prÁctica 5 o dobre check azul na aplicación whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía...

12
1 PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp CRISTINA AMOSA TATO NOELIA GÓMEZ CALVO DAVID GÓMEZ CASTRO

Upload: others

Post on 01-Mar-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

1

PRÁCTICA 5

O dobre check azul na aplicación Whatsapp

CRISTINA AMOSA TATO

NOELIA GÓMEZ CALVO DAVID GÓMEZ CASTRO

Page 2: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

2

Índice de contidos

1. Que é unha app de mensaxería instantánea? Dentro destas apps, que é Whatsapp?

2. A privacidade en Whatsapp

3. Como e por que xorde a idea do dobre check azul en Whatsapp

4. Como afecta ás relacións persoais? Pode destruír relacións e amizades o dobre check azul?

5. É legal o dobre check azul?

6. É necesario tanto control sobre a xente?

7. Ventaxas e inconvintes en xeral do dobre check azul

8. Por que a app tivo que rectificar? A presión na Internet influíu?

9. Dependencia dos usuarios a ela. É aditiva?

10. Como actuaron o resto de aplicacións ante o dobre check azul?

11. Que pasaba cando non había móbil?

Page 3: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

3

1. Explicar as apps de mensaxería instantánea.

Son aplicacións de teléfono móvil, e algunhas tamén

disponibles en tablets ou ordenadores, que permiten

enviar e recibir mensaxes de forma gratuíta, ao contrario

que o que pasa coas mensaxes de móvil convencionais

(SMS).

Actualmente existen múltiples aplicacións que permiten

comunicarnos por mensaxe ou tamén por notas de voz ou chamadas gratuítas. Ímonos centrar na

máis usada, Whatsapp Messenger.

1.1 Que é Whatsapp?

WhatsApp Messenger é unha das aplicacións de mensaxería multiplataforma que permite enviar e

recibir mensaxes de forma gratuíta. Hoxe en día, é o servizo de mensaxería máis usado no mundo e

conta con máis de 350 millóns de usuarios activos cada mes, así como un total de 600 millóns de

persoas que a teñen descargada, usándoa habitualmente ou non.

O fenómeno Whatsapp, provocou que moitas empresas aproveitáranse do ‘boom’ da aplicación:

WhatsApp Wallpaper (para poñer fondos aos chats de conversa), WhatsApp Spy, , Emoticonos

WhatsApp ou Emoticonos para WhatsApp (unha serie de iconos que mostran de forma gráfica

unha emoción, en vez de ser expresada con palabras) ou WhatStat para WhatsApp (xa fóra de

servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de

mensaxes ou momento do día no que o usuario se atopa máis activo na app). Algunhas destas

experiencias acabaron en detención, como Whatsapp Spy, que permitía espiar conversacións alleas.

Page 4: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

4

Sen dúbida un dos acertos, ademais do bo funcionamento da ferramenta, foi non decantarse

unicamente por xente moza. Pola contra, Whatsapp non ofrece chamadas gratis como por exemplo

o fai Line. Mais non parece que isto sexa un inconvinte para os usuarios. Xa que o público obxetivo

de Whatsapp supera en grande cantidade ao de Line. Ademais, debemos pagar a renovación anual

da aplicación.

2. Como é a privacidade en Whatsapp?

A aplicación de mensaxería incorpora dende fai tempo opcións para protexer a privacidade. Estas

ventaxas cambian segundo o sistema operativo e a versión, mais son moi similares e serven para os

mesmos obxetivos.

A primeira delas sería a ocultación da última hora de conexión. Ademais, os usuarios tampouco

poden ver cando se conectaron por última vez os demais contactos. Seguindo nesta liña, tamén

existe a posibilidade de bloquear os usuarios e de desactivar o autogardado de fotos.

Outra ventaxa é a opción de non pór foto de perfil ou deixala oculta para todo o mundo. Por outra

banda, rematáronse as notificacións indiscretas,. Por mor disto, o ano pasado rompéronse máis de

28 millóns de parellas.

A pesar desto, a privacidade encóntrase actualmente en entredito pola instalación do ‘doble check

azul’ na aplicación, concepto que será explicado actualmente

3. Como funciona e xorde a idea do dobre check azul?

O doble check azul para as mensaxes leídas é unha

característica moi demandada e esperada por moitos, por

iso Whatsapp respondeu ás peticións dos seus usuarios.

Lamentablemente para a empresa controlada por

Facebook, conta cun gran número de usuarios en contra.

Page 5: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

5

Esta ferramenta permite saber se a mensaxe que enviamos foi leída ou non polo noso contacto.

Polo que agora redúcese a privacidade e os nosos usuarios non poderán dicir que non leron a

mensaxe cando a estamos vendo marcada na cor azul.

O check gris informa de que a mensaxe foi entregada e o azul, enviada.

Segundo a propia aplicación “ambos ticks son importantes porque indican o estado de envío e

recepción dunha mensaxe”.

4. Como afecta ás relacións persoais? Pode destruír relacións e amizades o dobre check

azul?

As redes sociais son unha ferramenta útil para as relacións sociais mais tamén poden constituír un

problema para estas. Na actualidade non é estraño ver a dúas persoas tomando o café, a unha

enfronte da outra, conectados ao móbil chateando. Non moitos poderían asegurar fai uns anos

que unha conversación vía móbil, na que non se pode ver o rostro nin as expresións da persoa coa

que falas, podería substituír en gran medida as conversas cara a cara. Evidentemente, a aparación

do dobre check azul nesta aplicación afecta máis se cabe ás relacións persoais: os usuarios

vólvense máis dependentes e controladores, podendo crear comportamentos obsesivos, celos,

envexas e ata paranoias. Ademais desta barreira comunicativa que se establece nas relacións da

vida real, grazas ao que debería ser unha ferramenta para complementar ou favorecer

precisamente a comunicación, whatsapp crea o dobre check azul. Se cas redes sociais e os servizos

de mensaxería instantánea xa nos volveramos máis dependentes e controladores, isto vai aínda

máis alá. O dobre check azul pode xerar comportamentos obsesivos, celos, envexas e ata paranoias.

Os que din que multitudes de parellas romperán ou discutirán por culpa de Whatsapp ou mediante

esta vía non se atopan demasiado desencaminados. Un total de 28 millóns de parellas rompen ao

ano por culpa desta app de mensaxería.

5. É legal o dobre check azul?

O dobre check azul é legal coa lei na man. As protestas veñen encaminadas a que a privacidade

persoal queda bastante desprotexida, no sentido de que outra persoa pode controlar case con

Page 6: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

6

detalle o que fas en cada momento. Aínda que non se deu previo aviso a este cambio, o artigo 4.2

da Ley Orgánica de Protección de Datos, de 1999 di: "Los datos de carácter personal objeto de

tratamiento no podrán usarse para finalidades incompatibles con aquellas para las que los datos

hubieran sido recogidos. No se considerará incompatible el tratamiento posterior de éstos con

fines históricos, estadísticos o científicos". Ao non ser un dato concreto, só saber se a persoa abriu

a app ou non, non se incorre en ningún delito.

6. É necesario tanto control sobre a xente?

Como xa dixemos, esta nova opción de Whatsapp pode levar a comportamentos obsesivos. Na

nosa opinión, non cremos que isto sexa favorable para as relacións interpersoais. Esta nova era

mantenos sometidos a unha presión constante. Cada vez estamos máis suxeitos a horarios e

obrigacións. Persoalmente, non cremos necesario e moito menos convinte este exceso de control

sobre as persoas. Cada persoa debe preservar a súa liberdade e o dereito a comunicarse e

relacionarse cando lle prazca. Se nun momento determinado a un individuo non lle apetece

contestar, está no seu pleno dereito. O problema é que pode dar lugar a reproches e paranoias, co

cal a persoa séntese obrigada a contestar. Cada un debe tomarse o tempo que precise para

responder e establecer os seus límites sen ceder á presión. Cada un segue sendo dono de si

mesmo e decide ata que punto permite que exerzan control nel.

7. En resumo, cales son as vantaxes e inconvintes?

A principal vantaxe do dobre check azul é que a persoa remitente sabe que o destinatario recibiu e

leu a mensaxe. No caso dos nenos, pódese considerar moi útil para que os pais os teñan máis

controlados. Sen embargo, nin neste caso sería favorable un control excesivo. As desvantaxes xa se

foron citando e, en resume, serían as seguintes: os comportamentos obsesivos aos que pode

inducir e a perda de privacidade,

8. Por que a app tivo que rectificar? A presión na Internet influíu?

A app rectificou, pero o dobre check azul non vai desaparecer de todo. Quen fará que desapareza

Page 7: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

7

ou non será o propio usuario. Tras diferentes argucias que buscaban os usuarios para poder seguir

respondendo ás mensaxes cando eles quixesen, WhatsApp decidiu buscar unha solución oficial e

moito máis doada.

Evidentemente, a presión de moitos dos usuarios en redes sociais e buscando outras alternativas

noutras apps parecidas, ou buscando algunha forma, por moi difícil que fose, para poder seguir

desfrutando de privacidade e que non aparecese o temido dobre check de cor azul.

9. Dependencia dos usuarios á aplicación. É aditiva a app?

Whatsapp é un servizo de mensaxería instantáneo moi estendido a nivel mundial. É moi probable

que na actualidade esteamos facendo un uso abusivo desta aplicación esquecendo o seu obxectivo

principal. Como xa dixemos, trátase dunha app que nace para facilitar a comunicación mais,

estando constantemente conectados a ela, descoidamos as persoas que temos enfronte a tempo

real. Catedráticos en psicoloxía afirman que Whatsapp pode resultar realmente aditivo. O seu uso

irracional pode converter a app nunha ferramenta de control de persoas como a parella ou os

amigos. Outros signos de adicción serían, por exemplo, non ser capaz de falar con outras persoas

sen deixar de consultar o móbil, responder sempre de forma inmediata. Tamén fomenta o

desinterese pola vida real. Os expertos recomendan un período de abstinencia para superar a

dependencia.

O seu uso irracional pode supoñer un control desmesurado sobre outras persoas da familia, na

parella ou nos amigos. O dobre check azul só fai que este control aumente. Ademáis, podería

incrementar outra das causas que nos poderían facer pensar que somos adictos: ter que contestar

ás mensaxes de forma instantánea. Por outra parte, reduce o interese pola vida real, polas

conversas cara a cara, como xa se comentou antes.

10. Como actuaron o resto de aplicacións de chats ante o doble check azul? Tamén o teñen?

Sempre que a app Whatsapp sofre algún tipo de caída, ou incorpora nalgunha das súas

actualizacións elementos que non gustan á maioría dos usuarios, o resto de aplicacións de

mensaxería (Line, Telegram, Viber…) intentan sacar proveito e ampliar o seu número de usuarios.

Page 8: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

8

O problema que teñen é fidelizar a eses posibles usuarios. Para elo, aplicacións como Line están

realizando intensivas campañas de publicidade para ampliar a súa cuota de mercado, con anuncios

como estes:

(Anuncio Line 1)

(Anuncio Line 2)

A aplicación Telegram usa o mesmo sistema que Whatsapp. O dobre check azul marca que a

mensaxe foi leído.

A aplicación Line marca a palabra “leído” cando a mensaxe foi leído. Nos grupos marca o número

de persoas que leron a mensaxe, pero non cales.

A aplicación Facebook Messenger marca tamén a mensaxe como leído, así como a hora á que esta

mensaxe foi leída.

11. Que pasaba cando non había móbil?

A pesar de que só hai que volver catro anos atrás, é difícil imaxinar a vida sen este servizo de

mensaxería. Para relación persoais, quedar a unha hora concreta, organizar reunión de amigos e

sobre todo, para clases e traballo. O grao de Xornalismo non se entendería actualmente sen os

grupos de Whatsapp, un para cada un dos múltiples traballos que hai que facera o longo dos meses.

Cando non existía o móbil e o whatsapp, a xente podía comunicarse gratuitamente por Messenger,

por email ou polo teléfono fixo, así como por SMS, de pago. As conversas estaban moito máis

limitadas e non eran tan instantáneas. Tampouco se ofrecían as múltiples posibilidades que existen

agora, como a de enviar fotos, vídeos, arquivos…

Page 9: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

9

BIBLIOGRAFÍA

A

B

C

D

E

EFE “Los peligros de volverse adicto a Whatsapp y cómo ponerle freno” 20minutos

<http://www.20minutos.es/noticia/1655998/0/whatsapp/riesgos/adicto/> [Consultado 05-12-

2014]

F

G

H

I

J

Juez, Iñaki “28 millones de parejas rompen por culpa del Whatsapp” Elcorreo.es

<http://www.elcorreo.com/vizcaya/20131008/mas-actualidad/sociedad/millones-parejas-rompen-

culpa-201310080935.html> [consultado 4-12-2014]

K

L

Page 10: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

10

M

Mateos, Manuel: “Whatsapp Spy, estafa que ha acabado en detención” Genbeta.com

<http://www.genbeta.com/mensajeria-instantanea/whatsapp-spy-estafa-que-ha-acabado-en-

detencion> [Consultado 16-12-2014]

N

Ñ

O

P

Q

R

Rebato, Carlos: “El doble check azul de Whatsapp vulnera tu privacidad; aquí te decimos cómo

evitarlo” mediatelecom.com.mx

<http://www.mediatelecom.com.mx/index.php/tecnologia/apps/item/76529-el-doble-check-azul-

de-whatsapp-vulnera-tu-privacidad-aquí-te-decimos-cómo-evitarlo> [consultado 16-12-2014]

Redacción Cadenaser: “ Cinco consejos que mejorarán tu privacidad en WhatsApp”

<http://cadenaser.com/ser/2014/11/27/ciencia/1417089768_108617.html> [Consultado 05-12-

2014].

Redacción El País: “ WhatsApp introduce el 'check' azul que confirma la lectura del

mensaje”<http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2014/11/06/actualidad/1415263679_949466.ht

ml> [Consultado 05-12-2014].

Redacción El País: “Whatsapp cede ante las quejas y permite quitar el doble check azul” <

Page 11: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

11

http://elpais.com/elpais/2014/11/14/ciencia/1415971123_384037.html> [Consultado 07-12-2014]

Redacción Spainmovil: “ Las mejores apps de mensajería instantánea”

<http://www.spainmovil.es/android/apps/mejores-apps-mensajeria-instantanea-

android_t105.html>[Consultado 05-12-2014]

ROBLES, Francisco: “DOBLE CHECK. Cómo afecta el Whatsapp a las relaciones de pareja” Un

psicólogo en la red <http://unpsicologoenlared.blogspot.com.es/2012/12/doble-check-como-

afecta-el-whatsapp-las.html> [Consultado 05-12-2014]

S

SÁNCHEZ, J.M.: “Whatsapp: ventajas e inconvenientes del nuevo “doble check” azul” ABC.es

<http://www.abc.es/tecnologia/moviles-aplicaciones/20141106/abci-whatsapp-doble-check-azul-

tick-ventajas-inconvenientes-aplicacion-app-smartphones-201411060919.html> [Consultado 05-

12-2014]

T

Redacción Tecnoxplora: “Whatsapp rectifica y te permitirá desactivar el doble check azul” <

http://www.tecnoxplora.com/apps/whatsapp-rectifica-permitira-desactivar-doble-check-

azul_2014110900168.html> [Consultado 07-12-2014]

U

V

W

X

Page 12: PRÁCTICA 5 O dobre check azul na aplicación Whatsapp · 2014. 12. 18. · servizo, permitía analizar as estadísticas persoais do usuario de Whatsapp (como número de mensaxes

12

Z