seleccionados solf nº12 xuño 2015

4
SELECCIONADOS ABRIL-XUÑO 2015 SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILAS XUÑO 2015 (Boletín SOLF número 12) Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 [email protected]

Upload: biblioteca-publica-municipal-de-naron

Post on 09-Aug-2015

22 views

Category:

Services


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Seleccionados SOLF nº12 xuño 2015

SELECCIONADOS ABRIL-XUÑO 2015

SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE

LECTURA ÁS FAMILAS

XUÑO 2015 (Boletín SOLF número 12)

Biblioteca Pública Municipal de Narón

R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

981 382 173

[email protected]

Page 2: Seleccionados SOLF nº12 xuño 2015

Seleccionados “SOLF” número 12 ABRIL-XUÑO 2015

1 Biblioteca Pública Municipal de Narón

SELECCIONADOS: CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS SELECCIONADOS ENTRE AS ÚLTIMAS INCORPORACIÓNS AO FONDO

INFANTIL-XUVENIL NO TRIMESTRE ABRIL-MAIO-XUÑO DE 2015

“SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS”

Boletín SOLF número 12

Sección infantil I1 (de 3 a 6 anos)

Contos de animais:

Busca que te busca, de Katherine y Gareth Lucas. Máis que un conto, este libro é unha proposta de xogo, un álbum co que adestrar a capacidade de observación dos nenos e nenas. Cada páxina está ilustrada con múltiples debuxos dunha especie animal, entre os que temos que atopar aqueles coas características que se nos sinalan.

Contos da vida real:

Tsé-tsé. Este pequeño álbum ilustrado propón un reto aos lectores e lectoras: serquen de vencer á mosca tsé-tsé, gran campioa do xogo do sono. O reto consiste en mirar detidamente32 imaxes nas que as persoas, os animais e ata os obxectos bocexan de maneira incontrolada présas do sono.

Colores, de Hervé Tullet. Un libro interactivo para coñecer as cores primarias e as que xorden da combinación entre elas. A interación do neno ou nena (axitando o libro, torcéndoo, pechándoo de súpeto…) é imprescindible para activar a maxia da pintura.

Page 3: Seleccionados SOLF nº12 xuño 2015

Seleccionados “SOLF” número 12 ABRIL-XUÑO 2015

2 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos)

Contos fantásticos:

Si yo fuera… Se eu fose unha serea cantaría con voz melodiosa, se fose un reloxo contaría as horas felices, se fose un paxaro espertaría cada mañá dando a benvida ao novo día… Pero son unha nena, que podo facer?

Contos da vida real:

La caja de las palabras, de Mar Benegas. Un conto sobre a curiosidade infantil e a aprendizaxe do significado das palabras. A linguaxe tórnase neste conto coma un xogo que nos acompaña a medida que nos facemos grandes e que non deixa nunca de sorprendernos coa súa maxia. BOMBÓN.

Temático:

Emocionario, de Cristina Núñez Pereira. Un dicionario de emocións para que os nenos e nenas saiban identificar sentementos tan frecuentes coma o alivio, a serenidade, a ilusión ou a gratitude, así como a relación que existe entre uns e outros. Vintedous artistas ilustran as corentaedúas emocións diferentes.

Tu fantástico y elástico cerebro, de JoAnn Deak. Un álbum sobre a anatomía e a fisioloxía do cerebro humán cunha linguaxe moi lixeira e unhas fabulosas ilustracións para que os nenos e nenas coñezan o cerebro, as súas funcións e os trucos para exercitalo.

Page 4: Seleccionados SOLF nº12 xuño 2015

Seleccionados “SOLF” número 12 ABRIL-XUÑO 2015

3 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Para os papás e mamás

Manuais:

501 actividades sin tele, de Di Hodges. Un fantástico catálogo de ideas para disfrutar do tempo en familia con actividades de interior ou ao aire libre. Hai para todas as idades e non precisades moitas ferramentas para levalas a cabo.