· web viewmemoria técnica paei axudas 2019-2020 núm. expediente: in421 v-19a _____ proxectos de...

7
Memoria técnica PAEI Axudas 2019-2020 Núm. Expediente: IN421V-19A_____ Proxectos de actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial Nome/Razón social do solicitante Título do proxecto Situación do proxecto Provincia: Concello:

Upload: others

Post on 27-Feb-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Memoria técnica PAEIAxudas 2019-2020

Núm. Expediente: IN421V-19A_____Proxectos de actuacións de eficiencia enerxética en PEME e

gran empresa do sector industrial

Nome/Razón social do solicitante

Título do proxecto

Situación do proxectoProvincia: Concello:

Toda a información que se require nesta memoria debe cubrirse correctamente. Valorarase a claridade e calidade documental da información presentada, polo que a falta de datos poderá supoñer o arquivo do expediente por falta de definición da actuación.A memoria deberá de estar asinada por un técnico cualificado, indicando o nome completo e o seu DNI.

1. SECTOR E ACTIVIDADE DA EMPRESA SOLICITANTE

1.1. Sector Sector Industrial Empresa de Servizos Enerxéticos.

1.2. Actividade (no caso de empresas de servizos enerxéticos describir o servizo que prestará).

2. DATOS XERAIS DO CENTRO DE TRABALLO NO QUE SE EXECUTA O PROXECTO

2.1. Materias primas empregadas:

2.2. Produtos finais:

2.3. Instalacións do proceso produtivo (enumerar as instalacións características do proceso produtivo):

3. CONSUMOS ENERXÉTICOSOs datos referentes aos consumos enerxéticos totais do centro de traballo e dos equipamentos afectados polo proxecto deben cubrirse na “Ficha de consumos” que debe achegar como documento anexo en formato .xls.

4. DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS A REALIZAR

4.1. Tipoloxía do proxecto

Marque cun “X” a opción que corresponda

Mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais

Implantación de sistemas de xestión enerxética

4.2. Descrición da situación actual

(Para cada unha das actuacións)

4.3. Descrición da/s actuación/sIndicar que instalacións se van a renovar, que equipamentos se van a instalar, etc.

(Para cada unha das actuacións)

4.4. Xustificación dos aforros enerxéticosA xustificación tense que realizar mediante cálculos, expresando o aforro enerxético (tanto de electricidade como térmico por cada tipo de combustible) en unidades de enerxía por ano (kWh/ano e tep/ano, factor de paso de kWh a tep: 1MWh = 0,086 tep) (o aforro enerxético ten que ser coherente cos valores de consumos anteriores e posteriores á actuación indicados no documento de “Ficha de consumos”)

(Para cada unha das actuacións)

4.5. Xustificación da redución de emisións de CO2 Xustifique a redución de emisións respecto á situación inicial en t CO2/ano.

(Para cada unha das actuacións)

5. ORZAMENTO DETALLADO

Equipos, instalacións, montaxe e posta en marcha (indicar de forma detallada)

*Novo elemento ou substitución

UnidadesPrezo unitario

Investimento(sen IVE)Material Man de

obra€€€€€€€€

TOTAL (sen IVE) € IVE (%) %

TOTAL (con IVE) €

*Novo elemento ou substitución. Indíquese N ou S segundo o seguinte criterio:N - Cando o obxecto da subvención consista na incorporación dun novo elemento sen eliminar ningún equipo existente.S - Cando o obxecto da subvención substitúe a outro elemento.

6. INVESTIMENTOS

6.1. Investimento total en eficiencia enerxética (sen IVE). Investimento relacionado directamente co aforro e eficiencia enerxética incluíndo a obra civil e outros custos directos asociados. Indicar o valor en euros.

Investimento total en eficiencia enerxética (sen IVE) (€) (1)

6.2. Investimento en maquinaria (sen IVE). Parte do investimento total que corresponde a maquinaria, sen incluír os custes da instalación asociada. Indicar o valor en euros.

Investimento en maquinaria (sen IVE) (€) (1)

6.3. Obra civil (sen IVE). Investimento en obra civil necesario para acadar os obxectivos enerxéticos da actuación. Indicar o valor en euros.

Obra civil (sen IVE) (€) (1)

(1) Os custes do investimento total en eficiencia enerxética, investimento en maquinaria e obra civil deben ser coherentes cos que figuren nas ofertas técnicas de provedores para a actuación proxectada achegadas como documentación complementaria.

6.4. Investimento de referencia (sen IVE). Para proxectos nos que os custes do investimento en eficiencia enerxética non poidan identificarse nos custes totais do investimento como investimento separado (Substitución de elementos). Indicar o valor en euros.

Investimento de referencia (sen IVE) (€) (2)

(2) Custe dun investimento similar, que implique menor eficiencia enerxética, que se podería realizar de xeito crible sen a axuda. Este custe do investimento de referencia debe ser coherente co que figure na oferta técnica dun provedor para a actuación de referencia achegada como documentación complementaria.

6.4.1. Descrición do investimento de referenciaRealizar unha breve descrición indicando cal sería o investimento de referencia (investimento debidamente xustificado en tecnoloxía menos eficiente, pero que cumpra en todo caso coa lexislación vixente). Describir os motivos nos que se fundamenta a menor eficiencia deste investimento con relación ao investimento proxectado.

(Para cada unha das actuacións)

7. DOCUMENTACIÓN TÉCNICA COMPLEMENTARIA1) Documento “Ficha de consumos PAEI”.

2) Fotografías que reflictan a situación actual, incluíndo cando proceda a placa de características técnicas dos equipos sobre os que se actúa.3) Plano de situación das instalacións no establecemento coa distribución dos equipos.4) Características técnicas dos equipos (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante).5) Tres ofertas de distintos provedores ou memoria xustificativa de que non existen no mercado máis provedores que produzan os equipos ou presten os servizos.6) No caso de investimentos non separables, oferta técnica dun provedor que avale o custe do investimento de referencia.

8. DECLARACIÓN RESPONSABLEO técnico que asina esta memoria declara que as ofertas técnicas que avalan os custes dos investimentos proxectados e dos investimentos de referencia son comparables dende o punto de vista funcional (proxectos co mesmo nivel de produción) e que as dúas inclúen os conceptos necesarios para poder comparalas economicamente (se nunha se inclúe a adquisición, montaxe e posta en marcha dos equipamentos, na outra tamén se deben contemplar todos eses conceptos).O técnico asinante declara tamén que o proxecto que figura como investimento de referencia cumpre coa lexislación e normativa vixente.

Sinatura do técnico que enche a memoria: Nome e apelidos: DNI:Titulación: