bioloxÍa e xeoloxÍa 2015/2016 4ºeso - edu.xunta.galº...comprender e interpretar mensaxes acerca...

21
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO

Upload: truonghanh

Post on 05-Nov-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

2015/2016

4ºESO

Page 2: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA.BIOLOXÍA E XEOLOXÍA de 4º ESO

LOE

1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS

a) C. en comunicación lingüística

Utilizar a terminoloxía adecuada para construír textos e argumentacións con

contidos científicos.

Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da natureza.

b) C. matemática

Utilizar a linguaxe matemática para cuantificar os fenómenos naturais.

Utilizar a linguaxe matemática para analizar causas e consecuencias.

Empregar a linguaxe matemática para expresar datos e ideas sobre a

natureza

c) C. no coñecemento e interacción co mundo físico

Describir, explicar e predicir fenómenos naturais.

Analizar sistemas complexos nos que interveñen varios factores.

Entender e aplicar o traballo científico.

Recoñecer o propio corpo e as relacións que existen entre os hábitos, as

formas de vida e a saúde.

Describir as implicacións que a actividade humana e a actividade científica e

tecnolóxica teñen no medio ambiente.

Identificar os grandes problemas cos que se enfronta hoxe a humanidade e

as solucións que se están a buscar para resolvelos e para avanzar nun

desenvolvemento sostible.

Adquirir a formación básica para participar na toma de decisións en torno a

problemas locais e globais formulados.

Interpretar probas e conclusións científicas.

Page 3: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

d) Tratamento da información e competencia dixital

Aplicar as formas específicas que ten o traballo científico para buscar,

recoller, seleccionar, procesar e presentar a información.

Utilizar e producir na aprendizaxe da área esquemas, mapas conceptuais,

informes, memorias...

Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación para comunicarse,

solicitar información, retroalimentala, simular e visualizar situacións, obter e

tratar datos.

e) C. social e cidadá

Comprender e explicar problemas de interese social desde unha

perspectiva científica.

Aplicar o coñecemento sobre algúns debates esenciais para o avance da

ciencia, para comprender como evolucionaron as sociedades e para

analizar a sociedade actual.

Recoñecer aquelas implicacións do desenvolvemento tecnocientífico que

poidan comportar riscos para as persoas ou para o medio.

f) C. cultural e artística

Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e xeolóxicas a súa

interpretación interpretación.

Axudar a desenvolver a visión espacial.

g) C. aprender a aprender

Integrar os coñecementos e os procedementos científicos adquiridos para

comprender as informacións provenientes da propia experiencia e dos

medios escritos e audiovisuais.

h) Autonomia e iniciativa persoal

Desenvolver un espírito crítico. Enfrontarse con problemas abertos,

participar na construción tentativa de solucións.

Page 4: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

Desenvolver a capacidade para analizar situacións valorando os factores

que incidiron neles e as consecuencias que poden ter.

2. OBXECTIVOS DA MATERIA

1. Comprender e utilizar as estratexias e os conceptos básicos das ciencias

da natureza para interpretar os fenómenos naturais, así como para

analizar e valorar as repercusións do desenvolvemento científico e das

aplicacións tecnolóxicas.

2. Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións,

estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, tales como a

discusión do interese dos problemas propostos, a formulación de

hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución e de deseños

experimentais, a análise de resultados, a consideración de aplicacións e

repercusións do estudo realizado e a busca de coherencia global.

3. Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando

diferentes linguaxes como oral, escrita, gráfica, icónica, multimedia, etc.

con propiedade, así como comunicar a outros argumentacións e

explicacións empregando os coñecementos científicos.

4. Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando

diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para

fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos e o ambiente,

así como para contrastar as opinións persoais.

5. Desenvolver hábitos favorables á promoción da saúde persoal e

comunitaria en ámbitos como alimentación, hixiene e sexualidade,

facilitando estratexias que permitan facer fronte aos riscos da sociedade

actual en aspectos relacionados co consumo, coas drogodependencias

e coa transmisión de enfermidades.

6. Comprender a importancia de utilizar os coñecementos provenientes das

ciencias da natureza para satisfacer as necesidades humanas e

participar na necesaria toma de decisións verbo de problemas locais e

globais aos cales nos enfrontamos.

7. Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para

analizar, individualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa

ciencia, a tecnoloxía e a sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos

Page 5: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

cales se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos

recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non, e a

necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao

logro dun futuro sustentable.

8. Valorar o carácter tentativo e creativo das ciencias da natureza así como

as súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia,

apreciando os grandes debates superadores de dogmatismos e as

revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade

e as súas condicións de vida.

9. Ser quen de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio,

planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das

actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para

autocorrixirse no caso en que sexa necesario.

3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS

Nº UNIDADES DIDÁCTICAS Libro TEMPORALIZACIÓN

SESIÓNS/ MES Probas

Avaliaci

ón

1 Tectónica de placas Tema 1 8 Set -Out

2 A enerxía interna e o

relevo

Tema 2 8 Out – Nov X

3 A historia da Terra Tema 3 6 Novembro

4 A célula Tema 4 6 Decembro X

5 A herdanza biolóxica Tema 5 9 Xaneiro

2ª 6 Xenética humana Tema 6 8 Febreiro X

7 Xenética molecular Tema 7 9 Feb - Marz X

8 Evolución e orixe da vida Tema 8 8 Abril

9 Os seres vivos no seu

medio

Tema 9 10 Maio X

10 Os ecosistemas Tema

10

10 Maio Xun X

Page 6: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

Nª UNIDADES DIDÁCTICAS CONTIDOS

1 Tectónica de placas

Composición e estrutura do interior

terrestre

Da deriva continental á tectónica de

placas

Os límites entre as placas

Unha teoría global e revolucionaria

2 A enerxía interna e o

relevo

A deformación das rochas

O ciclo das rochas

A isostase

A xénese das cordilleiras

Riscos da actividade interna

A idade da Terra

3 A historia da Terra

A importancia xeolóxica dos fósiles

A Terra, un planeta en continuo cambio

As grandes divisións da historia da Terra

A idade da Terra

Hábitos alimentarios

4 A célula

A teoría celular

Funcións e estrutura das células

Tipos de células

A célula eucariótica

A reprodución das células

Unha reprodución especial: a meiose

Niveis de organización biolóxicos

O estudio das células

5 A herdanza biolóxica

Conceptos fundamentais de xenética

Os primeiros estudos xenéticos

Casos xenéticos especiais

A localización dos xenes

A xenética do sexo

As mutacións

6 Xenética humana Estudo xenético no ser humano

Page 7: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

O cariotipo humano

Herdanza e variabilidade humanas

Alteracións xénicas humanas

Alteracións numéricas (xenómicas)

Alteracións na estrutura dos

cromosomas

Malformacións conxénitas

Diagnóstico de enfermidades xenéticas

7 Xenética molecular

O ADN, a molécula da herdanza

A expresión da información xenética

Enxeñaría xenética

O proxecto Xenoma Humano

Biotecnoloxía

8 Evolución e orixe da vida Fixismo fronte a evolucionismo

Probas da evolución

O lamarckismo, a primeira teoría

evolutiva

O darwinismo

Teorías evolutivas actuais

A evolución e a orixe de novas especies

A aparición do ser humano

O comezo da vida

9 Os seres vivos no seu

medio

Os factores ambientais

Adaptacións dos organismos ao medio

As modificacións do medio polos seres

vivos

As poboacións

As comunidades

O solo, asento de comunidades

Relacións interespecíficas

10 Os ecosistemas Que é un ecosistema?

A materia e a enerxía nos ecosistemas

Os niveis tróficos

Page 8: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

A rendibilidade dos ecosistemas

Os ciclos bioxeoquímicos

Os ecosistemas españois

Os biomas

A invasión dos ecosistemas

A acción humana sobre os ecosistema

4. METODOLOXÍA DIDÁCTICA

a) Metodoloxía específica da materia

Considerar que os contidos non son só os de carácter conceptual, senón

tamén os procedementos e as actitudes, de forma que a presentación

destes contidos vaia sempre encamiñada á interpretación do contorno

por parte do alumnado e a conseguir as competencias básicas propias

desta materia, o que implica empregar unha metodoloxía baseada no

método científico.

Conseguir unha aprendizaxe significativa, relevante e funcional, de

forma que os contidos / coñecementos poidan ser aplicados polo/a

alumno/a ao entendemento do seu contorno natural máis próximo

(aprendizaxe de competencias) e ao estudo doutras materias.

Promover unha aprendizaxe construtiva, de forma que os contidos e as

aprendizaxes sexan consecuencia uns doutros.

Tratar temas básicos, axeitados ás posibilidades cognitivas individuais

dos/as alumnos/as.

Favorecer o traballo colectivo entre os/as alumnos/as.

Darlle a coñecer algúns métodos habituais na actividade e na

investigación científica, invitalo a utilizalos e reforzar os aspectos do

método científico correspondentes a cada contido.

Xerar escenarios atractivos e motivadores que o axuden a vencer unha

posible resistencia apriorística ao seu achegamento á ciencia.

Page 9: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

Actividades prácticas que o sitúen fronte ao desenvolvemento do

método científico, proporcionándolle métodos de traballo en equipo e

axudándoo a enfrontarse co traballo que o motive para o estudo.

Combinar o método expositivo, aplicado solo para a introdución das

ideas e conceptos básicos e sempre que o alumno/a o require e o/a

profesor o considere necesario, con técnicas de indagación por parte do

alumnado para ir construíndo o seu propio coñecemento. Para isto

utilizaranse, gráficos, mapas, fotografías, esquemas, fontes de

información diversa (libro de texto, prensa, revistas, TICs) o que lle

permitirá acadar o/a alumno/a obxectivos da materia e as competencias

básicas.

Un tratamento dos contidos de forma que conduzan a unha aprendizaxe

comprensiva e significativa.

Estratexias de aprendizaxe que propicien a análise e a comprensión do

feito científico e natural.

O uso de calquera recurso metodolóxico debe ir encamiñado á

participación cotiá do alumno/a no proceso educativo Pero nun contexto

no que se está a xeneralizar o uso das tecnoloxías da información e a

comunicación -TICs- (a internet, vídeos, CD-ROM, etc.), potenciaremos

o seu uso, aproveitando as posibilidades que ofrecen as propias

instalacións do centro, interesante en si mesmo polas posibilidades de

obtención de información que permiten fomentar que o/a alumno/a sexa

formado nalgunhas das competencias básicas do currículo (aprender a

aprender, tratamento da información e competencia dixital,...).

b) Materiais e recursos didácticos

Impreso

Libro de texto e material didáctico fotocopiable concretos para traballar os

contidos:

Ciencias da Natureza, Editorial Oxford, Proxecto Adarve.

Material de la biblioteca: enciclopedias, diccionario de termos científicos e da

natureza, enciclopedias, monografías …

A prensa como recurso

Page 10: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

Audiovisual

Vídeos ou CDs documentais.

Internet

Instrumental

Encerado e mapas murais

Pantallas de proxección

Material de laboratorio en xeral

Recursos informáticos

PC

Pantalla dixital

Canón

Procesador de textos

Power Point

Webquest:

Proxectos en Red (aprendizaxe interactivo )

Páxinas Web especializadas en educación e na aprendizaxe das Ciencias da

Naturaza e outras páxinas de interese para a recollida de información:

Webs institucionais:

www.edu.xunta.es/recursos

www.pntic.mec.es

www.xunta.esconselle/cma

Portais educativos:

http://www.3ieduca.com

http://www.cibereduca.com

htpp://www.escuela-virtual.org.mx/index.asp

O entorno como recurso

O medio físico e natural.

O medio transformado polo home.

Outros recursos

Laboratorio

Page 11: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

CRITERIOS MÍNIMOS

1) Recoñecer que na saúde inflúen aspectos físicos, psicolóxicos,

económicos e sociais e valorar a importancia dos estilos de vida

para previr enfermidades e mellorar a calidade de vida, así

como as continuas achegas das ciencias biomédicas. Explicar

os mecanismos de defensa que evitan ou loitan contra os

axentes causantes de enfermidades.

X

2) Coñecer os aspectos básicos da reprodución humana e

describir os acontecementos fundamentais da fecundación, o

embarazo e o parto. Comprender o funcionamento dos métodos

de control da natalidade e valorar o uso de métodos de

prevención de enfermidades de transmisión sexual

X

3) Explicar os cambios fundamentais que sofre o alimento ao

longo de todo o proceso de nutrición, utilizando esquemas ou

ilustracións en cada unha das etapas. Xustificar a necesidade

de adquirir hábitos alimentarios saudables

X

4) Coñecer os órganos dos sentidos e explicar a misión

integradora dos sistemas nervioso e endócrino. Relacionar as

alteracións máis frecuentes cos órganos e procesos implicados

en cada caso; identificar os factores sociais que repercuten

negativamente na saúde como o estrés e o uso de substancias

adictivas

X

5) Identificar as accións dos axentes xeolóxicos externos na orixe

e modelado do relevo terrestre, así como no proceso de

formación das rochas sedimentarias

X

6) Valorar a capacidade para recompilar información procedente

de distintas fontes sobre a influencia das actuacións humanas

no ambiente, analizar esta información e formular propostas

para promover unha xestión máis racional dos recursos

naturais.

X

7) Determinar os trazos distintivos do traballo científico analizando X

Page 12: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

como se chegou á formulación e/ou ás propostas de resolución

dalgún problema ambiental de actualidade

8) Valorar a situación mundial da distribución da riqueza e as súas

repercusións sobre a saúde e o ambiente, identificando

interrelacións xeopolíticas, sociais, económicas e culturais

X

9) Participar activamente na construción, comunicación e

utilización do coñecemento científico X

6. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION

a) Para as avaliacións ordinarias

PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS

Probas escritas Unha ou dúas probas escritas por avaliación (segundo

os contidos) nas que se poden incluír: resolución de

exercicios; resolución de problemas; interpretar

Esquemas; test: verdadeiro - falso, textos; elaboración,

esquemas, gráficas ou mapas

conceptuais.Elaboración de resumes, sínteses,

esquemas, gráficas ou mapas conceptuais.

Traballos individuais Boletíns de cuestiones

Presentacións

Traballos en grupo Traballos de investigación,

Traballos no laboratorio

Probas orais Resposta a preguntas na aula

Lectura comprensiva.

Traballo na aula Resposta a preguntas na aula.

Lectura comprensiva

Observación e

rexistro

De non acudir a unha proba escrita, só se Ile repetirá a

mesma, a aqueles alumnos que presenten o mesmo

día que se incorporan ao centro, xustificación médica

ou de deber inescusable, de carácter público ou

privado para a non asistencia a dita proba. A data da

Page 13: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

proba será fixada polo profesor da materia.

Anotarase a asistencia e puntualidade do alumno.

Anotarase a actitude negativa do alumno en forma de

apercibimentos que figurarán na xefatura de estudos

por escrito ou tendo en conta o número de

interrupcións, que non veñen ao caso, perante as

explicacións da materia. Comunicarase ao alumno na

aula, quedando constancia no libro do profesor.

Anotarase a actitude positiva cando, requerida a súa

participación explícita ou voluntaria,nas actividades da

aula a súa colaboración é absolutamente correcta.

Comunicarase ao alumno na aula, quedando

constancia no libro do profesor.

Na recollida de material feito na aula levarase un

rexistro de actitude e aptitude do alumnado, cara a

materia.

b) Para a avaliación extraordinaria

PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS

Proba escrita Deberá facer unha serie de actividades obrigatorias

en unha proba escrita no mes de setembro, na que

se demostren os coñecementos da materia.. A data

e fixada pola xefatura de estudos.

7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Establécense como requisitos para unha avaliación positiva os seguintes:

Traballo regular das actividades tanto na clase como na casa.

Realización correcta do caderno e presentación no prazo sinalado.

Realización dos traballos específicos e ou complementarios

encomendados.

Realización das probas escritas e conseguir o mínimo esixido.

Manter actitudes de acordo cos obxectivos fixados.

Page 14: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

O alumno/a será avaliado da súa aprendizaxe ó longo de tres períodos

avaliativos na propia clase durante o desenvolvemento dos bloques de

contidos, polo que a avaliación sumativa final debe conter unha

porcentaxe adicada a este apartado, ademais das correspondente ás

probas escritas de verificación e ós traballos obrigatorios fora da aula.

Os criterios empregados deben ser coñecidos polo alumnado coa

anticipación suficiente; os xerais no inicio do curso, e os específicos

dalgunha proba ou actividade coa anticipación necesaria.

A avaliación de cada bloque de contidos consta de dous apartados:

a) O traballo e actitude do alumnado (Avalíase de 0 a 2 puntos) (20% da

nota total).

Neste apartado terase en conta o seguinte:

Faltas non xustificadas de asistencia, de puntualidade, actitudes pasivas

ou negativas na aula poden descontar 0,5 puntos cada vez. A reiteración

do anterior ou actitudes negativas graves, poden supoñer un suspenso

na avaliación.

Do mesma xeito sumaranse 0,5 puntos cada vez, no caso de actitudes

destacables no traballo na aula.

b) O exame (Puntúa de 0 a 8 puntos) na que os conceptos suporán un 40%, os

procedementos o 40% e as actitudes o 20%. O resultado total da proba suporá

o 80% da nota total.

Fanse as seguintes observacións:

Máis de cinco faltas de ortografía ou expresións incorrectas baixa 0,1

puntos.

Mala presentación no exame baixa 0,1 puntos.

A falta de asistencia a unha proba debe ser xustificada ou supón un

suspenso.

Si se observa que algún alumno/a está copiando nunha probade

verificación ou se demostra que así o fixo, aínda que non fora observado

será cualificado coa nota mínima.

A nota total será a suma porcentual dos apartados anteriores (20% o

apartado “a” e 80% o apartado “b”):

Page 15: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

Menos de 5 puntos na nota total equivalen a SUSPENSO.

En períodos de avaliación con máis dunha proba escrita a nota da parte

escrita será a media das probas realizadas. Non se fará media se a

cualificación dalgunha das probas e inferior a 3/8.

Lémbrase que para aprobar a materia en xuño hai que aprobar tódalas

avaliacións. Farase unha recuperación por avaliacións suspensas (1ª e

2ª) e para os alumnos que só teñan unha das tres avaliación suspensas

haberá un exame en xuño.

En certos casos poderase ter en conta o punto de partida do alumno/a

ou circunstancias que puideran influír nos resultados, sempre coa

intención de favorecelo/a.

8. PROGRAMA DE RECUPERACION E REFORZO

a) Das materias pendentes de cursos anteriores

Plan de traballo

Comunicar os alumnos implicados, os contidos e criterios de avaliación,

para a superación das materia.

Dividir as materias mencionadas en dúas partes, que serán obxecto das

respectivas probas por separado. Sen excluír a proba final do mes de

maio á que tódolos alumnos teñen dereito que será fixada pola xefatura

de estudos.

Procedementos e instrumentos de avaliación

As probas realizaranse nos meses de xaneiro ou febreiro, e de abril ou

maio, (fechas concretas a determinar en reunión de coordinación co

Xefe de Estudios) e estarán baseadas nun conxunto de actividades que

foron confeccionadas polos membros do Seminario, e que se lles

proporcionará os alumnos para que as resolvan e entreguen o mesmo

día da proba.

Page 16: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

Criterios de cualificación

Os criterios para a superación da materia estarán baseados no traballo

desenvolvido polo alumno a hora de resolver ditas probas (ata o 40% e a

cualificación obtida nas dúas probas mencionadas (ata o 60%).

Se o alumno supera as dúas probas previas, no terá que presentarse a

proba final en maio.

b) Da materia do propio curso

Procedementos e instrumentos de avaliación para :

a. Unha proba non superada

Non se fará recuperación de cada unha das proba non superadas.

Soamente faranse probas de recuperación de avaliación ou final

b. Unha avaliación parcial

Serán mediante unhas actividades obrigatorias e un exame.

Faise un exame e só un por cada período avaliativo non superado.

Na recuperación dos bloques de contidos a nota total máxima será de 5

puntos.

c. A avaliación final ordinaria

Poderá haber un exame final de graza en xuño, sempre que o alumno/a

tivera superado o apartado de traballo e actitude das respectivas

avaliacións.

O alumnado cos bloque de contidos dunha avaliación sen recuperar,

tendo as restantes aprobadas, poderá facer un exame de graza no mes

de xuño sobre os contidos dese bloque non superado.

Page 17: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

d. A avaliación final en caso de perda do dereito á avaliación

continua

No caso dos alumnos que perdan o dereito a avaliación continua deberá

facer unha serie de actividades obrigatorias en unha proba escrita no

mes de xuño, na que se demostren os coñecementos da materia.

9. MEDIDAS DE ATENCION Á DIVERSIDADE

Medidas de carácter xeral:

Programación: a programación didáctica está deseñada de tal xeito que

intente acadar un nivel mínimo para tódolos alumnos.

Metodoloxía: exposición do tema en grao de dificultade.

Material didáctico: ademais do libro de texto, o profesor pode facilitar

resumes do tema e de materiais complementario de reforzo dos contidos

dados (esquemas do tema, boletíns ...).

Medidas de carácter específico:

Reforzo educativo: para casos concretos de dificultades de comprensión, o

profesor tomará as medidas mencionadas anteriormente, pero de xeito

específico e individualizado. Igualmente, o profesor pode realizar sesións

suplementarias e individualizadas.

Adaptacións curriculares: elaboradas en colaboración co Departamento de

Orientación, tendo en conta a problemática do alumno afectado.

10. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Na primeira Reunión de Departamento de cada curso proporanse as

distintas actividades complementarias e extraescolares que se realizarán

nese curso, que aparecerán na acta correspondente e se comunicaran á

Dirección do Centro, procurando repartilas entre os distintos niveis.

Se o longo do curso aparece algunha oferta interesante solicitarase á

Dirección.

Page 18: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

11. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN LECTOR

Lectura comprensiva dos textos do libro de texto ou do material

entregado polo profesor.

Utilización de información de orixe diversa, procurando secuenciala en

orde de cornplexidade.

Á hora de realizar traballos por escrito, se son informatizados, evitarase

o uso do copiado de textos.

Na realización dun traballo escrito, informarase ao alumno de qué se Ile

pide e como ten que estar organizado.

Nos criterios de avaliación da materia están incluídos aspectos como:

Expresión.

Faltas de ortografía.

Presentación e limpeza nos exames e nos traballos entregados.

A criterio do profesor, pode haber 15 minutos da clase para que o

alumno poda ler o libro elixido libremente dos seleccionados na

Biblioteca Escolar.

12. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN T.I.C.

Utilización das aulas de informática.

Visualizar páxinas web onde se amosan diversos applets de simulacións

de procesos biolóxicos, xeolóxicos físicos ou químicos.

Utilización dos buscadores para a obtención de información á hora de

facer traballos relacionados co tema ou coas experiencias de laboratorio.

Utilización da pizarra interactiva para a explicación do tema ou para ver

simulacións dinámicas, imposibles de visualizar na pizarra convencional.

Facilitarlle ao alumno direccións de páxinas web relacionadas cos

contidos da materia para o seu uso fora do centro.

13. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

Aplicación das normas do plan de convivencia vixente no noso centro.

Page 19: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

14. PROGRAMA DE EDUCACION EN VALORES (TRANSVERSAL)

EDUCACIÓN PARA A PAZ

Analiza-lo proceso de creación da Ciencia, valorando e recoñecendo

o efecto negativo da intolerancia.

Ser conscientes de que a ignorancia, a negación ó coñecemento, ó

diálogo e ó raciocinio tiveron repercusións negativas para o

desenvolvemento da Ciencia e para os propios científicos.

Respectar e valora-las opinións alleas expresadas libremente e

comportarse coherentemente cos ditos respecto e valoración.

EDUCACIÓN MORAL E CÍVICA

Valora-las achegas propias e alleas no traballo en equipo, mostrando

unha actitude flexible e de colaboración, asumindo responsabilidades

no desenvolvemento das tarefas.

Valoración da necesidade de información e formación previas ó

establecemento da opinión.

EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DE AMBOS

SEXOS

Uso dunha linguaxe non discriminatoria,

Medidas de acción positiva, necesarias para introduci-la dimensión

de igualdade.

EDUCACIÓN AMBIENTAL

Importancia e transcendencia que para a Humanidade e en

consecuencia, para a Biosfera teñen tódolos aspectos que inciden

sobre o medio.

Numerosas achegas da psicopedagoxía sobre os procesos de

aprendizaxe e o desenvolvemento das persoas, que establecen a

necesidade de propiciar desde a escola unha relación positiva e

harmónica co medio.

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Na infancia, a adolescencia e a primeira xuventude, é cando se

modelan os hábitos de vida, saudables ou daniños. Iso fai da ESO un

Page 20: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

período formativo especialmente interesante para potencia-los estilos

de vida saudables.

EDUCACIÓN VIAL

A Educación vial configúrase no currículo como unha transversal con

dous compoñentes que son complementarios:A Educación Vial

"sensu estrito" que poderiamos denominar con propiedade

Educación para a seguridade vial e A Educación Vial como parcela

da educación cidadá.

EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR

Coñece-los procesos de produción mantemento e distribución de

bens de consumo.

Desenvolverse intelixentemente en situacións adquisitivas.

Recoñece-las vantaxes de asociarse para defende-los propios

dereitos

15. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS

Non se contempla nesta etapa educativa

16. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN

Reunións de departamento, nas que se analizará o grao de

cumprimento da programación, así como diversos cambios propostos

para adaptarse ás necesidades educativos do alumnado.

Memoria de final de curso, ode se reflexará o exposto da

programación anual, cambios na mesma ou defectos á hora de por

en práctica o acordado na mesma.

17. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO

Nos primeiros días de clase, o profesor informará das características

académicas da materia impartida neste nivel académico.

Page 21: BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da ... Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e ... Desenvolver

Igualmente, informará a secuenciación temporal da materia ao longo

do curso.

Informará do tipo de material a usar (libro de texto oficial, fotocopias,

boletíns de problemas, resumes do tema, calculadora, material para

escribir,...), onde se impartirán as clases (aula e laboratorio).

Explicar o sistema de avaliación.

Finalmente, indicar ao alumnado a dispoñibilidade da programación

didáctica para a súa consulta. Dita dispoñibilidade pode ser de dúas

formas:

o Por escrito. Para elo, o departamento posuirá unha copia por

escrito da programación didáctica.

o Por arquivo electrónico. Para elo, o centro dispón dunha páxina

web dende a que se pode descargar a programación didáctica,

aportada polo seminario, para a súa consulta.