06 xuño 2013 - bd78

16
Número: 78- Ano: V - 7 de xuño de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA- RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. BALANCE TEMPADA 2012-2013 Páx. 2-3 ATLETISMO Páx. 7 Boxeo amateur no Pazito [Páx. 5] 46 Rali de Ourense os días 14 e 15 de xuño [páx. 12] I Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense, o sábado 22 de xuño. Organiza Club Deportivo Aurum

Upload: barrios-deportivo

Post on 07-Mar-2016

242 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

No número 78 do Barrios Deportivo facemos balance da tempada 2012-2013 dos equipos ourensáns. Outro dos temas destacados é a remodelación en CD Ourense con oito baixas con respecto a este ano. De deportes de contacto o destacado foi a segundo velada en poucos meses de boxeo amateur celebrada en Ourense; o judo tamén está presente nas páxinas deste número co torneo Champagnet celebrado en Maristas.

TRANSCRIPT

Page 1: 06 Xuño 2013 - BD78

Número: 78- Ano: V - 7 de xuño de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA-RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

BALANCE TEMPADA 2012-2013 Páx. 2-3 ATLETISMO Páx. 7

Boxeo amateur no

Pazito[Páx. 5]

46 Rali de Ourense os días 14 e 15 de xuño [páx. 12]

I Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense, o sábado 22 de xuño. Organiza Club Deportivo Aurum

Page 2: 06 Xuño 2013 - BD78

� BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

BALANCE DO ANO

Cabreiroá obsequiu a Del Bosque cunha réplica dun depó-sito de almacenaxe de auga, similar aos desta marca./R.T.

Club Ourense Baloncesto volta a Leb Plata tras disputar un igualado play out.

CDO continuará en Segunda B logo dunha máis que boa tempada

R.T.

Vicente Del Bosque visi-tou a sede de Cabreiroá en Verín o pasado �9 de maio, por ser un dos patrocinado-res da selección española, xa que Cabreiroá é desde o ano pasado a auga oficial do equipo campión do Mundo e dobre campión de Europa.

Del Bosque non esquivou ningunha das preguntas e contestou nun ton afable a todas elas. Mostrouse como se lle ve na tele: un home amable, próximo e humilde.

Sobre o final de liga na loita pola permanencia non quixo dar un prognóstico e mediante unha anécdota ex-plicou as súas poucas artes adivinatorias: “desde sem-pre eu fago a mesma quinie-la, poño as mesmas “x” nos mesmos marcadores desde hai anos, xogue quen xo-gue”. Pero si dixo que “evi-dentemente o Dépor parte con vantaxe, aínda que que

o Celta estea con opcións é importante”. Ao final, o Celta de Vigo permanecerá un ano máis en Primeira Di-visión.

AspasContinuando co Celta de

Vigo tratou sobre o tema de Iago Aspas; “é un mozo ao que estabamos a seguir, desde que o expulsaron con catro partidos deixamos de

facelo”.Non podía deixar de saír

o tema do Real Madrid, no que foi categórico e comu-nicou que a súa intención é, despois da Selección, deixar profesionalmente o mundo do balompé.

Un pracer gozar do Marqués Vicente del Bos-que, aínda que soamente fora unhas horas, por te-rras ourensás.

4 O seleccionador nacional de fútbol visitou as instalacións de Cabreiroá en Verín.

Vincente Del Bosque, en Cabreiroá

R. Torres

De todos os equipos re-presentativos da nosa pro-vincia, o CD Ourense e máis o P�1 Pádel Club son os únicos que remataron con nota a campaña �01�-�013. O resto, moi por debaixo do agardado ou mesmo o esperado era estar debaixo na clasificación.

FútbolXa queda lonxe aquel

verán de �01� cando o adestrador do Club De-portivo Ourense, José Luís Míguez “Luisito” non tiña

plantilla nin para formar un once titular. O club estaba á deriva e ninguén daba o paso de facerse coa entidade. Ru-moreábase dun grupo, pero o conselleiro delegado do Celta de Vigo deu o primei-ro paso, non sen antes mirar as contas. Antes de que re-mexera en todos os caixóns dos despachos do estadio do Couto sairía á palestra o grupo que finalmente se fixo co timón dunha nave que estaba á deriva. Os José Luis González e José Ramón Fernández (vicepresidentes) e Alejandro Estévez (presi-dente) collían o Ourense e poñíanse a traballar contra reloxo; a liga estaba a piques de comezar e a pretempada estaba sendo moi convul-sa. O peor escenario para un equipo recén ascendido

que buscaba como obxec-tivo a permanencia. Pero as cousas comezaron ben, e o equipo respondeu. Impúxose ao Atlético de Madrid B no Couto na primeira xornada (3-1) e a ilusión instalouse nos afeccionados. Durante toda a tempada xogou de ti a ti con todos os adversarios incluídos os todopoderosos Tenerife (ascendido á �ªA) e Oviedo e o xogo despregado polos de Luisito era moi vis-toso. Unha dinámica negativa na segunda volta fixo que se coqueteara cos postos de des-censo, e sobre todo, coa pro-moción de descenso. A falta dunha xornada, o Ourense certificaba a permanencia, polo que sería por segundo ano consecutivo equipo da Segunda División B. Todo un logro por como comezou

BALANCE DO ANO

Un notable para CD Ourense4 O resto de equipos representativos da cidade non estiveron á altu-ra ou lograron o obxectivo dunha forma apurada.

Unha tempada inestable sentenciou a Pabellón Ourense á novena posición.

Page 3: 06 Xuño 2013 - BD78

BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

3BALANCE DO ANO

a tempada. A última xornada foi unha festa no Couto cun convidado especial, o Real Madrid C, a quen se lle ven-ceu con remontada incluída. Fin de festa por todo o alto a unha tempada notable.

O Barbadás estreábase na Terceira División e logrou a permanencia con varias xor-nadas de antelación. A pesar de non lograr puntuar cos equipos punteiros da liga foi quen de superar a equipos de igual ou superior nivel e ser un equipo incómodo para os seus rivais.

Na Rexional Preferente as cousas non saíron moi ben. O Barco e o Arenteiro salvaron a categoría (os de Valdeorras foron de máis a menos e os do Carballiño lograron nas últimas xornadas saír dos ca-tro últimos postos); pola súa banda o Verín desinchouse no tramo final de Liga e acompañou no descenso ao Ponte Ourense, equipo este

que estivo toda a tempada en descenso. O Ourense B será equipo do grupo Sur da Preferente logo de rematar segundos na Primeira Rexio-nal.

BaloncestoO Club Ourense Balonces-

to non cumpriu o propósito de manterse na LEB Ouro. Desde a pretempada xa se sa-bía que o COB ía sufrir toda a campaña, feito que se certifi-cou co 0-6 en contra nas seis primeiras xornadas. Duran-te dous meses o equipo era unha sombra e apenas podía competir cos seus rivais así saíra á cancha do Paco Paz ou a calquera outra. Pouco a pouco os xogadores fóronse facendo coa competición dando un salto cualitativo importante, logrando gran-des vitorias contra adversa-rios de entidade e facéndose fortes en casa. O lunar era lo-nxe do Paco Paz onde se lo-grou unha soa vitoria (fronte ao Palencia 73-75); aínda así, o COB chegou ás últimas xornadas coa posibilidade de eludir o play out de des-censo. Varias oportunidades, sobre todo contra Melilla e Lleida, cos que se perdeu no Pazo fixeron que os de Rafa

Sanz xogáranse a salva-ción ao mellor de cinco encontros contra o Knet. O primeiro partido en Lo-groño foi de claro dominio ourensán, adiantándose un a cero; no segundo, o Cla-vijo devolveulles a moeda e empataron a eliminato-ria, que chegaba a Ourense con dous partidos. O primeiro golpe foi do COB (� -1 ) , pero o s da Rioxa lograron em-patar a dous e devolver a eliminatoria a Logroño (un triplo de Galarreta no cuarto partido daba a vito-ria ao Knet). No encontro definitivo o COB aguantou ata o final do terceiro cuar-to, momento en que unha discutida decisión arbitral sumado ao esgotamento físico dos xogadores fixo que se perdera o partido e con el a permanencia na LEB Ouro.

Trala desaparación do equipo sénior do Codigalco Carmelitas, o único repre-sentante ourensán na Liga Feminina � (LF�) era o Pa-bellón Ourense. As ouren-sás con Gonzalo González no banco tiñan depositadas moitas esperanzas nesta tempada na que buscarían unha posición alta na táboa clasificatoria. Encomen-

BALANCE DO ANO

Un notable para CD Ourense4 O resto de equipos representativos da cidade non estiveron á altu-ra ou lograron o obxectivo dunha forma apurada.

dadas a unha das mellores xogadoras da LF�, María José Bolonio, o equipo tivo altibaixos ao longo do curso. Finalmente rematou en novena posición nunha liga que contaba con 11 equipos.

Sete vitorias e 11 derro-tas foi a bagaxe d o

P a b e -llón.

O ABO completou unha das peores campañas da súa historia. En �0 xornadas soamente dúas vitorias sen-tenciárono ao descenso. Pro-blemas económicos fixeron que moitos dos xogadores non remataran a tempada e saíran do club. Futuro in-certo para un equipo que, a priori, ten os días contados, e correrá a mesma sorte que o Codigalco Carmelitas.

Fútbol salaNos últimos anos falar

de fútbol sala de elite en Ourense é falar de fútbol sala feminino, e niso teñen moito (ou mellor dito, todo) que dicir o Ponte Ourense e o Cidade As Burgas.

O Ponte Ourense partía coma un dos equipos a loi-tar pola Liga e pola Copa. O seu comezo foi desesperan-zador; derrota contra Giro-

nella e lesión de gravidade da capitana Marta. A partir de aí, tres derrotas máis

fixeron que se descolgara moi pronto dos postos de cabeza,

O COB regresa a LEB Prata. Unha tempada irregular abocouno a xogarse a permanencia no play out. Saiu cruz.

Unha tempada inestable sentenciou a Pabellón Ourense á novena posición. O vindeiro ano seguirán os intensos derbis de Ponte e Cidade na Primeira División.

aos que x a n o n chega-ría. Unha p a l p a b l e falta de for-ma no comezo ligueiro unido á mala sorte nalgún dos encontros fixo que deam-bulara polos postos baixos da clasificación durante toda a tempada. A segunda volta foi algo mellor, o que fixo que nas últimas xornadas, e xogando sen presión, o Pon-te a piques estivera de lograr a clasificación para a Copa.

Ao final non o logrou e re-matou en décima posición, moi lonxe do que se espera-ba a comezos de campaña.

O Cidade As Burgas esti-vo sempre nos postos baixos pero nunca metido nas dúas últimas posicións (as do des-censo). Moitos dos partidos perdeunos por falta de com-petitividade no tramo final o que lle fixo xogarse parte das opcións de salvación na antepenúltima xornada contra o Viaxes Amarelle; un gran encontro das franxi-verdes puxo o 4-1 no marca-dor e con el a salvación. O Cidade rematou en décimo terceira posición.

Outros deportesNo que á representación

ourensá noutros deportes se refire, o máis destacado foi o equipo de pádel P�1 Pádel Club. O P�1 logrou ascenso á Primeira División da Liga das Rías Baixas ao callar unha tempada inmaculada en derrotas.

O Galmédica Tenis de Mesa logrou que tanto

o equipo de �ª Di-visión Nacional

coma o de 1ª D iv i s ión

Galega mantive- ran a categoría.

O Balon- m á n Pabellón tivo que loitar

ata o último momento para permanecer na

Primeira Autonó-mica logo de as-cender de forma brillante a tem-pada pasada.

O Caldaria Barrocás, un

ano máis, estará entre os mellores equipos

nacionais de ho-quei herba ao

rematar na División

d e Honra A na novena po-sición.

Page 4: 06 Xuño 2013 - BD78

4 BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

FÚTBOL

Redacción

O Barbadás rematou con boa nota a súa primeira participación na Terceira División, ao acadar unha meritoria décimo cuarta posición. En 38 partidos venceu en 1� ocasións, empatou en 11 e perdeu en 15; logrou 39 goles a favor, por 47 en contra. 47 foron os puntos finais do equipo que ten a súa sede no campo dos Carrís da Valenzá.

A pesar de que nas cin-co últimas xornadas non logrou un só punto o certo é que non lle fixo falta, xa que estaba virtualmente salvado desde facía tem-po. Estas cinco derrotas fixeron que finalmente re-mataran dous puntos por enriba do descenso. Aínda que pareca moi xusto, cer-to é que antes dos cinco últimos partidos a renda co descenso era superior aos 10 puntos.

Con Jorge Regal renova-do agora toca traballar na confección dunha plantilla que ten que contar para a vindeira campaña con ca-ras novas. O primeiro ano, o conxunto ourensán era un decoñecido na catego-ría, pero agora xa coñecen os seus rivais do que é ca-paz o Barbadás.

Rexional PreferenteNa Rexional Preferen-

te grupo sur non foron as cousas ben de todo para os representantes ourensáns.

O CD Barco rematou en décimo segunda posi-ción con 49 puntos; lon-

Un Barbadás solvente4 Na Rexional Preferente sorte dispar: o Bar-co e Arenteiro manteñen a categoría; o Ponte e o Verín descenden a Rexional.

xe dos postos de cabeza nos que andivo o equipo de Valdeorras no primeiro tercio de campionato. O segundo mellor clasifica-dos dos equipos ourensáns foi o Arenteiro; o conxunto do Carballiño, logo de es-tar boa parte da Liga nos postos de descenso logrou salvar a categoría na últi-ma xornada ao vencer ao Portonovo por 4-� aprovei-tándose en boa medida da caída libre que sufríu o Ve-rín. Pola súa banda, o Verín comezou moi ben o curso, pero unha serie de episo-dios lamentables (sancións de longa duración) fixo que os “rojillos” de Monterrei caeran en barrena no últi-mo tramo de competición certificando o descenso á Primeira Rexional. O cuar-to equipo ourensán foi o Ponte Ourense; os pontinos chegaron á Rexional Prefe-rente tras varias renuncias doutros equipos. Esta non foi a súa tempada e desde ben pronto foi o pechacan-celas da clasificación, posto do que non se afastou en ningún momento.

Ao final, Verín e Ponte

Ourense descenden e sal-van a categoría o Barco e o Arenteiro.

CD Ourense BO equipo que acompa-

ñará a campaña que vén a Barco e Arenteiro será o filial do Ourense. Con esa meta comezou a competi-ción o Ourense B logran-do finalmente o ascenso a Rexional Preferente. Os de Manel (quen renovou tralo ascenso) remataron en segunda posición o que lles da dereito ao ascenso. O primeiro clasificado foi o Nogueira de Ramuín, quen renunciou ao ascenso. Polo de agora non se sabe que equipo acompañará ao Ourense B na Rexional Pre-ferente; Barbadás B (tercei-ro clasificado) nin o plan-tea, Covadonga (cuarto) e Polígono (quinto) non que-ren subir e o Meliás podería ascender, pero tampouco o ten claro.

O Ourense B renova a Manel tralo ascenso a Preferente

Encontro do Barbadás nos Carris. /ARQUIVO

R. Torres

O CD Ourense comeza a coller forma de cara a tem-pada �013-�014. Cos des-cartados e a continuidade asegurada de 14 xogadores (falta por decidirse Jaime Noguerol e serían 15) o Ourense da próxima tempa-da comeza a coller forma. Nestas anda José Luís Mí-guez “Luisito” na procura de facer un equipo que dea un salto de calidade e se asente entre os dez primei-ros da Segunda Divisón B.

Altas e baixasUnha semana despois de

dar por finalizada a tempa-da, Luisito deu a lista de baixas da actual plantilla, e con que xogadores quería seguir contando para o vin-deiro curso.

Claudio, Luismi, Iker, Iván González, Quintairos, Sanginés, Padrón, amais de Pillado foron os nomes dos que Luisito vai pres-cindir para o �013-�014. Pola contra, Manu Táboas, Capi, Campillo, Juan Mar-tínez Portela, Adil, Borja Valle Álex Fernández, Ós-car Martínez e Noguerol, Arce e Toni Álvarez tiveron unha proposta de permane-cer; Josu, Yebra e Pato te-ñen contrato en vigor. Juan Martínez e Óscar Martínez non o dubidaron e firmaron deseguido. O resto firmaron cando expiraba a data tope para dar unha resposta, agás Borja Valle e Noguerol que pediron máis tempo. Valle

Perfílase o Club Deportivo Ourense 2013-20144 Cos descartados e a continuidade asegura-da de 14 xogadores (falta por decidirse Jaime Noguerol) o Ourense da próxima tempada co-meza a coller forma.

recapacitou e ao día se-guinte xa estampaba a súa firma no contrato, mentres que o verinés aínda anda desfollando a margarida para emigrar ao fútbol in-dio onde ten unha oferta do Sporting de Goa. Noguerol quere marchar, pero a súa familia é algo reacia a que emprenda esa aventura. Luisito falou co xogador de forma persoal para facerlle que ver que o mellor é que continue en Ourense. O téc-nico de Teo tamén é claro a este respecto, e se consegue un substituto de Noguerol non o pensará e o ficharía. As renovación deixaron de ser prioritarias unha vez expiara a semana de marxe que tiveron para pensalo.

Novas carasPara saber que xogadores

recalarán no Couto este ve-rán haberá que esperar algo.

Luisito está moi pendente das promocións, ás que segue con moita atención para reforzar a plantilla. O técnico desvelará en breve a primeira cara nova do novo proxecto.

As prioridades son dous xogadores en cada liña (defensa, medios e atacan-tes); cinco deles serán sé-nior de perfil veterán (tipo Borja Yebra), o resto serán sub �3.

Desde a directiva fixe-ronlle saber o presuposto co que dispoñe, e a partir del fortalecer un plantel que ten como obxectivo estar entre os dez mellores do grupo primeiro da Se-gunda División B.

En breve chegará a primeira cara nova do Ourense

Borja Valle defenderá a camisola do CD Ourense a tempa-da que vén. /RAMSÉS

Page 5: 06 Xuño 2013 - BD78

BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

5JUDO / BOXEO

Redacción

O mércores 5 de xuño celebrouse no colexio Ma-ristas a novena edición do “Torneo Champagnat” de judo.

O evento é un duelo entre os Tigres de Maristas e os Leóns do Ximnasio Marbel, que reuníu a medio cento de deportistas de ambos sexos e diferentes categorías (de infantil a senior). Combates entre rivais do mesmo peso, vencía o que máis vitorias conseguira, sendo os Tigres os que venceron nesta edi-ción tomándose cumprida vinganza do ocorrido o ano pasado. Os judokas de Ma-ristas lograron gañar en �5 combates por 19 do Marbel.

Campionato de EspañaO pasado 19 de maio des-

envolveuse no Pazo dos De-portes de Riazor (Coruña) o

Campionato de España de Judo nas categorías infantil e cadete, no que Iria Olle-ro, do Ximnasio Marbel, foi a única ourensá, logo de gañarse o dereito como vixente campioa galega na categoría de -57 quilos.

Ollero -a segunda ouren-sá en participar nun cam-pionato de España nos dous últimos anos, recollendo a testemuña de Laura Valdés, presente en �011- pagou a novatada e caeu na primeira rolda, contra a representan-

te das Illas Baleares, Sán-chez-Rodrigo, quedándose sen opción de participar na repesca.

En opinión do Mestre 6º Dan Manuel Montero, a ourensá saíu ao tatami “en bo estado e competiu ben contra unha rival máis ex-perimentada neste tipo de torneos. A pesar da decep-ción do momento, debe va-lorar a excelente tempada, que supón un paso máis na súa traxectoria deportiva”.

Redacción

Por segunda vez en poucos meses Ourense (concretamente o pazito) acolleu unha velada de boxeo amateur.

Nesta ocasión eran cin-co combates de boxeo de promoción e dous de kic-kboxing os que tiveron lugar o pasado venres �4 de maio. Cun retraso pro-longado de case que unha hora comezaron os com-

Os Tigres de Maristas vencen no Champagnat4 Na novena edición deste torneo de judo.

Copa Deputación O 18 de maio desenvol-

veuse no Pazo Paco Paz a segunda xornada de Copa Deputación de Judo �013, competición que reuniu a 60 participantes de toda a provincia entre as catego-rías benxamín e sénior, in-cluíndo a categoría OPEN (aberta a competidores de ambos os sexos) e a nova categoría Ne-Waza (onde a loita restrínxese en ex-clusiva ao chan, apta para veteranos).

Nesta cita, Mauro Prada fíxose coa categoría abso-luta, Herminio Rodríguez coa absoluta Ne-Waka -75 quilos, e Iago Rodríguez coa open especial Ne-Waka.

bates sen que se enfriara o ambiente pola espera.

Sergio de la Cuesta ven-ceu a Alberto Fernández no primeiro combate; Marcos Ledo gañou a Wilson Tava-res; Manuel Rodríguez de-rrotou a Jonathan Bolaño; Iago Saco fíxose co com-bate contra Nesto Sanjuán. No combate máis esperado, Adelmo Souto venceu a Sergio Otero. Iste é o se-gundo combate do ourensán e a súa segunda vitoria.

O pazito réndese ao boxeo amateur

Tigres de Maristas e Leóns do Marbel enfrentáronse no “Torno Champagnat”.

Page 6: 06 Xuño 2013 - BD78

6 BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

ATLETISMO

Dous participantes finalizando a proba./RAMSÉS

R.T.

O atleta do Club Alejan-dro Gómez, Álvaro de la Fuenta e a atleta do Vetera-nos Ourense, Sonia Teijei-ro foron os vencedores da cuarta edición da Torre do Castro.

A proba celebrada en Sandiás foi rematada por preto de 300 atletas de to-das as categorías, sendo a proba absoluta a que contou con maior participación.

O atleta cordobés afinca-do en Ourense demostrou o seu gran estado de forma e acadou a vitoria de xeito

Redacción

O Servizo de Deportes do Campus de Ourense organizou unha proba de orientación na que par-ticiparon un centenar de persoas. O evento desen-volveuse polo casco histó-rico da cidade das Burgas

R.T.

Se xa é duro este desafío, canto máis foi nesta edición que contou cun protagonis-ta inesperado: a neve.

O Desafío Solidario San Mamede �013 tivo na neve a un adversario para todos os participantes.

Na carreira que se dispu-tou sobre unha distancia de �1 quilómetros participaron un total de 107 deportistas, chegando á liña de maeta 89 deles. O primeiro clasi-ficado foi Fernando Arca, cun tempo de �:05:06. Por detrás chegou Carlos Expó-sito (�:05:13) e en terceira posición finalizou Elpidio Gómez (�:05:41). Con esta vitoria, Arca é o firme can-

De la Fuente e Teijeiro vencen na Torre do Castro4 Na cuarta edición da Torre do Castro.

contundente sobre o resto de participantes (atrás que-daron os seus problemas físicos de comezo de tem-pada). Por detrás del entra-ron en liña de meta Satur-nino González (Veteranos Ourense) e Luís Iglesias ( Atletismo Carballiño).

Sonia Teijeiro foi a pri-meira muller en percorrer os oito quilómetros da proba. En segunda posición entrou Iria Fernández (Ourense At-letismo) ePatricia González (Limiactiva) foi terceira. De 146 participantes, 137 remataron a proba. O máis característico desta carreira

son os dous quilómetros de subida moi duros antes de encarar o tramo final cara a meta. Unha vez chegado ao cumio pódese contemplar unhas vistas fermosas do paisaxe da zona.

Outras categoríasEn cadetes os máis rápi-

dos foron Aída Martínez e Kevin Macía; en infan-til, Jimena Salgado e Ziad Nagihi; en alevín, Lucía Vázquez e Marco Rivero; Candela Morales e Alejan-dro Blanco venceron en benxamín; Carmen Casti-llo e Rodrigo Díaz fixeron

o propio en prebenxamín. Na carreira de Pitufos foron Paula Pérez e Erik Blanco os primeiros en cruzar a liña de meta.

SolidariedadeEste ano, a Torre do Cas-

tro tivo caracter solidario. Un euro de cada partici-pantes foi a parar a cam-paña solidaria “Compra un quilómetro para Uxía”, coa finalidade de recaudar fon-dos para a xoven Uxía.

Nocturna de XinzoO sábado 15 de xuño,

Xinzo de Limia celebra a súa VIII Carreira Noctur-na Xinzo de Limia. Cinco carreiras por idades que comezarán as �0.15h coa proba benxamín - alevín e rematarán ás �1.30h coa ca-rreira absoluta. Ás ��.�0h será a entrega de premios.

Sol e neve no Desafío Solidario4 Nevou no alto da capela de San Mamede.

didato a proclamarse cam-pión da Copa Galega de Carreiras de Montaña.

Sonia Botana foi a pri-meira muller (�:50:05). En segunda posición rematou María del Rosario Figue-

roa (�:5�:17) e terceira foi Begoña Pérez (�:58:53).

BTTNa proba de BTT o pri-

meiro en percorrer os 44 quilómetros foi Miguel Ángel López; en segunda posición, César Álvarez e terceiro, Miguel Ángel Lorenzo.

Tres euros de cada ins-crición foron para a cam-paña da Cruz Vermella Comarcal “Agora máis que nunca”.

Orientación polas rúas de Ourense4 Tres modalidades de orientación segundo as ida-des tivo a xornada.

e contou con tres percorri-dos de tipo Sprint urbano: Correliña, para menores de 1� anos cunha distancia de aproximadamente un qui-lómetros; iniciación curta, para maiores de 1� anos e cun quilómetro e medio de percorrido; e a máis deman-dada, a modalidade A Es-

morga de 3,� quilómetros e para maiores de 16 anos. Este percorrido estaba ba-seado no roteiro literario de Blanco Amor.

En familiaPredominou a participa-

ción en grupo de familias enteiras, ainda que tamén houbo persoas que realiza-ron os percorridos a nivel individual. En todo caso, foi unha festa da orienta-ción con carácter lúdico (non competitivo), na que se recolleron bens non pe-recedeiros para o Banco de Alimentos de Ourense coa colaboración de Cruz Ver-mella Ourense.

Participantes da proba de Orientación organizado polo Campus de Ourense.

Rosario Figueroa no alto de San Mamede./VIA XVIII

Page 7: 06 Xuño 2013 - BD78

BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

7ATLETISMO

Álvaro De la Fuente e Javier Paredes dominando a carreira do barrio do Couto./S. TORRES

R.T.

Os atletas Álvaro De la Fuente e Yolando Gutié-rrez irromperon no circuí-to de carreiras populares “Correndo x Ourense” levándose a vitoria no Couto.

O Couto é a segunda

De la Fuente e Gutiérrez irrompen no “Correndo x Ourense” vencendo no Couto4 Na segunda carreira do circuíto.

proba das seis que consta o circuíto e na que aparecen en escena dous atletas de gran calidade.

Álvaro De la Fuente re-matou a carreira nun tempo de 17:46 minutos; por detrás chegaron o vencedor da pri-meira carreira, Javier Pare-des, a sete segundos (17:53) e en terceira posición Pepe Márquez (18:08).

Na proba feminina, Yo-landa Gutiérrez foi a máis rápida en facer os máis de cinco quilómetros, ao em-pregar un tempo de 18:36. En segunda posición rema-tou a actual campioa do cir-cuíto, Sonia Teijeiro (�0:40) e terceira foi Iria Fernández con �1:17 minutos.

Na carreira alevín e benxamín os primeiro fo-ron Martín Rivera e Nayeli Iglesias; e na de infantís e

cadetes quedaron primeiros tanto en homes como en mulleres, Álvaro de Luis e Aída Martínez, respectiva-mente.

ClasificaciónEn canto á clasificación

xeral, en categoría femini-na a atleta de Teo, Yolanda Gutiérrez sitúase á cabeza con nove puntos ao rematar en novena posición no ba-rrio do Couto. Segunda vai Sonia Teijeiro, con 48 pun-tos e cuarta Iria Fernández, terceira con 64.

En canto á categoría masculina Javier Paredes e Álvaro de la Fuente lideran a clasificación cun pun-to cada un deles; terceiro marcha Pepe Márquez con dous puntos. A puntuación corresponde ao posto aca-dado en cada carreira.4 Alejandro Fernández, na

Copa de Europa de 10.000O atleta ourensán Alejandro Fernández Rivera do

NB Team, foi seleccionado pola RFEA para competir na XVII Copa de Europa de 10.000 metros que se dis-putará o próximo 8 de xuño na localidade búlgara de Pravets.

Esta convocatoria co equipo absoluto español chega pola súa gran actuación no Campionato de España abso-luto na distancia, logrando o subcampeonato.

Dez anos despois volve coa Selección a unha proba internacional. Daquelas foi durante a disputa do Cam-pionato de Europa de Júnior en Tampere (Finlandia), onde tamén participou na proba de 10.000 metro e onde obtivo un brillante cuarto posto.

Álex Fernández representará a España 10 anos despois.

R. Torres

O sábado �� de xuño as pistas de atletismo do Cam-pus de Ourense acollerán o I Gran Premio de Atletis-mo Festas de Ourense �013 (para o cal remata o prazo de inscrición o 18 de xuño). O evento está organizado pola Delegación en Ourense da F.G.A. e Club Deportivo Aurum.

En horario vespertino dis-putaranse as probas abso-lutas dando comezo ás sete da tarde e finalizando pasa-das as 10 da noite co citado 5.000. En total serán 1� pro-bas masculinas e 11 femini-nas (a máis destacada serán os 3.000 metros) nas que poderán participar calquer atleta galego federado.

Prato forteTrátase dunha cita atlética

para todas as idades, que terá como prato forte (ás ��:10 h) a proba de 5.000 metros,

na que entrarán en liza at-letas cunha marca mínima na distancia inferior aos 15 minutos e medio. Así, nesta carreira está confirmada a asistencia de Alejandro Fer-nández que disputará esta fin de semana a Copa de Eu-ropa de 10.000 metros, polo que se intúe que chegará a un nivel excepcional á cita ourensá.

Xunto a Fernández pode que pisen as Lagoas fondis-tas galegos de gran nivel, o que fará desta proba unha das de máis nivel de Gali-cia.

XOGADEPola maña (de 11 a 13.30

h) terán lugar as probas es-colares, nas que cada atle-ta poderá participar en tres disciplinas: unha de salto, unha de peso e outra de ca-rreira.

PremiosNa xornada de mañá en-

tregarase medalla aos tres mellores resultados de cada unha das probas.

Na xornada de tarde en-tregarase trofeo ao vence-dor de cada unha das pro-bas que se programan no horario de competición. Asemade entregaranse trofeos e un cheque por valor de �00 euros á me-llor marca masculina e fe-minina por tabla IAAF.

Atletismo de nivel4 O CD Aurum organiza o I Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense.

O CD Aurum organizou o Galego de 10.000 en pista no mes de marzo./R.T.

Page 8: 06 Xuño 2013 - BD78

8 BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

FÚTBOL SALA

As xogadoras do Burela celebrando a vitoria na Copa.

Óscar Vivián está a agardar (sen facerse ilusións) unha oferta formal da directiva do Ponte Ourense para continuar de adestrador do equipo, porque este ano non deu com-paxinado o seu traballo particular con esta labor./RAMSÉS

R. Torres

Falamos co que ata o de agora foi adestrador do Ponte Ourense, Óscar Vi-vián, unha vez rematada a tempada.

Vivián móstrase since-ro, reflexivo e autocrítico despois dunha campaña para olvidar. Á espera dunha oferta formal por parte da directiva do Pon-te para continuar de ades-trador (a cal dubida que chegue), Vivián lonxe de gardar rencor ao club se a mesma non se producise, agradécelle que lle deran a oportunidade de levar as rendas dun conxunto como pontino.

Que balance fas desta tempada?

Óscar Vivián: “Partía-mos con tres metas claras: loitar pola Liga, meternos en Copa e revalidade a Copa Galicia. Soamente conseguíuse este tercer obxectivo. Algo incom-prensible por plantilla”.

A que cres que se debe?

Ó.V.: “Tivemos unha moi mala primeira vol-ta na que non estivemos á altura. Perdimos catro partidos seguidos, e Marta lesionóusenos no primeiro encontro. Iso afectou moi-to á plantilla. Non tivemos confianza e a dinámica foi negativa”.

Pero na segunda volta mellorouse.

Ó.V.: “É certo, pero ti-vemos moitos empates, que hoxe en día case que

Redacción

Dobrete do Burela esta tempada na que acada Liga e Copa. Dúas semanas despois de gañar a Liga conquistan a Copa, e ante o mesmo rival, Atlético de Madrid.

Se quince días antes, na penúltima xornada de Liga, o Burela alcanzaba o títu-lo ao vencer ao Atlético de Madrid por 5 goles a 1, o equipo dirixido por Javier Pardeiro lograba o trono copeiro ao desfacerse do mesmo rival por un resulta-do tan contundente coma o anterior: 6-1. Con este do-brete o Burela convértese no dominador do fútbol sala feminino nacional.

Un equipo confeccionado con grandes xogadoras e un proxecto de varios ano que desembocaron na dobre co-roa desta tempada. Todo un logro para unha provincia, a de Lugo, que consegue por primeira vez un título nacional dalgún dos seus equipos.

CopaNo primeiro encontro da

Copa, as lucenses xogaron

contra o Soto del Real a quen venceron por tres go-les a un, non sen poucos apuros. En semifinais es-peraba o Navarra do que se desfixeron por 4-1.

Na final tocaba medir-se ao Atlético de Madrid, subcampión da Liga. Chegaba a esta cita con gañas de revancha tras perder contra as laranxas a competición doméstica. A final comezou moi ben para as galegas, e Dany adiantaba ás de Pardeiro con dous goles, a pesar de que o dominio alternábase nas dúas escuadras. O pri-meiro acto finalizaba co dous a cero.

Na continuación, as madrileñas aumentaban a presión sen fortuna de cara ao gol. A sete minu-tos do final cambiaron ao xogo de cinco. Infructuosa decisión que levou a que Peque e Jozi ampliaran a renda a porta baleira (4-0). Lidia facía o quinto tanto e Ju Delgado poría no lu-minoso o da honra para as atléticas. Pechaba a conta goleadora, Dany co seu terceiro gol na final.

Dobrete do Burela4 Dúas semanas despois de gañar a Liga faise coa Copa.

ENTREVISTA A ÓSCAR VIVIáN, ADESTRADOR DO PONTE OURENSE

“Entendo que non teñen intención de que siga”

4 Rematada a tempada, Óscar Vivián fai balance dun ano no que as pontinas non lograron os obxectivos marcados.

non valen para nada. Cando estabamos cun pé e medio fóra da Copa e con poucas xogadoras dispoñibles por mor das lesións foi cando mellor o fixemos e a pi-ques estivemos de entrar na Copa. Quitámonos a pre-sión moi tarde”.

ás xogadoras faltoulles algo

Ó.V.: “Nalgunha ocasión as xogadoras viñéronse abaixo. Este ano era impo-sible remontar un resultado negativo cousa que non pa-saba o ano pasado. Quizáis debín variar o sistema e ser máis conservador. O que teño claro é que coa mes-mo plantilla é imposible ter outra tempada así”.

Con que te quedas per-soalmente?

Ó.V.: “Aprendín moito este ano. Teño máis recur-

sos tácticos. Pero a realida-de é que foi un curso moi negativo. Non estou con-tento nese sentido; en algo nos equivocamos e eu o primeiro”.

Deixarás de adestrar ao Ponte a vindeira tempa-da?

Ó.V.: “Pedín que me fixe-ran unha oferta formal pero non a recibín. Aínda non me chamaron e entendo que non teñen intención de que siga. Sufrín un desgaste moi grande e, de continuar, debemos cambiar moitas cousas. Son consciente de que co resultado deste ano non estou nunha condición ideal para pedir”.

Moléstache que non te chamen para dar unha resposta?

Ó.V.: “Non. Estarán va-lorando outras opcións. O Ponte non terá problemas comigo; eles deronme a oportunidade de dirixir un equipo por primeira vez, así que estoulles moi agra-decido a Plácido, Camilo e a Iago. Tampouco me que-ro esquecer de Fran For-moso (preparador físico que comezou comigo o ano pasado e a súa ausencia neste notouse moito), Héc-tor (adestrador de portei-ras), amais de Bea, Enátali e Irene, que me axudaron moito”.

“Quizais debín ser máis conservador. O que está claro é que con esta plantilla é imposible ter outra tempada así”

Page 9: 06 Xuño 2013 - BD78

BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

9FÚTBOL SALA

María confesa que “estaba moi ilusionada e gocei moitísimo” de xogar na elite

S.N.

T e n só 15

anos, pero xa pode p r e s u m i r

de saber

como é iso de medirse na cancha coas mellores xogadoras de fútbol sala feminino do noso país. María Romero (coñeci-da como María “Verín”, polo seu lugar de proce-dencia) debutou este ano na Primeira División des-te deporte, defendendo as

cores do equipo que a formou dende cati-

va, o Cidade As Burgas

Foi unha oportuni-

dade que a número �5 do conxunto franxiverde agar-dou durante moito tempo, pero que soubo aproveitar, e de que maneira. O seu potente disparo coa zurda e a súa gran facilidade no un contra un fan desta rapaza toda unha promesa de futuro do fútbol sala.

Como foi a túa primeira tempada en Primeira Divi-sión?

María Romero: “Moi ben, estou moi contenta por-que estiven agardando tres

ENTREVISTA A MARÍA ROMERO, XOGADORA DO CIDADE AS BURGAS

“O Cidade mereceu máis”4 María “Verín” amosa a súa ledicia por estrearse na Primeira División, pero confesa que o seu equipo esforzouse moito para os resultados que logrou.

R. Torres

Aínda que polo momen-to son vacacións activas (seguen cos adestramento a un ritmo menor), o Cidade As Burgas terá un merecido descanso trala tempada máis complicada desde que está en Primeira División.

Para o adestrador do Cida-de, Manolo Codeso, a tem-pada foi “máis do mesmo”. “Cada ano acadamos menos puntos que a tempada ante-rior. Fai dúas superamos os 40, a pasada os 30 e nesta lo-gramos superar por un punto os �0; a pesar disto este non foi o peor ano”, valoraba o técnico franxiverde quen aseguraba que, por xogo “este foi o mellor ano”.

Codeso destacaba a ampla plantilla na que “no primeiro ano estábamos con 1�, o ano

pasado con 14 e este con 16 xogadoras tendo que ter descartes en cada xornada”. Para o adestrador “o club faise cada vez máis grande e eu con el”, sen olvidarse das xogadoras que teñen unha gran calidade. Según Mano-lo Codeso o que lle faltou ao equipo foi “algo de fortuna no tramo final de moitos en-contros, pero iso é algo que irá chegando”, prognostica-ba.

XogadorasEn canto ás xogadoras cre

que creceron deportivamen-te e destaca o dato de que foi o terceiro equipos menos goleado da competición, tan só superado por Burela e Atlético de Madrid. Isto debeuse en gran medida ao salto de calidade de “Ana e Peque”. Tamén considera

Descanso merecido4 Logo dunha tempada complicada o Cidade As Burgas colle vacacións.

que catro ou cinco das súas xogadoras podería xogar “en equipos da parte alta da táboa” aínda que quere contar con elas “por moito tempo”. Codeso recalcaba en que a súa plantilla é moi xoven. “Nerea, Alicia, Zaida e María Romero son xoga-doras de apenas 15 anos e cun gran futuro”. Sabedor do problema de contar con

xogadoras tan xóvenes nunha competición tan complicada ao técnico é algo que non lle quita o sono, e espera poder con-tar cada ano con xogadoras xóvenes. “O que me gusta é sacar xogadoras novas para o primeiro equipo e que sexan importantes no mesmo”.

De cara á vindeira tem-pada, o Cidade As Burgas subirá ao equipo de Pri-meira División a Candela, amais de andar detrás de dúas xogadoras galegas e xóvenes que militan noutros equipos.

anos para cumplir a idade que se requería. Estaba moi ilusionada e gocei moitísi-mo”.

Non xogaches desde comezo de tempada por unha lesión, como foi a es-pera?

M.R.: “Foi unha rabia, porque cando podía come-zar a xogar lesioneime e ti-ven que esperar dous meses máis. Paseino mal na espera, pero mereceu a pena”.

Como viches ao Cidade esta tempada?

M.R.: “Bastante ben. Pero merecía máis do que conse-guiu porque o equipo está xogando moi ben e este foi dos seus mellores anos”.

Quedou algo pendente?M.R.: “Si, puntuar nalgún

dos partidos contra o Ponte. Deu rabia, porque este ano estivemos moi igualados e merecemos lograr máis. Tamén debemos salvarnos antes, sufrimos demasiado para todo o que traballamos. Esforzámonos moito”.

Cal é a túa meta no fút-bol sala feminino?

M.R.: “De momento non mo plantexo. O único que quero é pasalo ben xogando e gozar de poder facelo na máxima categoría. Con 15 anos non podo pedir máis”.

Tes algunha xogadora de referencia?

M.R.: “Non teño ningun-

ha en especial, intento apren-der tanto das do meu equipo como doutras xogadoras da liga. Sempre se pode sacar algo de cada unha para me-llorar”.

Como compaxinas o fút-bol sala cos estudos?

M.R.: “É cuestión de or-ganizarse, hai tempo para todo”.

Como ves ao Cidade de cara ao ano que vén?

M.R.: “Creo que vai a estar moito máis forte e non só conseguirá salvar a cate-goría senón tamén facerse cunha boa posición final na táboa”.

María “Verín” demostrou esta tempada unha gran axili-dade na loita un contra un./R.T.Manolo Codeso, adestrador do Cidade As Burgas./R.T.

Page 10: 06 Xuño 2013 - BD78

10 BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

Exercicio de conxunto de combinación de aro e cinta rea-lizado durante o Torneo Primavera./R.T.

POLIDEPORTIVO

O Torneo Primavera congregou o 1 de xuño en Ourense a 250 ximnastas de toda a nosa comunidade

Redacción

O Padel Camp chega á súa cuarta edición do �5 ao �9 de xuño. Dirixido aos máis cativos e con ho-rario de 10 a 15 horas, este torneo de pádel contará, como en citas anteriores, con monitores titulados e un profesor de inglés para que os rapaces combinen a aprendizaxe do deporte e os idiomas. Así mesmo, os rapaces recibirán un com-pleto menú (composto por

dous pratos e postre) xen-tileza de Confitería Couto, así como dun pequeno pe-tisco (con leite e zume) a media mañá.

Unha das mellores pro-postas de ocio para os ca-tivos ourensáns, pero que conta con só 35 prazas, para que os participan-tes conten con atención persoalizada. Polo que os pais interesados en inscri-bir aos seus fillos nesta ac-tividade poden facelo nas instalacións de P�1.

Redacción

O Club Voleibol San Martiño organiza o pri-meiro Campus de Voleibol Feminino no colexio Gui-llelme Brown do �3 ao �8 de xuño. Esta actividade está destinada a nenas de entre 11 e 15 anos, que re-cibirán clases de iniciación e perfeccionamento neste deporte.

O campus terá unha fun-ción formativa no deporte, compaxinando a diversión e a convivencia. Adestra-dores titulados de voleibol terán cadanseu grupo de rapazas (cun máximo de 1� integrantes) durante o cam-pus e traballarán aspectos básicos e avanzados deste deporte.

As actividades realiza-ranse en sesión de mañá e tarde, incluíndo probas técnicas, medicións antro-pométricas, un torneo final, actividades de tempo libre e xogos populares.

Para poder participar no campus, as rapazas deberán contar con indumentaria deportiva para 5 días, roupa para as horas de ocio, útiles de aseo persoal, saco de

Inscrición aberta para o IV Padel Camp

durmir e roupa de piscina.

InscriciónTodos os pais interesados

en apuntar ás súas fillas a esta actividade só teñen que cubrir o formulario de inscrición (que está á súa disposición no club organi-zador así como no colexio Guillelme Brown) antes do 15 de xuño.

Para inscribir á cativa poden optar por réxime de pensión completa (que ten un custo de �40 euros) ou sen aloxamento (por 175 euros).

[+ info en [email protected]

ou no 646 81 01 91]

I Campus de Voleibol Feminino, no Guillelme Brown4 Destinado a nenas de en-tre 11 e 15 anos.

Cartel do campus.

Redacción

Esta primeira fin de se-mana de xuño o pavillón dos Remedios foi escenario de dous eventos importan-tes para a ximnasia ourensá e galega: o Torneo Prima-vera de Ximnasia Rítmica e a Copa Deputación.

Torneo PrimaveraO pasado 1 de xuño tivo

lugar na cancha central do Pavillón dos Remedios o V Torneo Primavera de Xim-

nasia Rítmica con partici-pación de 11 clubs de de toda Galicia (As Triscas, Escola Pavillón, Ximnasia Pavillón A e B, Maniotas, Rías Baixas, Treobada, Va-galume, Arousa, Apostol Santiago e Esquío), reunin-do a �50 ximnastas. Dos principais clubs de rítmica de toda a comunidade tan só faltou á cita o club Acor-des.

O evento reunía exerci-cios de exhibición e exerci-cios de competición. Dentro

da modalidade de compe-tición había conxuntos de promoción e competición individual federada.

Na competición de conxuntos, o Club Ximna-sia Escola Pavillón acadou sendos primeiros postos nas categorías prebenxamín e benxamín.

Pola súa banda, nas pro-

bas individuais, a Escola Pavillón tamén tivo un pa-pel destacado, xa que as in-fantís Lorena Braña e Ana Mangana acadaron o �º e 3º posto en aro; Lorena repetiu podium en mans libres ; en mazas Paula Olmo e Eva Rebollo acadaron tamén o �º e 3º; en pelota Antía Váz-quez acadou ouro e Marta

Fernández o 3º posto. O club Ximnasia Pavillón

obtivo tamén uns magnífi-cos resultados, destacando o ouro de Nerea Sastre en pe-lota e aro. Blanca Valencia obtivo o 3º posto en aro; en cinta Kelly Vanesa e Laura Gaela quedaron �ª e 3ª.

Por equipos a Escola Pa-villón acadou o ouro na categoría prebenxamín e benxamín.

Copa DeputaciónA final da Copa Deputa-

ción reuniu en Ourense aos clubs de ximnasia rítmica e de trampolín de toda a provincia, que participaron cos seus ximnastas nobeles. Nesta cita o Club Ximnasia Escola Pavillón acadou po-dium en case todas as ca-tegorías, sendo o club con mellores resultados. Deste xeito, na modalidade de

4 Acolleu o Torneo Primavera e a final da Copa Deputación.

trampolín as representantes da capital lograron �3 me-dallas.

Pola súa banda, en moda-lidade de rítmica, de xeito individual a única ximnasta do Club Ximnasia Escola Pavillón que lle participou logrou subir ao podium. Por conxuntos, este club acadou ata sete veces algunha das tres primeiras posicións nas distintas modalidades nas que competiu.

Grandes resultados que demostran o potencial da ximnasia ourensá do futuro.

O futuro da ximnasia galega cítase nos Remedios

Page 11: 06 Xuño 2013 - BD78

BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

11DEPORTES ACUáTICOS

R.T.

�4 foron as medallas aca-dadas polos nadadores co Club Natación Pabellón na edición número 4� do Tro-feo Pedro Escudero cunhas bancadas abarrotadas de afeccionados. As preseas estiveron repartidas en 10 de ouro, seis de prata e oito de bronce.

O sábado �5 de maio ce-lebrouse na piscina Rosario Dueñas do pavillón muni-cipal de Ourense, este tor-neo, que se celebrou nunha xornada, contou coa parti-cipación de �59 nadadores pertencentes a 16 clubs galegos. Entre eles estaban a olímpica Beatriz Gómez Cortés, a campioa de Euro-

24 medallas para o Natación Pabellón Ourense4 Na 42 edición do Trofeo Pedro Escudero.

pa júnior María Vilas Vidal e o campión universitario de Estados Unidos, Óscar Pereiro Carril que xunto aos nosos internacionais de au-gas abertas, Laura Pimentel Pérez e Marc Ciurana Roca logrouse unha excelente xornada de competición a moi bo nivel.

Na clasificación global, Marcos García Soto, do CN Ferrol, e Beatriz Gó-mez, do CN Galaico, foron os vencedores en catego-rías masculina e feminina respectivamente. Por parte dos nadadores locais, Marc Ciurana foi cuarto e Alber-to Taboada, quinto. Mesma posición en categoría femi-nina lograron Laura Pimen-tel e Sandra Presas.

Unha das participantes da 42 edición do Trofeo Pedro Es-cudero de natación./RAMSÉS

Redacción

Os nadadores máster do Club Natación Pabellón puxeron fin á tempada coa súa participación no Cam-pionato Galego celebrado en Pontevedra o pasado � de xuño.

Unha cita á que se des-prazaron un total de 11 nadadores ourensáns (7 homes e 4 mulleres), que competiron en �� probas individuais (� cada un) e 6 substitucións. Nesta proba os nosos represen-tantes lograron un total de �3 medallas, 18 indi-viduais e 5 nas probas de substitución, estas últimas foron todas de ouro, así como outras 1� indivi-duais. Completan a lista

Os nadadores máster ourensáns suman 23 medallas no campionato galego 4 Participaron 11 nadadores do CN Pabellón, que pecharon con esta proba a tempada.

de metais tres pratas e tres bronces.

Os participantes ouren-sáns foron Amalia Pumar (que sumou cinco ouros), Cristina G. Colomo (cinco ouros), Esther Fernández (catro ouros e unha prata), Ana Pereira (catro ouros e

unha prata), Carlos G. Co-lomo (catro ouros), Pedro Rivera (tres ouros), Jorge Vázquez (tres ouros e un bronce), Manuel G. Colo-mo (tres ouros), Carlos Boo (un ouro, unha prata e un bronce), Manuel Sousa (un bronce) e Andrés Figueira.

Con esta proba rematan unha tempada de compe-tición composta por cinco xornadas da liga e os cam-pionatos de inverno, gale-gos e nacionais, onde un total de 16 nadadores do Club Natación Pabellón da sección máster, con idades de entre �3 a 71 anos.

Agora, a tres destes na-dadores máster xa só lles queda unha competición de nivel nacional. Trátase dos campionatos de España de Augas Abertas que terá lugar o 16 de xuño en Bar-celona e ao que acudirán os irmáns García Colomo (An-tonio, Maite e Cristina).

S.N.

O sábado �5 de maio disputouse na praia de Montalvo (Sanxenxo) a segunda xornada da liga galega de salvamento en praias, organizado polo club salvamento Ponteve-

As féminas de Salvour conti-núan no alto da liga galega de salvamento en praias

dra (SAPO) e a Federación de Salvamento e Socorris-mo de Galicia (FESSGA). O equipo de salvamento de Ourense “Salvour”, dirixi-do por José Manuel Pare-des, participou con 9 dos seus mellores socorristas en

categoría senior.Hai que resaltar a actua-

ción da escuadra feminina que dominou as probas de area cun primeiro posto de Natalia Rivas na proba de sprint, onde a segunda foi Cecilia Martínez, a cuarta Antía Arias e a sétima Ne-rea Fernández. Na outra proba que se disputou sobre a area da praia de Montal-vo tamén as nosas mozas tiveron unha actuación des-tacada co segundo posto de

Natalia e as posicións 4, 6 e 7 de Cecilia, Antía e Ne-rea, respectivamente. Á súa vez, Cecilia volveu a repetir a segunda posición da pri-meira xornada de liga na proba de Nadar-surf, na que Antía clasificouse en sexta posición.

No equipo masculino destacou a actuación de Alberto Fernández Galego, que foi sétimo na final do sprint.

Equipo feminino máster do Club Natación Pabellón Ourense.

Page 12: 06 Xuño 2013 - BD78

1� BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

MOTOR

Redacción

O día 8 de xuño terá lu-gar en Ourense a décimo novena edición do Rali de Ourense de Automóviles Clásicos e a décima do Rali de Ourense de Coches Antigos.

A Escuadería Clásicos Ourense ten todo listo para que a cidade das Burgas celebre estas emblemáticas probas do automóbil.

Antes, o viernes 7, desde o oito da tarde, comezarán as verificacións dos vehícu-los participantes no Centro Comercial Ponte Vella.

O sábado, as 10.30 ho-ras, e desde a Praza Maior, tomarán a saída os partici-

R.T.

A cita automovilística ourensá por excelencia, o Rali de Ourense, chegará as nosas estradas o 14 e 15 de xuño cargada de novi-dades. Todas elas están nos tramos, nalgún que regresa e outros que desaparecen.

O venres 14 haberá o tra-mo espectáculo, coma nos últimos anos. Xa o sábado, os tramos da mañá son novidosos; comezarase co dos Peares (�9,78 qui-lómetros) para continuar co da Peroxa (14,86). De alí marcharán ao polígono para realizar outro tramo espectáculo. Deseguido, repetirán os pilotos os tra-mos anteriores.

Os Peares e A Peroxa fa-cíanse en anos anteriores, pero chegan este ano cun trazado totalmente novi-doso.

Pola tarde a gran ausen-cia é a do tramo do Canón do Sil, pero os que si conti-nuarán son os de Toén, San

Luis Aragonés puntúa no Rali Rías Baixas

Redacción

O 49 Rali Rías Baixas converteuse na primeira suma de puntos do ano, nunha proba na que o Re-nault Twingo R� de Luís Aragonés e Cuko Baño-bre, logo de ser revisado, tomou a saída listo para competir.

Pero o Rías Baixas non comezou de todo ben para o conxunto Renault, xa que nunha carreira da eta-pa de venres rompeu un taco de motor, que foi re-parado na asistencia pola noite. Así, o sábado Luís Aragonés viuse obrigado a progresar de menos a máis, acadando ao final a cuarta praza da clasifica-ción e sumando os primei-ros puntos da Challenge Renault Twingo R� �013.

De seguido, o equipo da Rede Renault Ourense ten agora as súas miras postas no 46 Rali de Ourense, no que espera pelexar polos postos de podio.

CantabriaAntes da cita viguesa,

Aragonés comezou a tem-pada no Rali de Cantabria, que se saldou co abandono do Renault por problemas mecánicos.

“Foi unha magoa, pero era moi arriscado con-tinuar cunha avaría no motor, que podería causar problemas maiores”, con-fesaba Aragonés.

Os coches clásicos toman Ourense4 O 8 de xuño celebrarase unha nova edición dos ralis clásico e antigo.

pantes para enfrontarse a un percorrido que os levará por coñecidas estradas da provincia como Castro de Beiro, O Viñao, Mandrás, Vilamarín, e desde A Pe-roxa acceder á provincia de Lugo, por Ferreira de Pantón, para chegar ao me-diodía a Augas Santas.

Xa de tarde o Encoro de San Pedro dará paso á zona de Luintra, onde Covas, San Miguel do Campo e Melias serán os escenarios protagonistas, finalizando pola zona de Esgos e Virxe do Monte para regresar a Ourense, de novo ao Cen-tro Comercial Ponte Vella, onde terá lugar a entrega de premios.

Os antigosOs vehículos antigos

realizarán un percorrido diferente á caravana clá-sica, que os levará pola mañá a Os Peares, para acceder tamén a Ferreira de Pantón e Augas San-tas. Mentres que pola tarde acudirán a Castro Caldelas para regresar a Ourense coincidindo coa proba clásica.

Os vehículos clásicos e antigos percorrerán a provincia de Ourense e parte da de Lugo

Un rali de Ourense con novidades4 A cita autmovilística ouren-sá por excelencia terá lugar o 14 e 15 de xuño.

Pedro de Rocas e Luíntra, con dúas pasadas por cada un deles.

Sobre as �1 horas sabe-rase quen é o vencedor do 46 Rali de Ourense. O ano pasado, Miguel Fuster foi o máis rápido de todos os participantes. Actualmente o líder da clasificación pro-visional do Rali de España de Asfalto é Luis Monzón, quen buscará en Ouren-se distanciarse dos seus perseguidores. Segundo marcha Alberto Meira, e terceiro Miguel Fuster.

Axuda da DeputaciónO presidente da Depu-

tación, Manuel Baltar, e o presidente da Escudería Ourense, Adolfo Rodrí-guez de la Rúa, asinaron un convenio de colabora-ción mediante o cal a ins-titución provincial achega 30.000 euros para a organi-zación do Rali de Ourense, unha das probas automobi-lísticas máis importantes do calendario nacional.Un dos participantes do Rali Clásico da edición do ano 2012.

Placa do 46 Rali de Ourense.

Page 13: 06 Xuño 2013 - BD78

BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

13BALONMáN

Aínda que o Pabellón comezou gañando, o Viña Costeira remontou a cita

Redacción

O Viña Costeira procla-mouse campión da Copa Deputación de balonmán vencendo na final que dis-putou contra o Pabellón Ba-lonmán.

Así mesmo, tamén se ce-lebraron as demais finais da XXXI Copa Deputación de balonmán.

No polideportivo do Campus Universitario de Ourense celebrouse a final benxamín. Polo terceiro e cuarto posto, o Balonmán Pabellón Otero Pedrayo venceu á Asociación Balo-nmán Carballiño. Na final desta categoría empataron o Balonmán Ribadavia e o Balonmán Pabellón Vis-tahermosa, facéndose coa vitoria o primeiro grazas ao seu mellor “golaverage”.

En benxamín mixto, o Escola Municipal de Barba-dás foi o campión, por dian-te do Viña Costeira Arnoia (segundo) e do Campus Au-ria Mariñamansa (terceiro).

Final séniorÁ final sénior chegaron o

Viña Costeira e o Balonmán Pabellón, ambos pertencen-tes á Primeira División Au-tonómica. Un choque que tivo lugar no polideportivo O Consello de Ribadavia.

Despois dos primei-ros compases o Pabellón Ourense colocouse por diante no marcador, supe-rando o xogo colectivo ás individualidades do Viña Costeira. Así, chegouse ao descanso con vantaxe no marcador para os da vella Auria (13-15).

Na reanudación mantí-vose a mesma tónica, cun Pabellón sempre por diante e un Viña Costeira que se mantiña no encontro.

O Viña Costeira proclámase campión da Copa Deputación de balonmán4 Disputáronse todas as finais da 31ª edición da Copa Deputación de balonmán.

A falta de 10 minutos para o final, o partido en-trou nunha fase máis agre-siva, onde os colexiados víronse obrigados a excluir con dous minutos a varios xogadores de ambos equi-pos e descalificar (tarxeta roxa) ao xogador do Viña Costeira, Celso Sotelo.

Estes momentos de con-flito supuxeron un certo desconcerto nos homes de Zarra o que aproveitaron os do Ribeiro para coller van-taxe no marcador e vencer na final por 27 a 25.

ZarraO adestrador do Pabellón

Balonmán, Alejandro Arias “Zarra”, deixará a vindeira campaña o banco do equi-po sénior do Pabellón Ba-lonmán. Nembargantes, o que non deixará son outras responsabilidades dentro do propio club.

Encontro do Pabellón Balonmán disputado nos Remedios durante esta liga./R.T.

M. Rejo

A empresa de ocio e tempo libre ubicada en Verín e Ourense, Saude-ter, abre o prazo de ins-crición para a primeira acampada de verán que organiza na hípica do campo dos Reme-dios, en Vilamaior, nos arredores de Verín. Os nenos de entre 9 e 13

anos que se apunten poderán gozar de dez días, entre o 3 e o 13 de xullo, de multitu-de de actividades ao aire libre impartidas por seis monitores especializados que en todo momento fa-rán que os nenos se divirtan o máximo posible. Non será moi difícil pasalo ben practicando hí-pica, jumping, golf, veladas nocturnas, tiro con arco, hincha-bles, talleres forma-tivos, e un sinfín de actividades. Todo elo mentras aprendemos algunhas palabras en inglés. A data para abonar os 180 euros que custa esta acam-pada de verán remata o venres �8 de xuño. Haberá un máximo de 45 prazas, acep-tarase por riguroso orde de inscrición. Se desexades máis información pode-des consultar a web www.saudeter.com ou no teléfono 988 41 07 67.

De acampada con Saudeter4 Saudeter organiza do 3 e o 13 de xullo unha acampada en Verin para nenos/as de 9 a 13 anos con actividades diversas e orixinais.

Page 14: 06 Xuño 2013 - BD78

14 BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

POLIDEPORTIVO

P.L.

Un total de �6 tiradores de diferentes categorías participaron a fin de semana do 1 e � de xuño no sétimo Trofeo Cidade de Ouren-se de Armas Neumáticas, proba valedeira ao mesmo tempo para a liga anual da Copa Deputación, disputa-do no club de tiro Eiroás.

A competición non de-parou sorpresas, e Miguel Colmenares e Nuria Mera, con 56� e 37� puntos res-

Parte dos premiados no sétimo Trofeo Cidade de Ourense de Armas Neumáticas. /J.E.

26 deportistas no 7º Trofeo Cidade de Ourense4 A proba era valedeira para a Copa Deputa-ción de Armas Neumáticas.

pectivamente, proclamá-ronse vencedores en pistola sénior e damas. Manuel Fernández foi o primeiro en pistola veteranos B (479 puntos) e Manuel Somoza en pistola veteranos M (506 puntos); os mellores cade-tes foron Paula Fernández (3�6) e Luis Seoane (34�) e en alevín, Martín Fernán-dez (153 puntos); o primei-ro en pistola discapacitados foi Víctor José Álvarez (500 puntos) e en damas Sonia María Álvarez (�87

puntos). Na modalidade de carabina, Francisco Vi-las Yebra resultou gañador con 571 puntos.

Máis competiciónsA actividade deportiva

continúa o próximo 9 de xuño coa liga de pistola velocidade, o día 16 coa liga de pistola estándar, o día �3 coa liga de carabi-na tendido e pistola libre, e o 30 de xuño remata o mes coa liga de pistola de 9mm.

Ximnasia, duatlón e tenis de mesa pechan o XOGADE por este curso4 Xinzo, O Carballiño e Ourense foron as se-des destas competicións deportivas.Redacción

Ximnasia en Xinzo, duatlón no Carballiño e tenis de mesa en Ourense pechan o XOGADE por este curso.

XimnasiaO pavillón polideportivo

de Xinzo de Limia acolleu o Campionato Provincial de Ximnasia rítmica onde centos de afeccionados re-uníronse para ver aos xim-nastas máis cativos.

O campionato estivo marcado pola gran com-petividade mostrada por todos os participantes. O nivel da competición foi moi alto e os que alí acudiron puideron gozar dunha moi boa xornada de ximnasia.

O Club Escola Pavillón foi o máis laureado obten-do 13 podios, aínda que

Redacción

A ciclista do Actyon - Academia Postal - Mérida, Eva Álvarez venceu con autoridade na Copa de Es-paña de BTT XC celebrada

tamén obtiveron bos resul-tados ximnastas de Barba-dás, Xinzo e Ribadavia.

DuatlónNo Carballiño celebrouse

o Campionato Galego de Duatlon do Programa XO-GADE. Á localidade ouren-sá chegaron os deportistas de toda Galicia que me-llor o fixeron durante todo o curso. A única medalla ourensá foi a do benxamín Martín González Blanco (C.C. Maceda) quen rema-tou na segunda posición.

Tenis de mesaNo Paco Paz tivo lugar o

Campionato Provincial de Tenis de mesa que outor-gaba o pase ao Campionato Galego en categoría infan-til e cadete. Ademais das categorías citadas disputá-tonse partidos en categoría benxamín e alevín, tanto

masculino como femenino. Nestas duas categorías,

infantil e cadete, destaca-da foi a actuación do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, xa que estivo intra-table durante todo o cam-pionato. Cuun xogo limpo e directo conseguiron a base de esforzo chegar ao seu obxetivo, ser os campión en ambas categorías.

en Valladolid. Esta proba era a terceira puntuable para o Open de Españ de BTT. Con este resultado Álvarez chega á última cita do Open, a de Avilés, con opción de gañar a clasifica-

ción xeral. Pola súa ban-da, Xiana Conde rematou en sexta posición na cate-goría cadete.

Open de GaliciaNa última proba dispu-

tada do Open galego de BTT en Cambre, o júnior Raúl González vencía, lo-grando así o seu primeiro triunfo da tempada. En elite, Saúl López, sumaba un podio máis, sendo ter-ceiro na categoría.

Eva Álvarez vence na Copa de España de BTT XC de Valladolid

Ximnastas que participaron no Campionato Provincial en Xinzo.

O Club Escola Pavillón foi o máis laureado en ximnasiaEn duatlón, o benxamín Martín González quedou segundoEn tenis de mesa destacou o IES Carlos Casares de Viana do Bolo

Page 15: 06 Xuño 2013 - BD78

BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013

15 ARTIGOS / ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº78- Ano: V - 7 de xuño de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 18. Decálogo dos erros dos fillos

1º.- Ter demasiada présa por probalo todo. As présas son malas conselleiras. Hai que dar tempo ao tempo e non queimar etapas tan ra-pidamente.

2º.- Facer o que o corpo pida. Hai cousas que pide o corpo que non só son con-venientes, senón que desen-cadean en problemas gra-ves psicolóxicos e físicos.

3º.- Relacionar a felici-dade e os momentos agra-dables co goce dos sentidos sen medida. Hai que saber quedar nun termo medio. Os extremos son moi perni-ciosos.

4º.- Pasar por alto os consellos e suxestións dos pais, educadores, ensi-nantes e profesores, non aproveitar a experiencia de quen antes se equivocaron e agora poden dar crédito canto aconsellan.

5º.- Seguir a máxima de que só se pode pasar ben e gozar nas discotecas, be-bendo, fumando e bailando até ben entrada a madru-gada.

6º.- Pensar que a condu-ta, o exemplo dos amigos, non lles arrastra, condi-ciona. Está sobradamente

probado que un bo mozo cambia completamente debido a un amigo que lle arrastrou. Seleccionar as compañías.

7º.- Non saber dicir non! ao alcol, á droga, ao desenfreo, ás incitacións etc., de quen se cren máis homes/mulleres. O ser humano é o único animal capaz de dicir non.

8º.- Non asumir respon-sabilidades de maneira seria, continuar sempre coa lei do mínimo esfor-zo e culpar os demais dos seus propios fracasos e erros.

9º.- Falta de prudencia, cautela e sentido común. Todo ten un límite que hai que respectar, e os exce-sos páganse caros.

10º.- Non darse conta de que o consumismo, a moda, a publicidade, etc., condiciónalles e teledirixe facilmente, converténdose nun ser utilizado.

Alfonso Vilachá, con-celleiro de Deportes de Ourense e entrenador

Deporte e realidade (XVIII)

“Hai que dar tempo ao tempo e non queimar etapas tan rapidamente”

Toño Moure, xerente da tenda TM Sport, na rúa San Rosendo.

TM Sport, nova tenda de deportes da Ponte

TM Sport é o nome da nova tenda de depor-tes que fai dúas sema-nas abría as súas portas na rúa San Rosendo, no barrio da Ponte. Trátase dun establecemento no que o cliente poderá ato-par roupa deportiva tanto de neno como de adulto de marcas tan coñeci-das como Adidas, Nike, Puma, Joma ou Asics, así como zapatillas de depor-tes destas mesmas marcas, tanto de running como de

No interior da tenda poderedes atopar descontos en botas de fútbol, zapatillas

deportivas ou chanclas de praia

paseo. “Temos un pouco de

todo, e máis ou menos de todos os prezos, así como bañadores e complementos de natación, bolsos, gorras, balóns e medias de fútbol, complementos de tenis, pá-del, bádminton...”, enume-ra Toño Moure, xerente do establecemento. Ademais, traballan baixo pedidos

para calzado ou prendas de tallas grandes, “procu-ramos conseguir o que nos demanda o cliente”.

Xunto ás coleccións primavera-verán, na ten-da dispoñen tamén de produtos en oferta como botas de fútobl, zapatillas deportivas ou chanclas de praia.

TM Sport está na rúa San Rosendo, 4 e abre de luns a venres de 10 a 13:30 e de 16:30 a �0:30 horas e os sábados de 9:30 a 13:30 horas.

Xunta entregou en Ourense as distincións ao mérito deportivo4 Nove foron a parar a per-soas, entidades ou eventos ourensáns.Redacción

A Xunta de Galicia entre-gou no Auditorio de Ouren-se as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia �013 a 37 persoas e institucións que destacan polo seu la-bor a prol da promoción e o fomento do deporte e da educación física na nosa comunidade. Nove foron a

parar a persoas, entidades ou eventos ourensáns.

GalardoadosOs galardoados foron:

Leite Río, Club Fluvial Lugo, Juan Somoza, Ángel Manuel Sánchez Vázquez, Luis Rodríguez Moya, Ma-riano García Verdugo, José Domingo Castaño, Francis-co Javier González Pérez,

Rally de Ferrol, Rally de Ourense, Rally Rías Baixas, Alejandro Blanco Bravo, José Manuel Fernández So-brino, Miguel Ángel Gon-zález Suárez, Recaredo Paz Prieto (a título póstumo),

Marta Míguez Telle, Aurora Martínez, Colexio Salesia-nos, San Martiño, Manuel Soto, Club Torres Vikin-gas de Catoria, Eduardo (Cholo) Dapena Lis, Mo-desto Sánchez Alva, Carlos

Menéndez Ogando, Celta Vigo Baloncesto Femeni-no, Alfonso Posada, Iván Pozo, José Manuel Brasa Sanjurjo, José Luis Méndez García, José Manuel Alve-lo, Vilagarcía Basket Cup,

Arousa Fútbol 7, Germán Rodríguez Conchado, Ju-lio Pedrosa Vicente, Carlos Borrás Sanjurjo, Roberto Pérez López (a título pós-tumo) e Ángel Luis Rebo-lledo.

Foto de grupo dos premiados e das autoridades, no acto celebrado no Auditorio o 30 de maio. /XOAN CRESPO.

Unha empresa imparte clases de cociña “ao teu gusto”

A empresa ourensá Servicios Gastronómicos Tino Iglesias comezou a impartir clases de cociña “ao teu gusto”. Todos os martes, mércores e xoves cociñeiros profesionais ensinan a preparar me-nús de tempada, cada día un diferente. O horario, á ultima hora do día (de 19 a �1 horas) facilita a asis-tencia ao curso, e ademais os alumnos poden elixir os oito días do mes aos que queren acudir, pagando un prezo total de 48 euros.

Outros servizosServicios Gastronómi-

cos Tino Iglesias ofrece tamén sesoramento para negocios de hostalería; organización de “show cooking” con cociñeiros de recoñecido prestixio; o asesoramento na orga-nización de eventos como banquetes, vodas ou co-midas de empresa; e cá-tering, incluíndo menús adaptados ao gusto e ás necesidades de cada clien-te.

[+ info no 633 849 010 e constantinoiglesias@gmail.

com]

Page 16: 06 Xuño 2013 - BD78

BARRIOS DEPORTIVO7 de xuño de �013