tema 3 cmc

8
TEMA 3:AS PRAGAS DO SÉCULO XXI 1. PUNTO DE PARTIDA: MICROBIOS SEN FRONTEIRAS Unhas novas enfermedades, como a pneumonía, a tuberculose, as enfermedades diarreicas, o paludismo e máis recentemente a sida provocan case o 90% das mortes no mundo por enfermedades infecciosas, sobre todo de nenos e adultos novos dos países en desenvolvemento. Epidemia: é un brote de enfermidade infecciosa que se propaga rápidamente, afectando a unha gran proporción de persoas nunha mesma rexión xeográfica durante un tempo limitado. Pandemia: é unha epidemia que afecta, ao mesmo tempo, a moitos países no mundo. Enfermedades emerxentes: segundo a OMS , o ritmo ao que xorden novas enfermedades infecciosas é de unha por ano. Estas enfermedades son tranmitidas por xermes ata agora descoñecidos, como ocorreu co Ébola, outros sufriron mutación que os convertiron en perigosos para a especie humana. Enfermidades reemerxentes: As grandes enfermedades infecciosas do pasado seguen con nós. Algunhas azoutan rexións do planeta nas que xa se cría definitivamente erradicadas. Como é o caso do Cólera, a Tuberculose, a malaria… 2. AXENTES INFECCIOSOS A maioría dos microorganismos son inocuos para os seres vivos. Só algúns producen enfermedades infecciosas, os denominados

Upload: juanapardo

Post on 23-Jun-2015

306 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 3 cmc

TEMA 3:AS PRAGAS DO SÉCULO XXI

1. PUNTO DE PARTIDA: MICROBIOS SEN FRONTEIRAS

Unhas novas enfermedades, como a pneumonía, a tuberculose, as enfermedades diarreicas, o paludismo e máis recentemente a sida provocan case o 90% das mortes no mundo por enfermedades infecciosas, sobre todo de nenos e adultos novos dos países en desenvolvemento.

Epidemia: é un brote de enfermidade infecciosa que se propaga rápidamente, afectando a unha gran proporción de persoas nunha mesma rexión xeográfica durante un tempo limitado.

Pandemia: é unha epidemia que afecta, ao mesmo tempo, a moitos países no mundo.

Enfermedades emerxentes: segundo a OMS , o ritmo ao que xorden novas enfermedades infecciosas é de unha por ano. Estas enfermedades son tranmitidas por xermes ata agora descoñecidos, como ocorreu co Ébola, outros sufriron mutación que os convertiron en perigosos para a especie humana.

Enfermidades reemerxentes: As grandes enfermedades infecciosas do pasado seguen con nós. Algunhas azoutan rexións do planeta nas que xa se cría definitivamente erradicadas. Como é o caso do Cólera, a Tuberculose, a malaria…

2. AXENTES INFECCIOSOS

A maioría dos microorganismos son inocuos para os seres vivos. Só algúns producen enfermedades infecciosas, os denominados microorganismos patóxenos. Pero os virus non son organismos así que adoita a utilizarse a expresión de axentes infecciosos

os axentes infecciosos poden ser

VIRUS : son parásitos celulares, xa que necesitan introducirse nas células para poder reproducirse. Son os axentes infecciosos de menor tamaño e resultan difíciles de eliminar se non se destrúen as células nas que viven. Producen enfermedades como a gripe, a sida…

Page 2: Tema 3 cmc

BACTERIAS : son organismos unicelulares procarióticos e poden reproducirse sen invadir outras células. Se teñen forma alongada denomínanse bacilos. Producen enfermedades como a tuberculose, a cólera…

PROTOZOOS E FUNGOS : os protozoos son unicelulares eucarióticos, e os fungos poden ser unicelulares ou pluricelulares. Producen enfermedades como o paludismo ( producida por un protozoo ) e a candidiase ( por fungos).

3. A RESPOSTA DO ORGANISMO ANTE A INFECCIÓN

Os xermes poden entrar nun organismo de dous xeitos:

Transmisión directa ou contaxio : prodúcese por contacto directo entre a persoa enferma e a sa.

Transmisión indirecta : os xermes procedentes da fonte de infección pasan ao medio, por exemplo á auga ou aos alimentos, e de alí poden tranmitirse a unha persoa sa.

A resposta inmunitaria

O noso organismo posúe barreiras naturais externas ( a pel, as bágoas, as secrecións…) que dificultan a entrada dos axentes infecciosos. Se os axentes infecciosos logran superalas aínda deberán enfrontarse ao sistema inmunitario ( barreiras internas). O sistema inmunitario está formado por un conxunto de órganos, tecidos e células que se encontran repartidas por todo o organimos, aínda que os glóbulos brancos son o componente central. Este sistema elabora respostas para protexer o organismo de infeccións e de cuxa execución se encargan os glóbulos brancos. En moitos casos a resposta inmunitaria, logra eliminar os xermes causantes da enfermidade e esta supérase nuns poucos días, como adoita ocorrer nos arrefriados común

MECANISMO DA RESPOSTA INMUNITARIA

-O xerme é detectado e fagocitado por un macrófago.-Partes do xerme expóñense na superficie externa do macrófago e son presentados a diferentes linfocitos ata encontrar algún capaz de fabricar un anticorpo eficaz contra él -Este linfocito recibe o estímulo que o fai multiplicarse rápidamente.

Page 3: Tema 3 cmc

- Os linfocitos B fabrican anticorpos específicos contra o xerme e facilitan a súa destrucción( resposta humoral)- os linfocitos T son capaces de detectar células infectadas polo xerme e destrúena( resposta celular)

MEMORIA INMUNITARIA E INMUNIDADE

Primeira exposición a un antíxeno ( axente infeccioso) : existe un lapso de tempo antes de que se aprecie un incremento de anticorpos.

Segunda exposición ao mesmo antíxeno: O sistema inmunitario “lembra” a ese xerme en particular, e nun segundo encontro con él, reacciona de forma moito máis rápida e intensa. Nestas condicións, dice que a persoa é inmune.

Inmunidade natural: ao padecer unha enfermidade no noso organismo queda memoria para ese antíxeno, de forma que reacciona máis rápido. Moitas enfermedades só se padecen unha vez na vida.

Inmunidade artificial. Esta pode adquirirse introducindo no corpo patóxenos enteiros, ou parte deles, que perderon a súa capacidade de provocar a infección pero que manteñen a capacidade de estimular a resposta do sistema inmunitario. Este proceso chámase vacinación. E nos fai inmunes a determidades enfermedades.

4. MEDICAMENTOS CONTRA AS INFECCIÓNS OS ANTIBIÓTICOS: son substancias químicas, de orixe biolóxica ou sintética,

que matan ás bacterias ou impiden a súa multiplicación. O seu descubrimento polo médico inglés Alexander Fleming supuxo unha auténtica revolución na loita contra as enfermedades infecciosas. A partir de entón descubríronse outros antibióticos producidos por seres vivos e tamén se fabricaron no laboratorio moléculas que teñen un efecto similar, os denominados antibióticos sintéticos. Os antibióticos actúan sobre as bacterias, pero non teñen ningún efecto sobre virus, fungos ou protozoos. Para as enfermedades infecciosas non bacteriana debe utilizarse outro tipo de medicamentos.

OS ANTIVIRAIS: actúan contra os virus, pero non é fácil lograr que un medicamento acabe cunha infección vírica. O problema fundamental é que os virus non son células e ademáis reprodúcense no interior das células do

Page 4: Tema 3 cmc

hóspede. Os poucos fármacos antivirais que existen están destinados a evitar que o virus entre nas células ou que, tras a súa reprodución, non poidan liberarse e contaxiar as células veciñas.

RESISTENCIA AOS MEDICAMENTOS

As bacterias adquiren a resistencia a un antibiótico de dúas formas diferentes:

Por mutación: cambios na información xenética da bacteria. Por intercambio de xenes: entre unha bacteria resistente e outra non

resistente.

Os dous son fenómenos naturais e non poden evitarse, o que si é evitable é a selección e propagación das variedades bacteriana máis resistentes, isto prodúcese como consecuencia de tratamentos inadecuados ( prescrición de antibióticos tanto excesiva como insuficiente, a inobservancia das doses recomendadas e a venda indiscriminada destes fármacos) e a utilización de antibióticos en plantas e animais ( úsanse de forma rutinaria na alimentación dos animais)

Non só as bacterias adquiren resistencia aos fármacos, outros axentes infecciosos como algún protozoos ou os virus , tamén o fan.

5. NOVOS MEDICAMENTOS

Porque son necesarios novos medicamentos? Pola aparición de novas enfermedades e para substituir a fármacos xa existentes.

COMO SE DESENVOLVE UN NOVO MEDICAMENTO?

Etapa preclínica. Búscanse novas substancias químicas con actividade farmacolóxica de interese.. Nesta fase preténdense comprobar que a substancia non é tóxica para o cal se realizan experimentos in vitro e in vivo, con animais.

Etapa clínica, na que as probas se fan con persoas voluntarias. Adoita a ser a parte máis longa ( de 2 a 10 anos) e comprende 3 fases

- Fase I. As probas fanse con grupos pequenos de voluntarios sans. Nesta fase búscase comprobar que non produce ningún efecto prexudicial.

- Fase II. As probas fanse cun grupo pequeno de pacientes enfermos, pero que non están recibindo outro tratamento. Neste caso o que se quere comprobar é a eficacia e a dose axeitada, e ampliar datos sobre a seguridade

- Fase III. Próbase nun grupo maior de enfermos ( de mil a tes mil) e compáranse os resultados con outros grupos tratados con outros fármacos xa existentes ou cun placebo. Se non existen problemas e se demostra que o medicamento cumpre os requisitos , rexístrase para que faga a súa entrada no mercado. Tras a súa comercialización, o fármaco mantense baixo vixilancia para comprobar que non aparecen efectos adversos na poboación que o está tomando.

Page 5: Tema 3 cmc

As empresas farmacéuticas adoitan patentar as novas moléculas nada máis seren descubertas. ( as empresas teñen garantida a propiedade en exclusividade do fármaco, e os seus dereitos de comercialización, durante un periodo de polo menos vinte anos) unha vez superado este período, o fármaco pode ser fabricado por outras empresas e venderse baixo a denominación de fármaco xenérico.

6. A GRIPE: EPIDEMIAS, PANDEMIAS E VACINAS. A gripe é unha infección vírica que provoca epidemias anuais( Só en España, 3000 persoas morrenn cada ano pola súa causa). Ademais das epidemias anuais, a gripe provoca, cada certo tempo, mortíferas pandemias. Existen distintos tipos de virus da gripe humana xa que teñen unha composición diferente na súa envoltura de dúas moléculas ( H e N)que lles permite unirse as células hospedadoras. REPRODUCIÓN DO VIRUS DA GRIPE

1. O virus adhírese á membrana dunha célula grazas ao recoñecemento entre as moléculas da envoltura do virus e os receptores da membrana.

2. O virus entra na célula por endocitose, é dicir, mediante a formación dunha vesícula que o contén no seu interior.

3. Unha vez dentro da célula, as membranas da vesícula e do virus únense e deixan libres os fragmentos de ARN, a información xenética do virus.

4. A maquinaria celular permite que se fagan copias da información xenética do virus e que se constrúan novas cápsulas. Así fanse copias do virus.

5. Os novos virus saen da célula, rodeados dunha envoltura membranosa e poden infectar novas células.

O virus da gripe humana encóntrase en evolución constante, porque acumula mutacións no seu material xenético. Se as mutacións cambian as moléculas H e N, as moléculas do noso corpo xa non poden neutralízalo e así logra reinfectarnos.

A vacina contra a gripe fabrícase con compoñentes tipos de virus que causan epidemias actualmente. A súa composición revísase cada ano. Ademais dos cambios pequenos, os virus humanos da gripe adquiren cada poucas décadas cambios drásticos para os que non existe inmunidade previa nas persoas. A consecuencia é unha pandemia, caracterizada por unha elevada mortalidade.

7. DE QUE MEDIOS DISPOÑEMOS PARA FACER FRONTE ÁS EPIDEMIAS?

AXUDAS AOS PAÍSES EN DESENVOLVEMENTO : A sida, a tuberculose e a malaria son enfermedades evitables para as que existen tratamentos eficaces e aínda así son a causa de millóns de mortes cada ano. A maior parte das mortes por enfermedades infecciosas pode evitarse coas estratexias eficaces en relación co custo ( as vacinas infantis, os mosquiteiros, os antibióticos…)

REDES DE VIXILANCIA: detectan a evolución das enfermedades e novos xermes en todo o planeta.

INVESTIGACIÓN: Os investigadores traballan para ter un mellor coñecemento dos axentes infecciosos, coa esperanza de poder desenvolver novos fármacos.

Page 6: Tema 3 cmc

COLABORACIÓN MUNDIAL: os países deben fortalecer os sistemas de saúde e contar con medios para previr epidemias.

PREVENCIÓN DO BIOTERRORISMO: os virus e as bacterias poden transformarse en armas en mans terroristas. Para previr un eventual ataque, moitos países puxeron en marcha plans de prevención que van desde a vixitancia de certos laboratorios ao almacenamento de vacinas para facer fronte a xermes ante os que a poboación non está inmunizada.

ÉXITOS QUE AXUDAN AO OPTIMISMO: determinadas enfermedades xa foron erradicadas, como a viruela e a poliomielite ( grazas a vacinación)