obxectivo de 10 aumentos, porque sempre se empeza co obxectivo de menos aumento.

Para calcular a ampliación multiplicamos os aumentos do ocular polo de cada un dos obxectivos. É decir: 10 x 10 = 100 aumentos; 20 x 10 = 200 aumentos; 40 x 10 = 400 aumentos.

1As preparacións microscópicasPara poder observar algo ao microscopio, debe facerse unha pre-paración microscópica.

1 Que dúas lentes ten un microscopio? Cal delas queda máis preto da preparación?

2 Un microscopio ten un ocular de 10 aumentos e tres obxectivos, de 10, 20 e 40 aumentos:

• Cal debemos empregar primeiro?

• Con que ampliación veremos unha preparación usando cada un dos obxectivos?

ACTIVIDADES

O microscopio é un aparello que nos permite ampliar a imaxe para poder observar seres vivos ou as súas partes.

Consiste en colocar o que imos observar sobre unha lámina de vidro transparente, o portaobxectos, e cubrila con outra lámina máis fina chamada cobreobxectos.

O que se quere observar debe ser moi delgado, para que o atravese a luz. Por exemplo, pódese observar unha folliña, ou un anaquiño de pel de cebola ou da nosa propia pel.

Se queremos observar células dunha planta ou dun animal, temos que tomar un fragmento e realizar cortes moi finos cunha coitela ou cun aparello especial, de xeito que a luz os poida atravesar. Ou ben podemos elixir algunha zona que sexa moi fina, como a folliña dun musgo, por exemplo.

Como se usa o microscopioUnha vez que temos unha preparación, debémola colocar na platina do microscopio e iluminala coa fonte de luz. Hai que comezar a observar co obxectivo de menor aumento e, se fai falta, usar despois obxectivos cun maior aumento.

Debemos utilizar os parafusos de enfoque para colocar a preparación á distancia xusta do obxectivo para que se vexa nítida e enfocada. Cada vez que cambiamos de obxectivo ou de preparación, temos que volver enfocar.

• Que parte do microscopio está manexando a nena da fotografía? Que cres que está facendo?

OBSERVA E DESCUBRE

17

LibroMediaActividades: Recoñece as partes dun microscopio.Como usar o microscopio?

SUXESTIÓNSRespecto á actividade 2, é interesante chamar a atención do alumnado sobre o feito de que para calcular o aumento co que observamos unha mostra ao microscopio hai que multiplicar e non sumar.

Page 18: Ciencias da Natureza - Santillana

Solucións1 Os vexetais como os carballos e os castiñeiros están formados

por células vexetais. Os animais como o merlo, o peto e a lavandeira están formados por células animais.

2 O merlo utiliza os tecidos óseo e muscular, que pertencen aos tecidos animais.

3 As células dos seres vivos realizan a función de nutrición, relación e reprodución

.

1 No texto menciónanse varios seres vivos. Que tipo de células terá cada un deles?

2 Que dous tecidos utiliza o merlo para emitir o seu canto?

3 Na fraga de Pedrasirtas todo medra e todo vive. Que tres funcións vitais realizan as células dos seres vivos da fraga para que isto sexa así?

TEMPO PARA LER

Unha misión para Clara

En Pedrasirtas, a aldea onde nacera Antón, o pai de Clara, sitúase a fraga máis fermosa que se poida ver. Non lle ten nada que envexar a aquela de Cecebre, onde un escritor situou a novela en que as cousas teñen alma.

Na fraga de Pedrasirtas parou o tempo aínda que todo medra e todo vive. Parou o tempo porque cada ciclo da natureza é o elo dunha longa cadea que vén de lonxe e vai para lonxe. Ou así tería que ser. A vida sempre nova e sempre repetida.

Como bosque atlántico que é, ten unha gran variedade de especies arbóreas: carballos, casti- ñeiros, freixos, acivros, bidueiros, loureiros, albe- dros, abrairas, ameneiros, capudres, pradairos …

Á sombra deles, liques, musgos e fentos entre os que viven felices diversos anfibios: píntegas, ras, sapos e tritóns, aparentemente insensibles ao chío dos paxaros que poboan a ramaxe.

É o paraíso de Clara. Alí aprendeu a distinguir o afinado canto do merlo fronte aos constantes e fortes asubíos do reiseñor. O son de moedas do paspallás macho fronte ao ouriolo, que semella cantar o propio nome. O peto a picar no toro da árbore dezaseis veces por segundo e doce mil ao día para facer o niño nun mes. A lavandeira branca, emisaria do frío.

Alí tamén descubriu as pegadas dos corzos e dos xabarís e, onde o regato fai un relanzo, os zapa-

teiros, eses insectos nadadores de grandes ollos e finísimas patas que semellan ser leves coma un suspiro. Sobrevoando as augas, os cabaliños do demo a pintar notas irisadas nun pentagrama invisible, a procurar o alimento cos seus trinta mil ollos.

Todo un mundo que a fascinaba e no que, por veces, a néboa prendía nas árbores o seu misterio de la.

Por iso, á hora de xantar, cando Antón con voz grave anunciou que estaba en perigo a fraga, todos os ollos viraron acuosos e, no caso de Clara, as bágoas mesturáronse coa leituga que estaba a comer.

—Era visto. Encheron de eucaliptos as leiras que a rodean, e agora están ardendo coma un cinto de lapas. Milagre será que o lume non se estenda —explicou Antón sen mudar o xesto preocupado.

—Cantas veces non o falamos! E ti sempre dicías que non podías facer nada, que os comezaran a plantar antes dunha normativa clara e que, se ben se miraba, era o único xeito de lles tirar algún proveito ás terras por parte dos que non as podían traballar —lamentouse María.

Marica caMpo

Unha misión para Clara.Oqueleo (fragmento).

18

Un

ha

misió

n p

ara

Cla

ra

Marica Cam

po

+10

NA

RR

AT

IVA

Unha misión para ClaraMarica CampoIlustración de cuberta de Estelí MezaClara, unha nena de dez anos criada no amor

e o respecto á Natureza, quere ser exploradora

e visitar a selva amazónica. Non terá que ir

tan lonxe porque a aventura virá visitala a ela

na persoa de Nimo, un estraño personaxe que

chega á súa vida dun xeito misterioso. Despois

de lle abrir a porta, xa nada seguirá igual:

Clara ten unha misión que cumprir.

Entra na fraga con Clara e atoparás o gran milagre da vida.

www.oqueleo.com

Unha misión para ClaraMarica Campo

2. a E

DIC

IÓN

Cian Magenta Amarillo Negro

ES0000000092272 924736_Unha_mision_para_Clara_OBR_2ed_77120

ES0000000092272 924736_Unha_mision_para_Clara_OBR_2ed_77120.indd 1

13/02/2019 11:31:32

Page 19: Ciencias da Natureza - Santillana

Solucións1 Porque teñen unha forma prismática, parede celular

e cloroplastos.

2 R. G.

Observo células ao microscopio

1 Fíxate na última imaxe e explica como podes saber, a partir da fotografía, que as células que observas son vexetais.

2 Fai unha preparación microscópica cunha folliña de musgo, estúdaa e debuxa o que observes.

Consigue nun acuario unha planta acuática.

Cambia a un obxectivo de máis aumento e volve enfocar a preparación.

Coloca a preparación sobre a platina e afástaa do obxectivo. Usa un de pouco aumento.

Coloca unha das folliñas sobre o portaobxectos.

Mira polo ocular e achega a preparación co parafuso de enfoque grande ata vela.

Pon unha gota de auga e tápaa co cobreobxectos.

Emprega o parafuso de enfoque pequeno para poder enfocar ben a preparación.

1SABER FACER

Fai unha preparación microscópica

Observa a preparación

19

SUXESTIÓNSPedirlles aos alumnos e ás alumnas que tapen coa man a fonte de luz e que observen o que sucede. Para ver nun microscopio necesitamos que a luz atravese a mostra e que esta sexa moi fina.Despois deben mover o parafuso de enfoque ata ver nítida a imaxe.

LibroMediaVídeo: Observar células ao microscopio.

Page 20: Ciencias da Natureza - Santillana

Solucións

1 Mapa Mental. A: núcleo. B: tecidos. C: organismo. D: obxectivos. E: vexetal.

2 O número de células que os forman. A (paramecio) e D (alga unicelular) son organismos unicelulares formados por unha soa célula e ambas as imaxes están tomadas cun microscopio.

As imaxes B e C representan organismos pluricelulares formados por moitas células.

3 R. M. Célula animal. Partes: membrana, citoplasma,

orgánulos e núcleo. / Forma: diversidade de formas. / Tamaño: adoitan ser máis pequenas ca as células vexetais.

Célula vexetal. Partes: parede vexetal, membrana, citoplasma, orgánulos e núcleo. / Forma: regular. Tamaño: maior ca o das células animais.

4 teMpo para escribir. R. M. É correcta porque as células son as unidades que forman os seres vivos, igual que os ladrillos son as unidades que forman os muros das casas.

1 MAPA MENTAL. Relaciona as letras do esquema con estas palabras:

2 Cal é a diferenza entre os seres vivos unicelulares e os pluricelulares?

Xustifica a resposta relacionando a túa explicación coas seguintes imaxes, indicando cales delas estarán tomadas cun microscopio.

4 TEMPO PARA ESCRIBIR. Ás veces compáranse as células cos ladrillos dunha casa. Cres que é correcta esa comparación? Dá razóns a favor e en contra.

3 Copia e completa esta táboa, indicando as diferenzas entre as células animais e as vexetais.

A ORGANIZACIÓN DOS SERES VIVOS

tecidos organismoobxectivos núcleo vexetal

E

D

B

C

A

MICROSCOPIO

TIPOS DE CÉLULAS animal

oc

ular

sistemas e aparellos

preparación m

icroscópica

lentes

órganos

citoplasma

orgánulos

mem

brana

células

CÉLULAS

Niveis

A

C

B

D

Célula animal

Célula vexetal

Partes

Forma

Tamaño

COMPROBO O MEU PROGRESO

20

SUXESTIÓNSDebuxar no caderno un mapa mental similar.

LibroMediaActividades: Cales son pluricelulares?Células, seres unicelulares e seres pluricelulares. Que nivel de organización é? Os niveis de organización.

Material da aulaLámina: A organización dos seres vivos.

Page 21: Ciencias da Natureza - Santillana

5 Todos os seres vivos están formados por unidades máis pequenas chamadas células.

Realizan as tres funcións vitais: nutrición, obteñen as substancias que necesitan para medrar e conseguir enerxía; relación, obteñen información do medio que as arrodea e poden reaccionar ante ela; e reprodución, divídense e dan lugar a outras células fillas.

As células teñen distintos tamaños e formas diferentes: esférica, en forma de prisma, estrelada; plana, como células da pel, etc.

6 A parede é ríxida e é exclusiva das células vexetais. A membrana é común a todas as células.

7 Organismo. Aparellos e sistemas. Órganos. Tecidos. Células.

8 R. G. Pertence á célula vexetal. As súas partes son as seguintes: parede, membrana, núcleo e orgánulo (cloroplastos).

9 R. L.

10 Glosario. Tecido. Agrupación de células que son do mesmo tipo e realizan unha función común. Exemplo: tecido nervioso. /

5 Contesta no caderno.

• Cales son as características comúns a todos os seres vivos?

• Que tres funcións realizan as células polo feito de estar vivas? Explica en que consiste cada unha delas.

• Como pode ser unha célula en canto ao seu tamaño e á súa forma? Explícao con exemplos.

6 É o mesmo membrana ca parede celular? Que tipo de células teñen parede celular?

7 Copia e completa no caderno o esquema dos niveis de organización dos seres vivos.

Organismo

Células

..............

.............. ..............

8 Copia no caderno o seguinte debuxo, escribe a que tipo de célula pertence e sinala as súas partes.

9 Facede un modelo en tres dimensións dunha célula. Elixide entre unha animal ou unha vexetal.

Utilizade plastilina ou calquera outro material que sexa facilmente moldeable. Rematade o voso modelo incluíndo carteis indicativos de cada unha das partes.

10 GLOSARIO. Define no caderno as seguintes palabras e pon un exemplo de cada unha delas:

• tecidos

• órganos

• sistemas e aparellos

• organismos

11 Describe a organización do sistema óseo e do muscular dun mamífero desde o nivel máis sinxelo ata o máis complexo.

12 Escribe o nivel de organización a que pertence cada unha destas imaxes en relación cunha planta e ordénaos no caderno do máis simple ao máis complexo.

1

13 Un microscopio ten un ocular de 20 aumentos.

• Que aumento debe ter o obxectivo se queremos ampliar a imaxe ata 1.000 veces?

14 Explica o que son o portaobxectos e o cobreobxectos e para que serven.

15 Como se debe usar un microscopio para ver unha preparación correctamente unha vez que a temos xa preparada?

A

C

B

D

21

LibroMediaActividades: Encrucillado celular. En que se diferencia unha célula animal dunha célula vexetal?

LibroMediaActividade: Que partes do microscopio atravesa a luz?

SUXESTIÓNSExplicar a importancia de escribir as solucións no caderno cunha escritura correcta e con limpeza.

Page 22: Ciencias da Natureza - Santillana

Órgano. A unión de varios tecidos que se organizan para funcionar conxuntamente. Exemplo: fígado. / Sistema e aparellos. Un sistema está formado por varios órganos do mesmo tipo que realizan a mesma función, e un aparello está formado por órganos diferentes que funcionan de maneira coordinada. Exemplos: sistema nervioso e aparello dixestivo. / Organismo. É a unión de todos os aparellos e sistemas. Exemplo: un ser vivo.

11 Sistema óseo: célula ósea, tecido óseo, óso. Sistema muscular: célula muscular, tecido muscular, músculo.

12 A: órgano; B, tecido; C, organismo; D, célula vexetal. Ordenados: célula, tecido, órgano e organismo.

13 Necesitará un aumento de 500.

14 O portaobxectos é o cristal sobre o que se sitúa a preparación microscópica. O cobreobxectos tapa e protexe a mostra.

Continúa no anexo (páxina 136)

16 Observa as fotografías e responde. 17 Le o texto sobre o científico que inventou o primeiro microscopio e escribe unha redacción sobre este personaxe en que expliques cales foron os seus logros e por que o seu invento foi tan importante para o estudo dos seres vivos.

• Que se ve nas imaxes? Relaciónao cos diferentes niveis de organización dos seres vivos.

• Que orixe ten o que se observa en cada unha das fotografías, animal ou vexetal?

• Debuxa no caderno unha das células que se observan de cada imaxe e rotula todas as partes que coñezas.

Antigamente, os científicos non podían observar nada que non puidesen ver a simple vista. Isto facía imposible estudar con detalle seres tan pequenos coma unha pulga ou pescudar que fai que se enturbe a auga dunha charca.

Antonie van Leeuwenhoek, nacido en 1632, foi un destes científicos empeñados en explorar o pequeno. Para facelo dispoñía de lentes que conseguían aumentar o tamaño das imaxes.

Tratábase de simples lupas. Pero Leeuwenhoek conseguiu fabricar lupas tan potentes que eran auténticos microscopios.

Os microscopios de Leeuwenhoek eran moi sinxelos, pero con eles puido entrar nun mundo que antes era invisible para o ollo humano e descubriu seres vivos minúsculos que ata entón eran descoñecidos.

A

B

COMPROBO O MEU PROGRESO

22

COMO O FIXEN? Responde no caderno.

Sei o que son as células e cal é a súa importancia?

Coñezo diferentes tipos de células e describo as súas características?

Recoñezo os niveis de organización dos seres vivos?

Sei como utilizar o microscopio e coñezo os nomes das súas partes?

Ponlle unha nota ao teu traballo nesta unidade.

SUXESTIÓNSAproveitar a avaliación final para que cada alumno ou alumna escriba no caderno en que debe mellorar e como o vai facer.

LibroMediaActividade: Comproba o que sabes do funcionamento do noso corpo.