a real expedición filantrópica da...

2
En 1980, a Organización Mundial da Saúde declarou o planeta Terra «zona cero de varíola». A loita vitoriosa contra a epidemia que máis mortes causou na historia da humanidade arrancou na Coruña, o 30 de novembro de 1803, cando a corveta María Pita parte para América: foi o comezo da Real Expedición Filantrópica da Vacina (REFV). Moi por riba dos centos de miles de vacinados, o mérito eterno da expedición está en ter demostrado, ante o mundo enteiro, que as vacinacións preventivas son o remedio máis eficaz contra as enfermidades contaxiosas. De todas as pezas da REFV, o eixe insubstituíble eran os expósitos: eles eran a vacina. Dos 22 pícaros que levaron o remedio da varíola a América, catro viñeran da Casa de Desamparados de Madrid e 18 eran galegos: 5 saíran do hospicio do Hospital dos Reis Católicos de Santiago e 13 estaban baixo o amparo da Casa de Expósitos da Coruña. A responsable directa de mirar –nas travesías en barco e nos desprazamentos por terra– polo coidado, asistencia e aseo dos nenos portadores foi a galega Isabel Zendal, «a primeira enfermeira de saúde pública en misión internacional» (Congreso Panamericano de Saúde; Washington, 1950). A coruñesa Casa de Expósitos era parte do Hospital de Caridade, institución iniciada en 1796 cos fondos legados por Teresa Herrera. A dirección e xestión do Hospital correspondían á Confraría de Dores, entidade civil-relixiosa aínda hoxe activa na parroquia de San Nicolás. A REFV viaxa a América a bordo da corveta María Pita, do armador local Manuel Tavanera. Veciños da Coruña era toda a tripulación, dende o segundo cociñeiro –un escravo negro– ata o capitán Pedro del Barco. Por se algún contratempo estragase a cadea de vacinacións e a REFV tivese que retornar Unha asociación para unha xesta moi galega a porto, Vicente Antonio Posse Roybanes, médico municipal da Coruña, asumiu a responsabilidade de manter reservas activas e frescas, dende unha seminal xunta de vacinación, da vacina contra a varíola. A Asociación Isabel Zendal nace (A Coruña, outubro de 2016) para investigar, difundir e promover, nos eidos local, nacional e internacional, o protagonismo de Galicia na REFV. Para valorar a importancia desta participación, Enrique Bustamante –pai da historia da medicina mexicana– ten unha balanza de precisión: «A Expedición da Vacina permanece inigualada e corresponde aos seus membros a primacía na aplicación científica, a escala mundial, dun novo e marabilloso procedemento preventivo». Este baremo nunca foi utilizado para valorar os heroes da mellor achega filantrópica de Galicia á historia da humanidade. Ata hoxe, cando nace a Asociación Isabel Zendal. Litografía de Manini y Cía, publicada por primeira vez en 1846, que recolle a saída da corveta María Pita dun porto americano e o xúbilo co que foron despedidos os expedicionarios. Fotografía: © Biblioteca Nacional de España Os protagonistas da primeira expedición sanitaria internacional Edward Jenner Edward Jenner (médico rural inglés, 1749-1823) desafiou a relixión e a medicina do seu tempo ao realizar o primeiro transvasamento de fluídos entre especies: de Blossom, unha vaca enferma de varíola, a James Phipps, un rapaz san. Así naceu a nai de todas as vacinas. Balmis (Alacant, 1753-Madrid, 1819) ingresa no corpo de Sanidade Militar, onde chega a ser cirurxián do exército en 1781. A preocupación pola varíola tanto na península como nos territorios de Ultramar contribúe a crear un clima de interese pola vacinación. En 1803, cando xa é un médico de gran prestixio profesional, publica a súa tradución do libro Tratado histórico e práctico da vacina, do médico francés J. L. Moreau de la Sarthe, que difundía as ideas de Jenner. A súa vida é unha constante aventura científica que ten o seu máximo expoñente na REFV, que parte nese 1803 e estende por gran parte do continente americano a nova práctica preventiva da varíola, enfermidade que alcanzara características epidémicas durante o século XVIII. Isabel Zendal Gómez Os 22 nenos O papel do Hospital de Caridade vai máis alá da REFV. A Real Cédula do 21 de abril de 1805 autoriza a apertura de salas de vacinación nos hospitais das capitais de provincia. Nesta normativa tratábase de poñer en orde o Hospital de Caridade descontrol imperante na sociedade do momento ao redor da práctica vacinal. Na Coruña, o capitán xeneral encarga a Posse Roybanes –entón médico municipal– a posta en marcha desta sala de vacinacións no Hospital de Caridade. Posse redacta un regulamento no que establece unha descrición do seu funcionamento: dende o método a utilizar a como enviar o material a outros lugares para estender a vacina dende A Coruña ao resto de Galicia: hai referencias concretas a envíos a Lugo, Santiago e Viveiro. O plan enfrontouse coas autoridades locais, que acolleron con indiferenza as propostas que emanaban desta sala de vacinacións. No 1806, o hospital e a sala de vacinacións son tamén o eixe central no que se articula o primeiro plan de vacinación de Galicia presentado por Posse: buscaba que calquera persoa que lese o texto puidese proceder á práctica da vacinación contra a varíola. Natural de Bizkaia (1749), fidalgo «sen mestura de mouros nin xudeus», casa na Coruña cunha súa paisana coa que ten sete fillos, todos da rúa Real. Os 24 anos de capitán dos Correos Marítimos déronlle prestancia Pedro del Barco e a corveta «María Pita» económica a Pedro del Barco (a familia conta con dúas criadas e dous escravos negros). Inviste o patrimonio en casar as dúas fillas maiores con militares e darlles carreira militar aos catros varóns, «que me devolveron, por cada maravedí gastado, dobróns de gloria». Co aval de 37 viaxes ás Américas, asume o mando da María Pita, de 200 toneladas, e dos seus 27 tripulantes coruñeses, todos cobrando dous meses por adiantado Francisco Xavier de Balmis Joseph Salvany do seu barco, completa a súa misión. Morre en Bolivia en 1810 polas enfermidades que contrae durante o periplo. O médico Posse Roybanes (1753?-1809), principal colaborador de Balmis na retagarda, é quen comezou a loita contra a varíola dunha forma organizada en Galicia. Descoñecemos cando inicia exactamente o seu labor, pero xa en 1801 aparece como un dos principais difusores da vacina en Galicia. A súa primeira vacinación realízase o 16 de agosto dese mesmo ano, no seu propio neto, ao que despois expón á enfermidade para ver se a contraía, comprobando que non a desenvolvía. A partir Vicente Antonio Posse Roybanes Salvany (Barcelona, 1774) cirurxián militar, parte coa REFV como axudante primeiro, coa función de suplir o director en caso necesario. Á chegada a Venezuela, Balmis noméao director da expedición que se dirixe á América meridional. A pesar do afundimento deste momento comeza a loita contra a varíola que se materializa na creación da Sala de Vacinación no Hospital de Caridade e, despois, no primeiro plan de vacinación para a poboación galega, aprobado en 1806 pola Xunta do Reino de Galicia. A partida de bautizo dun tal Benito –na coruñesa parroquia de San Nicolás, en 31 de xullo de 1796– desvela que a súa nai foi «Isabel Celdam Gómez», solteira, veciña da vila e natural de Santa Mariña de Parada (Ordes). Os libros sacramentais da freguesía ordense confirmarán que, mentres o apelido Celdam non existe na comarca, os Zendal son varias ramas familiares asentadas de vello na zona. Estes libros tamén van completar as marcas de identidade da futura enfermeira da REFV. Isabel é a segunda de nove irmáns –tres morren ao pouco de nacer– e, con certeza, ela e Bernarda –a primoxénita da familia– naceron antes do 26 de febreiro de 1773, que é cando arranca o libro de bautizo máis antigo que se conserva da parroquia. E as partidas de defunción da nai e do pai permiten entender a causa da emigración de Isabel á Coruña: son enterrados de caridade por seren «quasi pobres de solemnidade». Os libros de contas da Caixa de Expósitos (Arquivo Municipal da Coruña) precisan que Isabel entrou a traballar como reitora do hospicio o 24 de marzo de 1800. Percibirá un salario mensual de 50 reais e media libra diaria de pan de peneira. Co paso do tempo, irá apañando máis extras: media libra diaria de pan polo fillo, media libra de carne ao día e 16 reais ao mes por compoñer e remendar a roupa de uso dos expósitos. Para relevar a Isabel Zendal cando parte coa REFV en 1803, a xunta de goberno do Hospital de Caridade tiña unha terna de catro mulleres: unha solteira, unha viúva, unha enfermeira e unha hospiciana. A elixida foi «Christina González, que hai tempo está de hospiciana». Evidencia de que, para traballar cos expósitos, máis pesaba a calidade humana das coidadoras que as súas circunstancias persoais de seren ou nai solteira ou hospiciana. Baixo o amparo da Casa de Expósitos coruñesa estaban 13 rapaces. Clemente de la Caridad (9 anos): exposto no torno do hospicio e criado en Oleiros. Francisco Antonio (8 anos): entregado na Casa polos mesmos labradores que o levaron para criar; ao cabo de 7 anos foi recuperado –durante oito meses– pola súa nai natural. Manuel María (7 anos): entregado polo párroco de San Nicolás e criado en San Pedro de Nós. Benito (7 anos), o fillo de Isabel Zendal. Cándido de la Caridad (6 anos): exposto no torno e criado en San Pedro de Nós. Martín (5 anos): entregado polo pedáneo de Dorneda, que tamén o recolle para criar durante 3 anos. José Manuel María (3 anos): exposto no torno e criado en Sada ata os tres anos. Tomás Melitón (3 anos): exposto no torno e criado en Arteixo por tres anos. José (3 anos): exposto no torno e criado en Sada. José Ignacio (3 anos): exposto no torno e criado en Sada. Pascual Aniceto (3 anos): exposto no torno e criado en Crendes. Vicente María Salee y Vellido (3 anos): exposto no torno cun escrito de compromiso de recuperación por parte dos pais, foi criado en Arteixo. José Jorge Nicolás de los Dolores (2 anos e medio): entregado con dous anos, a súa crianza continuou na Casa de Expósitos. Cinco cativos estaban ao coidado da Inclusa do Real Hospital de Santiago. Juan Antonio (6 anos): procedente de Santa María de Xiá (Lugo), foi criado en Rivadulla. Jacinto (6 anos): exposto no torno santiagués «con una zintica azul en el puño», foi criado en Forcarei. Gerónimo María (6 anos): viña do hospicio de Ferrol, foi criado en Campo Lameiro. Florencio (4 anos): exposto no torno e criado en Cesuras. Juan Francisco (4 anos): procedente de Coristanco, foi criado en Abegondo. Andrés Naya, Domingo Naya Antonio Veredia e Vicente Ferrer, da madrileña Casa de Desamparados, completan os 22 rapaces «escollidos para propagar a vacina en América». Jenner dixo: «Non imaxino que os anais da historia nos acheguen un exemplo de filantropía tan nobre e tan extenso como este». A sentenza de Edward Jenner, o descubridor do antídoto contra a varíola, vén dicir que a difusión mundial «da maior conquista da medicina» foi obra da Real Expedición Filantrópica da Vacina (1803-1812). Á esquerda, óleo sobre lenzo O Barón Jean Louis Alibert practicando a vacinación contra a varíola no castelo de Liancourt, obra realizada polo francés Constant-Joseph Desbordes en 1820 e con seguro salarial por enfermidade, «con tal que non sexa por pasatempo de mulleres». En 1803, Del Barco e a María Pita dereita, maqueta da corveta no Museo Militar da Coruña) inician a campaña da REFV. Nenos e amas de cría no Hospital de Caridade, en 1912. En 1803 aínda non traballaban monxas A Real Expedición Filantrópica da Vacina A Asociación Isabel Zendal está dedicada a fomentar a memoria da primeira expedición sanitaria internacional: a Real Expedición Filantrópica da Vacina. Protagonizada pola corveta María Pita, a enfermeira galega Isabel Zendal e os 22 nenos expósitos que levaron a América nos seus brazos a vacina da varíola. Unha fermosa viaxe que partiu do porto da Coruña en 1803 para facer Historia Asociación Isabel Zendal R / Juan Sebastián Elcano 24-4º dta. 15002, A Coruña 698 144 376 www.isabelzendal.com Asociación Isabel Zendal @asocisabelzendal

Upload: others

Post on 03-Sep-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A Real Expedición Filantrópica da Vacinaisabelzendal.com/wp_content/uploads/2016/11/Folleto...varíola». A loita vitoriosa contra a epidemia que máis mortes causou na historia

En 1980, a Organización Mundial da Saúde declarou o planeta Terra «zona cero de varíola». A loita vitoriosa contra a epidemia que máis mortes causou na historia da humanidade arrancou na Coruña, o 30 de novembro de 1803, cando a corveta María Pita parte para América: foi o comezo da Real Expedición Filantrópica da Vacina (REFV). Moi por riba dos centos de miles de vacinados, o mérito eterno da expedición está en ter demostrado, ante o mundo enteiro, que as vacinacións preventivas son o remedio máis eficaz contra as enfermidades contaxiosas.

De todas as pezas da REFV, o eixe insubstituíble eran os expósitos: eles eran a vacina. Dos 22 pícaros que levaron o remedio da varíola a América, catro viñeran da Casa de Desamparados de Madrid e 18 eran galegos: 5 saíran do hospicio do Hospital dos Reis Católicos de Santiago e 13 estaban baixo o amparo da Casa de Expósitos da

Coruña. A responsable directa de mirar –nas travesías en barco e nos desprazamentos por terra– polo coidado, asistencia e aseo dos nenos portadores foi a galega Isabel Zendal, «a primeira enfermeira de saúde pública en misión internacional» (Congreso Panamericano de Saúde; Washington, 1950). A coruñesa Casa de Expósitos era parte do Hospital de Caridade, institución iniciada en 1796 cos fondos legados por Teresa Herrera. A dirección e xestión do Hospital correspondían á Confraría de Dores, entidade civil-relixiosa aínda hoxe activa na parroquia de San Nicolás.

A REFV viaxa a América a bordo da corveta María Pita, do armador local Manuel Tavanera. Veciños da Coruña era toda a tripulación, dende o segundo cociñeiro –un escravo negro– ata o capitán Pedro del Barco.

Por se algún contratempo estragase a cadea de vacinacións e a REFV tivese que retornar

Unha asociación para unha xesta moi galegaa porto, Vicente Antonio Posse Roybanes, médico municipal da Coruña, asumiu a responsabilidade de manter reservas activas e frescas, dende unha seminal xunta de vacinación, da vacina contra a varíola.

A Asociación Isabel Zendal nace (A Coruña, outubro de 2016) para investigar, difundir e promover, nos eidos local, nacional e internacional, o protagonismo de Galicia na REFV. Para valorar a importancia desta participación, Enrique Bustamante –pai da historia da medicina mexicana– ten unha balanza de precisión: «A Expedición da Vacina permanece inigualada e corresponde aos seus membros a primacía na aplicación científica, a escala mundial, dun novo e marabilloso procedemento preventivo». Este baremo nunca foi utilizado para valorar os heroes da mellor achega filantrópica de Galicia á historia da humanidade. Ata hoxe, cando nace a Asociación Isabel Zendal.

Litografía de Manini y Cía, publicada por primeira vez en 1846, que recolle a saída da corveta María Pita dun porto americano e o xúbilo co que foron despedidos os expedicionarios. Fotografía: © Biblioteca Nacional de España

Os protagonistas da primeira expedición sanitaria internacionalEdward Jenner

Edward Jenner (médico rural inglés, 1749-1823) desafiou a relixión e a medicina do seu tempo ao realizar o primeiro transvasamento de fluídos entre especies: de Blossom, unha vaca enferma de varíola, a James Phipps, un rapaz san. Así naceu a nai de todas as vacinas.

Balmis (Alacant, 1753-Madrid, 1819) ingresa no corpo de Sanidade Militar, onde chega a ser cirurxián do exército en 1781.

A preocupación pola varíola tanto na península como nos territorios de Ultramar contribúe a crear un

clima de interese pola vacinación. En 1803, cando xa é un médico de gran prestixio profesional, publica a súa tradución do libro Tratado histórico e práctico da vacina, do médico francés J. L. Moreau de la Sarthe, que difundía as ideas de Jenner. A súa vida é

unha constante aventura científica que ten o seu máximo expoñente na REFV, que parte nese 1803 e estende por gran parte do continente americano a nova práctica preventiva da varíola, enfermidade que alcanzara características epidémicas durante o século XVIII.

Isabel Zendal Gómez Os 22 nenos

O papel do Hospital de Caridade vai máis alá da REFV. A Real Cédula do 21 de abril de 1805 autoriza a apertura de salas de vacinación nos hospitais das capitais de provincia. Nesta normativa tratábase de poñer en orde o

Hospital de Caridadedescontrol imperante na sociedade do momento ao redor da práctica vacinal. Na Coruña, o capitán xeneral encarga a Posse Roybanes –entón médico municipal– a posta en marcha desta sala de vacinacións no Hospital

de Caridade. Posse redacta un regulamento no que establece unha descrición do seu funcionamento: dende o método a utilizar a como enviar o material a outros lugares para estender a vacina dende A Coruña ao resto de

Galicia: hai referencias concretas a envíos a Lugo, Santiago e Viveiro. O plan enfrontouse coas autoridades locais, que acolleron con indiferenza as propostas que emanaban desta sala de vacinacións. No 1806, o hospital e a sala de

vacinacións son tamén o eixe central no que se articula o primeiro plan de vacinación de Galicia presentado por Posse: buscaba que calquera persoa que lese o texto puidese proceder á práctica da vacinación contra a varíola.

Natural de Bizkaia (1749), fidalgo «sen mestura de mouros nin xudeus», casa na Coruña cunha súa paisana coa que ten sete fillos, todos da rúa Real. Os 24 anos de capitán dos Correos Marítimos déronlle prestancia

Pedro del Barco e a corveta «María Pita»económica a Pedro del Barco (a familia conta con dúas criadas e dous escravos negros). Inviste o patrimonio en casar as dúas fillas maiores con militares e darlles carreira militar aos catros varóns, «que me devolveron,

por cada maravedí gastado, dobróns de gloria». Co aval de 37 viaxes ás Américas, asume o mando da María Pita, de 200 toneladas, e dos seus 27 tripulantes coruñeses, todos cobrando dous meses por adiantado

Francisco Xavier de Balmis Joseph Salvany

do seu barco, completa a súa misión. Morre en Bolivia en 1810 polas enfermidades que contrae durante o periplo.

O médico Posse Roybanes (1753?-1809), principal colaborador de Balmis na retagarda, é quen comezou a loita contra a varíola dunha forma organizada en Galicia. Descoñecemos cando inicia exactamente o seu labor, pero xa en 1801 aparece como un dos principais

difusores da vacina en Galicia. A súa primeira vacinación realízase o 16 de agosto dese mesmo ano, no seu propio

neto, ao que despois expón á enfermidade para ver se a contraía, comprobando que non a desenvolvía. A partir

Vicente Antonio Posse RoybanesSalvany (Barcelona, 1774) cirurxián militar, parte coa REFV como axudante primeiro, coa función de suplir o director en caso necesario. Á chegada a Venezuela, Balmis noméao director da expedición que se dirixe á América meridional. A pesar do afundimento

deste momento comeza a loita contra a varíola que se materializa na creación da Sala de Vacinación no Hospital de Caridade e, despois, no primeiro plan de vacinación para a poboación galega, aprobado en 1806 pola Xunta do Reino de Galicia.

A partida de bautizo dun tal Benito –na coruñesa parroquia de San Nicolás, en 31 de xullo de 1796– desvela que a súa nai foi «Isabel Celdam Gómez», solteira, veciña da vila e natural de Santa Mariña de Parada (Ordes).

Os libros sacramentais da freguesía ordense confirmarán que, mentres o apelido Celdam non existe na comarca, os Zendal son varias ramas familiares asentadas de vello na zona. Estes libros tamén van completar as marcas de identidade da futura enfermeira da REFV. Isabel é a segunda de nove irmáns –tres morren ao pouco de nacer– e, con certeza, ela e Bernarda –a primoxénita da familia– naceron antes do 26 de febreiro de 1773, que é cando arranca o libro de bautizo máis antigo que se conserva da parroquia. E as partidas de defunción da nai e do pai permiten entender a causa da emigración de Isabel á Coruña: son enterrados de caridade por seren «quasi pobres de solemnidade».

Os libros de contas da Caixa de Expósitos (Arquivo Municipal da Coruña) precisan que Isabel entrou a traballar como reitora do hospicio o 24 de marzo de 1800.

Percibirá un salario mensual de 50 reais e media libra diaria de pan de peneira. Co paso do tempo, irá apañando máis extras: media libra diaria de pan polo fillo, media libra de carne ao día e 16 reais ao mes por compoñer e remendar a roupa de uso dos expósitos.

Para relevar a Isabel Zendal cando parte coa REFV en 1803, a xunta de goberno do Hospital de Caridade tiña unha terna de catro mulleres: unha solteira, unha viúva, unha enfermeira e unha hospiciana. A elixida foi «Christina González, que hai tempo está de hospiciana». Evidencia de que, para traballar cos expósitos, máis pesaba a calidade humana das coidadoras que as súas circunstancias persoais de seren ou nai solteira ou hospiciana.

Baixo o amparo da Casa de Expósitos coruñesa estaban 13 rapaces. Clemente de la Caridad (9 anos): exposto no torno do hospicio e criado en Oleiros. Francisco Antonio (8 anos): entregado na Casa polos mesmos labradores que o levaron para criar; ao cabo de 7 anos foi recuperado –durante oito meses– pola súa nai natural. Manuel María (7 anos): entregado polo párroco de San Nicolás e criado en San Pedro de Nós. Benito (7 anos), o fillo de Isabel Zendal. Cándido de la Caridad (6 anos): exposto no torno e criado en San Pedro de Nós. Martín (5 anos): entregado polo pedáneo de Dorneda, que tamén o recolle para criar durante 3 anos. José Manuel María (3 anos): exposto no torno e criado en Sada ata os tres anos. Tomás Melitón (3 anos): exposto no torno e criado en Arteixo por tres anos. José (3 anos): exposto no torno e criado en Sada. José Ignacio (3 anos): exposto no torno e criado en Sada. Pascual Aniceto (3 anos): exposto no torno e criado en Crendes. Vicente María Salee y Vellido (3 anos): exposto

no torno cun escrito de compromiso de recuperación por parte dos pais, foi criado en Arteixo. José Jorge Nicolás de los Dolores (2 anos e medio): entregado con dous anos, a súa crianza continuou na Casa de Expósitos.

Cinco cativos estaban ao coidado da Inclusa do Real Hospital de Santiago. Juan Antonio (6 anos): procedente de Santa María de Xiá (Lugo), foi criado en Rivadulla. Jacinto (6 anos): exposto no torno santiagués «con una zintica azul en el puño», foi criado en Forcarei. Gerónimo María (6 anos): viña do hospicio de Ferrol, foi criado en Campo Lameiro. Florencio (4 anos): exposto no torno e criado en Cesuras. Juan Francisco (4 anos): procedente de Coristanco, foi criado en Abegondo.

Andrés Naya, Domingo Naya Antonio Veredia e Vicente Ferrer, da madrileña Casa de Desamparados, completan os 22 rapaces «escollidos para propagar a vacina en América».

Jenner dixo:«Non imaxino que os anais da historia nos acheguen un exemplo de filantropía tan nobre e tan extenso como este». A sentenza de Edward Jenner, o descubridor do antídoto contra a varíola, vén dicir que a difusión mundial «da maior conquista da medicina» foi obra da Real Expedición Filantrópica da Vacina (1803-1812).

Á esquerda, óleo sobre lenzo O Barón Jean Louis Alibert practicando a vacinación contra a varíola no castelo de Liancourt, obra realizada polo francés Constant-Joseph Desbordes en 1820

e con seguro salarial por enfermidade, «con tal que non sexa por pasatempo de mulleres». En 1803, Del Barco e a María Pita (á dereita, maqueta da corveta no Museo Militar da Coruña) inician a campaña da REFV.

Nenos e amas de cría no Hospital de Caridade, en 1912. En 1803 aínda non traballaban monxas

A Real Expedición Filantrópica da Vacina

A Asociación Isabel Zendal está dedicada a fomentar a memoria da primeira expedición sanitaria internacional: a Real Expedición Filantrópica da Vacina. Protagonizada pola corveta María Pita, a enfermeira galega Isabel Zendal e os 22 nenos expósitos que levaron a América nos seus brazos a vacina da varíola. Unha fermosa viaxe que partiu do porto da Coruña en 1803 para facer Historia

Asociación Isabel Zendal R / Juan Sebastián Elcano 24-4º dta. 15002, A Coruña 698 144 376 www.isabelzendal.com Asociación Isabel Zendal @asocisabelzendal

Page 2: A Real Expedición Filantrópica da Vacinaisabelzendal.com/wp_content/uploads/2016/11/Folleto...varíola». A loita vitoriosa contra a epidemia que máis mortes causou na historia

A Coruña de 1803 era unha cidade bicéfala de 14.642 habitantes. Estaba configurada pola Cidade Alta e a Pescadería. Na primeira residía o avoengo local, a Capitanía Xeneral e a Real Audiencia; mentres que na segunda, a máis buliciosa, era o porto o seu gran protagonista.

Unha cidade puxante e cosmopolita, como só podían selo aquelas abertas ao mar: plural, tolerante e enriquecida nos últimos 36 anos coa concesión estatal dos Correos Marítimos para comerciar coas colonias americanas.

Este privilexio concedido polo rei Carlos III en 1764 (compartido con Cádiz) permitiu que A Coruña se convertese nun receptáculo de riqueza, onde o diñeiro perseguía os seus moradores. Por tal circunstancia, a cidade converteuse nun atractivo punto migratorio. O efecto chamada, brindado dende a outra beira do Atlántico, produciu un aluvión humano sen precedentes para instalar comercios e enriquecerse á calor do monopolio estatal.

Con todo, esta bonanza estaba supeditada aos conflitos nos que estaba abocada España, sobre todo coa súa eterna inimiga: Inglaterra, que no seu afán expansionista e posuída dunha portentosa forza naval, ambicionaba

A Coruña: porto de partida

A. Hospital de Caridade. Os nenos expósitos e Isabel Zendal Gómez residían na Casa de Expósitos, que era parte deste centro hospitalario.

B. Igrexa de San Nicolás. Os expósitos coruñeses foron bautizados nesta igrexa. Ademais, era a sede da Confraría das Dores.

C. Casa de Posse Roybanes. A vivenda do médico municipal estaba situada na rúa Franxa, 14.

D. Casa de Del Barco. O capitán da corveta María Pita residía no número 25 da rúa Real.

E. O peirao. Dende este punto partiu a expedición o 30 de novembro de 1803.

Plano da cidade herculina en 1819, elaborado por Felipe Gianzo de Zas para o Servizo Cartográfico do Exército. Foto: Arquivo Histórico da Coruña

A singradura: de brazo en brazo camiño de AméricaA orixe

Seis anos despois da descuberta de Jenner, o rei Carlos IV (na fotografía, retratado ao óleo por Francisco de Goya) dispón organizar a Real Expedición Filantrópica (REFV) para

Que foi dos galegos?

A María Pita retorna á Coruña dende Veracruz –onde desembarcara o grupo de Balmis–, pero non arriba ata o 6 de xaneiro de 1805, tras cinco meses de «permanentes desacougos polos temporais e ser abordados por un corsario inglés» Da situación dos rapaces que saíran da Coruña, informou o Consello Mexicano de Beneficencia: á altura de 1809, dous morreran; catro estudaban na Escola Patriótica; un comerciante adoptara tres rapaces e outro comerciante, tamén tres; un director de hospicio coidaba de dous nenos e outro director, de tres; un médico, o director dun colexio e un párroco tamén adoptaran

cadanseu rapaz. Rematada a campaña filipina, Zendal aséntase en Puebla (agosto de 1807), onde quedara o seu fillo. Nesta cidade mexicana, en abril de 1808, continuaba a percibir os 500 pesos fortes anuais (7.500 reais) asignados aos enfermeiros da REFV, salario que, segundo Gutiérrez, man dereita de Balmis, aínda cobraba en 1811.

Unha estatua (na foto) lembra, na Coruña, a Zendal e os nenos.

O métodoPara levar o pus vacinal ata as Españas de Ultramar e rexeitando unha idea allea de trasladar vacas con varíola, Balmis argallou unha cadea humana de nenos expósitos: unha primeira dose de linfa sería transplantada nos brazos dunha parella de rapaces.

Aos 10-12 días, os grans de varíola destes portadores terían unha pústula central do tamaño dunha lentella, rodeada dun pequeno cerco máis elevado e cheo de pus («coa pinta dunha fermosa flor co seu xermolo no centro»). Neste punto de sazón de materia vacinal, faríase o transvasamento a unha nova parella. Así, de brazo a brazo, a vacina foi facendo camiño ata América.

As escalasDa Coruña, o 30 de novembro de 1803, parte a maior odisea médica da historia. Tras escalas en Tenerife e Puerto Rico, o equipo médico da REFV arriba a Venezuela. Dende aquí, Joseph Salvany e outros tres expedicionarios emprenden a épica travesía que os leva dende Barranquilla ata as illas máis ao sur de Chile. O grupo de Balmis –con cinco axudantes, entre eles a enfermeira Isabel Zendal – recala na Habana antes de desembarcar en Veracruz; despois de vacinar por Guatemala e o interior de México, sae de Acapulco para levar a vacina ata Filipinas. Balmis, en solitario, tras vacinar en Macau, Cantón e Santa Helena, arriba a Lisboa dando por rematado o seu labor de campo na REFV.

levar a vacina ás –entón– provincias españolas de América e Asia. Esta responsabilidade é asumida por dous médicos de cámara do monarca español (Francisco Xavier Balmis, director, e Joseph Salvany, subdirector), dous axudantes-cirurxiáns, dous practicantes e catro enfermeiros. Entre estes últimos figura a única muller que participou na expedición: non é outra que a enfermeira galega Isabel Zendal Gómez.

Baía da Coruña, óleo sobre táboa do pintor valenciano Mariano Ramón Sánchez. Pintado do natural ao redor de 1795, oito anos antes da partida do porto coruñés da Real Expedición Filantrópica da Vacina. Fotografía: © Patrimonio Nacional. Palacio Real do Pardo

Módulo dedicado a Balmis, Zendal e os nenos nunha exposición sobre a REFV celebrada na Domus

Un balance espectacular

Os nenos son o elemento clave sen os que sería imposible completar con éxito a campaña. A historia refire o nome dos que realizaron as viaxes marítimas, pero a gran maioría de heroes anónimos que levaron a vacina cara ao interior estará sempre no esquecemento. O número total dos utilizados como cadea humana e de vacinados é descoñecido. O maior adianto e éxito de REFV foi o sistema organizativo que aplicaron: as «Xuntas de Vacina», rede de centros creados para preservar e transportar o fluído vacún en boas condicións ata os lugares de

vacinación. Dispoñían dun regulamento con instrucións sobre as características do posto de vacinación e como efectuar o censo de vacinados. Nestas xuntas integraron os sanitarios locais para mellorar a aceptabilidade da vacina e utilizaron a prensa para difundir noticias.

Outra dimensión das xuntas era a súa proxección docente e educativa. Era necesario formar os sanitarios locais no exercicio da vacinación para que mantivesen o programa. Contribuíron así a institucionalizar e modernizar a sanidade en América, cuxo control recaía ata ese momento nas ordes relixiosas.

Ubre de vaca infectada con pústulas de varíola. Lámina do libro Tratado de vacinación, publicado en Milán polo doutor italiano Luigi Sacco en 1809

Evolución do gran vacinífero nun brazo. Lámina de Tratado histórico e práctico da vacina, obra de J. L. Moreau de la Sarthe, traducida por Balmis

aqueles territorios e a súa fonte de riqueza. Esta situación foi unha constante durante a permanencia dos Correos Marítimos na Coruña, aos que acosaban ou afundían.

A Paz de Amiens (1802) permitiu ao Estado español realizar unha seria reformulación dos fondeadoiros navais e incorporar á Real Armada os Correos Marítimos e trasladalos á segura e ben fortificada ría ferrolá. A medida ía acompañada pola R. O. que agregaba o porto departamental a comerciar coas colonias, en detrimento do coruñés. Así pois, A Coruña quedou orfa da súa principal fonte de negocio.

Con todo, durante a súa vixencia, o mercantilismo coruñés foi capaz de crear o seu propio tecido estrutural, permitíndolle amortecer o terrible golpe sufrido. Desta forma puido manter intacto o status dos seus habitantes e a súa peculiar idiosincrasia, á que non estaba disposta a renunciar, caracterizándose por ser unha cidade alegre e extravertida que destinaba boa parte das súas ganancias para enriquecerse social e culturalmente.

Unha capital única no norte de España.

DATAS CLAVE

1 30 de novembro de 1803. Comezo da REFV. Parte da Coruña a María Pita, con Zendal e os 22 nenos.

2 9 de decembro de 1803. A expedición chega a Santa Cruz de Tenerife. Parte o 6 de xaneiro de 1804.

3 9 de febreiro de 1804. Chega a Porto Rico.

4 20 de marzo de 1804. O equipo médico da REFV arriba a Puerto Cabello (Venezuela). De aí, a Caracas.

5 8 de maio de 1804. A REFV divídese para sempre, de entrada en dúas rutas. A subexpedición dirixida por Salvany vai cara a América Meridional; a de Balmis parte na María Pita desde La Guaira ata Cuba, con Zendal e os nenos (súmanse seis de La Guaira).

6 26 de maio de 1804. Chegada da Expedición Balmis (EB) á Habana.

7 25 de xuño de 1804. Chegada da EB ao porto de Sisal, na península do Iucatán.

8 24 de xullo de 1804. Chegada da EB a Veracruz, na María Pita. A corveta volve desde este porto á Coruña (chegará o 6 de xaneiro de 1805).

9 9 de agosto de 1804. Chegada da EB á Cidade de México. Os 21 nenos que partiran da Coruña quedan, de entrada, baixo a tutela do vicerrei.

10 8 de febreiro de 1805. O grupo de Balmis, con Zendal, parte desde Acapulco ata Filipinas na Magallanes. Chega a Manila o 16 de abril de 1805.

11 2 de setembro de 1805. Balmis, dende Manila, emprende en solitario o regreso España. Aproveita a espera do navío da ruta Macau-Lisboa para vacinar en Macau (setembro, 1805) e Cantón (outubro, 1805).

12 7 de febreiro de 1806. Balmis abandona Macau.

13 17 de xuño de 1806. Balmis sae da illa de Santa Helena, onde realiza as súas derradeiras vacinacións.

14 14 de agosto de 1806. Balmis chega a Lisboa.

15 14 de agosto de 1807. Chega a Acapulco o grupo asiático, con Zendal. Partira de Manila o 19 de abril.

16 21 de xullo de 1810. Morre Salvany.

17 Xaneiro de 1812. A expedición do cirurxián Manuel Julián Grajales e o enfermeiro Basilio Bolaños –os dous partiran da Coruña en novembro de 1803– chega á Patagonia chilena, ao Arquipélago de Chiloé, outrora coñecido como Nova Galicia. É a derradeira escala da RFEV. Volven logo a Lima (chegan en marzo de 1812).

De Galicia a Nova Galicia

Unha viaxe que mudou o mundo para sempre

AB

C

DE

A Coruña

Sta. Cruz de Tenerife

San Xoán de Porto Rico

A Habana

PuertoCabello

La Guaira

Sisal

Veracruz

Cidadede México

Acapulco

A Manila

De Manila

7

Cartaxena

Medellín

Quito

Lima

A PazCochabamba

Santiago

Chiloé

A Lima

Sta. Helena

De Macau

Lisboa

Á Coruña

Filipinas

De Acapulco

A Acapulco

Cantón

Macau

A Sta. Helena

Manila

14

2

3

4 5

16

17

67

89

1015

13

11

12

1

No mapa recóllense as principais rutas da REFV, dende a súa saída da Coruña en 1803 ata a súa chegada a Nova Galicia (Arquipélago de Chiloé) en 1812

Edita: Asociación Isabel Zendal. Depósito legal: C 2071-2016. Coa colaboración da Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade

Autores dos textos: Antonio López, Carlos M. Fernández, Luis Valiño e Rubén Ventureira. Coordinación da edición: Rubén Ventureira

Ruta conxunta

Expedición Balmis

Expedición Salvany

Expedición Grajales e Bolaño

Regreso de Zendal

Regreso da María Pita