tempo de nadal - 2007

8

Upload: rato-mik

Post on 24-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Obra de teatro

TRANSCRIPT

Baseado no disco “0 Quiquiriquí”

Alex.- Que facedes? Sofía.- A árbore de Nadal.

Alex.- A árbore de Nadal?

Oliveira.- Si…! Nunca fixeches unha árbore de Nadal na túa casa? Alex.- Non. Eu veño dun país no que non celebran o Nadal... Dani.- E non sabes o que é iso do nacemento, o turrón, o papá Noël, os reis...?

Alex.- Buenoo...! algo escoitei falar... pero... Pablo O.- Pois o Nadal é non ter cole, xogar cos vídeo xogos, pasar o día vendo a tele, ver todos os anuncios e pedir todos os xoguetes que che peten. Oliveira.- Ala, Batista ...! tampouco é así... Sofía.- A min na casa non me deixan ver tanto a tele... Guille.- A min o meu avó contábame moitas cousas de como era o Nadal cando el era un neno...e era chulísi-mo... Oliveira.- Pois o meu sempre di que cando eran mo-zos...todo ía máis a modiño...non había tantos coches... apenas algún tractor, e en vez de centros comerciais só había pequenas tendas e comercios. Guille.- Os alimentos eran escasos e alumeábanse cun candil ou con velas... Alex.- Buenooo! iso pasou polo menos hai vinte anos...

Guille.- As vacas vivían nas cortes, na mesma casa coas xentes... Samuel.- Nas cortes? como cambia todo!! agora eu escoitei na tele que nas cortes fan as leis os políticos... Antía -Que non chaval...! non estás entendendo nada... O Nadal é un tempo frío, con noites de xiada. O sol quenta pouquiño e eu estou desexando que chegue a primavera. Samuel.- A prima de quen...?

Antía.- Baaah...!! Dani.- Facíase lume na casa e como nestes tempos son os días máis pequenos do ano, iso quere dicir que o sol vello vai morrendo e vai nacer un novo. Guille.- Realmente, o que se celebrou sempre no Nadal é a morte deste sol vello e feble que nos alumea neste tempo e o nacemento dun novo sol que pouco a pouco ira-se facendo máis potente e nos quentará moito no verán.

Antía.- Despois, o cristianismo fixo festas parecidas para acabar coas vellas festas do lume... Pablo O.- Ah...! e a profe de Reli cambiou o nacemento do sol polo nacemento de Xesús e así naceu iso do Nadal e por iso temos vacacións... que boa idea tivo...! Dani- Que va, home! Iso non o inventou a profe...!

Antía -Iso é unha tradición do cristianismo. O Nadal significa “NACEMENTO”... do sol, de Xesús ou do que ti queiras... e deste xeito naceron “as Panxoliñas” Samuel.- As queeee?

Todos -PAN-XO-LI-ÑAS...

Belén .- Unhas cantigas que se cantan neste tempo para an-dar de festa.

Oliveira -Siii! eu sei unha ... Arre borriquito / vamos a Belén / que mañá e festa/ e pasado tamén…

(petan na porta... entran uns amigos dos nenos)

Andrea. - Que tal chavales? ola a todos! Vai un frío fóra que se conxelan os paxariños.

Sergio A.- Andamos de festa, e na casa de Gonzalo ensaiamos unha panxoliña... Veña ímos cantar chavales...!

Todos. - O quiquiriquí, o quiquiriquí se non nos dan nada marchamos de aquí...

Antía.- Pois que saibades que iso non é unha panxoliña, iso é un aguinaldo Todos.-Un queeeeee? Antía .-Un A-GUI-NAL-DO Son cantigas que se cantan na noite vella e os primeiros días do ano... Os mozos xuntábanse en cuadrillas e ían polas casas a cantar... se lles daban licen-za... Os donos da casa.

Toni.- Iso non é problema. Sabemos cantos de Nadal a embute... Quique.- Se será por cantigas! A ver que prefires: unha panxoliña, un aninovo, un aguinaldo, un canto de reis... sabemos unha morea de cantigas e cada unha para o seu día... Belén.- Unha de Nadal...pero inventada por vós eh?

Quique.– Vale! veña chavales...! unha, dúas, tres!!

os de 4º cantan unha panxoliña e vanse

- Dan licenza os donos desta casa para votar unha cantiga? Turno para os de 1º cantarán unha panxoliña ou aguinaldo.... e marchan (Entran maiores) Oliveira - Ola tía María, Ola tía Felisa...! Estamos a facer a árbo-re de Nadal

Belén.- Pero non temos claro que o que imos poñer no nacemento...

Samuel.- Imos poñer un sol moi grande que alumea pouco porque... Antía.- Que non, home...!!

Sofía.- Imos poñer un nacemento co neno Xesús, os seus pais María e Xosé, unha mula, o boi....

Nai 1.- Seguro que, poñades o que poñades vaivos quedar moi ben. O importante nestas datas é que esteamos xuntos un ano máis, e fagamos con ledicia unha boa cea de noiteboa. Nai2.-Traemos todo o necesario para facer unha cea tradicional, como a que facían os avós antes nas casas das aldeas... Dani -Que ben ! e como eran as ceas? Nai 1.- Na noiteboa ceábase xeralmente bacallau con coliflor, aínda que tamén podía ser outro peixe con verduras...as castañas pilongas eran comúns en todas as casas, así como as mazás de inverno gardadas ao escuro, e pan de noces. Nai2. – Ademais, ao ir para a cama non se recollía a mesa, e deixábase un prato de comida para as ánimas...lembrando aos familiares que xa non están entre nós.

Nai 1 -Agora os menús de nadal son moi diferentes e na sobremesa nunca falta o turrón....

Nai2 – Ai, o turrón!! temos que ilo mercar...abur!, rapaces imos á tenda, antes que peche. Dani -Creo que tamén esquecen o papá Noël... senón non hai agasallos...

Samuel.- O Papá Noël? Antía.- Claro...é o que busca unha árbore de Na-dal e deixa algún “regaliño”

(Turno para os de 2º )

Claudia 2º.- Ola, mozos! que quentiños estades aquí! Guille.- Ola,Claudia! queres axudarnos coa árbore de Nadal?

Claudia 2º.- Non. Veño cos meus compañeiros da clase que estamos a preparar unha cousiña para a festa do cole. Queredes vela? Sofía.- Si, si... que pasen todos !!

Escenifican a cantiga “buscando Papá Noel”

Oliveira.- A min o que máis me gusta destes días é que estamos de vacacións e podo durmir o que me pete...nen Papá Noel nen historias... Belén.- Pois a min o que me mola son os Reis que che traen o que lles pides...se aprobas todo, cla-ro...

Samuel.- Os reis, o príncipe e todos eses traen regalos?

Antía.- Non, home non...son Os Reis Magos... Din que eran uns magos que seguiron unha estrela moi brillante que había no ceo e chegaron ao nacemento e entón...

Entran os Reis sobre a música Melchor.- Os reis magos estamos en crise...a herba para os camelos está polas nu-bes e por iso tivemos que vir a correr... Gaspar.- O mellor que podemos facer é deixarvos uns cantos décimos de lotaría e...

Baltasar.- Se vos tocan...poderedes ter turróns e lambetadas a moreas... Todos.- Que boa idea !! Samuel.- Imos poñer a tele...a ver se nos enteramos de que vai iso da lotaría.

Guille.- Veña, un número para cada un e a agardar...

Antía.- Ai, Que ilusión...!!

(turno para os de 3º que fan a lotaría)

Belén.- Non nos tocou nen para mercar uns can-tos pastores que poñer na árbore... Dani.- Pois se quixeramos facer un nacemento necesitamos os pastores, que eran os que lle tra-ían a comida para o neno... o pobre tiña tanto frío... e non tiña que comer... Sofía.- Pois, a ver de onde sacamos agora uns pastores... Guille.-Teremos que pedirllos a algún veciño, ou...

(petan na porta e soa a música de 5º os pastores lambóns)

Antía.- Vaia uns pastores! Comeron todo e agora o noso neno vai seguir a morrer coa fame... danme ganas de chorar...

Samuel.- Non importa. Teño unha idea xenial !! Antía.- A ver que se che ocorre, eh? que a min as túas ideas danme pavor... Todos.- Ai, queee meeeedo!! Samuel.- O mellor é que vaiamos pedir o aguinaldo por aí e así xa teremos comida para o neno.

(Entran os de 6º cantando un aguinaldo)

Guille.- Aquí temos xusto o que necesitamos. Por que non ides dar unha volta a ver se vos soltan algo...?

Samuel 6º.- Iso !! e logo xuntámonos e montamos unha comilona... Todos.- Valeee...!! a cantar...!!

(saen polo público a cantar un aguinaldo...e, ao voltar...)

Juan 6º.- Aquí vos queda o que xuntamos. A noite facemos unha papatoria...

Antonio 6º.- Ollo con comer nada, eh? que temos as cousas contadas. O resto.- Iso, iso...ata a noite...!!

Todos.- Abur, e moitas grazas!! Belén.- E agora que? xa pasou tanta xente por aquí que xa non sei que facer... Antía.- Pois agora pon un disco.... e a cantar.

E como esta festa non quedou nada mal,

só nos queda desexarvos que teñades

BO NADAL!!BO NADAL!!BO NADAL!!BO NADAL!!

Antón López González

Nadal 2007