agorafilosofia.files.wordpress.com€¦  · web viewo ser humano está aberto ao mundo por medio...

17
Filosofía e Cidadanía 1º Bacharelato Bloque III. O ser humano. Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano 1. SENSACIÓN E PERCEPCIÓN O ser humano está aberto ao mundo por medio dos seus sentidos. Por eles chéganlle constantemente mensaxes do mundo exterior (cores, formas, sons, etc.) e do seu propio organismo (sensacións de movemento, de equilibrio, de posición, etc.). Agora ben, o ser humano non percibe esas mensaxes dun xeito desordenado ou inconexa, senón dun xeito integrado e coherente; non percibe un mosaico de sensacións, senón un mundo composto de obxectos sólidos, estables, as percibe cun sentido completo. 1.1. SENTIDOS E SENSACIÓN Definición SENTIDOS: Os sentidos, mediante os seus órganos receptores, recollen información tanto do mundo que nos rodea como do noso propio corpo. Esta información comeza cun estímulo que recolle o órgano receptor correspondente, transfórmao nun impulso nervioso e chega á corteza cerebral que recibe estes impulsos e intégraos dentro da totalidade da vida psíquica do individuo. Estímulo - Órgano receptor - Nervio - Zona da corteza cerebral Resposta Este esquema xeral e común a todos os sentidos. Páxina 1 de 21

Upload: others

Post on 15-Jun-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

1. SENSACIÓN E PERCEPCIÓN

O ser humano está aberto ao mundo por medio dos seus sentidos. Por

eles chéganlle constantemente mensaxes do mundo exterior (cores, formas,

sons, etc.) e do seu propio organismo (sensacións de movemento, de

equilibrio, de posición, etc.).

Agora ben, o ser humano non percibe esas mensaxes dun xeito

desordenado ou inconexa, senón dun xeito integrado e coherente; non percibe

un mosaico de sensacións, senón un mundo composto de obxectos sólidos,

estables, as percibe cun sentido completo.

1.1. SENTIDOS E SENSACIÓN

Definición SENTIDOS: Os sentidos, mediante os seus órganos receptores,

recollen información tanto do mundo que nos rodea

como do noso propio corpo.

Esta información comeza cun estímulo que recolle o

órgano receptor correspondente, transfórmao nun

impulso nervioso e chega á corteza cerebral que recibe

estes impulsos e intégraos dentro da totalidade da vida

psíquica do individuo.

Estímulo - Órgano receptor - Nervio - Zona da corteza cerebral RespostaEste esquema xeral e común a todos os sentidos.

Definición SENSACIÓN: A sensación sería a resposta autónoma e illada de

cada un dos nosos sentidos á súa estimulación polo

medio, resposta que sería independente de toda

interpretación.

Esquema: Estímulo Órgano sensorial Cerebro Resposta.

E R

Páxina 1 de 21

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

SELECCIÓN ESTÍMULOS:

1. Limiares

Os sentidos, como apuntamos, non captan calquera enerxía do mundo

físico, só aquelas que poden estimulalos, é dicir, provocar un tipo de

resposta:

É máis, nin sequera os estímulos que estamos en condicións de recibir

provocan sempre unha sensación; teñen que alcanzar unha determinada intensidade para facerse conscientes.

O ser humano ten uns límites en cada gama de estímulos. Estes límites

denomínanse Limiares Absolutos.Limiar Máximo: é a máxima cantidade de estímulo que podemos

captar.

Limiar Mínimo: é a mínima cantidade de estímulo que podemos captar.

Por exemplo, o oído humano capta entre as 16 vibracións sonoras por

segundo (menos xa non se perciben) e as 20.000 a partir das cales

deixa de oírse.

Esta selección de estímulos a nivel cuantitativo móstranos o carácter vital

da sensibilidade: os limiares absolutos determinan o que debemos captar

do ambiente.

Ademais destes limiares absolutos, a sensibilidade ten outro sistema de

regulación selectiva de estímulos: os Limiares Diferenciais. Dentro de

cada gama xenérica de estímulos captamos diferenzas entre o máis ou

menos sonoro, o máis ou menos doce, coloreado, etc. A conciencia capta

estas diferenzas, co que a nosa orientación no mundo é máis completa que

se só captásemos un matiz de cada cor ou un par de sabores.

2. Atención Os estímulos que nos chegan do medio son múltiples e non é posible

atender a todos. De todos os estímulos que inciden de continuo sobre os

nosos sentidos, percibimos só algúns; só somos conscientes dun número

moi limitado deles.

Páxina 2 de 21

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

A selección máis importante realízase por medio da atención: a nosa

atención céntrase nun conxunto determinado de estímulos e ven

determinada por:

a. condicionamentos externos que proceden da mesma estrutura dos

estímulos.

b. condicionamentos internos como poden ser os intereses, as

necesidades, as expectativas, etc. (condicionamentos da nosa

atención que non dependen dos estímulos).

a. Condicionamentos externos ou estrutura dos estímulos:

i. Intensidade do estímulo: As cores brillantes, os obxectos grandes, os

sons fortes, etc., reclaman a nosa atención.

ii. Contraste entre os estímulos tamén constitúe un factor determinante

para a nosa atención. Se entre un grupo de persoas vestidas con

cores tenues aparece alguén cunha vestimenta de cores brillantes, a

nosa atención se polariza. Nun grupo de xente de estatura normal, un

xigante ou un anano reclamarán a nosa atención.

iii. Tamaño dos estímulos: Os obxectos grandes captan a nosa atención

con máis probabilidade que os obxectos pequenos.

iv. Cambio dos estímulos é outro factor que inflúe na nosa atención.

Entre obxectos quedos, un que se mova será máis atendido. Nunha

habitación percibimos mellor calquera pequeno cambio que se

introduza mentres que nos pasa desapercibida a estrutura habitual.

v. Repetición dos estímulos é tamén un factor determinante, algo que

non se percibiu nunha soa presentación pode acabar por ser atendido

se se presenta en veces sucesivas. A publicidade, por exemplo,

segue en xeral este sistema: diversas mensaxes -auditivos, visuais,

etc.- repítense en distintas ocasións, insírense en xornais, TV, radio,

carteis, ata que chegan á conciencia. Unha repetición demasiado

frecuente, provoca a adaptación e a habituación do suxeito e pode

producir o decaemento da atención.

Con todo, é preciso ter presente que estas sensacións "puras",

independentes de todo elemento interpretativo, non existen na realidade, polo

menos no individuo xa desenvolvido psiquicamente.

Páxina 3 de 21

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

O que existe na realidade, como fenómeno psíquico completo, é a percepción.

1.2. PERCEPCIÓN

Definición: A percepción é o resultado da interpretación das impresións

sensibles por medio dunha serie de estruturas psíquicas que non

proceden xa da estimulación do medio senón que pertencen ao

suxeito.

Este acto global de captación de sensacións e interpretación.

Características:

É un fenómeno activo e non pasivo.

A percepción é selectiva

É o resultado da síntese dos datos que recibo e da achega da miña

conciencia, preparada histórica e culturalmente, para construír a partir de

eses datos o concepto.

Factores: Os datos proporcionados polos sentidos, que constitúen, por así dicir, o

material que ten que ser interpretado. A filosofía e a psicoloxía,

denomínallos "datos sensoriais" ou "sensacións puras".

As disposicións básicas da nosa mente: que son "elementos

configuradores", que fan que percibamos os datos sensibles segundo

determinadas leis ou pautas, e que contribúen a dar ós datos sensoriais

unha primeira organización.

Unhas disposicións adquiridas ou esquemas anticipadores, ligados á

adquisición e uso da linguaxe, que introducen unha nova organización e

sentido nas nosas percepcións.

As resonancias emotivas: que non son propios da natureza nin comúns á

especie humana, senón que teñen que ver coa cultura e coas experiencias

de determinados grupos ou individuos, e que condicionan a percepción dos

obxectos segundo o papel que tiveron ou teñen nas nosa vidas.

Páxina 4 de 21

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

1.2.1. Leis da Percepción: tendencia natural do ser humano a percibir dun

determinado xeito, baixo unhas leis que rexen o modo de percibir.

i. Lei de Proximidade: en igualdade de circunstancias, os estímulos

máis próximos son percibidos como formando figura, isto é, os

estímulos máis próximos tenden a percibirse como formando parte

dun mesmo obxecto. Así, por exemplo, na figura vemos catro grupos

de círculos (catro parellas) no canto de percibir oito círculos.

ii. Lei de Semellanza: de igual modo, os estímulos semellantes

agrúpanse en figuras homoxéneas. No debuxo vemos dous

rectángulos formados por cadrados e outros dous rectángulos

formados por triángulos. Agrupamos as figuras iguais, en lugar de

"velas" horizontalmente; é dicir, cada grupo de obxectos semellantes

(cadrados e triángulos) intégranse nunha figura.

iii. Lei de Continuidade: Baixo iguais condicións, aqueles estímulos que

poden agruparse nunha figura sobresairán do fondo e serán

agrupados xuntos. No debuxo atopámonos cunha serie de pequenos

círculos. De modo espontáneo tendemos a agrupar nunha serie

continua todos aqueles que se poden incluír nunha figura máis simple

(por exemplo, unha liña ondulada). Os que non se poden agrupar ou

se agrupan con máis dificultades quedan marxinados.

Páxina 5 de 21

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

iv. Lei de Clausura: Tendemos a completar ou clausurar as figuras

incompletas, buscando así unha maior estabilidade e simplicidade

perceptiva. Así, no debuxo vemos unha serie de liñas trazadas, que

tendemos a "pechar", buscando figuras xeométricas que teñan

significado.

Todas estas leis e outras moitas que foron propostas, poden resumirse

nun principio que en certo xeito inclúe a todas. O chamado Principio da Boa Forma, segundo o cal “a forma percibida é sempre a mellor posible, é dicir, a

máis regular, simple, simétrica e significativa”.

O poder organizar os estímulos en figuras con sentido é algo básico na

percepción humana, posto que dota ao mundo que nos rodea de significado e

faio, en suma, máis manexable. En principio, percíbese a mellor figura, isto é, a

máis simple.

Agora ben, esta capacidade organizativa da percepción humana ten as

súas quebras. O organizar os estímulos como un todo pode conducirnos a

xulgar mal das propiedades das partes. Case todas as ilusións perceptivas baséanse no feito de que a captación global non nos permite xulgar con rigor

sobre os elementos. Por exemplo, na ilusión de Mueller-Lyer, a percepción

global indúcenos a xulgar que a recta de arriba é máis curta, sendo ambas as

iguais. Este carácter contextual das ilusións pode ilustrarse con numerosos

exemplos entre eles destacamos a ilusión de Zöllner, na que unhas liñas

paralelas percíbense coma se non o fosen.

Páxina 6 de 21

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

Ilusión de Zöllner

Ilusión de Tichener Ilusión de Mueller-Lyer

Páxina 7 de 21

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

ANEXOS

Ilusión de Zöllner

Páxina 8 de 21

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

Ilusión de Tichener

Ilusión de Müller-Lyer

Páxina 9 de 21

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

Ilusión de Ponzo

Páxina 10 de 21

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

Páxina 11 de 21

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

Páxina 12 de 13

Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoBloque III. O ser humano.

Tema 8. O estudo psicolóxico do ser humano

Páxina 13 de 13