tema 2 cmc

9
TEMA 2: QUE NOS FIXO ESPECIFICAMENTE HUMANOS? 1. O LONGO CAMIÑO CARA AO EVOLUCIONISMO FIXISMO: ata o século XIX, a maioría das persoas, científicos incluídos, estaban convencidas de que todas as especies foron creadas tal e como as vemos hoxe. As especies serían, polo tanto, inmutables. É o que se coñece como fixismo. Estaba ancorada nunha longa tradición, caracterizada por: A visión antropocéntrica do mundo: este planeta e todo o que o rodea fora creado para a especie humana. A idea dunha Terra de apenas 6000 anos de antiguidade. Algunhas falsas evidencias de sentido común. Un dos máis ilustres defensores foi Georges Cuvier. O seu traballo como paleontólogo permitíulle coñecer en profundidade os fósiles e comprobar que entre eles había especies moi diferentes ás actuais. Pero aínda que foi o primeiro en falar de extinción, pero non admitiu cambios nesas especies. Moi ao contrario, para explicar a presenza de especies extintas propuxo unha historia da terra onde, se producían grandes catástrofes que suprimían a maior parte de seres vivos. Logo de cada unha, unha nova creación proporcionaría outras especies. LAMARCKISMO: o seu autor foi Jean Baptiste de Monet, cabaleiro de Lamarck. Lamarck consideraba que os seres vivos tiñan unha tendencia natural cara á complexidade e o progreso. A cosecuencia desta teoría sería a transformación das especies, por esa razón a súa teoría se denomina transformismo ou lamarckismo. As ideas básicas do lamarckismo son: Os organismos cambian necesariamente ao longo do tempo Os cambios das condicións ambientais fan que as especies modifiquen os seus hábitos e varíen as súas necesidades. Os hábitos dos organismos determinan os cambio s que se producen neles. Así se un órgano se emprega moito desenvólvese, mentres que, se non se usa atrofiase. A necesidade, podería orixinar un novo órgano. Deste xeito, modificaríanse os individuos.

Upload: juanapardo

Post on 23-Jun-2015

319 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 2 cmc

TEMA 2: QUE NOS FIXO ESPECIFICAMENTE HUMANOS?

1. O LONGO CAMIÑO CARA AO EVOLUCIONISMO FIXISMO: ata o século XIX, a maioría das persoas, científicos incluídos, estaban convencidas

de que todas as especies foron creadas tal e como as vemos hoxe. As especies serían, polo tanto, inmutables. É o que se coñece como fixismo. Estaba ancorada nunha longa tradición, caracterizada por: A visión antropocéntrica do mundo: este planeta e todo o que o rodea fora creado para a

especie humana. A idea dunha Terra de apenas 6000 anos de antiguidade. Algunhas falsas evidencias de sentido común.

Un dos máis ilustres defensores foi Georges Cuvier. O seu traballo como paleontólogo permitíulle coñecer en profundidade os fósiles e comprobar que entre eles había especies moi diferentes ás actuais. Pero aínda que foi o primeiro en falar de extinción, pero non admitiu cambios nesas especies. Moi ao contrario, para explicar a presenza de especies extintas propuxo unha historia da terra onde, se producían grandes catástrofes que suprimían a maior parte de seres vivos. Logo de cada unha, unha nova creación proporcionaría outras especies. LAMARCKISMO: o seu autor foi Jean Baptiste de Monet, cabaleiro de Lamarck. Lamarck consideraba que os seres vivos tiñan unha tendencia natural cara á complexidade e o progreso. A cosecuencia desta teoría sería a transformación das especies, por esa razón a súa teoría se denomina transformismo ou lamarckismo. As ideas básicas do lamarckismo son:

Os organismos cambian necesariamente ao longo do tempo Os cambios das condicións ambientais fan que as especies modifiquen os seus hábitos e

varíen as súas necesidades. Os hábitos dos organismos determinan os cambios que se producen neles. Así se un

órgano se emprega moito desenvólvese, mentres que, se non se usa atrofiase. A necesidade, podería orixinar un novo órgano. Deste xeito, modificaríanse os individuos.

Os cambios adquiridos así serán tranmitidos á descendencia.

Erros: as modificacións corporais adquiridas por un individuo ao longo da súa vida non se transmiten á descendencia. Por exemplo, a certas razas de cans córtanselles o rabo nada máis naceren e, aínda que non o poden utilizar, os seus descendentes seguen nacendo con el.

Page 2: Tema 2 cmc

2. A REVOLUCIÓN DARWINIANA

As ideas básicas da teoría evolutiva de Darwin son: Nacen máis individuos de calquera especie dos que poden sobrevivir. Os recursos do

medio son limitados. En consecuencia, non todos sobrevivirán. Entre os individuos de calquera especie existen variacións ou diferenzas herdables. Prodúcese unha selección natural. Sobrevivirán aqueles que sexan máis aptos, é dicir,os

que posúan algunha variación que lles proporcione certa vantaxe con respecto a outros conxéneres.

A poboación cambia gradualmente. Os individuos que sobreviven son os que teñen descendencia e esta é unha variación vantaxosa. Así, cada vez haberá máis individuos da poboación con esta variación. Como consecuencia, a poboación cambiará continua e gradualmente.

Erros: polo descoñecemento da xenética non sabía explicar a orixe da variabilidade entre os individus dunha especie, nin o modo en que se transmitían de xeración en xeración as variacións vantaxosas.

Page 3: Tema 2 cmc

3. A EVOLUCIÓN DESPOIS DE DARWIN

TEORÍA SINTÉTICA: Os puntos máis importantes son:

A unidade evolutiva non é o individuo senón a poboación. A orixe da variabilidade está nas mutacións. Unha mutación e o cambio súbito que se

produce no ADN. Estos cambios son herdables, Estos cambios poden ser prexudiciais para os seus portadores, e serán eliminados pola selección natural, ou proporcionar algunha vantaxe e así os seus portadores terán máis posibilidades de sobrevivir e transmitirlla a descendencia. Ou ser neutras, é dicir, aquelas que non producen vantaxes nin inconvenientes e poden manterse na poboación en porcentaxes minoritarias.

TEORÍA DOS EQUILIBRIOS INTERROMPIDOS OU SALTACIONISMO. Tanto a teoría de Darwin como a sintética son teorías gradualista, é dicir, os cambios evolutivos se producen como consecuencia da acumulación lenta e progresiva de pequenas variacións. Pero se a evolución fose gradual, o rexistro fósil estaría cheo de especies en permanente cambio e atoparíamos numerosas formas intermedias entre unha especie e a que se orixinou a partir dela. Pola contra, o que amosa o rexistro fósil e que as especies adoitan ter longos períodos de estabilidade interrompidos por períodos curtos nos que acontecen numerosos cambios. Atopáronse formas intermedias, pero son menos frecuentes do que cabería esperar se o proceso evolutivo fose gradual. Así a evolución parece seguir un ritmo moi irregular, con fortes aceleracións e paradas bruscas.

4. COMO SE ORIXINAN NOVAS ESPECIES O proceso polo que a partir dunha especie se forman dúas ou máis denomínase especiación e pode acontecer así:

Dúas poboacións da mesma especie quedan separadas ( illamento xeográfico) As dúas poboacións seguen unha evolución independente. ( mutacións) A acumulación de diferenzas entre ambas as dúas poboacións e a selección natural

rematarán por orixinar dúas especies distintas.

5. É A EVOLUCIÓN UN FEITO OU UNHA TEORÍA ? Os datos e argumentos que se achegaron a prol da evolución son tantos e tan concluíntes que a evolución é considerada un feito histórico. Ningún científico actual nega a evolución, non existe ningún debate ao respecto na comunidade científica. O que se debate é como se produciu a evolución, é dicir, a explicación teórica deste feito. DATOS E ARGUMENTOS A PROL DA EVOLUCIÓN

-Rexistro fósil: os fósiles achados permiten comprobar que a o longo da historia da terra as especies apareceron e extinguíronse. En certos casos foi posible reconstruir con detalle o proceso evolutivo seguido. Tamén se atoparon formas intermedias como o Archaeopteryx, un ave con características reptilianas.

Page 4: Tema 2 cmc

- Anatomía comparada: o esqueleto das extremidades anteriores dunha persoa, un morcego, un delfín e unha ave, a pesar das súas grandes diferenzas externas, responden, ao mesmo modelo e están constituídas polas mesmas pezas ( órganos homólogos: mesma estructura pero diferente función), os órganos análogos: diferente estructura pero a mesma función.

- O desenvolvemento embrionario: os embrións dun peixe, un réptil, unha ave e un mamífero son moi parecidos nas súas fases temperás, aínda que máis tarde seguen un proceso de diferenciación progresiva. Como explicar que os embrións humanos presentan ata as seis semanas un rabo se non é porque os nosos antepasados o tiveron?

Page 5: Tema 2 cmc

- A bioloxía molecular: Todos os seres vivos están constituídos polos mesmos elementos químicos ( carbono, hidróxeno, osíxeno e nitróxeno). Todos eles constrúen as súas proteínas cos mesmos 20 aminoácidos seguindo idénticos procedementos grazas as instrucións proporcionadas polo ADN. Poden explicarse estas similitudes sen asumir unha orixe común? E como se explica que as diferenzas entre o ADN de dúas especies se reduzan a medida que se aproximan evolutivamente?

6. FILLOS DE ÁFRICA A única especie de homínido vivente é o Homo sapiens, a ela pertencemos todos os humanos actuais. A evolución dos homínidos non é unha cadea lineal que comeza polos Orrorin e Australopithecus para rematar no Homo sapiens, senón que constitúe unha árbore con moitas ramas laterais, na que só algunhas especies son antepasados do humano moderno. As especies máis relacionadas cos humanos actuais son:

Homo habilis ( home destro): Viviu en África hai 2,5 ata 1,5 m.a, tiña unha c.c de 600  cm3, e era capaz de fabricar e utilizar ferramentas de pedra talladas por un só lado.

Homo ergaster ( home traballador) : Viviu entre hai 1,8 e 1,2 m.a. cunha c.c de 800 a 100 cm3 fabricaba ferramentas de pedra talladas por ambas as dúas caras. A partir del, probablemente se orixinaron dúas das primeiras especies de homínidos que se estenderon fóra de Africa, H. erectus e o H. antecessor.

Homo erectus ( home ergueito): Viviu entre hai 1,7 m.a e 50.000 anos. Era forte e robusto, cunha c.c entre 800 e 1100  cm3 . Foi un homínido que saíu de África e ocupou Asia e Europa oriental.

Homo antecessor ( home pioneiro) : Viviu entre hai 1,2 m.a e 300.000 anos. A súa c.c era de 1000 a 1100  cm3 Considérase o primeiro Europeo. Na serra de Atapuerca ( Burgos) atopouse o depósito de homínidos máis importantes de Europa. Para os investigadores de

Page 6: Tema 2 cmc

Atapuerca, o Homo antecessor sería o antepasado común das dúas últimas especies de homínidos, o H. sapiens e o H. neanderthalensis.

Homo neanderthalensis. Apareceu en Europa hai 300000 anos e extinguiuse hai 28000. Tiña unha c.c. de 1500  cm3 superior á do H. sapiens. Carecía de queixo, o óso frontal prolongábase sobre os ollos formando un arco superciliar prominente. Tiña unha gran fortaleza física e era un excelente cazador. As ferramentas que fabricaba eran xa avanzadas. Coñecían o lume, coidaban dos anciáns e soterraban os seus mortos, tres trazos do seu comportamento que os achegan moito ao humano moderno.

7. CAMBIOS QUE NOS FIXERON HUMANOS Dende os últimos 7 m.a. os homínidos evolucionaron desde formas similares aos chimpancés ata o humano moderno, é o que se denomina proceso de hominización. Os cambios máis importantes son:

Camiñar ergueito: esto require uns cambios anatómicos como son: a posición do forame magnun ( é o orificio do cranio por onde pasa a medula espiñal, e sinala o lugar onde se insire a columna vertebral no craio. Nos homínidos o foramen magnun orientábase cara a abaixo, mentres que nos simios o fai cara a atrás), a disposición da cadeira e cambios no pé.

Encefalización e ciclo vital: o humano moderno ten un volume cerebral entre 1300 e 1400 cm3 e este desenvolvemento desempeñou un papel crucial no proceso de hominización. Pero xerou algúns problemas. Durante o parto a cría debe atravesar a parte inferior da pelve, denominada conduto de parto. A adaptaciónn ao bipedismo implicou un estreitamento da pelve e o incremento do tamaño cerebral veu a aumentar a dificultade de parto. A especie humana ten ao nacer un volume cerebral de 350 cm3 pero increméntase ao longo da súa vida. Se os homínido puideran incrementar o tamaño do seu cerebro foi a custa de adiantar o parto e ter unhas crías prematuras, máis dependientes da nai durante maior tempo.

Aprender a falar: Só os humanos dispoñemos dunha linguaxe articulada, e non é doado saber cando adquiriron esta facultade. Para poder falar é necesario ter capacidade mental e dispoñer do aparato fonador. Dúas áreas do cerebro están relacionadas coa nosa capacidade de falar. Ambas as dúas atópanse no córtex cerebral do hemisferio esquerdo. O H. habilis e, en maior media, o H. ergaster tiñan xa desenvolvidas as áreas cerebrais relacionadas coa linguaxe. Discútese, porén, se o seu aparato fonador reunía as características para falar. Probablemente só lles permitise articular un repertorio reducido de vogais. Sería, polo tanto, unha linguaxe rudimentaria.