xinkana matemática

3
XINKANA MATEMÁTICO-LITERARIA NO CHANO PIÑEIRO 1.- Matemática ten nome de muller. Sabendo isto, poderás informarte moi facilmente de que matemática inglesa ten un nome de pía igual á dunha profesora deste centro? Por suposto, a resposta da seguinte pregunta é igual de doada: que muller matemática ten un signo de puntuación no seu nome? 2.- Sabes cal é, probablemente, o libro de matemáticas máis vendido de todos os tempos? Se non o sabes busca a resposta na versión para novatos dun libro. Para saber en que páxina está a resposta terás que sumar dez ao número de triángulos que hai na seguinte figura. 3.- Hai un recuncho moi coñecido na Internet ao que acoden os alumnos e alumnas que non son moi traballadores. Para responder a esta pregunta terás que ir ao libro que consulta o alumnado de matemáticas máis lacazán, concretamente á páxina cuxo número é o primeiro número primo maior que a potencia sexta de dous. A cuestión é: A que famosa lei se fai mención en dita páxina? 4.- Viviu en Alexandría. Amenábar describiu a súa vida. O seu nome significa “A máis grande”. Descubre o seu nome no libro das caricaturas. A páxina atoparala na solución do seguinte problema: “Jonathan, Iván e Carlos queren repartirse uns euros que atoparon na discoteca de Forcarei. Jonathan colle a metade máis unha das moedas; Iván colle un tercio das moedas restantes; Carlos colle 20 moedas, e dáse conta de que ten o dobre das moedas de Iván. Cantas moedas atoparon?Divídeo entre 2 e o resultado dáche o número da páxina. 5.- Nas Matemáticas con humor dos nosos antepasados, atoparás quen descubriu a BRÚXULA (compás). Ti que es un(ha) alumn@ moi list@ descublilás a páxina neste Xeloglífico6.- Hai un libro cuxo título chama a atención porque contradí a principal característica do noso profesorado de matemáticas. Cal é este título? Se atopaches este libro, non che resultará difícil averiguar que “Elementos” foi, durante séculos, o libro máis lido despois da Biblia; para saber o seu autor terás que recordar que comeza co pronome persoal tónico da primeira persoa en galego. 7.- Colle o único álbum ilustrado que hai na exposición. Que se estaba construíndo no ano 1178 na cidade natal do protagonista? Cal era o seu alcume? 8.- Busca o máis diabólico dos libros da exposición e mergúllate no sono da sétima noite. Nese capítulo fálase dunha forma de colocar números dentro dun triángulo. Saberías dicir que nome recibe dito triángulo?...non? Dareiche unha pista. Pensa unha potencia que teña a mesma base e o mesmo expoñente e calcula o seu valor. Nesa páxina do libros das personaxes matemáticas atoparás a solución…

Upload: trafegando-ronseis

Post on 28-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Preguntas da xinkana matemático-literaria levada a cabo co gallo do día do libro 2012 no IES Chano Piñeiro de Forcarei. Para resolver estas cuestión o alumnado tivo que mergullarse nos libros de literatura matemática expostos no centro. Nota: Todas as imaxes que acompañan os poemas foron descargadas da Internet.

TRANSCRIPT

XINKANA MATEMÁTICO-LITERARIA NO CHANO PIÑEIRO

1.- Matemática ten nome de muller. Sabendo isto, poderás informarte moi facilmente de que matemática inglesa ten un nome de pía igual á dunha profesora deste centro? Por suposto, a resposta da seguinte pregunta é igual de doada: que muller matemática ten un signo de puntuación no seu nome?

2.- Sabes cal é, probablemente, o libro de matemáticas máis vendido de

todos os tempos? Se non o sabes busca a resposta na versión para

novatos dun libro. Para saber en que páxina está a resposta terás que

sumar dez ao número de triángulos que hai na seguinte figura.

3.- Hai un recuncho moi coñecido na Internet ao que acoden os alumnos e alumnas que non son moi traballadores. Para responder a esta pregunta terás que ir ao libro que consulta o alumnado de matemáticas máis lacazán, concretamente á páxina cuxo número é o primeiro número primo maior que a potencia sexta de dous. A cuestión é: A que famosa lei se fai mención en dita páxina?

4.- Viviu en Alexandría. Amenábar describiu a súa vida. O seu nome significa “A máis grande”. Descubre o seu nome no libro das caricaturas. A páxina atoparala na solución do seguinte problema: “Jonathan, Iván e Carlos queren repartirse uns euros que atoparon na discoteca de Forcarei. Jonathan colle a metade máis unha das moedas; Iván colle un tercio das moedas restantes; Carlos colle 20 moedas, e dáse conta de que ten o dobre das moedas de Iván. Cantas moedas atoparon?” Divídeo entre 2 e o resultado dáche o número da páxina. 5.- Nas Matemáticas con humor dos nosos antepasados, atoparás quen descubriu a BRÚXULA (compás). Ti que es un(ha) alumn@ moi list@ descublilás a páxina neste Xeloglífico”

6.- Hai un libro cuxo título chama a atención porque contradí a principal característica do noso profesorado de matemáticas. Cal é este título? Se atopaches este libro, non che resultará difícil averiguar que “Elementos” foi, durante séculos, o libro máis lido despois da Biblia; para saber o seu autor terás que recordar que comeza co pronome persoal tónico da primeira persoa en galego. 7.- Colle o único álbum ilustrado que hai na exposición. Que se estaba construíndo no ano 1178 na cidade natal do protagonista? Cal era o seu alcume? 8.- Busca o máis diabólico dos libros da exposición e mergúllate no sono da sétima noite. Nese capítulo fálase dunha forma de colocar números dentro dun triángulo. Saberías dicir que nome recibe dito triángulo?...non? Dareiche unha pista. Pensa unha potencia que teña a mesma base e o mesmo expoñente e calcula o seu valor. Nesa páxina do libros das personaxes matemáticas atoparás a solución…

9.- Sabes que matemático axudou ao rei francés Enrique IV descifrando códigos secretos do

rei español Felipe II? A solución está nun libro escrito por alguén que comparte nome de pila

cun famoso piloto español e apelido cun gran xogador de

baloncesto español dos anos oitenta. O seguinte elemento da

serie darache a pista sobre a páxina na que tes que buscar.

10.- Na Baronía non contan coma nós. Alí eu tería damanitano anos. Para saber a miña idade

terás que atopar un libro que é coma un golpe dado na cabeza e para saber a páxina terás que

sumar oito á suma das cifras do meu DNI. Del direiche que ten oito cifras todas diferentes; que

o produto das dúas primeiras é 35; que a suma da segunda e a terceira é 10; que a quinta é o

cadrado da cuarta e que as tres últimas forman un múltiplo común de 34 e 12.

11.- Se che digo que podo probar que unha folla dun xornal ten unha única cara, pensarías que estou tolo? Non me odies. Nin a min, nin a miña paixón polas mates. De feito, se es quen de resolver esta operación

[ 15 – 3 · ( 5 – 2 ) + 5 ]2 – 3

obterás a páxina na que se fala do personaxe que poder dar fe da miña cordura respecto ao da folla de papel. De quen se trata? Nota: Que non sabes en que libro tes que buscar? Le con atención esta pregunta e deduce…

12.- Busca o libro que teña na portada 6 simetrías e 3 paralelas e resolve: “Se a idade do meu fillo lle engadimos outro tanto e unha metade máis, darán 10 anos. Así cantos anos ten?” Vai agora á páxina capicúa de 3 díxitos cuxa suma coincide coa solución de problema. Que personaxes aparecen debuxados en dita páxina?

13.- Agardo que nunca tiveras o desexo que acabar con un dos meus como cita o título do

libro do que che estou a falar, pero cando a novela estea na túas mans vai ao capítulo que vén

dado pola metade dos cadros negros dun taboleiro de xadrez e responde: de que cor é a casa

do señor José?

14.- Para responder a esta pregunta terás que buscar un libro que veu do país do sol nacente e

que fala de fórmulas, gustos e profesores. Con que operación matemática podes relacionar o

nome do neno protagonista da novela? Precisas saber algo de inglés, pero confío en ti…

15.- Quen lle pregunta a táboa de multiplicar a Alicia? Non é ningún dos profesores que

coñeces, pero si alguén que aparece nun libro cuxo título podería ser: A nosa artista

desorientada. Se queres saber a páxina na que atopar a resposta engádelle un cero ao número

de pasteis solución do problema seguinte: se un pastel pesa dous quilos máis que o peso de

medio pastel, canto pesará un pastel e medio?

NOME: ………………………………………………………………………….………

CURSO: ……………………..

XINKANA MATEMÁTICO-LITERARIA TÁBOA DE RESPOSTAS

Nº 1

Nº 2

Nº 3

Nº 4

Nº 5

Nº 6

Nº 7

Nº 8

Nº 9

Nº 10

Nº 11

Nº 12

Nº 13

Nº 14

Nº 15