aula de natureza da serra dos ancarespercorrido básico: aula de natureza dos ancares (campa da...

36
1 XUNTA DE GALICIA Camiñar para coñecer, coñecer para conservar Aula de natureza da Serra dos ANCARES Itinerario ambiental á Campa de Tres Bispos

Upload: others

Post on 02-Feb-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • 1

    XUNTA DE GALICIACamiñar para coñecer, coñecer para conservar

    Aula de natureza da

    Serrados ANCARESItinerario ambiental áCampa de Tres Bispos

  • 2

    Esta pequena guía pretende achegar ós visitantes destaaula de natureza a todos aqueles aspectos naturais, cultu-rais e patrimoniais que fan deste contorno un espacio paraaprender a conservar o noso patrimonio.

    Os itinerarios organízanse arredor de paradas relativas aaspectos do medio natural, etnográfico e cultural que polasúa peculiaridade, valor ou singularidade merecen ser des-tacados.

    As paradas que se realizan ó longo do percorrido encón-transe convenientemente sinalizadas cos seus respectivospostes indicadores, así como os desvíos e dirección aseguir durante o noso percorrido.

    ¿Como usar esta guía?

    Para evitar crear impactos innecesarios debes ter en contaalgunhas das seguintes recomendacións:

    - Evita camiñar fóra dos camiños. Estes encóntranse debi-damente sinalizados. Se os abandonas estas creando unimpacto innecesario.

    - Deixa o vehículo no aparcadoiro e goza do contornocamiñando polo itinerario que te propoñemos.

    ¿Como comportarnos naturalmente durante onoso camiñar?

  • 3

    - Deposita nos contedores o lixo que produzas durante atúa visita. Sería importante que fixeras unha recollidaselectiva e a depositaras nos contedores axeitados.

    - A auga é fonte de vida. Por iso debes manter limpas asfontes e cursos de auga. Nós mesmos ou outros seres vivospoderíamos precisala máis adiante.

    - Ten coidado co lume. Un incendio causa graves prexuí-zos na natureza e mesmo podemos poñernos en perigo.

    - Respecta as plantas e animais, xa que todos cumpren unimportante papel na natureza.

    - Lembra que os animais domésticos ceibes poden asustara outras persoas ou molestar ós animais que teñen nestelugar un refuxio de tranquilidade.

    - Aproveita estes momentos para disfrutar do contacto coanatureza. Esquece as présas, utiliza todos os sentidos, pres-ta atención áspequenas cousase ven visitar esteespacio en dis-tintas épocas doano.

    Aula de naturezados Ancares

  • Pico Tres

    Bispos

    7.400 mPERFIL TOPOGRÁFICO - IDA

    Lugo ANCARES

    1.800 m

    1.200 m

    Aula deNatureza de

    ANCARES

    1.600 m

    1.400 m

    Fonte daBardanoa

    A Campa deOrtigoso

    Campa de TresBispos

    CABANASANTIGUAS

    1.100

    1.200

    1.300

    1.000

    1.000

    Á Campada Braña

    AULADE NATUREZA

    DE ANCARES

  • Fieiró

    Pico do Boi

    Campa deTres Bispos

    Tres Bispos

    Os Penedois

    Ríoda

    Vara

    CabanaVella

    1.000

    1.0001.200

    1.300 1.4001.500 1.600

    1.700

    1.60

    0

    1.50

    0

    1.500

    1.60

    0

    1.4001.300

    1.30

    01.

    400

  • 6

    Percorrido básico: Aula de natureza dos Ancares (Campada Braña) – Campa de Tres Bispos e volta polo mesmositio. 10 Km. Percorrido lineal. 3h 15 min de tempoandando ( 2 h ida e 1h 15 min volta).

    Dificultade: media, accesible para público con mobilida-de reducida e incapacitados.

    Itinerario alternativo 1: subida ó pico Tres Bispos e bai-xada ( 3 km, 40 min subida e 25 min baixada).

    Dificultade: media-alta, non accesible para incapacitados.Inicio e fin: Aula de natureza dos Ancares.Aparcadoiro: Aula de natureza ou albergue do clube

    Ancares.

    Aula de natureza da

    Serrados ANCARES

  • 7

    O itinerario que describimos a continuación realiza un per-corrido desde a Aula de natureza dos Ancares ata a Campade Tres Bispos, para volver de novo ó inicio. Existe un iti-nerario alternativo unido a este principal, con subida ó picoTres Bispos.Neste itinerario ambiental poderemos coñece-la media ealta montaña da serra dos Ancares, con fragas autóctonassingulares en Galicia, moi importantes para a conservaciónda diversidade biolóxica. Unidos a estes valores naturais,consérvanse tradicións, arquitecturas tradicionais e usosdo territorio interesantes de coñecer pola súa conexióndirecta co medio. A serra dos Ancares está situada na provincia de Lugo, nasúa zona oriental. Ten unha extensión de 12.700 ha, e a súa orientación NE-SO divide as provincias de Lugo e León, con cumes dearredor dos 1.900 m de altitude, os máis antigos e erosio-nados da cordilleira Cantábrica, con aproximadamente 500millóns de anos.

    Na actualidade está catalogada como Reserva Nacional deCaza, zona de recuperación do oso pardo e está incluídana Rede Europea Natura 2000.

    Introducción

  • Os aproveitamentos humanos reduciron aextensión das fragas para poder vivir da agricultura e da gandería

    8

    Esta área de montaña determina unhas condicións de vidamoi esixentes, polo que os ancareses adoptaron distintasestratexias para sobrevivir. Deste xeito, a súa vida baséasenunha economía da subsistencia, ordenando os seus culti-vos para tirárlle-lo máximo proveito. Na zona de Degrada, a uns 1.200 m de altitude, utilizan osterreos orientados ó sur, máis soleados e productivos, paralabores agrícolas como veigas de regadío que producenpara o gando, hortas e outros cultivos. Parte desas zonasquedan sen cultivar, a monte baixo. Entre outros recursos,o monte baixo produce alimento para as abellas. As abellasteñen as súas colmeas no interior das alvarizas ou cortíns.Estas construccións están constituídas por un muro altocircular que protexe as colmeas de posibles ataques dedepredadores, como o oso pardo. Na ladeira orientada ónorte está a fraga, da que os veciños extraen madeira paraleña e outros usos. O pan ou centeo seméntase, na actuali-dade minoritariamente, nas zonas máis altas, pola súaresistencia e adaptabilidade a este clima e ós solos pobres.O centeo foi moi importante para a alimentación, ademais

    parada 11

  • 9

    de proporciona-la pallapara a construccióndos teitos das pallozas.Por último, nas zonaspróximas ós cumes,utilizaban os pasteirosou malladas, con exce-lente pasto para ogando no verán.

    Distintos aproveitamentos

    do territorio

    O oso pardo, un visitante de excepción

    O oso pardo foi común en Galicia e as súas poboa-cións chegaban no século XIX a lugares tan afasta-dos dos Ancares como A Ulloa e Terra de Montes. O mesmo ca no resto da península Ibérica, a ele-vada presión humana sobre o medio fixo que o seuhábitat quedase reducido a unhas escasas áreas de

  • 10

    O oso pardo achégase ós Ancares na primavera

    montaña, e, de feito, hoxe en día só sobrevivennalgúns lugares da cordilleira Cantábrica e nosPireneos. Hoxe en día, o número de exemplaresibéricos non chega ó cento. As poboacións máispróximas a Galicia sitúanse nos montes asturianos. Durante o inverno os osos refúxianse en covas,reducindo ó mínimo o seu nivel de actividade.Cando chega a primavera, saen dos seus acubillose camiñan moitos quilómetros en busca de ali-mento. Eses osos de Asturias achéganse a Galiciaa través dos Ancares, e incluso nalgunha ocasiónchegaron ata a veciña serra do Courel.

  • 1 1

    As fragas son o resultado dunha evolución natural, gardan-do equilibrio coas características do solo, clima e orienta-ción. Proporcionan materias primas (madeira, froitos, prin-cipios para menciñas), podemos gozar da súa paisaxe oupasear por elas... As fragas contribúen ó equilibrio ecolóxi-co do medio, conservando recursos tan necesarios como oaire, os solos e a auga.

    As fragas enriquecen a nosa vida

    parada 22

    A píntega rabilonga nada moi benAsociada á auga queconservan as nosasfragas vive esteanfibio. É une x c e l e n t enadador, cunhalonga cola.Vive no noroes-te peninsular,polo que supón un valor raro e singular que sedebe conservar. Habita zonas onde hai moitahumidade, en liques ou regatos. O seu corpo é decor parda escura; atópase agachada entre as

    A píntega rabilonga,un endemismo

    do noroeste

    ibérico

  • 12

    pedras e a vexetación. Desenvolve a súa activi-dade principalmente pola noite, e aliméntase deinsectos que captura coa súa longa lingua. Nos últimos anos estase a detectar unha crecen-te diminución das especies de anfibios condicio-nada ó debilitamento da capa de ozono e á malaconservación dos espacios húmidos e da calidadeda auga.

    A abeleira aporta enerxía á vida da fraga

    A abeleira bota multitude de pólas desde a base,e acaba nunha copa estendida.Ten follas caducasde forma redondeada e aserrada que acaban enpunta. O seu froito, a abelá, madura no outonoenvolto nunha casca. Resulta altamente enerxé-tico, polo que se converte nun regalo apeteciblepara toda a fauna da fraga.Está acompañada da estripeira, o freixo, o pra-dairo ademais de plantas como as uvas de can, asprimaveras ou as silvas.Coa súa madeira fanse fortes caxatos, empregán-dose tamén para a cestería.

  • 13

    O bosque de Cabana Vella: unha mostra do valor ecolóxico dos Ancares

    A posición da serra dos Ancares (extremo da cordi-lleira Cantábrica), a gran altitude dos seus cumes eo feito de ser unha das áreas menos deterioradas deGalicia, danlle unha elevada importancia ecolóxica.Esta serra posúe algunhas das fragas máis importantese mellor conservadas de toda Galicia. A de CabanaVella constitúe un magnífico exemplo, agachandounha boa parte da diversidade biolóxica dos Ancares.A fraga non é só un conxunto de árbores, nela taménhai outros seres vivos que habitan neste espaciocomún. Todos constitúen un sistema vital moi com-plexo que cómpre conservar. Especies moi escasas en Galicia como a lagartixa dasbrañas (encontrada só nos Ancares e na serra doXistral), a arcea, a lebre de Castroviejo (endémicanos Ancares), a pita do monte (a piques de se extin-guir), ou o oso pardo encontran nesta serra e nosseus bosques mellor conservados (como o de CabanaVella), un espléndido lugar para seguir vivindo.As actividades turísticas na natureza poden supoñerun impacto que perturbe a tranquilidade destasespecies e altere os seus hábitats.Debemos colaborar activamente e evitar discorrerpor aquelas áreas máis sensibles e as que teñan limi-tado o acceso.

  • 14

    Os grandes troncos centenarios dos carballos,que teñen as súas polas esgazadas polo temporalou os lóstregos, deixan buratos nas súas feridas.Estes abren novas posibilidades de hospitalidadea outros seres vivos.

    As avelaionas son asaves de rapinanocturnas máisfrecuentes nafraga. Poden terdúas coloracións:cincenta e parda,

    e imitanperfec-

    tamentea casca dasárbores, de

    tal xeito queresulta difícil

    descubrilas.A súa presencia

    dedúcese nanoite polo son que emiten: un

    oulear que utilizan para marca-

    Avelaiona

    A fraga centenaria agacha sorpresas abraiantes

  • 15A corta rubia é unha habitante das tebras

    Este pequeno rillador, de aproximadamente 25 gde peso, percorre incansable a noite da fragapara atopar alimento. Ten o lombo en tonsrubios, o resto do corpo gris e a cola acaba nunpincel de cor negra.Son mamíferos que non hibernan, polo que nassúas pequenas galerías gardan alimentos comoabelás, sementes, castañas....Constitúen un recurso alimenticio importante paraanimais como as avelaionas, xenetas, martas...

    lo o seu territorio de caza. Cazan ó asexo, poisteñen un excelente oído. Aliméntanse dunhavariedade sorprendente de presas (insectos,aves, réptiles, anfibios...) aínda que as máiscomúns son os ratos. Comen as súas presas entei-ras, para despois devolve-los restos de pelos eósos en forma de bola (egagrópilas). Teñen moitaimportancia ecolóxica como reguladoras daspoboacións de rilladores, insectos..., pois mante-ñen o equilibrio do ecosistema.

  • Esta árbore é a representante máis abondosa nas fragasgalegas autóctonas; pode chegar a acadar ata 50 m de altu-ra e vivir ata 1.000 anos. Está acompañado nas fragas pordistintas árbores e vexetación, e a súa distribución no valordénase segundo a altura e a orientación.Á carón do carballo viven na fraga moitas especies de arbus-tos e herbas, entre os que podemos atopa-la uz branca, aarandeira, o fento común, a lúzula, a saxífraga, a soldacon-solda, a seixebra... Todas elas dan cor na primavera e princi-pios medicinais que podemos utilizar para as nosas doenzas.Das follas e dos froitos do carballo (landras) aliméntansemultitude de animais, desde a fauna máis pequena, comoinsectos e ratos, á máis grande, como o xabaril ou o corzo. A caída da folla do carballo no outono proporciona ele-mentos nutritivos para o solo. A súa madeira, dura, pesadae resistente á podremia, usábase antigamente para cons-truír casas e barcos; na actualidade empréganse para facerbocois de viño. A súa casca utilizábase para curti-lo coiro.As carballeiras en Galicia constitúen un referente cultural,sempre están a carón de igrexas e santuarios ou de camposde festas ou feiras. Vicente Risco recolleu da tradición

    O carballo ofrece fogar e despensa a unhas300 especies de animais

    parada 33

    16

  • 1 7

    popular que a sombradun carballo é a mellorda que se pode gozar. Na fraga viven gran can-tidade de aves, como ogaio; o paporrubio real,co seu peito vermello; oferreiriño negro; o ferrei-riño subeliño; o paporru-bio común; ou o piqueloazul, que gabea polostroncos das árbores.Podemos oír ás veces opeto real petando co seupeteiro nas árbores enbusca de alimento.

    Os bidueiros non pasan inadvertidos no contorno debido ócontraste da súa cortiza branca prateada. Teñen unha capa-cidade de adaptación a condicións de clima e solo severas,

    Os bidueiros poden vivir nas alturas do bosque

    parada 44O carballo, fonte de recursos

  • por iso poden vivir ata os 1.700 m de altitude. Estes biduei-rais de zonas altas son escasos en Galicia e importantespola capacidade destas árbores para colonizar e estende-lobosque a novos lugares nas alturas, onde lle resulta difícila outras especies. Aparecen mesturados con outras árborescomo o teixo, o capudre, o acivro e o carballo. Conviventamén con arbustos e plantas como o piorno, a valeriana ou

    o trobisco macho.A súa madeira é bran-da, branca e flexible;con ela fabrícansezocos, culleres, man-gos de ferramentas,aros de bocois, etc.Nos Ancares usousepara face-los mara-ñóns, aparellos que,calzados sobre oszapatóns, servían parapoder andar pola nevesen afundirse.

    18

    O bidueiral é o límitedos bosques en altitude

  • 19

    Os liques indican o estado de saúde dun ecosistema

    No tronco e nas pólas das árbores podemosobserva-los liques, que son o resultado dunacordo ou simbiose entre unha alga e un fungo.A alga achega a súa capacidade para producirclorofila e o fungo dálle protección e salesminerais. Estes seres vivos son a primeira pel davida; son capaces de colonizar e de se instala-ren nos lugares de condicións máis duras: naspedras, nos muros...

    O piñeiro silvestre pode vivir a máis de 1.000 mde altitude, pois adáptase ben ó frío. Para conse-guir sobrevivir adaptouse ás condicións climáticasduras empregando unha estratexia: as súas follaspermanecen todo o ano na árbore, teñen formade agulla, son pequenas e están agrupadas dedúas en dúas. Nestes piñeirais podemos ve-lo esquío realizandoacrobacias, ou comendo nos piñóns, ou escoitar,pola noite, o bufo pequeno.A madeira deste piñeiro, co cerne de cor verme-lla, emprégase para a ebanistería.

    Un cultivo forestal de piñeiros, que está verde todo o ano

  • 20

    O ferreiriño común caza insectos polo piñeiral

    O seu nome vénlle de que o seu canto se seme-lla ó ruído que o ferreiro fai cando golpea oferro na zafra para traballar calquera peza. Estepaxaro distínguese pola súa cabeza e babeironegros e a característica caluga branca.Aliméntase de insectos, realizando un laborimportante para mellora-la saúde dos bosques.Pode chegar a capturar ata 8.000 insectos paracompleta-la ceba da súa rolada. Aniñan enburatos de árbores. Son paxaros que delimitan

    os seus terri-torios, poloque podere-

    mos escoita-los seus cantosi n c a n s a b l e s ,sobre todo naprimavera.

    O ferreiriño común aliméntase no piñeiral

  • 21

    A matogueira é moi diversa, tanto en plantas como en tama-ños; a súa altura pode estar entre uns centímetros e 4 m, cons-tituíndo un bosque en miniatura. Nos Ancares este tipo devexetación ocupa aproximadamente o 50% do territorio, poiso uso que a xente fai do solo (cavadas, cortas, cultivos, pasto-reo, incendios...) favorece a súa expansión. Tamén é debido áscondicións ambientais limitantes nas zonas das alturas, ondeos solos son pobres, o clima é moi frío e os ventos, fortes.As matogueiras teñen gran valor, xa que poden constituí-lopaso anterior á formación do bosque, ofrecen refuxio a moi-tas especies de animais, reteñenos solos combatendo a erosión eproporcionan a base para activi-dades como o pastoreo e a api-cultura. As campas, claros devexetación, proporcionan pastopara o gando. Na Campa deTres Bispos podemos ver dúasespecies da matogueira como axesta branca e a xesta pudia,con plantas como a herba das

    Nas alturas, a fraga deixa paso á matogueiraparada 55

    A xesta branca, unha planta da matogueira

  • 22

    As perdices viven na matogueira alimentándosede vermes e grans

    malladas ou a festuca. Antigamente, estas especies cultivá-banse para realiza-la rotación cos cereais (centeo, pan)cando as agras tiñan o solo esgotado. Deste xeito, as xes-tas cumprían dúas funcións: axudaban a enriquece-lo soloe, cando se cortaban, servían para leña ou para cama dogando, producindo esterco para fertiliza-los cultivos. Nas zonas de mato, máis ou menos tupido, encontran refu-xio algunhas aves que están en regresión en Galicia, comoa perdiz charrela, a tartaraña azulada ou a rapina cinsenta.

    Nos Ancares viven dúas especies de perdices, a rubiae a charrela. A perdiz charrela é un endemismo donoroeste da península. As súas poboacións diminú-en debido á desaparición dos cultivos de centeo, ósincendios, á apertura de pistas e ás repoboaciónsforestais. A perdiz rubia é máis abondosa. Adoitancriar dúas roladas anuais, coa colaboración entre omacho e a femia, simultaneamente. Poñen ata 20ovos no niño, que cobren con vexetación para quenon sexa descuberto polos depredadores. Viven enbandos e voan ruidosamente a rentes das matoguei-ras en tramos curtos.Nas matogueiras viven tamén outros animais como achasca, o esgonzo común, a cóbrega lagarteiracomún, o ourizo cacho e o coello.

  • 23

    Ata aquí chega o percorrido de ida básico; o itinerario devolta vai polo mesmo camiño ata a Aula de natureza dosAncares.

    Como itinerario alternativo, podemos subir ó pico TresBispos, para dispoñer dunha fermosa vista da serra dosAncares.

    ITINERARIO ALTERNATIVOSubida ó pico Tres Bispos e baixada

    ( 3 km, 40 min subida e 25 min baixada)

    11

    Na matogueira que vemos na ascensión ó pico TresBispos, con 1.792 m, podemos ve-lo piorno e a quei-roga nas alturas próximas ós 1.700 m. No cume pode-remos observa-lo xenebreiro rastreiro e a xanzá. Por outra banda, a paisaxe que podemos observar amedia subida é impresionante, xa que terémo-la opor-tunidade de ve-las fragas mellor conservadas da serrados Ancares; o val de Ortigal, co avesedo de Donis; eo val do Vara coa fraga de Cabana Vella. Da bandaleonesa, observarémo-lo Bierzo e, en días claros, acheminea da Central Térmica de Ponferrada.

    Os Ancares, unhas montañas con 500millóns de anos

    parada 66

  • 24

    Temos tamén unha paisaxe magnífica da cordilleira,cos cumes máis altos: ó nordés (NE) o pico Mustellar,con 1.924 m, máxima altura nos Ancares Galegos, etamén o pico Cuiña; ó sueste (SE), Pena Rubia.Os materiais máis frecuentes nos Ancares son as lou-sas e as cuarcitas, que datan de hai 500 millóns deanos. Posteriormente, hai uns 22 millóns de anos,rexuveneceuse o relevo producindo grandes fallas endirección NO-SE. A favor destas fallas, e perpendicu-larmente ós cumes, asentáronse os ríos en fondosvales de dirección NE-SO, formando unha figura que

    semella a espiña ver-tebral dun peixe. Noúltimo período glacia-rio, hai 20.000 anos, oxeo modelou profun-damente o relevo.

    Na baixada do cumevolvemos polo mes-mo camiño.

    500 millóns de anos nos contemplan

  • 25

    O capudre alimenta a moitos animais

    parada 77Esta árbore acubilla moita fauna que se alimenta dos seusfroitos. Os cazadores aproveitaban esta circunstancia paracazar.O capudre resulta de vital importancia para moitas aves efauna diversa. Os seus froitos, en grandes acios, permanecenmoito tempo maduros na árbore, desde outono ata principiosdo inverno. Esta circunstancia ofrece oportunidades de ali-mentarse ós animais nas épocas onde comeza a escaseza. Oteixugo, no outono e invernoaliméntase dos seus froitos.Esta árbore aparece sem-pre mesturada con outrasespecies como o carballo;resiste ben o frío, superan-do os 1.000 m de altitude.Os seus froitos desecados,ben maduros ou en com-pota son bos para o trata-mento das diarreas, e ade-mais conteñen moita vita-mina C.

    Froitos do capudre

  • Os xardóns ofrécenlle casa e despensa á faunano duro inverno

    parada 88

    Esta árbore, que non excede os 10 m de altura, é sempreverde, con follas espiñentas, sobre todo nas súas partesmáis baixas, para protexerse dos dentes dos herbívoros. Éunha especie moi resistente ó frío e de crecemento lento.Ten pés masculinos e femininos. Nestes últimos podemosver no outono e no inverno os froitos de cor vermella. Ásveces o acivro forma acevedos, bosques mestos e pecha-

    dos.

    A súa importancia ecoló-xica é grande porque

    lle ofrece refuxioe alimento a

    moita fauna.As súas follasp roporc io -nan abrigo

    no seu interior, cunha tempe-ratura superior en 3º C ó exte-rior. Tamén agacha e prote-

    xea dos predadores. Por último, o acivro

    O acivro é un bo refuxio26

  • 27

    constitúe unha fonte continua e segura de alimento noinverno, momento de especial escaseza de recursos. Assúas follas e froitos ofrecen comida a corzos, lebres, esquí-os, pitas do monte... Estes froitos son velenosos para oshumanos.

    Esta árbore está protexida pola lei, debido ó perigo quecorre por usala como ornamento nas nosas casas no Nadal.Na actualidade non está permitida a súa corta. Debemosdesterra-lo uso decorativo ou comprar acivros nos vivei-ros, pero nunca extraelos do medio natural, xa que o seumellor papel é seguir protexendo e alimentando a faunadas nosas montañas.

    O candeeiro, de acivro, alumeaba a palloza

    A súa madeira é resistente e dura, non flota naauga e resulta moi boa como combustible. Naspallozas, a falta de luz eléctrica obrigaba a utili-zar elementos do medio para alumea-la vida noinverno. O candeeiro ou pasmón era unha póla doacivro longa e delgada enlazada cun pé. Nunextremo da póla prendíase e ardía a modiñocunha chama semellante á dunha candea.

  • 28

    O tordo e o acivro teñen unha curiosa sociedade

    O tordo malvís é unpaxaro do tamaño do

    merlo común, de cor parda,distinguible pola súa lista de cor

    crema por riba dos ollos e pola coracastañada dos seus flancos.

    Podemos observalo en Galicia naépoca invernal. Emigra desde o norte

    de Europa, fuxindo do frío e naprocura de lugares máis aptos

    para se alimentar.Este paxaro ten unha relación estreita co aciv-ro, xa que se alimenta dos seus froitos, que des-pois de pasaren polo seu aparello dixestivo,agroman máis rapidamente. Así esparexe assementes -que, doutro xeito, tardarían máistempo en agromar- e axuda a expandir estasimportantes árbores.

    A pita do monte estase a extinguir nos Ancares

    É unha das testemuñas máis fermosas da nosafauna. O macho é espectacular, de plumaxe negracincenta. Ten o peito de cor azul lousa e verde, e

    Tordo

  • 29

    un penacho vermello na cella. A femia éacastañada, de cara a mimetizarse no niñocando cría á súa rolada e así despista-losinimigos naturais. As poboacións de pita domonte diminúen anoa ano, polo queestán en perigode extin-ción nosAncares. A causa principal éa reducción do seu hábitatpolas alteracións humanas.

    O teixo é unha árbore escasa en Galicia

    parada 99Os teixos poden chegar a vivir centos de anos. Aparecenmesturados con outras árbores na fraga. Conservan a súa folla de cor verde escura todo o ano, eteñen un froito inconfundible de cor vermella cunha envol-tura carnosa. Tanto os froitos como as follas alimentan amoita fauna. Aves como as papuxas, o pimpín común ou o

    Pita domonte

  • 30

    verderolo común aliméntanse dos froitos e sementes cosseus peteiros robustos.Tódalas partes do teixo son tóxicas para os humanosexcepto o arilo carnoso do froito. Da súa casca extráese, encantidades moi pequenas, o taxol, que serve para tratardiversos cancros.Ten unha madeira moi dura e densa, moi ben estimada paraa ebanistería, para facer instrumentos musicais ou eixes de

    carros. As súas pólasdelgadas e flexiblesutilizábanse para facerarcos.Conta a lenda que osdevanceiros galegosresistiron no MonteMedulio o asedio doemperador romanoAugusto e, antes decaeren derrotados, pre-feriron suicidarsebebendo auga cocidacon follas de teixo.

    Os teixos poden serárbores centenarias

  • 31

    Os grandes incendios prexudican os fíos davida no medio

    parada 1010

    Na antigüidade a agricultura tradicional usaba o lumecomo unha ferramenta para o rexuvenecemento domonte, para eliminar materia orgánica seca e leñosa efavorece-lo desenvolvemento de plantas pastables para ogando. Polo tanto, o lume está ligado á cultura agraria,que segue vixente.

    Na actualidade, o uso e aproveitamento do territorio cam-biou radicalmente. O mal manexo do lume, o pouco apro-veitamento da matogueira e da fraga e a plantación deespecies foráneas ocasionan que o lume acade proporciónsmaiores e que poden ser tráxicas. As consecuencias degrandes incendios repetidos sobre a matogueira, en pen-dentes grandes, en fragas ben conservadas ou en planta-cións forestais poden se-la degradación do solo, o empo-brecemento do valor paisaxístico e a erosión producidapola chuvia, que arrastra a capa fértil.

    A toma de conciencia da sociedade sobre este problemaambiental podería axudar a resolvelo.

  • 32

    Outras visitas no contorno

    PiornedoDende a aula de natureza podemos achegarnos aPiornedo, unha aldea na que se conservan algun-has das construccións máis antigas de Europa, eque estiveron habitadas ata hai moi poucos anos.As pallozas son vivendas circulares co teito decolmo, a palla do centeo.No interior da palloza desenvolvíase a maiorparte da vida dos ancareses, especialmente nosinvernos máis duros.Baixo o seu teito, ademais da familia, vivían osanimais (vacas, porcos, galiñas...) e deste xeito,axudaban a quenta-la vivenda e facilitábanse oslabores con eles.No percorrido pola estrada veremos nosCabaniños os restos das instalacións dedicadas áexplotación forestal, actividade moi importantea mediados deste século. Para move-las árboresdende os bosques empregaban un teleférico, doque se poden ver algúns restos.

    Existen outras aldeas do lado dos Ancares leone-ses que tamén conservan pallozas, como ABalouta.

  • 33Hórreo e palloza en Piornedo

    Especies citadas neste itinerarioAbeleira - Corylus avellanaAcivro, Xardón - Ilex aquifoliumAguia albela - Circaetus gallicusArandeira - Vaccinium myrtillusAvelaiona - Strix alucoBidueiro - Betula celtibericaBufo pequeno - Asio otusCapudre - Sorbus aucupariaCarballo - Quercus robur / Quercus petraea

  • Centeo - Secale cerealeChasca - Saxicola torquataCóbrega lagarteira común - Coronella austriacaCoello - Oryctolagus cuniculusCorta rubia - Clethrionomys glareolusCorzo - Capreolus capreolusDenociña - Mustela nivalisEsgonzo común - Anguis fragilisEsquío - Sciurus vulgarisEstripeiro - Crataegus monogynaFento común - Pteridium aquilinumFerreiriño de caluga negra - Parus palustrisFerreiriño subeliño - Aegithalos caudatusFerreiriño - Parus aterFestuca - Festuca indigestaFreixo - Fraxinus excelsiorHerba das malladas - Nardus strictaLagartixa das brañas - Lacerta viviparaLúzula - Luzula sylvaticaOso pardo - Ursus arctosOurizo - Erinaceus europaeusPaporrubio común - Erithacus rubeculaPaporrubio real - Pyrrhula pyrrhulaPapuxa - Sylvia sp.Pega marza / Gaio - Garrulus glandariusPerdiz charrela - Perdix perdixPerdiz rubia - Alectoris rufaPeto real - Dendrocopos major

    34

  • 35

    Pimpín común - Fringilla coelebsPíntega rabilonga - Chioglossa lusitanicaPiñeiro rubio - Pinus sylvestrisPiorno - Adenocarpus complicatus Piquelo azul - Sitta europaeaPita do monte - Tetrao urogallusPrimavera - Primula vulgarisQueiroga - Erica sp.Rapina cinsenta - Circus pigargusSaxifraga - Saxifraga spathularis Seixebra - Teucrium scorodoniaSilva - Rubus fruticosus Soldaconsolda - Polygonatum odoratumTartaraña azulada - Circus cyaenusTeixo - Taxus baccataTordo malvís - Turdus illiacusTrovisco macho - Daphne laureola Uvas de can - Tamus communisUz branca - Erica arboreaVerberiana - Valeriana montanaVerderolo común - Carduelis chlorisVioleta - Viola rivinianaXabaril - Sus scrofaXenebreiro rastreiro - Juniperus communisXeneta, algaria - Genetta genettaXanzá - Gentiana luteaXesta branca - Genista floridaXesta pudia - Cytisus scoparius

  • 36 Edita: Xunta de GaliciaConsellería de Medio AmbienteCentro de Información e Tecnoloxía Ambiental

    Idea orixinal, realización e textos:

    cem, s.coop.galega. ©

    Fotografías: XK3 foto ©

    Ilustracións: Rafa Salvadores ©, Suso Cubeiro © e Tokio ©

    Deseño gráfico, infografía e maquetación:Mazaira grafismo, s.l.

    Impresión: Edym, s.l.

    Depósito legal: C-224/2001