tema 9. a monarquía hispánica

57
A MONARQUÍA HISPÁNICA TEMA 9

Upload: dudas-historia

Post on 24-May-2015

622 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 9. A Monarquía Hispánica

A MONARQUÍA HISPÁNICATEMA 9

Page 2: Tema 9. A Monarquía Hispánica

A ÉPOCA DE CARLOS VLECCIÓN 1

Page 3: Tema 9. A Monarquía Hispánica

A HERDANZA DE CARLOS DE HABSBURGO

• Carlos I de España e V de Alemaña naceu en 1500 e aos 16 anos foi proclamado rei.

Page 4: Tema 9. A Monarquía Hispánica

QUERES COÑECER MÁIS? http://socialesmoriles.blogspot.com.es/2011/0

2/tema-10-la-herencia-de-carlos-i-de.html

Page 5: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 6: Tema 9. A Monarquía Hispánica

• O fillo de Xoana a Tola e Filipe o Fermoso recibiu unha grande herdanza territorial dos seus pais:– Dos seus avós maternos (Os Reis Católicos)

recibiría:• Navarra.• A Coroa de Aragón.• A Coroa de Castela.• As posesións italianas.• As terras americanas conquistadas.

– Dos seus avós paternos (Maximiliano de Austria e María de Borgoña) recibiría:

• As posesións alemás da Casa de Austria.• Os Países Baixos.• O Franco condado.• Luxemburgo.

• Debido a esta herdanza converteuse en Carlos I de España e V de Alemania.

Page 7: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 8: Tema 9. A Monarquía Hispánica

OS PROBLEMAS INTERIORES• Carlos foi educado en Flandres

(Flandes). Cando chegou á Península en 1517, veu acompañado da súa corte de asesores flamengos (flamencos, de Flandes), entre os que destacaba Adriano de Utrech.

• O feito de criarse noutro país e rodearse de conselleiros extranxeiros, despertou o receo das Cortes Castelás e Aragonesas.

Page 9: Tema 9. A Monarquía Hispánica

• Ademáis, a súa preocupación por conseguir diñeiro para converterse en emperador de Alemaña acrecentou o descontento dentro de España, o que provocou o estalido de dúas revoltas….

Page 10: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 11: Tema 9. A Monarquía Hispánica

• A Guerra das Comunidades de Castela (1520):– Estalou nas cidades castelás de Toledo, Burgos e

Segovia.– Os comuneiros recoñeceron como raiña a Xoana, nai

de Carlos, e organizaron un exército, pero as tropas reais derrotáronos no ano 1521 na batalla de Villalar.

– Líderes principais: Padilla, Bravo e Maldonado. Todos eles foron axusticiados e a autoridade do rei foi reestablecida.

Page 12: Tema 9. A Monarquía Hispánica

Localización do movemento comuneiro

Page 13: Tema 9. A Monarquía Hispánica

• A Guerra das Xermanías (1519-23):– Tiveron lugar en Mallorca e Valencia.– Os axermanados foron vencidos polas tropas de

Carlos, apoiadas pola nobreza local.

Page 14: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 15: Tema 9. A Monarquía Hispánica

OS PROBLEMAS EXTERIORES

• GUERRA CONTRA FRANCIA:– A rivalidade entre Carlos I de España e Francisco I

de francia era polo ducado de Milán (o Milanesado).

– Carlos acabaría vencendo na Batalla de Pavía en 1525.

Page 16: Tema 9. A Monarquía Hispánica

• GUERRA CONTRA OS TURCOS:– Os otománs ameazaban a

estabilidade do Sacro Imperio de Carlos I pola zona oriental.

– Comandados polo sultán Suleimán I, asediaron Viena, pero as tropas de Carlos I frearon o avance.

Page 17: Tema 9. A Monarquía Hispánica

Expansión do Imperio Otomano en 1683

Page 18: Tema 9. A Monarquía Hispánica

• GUERRA CONTRA OS PROTESTANTES:– Carlos V defendeu o

catolicismo en todo o Imperio, pero sen enfrontarse de xeito directo aos príncipes alemáns, que seguían a relixión protestante.

– As negociacións fracasaron e comezou á guerra. Carlos V derrotaría aos protestantes na Batalla de Mühlberg. Coa Paz de Augsburgo (1555) recoñeceríase a liberdade relixiosa no Imperio.

Page 19: Tema 9. A Monarquía Hispánica

CARLOS V NA BATALLA DE MÜHLBERG. TIZIANO

Page 20: Tema 9. A Monarquía Hispánica

• En 1556 Carlos V, enfermo e esgotado, abdicou e repartiu ás súas posesións:– Ao seu irmán Fernando entregoulle o título de emperador e

a herdanza da rama dos Austrias.– Ao seu fillo Filipe entregoulle as demás posesións.

Page 21: Tema 9. A Monarquía Hispánica

OS GASTOS DO REINADO• As constantes guerras que sufriu Carlos V durante o

seu reinado supuxeron un enorme desembolso económico.

• Para sufragar estes gastos, o rei incrementou a presión fiscal con crecentes impostos. Se a estes cartos, sumamos a remesa continua de ouro e prata procendente de América, obtemos unha importante fonte de ingresos para a Coroa.

• Non obstante, os gastos seguían sendo superiores, polo que Carlos V víuse obrigado a recorrer a préstamos de banqueiros alemáns e italianos. Isto incrementou o endebendamento da Facenda Real e foi a orixe de graves problemas económicos.

Page 22: Tema 9. A Monarquía Hispánica

O REINADO DE FILIPE IILECCIÓN 2

Page 23: Tema 9. A Monarquía Hispánica

A Monarquía Hispánica de Filipe II• A pesares de non ser emperador, as

riquezas herdadas do seu pai convertéronno nun.

• Foi o rei que converteu Madrid na capital dos seus dominios e creou, para poder gobernar as súas posesións o Mosteiro e residencia real de El Escorial, nas proximidades da villa de Madrid.

• Mantivo un tipo de goberno, similar ao dos seus bisavós os Reis Católicos. O propio monarca dirixía as tarefas gubernamentais, apoiado nunha ampla burocracia.

• ¿De que xeito? A través de un Sistema de Consellos, moi costoso, formado por vicerreis, gobernadores e corrixidores. TALLER DE LECTURA P. 187

Page 24: Tema 9. A Monarquía Hispánica

SÍ QUE É UNHA BOA HERDANZA!

Page 25: Tema 9. A Monarquía Hispánica

É CERTO. SEN EMBARGO, TAMÉN

HERDARÁS PROBLEMAS….

EXTERIORES

INTERIORES

Page 26: Tema 9. A Monarquía Hispánica

OS PROBLEMAS INTERIORES• DEFENSA DO CATOLICISMO:

– Motivado polo espírito da Contrarreforma (contra o protestantismo de Lutero), Filipe II dediciu preservar os reinos hispánicos da ameaza protestante. Para isto, prohibiu aos casteláns estudar en universidades extranxeiras e censurou libros considerados sopeitosos.

– Difundiu o concepto de limpeza de sangue, que reservaba os cargos públicos a aqueles que demostrese non ter antepasados xudeos ou musulmáns.

• REVOLTA DOS MOURISCOS:– Estalou nas Alpujarras na segunda metade do século XVI. – Foi sufocada por Xoán de Austria.

• ALTERACIÓNS EN ARAGÓN:– O secretario do rei, Antonio Pérez, fuxiu a Aragón, posto que fora acusado de

asasinato e acolleuse á protección do xustiza maior de aragón (institución que defendía os dereitos e intereses cidadáns do Reino de Aragón).

– Filipe II esixiu a súa entrega, pero o xustiza maior negouse. As tropas do rei sufocaron unha revolta e Anonio Pérez fuxiu a Inglaterra. Paralelamente, Aragón veu recortados os seus dereitos forais.

Page 27: Tema 9. A Monarquía Hispánica

OS PROBLEMAS EXTERIORES

• ¿Qué buscaba Filipe II no exterior? – Ampliar os seus dominios.– Defender o catolicismo de

otománs e protestantes.• PROBLEMAS:

– FRANCIA: Francia e España levábanse disputando diversos territorios italianos durante un tempo, polo que Filipe II, na Batalla de San Quintín (segunda metade do século XVI), ordeou ás tropas españolas situadas nos Países Baixos que atacaran Francia. Máis tarde Francia e España firmaron a Paz de Cateau-Cambrésis.

Page 28: Tema 9. A Monarquía Hispánica

– IMPERIO TURCO: Freouse a expansión do Imperio Turco gracias á alianza de Filipe II con Venecia, Xénova e o Papado. Dita alianza foi coñecida como “Liga Santa”. Destacou a derrota do Imperio Turco a manos da Liga Santa na Batalla de Lepanto, onde Miguel de Cervantes quedoulle mal un dos seus brazos, e partires dese momento foi coñecido como o “manco de Lepanto”.

Palabras de Miguel de Cervantes sobre a

Batalla de Lepanto:"la más alta ocasión que vieron los siglos

pasados, los presentes, ni esperan ver los

venideros",

Page 29: Tema 9. A Monarquía Hispánica

– PORTUGAL: Tras a morte do monarca portugués, Filipe II presentou os seus dereitos sucesorios como fillo da infanta Isabel de Portugal. Os portugueses negáronse e presentaron a un candidato alternativo. Tras gañar a Batalla de Alcántara, Filipe II foi nomeado rei de Portugal, conformando un vastísimo territorio ao redor do mundo.

“No Imperio de Filipe II nunca poñíase o sol”

PARA SABER MÁIS: http://es.wikipedia.org/wiki/Batalla_de_Alc%C3%A1ntara_%281580%29

Page 30: Tema 9. A Monarquía Hispánica

– PAÍSES BAIXOS: Mentres que o seu pai quería manter o catolicismo no Imperio e atopouse con diversos territorios protestantes, Filipe II decatouse que o calvinismo estendérase por Holanda, territorio de seu e a súa intransixencia provocou que as revoltas para poder manter a relixión calvinista tornáronse independentistas. De tal xeito, en 1579 as provincias do Norte decláranse independentes e conforman as chamadas Provincias Unidas.

Page 31: Tema 9. A Monarquía Hispánica

– INGLATERRA: a raiña inglesa Isabel I consolidara o anglicanismo. Ademáis apoiaba aos corsarios que atacaban os buques españois. Por iso, Filipe II armou unha grande escuadra contra Inglaterra, denominada a Armada Invencible, derrotada ferozmente debido ás inclemencias temporáis e ao control marino das augas próximas a Inglaterras por parte dos británicos.

Page 32: Tema 9. A Monarquía Hispánica

A CRISE DA MONARQUÍA HISPÁNICA

LECCIÓN 5

Page 33: Tema 9. A Monarquía Hispánica

A pesares da expansión política e económica que tivo lugar no século XVI, o século seguinte, o

XVII non tivo a mesma sorte e sumiuse nunha profunda crise económica, demográfica e

social.

Page 34: Tema 9. A Monarquía Hispánica

A Crise Económica• A zona española onde

a crise económica foi máis evidente durante o século XVII foi Castela, xa que soportaba a maioría dos gastos da política internacional da monarquía.

• ¿En qué sectores localizouse principalmente esta crise económica?:

– Na Agricultura. Durante esta etapa o campo sufriu unha grave despoboación, provocada polos seguintes motivos:

• Epidemias constantes.• Os campesiños tiñan que ir ás guerras.• Moitos labregos fuxían ás cidades

debido a que no campo tiñan que pagar fortes tributos.

• A falta de innovacións técnicas supuxo, así mesmo, unha menor producción agraria

Page 35: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 36: Tema 9. A Monarquía Hispánica

– Na Industria Artesanal: deteriorouse enormemente, posto que os productos españois tiveron que competir cos europeos, moito máis baratos. Como consecuencia, moitas cidades viron cómo se reducían as súas actividades artesanáis e a súa poboación.

– No Comercio: a crise xeral e as numerosas guerras deste período provocaron que as feiras castelás, así como o comercio americano decaísen considerablemente.

– Na Facenda Real: a súa crise debeuse, entre outros factores:

• Ao aumento de gastos da Corte.• Ás continuas guerras.• Á disminución de ouro e prata procedente de

América.• ¿Cómo tratou a Coroa de frear esta situación?

– Subido os impostos.– Poñendo á venda títulos nobiliarios e cargos

públicos.

Page 37: Tema 9. A Monarquía Hispánica

A Crise Demográfica• Mentres que durante o século

XVI a poboación española crecera de xeito considerable, durante o XVII estancouse e, en determinadas zonas do sur de España, diminuiu en casi un millón de habitantes.

• ¿Por qué diminuiu a poboación durante o século XVII?– Polas constantes epidemias de

peste.– Pola emigración ao Novo

Mundo.– Pola expulsión dos mouriscos.– Polas permanentes guerras.

A expulsión dos Moriscos de Valencia

Page 38: Tema 9. A Monarquía Hispánica

A Crise Social• NOBREZA:

– Máis numerosa no século XVII debido á venda de títulos nobiliarios.

– Debido á crise, aumentaron os tributos e as obrigacións aos campesiños.

• CLERO:– Moita xente ingresaba na vida relixiosa sen

vocación, fuxindo da fame e a escaseza.• GRUPOS BURGUESES e ARTESÁNS: sufriron

a crise, ata o punto de ver cómo se arruinaban moitas industrias.

• CAMPESIÑADO: – Tiñan que pagar máis impostos.– Debían deixar as súas tarefas para ir á

guerra.– Contraíron débedas.

Page 39: Tema 9. A Monarquía Hispánica

• A mentalidade xeral da sociedade, que valoraba sobre todo a propiedade da terra e vivir das rendas e non apreciaba os negocios e a productividade, fixo que a burguesía da época tivese pouca importancia.

Page 40: Tema 9. A Monarquía Hispánica

A vida cotiá na España do Século XVII

• Debido a que as vivendas carecían de auga, desaugadoiros e servizos sanitarios, nas rúas depositábanse todo tipo de desperdicios domésticos e, como consecuencia algunhas cidades padecían unha atmósfera pestilente a proclive a epidemias e todo tipo de enfermidades.

• A alimentación era precaria e, sobre todo, naqueles grupos menos favorecidos.

• A actividade de ocio máis practicada neste século foi o teatro, celebrado en currais (corrales) e comedias. Tamén destacaron as corridas de touros ou malabaristas.

Page 41: Tema 9. A Monarquía Hispánica

OS AUSTRIAS DO SÉCULO XVIILECCIÓN 6

Page 42: Tema 9. A Monarquía Hispánica

NO SÉCULO XVII REINARON

FILIPE III FILIPE IV CARLOS II

(1598-1621) (1621-1665) (1665-1700)

Page 43: Tema 9. A Monarquía Hispánica

O reinado de Filipe III• Aos tres monarcas que sucederon a Filipe II,

coñécense como “Austrias Menores”.• O primeiro deles foi FILIPE III, fillo de Filipe

II:– Foi considerado un rei débil, que inaugurou

a idea de delegar asuntos de goberno na figura de un home de confianza ou ministro que, a partires desta época chamarase valido ou favorito.

– O valido de Filipe III será o Duque de Lerma, interesado no seu enriquecemento persoal. Será sustituído polo seu fillo, o Duque de Uceda.

– O reinado de Filipe III tamén tivo algúns problemas internos e externos, entre os que destacan:

• Os problemas económicos herdados do seu pai e o seu avó. Estes problemas levaron a firmar a paz con Inglaterra e unha tregua (a Tregua dos Doce Anos) cos rebeldes holandeses das Provincias Unidas.

• A expulsión dos moriscos en 1609. Encomendouse ao Duque de Lerma a súa expulsión, a cal tivo uns efectos demográficos e económicos desastrosos.

O Duque de Lerma

Page 44: Tema 9. A Monarquía Hispánica

O reinado de Filipe IV• FILIPE IV tamén decidiu delegar

moitos asuntos de estado ao seu propio valido, o Conde-Duque de Olivares.

• O obxectivo principal deste monarca foi manter a hexemonía española en Europa; para iso, era necesario reformar a monarquía, para que todos os territorios contribuísen aos gastos e non maioritariamente Castela. O proxecto que fixo o Conde-Duque para acadalo chamouse “Gran Memorial” (1624).

O Conde-Duque de Olivares

Page 45: Tema 9. A Monarquía Hispánica

• Na Política Interior:– Aumentáronse os impostos.– Se tratou de recortar autonomía.– O Conde-Duque elaborou un proxecto chamado “Unión de Armas” no

que tratáronse de repartir os gastos militares entre todos os reinos españois.

– Estas medidas do Conde-Duque provocaron a sublevación de Cataluña e, co tempo, problemas con Portugal que acabaron coa separación entre Portugal e o resto de España en 1668.

• Política Exterior: – A Guerra dos Trinta Años foi unha guerra europea librada

principalmente en Europa Central entre os anos 1618-48.– Ainda que inicialmente tratouse dun conflicto relixioso entre católicos

e protestantes, o motivo central da misma foi a disputa entre as potencias europeas por conseguir unha situación de equilibrio ou ben, no caso de outras, por conseguir unha situación de hexemonía* (en este caso a casa dos Habsburgo/Casa dos Austrias).

– Finalizaría coa firma da Paz de Westfalia (España perde a hexemonía europea e recoñece a independencia das Provincias Unidas) e a Paz dos Pireneos.

Page 46: Tema 9. A Monarquía Hispánica

A Rendición de Breda. Velázquez

Page 47: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 48: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 49: Tema 9. A Monarquía Hispánica

O Reinado de Carlos II• Debido a que o seu pai morre cando él tiña 4 anos, a súa nai,

Mariana de Austria, gobernaría como rexente ata a súa maioría de idade.

• O maior problema do enfermizo Carlos II foi o da súa sucesión. O rei non podía ter fillos e as distintas monarquías europeas se disputaban o reino español.

• Cando Carlos II falece en 1700, prodúcese a Guerra de Sucesión, xa que, a pesares de que Carlos II elixira a Filipe de Anjou (un Borbón) o seu sucesor, Francia tívose que enfrontar a Holanda, Inglaterra e Austria para manter a súa sucesión, xa que éstas apoiaban a outro candidato ao trono, Carlos de Austria.

• Finalmente Filipe de Anjou convertiríase en Filipe V, o primeiro Borbón no trono español.

Page 50: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 51: Tema 9. A Monarquía Hispánica

ANEXOSMAPAS CONCEPTUAIS

Page 52: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 53: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 54: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 55: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 56: Tema 9. A Monarquía Hispánica
Page 57: Tema 9. A Monarquía Hispánica