Ámbito de comunicaciÓn programaciÓn en canto á competencia para aprender a aprender, ... serán...

24
Educación Secundaria Obrigatoria para persoas adultas ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN IES VAL DO TEA CURSO 2015/2016 1

Upload: dongoc

Post on 19-Sep-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

Educación Secundaria Obrigatoria para persoas adultasÁMBITO DE COMUNICACIÓN

PROGRAMACIÓN

IES VAL DO TEACURSO 2015/2016

1

Page 2: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

ÍNDICE

1. Introdución e contextualización ......................................... 3

2. Contribución do ámbito

ao logro das competencias básicas ....................................... 3

3. Obxectivos xerais ............................................................... 4

4. Metodoloxía e materiais curriculares ................................. 5

5. Contidos e temporalización ................................................ 6

6. Criterios de avaliación ...................................................... 15

7. Procedementos e instrumentos de avaliación ................. 20

8. Contidos mínimos ............................................................ 20

9. Atención á diversidade e actividades de reforzo .............. 23

10. Actividades complementarias e extraescolares ............. 23

11. Publicidade ..................................................................... 23

2

Page 3: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

A inclusión das materias de Lingua galega, Lingua castelá e primeira Lingua estranxeira nun só ámbito de estudo constitúe unha proposta integradora que debe posibilitar o desenvolvemento integral do alumnado en todo o relacionado coas destrezas básicas (ler, comprender, falar e escribir) de cada idioma. Porén, cómpre termos en conta que os obxectivos no caso das dúas linguas oficiais na nosa comunidade han ser forzosamente máis ambiciosos que no que se refire á lingua estranxeira, tentando acadar unha competencia plena en galego e castelán e un nivel comunicativo básico para situacións e contextos cotiáns no referente á lingua estranxeira.

Así se contempla na Orde do 24 de xuño pola que se regula a educación básica para as persoas adultas (DOG do 23 de xullo), cando se afirma que os obxectivos do ámbito de comunicación só se poden acadar desde a perspectiva dese enfoque integrador das linguas. Existe unha serie de aprendizaxes que son transferibles entre as materias que conforman o ámbito, como son os aspectos relacionados coa competencia pragmática, a competencia textual, a construción de conceptos sobre o funcionamento das linguas ou o desenvolvemento de actitudes positivas de tipo lingüístico. Convén recalcar, de calquera xeito, que partir dunha organización integradora e converxente das materias neste ámbito de comunicación non significa esquecer a existencia de aspectos específicos de cada unha das materias integradas no ámbito, sen perder nunca de vista o obxectivo de conseguir unha mesma competencia lingüística do alumnado na lingua galega e na lingua castelá.

É máis, esta integración das materias lingüísticas no ámbito faise necesaria especialmente no caso da aprendizaxe de persoas adultas se temos en conta que os coñecementos iniciais na primeira lingua funcionan como preconceptos na aprendizaxe das segundas, e que as operacións cognoscitivas que facilitan o descubrimento e o desenvolvemento lingüístico son comúns en todas elas, polo que se poden e se deben desenvolver ao mesmo tempo nos diferentes momentos do ensino para obter un efecto de reforzo.

No que se refire ás características concretas do noso alumnado, cómpre considerar certas peculiaridades que van configurar a situación de partida canto á aprendizaxe das linguas. O feito de convivir distintas xeracións traerá consigo un diferente grao de dificultade no proceso de abstracción de conceptos, recentes para algúns e afastados para outros. Asemade, a diversidade de hábitos lingüísticos iniciais (galego nuns casos e castelán noutros) configurará tamén a perspectiva na adquisición de coñecementos.

Neste senso, é preciso salientar que o noso instituto se sitúa como a referencia no ensino de adultos dunha ampla zona (a bisbarra do Condado e da Paradanta) e que a procedencia, rural (maioritaria) ou urbana, do alumnado constitúe o factor fundamental da súa escolla idiomática. Con todo, a repartición no emprego habitual do galego ou do castelán entre os nosos alumnos vén sendo dun 50% para cada idioma. Así mesmo, pódense constatar grandes diferencias no referido ao coñecemento da lingua estranxeira, onde a idade xoga un papel fundamental.

En resumo, a distribución xeográfica e mais a idade definen a diversidade académica dos nosos alumnos.

2. CONTRIBUCIÓN DO ÁMBITO AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Resulta obvio que, se o ámbito de comunicación se orienta á adquisición de destrezas que permitan o uso pleno das linguas nun amplo abano de contextos, constitúe tamén o ámbito privilexiado para o progreso da competencia en comunicación lingüística no sentido máis amplo da expresión.

Ademais, a través do traballo con diferentes tipos de textos e situacións de comunicación,

3

Page 4: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

a aproximación crítica á realidade, e o coñecemento e exercicio dos valores democráticos e dos dereitos das persoas, a materia contribúe a acadar a competencia social e cidadá.

A competencia no tratamento da información e dixital acádase mediante a utilización da lingua para acceder, seleccionar, analizar, organizar e sintetizar datos en distintos soportes. Ao mesmo tempo, o emprego dunha ampla gama de ferramentas informáticas (dicionarios, correctores, xornais dixitais, etc.) posibilitará a mellora das habilidades neste eido.

A valoración e, mesmo, a creación de distintas manifestacións culturais e artísticas, incluído o goce da lectura contribúe decididamente á consecución da competencia cultural e artística.

En canto á competencia para aprender a aprender, desenvólvese ao contribuír a linguaxe á estruturación do pensamento e ao control da aprendizaxe, á interpretación das informacións lingüísticas, á exposición e conclusións sobre tarefas, etc.

A autonomía e iniciativa persoal promóvense desde o ámbito de comunicación co contacto activo e continuo con distintos espazos de comunicación: a intervención en situacións reais ou simuladas; os obradoiros de escrita; a lectura de obras literarias que estimulen a imaxinación e fomenten a creatividade; o uso progresivamente autónomo dos medios de comunicación social, das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e da biblioteca, para aprender a manter unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas; a localización e selección de información; a orientación lectora; o fomento da autoestima lingüística, etc. Pero, ademais, o propio traballo da linguaxe é clave na análise de problemas, na elaboración de plans e na toma de decisións.

3. OBXECTIVOS XERAIS

Baseándonos no disposto na Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia, o ensino do ámbito de comunicación debe incidir na consecución dos obxectivos que se relacionan:

1. Coñecer, respectar e valorar a realidade plurilingüe e cultural de España, de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representan as linguas do Estado e as súas variedades lingüísticas e entender as situacións que provocan o contacto de linguas.

2. Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega, afirmándoa como propia de Galicia, así como as que condicionan o seu uso actualmente, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen obstáculos para o seu emprego en calquera contexto e situación.

3. Comprender discursos orais e escritos nas linguas galega e castelá nos diversos contextos da actividade sociocultural, persoal e académica; interpretalos cunha actitude crítica, aplicando a súa comprensión a novas situacións de aprendizaxe. Na lingua estranxeira, os textos estarán referidos a asuntos da vida cotiá, serán de estrutura sinxela e clara, e nunha variedade de lingua estándar e os textos orais serán articulados a unha velocidade lenta e con claridade.

4. Desenvolver, nas linguas galega e castelá, a capacidade de construír un discurso oral e escrito, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, de acordo coas diferentes situacións comunicativas, integrando os recursos expresivos lingüísticos e non lingüísticos. Na lingua estranxeira, os textos serán breves, referidos a asuntos da vida cotiá e, no caso da lingua oral, comunicaranse de forma comprensible, aínda que resulten evidentes o acento estranxeiro, as pausas, e sexa necesaria a repetición, a paráfrase e a cooperación dos interlocutores para manter a comunicación.

5. Adquirir conceptos lingüísticos xerais, reflexionar sobre os elementos formais e mecanismos das linguas nos planos fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual.

4

Page 5: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

6. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre as linguas e as normas do uso lingüístico para comprender textos orais e escritos, para escribir e falar con adecuación, coherencia, cohesión e corrección, tanto en galego como en castelán, e para tomar consciencia dos propios sentimentos e ideas e favorecer o control da propia conduta.

7. Adquirir as habilidades, actitudes e coñecementos necesarios que favorezan utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de comunicación social e as TIC para obter, valorar, seleccionar, almacenar, producir, presentar e intercambiar información relacionada coa vida cotiá, académica e laboral.

8. Coñecer e empregar as normas que rexen o intercambio social das linguas e daquelas normas socioculturais que regulan a comunicación nos diferentes contextos, evitando estereotipos lingüísticos que supoñan xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.

9. Desenvolver os coñecementos, hábitos, habilidades e actitudes que fan posible a lectura de textos literarios, en galego e en castelán, como fonte de pracer, de enriquecemento, de coñecemento do mundo e do patrimonio cultural.

10. Adquirir as habilidades, as actitudes e os coñecementos necesarios para unha interpretación crítica das mensaxes dos medios de comunicación de masas e da publicidade, especialmente das que teñen relación coa vida cotiá e laboral.

4. METODOLOXÍA E MATERIAIS CURRICULARES

Partindo dunha concepción predominantemente práctica da competencia comunicativa, os principios metodolóxicos xerais que se terán en conta son os que seguen:

- Secuenciación dos contidos que van do máis concreto ao máis xeral, do máis próximo ao máis afastado, das características e problemas do propio contorno aos de ámbito mundial, do propio contexto a outros contextos.

- Priorización dos aspectos máis básicos e instrumentais: ler, escribir, escoitar, falar, e contribuír progresivamente a desenvolver as capacidades intelectuais (observar, analizar, relacionar, sintetizar, clasificar, definir).

- Manexo da prensa e doutros medios de comunicación.

- Consideración dos principios da aprendizaxe significativa, a aprendizaxe por descuberta, o ritmo persoal do alumno, a metodoloxía activa...

- Procura da capacidade do alumnado para que sexa capaz de aprender a aprender e de aumentar o grao de autonomía persoal.

- Explicacións do profesor orientadas a establecer un marco xeral e uns principios básicos que os alumnos deben coñecer para traballar no tema de que se trate. Asemade, o docente guiará o traballo do alumnado no relativo ao manexo de información, deseño e resolución de problemas.

- Deseño de actividades individuais e en grupo, facilitando que cada alumno asuma unhas funcións que lle permitan acadar éxito ante os seus compañeiros.

- Información aos alumnos da tarefa a realizar, o “por que” e o “para que”, podendo incorporar suxestións á hora de afrontala, partindo das súas ideas previas para saber en que aspectos hai que incidir e detectar en que van a atopar maiores dificultades.

- Aplicación de dinámicas de traballo con grupos: mesas redondas, entrevistas colectivas, enquisas, chuvia de ideas, técnicas do bisbeo, role-playing e jigsaw ou técnica de crebacabezas.

- Pragmatismo no enfoque do ensino de lingua estranxeira, fomentando o aspecto conversacional.

4.1. MATERIAIS CURRICULARES

5

Page 6: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

Tendo en conta que non se empregará libro de texto, os materiais didácticos de referencia serán os dispoñibles na páxina web da Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.es/web/ea

Con todo, estes veranse complementados con outros recursos, que a continuación se relacionan:

Material fotocopiable diverso (textos, gráficos, información gramatical, exercicios, etc.)

Material bibliográfico:

Libros de lectura, fragmentos literarios, manuais, enciclopedias, dicionarios, anuarios, xornais e revistas. Neste senso, a utilización da biblioteca do instituto como centro de recursos é fundamental.

Material audiovisual:

Presentacións, vídeos, gravacións sonoras de índole diversa (cancións, diálogos, etc.)

Ferramentas informáticas e dixitais (“on line” e “off line”)

5. CONTIDOS E TEMPORALIZACIÓN

Nivel I. Módulo 1 (primeiro cuadrimestre)

1. Comunicación oral

- Comprensión de textos orais dos medios de comunicación, de situacións da vida cotiá e do ámbito académico.

- Produción de textos orais curtos cunha pronuncia e articulación axeitadas.

- Valoración das linguas como instrumentos para comunicarse e achegarse a outras culturas.

- Esforzo e interese no uso da lingua oral.

- Exposición planificada, coa axuda das TIC, de informacións e experiencias.

- Na lingua estranxeira, comprensión e produción de mensaxes orais sinxelas e curtas (saúdo, despedida, presentación, felicitacións de aniversario...)

2. Comunicación escrita

- Identificación e discriminación de ideas principais e secundarias como medio para a procura de informacións específicas.

- Lectura comprensiva e expresiva, adaptando a entoación, o ritmo, a énfase, etc.

- Comprensión, composición e intercambio de textos da vida cotiá (instrucións, normas...), do ámbito académico (expositivos e explicativos) e dos medios de comunicación (identificando seccións e xéneros), empregando as TIC.

- Uso de estratexias para a planificación da escritura, tanto en papel coma en soporte dixital, coidando a presentación e respectando as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas.

- Redacción de textos utilizando procesadores de texto.

- Comunicación persoal mediante correspondencia postal ou utilizando medios informáticos.

6

Page 7: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

- Reflexión crítica con respecto á información dispoñible ante mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación.

- Na lingua estranxeira, comprensión xeral e identificación de informacións específicas en textos sinxelos, relacionados coas áreas temáticas.

- Na lingua estranxeira, identificación da grafía, pronuncia, fonema e significado, a partir de modelos escritos, imaxes, etc.

- Na lingua estranxeira, desenvolvemento da expresión escrita de xeito guiado co fin de compoñer textos curtos e sinxelos.

3. Coñecemento da lingua

- Elementos e funcións da comunicación.

- Coñecemento e uso da puntuación e das normas básicas da ortografía.

- Diferenzas entre comunicación oral e escrita, e entre usos coloquiais e formais.

- Recoñecemento das distintas categorías gramaticais e dos mecanismos de formación de palabras (composición e derivación).

- Identificación e uso das formas lingüísticas da deíxe persoal (pronomes posesivos, persoais e terminacións verbais).

- Utilización de estratexias para inducir as regras de concordancia e as funcións sintácticas de suxeito e predicado.

- Recoñecemento e uso dalgúns conectores textuais e dalgúns mecanismos de referencia interna, tanto gramaticais como léxicos.

- Emprego de estratexias de autocorrección.

- Ampliación do vocabulario activo.

- Na lingua estranxeira, reflexión guiada sobre o uso e o significado de formas gramaticais axeitadas á intención comunicativa: o tempo presente dos verbos.

- Na lingua estranxeira, identificación e uso de expresións comúns, frases feitas sinxelas e léxico relativo a contextos concretos e cotiáns.

4. Lingua e sociedade

- Coñecemento xeral da diversidade lingüística no mundo e en España, valorando positivamente o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural.

- Observación e coñecemento da situación sociolingüística no contorno máis próximo, manexando conceptos clave como o de bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico, interferencias e prexuízos lingüísticos.

- Valoración das linguas como instrumento de comunicación.

- Coñecemento da nosa lexislación esencial en materia lingüística.

- Toponimia e antroponimia.

- Os rexistros lingüísticos. Coñecemento e uso.

- Na lingua estranxeira, uso básico de fórmulas de cortesía axeitadas nos intercambios sociais.

- Na lingua estranxeira, coñecemento dalgúns dos trazos máis importantes dos países onde esta se fala.

7

Page 8: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

- Na lingua estranxeira, interese e iniciativa na comunicación con falantes ou aprendices desta.

5. Educación literaria

- Lectura (fóra da aula) de, como mínimo, un libro en lingua galega e outro en lingua castelá, propostos polo profesor e pertencentes a calquera dos xéneros do corpus literario de ambos os idiomas.

- Coñecemento e identificación dos grandes xéneros literarios a través de lecturas axeitadas.

- Lectura de relatos breves e fragmentos de obras, pertencentes a culturas diferentes.

- Identificación en textos literarios de estereotipos sociais, de xénero, raza, etc.

- Desenvolvemento da autonomía lectora, apreciando a literatura como fonte de pracer e coñecemento.

- Composición de textos a partir dos coñecementos adquiridos nas lecturas dirixidas.

- Audición e observación de obras e fragmentos literarios en soportes audiovisuais.

- Aproveitamento guiado dos fondos da biblioteca do centro e de bibliotecas virtuais.

Nivel I. Módulo 2 (segundo cuadrimestre)

1. Comunicación oral

- Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas, amosando unha actitude respectuosa e responsable.

- Audición e narración de contos populares de diversas culturas.

- Audición de cancións populares actuais e doutros produtos da cultura da sociedade de masas.

- Exposición planificada clara e ordenada sobre temas de actualidade ou experiencias persoais, axudándose das TIC.

- Esforzo e interese no uso da lingua oral.

- Actitude crítica ante usos orais que supoñan calquera tipo de discriminación.

- Na lingua estranxeira, uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais, identificando, por exemplo, palabras clave.

- Na lingua estranxeira, produción de mensaxes orais breves e coherentes, cunha pronuncia que non dificulte a comunicación, a través da participación en situacións reais ou simuladas.

2. Comunicación escrita

- Identificación e discriminación de ideas principais e secundarias como medio para a procura de informacións específicas.

- Comprensión de textos narrativos, descritivos e argumentativos, propios da vida cotiá, dos medios de comunicación e do ámbito académico.

- Composición de textos narrativos, descritivos e argumentativos da vida cotiá (diarios, blogs, informes sobre tarefas e aprendizaxes...), presentados en distintos soportes.

8

Page 9: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

- Mantemento de comunicación persoal mediante correspondencia postal ou utilizando medios informáticos.

- Uso de estratexias para a planificación da escritura (organización de ideas, elaboración dun borrador, etc.), tanto en papel coma en soporte dixital, coidando a presentación e respectando as normas gramaticais, ortográficas e tipográficas.

- Utilización de procedementos para compoñer enunciados de xeito cohesionado, inserindo expresións explicativas e construcións de participio e xerundio.

- Na lingua estranxeira, comprensión xeral e identificación de informacións específicas en textos relacionados coas áreas temáticas.

- Na lingua estranxeira, recoñecemento e iniciación no uso dalgunhas fórmulas que diferencian a linguaxe formal e informal.

- Na lingua estranxeira, iniciativa para ler de xeito autónomo textos de certa extensión.

3. Coñecemento da lingua

- Recoñecemento e uso reflexivo dalgúns conectores textuais e dalgúns mecanismos de referencia interna.

- Identificación dos elementos morfolóxicos básicos destas clases de palabras: substantivo, verbo, adxectivo, adverbio e preposición.

- Identificación e uso das formas de deíxe persoal, temporal e espacial en textos orais e escritos.

- Emprego axeitado dos tempos verbais en cada unha das linguas do ámbito.

- Revisión das normas básicas da ortografía da palabra, da oración e do texto.

- Recoñecemento de funcións sintácticas básicas (suxeito e complementos), utilizando unha terminoloxía axeitada.

- Recoñecemento dos distintos tipos de oracións simples.

- Ampliación do vocabulario activo.

- Na lingua estranxeira, identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: substantivo, adxectivo, verbo, adverbio, etc.

- Na lingua estranxeira, ampliación de expresións comúns, de frases feitas e de léxico apropiado a contextos concretos, cotiáns e das áreas temáticas.

- Na lingua estranxeira, recoñecemento e pronuncia de fonemas de especial dificultade.

4. Lingua e sociedade

- Recoñecemento e aprecio das tecnoloxías que están ao servizo da comunicación así como da función social e cultural que cumpren.

- Utilización de fontes de información escrita e dixital, incluíndo a prensa e a televisión como fonte tamén de lecer e coñecemento cultural.

- Recoñecemento dos distintos xéneros informativos e de opinión na prensa escrita, en soporte papel ou dixital, e nos medios audiovisuais: noticia, reportaxe, crónica, editorial, artigo, entrevista etc.

- Na lingua estranxeira, ampliación de fórmulas de cortesía axeitadas nos intercambios sociais.

- Na lingua estranxeira, coñecemento básico de acontecementos culturais, históricos, etc.,

9

Page 10: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

dos lugares onde se fala este idioma.

5. Educación literaria

- Lectura (fóra da aula) de, como mínimo, un libro en lingua galega e outro en lingua castelá, propostos polo profesor e pertencentes a calquera dos xéneros do corpus literario de ambos os idiomas.

- Lectura e ou narración oral de relatos, identificando os elementos fundamentais que lle son propios (personaxes, acción, espazo...) e mais a súa estrutura (inicio, desenvolvemento, desenlace)

- Revisión e diferenciación dos principais xéneros e subxéneros literarios.

- Lectura, audición e/ou visionamento de obras e fragmentos significativos da literatura narrativa galega e castelá.

- Lectura dramatizada e comentada de poemas e obras teatrais breves, recoñecendo os recursos empregados nelas (onomatopea, anáfora, metáfora, entre outras).

- Composición de textos de intención literaria, utilizando algunhas das aprendizaxes adquiridas nas lecturas.

- Audición, contextualización e análise de produtos da cultura popular actual (como cancións) en todas as linguas do ámbito.

- Comprensión das relacións entre cinema e literatura.

Nivel II. Módulo 3 (primeiro cuadrimestre)

1. Comunicación oral

- Comprensión de textos propios dos medios de comunicación audiovisual con especial atención ás entrevistas, noticias, crónicas e reportaxes.

- Comprensión e valoración crítica das características da comunicación radiofónica e televisiva.

- Comprensión de textos orais do ámbito académico, como presentación de tarefas, instrucións ou exposicións orais de temáticas variadas.

- Exposición planificada, clara e ordenada sobre temas de actualidade, axudándose das TIC e do emprego consciente de elementos paraverbais e non verbais.

- Colaboración en actividades de aprendizaxe e tarefas individuais ou compartidas, coa utilización das TIC.

- Na lingua estranxeira, escoita, identificación e comprensión de información xeral e específica de mensaxes sinxelas (como instrucións), pronunciadas con lentitude e claridade.

- Na lingua estranxeira, comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua.

- Na lingua estranxeira, participación en conversas e simulacións sobre temas cotiáns e de interese persoal con diversos fins comunicativos.

2. Comunicación escrita

- Recoñecemento e comprensión de textos dos medios de comunicación en soporte papel ou dixital, como noticias, entrevistas, editoriais e crónicas, recoñecendo as diferenzas entre

10

Page 11: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

información e opinión.

- Comprensión de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos próximos á experiencia do alumnado, como mensaxes de chat e de correo electrónico, normas e instrucións de uso.

- Comprensión de textos do ámbito académico, atendendo especialmente aos de carácter instrutivo e expositivo.

- Estratexias para a análise de textos publicitarios dos medios de comunicación escritos.

- Composición de textos coas características formais usadas nos xéneros propios dos medios de comunicación.

- Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, utilizando adecuadamente a ortografía e os signos de puntuación, axudándose ou non das TIC (procesadores de texto, correctores ortográficos...)

- Análise dos diversos puntos de vista usados nos distintos medios de comunicación escritos.

- Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación.

- Estratexias para a utilización autónoma da biblioteca e das TIC.

- Identificación dos elementos formais e recoñecemento dalgunhas características e convencións da linguaxe dos medios de comunicación.

- Na lingua estranxeira, comprensión da información xeral de textos auténticos sobre temas cotiáns.

- Na lingua estranxeira, produción guiada de textos sinxelos planificados, estruturados e minimamente cohesionados.

- Na lingua estranxeira, comunicación persoal con falantes dese idioma, mediante correspondencia postal ou medios informáticos (chats, e-mail, etc.)

3. Coñecemento da lingua

- Coñecemento das diferenzas entre usos formais e informais da lingua a través dos distintos medios de comunicación.

- Identificación e uso das variacións (fórmulas de confianza e de cortesía) que adoptan as formas deícticas en relación coa situación.

- Revisión, recoñecemento e uso dalgúns conectores textuais e dos mecanismos de referencia interna (especialmente as nominalizacións e os hiperónimos abstractos).

- Recoñecemento e uso coherente das formas verbais nos textos, con especial atención aos valores das perífrases.

- Coñecemento e análise das funcións sintácticas características das clases de palabras.

- Revisión dos distintos tipos de oracións simples.

- Uso de procedementos para compoñer enunciados cohesionados.

- Coñecemento das normas de puntuación e das normas ortográficas.

- Identificación e revisión da estrutura do texto en textos de carácter informativo e publicitario.

- Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os dicionarios interactivos e os correctores ortográficos dos procesadores de textos.

11

Page 12: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

- Na lingua estranxeira, uso progresivamente autónomo de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral.

- Na lingua estranxeira, confianza e iniciativa para expresarse oralmente e por escrito.

4. Lingua e sociedade

- Coñecemento xeral e concreción no marco peninsular das causas que contribúen á formación, expansión, transformación, minorización, substitución e normalización das linguas, con manexo e interpretación de mapas, táboas, textos e información dos medios e tecnoloxías da comunicación.

- Comprensión da situación sociolingüística galega a través do estudo dos fenómenos de contacto de linguas (bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico e interferencias) desenvolvendo proxectos de traballo, con emprego das TIC e abordando os prexuízos lingüísticos.

- Comprensión e análise do uso das dúas linguas da comunidade autónoma nos medios de comunicación e nas TIC.

- Na lingua estranxeira, coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala o dito idioma, obtendo a información por diferentes medios (a biblioteca, a prensa, a internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación).

- Na lingua estranxeira, uso apropiado desde o punto de vista sociocultural de fórmulas lingüísticas en situacións concretas de comunicación, mostrando interese por comunicarse con falantes ou aprendices dese idioma.

5. Educación literaria

- Lectura (fóra da aula) de, como mínimo, un libro en lingua galega e outro en lingua castelá, propostos polo profesor e pertencentes a calquera dos xéneros do corpus literario de ambos os idiomas.

- Lectura e valoración de textos literarios (artigos, ensaios, contos) aparecidos nos medios de comunicación.

- Análise dos elementos propios da narración e do teatro (espazo, tempo, acción, personaxes, etc.) en producións televisivas.

- Localización en bibliotecas virtuais e páxinas web de fragmentos de obras literarias da Idade Media ata o século XVIII.

- Lectura de obras relacionándoas cos grandes períodos e autores da literatura a partir da Idade Media ata o século XVIII.

- Recitación de poemas, valorando o tratamento dos temas, os elementos simbólicos e os recursos retóricos e métricos en distintos períodos literarios.

- Lectura de relatos, observando a transformación da narrativa desde a épica medieval en verso á narración en prosa, e do heroe ou heroína como personaxe de novela, ata o século XVIII.

- Lectura dramatizada de obras teatrais breves e de fragmentos representativos do teatro clásico español, recoñecendo algunhas características temáticas e formais.

- Composición de textos de intención literaria.

- Desenvolvemento da autonomía lectora e do aprecio pola literatura como fonte de pracer, de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas.

12

Page 13: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

Nivel II. Módulo 4 (segundo cuadrimestre)

1. Comunicación oral

- Comprensión de textos procedentes dos medios de comunicación, como debates ou faladoiros.

- Comprensión de textos procedentes de distintas presentacións, exposicións ou conferencias realizadas no ámbito académico.

- Uso consciente dos elementos paraverbais e non verbais na intervención oral planificada.

- Participación activa en diversas situacións de comunicación reais ou simuladas (entrevistas de traballo, etc.) onde se transmita información e se expresen opinións, ofrecendo argumentos e respectando as normas que rexen a interacción oral organizada.

- Participación activa en situacións propias do ámbito académico, especialmente en presentacións orais, con axuda dos medios audiovisuais e das TIC.

- Valoración do diálogo como medio de resolución de conflitos.

- Exposición da información tomada dos medios de comunicación contrastando os distintos puntos de vista e as opinións expresadas, respectando as normas que rexen a interacción oral.

- Participación en actividades de aprendizaxe compartida para fomentar estratexias de cooperación e respecto.

- Na lingua estranxeira, comprensión do significado xeral e específico de mensaxes orais, baseándose na identificación de palabras clave e na actitude e intención do falante.

- Na lingua estranxeira, participación activa en conversas e simulacións sobre temas cotiáns e de interese persoal.

2. Comunicación escrita

- Uso de estratexias para a comprensión de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais, como disposicións legais e folletos, contratos ou correspondencia institucional ou comercial, e textos dos medios de comunicación, atendendo especialmente aos xéneros de opinión como editoriais, columnas, etc.

- Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais como foros, blogs, solicitudes e instancias, reclamacións, currículos, etc.

- Composición de textos propios dos xéneros dos medios de comunicación, como cartas ao director, artigos de opinión, etc.

-Composición de textos, en soporte papel ou dixital, do ámbito académico, especialmente expositivos e argumentativos, elaborados a partir de diversas fontes e organizados mediante esquemas, mapas conceptuais e resumos.

- Uso de estratexias que faciliten a recolla de información: apuntamentos, subliñados, guións, fichas temáticas, resumos.

- Recoñecemento e comprensión de textos do ámbito académico como os procedentes de dicionarios, glosarios, enciclopedias e outras fontes de información en diversos soportes.

- Nos textos argumentativos, detección do tema e dos subtemas, análise dos argumentos e elaboración de esquemas que reflitan que se captou a súa mensaxe principal e a súa estrutura.

- Utilización da composición escrita como fonte de información e aprendizaxe, como forma de comunicar as experiencias e os coñecementos propios.

13

Page 14: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

- Dominio das normas de presentación dos textos escritos citados e respecto polas normas gramaticais, ortográficas e tipográficas.

- Estratexias para a utilización autónoma da biblioteca e de buscadores virtuais para obter, seleccionar e organizar a información.

- Reflexión crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación.

- Consolidación de estratexias de lectura xa utilizadas como a identificación do tema dun texto escrito co apoio contextual que este conteña.

- Na lingua estranxeira, lectura autónoma de textos máis extensos relacionados cos intereses do alumno adulto.

- Na lingua estranxeira, comunicación persoal con falantes deste idioma a través de correspondencia postal ou utilizando medios informáticos.

3. Coñecemento da lingua

- Coñecemento dos diferentes rexistros e dos factores que inciden no uso da lingua en distintos ámbitos sociais.

- Revisión da adecuación de textos alleos e propios, con especial atención ás formas de expresión da subxectividade e ao enfoque do tema, sobre todo en exposicións e argumentacións.

- Identificación e uso reflexivo de distintos procedementos de conexión nos textos (especialmente os conectores de causa, consecuencia, condición e hipótese).

- Identificación e uso reflexivo dos mecanismos gramaticais e léxicos de referencia interna, favorecendo a autonomía na revisión dos propios textos.

- Recoñecemento e uso coherente da correlación temporal na coordinación e subordinación de oracións e no discurso relatado (paso de estilo directo a indirecto).

- Recoñecemento dos esquemas semántico e sintáctico da oración; construción e transformación de enunciados de acordo con estes esquemas.

- Distinción entre forma (categoría gramatical) e a función das palabras.

- Análise e uso dos procedementos léxicos (afixos) e sintácticos para o cambio de categoría.

- Coñecemento e uso reflexivo das normas ortográficas, apreciando o seu valor social e a necesidade de cinguirse á norma lingüística.

- Análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.

- Na lingua estranxeira, uso de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral.

- Na lingua estranxeira, organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe (dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou recursos informáticos).

4. Lingua e sociedade

- Coñecemento xeral das distintas etapas da historia social da lingua galega desde comezos do século XX. Análise e comprensión das causas e consecuencias dos feitos máis relevantes.

- Comprensión da situación sociolingüística de Galicia a través da revisión da presenza da lingua galega nos principais ámbitos e contextos, e dos factores de normalización que

14

Page 15: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

permitan superar os prexuízos lingüísticos.

- Recoñecemento e valoración dos principais fenómenos que caracterizan as variedades xeográficas das linguas e da función da lingua estándar.

- Coñecemento xeral da situación sociolingüística e legal das linguas do Estado español, valorando positivamente o plurilingüismo como expresión de riqueza cultural.

- Consciencia da necesidade e das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo.

- Comprensión e análise do uso das dúas linguas da comunidade autónoma nos documentos profesionais, administrativos, científicos e académicos de uso frecuente.

- Valoración da importancia da lingua estranxeira en todos os eidos das relacións internacionais.

- Na lingua estranxeira, coñecemento dos elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala.

- Na lingua estranxeira, uso apropiado, desde o punto de vista sociocultural, de fórmulas lingüísticas en situacións concretas de comunicación para expresar matices semánticos, como cortesía, acordo ou discrepancia.

5. Educación literaria

- Lectura (fóra da aula) de, como mínimo, un libro en lingua galega e outro en lingua castelá, propostos polo profesor e pertencentes a calquera dos xéneros do corpus literario de ambos os idiomas.

- Lectura de novelas e relatos do século XIX , XX e XXI en galego e en castelán.

- Recitación de poemas contemporáneos, valorando a función dos elementos simbólicos e dos recursos retóricos e métricos no poema.

- Lectura dramatizada de breves pezas teatrais ou de fragmentos das épocas correspondentes en galego e castelán, de carácter diverso, constatando algunhas innovacións nos temas e nas formas.

- Comprensión das relacións entre cinema e literatura.

- Coñecemento das características xerais dos grandes períodos da historia da literatura do século XIX.

- Composición de textos de intención literaria, partindo das características dos traballados na aula.

- Aproveitamento autónomo dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais.

- Desenvolvemento da autonomía lectora e aprecio pola literatura como fonte de pracer.

6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Nivel I. Módulo 11. Comprender a idea xeral e a intención comunicativa en textos sinxelos (tanto orais como escritos) nos ámbitos persoal, social e académico; e realizar tarefas guiadas a partir de instrucións recibidas.

2. Realizar narracións, resumos e exposicións sinxelas, tanto de forma oral como por escrito, coa axuda dos medios audiovisuais e das TIC.

15

Page 16: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

3. Utilizar os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para mellorar a comprensión de textos orais e escritos e para compoñer e revisar os textos propios deste módulo.

4. Recoñecer a riqueza multicultural e a diversidade lingüística do mundo actual, especialmente en España e en Galicia, respectalas e valoralas positivamente.

5. Recoñecer en textos orais e escritos diferentes clases de representacións ou expresións que impliquen algunha forma de discriminación lingüística, social, sexual, racial, etc.

6. Producir textos, en soporte papel ou dixital, sobre temas de actualidade e próximos ao contorno do alumnado, coa axuda dos medios audiovisuais e das TIC como elementos de autoaprendizaxe. Eses textos adecuaranse ao contexto, empregarase neles a estrutura organizativa propia de cada un deles (instrución, noticias, cartas…) e incluirán de forma axeitada os elementos de conexión, a sintaxe, a ortografía e un léxico rico e variado.

Na lingua estranxeira

1. Comprender fórmulas básicas de contacto social, como saúdos, despedidas, desculpas e agradecementos, identificando a intención de comunicación e o nivel de formalidade, e establecendo contactos sociais moi básicos.

2. Utilizar estratexias de comprensión para superar as limitacións que se atopen na comprensión da mensaxe, mediante claves identificadas no contexto.

3. Participar en conversas e en simulacións sobre temas coñecidos ou estudados na aula, empregando estratexias para producir un discurso comprensible.

4. Empregar as TIC de forma guiada para buscar información, producir mensaxes a partir de modelos e para establecer relacións persoais.

5. Comprender mensaxes breves e sinxelas escritas que conteñan instrucións, indicacións, descricións e narracións breves, mensaxes, cuestionarios, etc. e información básica referida a necesidades inmediatas, de estrutura moi sinxela, especialmente se contan con apoio visual.

6. Comprender a información esencial, e os puntos principais ou detalles relevantes en textos breves, de estrutura sinxela, que conteñan información persoal básica propia e doutras persoas.

7. Completar textos escritos en papel ou soporte dixital en que se solicita información básica sobre a identificación persoal.

8. Reformular na lingua propia o sentido dun texto en lingua estranxeira, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula.

Nivel I. Módulo 21. Identificar a idea xeral, a intención comunicativa, o tema e as ideas principais e secundarias en textos sinxelos (tanto orais como escritos) dos ámbitos social e académico. Seguir instrucións para realizar tarefas guiadas de aprendizaxe.

2. Realizar narracións, resumos e exposicións sinxelas, tanto de forma oral como por escrito, coa axuda dos medios audiovisuais e das TIC.

3. Utilizar os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para mellorar a comprensión de textos orais e escritos e para compoñer e revisar os textos propios deste módulo.

4. Recoñecer en textos orais e escritos diferentes clases de representacións ou expresións que impliquen algunha forma de discriminación lingüística, social, sexual, racial etc.

5. Ler, escoitar ou ver con regularidade fragmentos, obras literarias completas ou

16

Page 17: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

adaptacións. Usar os coñecementos adquiridos na aula sobre literatura para unha mellor comprensión e desenvolvemento do criterio propio, que permita ao alumnado adulto recuperar e seleccionar, tanto en soporte papel como dixital, fragmentos literarios (narracións breves, poemas, cancións populares actuais…) para ser lidas e escoitadas na aula. Prestarase especial atención á recuperación de mostras da literatura popular.

6. Compoñer textos, en soporte papel ou dixital, tomando como modelos textos literarios ou realizar algunhas transformacións neses textos.

7. Aplicar os coñecementos literarios adquiridos para mellorar a comprensión e a valoración de fragmentos e obras lidos ou localizados a través das TIC. Valorarase especialmente a identificación dos temas e motivos da tradición literaria e a capacidade para situar as obras lidas dentro do xénero correspondente.

Na lingua estranxeira

1. Identificar a idea xeral e as secundarias de mensaxes orais sinxelas que procedan de distintos medios audiovisuais ou emitidas cara a cara, sobre temas moi coñecidos para o alumnado adulto.

2. Comprender e dar instrucións e indicacións moi breves e sinxelas se se formulan amodo e articuladas claramente, e reaccionar adecuadamente ante elas.

3. Intervir en conversas e simulacións relacionadas coas experiencias persoais, cos plans e proxectos propios, con progresiva autonomía. Empregaranse estruturas sinxelas, as expresións máis usuais, e unha pronuncia que non impida a comunicación.

4. Formular invitacións e realizar propostas moi sinxelas, reaccionando adecuadamente a elas, usando estruturas lingüísticas sinxelas dentro dun repertorio aprendido.

5. Comprender a información xeral e a específica de textos escritos sinxelos de extensión variada. O alumnado demostrará a súa comprensión a través dunha tarefa específica.

6. Escribir notas e mensaxes moi breves e sinxelas; e, a partir dun modelo, correspondencia persoal moi breve e sinxela sobre temas da vida cotiá ou de inmediata necesidade.

7. Reformular na lingua propia o sentido dun texto en lingua estranxeira, oral ou escrito, sobre temas previamente estudados na aula.

8. Aplicar os coñecementos sobre a lingua estranxeira e as normas de uso lingüístico para resolver problemas de comprensión oral e escrita, e para compoñer e revisar de maneira cada vez máis autónoma os textos propios.

9. Seleccionar exemplos de aspectos sociais, culturais, históricos, xeográficos ou literarios propios dos países onde se fala a lingua estranxeira, mostrando interese por coñecelos.

Nivel II. Módulo 31. Identificar o tema, a idea principal e as secundarias de textos propios dos medios de comunicación e da publicidade, así como sintetizar o contido fundamental dunha exposición académica oral.

2. Realizar exposicións orais sinxelas sobre temas de actualidade próximos á experiencia do alumnado adulto, con axuda das TIC. Avaliarase tamén a participación en traballos colaborativos e en simulacións (de entrevistas, de anuncios de publicidade), respectando as regras correspondentes.

3. Producir textos propios da vida cotiá (instrucións, correos electrónicos...), dos medios de comunicación (noticias, editoriais, entrevistas, crónicas, cartas ao director) e dos ámbitos social e académico. Valorarase especialmente a planificación, a revisión, a coherencia, a cohesión e mais a riqueza léxica.

17

Page 18: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

4. Utilizar os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para mellorar a comprensión de textos orais e escritos e para compoñer e revisar os textos propios de xeito progresivamente autónomo.

5. Seleccionar e analizar criticamente a información relevante en textos orais e escritos en diferentes soportes, para usala nas producións propias, especialmente en traballos académico adecuados ao nivel.

6. Utilizar os medios de comunicación e a información procedente das TIC para comprender e analizar o uso das dúas linguas na comunidade autónoma. Recoñecer as causas da diversidade lingüística e dos procesos sociolingüísticos. Identificar as causas e as consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega, analizando criticamente os condicionamentos de valoración e uso social do galego.

7. Ler, escoitar ou ver con regularidade obras literarias ou adaptacións delas e desenvolver o criterio lector. Expoñer a opinión persoal sobre a lectura ou o visionamento realizados. Valorarase se o alumnado adulto identifica a estrutura das obras, o seu punto de vista e a linguaxe utilizada.

8. Elaborar textos de intención estética a partir dos modelos lidos, comprendendo os recursos expresivos que se empreguen. Situar os autores relevantes e as súas obras no seu contexto histórico e literario. Realizar un traballo de información e de síntese.

Na lingua estranxeira

1. Identificar a idea principal e os detalles relevantes de textos e mensaxes orais sinxelas sobre temas coñecidos e próximos á experiencia do alumnado adulto, emitidos con claridade, cara a cara ou por medios técnicos (radio, televisión, etc.).

2. Comprender a información xeral e os datos máis relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada e sinxelos, e próximos ao alumnado adulto.

3. Comprender os puntos principais e os detalles relevantes en mensaxes e anuncios públicos sinxelos, transmitidos por medios técnicos ou de viva voz, que conteñan instrucións, indicacións ou outra información relativa a situacións de necesidade inmediata.

4. Expresarse intelixiblemente e solicitar a colaboración do interlocutor e responder igualmente á petición deste para asegurar a comprensión e o mantemento da comunicación.

5. Escribir de forma guiada textos diversos (especialmente descricións e narracións breves e sinxelas), coidando o léxico, as estruturas e os elementos de cohesión e coherencia, para remarcar a relación entre as ideas e facelos comprensibles ao lector.

6. Intervir en conversas e simulacións relacionadas coas experiencias persoais, cos plans e proxectos propios, con progresiva autonomía. Empregaranse estruturas sinxelas, as expresións máis usuais, e unha pronunciación que non impida a comunicación.

7. Recoñecer os aspectos culturais máis importantes dos países onde se fala a lingua estranxeira estudada.

8. Aplicar os coñecementos sobre a lingua estranxeira e as normas de uso lingüístico para resolver problemas de comprensión oral e escrita, e como instrumento de autocorrección dos textos propios.

Nivel II. Módulo 41. Identificar os temas e a organización de textos tomados dos medios de comunicación, do ámbito académico e de situacións comunicativas simuladas (entrevistas de traballo...). Participar de forma construtiva en diversas situacións comunicativas respectando as regras que as rexen.

18

Page 19: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

2. Planificar e realizar exposicións orais de traballos e de informacións de actualidade, diferenciando información de opinión e participando de forma construtiva en debates, traballos colaborativos, etc.

3. Expoñer, resumir e comentar textos do ámbito académico, nun rexistro adecuado, con secuencias coherentes, respectando as normas gramaticais e ortográficas e utilizando a planificación e a revisión de textos.

4. Compoñer textos propios da vida cotiá, das relacións profesionais e sociais e do ámbito académico. Tomaranse como referencia os modelos propostos na aula e expresaranse con claridade, coherencia, cohesión, corrección e precisión léxica as opinións propias.

5. Recoñecer os mecanismos gramaticais da lingua e coñecer e usar a terminoloxía lingüística adecuada.

6. Utilizar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para mellorar a comprensión e para compoñer e revisar con autonomía os propios textos.

7. Comprender e analizar o uso das dúas linguas da comunidade nos distintos documentos de tipo profesional e administrativo. Identificar as causas e as consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega desde comezos do século XX: extraer os trazos principais que definen a actual situación sociolingüística de Galicia, analizando criticamente os condicionamentos da valoración e uso social do galego; utilizar as linguas da comunidade con fluidez e normalidade nos máis diversos contextos comunicativos.

8. Amosar a través do traballo persoal que se coñecen as relacións entre os autores das obras lidas ou visionadas e o seu contexto.

9. Utilizar os coñecementos literarios estudados para comprender mellor e valorar os fragmentos literarios ou as obras lidos. Atenderase ao uso de temas recorrentes, ao valor da linguaxe poética, xéneros utilizados, formas literarias e estilos.

Na lingua estranxeira

1. Identificar a idea principal e os detalles relevantes de textos e mensaxes orais sinxelas sobre temas coñecidos e próximos á experiencia do alumnado adulto, emitidos con claridade, cara a cara, ou por medios técnicos.

2. Intervir en conversas sinxelas e en simulacións, usando estratexias adecuadas aos diversos momentos da comunicación: inicio, mantemento e remate.

3. Desenvolverse en situacións de comunicación orais da vida cotiá, con expresións sinxelas e habituais, e respectando as normas de cortesía.

4. Comprender correspondencia persoal breve, redactada en lingua estándar e sinxela.

5. Comprender, de maneira suficiente, correspondencia formal breve para captar as informacións principais.

6. Dar información elemental escrita sobre a actividade profesional, a formación, os hábitos e os intereses propios do alumnado adulto.

7. Narrar de forma sinxela e breve feitos e experiencias, expoñer plans e presentar proxectos de xeito moi elemental.

8. Empregar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e organizar estes seguindo os textos modelo.

9. Recoñecer os aspectos culturais máis importantes dos países onde se fala a lingua estranxeira estudada.

19

Page 20: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

7. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

• Con carácter xeral, a repartición da cualificación por materias establécese proporcionalmente á carga lectiva (tendo en conta que a lingua estranxeira non pode ter unha valoración superior ao 30%), quedando como segue:

• Módulos 1 e 2:

• Lingua galega: 37% da cualificación global do ámbito.

• Lingua española: 37% da cualificación global do ámbito.

• Lingua estranxeira: 26% da cualificación global do ámbito.

• Módulos 3 e 4:

• Lingua galega: 35% da cualificación global do ámbito.

• Lingua española: 35% da cualificación global do ámbito.

• Lingua estranxeira: 30% da cualificación global do ámbito.

• Realizaranse dous exames parciais escritos en galego, dous en castelán e dous en inglés, contemplándose recuperacións escritas para cada un deles. Sen prexuízo do anterior, cada proba pode conter as tres materias simultaneamente. Asemade, cómpre ter en conta que:

• A cualificación final obterase da media artimética dos dous parciais, sendo indispensable telos superados.

• Realizarase un exame final do ámbito para o alumnado que tivese avaliación negativa nalgunha das probas anteriores. Así mesmo, tal e como contempla a lexislación, realizarase unha proba extraordinaria para os alumnos que non superasen o ámbito no módulo correspondente (en maio para os módulos 1 e 3, e en setembro para os módulos 2 e 4).

• Realizarase unha proba escrita de comprobación das lecturas propostas, tanto en galego como en castelán. Dita proba valorarase cun 10% da nota global de cada materia. Así mesmo, sempre que o profesor ou profesora o considere oportuno, poderase bonificar a lectura de libros adicionais.

• Valorarase a expresión escrita tanto nos exames coma nos traballos entregados, así como na observación diaria na aula.

• En lingua galega e lingua castelá as faltas de expresión (ortográficas, gramaticais e de carácter léxico-semántico) poderán penalizar a cualificación global dos exames a razón de 0,1 cada dous erros, ata un máximo dun punto.

• Así mesmo, tanto a entrega de traballos escritos como a realización das tarefas diarias cuantificaranse cun 5% na cualificación global de galego e de castelán.

• Valorarase a expresión oral de xeito habitual na aula a partir tanto da expresión espontánea como planificada do alumnado cun 5% en cada idioma cooficial.

• Na área de lingua estranxeira esta destreza incluirase nos contidos dos exames correspondentes.

20

Page 21: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

MÓDULOS 1 e 2Lingua galega Lingua castelá Lingua estranxeira

Exames de lingua e literatura

Exame de lectura

Traballos e tarefas diarias

Exames de lingua e literatura

Exame de lectura

Traballos e tarefas diarias

Exames escritos e orais

80% 10%

Exp. escrita

Exp. oral

80% 10%

Exp. escrita

Exp. oral

26%

5% 5% 5% 5%10% 10%

37% 37%74%

MÓDULOS 3 e 4Lingua galega Lingua castelá Lingua estranxeira

Exames de lingua e literatura

Exame de lectura

Traballos e tarefas diarias

Exames de lingua e literatura

Exame de lectura

Traballos e tarefas diarias

Exames escritos e orais

80% 10%

Exp. escrita

Exp. oral

80% 10%

Exp. escrita

Exp. oral

30%

5% 5% 5% 5%10% 10%

35% 35%70%

8. CONTIDOS MÍNIMOS

MÓDULO 1

- Comprensión de textos orais e escritos dos medios de comunicación, de situacións da vida cotiá e do ámbito académico.

- Esforzo e interese no uso da lingua oral e escrita.

- Identificación e discriminación das ideas principais e secundarias nun texto escrito.

- Coñecemento e uso da puntuación e das normas básicas de ortografía.

- Recoñecemento das distintas categorías gramaticais.

- Recoñecemento das funcións sintácticas de suxeito e predicado.

- Dominio do vocabulario relacionado coas áreas temáticas traballadas na aula.

- Coñecemento de conceptos sociolingüísticos básicos, como o de bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico, interferencias e prexuízos lingüísticos.

- Lectura (fóra da aula) de, como mínimo, un libro en lingua galega e outro en lingua castelá.

- Coñecemento e identificación dos grandes xéneros literarios.

21

Page 22: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

- Na lingua estranxeira, comprensión xeral de textos sinxelos, relacionados coas áreas temáticas.

- Na lingua estranxeira, identificación e uso de expresións comúns, frases feitas sinxelas e léxico cotián.

- Na lingua estranxeira, produción de mensaxes orais breves cunha pronuncia que non dificulte a comunicación.

MÓDULO 2

- Esforzo e interese no uso da lingua oral e escrita.

- Identificación e discriminación das ideas principais e secundarias nun texto escrito.

- Identificación dos elementos morfolóxicos básicos destas clases de palabras: substantivo, verbo, adxectivo, adverbio e preposición.

- Emprego axeitado dos tempos verbais.

- Coñecemento e uso das normas básicas de ortografía da palabra, da oración e do texto.

- Recoñecemento dos distintos tipos de oracións simples.

- Dominio do vocabulario relacionado coas áreas temáticas traballadas na aula.

- Recoñecemento dos distintos xéneros informativos e de opinión na prensa.

- Lectura (fóra da aula) de, como mínimo, un libro en lingua galega e outro en lingua castelá.

- Coñecemento e diferenciación dos principais xéneros e subxéneros literarios.

- Na lingua estranxeira, comprensión e produción de mensaxes orais breves.

- Na lingua estranxeira, comprensión xeral e identificación de informacións específicas en textos sinxelos, relacionados coas áreas temáticas.

- Na lingua estranxeira, identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: substantivo, adxectivo, verbo, adverbio, etc.

MÓDULO 3

- Comprensión de textos dos medios de comunicación escrita e audiovisual (entrevistas, noticias, crónicas e reportaxes), recoñecendo as diferenzas entre información e opinión.

- Composición de textos coas características formais usadas nos xéneros propios dos medios de comunicación.

- Coñecemento das diferenzas entre usos formais e informais da lingua.

- Identificación e uso das variacións (confianza e cortesía) dos deícticos en relación coa situación.

- Recoñecemento e uso coherente das formas verbais nos textos, incluídas as perífrases.

- Coñecemento das funcións sintácticas das clases de palabras.

- Recoñecemento dos distintos tipos de oracións simples.

- Coñecemento das normas de puntuación e das normas ortográficas.

- Comprensión da situación sociolingüística galega mediante o coñecemento dos fenómenos de contacto de linguas (bilingüismo, diglosia, conflito lingüístico e interferencias).

22

Page 23: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

- Lectura (fóra da aula) de, como mínimo, un libro en lingua galega e outro en lingua castelá.

- Coñecemento dos grandes períodos e autores da literatura a partir da Idade Media ata o século XVIII.

- Composición de textos de intención literaria.

- Na lingua estranxeira, identificación e comprensión de información xeral e específica de mensaxes orais sinxelas.

- Na lingua estranxeira, comprensión da información xeral de textos auténticos sobre temas cotiáns.

- Na lingua estranxeira, uso de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese xeral.

MÓDULO 4

- Comprensión de textos procedentes dos medios de comunicación, tanto orais (debates, faladoiros...) como escritos, atendendo especialmente aos xéneros de opinión (editoriais, columnas...)

- Comprensión de textos escritos da vida cotiá e das relacións sociais, como disposicións legais, contratos, correspondencia institucional e comercial.

- Composición de textos da vida cotiá e das relacións sociais (instancias, reclamacións, currículos...) e dos medios de comunicación (cartas ao director, artigos de opinión...)

- Coñecementos dos diferentes rexistros de lingua e dos factores que inciden no seu uso.

- Identificación e uso reflexivo de conectores de causa, consecuencia, condición e hipótese.

- Recoñecemento e uso coherente da correlación temporal. Paso de estilo directo a indirecto e viceversa.

- Distinción entre forma (categoría gramatical) e función das palabras.

- Análise e uso dos procedementos léxicos (afixos) e sintácticos para o cambio de categoría.

- Coñecemento e uso reflexivo das normas ortográficas.

- Coñecemento das etapas da historia social da lingua galega dende comezos do século XX.

- Recoñecemento dos fenómenos que caracterizan as variedades xeográficas das linguas e da función da lingua estándar.

- Lectura (fóra da aula) de, como mínimo, un libro en lingua galega e outro en lingua castelá.

- Coñecemento e identificación en textos de elementos simbólicos, recursos retóricos e métricos.

- Coñecemento das características dos grandes períodos da historia da literatura do século XIX.

- Composición de textos de intención literaria.

- Na lingua estranxeira, comprensión do significado xeral e específico de mensaxes orais, baseándose na identificación de palabras clave e mais na actitude do falante.

- Na lingua estranxeira, lectura autónoma de textos relativamente extensos, relacionados cos intereses dos alumnos.

23

Page 24: ÁMBITO DE COMUNICACIÓN PROGRAMACIÓN En canto á competencia para aprender a aprender, ... serán de estrutura sinxela e clara, ... fomentando o aspecto conversacional

- Na lingua estranxeira, uso de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral.

- Na lingua estranxeira, uso apropiado de fórmulas lingüísticas en situacións concretas de comunicación, para expresar matices como cortesía, acordo ou discrepancia.

9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E ACTIVIDADES DE REFORZOExistirá un contacto permanente entre o profesor ou profesora do ámbito e o departamento

de orientación co fin de detectar e atender casos de alumnado con problemas de aprendizaxe. Caso de non contar cun especialista de pedagoxía terapéutica, será o profesor ou profesora do ámbito o encargado de velar polo progreso no proceso de aprendizaxe destes alumnos.

O alumnado dos módulos 2 e 4 que non superase o ámbito de comunicación na proba final de xaneiro nos módulos 1 e 3, respectivamente, asistirá ás clases dos módulos 2 e 4, non só como medio para optar ao aprobado no módulo en curso, senón tamén, e sobre todo, como reforzo para superar o ámbito pendente na proba extraordinaria de maio. A este respecto, cómpre salientar que o ámbito de comunicación dos módulos 2 e 4 non se considerará como superado sen ter aprobado dito ámbito nos módulos inmediatamente anteriores.

10. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARESPor mor do carácter cuadrimestral de cada módulo, a realización de actividades

complementarias e extraescolares verase forzosamente limitada á conmemoración de eventos periódicos (Letras Galegas, Día do Libro, etc.) ou a iniciativas puntuais, como algún relatorio ou coloquio con algún autor ou autora.

11. PUBLICIDADEAdemais da información directa ao alumnado nos primeiros días de clase, a presente

programación estará dispoñible no centro para a súa consulta e tamén se poderá acceder a ela a través da páxina web do instituto (http://www.edu.xunta.es/centros/iesvaldotea/).

Ponteareas, 7 de outubro de 2015

Asdo.: Uxía Martínez González

24