catálogo sushi books 2015 galego

30
intermedio avanzado CATÁLOGO 2015 álbum Con ilustracións e aptos para primeiros lectores. Aventuras condensadas en capítulos para ler nos recreos. Emocións fortes e no- vos mundos ó volver do instituto.

Upload: rinoceronte-editora

Post on 08-Apr-2016

229 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Catálogo Sushi Books 2015 galego

intermedio avanzado

CATÁLOGO 2015

álbumCon ilustracións e aptos para primeiros lectores.

Aventuras condensadas en capítulos para ler nos recreos.

Emocións fortes e no-vos mundos ó volver do instituto.

Page 2: Catálogo Sushi Books 2015 galego
Page 3: Catálogo Sushi Books 2015 galego

álbum

VenresSantiago Freire e Dani Padrón

Igual xa oístes falar de min e do meu amigo Ro-binson, pero seguro que da súa boca. Agora vou-vos contar eu a historia de como coñecín o home branco.

ISBN: 978-84-15920-03-8Páxinas: 48Formato: 21 x 28,8 cm. CartonéPVP: 16 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 4: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Monstro Pequeno di NON!Áslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler

Monstro Grande non se porta ben e non é un bo amigo, pero promete cambiar, e Monstro Pequeno dálle unha nova oportunidade. Un orixinal e divertido libro que fala da amizade, da boa educación e da pequena palabra Non!, que ás veces hai que saber usar con fi rmeza.

ISBN: 978-84-15920-24-3Páxinas: 32Formato: 21 x 28,8 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 5: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Os monstros grandes non choranÁslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler

A Monstro Pequeno todo lle sae xenial. Pola contra, Monstro Grande é tremendamente zoupón.Monstro Grande ponse cada vez máis triste, pero que pode facer? Todo o mundo sabe que os monstros gran-des non choran…

ISBN: 978-84-15920-28-1Páxinas: 32Formato: 14,4 x 28 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 6: Catálogo Sushi Books 2015 galego
Page 7: Catálogo Sushi Books 2015 galego

ISBN: 978-84-15920-00-7Páxinas: 158Formato: 13 x 20 cm. Rústica con lapelasPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Todos os membros da familia de Amabel teñen super-poderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.

O poder de AmabelÉrica Esmorís

intermedio

Page 8: Catálogo Sushi Books 2015 galego

A vida transcorre allea á fantasía na vila mariñeira de Sesgaña. Ata que un día Catuxa, unha rapaza fedella de nove anos, atopa casualmente o trasno Xildas. Xunto cos seus amigos Ulises e Uxía, e mesmo co seu inimigo Vicente, Catuxa argalla un plan para axudar a Xildas e buscarlle un novo fogar.

XildasAntonio M. Fraga

ISBN: 978-84-15920-01-4Páxinas: 212Formato: 13 x 20 cm. Rústica con lapelasPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 9: Catálogo Sushi Books 2015 galego

O misterio do lixo mutanteCarlos FreireIlustracións de Alfonso Martínez e Pedro Pablo Moreno

ISBN: 978-84-15920-02-1Páxinas: 80Formato: 14,8 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 11 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Catro gatos da rúa, Fiz, Carlocho, Felisa e Nébedo ato-pan entre restos de comida unha botella cuns extraños xeroglífi cos. A curiosidade por coñecer o autor da mis-teriosa mensaxe levaraos a vivir múltiples aventuras, escoitar historias entretidas e a descubrir os segredos do mundo da reciclaxe. Un libro para xogar e aprender.

Page 10: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Os nenos de BullerbynAstrid Lindgren

Lisa, Britta, Anna, Lasse, Bosse e Ole viven en Buller-byn, unha aldea tan pequena que non ten sitio para o aburrimento. Alí constrúen cabanas, van pescar, dor-men na palleira e fan carreiras na neve.Contén illustracións de Ingrid Vang Nyman.

ISBN: 978-84-15920-22-9Páxinas: 264Formato: 14 x 21 cm. FlexibookPVP: 18 €Dispoñible tamén en castelán

Page 11: Catálogo Sushi Books 2015 galego

A chegada do cometaTove Jansson

ISBN: 978-84-15920-50-2Páxinas: 140Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

Un día, todas as cores desaparecen do val no que viven os Mumin. Mumintroll emprende unha pe-rigosa misión para pescudar se o val está amea-zado de verdade pola chegada dun cometa; unha viaxe chea de fantasía, humor e tenrura, na que fará bos amigos.Con ilustracións de Tove Jansson.

Page 12: Catálogo Sushi Books 2015 galego

O sombreiro do magoTove Jansson

Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios. Cando descobren as súas propiedades, deciden des-facerse del e viaxar a unha illa deserta. Porén, a distancia non os librará do feitizo.Con ilustracións de Tove Jansson.

ISBN: 978-84-15920-51-9Páxinas: 138Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

Page 13: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Otto é un rinoceronteOle Lund Kirkegaard

ISBN: 978-84-15920-34-2Páxinas: 104Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Co seu lapis máxico, Topper debuxa un rinoceronte que cobra vida e causa un gran rebumbio na veciñanza. Entre todos tratarán de solucionar a peculiar situación provocada por este novo inquilino.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

Page 14: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Orla TragarrásOle Lund Kirkegaard

Disque Orla tragou unha ra de pequeno e dende entón non deixa de meterse cos cativos, pero estes sempre conseguen estragar os seus malvados plans. A chegada do Circo Benito á aldea revolucionará o seu día a día.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-42-7Páxinas: 112Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 15: Catálogo Sushi Books 2015 galego

A aventura de Hodia de PiortOle Lund Kirkegaard

Hodia soña con abandonar a tranquila cidade de Piort, en Bulguislavia, e ver mundo. Un día chega ás súas mans unha alfombra voadora, o maior desexo do sultán.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-46-5Páxinas: 104Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 16: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Tarzán de gomaOle Lund Kirkegaard

Ivan Olsen é obxecto de todas as burlas no seu colexio, un desastre como estudante e unha decepción para o seu pai, que ten a Tarzán como modelo de home. Porén, un día Ivan bate con alguén que lle axuda a que isto cambie.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-38-0Páxinas: 96Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 17: Catálogo Sushi Books 2015 galego

AlbertOle Lund Kirkegaard

A nai de Albert querería un fi llo con ollos azuis, ordenado e obediente. Pola contra, o neno saíu-lle un pouco salvaxe e sempre o cachan en situa-cións comprometidas. Pero no fondo é bo rapaz. Cheo de vida e de ideas, Albert sempre está dis-posto á aventura.

ISBN: 978-84-15920-58-8Páxinas: 136Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

PROXIMA-MENTE

Page 18: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Per e o pequeno MadsOle Lund Kirkegaard

Per e o pequeno Mads pasan a meirande parte do seu tempo gastándolle bromas ó vello Mikkel Paelg. Un día chega unha nena nova á escola e pensan nela como nova vítima das súas falcatruadas. Pero talvez ela non quede atrás.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-55-7Páxinas: 64Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

PROXIMA-MENTE

Page 19: Catálogo Sushi Books 2015 galego

O pequeno VirgilOle Lund Kirkegaard

No galiñeiro dunha casa vive un neno chamado o pequeno Virgil. El e os seus amigos Oskar e Carl Emil pásano moi ben buscando tesouros, captu-rando dragóns e facendo regalos de aniversario moi especiais. Con ilustracións de Ole Lund Kir-kegaard.

ISBN: 978-84-15920-57-1Páxinas: 112Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

PROXIMA-MENTE

Page 20: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Frode e os outros pícarosOle Lund Kirkegaard

Frode vive na mesma casa có señor Storm (que odia a comida case tanto coma os nenos) e as señoras Irene TV e Ravn. No faiado instalouse un ser misterioso ó que Frode e os outros pícaros intentarán poñer rostro.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-56-4Páxinas: 92Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

PROXIMA-MENTE

Page 21: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Tippe TophatOle Lund Kirkegaard

Tippe Tophat é un libro de relatos variopintos. Polas súas páxinas pasan unha avoa descomunal, un neno que acaba casando, sen comelo nin bebelo, uns rapa-ces que van á escola para lanzar bocadillos de maio-nesa ao encerado, un ferreiro toleirán que conta his-torias incribles e un personaxe que se rebela contra o escritor. Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-59-5Páxinas: 60Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

PROXIMA-MENTE

Page 22: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Os papacalcetínsPavel Šrut

Millóns de calcetíns desaparecen cada día misterio-samente en todas as casas. Os responsables de que existan tantos calcetíns desemparellados son uns pe-culiares personaxes: os papacalcetíns. Con este libro coñeceremos o mundo secreto destas criaturas, nunha historia chea de suspense e humor. Con ilustracións a cor de Galina Miklínová.

ISBN: 978-84-15920-76-2Páxinas: 224Formato: 16 x 23 cm. CartonéPVP: 19,50 €Dispoñible tamén en castelán

PROXIMA-MENTE

Page 23: Catálogo Sushi Books 2015 galego

ISBN: 978-84-15920-12-0Páxinas: 284Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 18 €

Christopher Boone ten quince anos, é un experto en cien-cias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten difi cultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha inves-tigación para descubrir o asasino.

O curioso incidente do can á media noiteMark Haddon

avanzado

Page 24: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Caídos do mapaMaría Inés Falconi

Graciela, Paula, Fabián e Fede foxen da clase de Xeo-grafía e agóchanse no soto da escola. Así comeza a serie Caídos do mapa, que narrará as aventuras destes catro amigos no seu paso do colexio ao instituto.

ISBN: 978-84-15920-07-6Páxinas: 105

ISBN: 978-84-15920-07-6Páxinas: 105

ISBN: 978-84-15920-XX-XPáxinas: 1XX

ISBN: 978-84-15920-XX-XPáxinas: 1XX

3. A viaxe de fi n de curso

1. O comezo

4. Adeus, sétimo

2. Cun pé no autobús

Formato: 13,5 x 21 cm PVP: 15 €

Page 25: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Ruído nunha noite de veránMaría Inés Falconi

Un Puck distraído en perseguir coellos, unha Tita-nia despeitada, un Oberón con pouca capacidade de mando, un pai anoxado, catro namorados confundidos e perdidos no bosque e un grupo de artesáns zoupóns protagonizan esta versión de Soño dunha noite de verán de William Shakespeare, que reforza os delirios do tex-to orixinal cunha linguaxe accesible para os máis novos.

ISBN: 978-84-15920-21-2 Páxinas: 128Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 15 €

Page 26: Catálogo Sushi Books 2015 galego

O libro da selvaRudyard Kipling

Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade.Este libro recolle unha serie de historias ambientadas na selva india, protagonizadas por animais e das que se desprenden ensinanzas para a vida.

ISBN: 978-84-15920-32-8Páxinas: 180Formato: 14 x 21 cm. FlexibookPVP: 16 €

Page 27: Catálogo Sushi Books 2015 galego

A casa de Mango StreetSandra Cisneros

A través dunha serie de contiños conectados entre si, A casa de Mango Street narra o espertar á adolescen-cia dunha nena que vive nun humilde barrio hispano de Chicago. Esperanza sente que non pertence ó mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, expón temas coma a inmigración, a po-breza, o machismo, ou a desigualdade entre os sexos.

ISBN: 978-84-15920-33-5Páxinas: 104Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

Page 28: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Boy (Relatos de infancia)Roald Dahl

Nos días mozos na escola, e nada máis saír dela, a Roald Dahl sucedéronlle unhas cantas cousas que xamais es-quecería. Ningunha delas é importante, pero todas causaron unha grande impresión no autor e quedaron gravadas na súa memoria. Algunhas son divertidas. Ou-tras son dolorosas. Outras, desagradables. Todas son verdade. Con ilustracións de Quentin Blake.

ISBN: 978-84-15920-53-3Páxinas: 174Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

PROXIMA-MENTE

Page 29: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Voando sóRoald Dahl

A primeira parte deste libro retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de infancia). Come-za coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell.A segunda parte do libro trata do tempo que estivo voando coa RAF, as forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial, e no que cada acon-tecemento resultou totalmente fascinante.

ISBN: 978-84-15920-54-0Páxinas: 216Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

PROXIMA-MENTE

Page 30: Catálogo Sushi Books 2015 galego

Sushi Books é un selo de Rinoceronte Editora S.L.U.Podes atopar os Sushi Books en librarías de toda Galicia grazas a Alonso Libros. Tamén os podes mercar na nosa web, e mandámoschos á casa.

Avenida de Vigo, 103, galeríasCP 36940 Cangas do MorrazoTeléfono: 986 16 80 28Enderezo electrónico: [email protected]

www.sushibooks.es

Síguenos nas nosas redes sociais:Facebook: /sushibooks.es

Twitter: @SushiBooks