revista xuño 2012

16

Upload: aula-ocupacional

Post on 17-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Revista elaborada por los usuarios del Aula Ocupacional de NN.TT de Fingoi Lugo

TRANSCRIPT

Page 1: Revista xuño 2012
Page 2: Revista xuño 2012

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Índice

O Artigo

Deportes

Entevista

Recuncho Literario

O Noticiero

Carteleira

Enlaces de interese

Poesía

Edita:

COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.

Consello de Dirección:

Directora:

Rosa M. Pías Salgado

Coordinadora:

Purificación Salvador Rebolo

Maquetación:

Enrique Sanmartín

Redactores de sección:

Juan Antonio García

José Manuel Ramil

José Luis Vázquez

Luis Fernández Trinidad

Enrique Sanmartín

Ana Varela

Jose Rodiño

Roberto Camba

Manuel Paz

Francisco Gullón

Ricardo Lamazares

Nieves Gayoso

Antonio Fernández

Ana Cristina Piñeiro

Manuel Rosón

Óscar Vigo

Jose Luis López

José Carlos Vázquez

Luis Alberto García

Ramón Veiga

Miguel Regueiro

Arturo Fojón

Francisco J. Solana

Gustavo Latorre

Manuel Álvarez

Colaboración Externa:

José Ángel Vázquez

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI

3

6

11

12

13

14

15

15

5

10

11

12

13

14

15

15

Page 3: Revista xuño 2012

3 ARTIGO

PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade

Rematan tres cursos de Formación Profesional que se estiveron impartindo en Mos, Tui e Ponteareas

O pasado mes de xuño remataron tres cursos que se estiveron impartindo en distintas localidades de Galicia. Estes

cursos estiveron financiados pola Consellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal

da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para

persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Os cursos que finalizaron foron:

Ofimática: Nas instalacións de COGAMI en Mos, 14 persoas (3 mulleres e 11 homes) formáronse durante 340 h. en contidos como Sistema Operativo Tratamento de Textos, Folla de Cálculo, Internet, Presentacións Gráficas e Mecanografía. Estas persoas residían nos concellos de Fornelo de Montes, Mos, Nigrán; Redondela e Vigo.

Controlador de accesos: No Centro de Formación do Concello de Tui, 16 homes estiveron formándose ao longo de 243 horas en Informática, Área Socioprofesional, Área Técnico Profesional, Área Xurídica e mecanografía. As persoas que se formaron procedían dos concellos de Baiona, O Porriño, O Rosal, Oia, Salceda, Tomiño, Tui e Vigo.

Xestión de stocks, almacén e control de caixa: Nas instalacións do centro de recursos ASPRODICO de Ponteareas, 12 persoas con discapacidade (10 homes e 2 mulleres), dos concellos de A Cañiza, Mondariz, Ponteareas, Salvaterra e Vigo formáronse durante 235 horas en contidos de: Atención ao Público, Informática, Almacenaxe e Prevención de Riscos.

A inserción ao mercado de traballo é un dos aspectos primordiais na busca da integración social das persoas con discapacidade. Para conseguir este obxectivo é fundamental a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande importancia á posta en marcha de diferentes ciclos formativos (xa sexan de forma presencial ou a través de internet).

Vanse formar 15 persoas con discapacidade, 13 homes e 2 mulleres, dos concellos de Lugo e O Corgo

As instalacións que COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ten en Lugo (rúa da Luz nº4, polígono de Fingoi) acollen un curso de xardinería que vai formar a 15 persoas con discapacidade desempregadas, 13 homes e 2 mulleres, a maioría do concello de Lugo e unha delas de O Corgo.

Este curso impártese dentro do Plan AFD (Accións Formativas dirixidas principalmente a desempregados) e está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

Durante tres meses que vai durar esta acción formativa que leva por nome Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, os 15 alumnos están inscritos no Servizo Público de Emprego e son usuarios do Servizo de Intermediación Laboral (SIL) de COGAMI. A acción formativa vai contar con 348 horas de duración e se vai impartir de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, co que rematará o 26 de setembro.

Este curso de xardinería está dentro dos novos certificados de profesionalidade de nivel de cualificación profesional 1, é dicir, non fai falta que o alumnado estea en posesión dunha cualificación específica para poder acceder ao mesmo.

Consta de 6 módulos, nos que se van tratar tanto operacións en viveiros e centros de xardinería como nas instalacións de xardíns, de mantemento, ademais da realización de prácticas en empresas.

COGAMI inicia en Lugo un curso xardinería para persoas con discapacidade

Ramón Veiga

Francisco Gullón

Page 4: Revista xuño 2012

4 ARTIGO

AGARESO e COGAMI galardoados nos Premios Empodera 2012

O programa integral de comunicación para o desenvolvemento 'Sen Barreiras,' desenvolvido por AGARESO en colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), resultou galardoado nos premios Empodera 2012, na categoría de Cidadán Empoderado.

Os premios Empodera, organizados pola Fundación Cibervoluntarios desde fai tres anos, recoñecen iniciativas nadas no último ano que realicen un uso social da tecnoloxía, paliando brechas sociais, xerando innovación social e propiciando o empoderamiento cidadán.

Os premios constan de catro categorías: iniciativa local, iniciativa global, iniciativa máis innovadora e cidadán empoderado, que son elixidas por 1.500 cibervoluntarios/as e os/as asistentes a 'eSTAS 2012', evento que tivo lugar en Málaga, os pasados 12 e 13 de xuño, e no que se entregaron os galardóns aos premiados. Este ano recibíronse máis de 80 candidaturas a cada unha das categorías dos premios.

Este proxecto parte da base de que non só se discrimina coas barreiras arquitectónicas que pode haber en edificios, beirarrúas ou entornos públicos ou pola dificultade de acceso ao transporte ou ao mercado laboral, senón que un xeito maior de discriminación é non dar voz ás persoas con discapacidade.

Esta iniciativa deu os seus primeiros pasos fai 3 anos, coa posta en marcha dunha tertulia semanal, conducido polo xornalista Juan De Sola, na que participan un grupo de persoas con algunha discapacidade integradas en Cogami.

A matriz do programa é que os/as tertulianos/as, poidan expresar o seu punto de vista sobre diferentes situacións da actualidade global que lles afectan de xeito diferente pola súa situación persoal e relatar vivencias que pasaron ao longo da súa vida asociadas a esta situación. As tertulias emítense dentro da programación estable de AGARESO Radio e tamén se sitúa como podcast na súa web de AGARESO.

Posteriormente incorporouse ao proxecto un informativo semanal, centrado en noticias relativas ás persoas con discapacidade, producido e locutado pola xornalista Cristina Pett, e que se difunde tanto na web de COGAMI como na web e radio de Agareso.

Con todo, ambas organizacións quixeron dar un paso máis no proxecto, incorporando neste 2012 un taller de radio no que se forma de forma teórica e práctica aos usuarios de Cogami para que coñezan, non só as bases da radio, senón tamén da creación xornalística deste medio, formándose nos diversos xéneros radiofónicos, locución, linguaxe radiofónico, etc. O principal obxectivo é empoderar aos/as usuarios/as de Cogami para que poidan realizar os seus propios programas radiofónicos e pezas de audio sen tutela de AGARESO.

Estes talleres lévanse a cabo a través dun software de videoconferencia, o programa Spontania, que conta con funcións que permiten levar a cabo o taller de radio con maior facilidade. Sabela Íñiguez, técnica de AGARESO, é a encargada de impartir a clase de forma presencial no centro de Cogami en Pontevedra e a través de videoconferencia aos outros centros de Lugo, Mos e Ferrol. Grazas a este sistema lógranse salvar as barreiras físicas e as dificultades de movilidad inherentes ou condicionantes dunha discapacidade.

Desde AGARESO consideran que para conseguir o desenvolvemento dos pobos e dos colectivos en risco de exclusión social, é imprescindible que estes posúan as súas propias ferramentas e medios de comunicación, algo que estes momentos vai unido ao acceso e manexo das TIC´s. Abrir as novas teconologías a colectivos en risco de exclusión social, como é o caso das persoas con discapacidade, axudará a reducir progresivamente a súa marxinación e camiñar firmemente cara á súa plena integración na sociedade.

Nieves Gayoso

Page 5: Revista xuño 2012

5 ARTIGO

Artuto Fojón

Usuarios e profesionais da Aula Ocupacional de Novas Tecnoloxías de Fingoi (Lugo)pasaron unha fin de semana na Mariña

Na tardiña do venres 25 de maio, un grupo de 33 persoas usuarias e profesionais do Programa de Formación Ocupacional Presencial que desenvolve COGAMI no centro de recursos de Fingoi en Lugo, partiron de viaxe cara A Mariña Lucense para pasar a fin de semana.

O grupo estivo formado por 19 persoas con grandes discapacidades, todas elas usuarias da aula ocupacional de novas tecnoloxías, que foron acompañadas por 11 profesionais, un voluntario e dous asistentes persoais.

Todos eles conviviron na Casa Fandín (A Devesa-Ribadeo), aloxamento rural cuxos propietarios están moi sensibilizados coa accesibilidade universal, e que conta cunhas instalacións complementamente accesibles, así como outros produtos de apoio, que permiten que persoas con mobilidade reducida poidan disfrutar do ocio e tempo libre nun establecemento de turismo rural.

O financiamento do aloxamento foi posible grazas á colaboración de Casa Fandín, que é propiedade da familia dunha persoa que asiste á Aula Ocupacional, que moi amablemente os invitou a pasar alí unha fin de semana, polo que lle están moi agradecidos, pois doutro xeito sería realmente difícil poder realizar unha actividade deste tipo.

Para os desprazamentos contaron coa colaboración da empresa de transporte adaptado COINCO, S.L., que pertence ao grupo empresarial de COGAMI.

A viaxe foi de lecer e cultural; trala chegada a Ribadeo, aproveitaron a tarde do venres para visitar distintas zonas da Mariña Oriental. O sábado quedou reservado para visitar Asturias, e o grupo achegouse ata Xixón onde coñeceron os lugares máis emblemáticos da cidade. O domingo, antes de partir cara Lugo, visitaron a Mariña Occidental, onde comeron en Casa Selmira, que tamén ten un familiar que acude al Aula Ocupacional. Chegaron a Lugo ás 18:00 horas.

A participación neste tipo de actividades lúdicas é unha aposta máis de COGAMI pola plena inclusión das persoas con discapacidade na sociedade, ao tempo que axuda a facer máis visible ao colectivo con pleno dereito.

O pasado 22 de xuño os usuario/as, profesionais e voluntarios do Aula Ocupacional de Novas Tecnoloxías, do Taller Prelaboral do centro de Fingoi Lugo, xunto cos usuarios/as e profesionais do Taller Prelaboral de Monterroso participaron no Arde Lucus vestidos de romanos, castrexos etc.

Gozaron dunha agradable comida nun restaurante da cidade e, a continuación desprazaronse á Praza maior para a inauguración e dar unha volta polo Mercado do Arde Lucus onde puideron visitar e comprar nos distintos postos de bisutería, repostería etc. Máis tarde dirixironse á Praza da Constitución para ver o espectáculo de NASCITVRVS no que se representaban bautismos civís que os converteron en cidadáns románs, para seguir gozando dun día particular e diferente ante a cidade romana de LUCUS AUGUSTI.

COGAMI no Arde Lucus

Visita de COGAMI Lugo á Asociación Andrea

Ás instalacións da Asociación ANDREA situadas na aldea de San Salvador (Allariz- Ourense) que está recuperada, rehabilitada e rehabitada, dirixíronse os usuario/as, profesionais e voluntarios do Aula Ocupacional de Novas Tecnoloxías, do Taller Prelaboral do centro de Fingoi Lugo, para coñecer de cerca este proxecto.

A Asociación ANDREA enmárcase dentro dun proxecto integral de apoio ao desenvolvemento rural baseado principalmente na posta en marcha de servizos de benestar social e aproveitamento dos recursos naturais. Nesta viaxe púidose vivenciar e gozar a Mediación Terapéutica e a aceptación incondicional dos burros de terapia nun entorno especial pola súa tranquilidade e a súa beleza. Aproveitando a xornada realizouse unha visita ao pobo de Allariz.

Manuel Paz

Oscar Vigo

Page 6: Revista xuño 2012

6 NOTICIEIRO

A Xunta de Goberno Local do Concello de Albox, en Almería concedeu a Kartingterapia a licenza municipal de obras para a construción dun circuíto de karting. E s t e proxecto é innovador e diferente baseado na igualdade social, que ten como obxetivo innovar no mundo do karting. Preténdese revolucionar e ampliar o seu concepto, facéndoo accesible a todas as persoas. Este proxecto está moi ben ubicao, na porta de entrada do Val do Almanzora pola zoa do levante e moi preto da costa. Este proxecto inclúe salas de xogos con simuladores de última xeración, cursos de condución, restaurantes, tendas, entre outras áreas. Outro obxetivo é converter esta instalación nunha escola de pilotaxe para xóvenes de toda España y doutros países.

Con este proxecto pretendese a eliminación de barreiras arquitectónicas permitindo a accesibilidade de persoas con algún tipo de discapacidade á práctica desta actividade. Este circuíto ten previsto inaugurarse no 2013, preténdese instalar uns bólidos especiais, para emular as sensacións que se alcanzan ao pilotar un coche de fórmula 1.

Circuíto de karting accesible

Ana Mª Varela

Luis A. García

Triple discriminación para as mulleres

con discapacidade Etiquetaxe en braille, maior presenza da linguaxe de

signos nos servizos públicos; da administración as comisarías, por exemplo, a elaboración dun protocolo para detectar os casos de violencia de xénero e unha oferta de formación ampla. Son algunhas das recomendacións derivadas do estudo sobre discapacidade e xénero presentado recentemente en Santiago de Compostela, que revela que as mulleres con algunha discapacidade sofren unha dobre discriminación, que se eleva ao triple para as que residen en áreas rurales. En Galicia hay 200.000 persoas con discapacidade, das que un 61% son mulleres (oficialmente, o porcentaxe e só do 51%, pero sobe polos casos non recoñecidos). Elas son as protagonistas do estudio realizado polas responsables autonómicas de Igualdade, Susana López Abella, e Política Social, Coro Piñeiro, da que se desprende que a integración laboral, a autonomía persoal e a accesibilidade son as reclamacións máis destacadas destas mulleres. Desta forma, a cuestión de xénero aparece como secundaria fronte a discriminación que supón a discapacidade, e que se acrecenta nos casos de enfermedades mentais, as grandes esquecidas.

Un dos ámbitos a estudiar neste informe e o da violencia de xénero, que afecta duramente as mulleres con discapacidade. Así, están menos informadas, con menos acceso aos recursos e en ocasións con menos credibilidade á hora de denunciar os feitos. Ao respecto e tendo en conta que a violencia de xénero psicolóxica e recoñecida como un “comportamento inapropiado”, a Xunta elaborará un protocolo de detección e actuación coas asociacións do sector. O pasado ano, 29 mulleres con discapacidade recibiron axuda como consecuencia da violencia machista.

J. Carlos Vázquez

O Exército permitirá que os militares con

discapacidade, como consecuencia dun acto

de servizo, poidan continuar no exército

A orde ministerial publicada no Boletín Oficial de

Defensa, dispón que os militares con discapacidade

sobrevida en acto de servizo, xa sexa en España ou en

misión no estranxeiro, lles sexa posible continuar no

exército si ese é o seu desexo.

Esta disposición é unha vella reivindicación tanto dos

veteranos de guerra como das asociacións militares e

amplía as disposicións dictadas en 2007 e 2009 que

contemplaban que os veteranos e militares con

discapacidade mantivesen unha especial relación coas

Forzas Armadas.

Esta orde que se executará con efectos retroactivos,

permitirá que os militares que adquiran unha

discapacidade en acto de servizo teñan dereito a unha

recolocación nun posto do Exército que poida levar a cabo

con esa discapacidade, sen que supoña un menos cabo no

cobro da pensión correspondente.

Os militares que se poderán acoller a esta posibilidade

serán os que a súa discapacidade sexa provocada nun

destes cinco supostos: unha operación militar no exterior,

preservando a seguridade e o benestar dos cidadáns en

situacións de urxencia, grave risco ou catástrofe, como

consecuencia dun acto terrorista ou noutras circunstancias

excepcionais. Con este último suposto cubriríase tamén

aos militares que sufran un accidente no cuartel.

Juan García

Pesentado o 1º curto de animación creado por nenos con e sen discapacidade

da Fundación Alaín Afflelou

O 13 de xuño, a Fundación Alain Afflelou mostrou no Colexio Sagrado Corazón de Madrid o primeiro corto de acción realizado por nenos con e sen discapacidad. Este curto visionarase en colexios de toda España co fin de sensibilizar e mellorar a inclusión dos nenos con síndrome de Down no entorno escolar. Esta é unha iniciativa do mundo ao revés para a Fundación Invest for Children e foi posible grazas ao financiamento da Fundación Alain Afflelou e o asesoramiento de Down España.

Deste curto de seis minutos de duración, os delegados das sociedades comprometidas esperan obter calado social. A continuación recreouse un Aula Experimental con estudantes de 5º curso para mostrar como traballarán estes contidos pedagóxicos nos colexios durante ou próximo curso escolar. Para este proxecto contouse coa colaboración dos xornalistas Manuel Fuentes e Carmen Barceló e o apoio da modelo Martina Klein e o coach de televisión Pedro García Aguado. Os catro dobraron as voces dos principais protagonistas do curto de animación e prestaron a súa imaxe á idea de forma desinteresada.

Page 7: Revista xuño 2012

7 NOTICIEIRO

Manuel Paz

O servizo “Sen Barreiras” do aeroporto

Madrid-Barajas atendeu

270.000 persoas no ano 2011

A totalidade de aeroportos españois que dependen da

rede Aena dispoñen dun servizo de atención a persoas con

discapacidade. No Aeroporto de Madrid- Barajas

atendéronse no 2011 preto de 270.000 pasaxeiros con

mobilidade reducida o que supón un 3,85 máis que o ano

anterior. Os meses con maior demanda na utilización deste

servizo foron os de setembro e xuño nos que se atenderon

a 27.675 e 26.211 solicitudes.

Os pasaxeiros que así o requiren dispoñen de 26

puntos de encontro “Sen Barreiras” dos cales sete deles

teñen todos os recursos humanos, técnicos e materiais

necesarios. A localización destes puntos atópase no recinto

aeroportuario, tanto dentro como fóra das terminales. Os

pasaxeiros que utilizaron este servizo de Aena Aeroportos

cualificaron a atención do mesmo cun 4,3 sobre 5, o que

supón que o 93% dos usuarios cualificaron o servizo como

“bo ou moi bo”. Para recibir este servizo gratuito no

Aeroporto de Madrid-Barajas é necesario solicitalo con 48

horas de antelación, pódese solicitar por varias vías

diferentes a primeira chamando ao teléfono 902404704, a

s e g u n d a s o l i c i t á n d o o n a p á x i n a w e b

www.aena–aeroportos.é e a terceira solicitándoo a través

da compañía coa que vaia a viaxar.

Elección da capital europea da accesibilidad

O pasado 22 de maio, a Comisión Europea convocou o concurso para elixir a capital europea da accesibilidade, que terá no 2013 a súa terceira edición. O organismo encargado en España de elixir á cidade que representará ao noso país é a Confederación Española de Representantes de Persoas con discapacidade (CERMI). O obxectivo da elección da devandita cidade, é premiar á localidade europea que máis se esforce en conseguir un entorno accesible, especialmente para as persoas con discapacidade.

Poderán presentarse as cidades que superen os 50.000 habitantes, que terán ata o cinco de setembro do 2012 para presentar as súas propostas. Na primeira edición do mencionado concurso, resultou ganadora Ávila, quedando finalista Barcelona, na segunda edición quedaron finalistas as cidades de Santander e Tarrasa.

Antonio Fernández

Foron persoas usuarias de entidades que forman parte de COGAMI e que acudiron das comarcas de Muros, Bergantiños, Soneira e Fisterra, Arzúa e Terra de Melide, Deza, Noia, Baixo Miño, Mos e Compostela. A Asociación de Persoas con Discapacidade Avante de Val do Dubra, entidade membro de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) repitiu experiencia de anos anteriores, polo que organizou unha xornada de pesca adaptada ao colectivo de persoas con discapacidade.

Un total de 262 persoas, 178 destas con discapacidade e o resto familiares, monitores e acompañantes, eran as que estaban apuntadas para intentar facer algunha captura ao longo do día coas súas canas. Todas estas persoas son usuarias tanto de Avante como doutras entidades membro que forman parte de COGAMI, sendo estas de Avante en Val do Dubra, Adisbismur de Muros, Amarai de Arzúa, Íntegro de Bergantiños, Soneira e Fisterra, COGAMI-Deza de Silleda e A Estrada, Stand de Noia, Vontade de Baixo Miño e COGAMI-Mos. A xornada de pesca xa a leva desenvolvendo a entidade Avante dende hai preto de nove anos. O organizador da xornada é a Asociación de Pescadores do Val do Dubra O Ranqueiro e como colaboradores están o Concello de Val do Dubra e a Asociación de Voluntarios de Protección Civil, tamén de Val do Dubra. Ademais de poder pasar a mañá pescando, xantaron na zona e logo disfrutaron de música e baile. O que se intentou é que pasasen un día de lecer e de convivencia.

Ana Piñeiro

Máis de 250 persoas reuníronse en Val do Dubra para pasar unha xornada

de pesca adaptada

Miguel Regueiro

Cegasal preséntoulle aos quince centros especias de emprego asociados os resultados

do exercicio do ano pasadoA Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais

de Emprego sen ánimo de lucro (Cegasal) celebrou a Asemblea Xeral Ordinaria na que presentou publicamente a memoria de actividades do exercicio do ano pasado amais da económica.

Previo a estes resultados, houbo unha presentación do que é Cegasal e dos seus quince centros especiais de emprego de toda Galicia que están asociados á entidade. Foi o Presidente da entidade, José Antonio Vázquez, o que se encargou de dirixir a presentación, quen este ano estivo acompañado pola Delegada Territorial en Lugo da Xunta, Raquel Arias Delgado, o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e maila Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral do concello lucense, Mª Esther Muñoz, ademais das persoas asociadas dos centros especiais de emprego e membros da xunta directiva.

Outras persoas convidadas foron as do movemento asociativo da discapacidade, así acudiron ao Gran Hotel de Lugo (Avda. Ramón Ferreiro, 21) a Presidenta da Asociación de Mulleres con discapacidade de Galicia (ACADAR), o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e tamén o coordinador do centro de recursos de Fingoi, Juan Gude.

Page 8: Revista xuño 2012

8 NOTICIEIRO

Púxose en marcha o programa “Turismo e Termalismo 2012” para persoas con discapacidade, da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE). Proporciónase unha oferta de lecer accesible, adaptada ás capacidades de cada usuario, con prioridade para os cidadáns con menor poder adquisitivo e maior grado de discapacidade. Este programa conta co financiamento do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) e Fundación ONCE. As quendas de vacacións inclúen ata novembro de 2012, repartidos en destinos de praias, illas, termalismo, turismo de interior e multiaventura.

Como establecementos hosteleros e destinos novos están: Alboraya (Valencia), Peñíscola (Castellón) e Santiago de Compostela (A Coruña). No “Programa de Vacacións 2011” realizáronse 53 quendas, beneficiándose 2.188 persoas, das que o 36% eran usuarios de cadeiras de rodas. O ano pasado realizáronse 6.200 solicitudes das que soamente puideron ser atendidas a terceira parte delas. Este programa de vacacións, que naceu fai máis de 25 anos posibilitou que 28.000 persoas puedieran viaxar.

Programa vacacións COCEMFE 2012

Ana Mª Varela

Juan García

Premiada a rede de kioscos de COGAMIIcomo un dos mellores proxectos de EspañaMomentum Project, o

programa fundado por BBVA e Esade , en colaboración de PwC, distingue á Rede Galega de Kioscos como un dos d e z p r o x e c t o s d e introdución social máis prometedores de España.

A entidade galega que naceu na Coruña no ano 2005 e que neste momento conta con 118 empregados con discapacidade, ten como finalidade impulsar a integración de persoas con algunha discapacidade a través da distribución de produtos en puntos de venda propios e alleos.

C o m e z o u s e tamén a implementar unha marca da liña de p rodutos p rop ia e desenvolvido unha web ,traballando ao mesmo tempo na dirección de conseguir unha maior profesionalización que lles permita mellorar as súas condicións de traballo e formación dos traballadores.

O conseguir este galardón outorgado por Momentum Projec, fará posible que a rede de kioscos poida acceder a un programa que lles permita contar co asesoramiento das firmas BBVA, Esade e empresas asociadas.

Ana C. Piñeiro

Creada unha aplicación on line que mellorará

a accesibilidade de aloxamentos turísticos Foi desenvolvida no Instituto de Biomecánica de

Valencia (IBV) unha aplicación “online” para que as empresas turísticas valoren a accesibilidade nos seus establecementos e poidan aplicar as melloras oportunas para satisfacer aos seus clientes. A aplicación denominada, “TurAcces/IBV”, permite realizar un auto diagnóstico da accesibilidade de hoteis, campings, casas rurais e restaurantes. Para realizar o diagnóstico no que se refire a accesibilidade faranse “sinxelos test” nos cales a ferramenta analiza a accesibilidade nas zonas do establecemento e xera un informe de recomendacions de mellora, considerando o marco legal e a normativa aplicable. O coordinador de Turismo e Lecer do IBV, Javier Ferrís, afirmou que o obxectivo da aplicación é que os aloxamentos turísticos e os restaurantes melloren o seu nivel de accesibilidade, permitindo unha oferta turística que asegure a calidade para a poboación e no que se vexa aumentada a satisfacción dos clientes, tendo en conta tamén aos clientes con máis dificultades. Si se cumpren estes requisitos resultará un produto mellor para todas as persoas, abrindo novas oportunidades de negocio para o sector e contribuíndo a aumentar a sua competitividade e diferenciación.

Na Unión Europea viven preto de 50 millóns de persoas con algunha discapacidade, ademais de quen presenta algún problema transitorio de mobilidade ou comunicación ao longo da súa vida, a esta cifra teremos que sumar os colectivos de persoas maiores, cada vez máis activas e esixentes neste sector, e un elevado número de turistas potenciais que demandan e aprecian a calidade e a facilidade de uso nos establecementos turísticos.

Para o desenvolvemento da aplicación “TurAcces/IBV” contouse coa colaboración do Instituto Tecnolóxico Hotelero e co apoio da Consellería de Turismo da Generalitat Valenciana e da Unión Europea a través dos Fondos Feder.

A Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (Fiapas) e Aristia Producións firmaron un acordo para o desenvolvemento e a promoción do cine accesible en España, colaborando na elaboración de subtítulos nas producións para DVD. Aristia, promotora de “Cine para Todos 2012”solicita a colaboración para contribuír á accesibilidade audiovisual. Fiapas e Aristia buscan a promoción do cine accesible, na exhibición das películas na sala e na súa distribución en DVD.

Con este proxecto non so se busca facilitar a accesibilidade nas salas de cine, a través da disposición de cine magnético, xa que ó mesmo tempo quérese conseguir poñer a disposición do usuario películas en formato DVD, con opción de subtítulos para persoas xordas. Fiapas e Aristia colaboran na elaboración de subtítulos para DVD, seguindo os criterios de calidade vixentes.

Cine accesible para persoas xordas

José L.Vázquez

Page 9: Revista xuño 2012

9 NOTICIEIRO

O Concello de Santiago e COGAMI asinaron

un convenio para colaborar

nun innovador proxecto europeoO pasado mes de xuño o Presidente de COGAMI

(Confederación Galega de Persoas con Discapacidade),

Anxo Queiruga, e maila Concelleira de Familia, Benestar

Social, Muller e Emprego, Paula Prado, asinaron un

convenio de colaboración no Pazo de Raxoi, que

favorecerá a posta en marcha dun servizo de préstamo de

produtos de apoio de segunda man para persoas con

algunha discapacidade ou en situación de dependencia.

A colaboración está enmarcada nun proxecto europeo

do Programa Progress que se desenvolve en Portugal,

Francia e España e que está cofinanciado polo Fondo Social

Europeo.

COGAMI, como socio español no proxecto, debe

constituír á súa vez un partenariado local co Concello de

Santiago para a posta en marcha dun proxecto piloto que

analice a viabilidade dun servizo de asesoramento e

préstamo de produtos de apoio de segunda man. Entre

estes produtos atópanse cadeiras de rodas, muletas,

guindastres, andadores, camas articuladas e outros que

precisan as persoas con mobilidade reducida nas

actividades da vida diaria.

O Concello de Santiago comprométese a apoiar o

proxecto colaborando na realización dun estudo de

necesidades e na difusión do proxecto entre os usuarios

potencias e tamén entre as persoas profesionais do eido

sociosanitario.

Este proxecto europeo recibe o nome de Proxi Mamed

e, nunha segunda fase, unha vez analizadas as

necesidades, pretende poñer en marcha un taller que se

encargará de almacenar, reparar e prestar produtos de

apoio de segunda man.

Nieves Gayoso

José L. Lago

A Asociación Íntegro da Costa da Morte celebrou os 20 anos dende a súa creación

Nunha carpa habilitada para a ocasión no exterior das instalacións do centro de recursos Íntegro (A Pedra nº 30. Nantón. Cabana de Bergantiños) a Asociación Íntegro para a diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra festexou os 20 anos de nacemento.

O Presidente de Íntegro, Adolfo López, estivo acompañado ese día pola Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen pechou o acto, polo Presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo, quen iniciou os festexos coa entrega a Íntegro dun vehículo adaptado. O Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, tamén estivo presente e, como representante dunha Confederación que aglutina a 53 entidades de persoas con discapacidade, entre elas Íntegro, fixo unha intervención sobre a situación na que se atopa o colectivo da discapacidade actualmente.

O XX Aniversario de Íntegro logrou tamén xuntar a alcaldes da zona. Entre os confirmados están o de Cabana de Bergantiños, quen se encargou, xunto aos anteriores persoeiros descritos, de facer entrega dos premios en cerámica a anteriores membros da xunta directiva, traballadores e antigos traballadores. Outros dos rexedores que asistiron foron os de Ponteceso, Laxe, Malpica, Cee, Camariñas e Zas.

Tamén estiveron presentes neste aniversario representantes da asociacións de empresarios de Ponteceso e Camariñas, da asociación Neria, de entidades sociais como Ámbar, Avante, Aspaym e Cáritas, representantes de distintos grupos políticos dos concellos da zona, ademais de usuarios, familiares e amigos.

O acto foi presentado pola locutora de radio Voz- Bergantiños, Mar Varela, e contaron coa música do gaiteiro Miguel, ademais dunha actuación especial que prepararon as persoas usuarias deste centro, todas elas persoas con discapacidade.

Page 10: Revista xuño 2012

10 NOTICIEIRO

Antonio Fernández

O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra,

acompañado pola Conselleira de Traballo, Beatriz Mato,

visitaron as instalacións do novo centro especial de

emprego.

O pasado 4 de

xuño, Galega de

Economía Social

(GES), o grupo

emp re sa r i a l d a

C o n f e d e r a c i ó n

Galega de Persoas

con Discapacidade

(COGAMI), puxo en

marcha unha nova iniciativa social que emprega a 17

persoas, 13 delas con discapacidade, en sociedade coa

empresa de froitas e verduras Frutas Nieves SL.

O Presidente de GES, Anxo Queiruga, estivo

acompañado polo Conselleiro de Economía e Industria,

Javier Guerra, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz

Mato, o Xerente de Ges, José Luis Villasante e o Xerente de

Frutas Nieves, Armando Gayar, entre outros. Durante o

percorrido que fixeron pola planta foronse detallando os

distintos procesos por parte do Director de Expansión e

Responsable Comercial de Frutas Nieves, Ramón Navarro.

Freshcut, situada no Parque Tecnolóxico Loxístico

Valladares de Vigo, dedícase á transformación,

comercialización e envasado de produtos alimenticios, a

maioría deles froita e verduras frescas que se tratan para

poder ser comercializados como produtos de cuarta e

quinta gama, sendo estes froitas e verduras envasadas ao

baleiro (IV gama) ou en compota (V gama).

O grupo empresarial de COGAMI aposta por

unha nova iniciativa que emprega

a 17 persoas: Freshcut

Luis A. García

Presentación en Compostela dos resultados dun programa de prevención de violencia

contra as mulleres con discapacidade

O programa, pioneiro en España, preséntouno a

asociación de mulleres con discapacidade ACADAR e estivo

arroupado pola Secretaria Xeral de Igualdade e o

Presidente de COGAMI.

O mes de xuño, presentáronse en Santiago de

Compostela, na EGAP os resultados dun programa pioneiro

en España sobre a prevención da violencia contra as

mulleres con discapacidade. Unha psicóloga da Asociación

de mulleres con discapacidade de Galicia (ACADAR),

Hadriana Ordóñez, explicou a experiencia e os resultados

acadados neste proxecto no que participaron 62 mulleres

de Ferrol, Ourense, Mos, Santiago de Compostela e Lugo.

Ao acto asistiu a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana

López Abella, quen presentou o “Estudo sobre

Discapacidade e Xénero”, a Presidenta de ACADAR, Mónica

Álvarez, a entidade que desenvolve o Programa “Violencia.

Tolerencia 0 en Galicia” e o Presidente de COGAMI, Anxo

Queiruga.

Asistiron á mesa redonda “Descubre a nosa realidade”.

Posteriormente tivo lugar a presentación dos datos do

programa e, ao remate deste, celebrouse a III Asemblea de

ACADAR, na que se deu conta de todos os proxectos

realizados durante o ano pasado e os que se van

desenvolver durante este ano.

Page 11: Revista xuño 2012

11 DEPORTES

José M. Ramil

Unha muller parapléxica cun traxe biónico completa o maratón de Londres

A británica, Claire Lomas, de 32 anos, cunha parálisis como consecuencia dunha caída en 2007, tomou a saída na maratón de Londres, e coa axuda dun traxe biónico logrou completar a proba de 42 quilómetros en 16 días. Claire Lomas, tomou a saída xunto a outros 36.000 participantes e percorreu algo máis de tres quilómetros ao día desde entón para chegar á meta máis de dúas semanas despois, sendo así a primeira persoa en completar un maratón coa axuda dun traxe biónico. O sistema robótico que utilizou Lomas, valorado nuns 52.000 euros, permite a unha persoa parapléxica, co apoio dunhas muletas, manterse ergueita, camiñar e subir escaleiras, grazas a uns soportes motorizados e a uns sensores que detectan o balanceo do corpo. Varios centos de persoas asistiron aos últimos pasos na maratón londinense da británica.

"Estou nas nubes. Cando estaba adestrando, houbo momentos nos que dubidei de que fose capaz de facelo. Unha vez tomei a saída, sencillamente afrontei cada día tal e como viña, só pensaba en cada paso que daba estaba un paso máis preto da meta", afirmou Claire Lomas tras cruzar a liña de chegada. O logro da británica non aparecerá nos registros oficiais, pero aínda así, diversos atletas que recibiron unha medalla pola súa participación na maratón achegáronse á meta para ceder a súa trofeo a Claire Lomas."Ela representa todo o que significa o maratón de Londres. A medalla simboliza o logro de alguén que completou a proba tras moito sufrimento", sinalou Jacqui Rose, unha das atletas que lle entregou a súa galardón a Lomas.

Francisco Gullón

O equipo paralímpico Español aspira obter

unha boa posición en Londres 2012

A Londres España acudirá para a celebración dos Xogos

Paralímpicos do ano 2012 con 135 deportistas que

competirán en 15 das 20 disciplinas deportivas: atletismo,

baloncesto en cadeiras de rodas, boccia, ciclismo, esgrima

en cadeiras de rodas, fútbol-5, judo, halterofilia, natación,

remo, tenis de mesa, tenis en cadeira de rodas, tiro con

arco, tiro olímpico e vela.

Estes Xogos Paralímpicos celebraranse do 29 de agosto

ao 9 de setembro, e desenvolvéranse 15 sedes de

competición repartidas en Londres, Buckinghamshyire

(onde se celebrasen as competicións de remo) e Dors (as

de vela).

A esta competición asistirán 4.200 deportistas con

diferentes discapacidades física, con discapacidade visual,

e intelectual. Estes deportistas proceden de 164 paises.

Entre os deportistas destacan o nadador Enhamed

Enhamed, bautizado en Pekin 2008 como o “Michael Phelps

cego”, a nadadora Teresa Perales , que ameaza con

coroarse en solitario como a deportista máis laureada da

historia (conta con 16 medallas); o ateta David Casinos,

consagrado como o mellor lanzador cego de disco e peso da

historia; Carmen Herrera, dobre campiona paralímpica de

judo; Diego de Paz, considerado como unha institución no

baloncesto en cadeira de rodas, procurarán esforzarse un

pouco máis para os amantes do deporte con maiúsculas e o

deleite dos espectadores.

Logo dos xogos paralímpicos de Barcelona 92 España

situouse entre os países que se manteñen no top ten do

medalleiro: en Barcelona foi a quinta conseguindo 107

medallas, repetiu o quinto posto en Atlanta 92 conseguindo

106 medallas, foi a cuarta en Sidney 2000 conseguindo 102

medallas, foi a sétima en Atenas 2004 con 71 medallas e

conseguiu en Pekín 2008 con 58 medallas.

O gerente do Comité Paralímpico Español, Alberto

Jofre, di que obter uns resultados similares aos obtidos en

Pekín, coa que está caendo, serían uns grandes resultados,

coa preparación lograda durante os catro últimos anos e

axudados pola o Plan ADOP, esperamos que estes

resultados se manteñan.

España vence por terceira vez a Gran Bretaña, actual campiona Europea

de baloncesto en cadeira de rodas

Juan García

A selección española de baloncesto en cadeira de rodas finalizou con éxito a súa participación no torneo amistoso Continental Clash ao impoñerse por tres veces a Gran Bretaña, vixente vencedora europea e anfitriona dos Xogos Paralímpicos de Londres 2012, aínda que un dos trunfos foi contra o combinado británico B.

O torneo celebrouse na Universidade de Worcester e participaron Canadá actual subcampiona paralímpica coa súa primordial figura nas súas filas, Patrick Andersón; Gran Bretaña cos seus combinados A e B e España.

A selección española asistiu cos 14 integrantes preseleccionados para Londres 2012: Daniel Rodríguez, Jaume Llambi, Rafael Muiño, Alejandro Zarzuela e Ismael `Maki García (Fundosa ONCE). Fran Lara, Carlos Beira e Asier García (CID Casa Murcia Getafe): Bernabé Costa e David Mouriz (Aldesa Amfiv), Diego de Paz (Fundación Grupo Norte), Jesús Romeu (Clinicas Rincon Amivel), Roberto Mena (BSR As Palmas de Grancnaria) e Agustin Alejos (Padova Millenium Basker, de Italia).

España caeu nos tres primeiros partidos, dous fronte a Canada e o outro ante Gran Bretaña A e gañou nos tres posteriores. A súa traxectoria foi ascendente e demostrou que pode ser un equipo moi competitivo en Londres 2012.

Page 12: Revista xuño 2012

12 ENTREVISTA DO MES

Canto tempo levas en España, Galicia, Lugo?

-Levo 13 anos.

Porque decidiches vir ao aula de novas tecnoloxías?

-Para coñecer xente nova e aprender cousas novas.

Que aprendiches nesa aula no tempo que levas nela?

-Aprendín a manexar o ordenador, a redactar as películas, noticias etc.

Gústache cociñar?

-Si, gústame cociñar aínda que cociño pouco.

Cal é o prato que che gusta cociñar?

-O prato que encantaría cociñar sería a paella. ¡Pero! nunca a fixen, a ver si

me poño un día destes, a cociñala e degustala.

Cal é a túa música ou grupo musical favorito?

-O grupo musical que máis me gusta é “Aventura”.

Gústache ver a televisión?

-Si, gústame ver a televisión.

Que é o que máis che gusta do que se emite?

-O que máis gusta ver na televisión son diferentes series, como por exemplo: “Aida”, “A que se aveciña”, “Aquí non hai

quen viva”.

Que che gusta facer no teu tempo libre?

-Gústame saír cos meus amigos, ir ao cine, estar en casa, viaxar, facer deporte etc.

Nieves Gayoso y Enrique Sanmartín

Entrevista do mes de xuño a Gustavo Latorre

Gustavo Latorre

Page 13: Revista xuño 2012

13 CARTELEIRA

Argumento: A adaptación cinematográfica do libro máis vendido do

mundo sobre o embarazo, What to expect you´re

expecting, é unha orixinal comedia romántica que describe

a relación de catro parellas a punto de coñecer a emoción,

os temores, o humor e os quebradeiros de cabeza mentres

se preparan para embarcarse na maior viaxe da súa vida:

ser pais.

QUE ESPERAR CANDO ESTÁS ESPERANDO

Ficha TécnicaDirector: Kirk Jones

Reparto: Elizabeth Banks, Brooklyn Decker, Cameron Diaz, Jennifer López, Anna Kendrick, Dennis Quaid, Rodrigo Santoro, Chace Crawford, Chris Rock.

Ricardo Lamazares

Argumento:Lisa (Anna Paquin) é unha adolescente de 17 anos que

se cre culpable de provocar un accidente de autobús en

Manhattan no que morre unha muller. A partir dese

momento intenta superar o seu sentimento de

culpabilidade buscado a forma de arranxar a situación pero

ao enfrontarse con obstáculos a cada paso que dá, a

frustración fai que se complique a súa relación coas persoas

que a rodean.

A historia supón unha profunda análise dos ideais da

mocidade e os compromisos e responsabilidades da idade

adulta.

Ficha TécnicaDirector: Kenneth Lonergan

Reparto: Anna Paquin, Matt Damon, Mark Ruffalo, J.Smith-Cameron, Matthew Broderick, Jean Reno, Kieran Culkin, Allison Janney, Olivia Thirlby

MARGARET

Gustavo Latorre

Argumento:Conta a heroica historia dun dictador que arrisca a súa

vida para impedir que a democracia consiga chegar ao país ao que oprime con tanto agarimo. Está inspirado na novela e gran best-seller Zabibah and The King, de Saddam Hussein.

No Dictador, que moi probablemente tamén levantará asperezas, o xeneral Aladeen viaxa a Nova York para ofrecer un discurso en Nacións Unidas, pero antes de poder facelo é secuestrado polo xefe corrupto da súa policía secreta, que planea converter o país nunha democracia. O tirano logra escapar do seu captor, quen lle afeita a súa distintiva barba, e é acollido por equivocación por unha activista de dereitos humanos propietaria dunha tenda de comida orgánica chamada Zoey.

Ficha TécnicaDirector: Larry Charles

Reparto: Sacha Baron Cohen, Ben Kingsley, Anna Faris, Megan Fox, John C. Relly, J.B Smoove.

O DICTADOR

Luis Fernández

Argumento:A Delicadeza é unha comedia romántica con momentos

emotivos, que mostra como Nathalie perde nun accidente

ao home do que está perdidamente namorada. Despois

dunha etapa de duelo non pode crerse que o amor chame

de novo á súa porta da man de Markus, un compañeiro de

traballo que nunca tivo éxito coas mulleres, pero cargado

de bondade e de tenrura. Un home que para ela supón a

volta á vida.

Ficha TécnicaDirector: David Foenkinos.

Reparto: Audrey Tautou, Francois Damiens, Bruno Todeschini, Melanie Bernie, Pio Marmai, Ariane Ascaride, Josephine De Meaux, Olivier Cruveiller.

A DELICADEZA

Francisco Solana

THE AMAZING SPIDER-MAN

Argumento:Como a maioría de adolescentes da súa idade, Peter

está intentando descubrir quen é e como chegou a ser a persoa que é actualmente. Na súa viaxe para atacar os cabos do seu pasado descobre un segredo que gardaba o seu pai, un segredo que finalmente dará forma ao seu destino como Spider-Man.

Ficha TécnicaDirector: Marc WebbReparto: Andrew Garfield, Emma Stone, Rhys Ifans, Sally Field, Martin Sheen, Denis Leary, Campbell Scott, Embeth Davidtz, Irrfan Khan, C. Thomas Howell

Roberto Camba

Argumento:Nicolás é un sacerdote que exerce o seu labor en plena

selva. Unha noite, o seu equipo é atacado e asasinado por

forzas paramilitares. El non soubo facer outra cousa que

fuxir e esconderse. Frustrado pola impotencia e golpeado

polo sentimento de culpa, acepta a invitación do seu vello

amigo Julián, tamén cura, para que se sume a un proxecto

nunha zona de chabolas en Bos Aires, vila Cidade Oculta.

O seu novo posto desenvólvese aos pés do Elefante

branco, unha mole en construción que debería ser un gran

hospital público que quedou conxelado nun chasis de

cemento que só serve para dar refuxio aos sen teito e de

patio de recreo aos chavais do barrio. Todo estala

definitivamente cando os teus ollos ábrense dous camiños:

participar ou manterse á marxe. Loitar por salvar a un

rapaz da violencia dos traficantes de drogas e con iso

involucrase nos conflitos dun sector da sociedade

marxinado, ou salvagardar a súa posición neutral

sacrificando o futuro do mozo e salvagardar o seu dilema

ante a súa fe e o seu compromiso cos demais.

Ficha TécnicaDirector: Pablo Trapero

Reparto: Ricardo Darin, Jerernie Renier, Martina Gusman

ELEFANTE BLANCO

José Rodiño

Page 14: Revista xuño 2012

14 RINCÓN LITERARIO

CAPÍTULO ANTERIOR: Pablo Corleone entrou disfrazado no hospital e dirixiuse á habitación de Ismael Serrano, comprobou que estaba medio

adPablo Corleone entrou disfrazado no hospital e dirixiuse á habitación de Ismael Serrano, comprobou que estaba medio adormecido e decidiu inxectarlle unha pequena cantidade de líquido. Díxolle a Ismael que só era para limpar o tubo.

Pablo reparou que o tinte que utilizara para o cabelo era bastante malo e coa suor corréuselle pola cara, e saíu da

habitación. Mirta e Enrique puxéronse a comer, Enrique estaba intranquilo pensando na súa irmá, non sabía nada da morte

de Ismael, cando se decatou sentiuse destrozado, pero dominouse e meteuse no despacho. Decidiu contarlles todo o que

sabía daquela organización que tiña secuestrada á súa irmá e mataba por diñeiro.

CAPÍTULO 29:Facía moito calor a aquelas horas en Madrid, serían as tres da tarde cando saíu de casa, as rúas desprendían nubes de

vapor. José Luís chegou ao parque do retiro dando un complicado rodeo. Aquel parque era unha especie de oasis para aquela cidade. Lonxe de desoír a advertencia de Alberto López – de asegurarse de que non o seguisen -, planeou con todo luxo de detalles o traxecto.

José Luís levou o seu coche ata a parada de taxis, despois colleu un ata a estación de tren de cercanías, cambiouse

totalmente a roupa nun baño da estación, saíu e pediu outro taxi, para chegar ao parque con dez minutos de antelación.

Aínda inquedo ante a posibilidade de que o seguiron ou o vixiasen, deu un paseo ata chegar aos bancos do parque, mirando

constantemente cara atrás.

José Luís quitouse a chaqueta e botouna ao ombreiro, pasou fronte media ducia de bancos, todos eles ocupados,

aparentemente todo moi normal.

-Estou aquí, José.

Alberto, que tamén se desprendeu da chaqueta, fíxolle unha seña para que o vise, estaba sentado nun banco case ao

final do lago, tiña dous ou tres cartafois entre os pés. Parecía máis tenso que na última reunión do Taboleiro Cadrado,

miraba ao rredor e humedecíase os beizos coa lingua.

-Estás seguro de que non che seguiron?

-Completamente. Quen che preocupa?

-Si che son sincero, todos eles. Non sei que facer, José todo se fai costa arriba e non podo crer o que está sucedendo.

O temor de Alberto era contaxioso. Pese a non saber toda a verdade, a José Luís aceleróuselle o pulso.

-Acóugache home – dixo José Luís- Queres que deamos un paseo?

-Non. Este é un bo sitio para vixiar a calquera que se fixe demasiado en nós.

Alberto tiña o rostro bañado en suor e estaba oxeroso.

-A dama branca foi a verme hai tres días- comezou a explicar Alberto-. O seu verdadeiro nome é Antonio García. Sabes

algo del, á marxe do Taboleiro Cadrado?

-É da compañía Norte e Sur de seguros. Xoguei ao golf con el nunha ocasión.

-Pois ben, pasou a recollerme despois do traballo e levoume a dar un paseo por todo Madrid, nin que eu non coñecese

esta cidade, Por certo, o tío ten un coche de auténtico luxo, un Rolls.

-En realidade, non sei nada del, salvo que os puros que fuma me marean e é moito mellor xogador de golf que eu, aínda

que non sei nada dos demais membros do grupo.

-Nin eu, lles encanta o segredo. De feito dálles igual que pescudemos quen son, a eles gústalles moito o misterio.

-Eles a quen te refires?

-A todos eles, témome, están todos do mesmo lado, e nós ao lado contrario.

-Só podo che dicir que o único contacto que tiven co Taboleiro Cadrado foi mediante estas reunións. Co meu xefe si

falo, está claro, el foi quen me elixiu para que o substituíse, pero iso é todo.

Alberto mirou cara ao río e respirou fondo.

-Contouche o teu xefe que liquidan a quen estorban?

José Luís pensou que era unha broma macabra pero deseguido se deu conta de que non era así, porque a proba, tíñaa

na súa propia empresa con Ricardo.

Os dous tomáronse un respiro para tomar un grolo de auga e logo seguiron falando.

El Último Tramo - Capítulo 29

Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo

Page 15: Revista xuño 2012

15 POESÍA

EN INTERNET

- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:

- Proyecto Retadis:

- Polibea Turismo: e-mail:

Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:

- Canal Discapacidade:

- Información Discapacidade:

- Portal Solidario:

- Blog Amica:

- Cogami:

- Cocemfe:

- Cermi:

- Sin Barreras:

- Socialia:

- Lugo Accesible:

- Voluntariado Galego:

http://www.disincreibles blogspot.com

http://www.retadis.es

http://www.polibea.com [email protected]

http://www.fedop.org [email protected]

http://www.risolidaria.org

http://www.discapnet.es

http://www.portalsolidario.net

http://www.sotileision.blogspot.com

http://www.cogami.es

http://www.cocemfe.es

http://www.cermi.es

http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/

http://www.socialia.org

http://www.lugoaccesible.net

http://www.voluntariadogalego.org/web/

-

(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)

Enrique Sanmartín

Si volvese nacer, si empezara de novo.

Estou seguro de que me volvería a namorar de ti.

Pero se que iso é imposible,

por iso dígoche quenunca máis volverei

Quererche como desde o principio, cando che coñecín.

Volver nacer

A primeira vez que che vinnon podía respirar,

e da alegría púxenme a tremer.

Funme ao campo e collín unha florE díxenche palabras de amor.

O teu amor vai sempre comigo,nos meus brazos terás abrigo.

Ti sempre estás nos meus soños,o teu corazón é o meu dono.

Manuel Alvarez

Querida Ana

Page 16: Revista xuño 2012

PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013

COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR- DIRECCION XERAL DA DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL

FORMACIÓN OCUPACIONAL A PERSONAS CON GRANDES DISCAPACIDADES