todos a ler

41
Tamén len Mes das Letras 2010 Bibliotecas Escolares de Galicia 1. Alfonso Armada 2. Alfonso Hermida 3. Ana Leilia 4. Borja Golán 5. Carlos Blanco 6. Carme Hermida 7. Claudia Martinez 8. David Meca 9. Edgar Vigo 10.Fátima Ameneiro 11.Guadi Galego 12.Jacobo F. Serrano 13.Joao Baptista 14.Manrique Fernández 15.Manuel Estevez 16.Marilar 17.Marinella Terzzi 18.Martiño Noriega 19.Miguel A. F. Lores 20.Miguel de Lira 21.Moncho Varela 22.Nacho Sierra 23.Pablo Cimadevila 24.Paco Lodeiro 25.Paco Souto 26.Pemon Bouzas 27.Pico Olveira 28.Pilar Rego 29.Santi Romay 30.Sechu Sende 31.Silvana Moril 32.Susana Lamela 33.Susana Seivane 34.Teresa Portela 35.Terio Carrera 36.Tomás Alonso 37.Victor Fábregas 38.Xurxo Mira 39.Xosé M. Millán 40.Yolanda Castaño

Upload: curtisbiblio

Post on 20-Mar-2016

239 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

Todos a ler

TRANSCRIPT

Page 1: Todos a ler

Tamén len

Mes das Letras 2010

Bibliotecas Escolares de Galicia

1. Alfonso Armada 2. Alfonso Hermida 3. Ana Leilia 4. Borja Golán 5. Carlos Blanco 6. Carme Hermida 7. Claudia Martinez

8. David Meca 9. Edgar Vigo 10. Fátima Ameneiro 11. Guadi Galego 12. Jacobo F. Serrano 13. Joao Baptista 14. Manrique Fernández 15. Manuel Estevez 16. Marilar 17. Marinella Terzzi 18. Martiño Noriega 19. Miguel A. F. Lores 20. Miguel de Lira 21. Moncho Varela 22. Nacho Sierra 23. Pablo Cimadevila

24. Paco Lodeiro 25. Paco Souto 26. Pemon Bouzas 27. Pico Olveira 28. Pilar Rego

29. Santi Romay 30. Sechu Sende 31. Silvana Moril 32. Susana Lamela 33. Susana Seivane 34. Teresa Portela 35. Terio Carrera

36. Tomás Alonso 37. Victor Fábregas

38. Xurxo Mira 39. Xosé M. Millán 40. Yolanda Castaño

Page 2: Todos a ler

Iste proxecto naceu coma unha iniciativa do noso Equipo de Biblioteca alá polo comezo deste curso. Era a nosa intención contactar con persoas coñecidas pola súa actividade profesional, non estando esta directamente relacionada cos libros e a lectura e amosarlles ós nosos escolares que estas persoas TAMÉN teñen entre as súas actividades e gustos a de LER. Mostrar modelos. E que eses modelos lles falasen de libros favoritos, da súa afección pola lectura, de cando e como comezou esta… Fixémola extensiva ás Bibliotecas Escolares de Galicia integradas no PLAMBE e algunhas delas colaboraron achegandonos respostas e imaxes. O esforzo foi grande pois falabamos con persoas, xeralemente moi ocupadas. Esperamos, de corazón, que todo este traballo poña unha pedriña máis na construcción do gusto lector dos nosos escolares e de cantos se acheguen a este caderno. Agradecemos, asemade, ó ilustrador, Jaime Eizaguirre a súa xenerosidade. E, un ano máis:

Felices experiencias lectoras!

Mª Olga R. Díaz Responsable da Biblioteca Escolar do CEP. Milladoiro de Malpica de Bergantiños

Abril de 2010

Page 3: Todos a ler

Alfonso Armada

Xornalista e director do máster de ABC

Non entendería un mundo sen libros e, cando digo libros, digo historias, encadernadas ou agachadas nunha lámina electrónica, nun tebeo ou nun e-book, nunha revista ou nun exemplar de tapa dura, nun e-book ou en internet. Estamos feitos de historias. Pensamos con palabras e con palabras soñamos e imaxinamos. A miña idea do paraíso consiste nun confortable sillón de orellas, millóns de libros e toda a eternidade para ler e seguir lendo. Gusto da poesía e do ensaio, do teatro e da novela, dos libros de viaxes e dos cómics, das biografías e dos diarios. Diante da miña mesa de traballo teño dende hai anos unha fotografía de Franz Kafka. É para mín un exemplo de escritor. Pero non é o único. Para mín a vida sen literatura, sen palabras para entedermos o que somos (ou polo menos tentalo, darlle un sentido á existencia), non tería sentido. Aínda que comparto a idea dos existencialistas de que a vida non ten máis fin que vivila, e non agardo nada tras da morte. E se hai algo, que sexa unha biblioteca". Alfonso Armada

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 4: Todos a ler

Ana Cantante e Pandereteira. Grupo Leilía

A verdade é que me resultaría complicado escoller un libro como favorito!

De cada un deles aprendín algo..., incluso dos que non me gustaron...

A lectura é un deses praceres perfectos, porque cada vez que abres a tapa dun libro..., mergúllaste nunha aventura: un día es pirata nos mares do Sur, outro eres un espía destinado a salvar ao mundo dun grupo de terroristas do espazo, que ameazan con voar a terra, outro día eres un rapaz que acaba de mudarse a outra cidade e non acaba de atopar o seu sitio…

Os libros son como guións de cine, nos que moldeando as personaxes, chegas a emocionarte, a aprender, e sobre todo enriquéceste!

O tempo adicado a un libro é máis que aproveitado.

Os libros son o refuxio perfecto.

Un mundo cheo de aventuras ao alcance da túa mán!. Mergullate!.

Ana

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 5: Todos a ler

Bibliotecas Escolares de Galicia

Borja Golán Campión de España e Europa de Squash

Cada ano que pasa gozo máis da lectura. Cando era un cativo non adoitaba ler máis do que mandaban no colexio. Empregaba o tempo en ir a clase, adestrar, competir e quedar cos amigos. Cando me convertín en profesional e as viaxes se fixeron máis frecuentes intereseime máis pola lectura polas innumerables horas que pasaba nos aeroportos e lonxe da casa. Sempre tratei de ler libros que me aportaran algo útil, tanto no deportivo coma no persoal. Como dicía o escritor Richard Steelel “a lectura é a intelixencia o que o exercicio é ao Corpo”, por eso, ademais de relaxarme e manterme entretido, axúdame a exercitar a mente, a aprender cousas interesantes e a ver a vida dende diferentes prismas. Ler é coma viaxar, aínda que moito máis cómodo e barato. Para que unha lectura sexa fructífera é necesario escoller un relato que trate temas que nos interesen e nos manteñan motivados. Un dos meus libros favoritos é a Biografía do Che Guevara, que tivo unha vida tan épica e emocionante coma desafortunada. Outra obra coa que gocei moito foi coa colección do Capitán Alatriste, no que Pérez Reverte crea un escenario e unha personaxes que che fan vivir no Madrid do Lope de Vega e Velázquez. Na miña opinión, ler é un vicio san, que entretén e enriquece, e que nos aporta novos coñecementos que nos axudarán a obter máis éxitos na vida.

Borja

Page 6: Todos a ler

Carlos Blanco

Actor

UN LIBRO SEMPRE É ÚTIL. NA PONTEPEDRIÑA OU NA BAÍA DE SAN SALVADOR.

PODERIAMOS VIVIR SEN LIBROS...E SEN AMIGOS, E SEN AMOR, E SEN PERNAS...

¿PERO QUE NECESIDADE HAI DE PRESCINDIR DE AQUELO QUE NOS FAI FELICES?

A PREGUNTA DEBERÍA SER AO REVÉS:

¿ REALMENTE ES QUÉN DE VIVIR SEN A LECTURA?

E, se mo permitides, coido que non é un mal eslogan esta última frase.

Saúdos

Carlos Blanco

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 7: Todos a ler

Carme Hermida

Profesora na USC. Concelleira en Teo

A meus pais non lles gustaba que lese. Para quitarme ese vicio, así o consideraban antes, primeiro dicíanme que ía acabar coa vista e despois que ía tolear –e iso que nunca leran o Quixote. A lectura para min converteuse nunha actividade clandestina. Tiña libros agachados por tódolos lados, especialmente detrás do espello do cuarto de baño. O día que descubriron alí un libro levei unhas labazadas.

Leo porque é o xeito de protagonizar aventuras que nunca vivirei, experimentar sentimentos que nunca sentirei, coñecer países ós que nunca viaxarei e residir en mundos e épocas en que nunca estarei. En definitiva, eu teño unha vida, pero como lectora vivo todas e cada unha das peripecias existenciais dos personaxes das obras que leo.

Non teño libros favoritos. Pero si hai libros que me gustaron moito e, sobre todo, hainos que de só lembrar o título revivo a intensa sensación de benestar que me produciu lelos. Vou citar só catro: Mar morto, do brasileiro Jorge Amado; La sonrisa etrusca, de José Luís Sampedro; O señor dos aneis, de J. R. Tolkien e ¿Que me queres, amor?, de Manolo Rivas.

Carme

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 8: Todos a ler

Claudia Martínez

Xogadora das seleccións Española e Galega de Fútbol sub16

Leo para relaxarme e buscar una distracción das tarefas cotiás. Ademais podo coñecer outros mundos e outras vivencias a través dos libros. Claudia recoméndanos A Praia dos afogados de Domingo Villar.

Ten 15 anos

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 9: Todos a ler

David Meca

Nadador en distancias abertas

Entre aeropuerto y aeropuerto he preparado un breve texto sobre mi libro favorito de la infancia: Recuerdo de forma especial El Principito, no sé cuantas veces pude llegar a leerlo. Lo guardo con cariño como libro de cabecera de mi infancia y no hace mucho lo volví a leer. Su trasfondo revela el verdadero valor de la amistad, el amor y tiene un simbolismo especial sobre el sentido de la vida visto desde los ojos de un niño. Su espíritu aventurero viajando por diferentes planetas también me fascinó y me trasladó a un mundo de sueños. Aprendí muchas cosas al leerlo. No sólo recomendable para niños sino también para adultos. Debería estar presente en muchos momentos de nuestra vida.

Hay una frase que para mi tiene un significado especial “Caminando en línea recta no puede uno llegar muy lejos...”. Me quedo con ella. Os recomiendo a todos que entréis en el mundo de El Principito.

David

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 10: Todos a ler

Édgar Vigo López Campeón de Ralies

Bibliotecas Escolares de Galicia

PARA QUE LES?: A lectura é unha das actividades máis necesarias para a vida de tódalas persoas. No meu caso, leo principalmente para estar ben informado de todo canto acontece ao meu redor, tanto no eido deportivo automobilístico, coma principalmente, nas novas de actualidade diaria. Ademáis, a lectura tamén a emprego para distraerme e desfrutar de momentos de relaxación, así como, para a miña formación profesional, servíndome para estar ao día de tódalas novidades. QUE RECOMENDARIAS PARA LER?: Nestes intres, a lectura a traverso de internet é a que adico un maior espazo de tempo. Hoxe en día, as posibilidades da rede permiten que non so teñas un punto de vista para as cousas, senón que podes atopar todo tipo de opinións e interpretacións que che servirán para crear a túa propia idea dos asuntos que che importen. Para min, é moi interesante a web: www.xornal.com con novas de todo canto acontece no pais. É moi interesante empregar ben as ferramentas de búsqueda tipo Google para buscar todo o que exista relacionado có tema que che importa nun determinado intre. Ademáis, en termos puramente deportivos, a web: www.curuxarallye.info é o mellor portal para estar ao día das novas do deporte automobilístico.

Edgar

Page 11: Todos a ler

Fátima Ameneiro Teijeiro Campeona de Ralis

Bibliotecas Escolares de Galicia

Considero a lectura indispensable na nosa vida e como unha forma diaria de enriquecemento persoal. Por iso, leo para estar informada das cousas. Actualmente, pola adicación ó noso deporte: o automovilismo deportivo, centro a miña lectura nas publicacións relacionadas con este tema, en revistas e xornais como: MotorGalicia, Cronomotor, FibradeCarbone ou AutoHebdoSport e tamén en calquera libro publicado por compañeiros deportistas ben sexa autobiografías ou sobre a historia e evolución do mundo do motor. Sen esquecerme de calquera libro de viaxes onde narren a historia do país, a súa cultura, curiosidades,… Noutro tipo de lecturas,especialmente gardo agradables recordos do libro Yo Claudio de Robert Graves o cal recomendo polo seu interese. Penso que cada un ten que centrar a lectura nas súas preferencias, inquedanzas e topar nesas publicacións as respostas o que lle preocupa, logrando con isto ver outros puntos de vista e experiencias alleas.

Fátima

Page 12: Todos a ler

Www.portaldenoticias.com

Guadi Galego Cantante

Hai libros que me tocaron no corazón,se cadra un dos que máis creo que foi o De catro a catro de Manoel Antonio. É un deses libros que voltan á mesiña do teu cuarto cada tempada. Cambia de tapas,ás veces gris,ás veces verde, cartoné ou rústica, modernízase ou non, cambia cos tempos, ou é o tempo o que o cambia a el, porque en cada lectura atopas algo novo. É real e á vez máxico. É cantable, poético e narrativo ,tanxible e hetéreo pero sobre todo é noso, poderoso, respectuoso, magnánimo e íntimo, local e universal. É o MAR.

Guadi

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 13: Todos a ler

El tiempo entre costuras, de María Dueñas

Joao Baptista Xogador da selección de fútbol do Brasil

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 14: Todos a ler

Jacobo Fernández Serrano Escritor e Ilustrador

EL CONDE DE MONTECRISTO De Alejandro Dumas

Moi difícil escoller un so libro. Hai moitos importantísimos. Mais esta é unha recomendación que nunca erra. Tanto ten que moita xente

coñeza algo do argumento a través das miles de adaptacións televisivas, lelo é outra cousa. Andaría polos trece cando o collín na abondosa biblioteca dos meus pais. Nun exemplar encadernado en pel dalgunha daquelas coleccións de clásicos universais. Era verán. Eu tamén tiña unha vaga idea do argumento, xa contaba no maxín

coa imaxe dun preso farrapento e con barba e melenas ata o chan. E cunha illa cárcere no medio do mar revolto. Mais o que atopei

naquelas páxinas era outro mundo. Unha historia brutal. Ese libro significa para min o goce de ler, simplemente. Esquecín xa moitos

detalles da historia, pero manteño intacta na memoria a intensidade do disfrute experimentado por min co libro. Agradézollo a Dumas

que o escribiu e a aos meus pais que o tiñan na casa.

Jacobo

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 15: Todos a ler

Manuel Estévez Xornalista TVG

Achegueime aos libros polo seu olor. Gústame deixarme envolver polo aroma do papel e da tinta da letra imprimida. Aquel libro levaba tempo na casa. Unha tarde de verán cheireino e sentinme atraído polo seu suxestivo título: A idade prohibida. A pícara curiosidade levoume a ler as primeiras frases e sen apenas decatarme vinme mergullado nun mundo de adolescentes que, coma mín, comezaban a facer fronte aos desafíos da vida. Durante moitos días Anastasio, Enrique, Celia, Maribel... formaron parte da miña existencia cotiá. Sentín as súas fortunas e os seus pesares coma se fosen propios. Así foi como descubrín o reconfortante pracer da lectura. A ese libro seguíronlle outros moitos. Libros cos que rín e cos que me emocionei. Libros que me fixeron soñar pero tamén reflexionar. Libros cos que, sobre todo, aprendín o inmenso poder que encerran as palabras.

Manuel Estévez

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 16: Todos a ler

Manrique Fernández

Escritor

O que é para min a lectura: - A lectura e paixón, sentimento e unha porta aberta para mergullarte en mundos descoñecidos, para vivir outras vidas e para saír da rutina. O meu libro favorito: - De neno devoraba, sobre todo, tebeos. Logo pasei a Stevenson, Verne, Ende, Tolkien... Non podería destacar un só libro, pero si calquera dos autores citados.

Manrique

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 17: Todos a ler

Marilar X. Aleixandre Escritora

Leo para entrar noutros mundos, así no creado por Aleksandar Hemon no Proxecto Lázaro, sobre o asasinato dun anarquista.

Marilar

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 18: Todos a ler

Marinilla Terzzi Escritora

Los libros son ventanas. Cuando los “descubro”, cuando descorro sus cortinas, cuando abro sus postigos, entra la luz. Entonces, conozco mundos diferentes al mío, o tan similares que me hacen darme cuenta de que no estoy sola. Porque sufro, río y siento como los personajes que me miran desde las páginas impresas. Ellos me alimentan y me hacen pensar. Sus viajes, sus recorridos vitales me ayudan a crecer, me ayudan a vivir. Cierro el libro y vuelvo al día a día, a lo cotidiano, a lo de siempre. En los libros -anidando en sus nidos de papel- quedan la sorpresa, lo desconocido, lo distinto: el juego de ser otro. Esperando que algún día alguien le de la oportunidad de levantar el vuelo en libertad. Esperándome…

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 19: Todos a ler

Martiño Noriega Alcalde de Teo

Leo, entre moitas outras cousas, para viaxar, saber como respira unha cidade na que nunca estiven, emocionarme e mirar outras vidas a través doutros ollos. Leo para manchar as follas do libro co resto do café, aprender verbas novas, contarlle contos aos cativos e historias aos adultos, aforrar en terapias, resetear o disco duro do coñecemento con cousas que vallan a pena e viaxar no tempo, do pasado ao futuro, sen correr riscos innecesarios.

Leo porque medrei rodeado de libros con vocación de seres vivos e non elementos decorativos, para mercar un anaco de liberdade, aprender a pensar por un mesmo e orientarme no espazo e tempo.

Leo para alugar modestamente e sen pretensións un anaco de Rivas, Ferrín, Avilés, Beiras, García Montero, Pilar Buela, Dobao, Davide e Antía Otero, Rosalía, Neruda, Carme Hermida, Benedetti, Manuel María, Almudena Grandes, Novoneyra, Carlos Casares, Ana Romaní, Sartre, Lucía Aldao, Suso de Toro, Rosa Aneiros, Camilo Franco, Ramonet, Lois Pereiro e moitos outros e outras a risco de que me acusen de monopolio.

Por todo isto e máis leo, e parafraseando a Celso Emilio eu leo “porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña…”

M. Noriega

Alcalde de Teo

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 20: Todos a ler

Leo para vivir novas experiencias, para estimular a imaxinación, para ter máis experiencias das que un pode ter na súa vida sen literatura. Para estimularme e ser cada día mellor, para coñecer outras culturas e ampliar os horizontes. Leo tamén para documentarme, para aumentar o meu coñecemento sobre a ciencia, sobre as cousas que nos arrodean, sobre Galiza e sobre o resto do mundo, para facer o ben aos demáis a través da política, para mellorar a nosa cidade e para facer cos libros cousas tan lindas como o Salón do Libro, ese espazo ao que seguro que todas e todos vós fostes algunha vez e comprobáchedes todo o bo que teñen os libros e todo o que nos poden axudar a ser máis felices e vivir máis ledos.

Miguel Anxo Fernández Lores Alcalde de Pontevedra

Miguel Anxo F. Lores Médico. Alcalde de Pontevedra

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 21: Todos a ler

Miguel de Lira

Actor

Anímovos a que leades cómics e tebeos porque son como películas impresas. Son guións ilustrados con personaxes de papel. En Galicia temos grandes guionistas e debuxantes. Este tipo de lectura, ademais de amena, é altamente recomendable para despertar a imaxinación.

miguel de lira

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 22: Todos a ler

Cando eres irmán pequeño nos anos sesenta, normalmente herdabas todo, incluso os libros. No noso caso aforrabamos a nosa paga para poder mercar o AS, e máis tarde o Don Balón. Sempre nos gustaron os deportes e devoraba todas as páxinas das revistas. Tamén me gustou sempre a actualidade, e lembro que mercaba a revista Triunfo, unha publicación crítica co Réxime.

En canto ós libros de cando era pequeniño, lembro que tiña un dos Irmáns Grimm e sempre me fixo graza o de O gato con botas. Gustábanme, en xeral, aqueles que me levaban a outro mundo, a un sitio afastado onde calquera cousa podía pasar e as regras do xogo cambiaban: homes que podían voar, casas que podían ser tiradas cun simple soplido…

Por iso me afeccionei á lectura. Por un lado, grazas ás revistas de actualidade, podes tirar as túas propia conclusións do que ocorre. Por outro, a literatura fai que viaxes sen moverte do sofá.

Os meus parabéns ós profesores e alumnos do CEIP. Milladoiro que participaron nesta importante iniciativa.

José Ramón Varela Rey Alcalde de Malpica

Moncho Varela Alcalde de Malpica

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 23: Todos a ler

Nacho Sierra Especialista en conducta animal. Presentador de TV

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 24: Todos a ler

Os deportistas pasamos moitas horas adestrando, pero tamén en aeroportos, hoteis e hospitais. Neses intres de espera, concentración e tempos interminables de recuperación, un libro é a mellor axuda para amenizar na terminal do aeroporto, disipar a tensión no hotel antes da competición e combater a frustración cando te estas a recuperar dunha lesión. Nas tres Olimpiadas nas que participei tiña un libro o carón da cama na vila olímpica. E, igual que unha canción ou un perfume recordan a esa chica ou ese día especial, cando agora collo ese libro na miña casa, lembro todas as emocions, ledicias e tristezas que me aconteceron naquel momento. Porque ler un libro faite feliz cando o lés pero tamén cando recordas o momento no que o liches a persona que cho regalou ou o lugar onde o conseguiches. Porque ler é recordar, e… ¿quen non quere ter recordos?

Pablo

Pablo Cimadevila Doble medallista olímpico de natación paralímpica

Bibliotecas Escolares de Galicia

Www.asociacionamizade.org

Page 25: Todos a ler

O meu libro favorito de neno foi o das Aventuras de Tom Sawyer de Mark Twain, ainda que tamén gocei moito lendo a serie de Los cinco de Enyd Blyton. A razón de afeccionarme á lectura foi poder vivir aventuras sen sair da miña habitación...

Bicos

Paco

Paco Lodeiro Presentador de Cifras e Letras (TVG)

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 26: Todos a ler

O certo é que de pequeno nunca fun un grande lector e non sabedes como agora, de grande, boto

de menos terlle adicado algo máis de tempo á lectura e menos ao xogo. Que tamén é moi

importante, claro. De xeito moi especial lembro o libro de O principiño, en castelán, xa que apenas había libros traducidos ao galego, e tamén moitos de Jack London. Lembro unha edición fantástica das 100.000 leguas de viaxe submarina de Xulio Verne que me agasallaron porque estaba enfermo. Nunca crin que puidese haber tantos

nomes de animais marinos. Agora gusto moito de ler en alto e de dar recitais de poesía para a xente, mándovos unha foto así…

Paco

Paco Souto Poeta

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 27: Todos a ler

Pemón Bouzas

Xornalista

Cando mozo, os libros de aventuras eran os que màis me gustaban. Lembro Un mundo perdido de Conan Doyle, Lord Jim de Conrad e, sobre todo, Viaje al fondo de la Tierra de Julio Verne. Logo viñeron outros libros, outros escritores, outras temáticas, de Rosalía a Cunqueiro, de Cortazar a García Márquez, de John dos Pasos a Auster, pero quizais o libro que máis veces lin, en distintas edicións e traducións sexa Corazón de Tinieblas de Joseph Conrad.

Pemón

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 28: Todos a ler

O libro que recomendo ler é A casa da luz de Xabier P. Docampo, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. É unha novela que foi levada ao cine por Carlos Amil nunha película na que eu colaboro, aínda que de momento está pendente de estrea.

Pico Olveira

Pico Olveira Actor

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 29: Todos a ler

¿Para que leo? PARA DESCUBRIRMe...

...delirando coma unha idiota sobre a violencia...

(TIC- TAC Suso de Toro...)

...rebuscando unha resposta nun inmenso labirinto

(La sombra del viento Carlos Ruíz Zafón)

...paseando polo barrio dos mortos co amigo Vitaminas

(El Mundo Juan J. Millás)

..E para rir, chorar, suspirar, mirar, para viaxar a outros universos.

Pilar

Pilar Rego Presentadora TVG

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 30: Todos a ler

¡Boas rapaces! Como podedes ver nesta foto, estou lendo un libro. Unha actividade que deberiades prácticar a miúdo, dado que é algo fantástico. Unha das experiencias máis apaixoantes da miña vida foi poder descubrir As bruxas de Roald Dahl con apenas dez anos. Este libro despertoume o apetito pola lectura. As bruxas foi para min un libro máxico. Unha historia de intriga que te absorbe e te sorprende, e nunca te deixará indiferente. Aventuras como estas provocan a paixón por seguir descubrindo, o longo dos anos, novas historias que desperten a túa imaxinación. A lectura introdúcete en mundos diferentes e maravillosos. Gracias a Roald Dahl, entre outros, levo bastantes percorridos. Animádevos vós tamén.

Santi Romay

Santi Romay Actor

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 31: Todos a ler

Tenho centos de livros favoritos mas hoje, a estas horas, vem-me á cabeça Ruído de motos, de Kiko Neves. Tamém, Pippi Langstrumpf, de Astrid Lindgren. Um abraço e parbens pola iniciativa,

Séchu

Sechu Sende Escritor

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 32: Todos a ler

Leo dende pequena, aínda recordo As primeiras aventuras de Teo, ou os primeiros libros do Barco de Vapor, como El Diario de Paul y Susi.

E dende entón foron moitas as obras que marcaron a miña mocidade, como as Aventuras de Flanagan, ou clásicos como El retrato de Dorian Gray.

Na actualidade, e debido a miña profesión, leo para informarme cos xornais, e nos meus ratos libres, leo para evadirme coas novelas. Pero sobre todo, leo para enriquecerme. A literatura é un universo, e eu aconsello que vos introduzades nel, porque crédeme neste universo atoparedes libros para todos os gustos e cores… BENVIDOS Ó MUNDO DA LITERAURA.

Silvana Moril

Silvana Moril Xornalista Localia-Compostela

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 33: Todos a ler

Susana Lamela

Escritora

Un dos motivos principais polos que leo é para sentirme ben. Sentirme ben por mergullarme nun mar de palabras; sentirme ben por converterme nun personaxe máis que chora, ri, soña... e sentirme ben porque me permite enriquecerme cada día un pouco máis. Recoméndovos La ladrona de libros de Markus Zusak

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 34: Todos a ler

Susana Seivane Gaiteira

Bibliotecas Escolares de Galicia

De cando era cativa, ou xa non tanto, o libro que recordo como favorito é A Esmorga do noso paisano Eduardo Blanco Amor. Inicieime e afeccioneime á lectura como un xogo que se converteu case nunha obriga cando, como a vós, os profes me mandaban ler libros cada vez máis serios. Pasada esta etapa, atopei nesta actividade unha forma de arrequecemento intelectual e emocional que fai que desaparezan en min tódalas tensións acumuladas polo meu traballo. Relamente, ler é a millor terapia para afrontar o mundo de presas que nos toca vivir. Ánimo, e ó libro ¡

Susana

Page 35: Todos a ler

Piragüista do equipo nacional, olímpica en Sidney, Atenas e Pequín. Dúas veces campeona mundial en K1 200m e tres veces campiona europea na mesma categoría.

"Leo porque me entretén á vez que me relaxa, chegando a veces a sentir que formo parte do libro; ademais de que me fai moito máis levadeiras ás largas tempadas que paso fóra da miña casa".

Aconsello Amanecer en el desierto de Waris Dirie.

Teresa

Teresa Portela Piraguista

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 36: Todos a ler

Se tivera que facer unha clasificaciòn de prioridades en idades de formaciòn a lectura e o deporte ocuparìan os postos de relevancia. Duas maneiras de entreterse.Unha fìsica e outra mental. A lectura proporciona,ademais, unha riqueza de lèxico que, co paso do tempo, apreciase. Ler è o complemento à xornada escolar. Ler tódolos dìas. Ler e comprender o que se le. Unha adicciòn saudable e formativa. Indispensable. Un pouco cada dìa. Suficiente para mellorar en seguridade e estima para relacionarse mellor co entorno de cada quen, para ter curiosidades e inquedanzas. Cando máis les máis quereràs. Lendo aprendes e divirteste. Non o deixes de facer nunca. Da miña infancia lembro con especial cariño dùas obras maestras: Las aventuras de Tom Sawyer e Los viajes de Gulliver

TERIO CARRERA

Terio Carrera Xornalista

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 37: Todos a ler

Tomás Alonso Xornalista TVG (Larpeiros)

Bibliotecas Escolares de Galicia

Lembro que de neno lía libros de Los cinco. Aquel mundo de aventuras permitíame pasar unha boa tarde de verán cando o mal tempo non nos deixaba ir á praia. Logo metínme no mundo dos deportes e, aínda que a miña paixón era o básquet, gardo un recordo moi bo dun libro de Eduardo Galeano que se titula O fútbol a sol y sombra, para min o millor libro sobre fútbol escrito ata hoxe. Unha vez en Madrid, cando estudaba xornalismo, marcoume moito Territorio Comanche, de Arturo Pérez Reverte. Creo que un debe ler como un ejercicio de libertade, sen imposición. Ler coma unha obriga (agás os libros básicos do ensino) pode chegar a ser traumático. Pero, cando un abre un libro voluntariamente, vai gozar tanto do relato que so pensará en rematalo o antes posible para comezar outro. Ogallá, para todos vos os libros sexan tan instructivos como o foron para min. Unha aperta dun larpeiro que disfruta lendo e comendo.

Tomás

Page 38: Todos a ler

Para os máis cativos poderiamos recuperar a Gloria Fuertes. Os seus pequenos poemas parécenme moi axeitados para achegar os rapaces ás letras dun xeito lúdico-didáctico. Coido que dan moito xogo. Na Primaria recomendo fervorosamente a escrita teatral infantil de Xosé Agrelo Hermo. Xa para os máis grandiños deste ciclo, un autor e unha obra en concreto: Michael Ende e o seu Jojo. Historia de un saltimbanqui. Recuperaría para estas idades e, por que non, tamén para os de secundaria, a obra de dous autores universais: Julio Verne e Emilio Salgari. Como remate, para os máis maiores, dúas obras de, para min, dous dos mellores escritores galegos actuais: Ira, de Xavier Manteiga, e Viajes con mi padre, de Luísa Castro.

Victor

Victor Fábregas Humorista (Os Tonechos)

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 39: Todos a ler

Xosé Manuel Millán Otero

Alcalde de Moaña (Pontevedra)

Leo desde que teño memoria. Lin de todo : xornais , revistas, comics, tebeos, novelas de vaqueiros, manuais de instrucións, algunha enciclopedia, mitoloxía, tratados filosóficos, un diccionario case enteiro, moitos libros de poemas, moitas novelas, e últimamente libros de historia que cando está ben contada é a mellor aventura. Magoame saber que non vou ter tempo para lelo todo, nin sequera unha parte de todo aquilo que debería ler. Os libros están cheos de amigos que che gustaría coñecer para non encontrarte só. Algúns son tamén unha illa distante onde refuxiarte cando queres estar a soas contigo mesmo. Os libros oferécennos miles de vidas posíbles aos que só temos unha vida. E tamén axudan a entender un pouco mellor a única vida que temos. Os libros atesouran memoria e palabras, perfumes, tactos , sonidos que sentimos unha vez e pensabamos que desapareceran para sempre. As palabras crían mundos exclusivos que só existen para cada un de nós, onde sermos imperadores, ou mozos de corda, magos ou pinches de cociña, segundo o humor e apetencia. Orabén, ler é importante; tamén é moi importante vivir.

Xosé Manuel Millán Otero Alcalde de Moaña.

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 40: Todos a ler

Xurxo Mira Científico e Divulgador

Bibliotecas Escolares de Galicia

Page 41: Todos a ler

Un dos que máis lembro sería Pío Pío Lope, el pollito miope, xunta calquera dos de Gloria Fuertes. Eu tiña 5 ou 6 anos e quedaría cativada para sempre por esa maneira de escribir sen chegar ata o borde do papel, música en palabras, un debuxo letra a letra. Dende entón a poesía non deixou de deslumbrarme, de abrirme a outros mundos, de descubrirme quen son, que é aquilo que penso ou todo que se pode chegar a sentir. Ela dá forma ao que non podería dicirse doutro xeito, por iso dende tan cedo escollín a poesía. Ou foi ela quen me escolleu a min?

Yolanda Castaño

Yolanda Castaño Poeta e presentadora de Televisión

Bibliotecas Escolares de Galicia