revista criaturas #nÚmerodous

158
criaturas decembro 2015 · #númerodous antagonismosi

Upload: revista-criaturas

Post on 24-Jul-2016

255 views

Category:

Documents


12 download

DESCRIPTION

REVISTA CRIATURAS. NÚMERO DOUS: O NADAL. Decembro de 2015. CRIATURAS.GAL A revista Criaturas é unha publicación dixital dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. Os contidos publicados pertencen as súas correspondentes autoras e autores. Coordinación Daniel Landesa · Ledicia Costas Contacto: [email protected] / [email protected]

TRANSCRIPT

Page 1: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

criaturasdecembro 2015 · #númerodous

antagonismosi

Page 2: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 3: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 4: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

criaturas#númerodous

#monográfico

as boas criaturas do nadal galego

#monográfico

espazo lectura

#monográfico

constelacións

cara a cara

antonio m. fraga | miguel mosqueira

#monográfico

6 ilustracións para nadal

6

16

26

4636

Page 5: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

A revista Criaturas é unha publicación dixital dedicada á Li-teratura Infantil e Xuvenil de Galicia. Os contidos publicados pertencen as súas correspondentes autoras e autores.

Coordinación Ledicia Costas · Daniel Landesa

Consello Editorial Fran Alonso · Burghard Baltrusch · Carlos Nogueira Nuria Díaz · Agustín Fernández Paz · María Jesús Fernández · Mar García Pérez · María Lado · Montse Pena Presas · Xabier P. Docampo · Mercedes Queixas Zás · Laura Sáez · Gracia Santorum · Miguel Vázquez Freire

Coordinación sección crítica Montse Pena Presas

Portada: Pedro Díaz Lorenzo ‘Agasallos’.http://pedrodiazlorenzo.tumblr.com/

Contacto [email protected]

Deseño Daniel Landesa ([email protected])

Deseño web Daniel Landesa, María Longa e Diego Oca

Tipografías Myriad (Robert Slimbach, Carol Twombly 1992)Caslon (William Caslon 1725 / Carol Twombly 1990).

Editada en Vigo por Revista CriaturasISSN 2386-9119

CONTOS DE

NADAL?Tamara Andrés·Xosé Daniel Costas Currás·

Marta Dacosta·Antonio

Manuel Fraga·Diego Giráldez·Sabela Gonzá-

lez·Antía Otero·Isaac

Xubín·María Reimóndez#suplemento literario

contos de nadal?

crítica

sopa de estrelas

crítica

lendo lendas, digo versos

crítica

derradeira carta aos reis magos

onde viven os contos

libraría cartabón

crítica

a casa enmeigada

CRIATURAS.GAL#númerodous

58 62

54

64

60

72

Page 6: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

imaxe: © Noemí López, Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal. Edicións Xerais.

Page 7: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Monográfico

1AS BOAS CRIATURAS DO NADAL GALEGO

TEXTO: ANTONIO REIGOSA

Page 8: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

A s criaturas que poboan o noso Nadal son herdeiras dunha simbiose cultural que mestura

pegadas do mundo oriental antigo, do xudaísmo e das culturas clásicas e populares, tanto medi-terráneas como do centro, norte e beira atlántica europea. Son fillas dunha mestizaxe que se foi de-cantando devagar, irmás xemelgas dun exército de seres que teñen a mesma misión en todas partes: fornecer de esperanza un tempo novo.

Ilustración de Noemí López para Trece noites, trece lúas.

Texto: Antonio Reigosa

As boas criaturas do Nadal galego

Page 9: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 9

Xano, o deus romano que dá nome ao mes de xaneiro, tiña dous rostros; un de home vello que mira atrás, e outro de mozo que olla ao futuro. O solsticio de inver-no chama a renovación, por iso se situou tan oportunamente o nacemento ritual do Neno Xesús.

As criaturas que creamos para represen-tar este reinicio do ciclo anual son propi-ciatorias. Todo canto facemos ou dicimos nestes días forma parte dun vedraño ritual que se foi amalgamando conforme a di-rectrices morais, relixiosas e económicas ou comerciais de cada tempo e lugar. O regalo segue representando o noso desexo de bo fado para as persoas ás que llo ofre-cemos, e que os reciban especialmente os máis pequenos implica outro bo e necesa-rio desexo, o da rexeneración simbólica da vida. E falando de rexeneración estacional, o coñecido caganer, a figura máis tradicio-nal é a dun pastor cos pantalóns baixados en posición de defecar, que aparece inde-fectiblemente nos beléns cataláns, simbo-liza, lonxe de consideracións escatolóxicas, o abonado e fertilización da terra como benvida esperanzada de bos froitos.

Un rápido repaso a costumes que prece-den aos que actualmente practicamos nes-ta época do ano pode levarnos a tempos moi recuados pero a ritos case idénticos. Xa na Roma das procaces Saturnalia se intercambiaban agasallos como as sigilla-ria, unha especie de monecas de terracota ou prata que se regalaban aos nenos, ou as cerei, velas coas que os humildes aga-sallaban aos seus patróns. Tamén poñían nas prazas públicas árbores decoradas con xoguetes.

O poeta latino Marco Valerio Marcial pu-blicou no s. I d. C. dous libriños de epigra-mas titulados Xenia e Apophoreta que con-teñen dedicatorias breves para acompañar os regalos que os romanos se intercambia-ban nas Saturnais. O Xenia contén textos para acompañar os produtos perecedoiros (comidas e bebidas), o Apophhoreta aos “non perecedoiros”, desde utensilios de cociña, mobiliario, obxectos de escrito-rio, ata libros, animais e incluso escravos. Na mesma Roma con motivo da celebra-ción das festas en honor a Strenia, deusa da saúde e da sorte (o noso Aninovo), os romanos saúdabanse coas strenae, pólas de loureiro ou de oliveira coas que desexaban sorte para o ano entrante.

Os personaxes aos que o cristianismo en-carga destas misión fan practicamente o mesmo.

San Nicolao fabricaba xoguetes que logo un asno repartía entre nenos e pobres. San Martiño, popular aínda hoxe nos Paises Baixos, a reencarnación cristianizada de personaxes como o Martinsfeuer, Martin-horn ou Martinsmännchen alemáns era o que, segundo J. Amades, levaba os regalos aos nenos e nenas da comarca do Ampur-dá catalán. Vestía pobre, ía montado nun ruín asno e deixaba castañas e outros froi-tos secos nas ventás dos nenos bos; nas dos que se portaran mal mal deixaba cinsas e bostas de asno.

Tras a cea de Noiteboa pode visitarnos San Nicolao, Santa Claus, Papá Noël ou o Pandigueiro, na Noitevella pode entrar na casa o Apalpador ou Xan Fiz, e na do 5 para o 6 de xaneiro os Reis Magos, pero ao fin, todas e cada unha destas criaturas,

Page 10: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

10 Revista Criaturas

tendo orixes diferentes, cumpren a mesma misión: fornecernos de alegría e esperanza para a nova xeira que comeza.

A noite do apalpadoiro ou da apalpadoira

X. Taboada Chivite describe “a noite de apalpadoiro”, dicindo que na derradeira noite do ano se palpaba o ventre das per-soas, sobre todo de nenas e nenos, por ver se comeron ou non para todo o ano en-trante. Outros testemuños de diferentes lugares da montaña de Lugo refírense ao mesmo hábito, ou rito, denominado “apal-padoiro” ou “apalpadoira”. O investigador leonés N. Bartolomé Pérez achéganos unha información parecida referida a un rito idéntico, documentado nas terras do Bierzo.

Un costume, con máis pasado ca presente, no que se lles pide aos pequenos da casa que coman ata quedar fartos para todo o ano que chega. De non facelo, anúncian-lles que virá visitalos un personaxe chama-do Apalpadoira para tentearlles a barriga e comprobar se efectivamente comeran o suficiente.

O Apalpador

A figura do Apalpador é de recuperación recente. As principais informacións pro-ceden de traballos de campo feitos nas te-rras de Loúzara, O Courel e O Cebreiro no ano 1994 polo investigador José André Lôpez Gonçâlez, aínda que publicados no 2006.

O Apalpador é un xigante, de oficio car-boeiro, que mora nas devesas, que usa boi-na, casaca esfarrapada e remendada, que

fuma en pipa e se alimenta de bagas e por-cos bravos. O día 31 baixa da montaña e visita os miúdos despois de quedaren dur-midos para apalparlles a barriga por ver se a teñen chea ou baleira. De térena chea, di: “Así, así esteas todo o ano” e déixalles un-has poucas castañas; en cambio, se a teñen baleira, déixalles unha fartura delas.

O Pandigueiro

En 2008 escoitamos falar deste personaxe no programa da Radio Galega dirixido por Xurxo Souto, “Aberto por reformas”. Neste programa o antropólogo Miguel Losada situaba a información referente a este personaxe na Terra de Trives.

O Pandigueiro ten a misión de achegarse ao leito dos nenos que se tivesen que dei-tar na Noite de Nadal co calleiro baleiro. Segundo esta información, os raparigos tiñan que pedirlle ao Pandigueiro “leitiña con purgazos”(castañas secas, cocidas) por medio dun retrouso e este baixaba da Se-rra da Cabeza Grande con castañas e con xoguetes tallados en madeira de amieiro cocida.

Xan Fiz

O escritor Calros Solla, nun artigo publi-cado no xornal Faro de Vigo, descóbrenos outro personaxes sorprendente. Chámase Xan Fiz “home velleiro, alto, fraco e barbudo” que residiría en Macao, na antiga colonia portuguesa onde tivo a sorte de atopar a Pedra de Gilardillo, unha especia de corno da abundancia. Visita as terras de Cerde-do polo Nadal. Hai que convidalo á mesa, reservándolle ao noso carón unha cadeira baleira e un servizo completo. Di C. Solla

Page 11: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 11

que quizais a lenda se remonte ao s. XVI, momento no que os portugueses fundan aquel asentamento, e que pode que estea relacionado co mítico Preste Xoán, pa-triarca e rei cristián do Oriente, descen-dente dos Reis Magos.

De San Nicolao e Santa Claus

San Nicolao, o provedor de regalos para os nenos pobres nos países cristiáns de Eu-ropa desde o s. XIII, vestía de eclesiásti-co, ía dacabalo dun burro, mula ou asno, substituíndo a antigos repartidores de re-galos a medida que o seu culto se estendía polo norte e centro de Europa. Repartía os regalos o 6 de decembro, día que ten reservado no santoral e no que comezaba oficialmente o Nadal.

Coa reforma protestante de 1535, Lute-ro impuxo un novo personaxe chamado Christkind (Cristo Neno), que repartía regalos na noite do 24 ao 25 de decembro. Desde entón, San Nicolao repartía regalos entre os nenos católicos e Christkind en-tre os protestantes.

O Concilio de Trento (1545-1563) non lle retira a función a San Nicolao pero dispón que faga o reparto dos regalos tamén o 25 de decembro. A partir do s. XVII, mes-mo se lle facilita un acompañante, Knecht Ruprecht, un criado que lle axuda cos sa-cos, coa roupa e o corpo ennegrecidos de tanto entrar e saír polas chemineas, pero, sobre todo, que pode castigar coa súa vara aos de comportamento dubidoso.

Ilustración de Noemí López para Trece noites, trece lúas.

Page 12: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Ilustración de Noemí López para Trece noites, trece lúas.

Page 13: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 13

Unha nova figura, unha mestura entre os dous anteriores, aparece en escena. Chá-mase Weihnachtsmann (Home ou Santo Nadal), un San Nicolao con aspecto de gnomo. Ten barba branca e longa, leva vara e carapucha, e vai cuberto cun pelello entre marrón e vermello; agasallaba con froitos e doces aos nenos na noite do 24 de decembro.

Como é ben sabido, os personaxes que forman parte da nosas culturas emigran canda nós. No s. XVII os holandeses que chegan aos USA fundan a cidade de Nova Amsterdan, agora chamada Nova York. Levan con eles a San Nicolao, ao que honran na festa de Sinterklaasfeest. Was-hington Irving (1783-1859) escribe unha historia da cidade de Nova York, que se publica en 1809, onde describe a este San Nicolao como un holandés xeneroso, que fuma en pipa e viste pantalóns de anchas perneiras. Viaxa nun cabalo voador e bota os regalos pola cheminea.

Para chegar a Santa Claus só queda un par de pasos. Os anglofalantes van trans-formar Sinterklaas en Saint Claus. Un pas-tor protestante chamado Moore escribe un poema no que fai viaxar a Santa Claus nun trineo tirado por 8 renos, poema que ilustra Thomas Nast, que é quen lle dá o aspecto case actual a Santa Claus.

Outro debuxante, ano 1931, chamado Haddon Sundblom, atende un encargo da empresa Coca-Cola para unha campa-ña publicitaria. Debuxa un personaxe coa aparencia dun pensionista da empresa, con cara de boa persoa. Vísteo cun pixama ver-

mello e branco, gorro de durmir, botas e cinto negro; e que saúda: ho, ho, ho!

Viaxa nunha zorra tirada por 9 renos, en-tra polas chemineas co seu saco cheo de regalos ata que en 1966, cando rematan esta campaña de lanzamento da empresa Coca Cola, xa pasea por Europa e polo mundo enteiro como Santa Claus.

Papa Noël

Noël vén de novellum, día ou sol novo. Personaxe ao que se atribúen diversas orixes (Alsacia, Normandía) sen descar-tar entre os seus antecedentes aos deuses Odín, Thor ou Saturno. Segundo os países chámaselle Father Christmas, Père Noël, Babbo Nato, Papá Noel, Pare Noel, Pai Nadal ... Hoxe esta plenamente identifica-do con Santa Claus, aínda que o seu nome é moito máis antigo.

Os Reis Magos

No máis tardío dos evanxeos canónicos San Mateo fala duns magusàioi (exper-tos en rituais máxicos e astrolóxicos, se-guidores de Zaratustra que dexeneraron en charlatáns de feira a consecuencia das persecucións), sen precisar cantos, que to-man o camiño de Belén guiados por unha estrela; non nos di o seu nome nin men-ciona que sexan reis, como non o fan as fontes apócrifas. Hai unha tradición irania que asocia a presenza dunha estrela como agoiro ou sinal do nacemento dun rei.

Os Reis Magos, tal e como hoxe os coñe-cemos, non comezaron a ser populares ata o s. XIX, e entón só nos países católicos. O seu número variou de dous a ducias se-

Page 14: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

14 Revista Criaturas

gundo o lugar e a época. Os cristiáns de Oriente quedáronse co número de doce mentres que a tradición occidental acabou acordando que fosen tres por ser este o nú-mero das ofrendas: ouro, incenso e mirra. Por un apócrifo redactado no s. VI d. C., o Evanxeo Armenio da Infancia de Xesús, co-ñecemos por primeira vez os seus nomes e ocupacións: Melkón, rei dos persas, Gas-par, rei dos indios, e Baltasar, rei no país dos árabes. A versión dos seus nomes en latín (Melchior, Gaspar e Balthassar) cíta-se por primeira vez en 1178.

Melchor represéntase como un vello de longos cabelos e barbas brancas que lle ofrece ouro ao neno; Gaspar, un mozo sen barba con perfís asiáticos ofrece incenso, e Baltasar, home maduro e fuscus (moreno), de pelo rizado e labios grosos, que ofren-da mirra. Desde Ireneo (s. II), a interpre-tación do significado simbólico dos tres regalos queda fixada da seguinte maneira: a mirra quere dicir que Xesús é home, o ouro que é rei, e o incenso que é deus.

No mosaico bizantino de San Apolinar Nuovo, en Rávena, ano 520 d. C., os tres reis son brancos. Beda, O Venerable, xa fala dun rei moreno no s. VII pero non vai aparecer representado nas iconografías ata o s. XV.

Outros portadores de regalos

Hai moitas coincidencias entre as critau-ras do noso Nadal e as do resto de Europa. Os nosos Apalpador, Pandigueiro ou Xan Fiz, os popularísimos Santa Claus, Papa Noël ou os Reis Magos, teñen moitos colegas polo mundo adiante coa delicada misión de carrexar galanos, especialmen-

te dirixidos a nenos e nenas. Babunskha e Pai Inverno (Rusia), Befana e Gesù Bam-bino (Italia), Chalan, Tante Arie e Pan-sard (Francia), Guy Eawekes (Inglaterra), Hansdstrap (Alsacia), Holla e Perschta (Alemaña), Joulupukki (Finlandia) Jule-nissen (Suecia), Święty Mikołaj (Polonia), Ulemanden (Dinamarca). Na península Esteru (Cantabria e Asturies oriental), Fumera e Tió de Nadal (Cataluña), Olent-zero (Euscadi).

Poderíanse engadir outros moitos nomes de criaturas coma estas, a maioría xa es-quecidas, e outras, como o noso Apalpa-dor ou Pandigueiro, empeñadas, afortu-nadamente, en resucitar.

As boas criaturas portadoras de tantas e tan boas ilusións non deberan darse a es-quecemento endexamais!

Bibliografía

Reigosa, Antonio. Trece noites, trece lúas. Li-bro das marabillas do Nadal, Ed. Xerais, Vigo, 2011. (Ilustradora: Noemí López)

Page 15: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 16: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

imaxe: A Casa da Lectura en Gondomar, un exemplo de traballo directo cos hábitos lectores.

Page 17: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Monográfico

2ESPAZO LECTURA

TEXTO: CONCHA COSTAS

Page 18: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

N o ano 2006 daba os seus pri-meiros pasos en Gondomar un proxecto singular de fo-

mento da lectura promovido por un grupo de per-soas que a comezos do 2008 constituíu formal-mente a asociación Espazo Lectura co obxectivo de desenvolver actividades de promoción do libro e a lectura.

TexTo: ConCha CosTasPresidenta de Espazo Lecturahttp://www.espazolectura.gal

A rebelión lectora de Espazo Lectura

Page 19: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 19

Case dez anos despois, Espazo Lectura mantén no Val Miñor un programa que, ademais doutras iniciativas puntuais, ten a súa base nas propostas continuadas, de periodicidade fixa, cunha programación estable que inclúe máis de cen actividades ao ano, tanto para público infantil como adulto, que é posible grazas ao traballo entusiasta e rigoroso dun amplo equipo humano de voluntariado da lectura: vin-te e cinco persoas que coordinan clubs de lectura, organizan sesións de dinamiza-ción lectora na Casa da Lectura, contan contos na Biblioteca Municipal, preparan actividades de formación, elaboran guías de lectura, deseñan materiais e moitas ou-tras tarefas que fan posible un proxecto que demostra que se pode vivir a lectura como algo individual e silencioso pero tamén como unha actividade socializadora e compartida, promovendo unha rebelión que fai da lectura unha poderosa ferra-menta de cambio social.

Os primeiros pasos: o Contomar

O xermolo deste proxecto atópase nunha actividade que un grupo de persoas come-zou a desenvolver na Biblioteca Municipal de Gondomar en febreiro de 2006: o Con-tomar, un contacontos semanal para nenos e nenas de máis de tres anos. A Biblio-teca Municipal de Gondomar non tiña naquel momento ningunha actividade de dinamización, nin infantil nin de adultos, e o Contomar conseguiu encher de fami-lias e de vida aquel espazo que comezou a converterse en punto de encontro cos libros e a lectura. Case dez anos despois, o Contomar segue fiel á súa cita semanal: cada luns, ás 18:00h, unha media de co-renta nenos e nenas asisten durante unha

hora a unha sesión de contos na que son os propios pais e nais os que contan as histo-rias, sempre en galego e sempre con libro, porque o que o Contomar busca é achegar as persoas ao libro e á lectura, facer de mediador e romper a barreira de distancia que moita xente aínda sente respecto do libro e das bibliotecas.

Logo destes case dez anos de Contomar, valoramos moi positivamente o feito de que esta actividade se consolidase cunha importante participación de xente e que se convertese nun punto de encontro no que nais e pais comparten cos seus fillos e fillas unha experiencia de lecer vencellada aos libros e a lectura, que ten como espazo de referencia a Biblioteca Municipal, un servizo público que debe actuar como au-téntico motor de dinamización cultural e como elemento compensador de desigual-dades sociais.

Os clubs de lectura: espazos para a con-versa arredor dos libros

Aquela semente inicial agromou e medrou arredor dun grupo de persoas preocupadas pola lectura como actividade de ocio, pero tamén como camiño para mellorar o nivel cultural e a calidade de vida dunha socie-dade. A finais do ano 2007 esa reflexión fai que se dean os primeiros pasos para a creación de espazos estables de conversa arredor do libro e a lectura, tamén para o público adulto. Constitúese formalmente Espazo Lectura e comeza a xestarse unha proposta de actividades diversificada na que os clubs de lectura van ter un prota-gonismo especial. Baixo unha fórmula co-mún (grupos de persoas que len un mesmo libro, cadaquén pola súa conta, para logo

Page 20: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

20 Revista Criaturas

reunirse e conversar sobre esa lectura), Es-pazo Lectura bota a andar varios clubs de lectura: o club de lectura compartida Len-do contigo (para nais e pais e para nenos e nenas de 7 a 11 anos), o club Sete vidas (de narrativa), o club Lecturas debuxadas (es-pecializado en banda deseñada) e o club de formación lectora (sobre libros relacio-nados co fomento da lectura).

• O club de lectura compartida Lendo contigo

Desde decembro de 2007 funciona o club de lectura compartida Lendo contigo, diri-xido a nais e pais e a nenos e nenas de 7 a 11 anos. Cada mes proponse un libro para leren na casa os nenos e nenas e o seu pai ou a súa nai e logo, o último sábado do mes, reunímonos na Biblioteca Muncipal para conversar sobre o libro e manter un encontro co autor ou autora. Os nenos e nenas reciben unha pequena guía de lec-tura na que se lle propoñen preguntas, buscas de información e xogos que permi-tan un mellor aproveitamento da lectura. Ademais, dispoñen dun pasaporte lector no que lles imos poñendo selos que dei-xan constancia das diferentes etapas da súa viaxe pola lectura. Desde a sesión ini-cial, da man de Agustín Fernández Paz e o seu libro Un tren cargado de misterios, son moitos os autores e autoras que pasaron polas sesións do Lendo contigo e compar-tiron cos nenos e nenas reflexións sobre os seus libros, nuns encontros que favore-cen o achegamento das familias á riqueza e diversidade da nosa literatura infantil e xuvenil: Miguel Vázquez Freire, Antonio García Teijeiro, Fina Casalderrey, Cándi-do Pazó, Xavier López Rodríguez, Paula

Carballeira, María Reimóndez, Concha Blanco, Ana Mª Fernández, Gloria Sán-chez, Xabier P. DoCampo, Susana Lame-la, Xerado Quintiá, Elvira Riveiro, Xosé A. Neira Cruz, Antón Cortizas, Jacobo Fernández Serrano, Xosé L. Vilar, Pepe Carreiro, Manuel Janeiro, Xelís de Toro, Roberto Salgueiro, Marica Campo, Faus-to Isorna, Silvestre Gómez Xurxo, María Solar, Diego Rey, Ramón Caride, Da-niel Ameixeiro, Francisco Castro, Ánxela Loureiro, X. H. Rivadulla Corcón, Xoán Babarro, Antonio Yáñez Casal, Manuel Rivas, Érica Esmorís, Carlos Freire, Sabe-la Núñez Singala, Pere Tobaruela, Ledi-cia Costas, Helena Villar, María Canosa ou Sara Barreiro. Con este club de lec-tura preténdese fomentar a lectura como actividade compartida dentro do ámbito familiar e estimular nos nenos e nenas o hábito da lectura crítica, así como favore-cer o coñecemento dos autores e autoras da nosa literatura e a conversa arredor da lectura.

• O club Sete vidas e o club Lecturas de-buxadas.

A carón das propostas estables dirixidas ao público infantil, xurdiron a finais do 2008 outras específicas para público adulto, dous clubs de lectura de periodicidade mensual que se celebran na Biblioteca Municipal. O primeiro martes de cada mes celebra as súas sesións o club Sete vidas, dedicado a ler narrativa, e o terceiro martes reúnese o club Lecturas debuxadas, especializado en banda deseñada.

O club Sete vidas propón cada mes a lec-tura dunha novela ou dun volume de rela-

Page 21: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 21

tos, maioritariamente da literatura galega, aínda que tamén inclúe de cando en vez traducións doutras linguas para o galego. As sesións de conversa arredor do libro compleméntanse en moitas ocasións cun encontro co autor ou autora, ou co tra-dutor ou tradutora, e mesmo con outras iniciativas como a proxección dalgunha película, a asistencia a algunha montaxe teatral ou a participación nun roteiro li-terario, iniciativas sempre relacionadas cos libros propostos. Nestes anos de vida do club mantivéronse encontros con autores e autoras como Miguel Anxo Murado, Gonzalo Navaza, Xurxo Borrazás, Rosa Aneiros, Begoña Caamaño, Pilar Bue-la, Manuel Portas, Alberto Lema, Xosé Cid Cabido, An Alfaya, José Luís Prieto,

Santiago Lopo, Xulia Alonso, Agustín Fernández Paz, Miguel Anxo Fernández, Víctor Freixanes, Pedro Feijoo, Antón Ri-veiro Coello, María Xosé Queizán, Rexi-na Vega, María Reimóndez, Dolores Re-dondo, Puri Ameixide, Diego Ameixeiras, Berta Dávila, Alfonso Álvarez Cáccamo, Anxos Sumai, Xurxo Souto, Ramón Vilar, Manuel Núñez Singala, Mercedes Leo-balde, Manuel Iglesias Turnes ou Fran P. Lorenzo, así como con tradutores e tra-dutoras como Xoán Abeleira, Mona Imai, Isabel García Fernández, Estela Vilar, Be-goña R. Outeiro, Saleta Fernández, Eva Almazán ou Moisés Barcia.

O club Lecturas debuxadas funciona cunha fórmula semellante ao Sete vidas: cada mes proponse a lectura dun cómic e o grupo

Page 22: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

reúnese o terceiro martes de cada mes para conversar arredor desa lectura, tanto respecto dos contidos como da parte grá-fica, conversas que se complementan coa presenza de autores e ilustradores ( Jacobo Fernández, Kiko da Silva, David Rubín, Manel Cráneo, Ramón e José Manuel Tri-go, Dani Montero, Brais Rodríguez, Al-fredo López Tokio, Mariano Casas, Inacio Vilariño e Iván Suárez, Miguelanxo Prado, Antonio Seijas, Gemma Sésar, Jano, José Domingo, Luís Davila, Fran Bueno, Xosé Tomás ou Víctor Rivas), o que nos per-mite tamén ir ampliando o coñecemento da situación actual da banda deseñada en Galicia.

A Casa da Lectura

A Casa da Lectura é unha experiencia sin-gular, unha biblioteca e un centro de di-namización en torno ao libro e a lectura no ámbito rural. Inaugurada en maio de 2009, acolleu desde a súa apertura todos os mércores sesións semanais de dinamiza-ción desenvolvidas por un variado equipo de contadores e contadoras que, partindo sempre de dous ou tres contos ou textos poéticos, fanlles aos nenos propostas re-lacionadas con outras áreas de expresión e con diferentes aprendizaxes. Ademais, grazas ao acordo establecido por Espazo Lectura con doce editoriais galegas que se fixeron socias-protectoras da asociación, a Casa da Lectura acolle tamén unha ac-tualizada biblioteca que serve de base para o desenvolvemento das actividades aos tempo que lles ofrece servizo de préstamo ás familias que participan nas sesións de dinamización dos mércores e, en xeral, a todos os usuarios e usuarias.

Page 23: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 23

As sesións de dinamización da Casa da Lectura son nestes momentos un dos pro-xectos máis innovadores e orixinais de Es-pazo Lectura, pois están permitindo expe-rimentar diferentes fórmulas para achegar os nenos e nenas ao mundo do libro e a lectura, presentándoa como unha porta que se abre a outras experiencias, coñece-mentos e aprendizaxes.

Por outra banda, a Casa da Lectura, ade-mais de ser a sede da asociación, acolle outras sesións de actividades ou grupos de dinamización como as Noites golfas ou o Comando Le, así como a sesión anual da Fogueira dos versos. Ademais, Espa-zo Lectura está a traballar nun ambicioso proxecto co que quere converter a Casa da Lectura nun futuro Museo do Conto.

O Comando Le

O Comando Le é un grupo de activismo cultural dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 15 anos que se constituíu dentro de Es-pazo Lectura en outubro de 2012 e que se reúne con periodocidade mensual. Co Comando Le, Espazo Lectura pretende ofrecer un espazo no que os adolescen-tes, partindo da lectura, a música, o cine ou outras expresións culturais, poidan re-flexionar e debater sobre diferentes temas que lles interesen e compartir con rapaces e rapazas da súa idade as súas reflexións, experiencias e recomendacións.

Ao longo destes anos as propostas foron moi variadas: proxección e debate de pe-lículas; lectura, debates e encontros con autores e autoras da nosa literatura como Carlos Negro ou Ledicia Costas; obra-doiros de escrita con poetas como Elvi-

ra Riveiro, Carlos Negro ou Fran Alon-so; obradoiros de música e poesía ou de encadernación. Ademais, os membros do Comando Le dedican parte do tempo das súas sesións a preparar actividades de di-namización lectora para os nenos e nenas que participan nas actividades infantís de Espazo Lectura como o Contomar, as se-sións dos mércores na Casa da Lectura ou a Noite na Biblioteca.

Contos en cueiros

Contos en cueiros é unha actividade dirixida a bebés de 0 a 3 anos e as súas nais e pais que pretende crear un espazo de encontro no que as cancións, os contos e os xogos son o xeito de achegarmos os máis peque-nos á lectura. As sesións celébranse habi-tualmente o último venres de cada mes na Biblioteca Municipal.

A actividade inaugurouse en novembro de 2012 coa charla “Os bebés tamén len”, impartida por Ana Abelenda, contadora e especialista en animación á lectura en Educación Infantil, e continuou en de-cembro dese mesmo ano coa actuación de Guillerme Fernández e Xabier Díaz, que ofreceron un concerto do disco Arrolos

Page 24: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

24 Revista Criaturas

de salitre, con cantigas de berce e arrolos destinados especialmente a bebés. Desde entón fóronse combinando charlas infor-mativas para familias, sesións organizadas polo equipo coordinador da actividade (integrando contos, cancións e ladaíñas con diferentes estratexias de estimula-

ción sensorial) e outras propostas nas que contamos coa participación de profesio-nais convidados como Charo Pita ou Bea Campos e David González.

Arredor de Contos en cueiros, naceu a Banda dos Cueiros, un proxecto musical que foi preparando e consolidando un repertorio dirixido e adaptado a bebés, como complemento das propostas que se van deseñando nas sesións. Ademais, den-tro da programación de Contos en cueiros e grazas á colaboración do Concello de Gondomar, pasaron por Gondomar es-pectáculos para bebés como Viaxe a Dadá e Chíos de Teatro da Semente, Glub, glub de Caramuxo Teatro ou Gatuxo de Magin Blanco.

Outras actividades

Ademais destas actividades estables de pe-riodicidade semanal ou mensual, a progra-

mación de Espazo Lectura inclúe outras propostas de carácter anual ou puntuais como obradorios de ilustración para pú-blico infantil nos que participaron ilus-tradores como Chus Ferrín, Óscar Villán, Fino Lorenzo ou Kiko da Silva; obradoi-ros de escrita para adultos, como o cele-

brado baixo a dirección do poeta Carlos Negro; numerosas sesións de contos di-rixidas aos centros de ensino da zona; as Noites golfas, espectáculos interdisciplina-res relacionados co libro e a lectura a tra-vés da música, o teatro, a performance...; e accións lectoras como a iniciativa Book-crossing no Val Miñor (desenvolvida no ano 2008 en colaboración cos tres concellos do Val Miñor), a campaña Onde hai libros hai futuro (desenvolvida no ano 2010 nos centros de ensino primario da comarca), a Sentada Lectora organizada en abril do 2012 para encher a alameda de Gondomar de xente lendo ou o Asalto poético celebra-do no 2013 polas rúas e establecementos comerciais de Gondomar.

Dentro destas actividades anuais, destacan dúas dun xeito especial:

▪ O Dar de ler coma quen dá de beber, unha sesión de lecturas compartidas en voz alta

Page 25: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 25

que Espazo Lectura convoca cada ano ar-redor do Día do Libro. Durante aproxi-madamente tres horas, unhas trinta per-soas van lendo fragmentos de libros da súa elección que queren recomendar e compartir cos demais, co obxectivo de que poidan servir como convite de lectura para as persoas que asisten. A primeira edición desta actividade, celebrada no ano 2008, tivera lugar na Biblioteca Municipal, pero as seguintes celebráronse en diferentes espazos públicos da vila, co obxectivo de transmitir a idea da necesidade de levar a lectura a novos espazos onde non é habi-tual.

▪ A Noite na Biblioteca. No mes de xuño, Espazo Lectura organiza cada ano a Noite na biblioteca, unha iniciativa que permite que uns 30 nenos e nenas queden a durmir na Biblioteca Municipal, que se enche de colchonetas e de sacos de durmir, e parti-cipen até a mañá seguinte en numerosas actividades: xogos de pistas pola biblio-teca, maxia, teatro, contacontos, lecturas compartidas...

Por último, Espazo Lectura pecha todos os anos a súa tempada de actividades coa Fogueira dos versos, unha noite de lume, poesía e contos que se celebra na noite de San Xoán na Casa da Lectura.

Avaliación

Espazo Lectura fai unha avaliación posi-tiva do desenvolvemento e da resposta da xente diante das actividades, así como do recoñecemento e da proxección do pro-xecto que realiza. É significativo que se conseguise consolidar en Gondomar un programa de fomento da lectura con 12

actividades mensuais estables, cunha von-tade clara de continuidade e hábito e coa implicación do Concello de Gondomar e dos centros de ensino da zona. É destaca-ble que se conseguise manter un volume importante de encontros con autores, se-sións de teatro e contacontos e sesións de dinamización lectora moi diversas que lle permiten ter ás persoas participantes un coñecemento amplo da importante pro-dución editorial e cultural no noso idioma e que están facendo que Gondomar sexa xa unha referencia no ámbito do libro e a lectura.

O proxecto de Espazo Lectura recibiu nestes dez anos de vida o recoñecemento de varios premios e a asociación foi convi-dada a presentar o seu traballo en diferen-tes xornadas, encontros e simposios que supuxeron unha importante proxección das actividades dentro e fóra de Galicia. Para todo o equipo humano que colabo-ra no proxecto de Espazo Lectura resulta gratificante e ilusionante participar nunha iniciativa de creación colectiva coma esta, que constitúe ademais un reto e un desafío para o futuro: consolidar e ampliar a oferta de actividades, mantendo o nivel de ilu-sión e de esixencia para achegar os libros e a lectura á sociedade, para conseguir cida-dáns e cidadás que fagan da lectura unha ferramenta de crecemento e mellora social e que protagonicen unha auténtica rebe-lión lectora.

Gondomar, decembro de 2015

Page 26: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

imaxe: lapis de coresautor: Evan Amos

Page 27: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Monográfico

3Levamos un ano convosco. En de-cembro do 2014 presentamos este proxecto que cociñamos con tantísi-

mo amor. Un ano despois, seguimos coa mesma ilu-sión, aprendendo dos erros e crecendo aos poucos.

Temos moito que agradecer, en primeiro lugar que haxa alguén que nos lea neste universo dixital onde hai unha oferta tan extensa de información. En se-gundo lugar, a todas as persoas que colaboran, cola-boraron e colaborarán con esta criatura. Para todas e todos os vós, os que nos ledes, os que colaborades con este proxecto, van as seguintes páxinas preparadas

Page 28: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Ilustración de Victor Rivas

Page 29: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Ilustración de Nuria Díaz

Page 30: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Ilustración de Jacobo Fernández Serrano

Page 31: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Ilustración de Andrés Meixide

Page 32: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Ilustración de Óscar Villán

Page 33: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Ilustración de Noemí López Xan Fiz “Trece Noites Trece Lúas. Libro das Marabillas do Nadal” (A. Reigosa/Noemí López), Edicións Xerais.

Page 34: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Ilustración de María Longa

Page 35: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Ilustración de Andrés Meixide

Page 36: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

ANTONIO MANUEL FRAGA

cara a cara

Page 37: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

MIGUEL MOSQUEIRA

cara a cara

Entrevista

fotografías:Nuria Díaz

Page 38: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

38 Revista Criaturas

“O primeiro que ves cando en-tras na Libraría Númax é o mostrador. Mais hai algo

na parede central que chama inmedia-tamente á túa atención: unha carteleira ao máis puro estilo dos cines dos anos 70. Agora mesmo están en cartel Phantom Boy, Frankenstein 04155, La religiosa, África 815 e O futebol. Mentres curio-seas entre os libros que hai nos andeis, os espectadores entran e saen das salas sen apenas facer ruído. Son como unha realidade paralela á dos libros. Resul-ta curioso estar dentro dunha libraría que tamén é un cine. Mais o que a xente do equipo de Criaturas tiñamos entre mans nesta tarde de venres e que nos le-vou ata a Númax, tamén era moi inte-resante. Velaí estaban na barra Antonio M. Fraga e Miguel Mosqueira, falando diante de dúas cuncas de café xa baleiras. Poucos minutos despois, cando a cáma-ra de Nuria Díaz xa estaba encaixada no seu trípode, os entrevistados sentados ao fondo da libraría e os teléfonos móbi-les gravando, veu o mellor. Durante 37 minutos, as voces de Miguel Mosquei-ra e Antonio M. Fraga escoitáronse por riba de todo o demais.

Page 39: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 39

Miguel Mosqueira. Antonio, a min inte-résame saber en que te inspiras ti á hora de escribir literatura infantil e xuvenil? Nun repertorio de lix propiamente dito, en literatura doutro tipo, no universo audiovisual…?

Antonio Manuel Fraga. Penso que hai un pouco de todo. Son bastante lector de literatura infantil pero tamén é certo que o son máis agora de adulto que can-do era neno. De pequeno tiraba máis da banda deseñada. Eran outros tempos, mais eu lembro que a biblioteca da miña escola estaba pechada con chave e non tiñamos acceso a ela. Eran os mestres os que, en todo caso, collían algún libro específico que querían que lésemos por algunha razón concreta. Empecei a ler un pouco máis na adolescencia. Adoita-ba visitar a Biblioteca Pública de Pon-tedeume. Agora si que leo bastante lix e iso axúdame moito. Máis tamén me axudan os filmes, banda deseñada, de-buxos animados… Eu sempre digo, e ademais minto, que trato de escribir as historias que a min me gustaría recibir como lector. Eso como perspectiva está moi ben, pero despois non o cumpro, porque case sempre me tiro ao mundo da fantasía cando resulta que eu non son tan fan da literatura fantástica. En defi-nitiva, supoño que as influenzas son moi diversas.

Miguel Mosqueira. No meu caso non teño contacto con cativos, nin leo litera-tura infantil e xuvenil, así de rotundo o digo. Nin sequera lembro que lía cando era pequeno. Entón eu á hora de preparar por exemplo o traballo de Sira e o robot, inspirábame sobre todo no cine, sobre

Page 40: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

40 Revista Criaturas

todo nos musicais que a min me gustan como adulto e tamén cando neno. En concreto no Mago de Oz, que vin moitas veces. Sobre todo para aprender a facer unha trama simple, como poden reac-cionar os personaxes, que tipo de lin-guaxe hai que empregar nos diálogos… ese foi o meu referente. Tamén houbo outros. Fundamentalmente cine infan-til. A terceria parte de Toy Story gustou-me moito. Recoñezo que chorei con Toy Story (rin). Tamén Up…

Antonio Manuel Fraga. Con Up chora-ches ao principio.

Miguel Mosqueira. Efectivamente! Chorei ao principio. O tema é que para o que eu tiña que facer que eran sobre todo diálogos, porque este traballo é teatro en audio con música, o cine é un referente moi bo. Incluso cine clásico mudo para ver como se crea unha trama sinxela. Se ben o cine mudo non estaba pensado para nenos, si estaba pensado para persoas sen experiencia na linguaxe cinematográfica. Tanto pequenos como maiores eran virxes no que se refire á comprensión do código. Iso provocaba que as películas valesen para todos, xa que as situacións que se filmaban non eran complicadas.

Antonio Manuel Fraga. Os exemplos que ti pos poden ter unha dobre lectura. Tanto en Up como no Mago de Oz po-des facer lecturas máis profundas. E esa pode ser a chave da literatura infantil: historias que poden ler os nenos, mais tamén o resto do público. Supoño que unha das partes divertidas da lix é bus-car esa dobre lectura, esos distintos ni-veis que pode atopar cada lector.

Page 41: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 41

Miguel Mosqueira. Claro, dentro do propio texto pode haber subtextos que teñan un significado simbólico que a priori non atopas.

Antonio Manuel Fraga. Iso como autor é unha das cousas que a min máis me divirten. E tamén como lector.

Miguel Mosqueira. Igual por un vicio do que lembraba de produtos infantís, en Sira e o robot tiven unha tendencia da que me arrepinto. Hai un pequeno ton moralizante. Hai un personaxe nes-

ta obra que despois da peripecia chega a unha conclusión e establece a moral da historia. É algo que eu teño presen-te que ás veces suce-de na lix, pero creo que nese sentido non convén forzar. Igual no que fixen eu queda incluso algo paródico. Creo que subliñar tan-to un aspecto con-creto pode resultar molesto, tanto para

maiores como para nenos. Explícome: refírome a ese momento como un pou-co máis sentimental no que se di “todo isto serviu para que aprendas estoutra cousa…”

Antonio Manuel Fraga. É moi bo reco-ñecer según que cousas para ir mello-rando. Mais que detrás dun texto haxa unha certa mensaxe non é algo negati-vo. A min paréceme moi interesante ese mundo que se describe en Sira e o robot.

Está ambientado na Galiza do 2050. Eso é un futuro previsíbel, un futuro distópico, unha parodia do presente…?

Miguel Mosqueira. Un futuro que pode ser previsíbel, no que a xente traballa moito, no que o inglés está impregnado na sociedade e onde as relación huma-nas están nun momento débil porque as familias están moi concentradas no seu núcleo privado. E despois hai un pouco de parodia porque os humanos compór-tanse de xeito algo mecánico, sen sen-timentos, e os robots son máis huma-nos. Tamén hai unha viaxe a un planeta onde todo é máis idílico… Realmente é o Mago de Oz: están en Kansas City, que é a realidade escura porque a nai da protagonista está enferma, e viaxan a Oz para resolver o problema que te-

n o meu caso non teño

contacto con cativos, nin leo literatura infantil e xu-venil. nin se-quera lembro que lía cando era pequeno /Miguel Mos-queira

Page 42: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

42 Revista Criaturas

ñen na terra, en Kansas. Sira e o robot está inspirado nesa tradición. O certo é que o futuro é un tema que sempre me resultou fascinante.

Antonio Manuel Fraga. Polo que contas non parece un futuro tan afastado como o 2050, por iso che preguntaba se hai certa parodia do presente.

Miguel Mosqueira. Parodia creo que hai bastante. Moitas veces ata sen buscala, por falar con naturalidade dese futuro, dando a entender que ese futuro é unha farsa na factura. Estamos aquí recreando un futuro pero sen deternos nos deta-lles, de maneira moi simbólica, moi bru-ta. En todo caso creo que é un camiño para explotar no vindeiro libro. Entrar máis en detalle de como pode ser ese futuro. Como opera a imaxinación no sentido de transformar as cousas. Usar referentes da cultura popular de masas para facer unha especie de adaptación. Coller unha icona, algo con vida propia, e introducilo nun contexto novo. Pen-sara en usar algún elemento de Regreso ao Futuro, e algún leit motiv tipo coche ou máquina do tempo. Iso dá xogo para viaxar ao futuro, volver ao pasado… e tes a seguridade dunha trama que te ava-

la. Con Sira e o robot era o Mago de Oz. Trátase de usar algo que sabes que fun-cionou, de coller o molde e levalo ao teu territorio. E ti, en canto ás tramas, como funcionas?

Antonio Manuel Fraga. Depende moito da historia, pero si que adoito ter unha referencia. Por exemplo, cando empecei a escribir O castañeiro de abril, tiven moi presente na cabeza a Roald Dahl, aínda que logo funme desviando. Cando em-pecei Tártarus, novela xuvenil que está pendente de publicación, estaba moi presente Michael Ende. Baséome nas referencias que eu tiña, no que a min me gusta e me gustaba ler, para despois de-volvelo. É o que dis ti, é bo ter unha boia na que poder agarrarte. Non falo de fa-cer plaxio, iso non me gustaría, pero esa insipración si que me axuda.

Miguel Mosqueira. E tes a trama na ca-beza antes de empezar a escribir?

C ando eres neno podes di-cir o que che gusta sen

prexuízos. de neno tes esa li-berdade. e iso ímolo perden-do e entón á hora de volver tes que eliminar prexuízos. /anTonio Manuel Fraga

Page 43: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 43

Antonio Manuel Fraga. Si, completa-mente. E, ademais, estruturado. Nese sentido son moi cuadriculado. Teño que ter todo controlado: a trama montada, a división dos capítulos, os personaxes perfectamente definidos… aínda que logo van evolucionando coa historia, van collendo vida propia.

Miguel Mosqueira. E o arquetipo da historia, a secuencia de capítulos, ese proceso lévache moito tempo facelo?

Antonio Manuel Fraga. Si que me leva tempo. Máis aínda se ese proceso ten que ir combinado con documentación. Talvez sexa para min a parte máis di-vertida porque é cando realmente estás creando todo, gózoo moito, non o vexo como un traballo maior. Mais se é cer-to que necesito ter ese mapa, esa guía, non o tomo como se fosen as táboas da lei. Se a historia me leva por outro lado tampouco pasa nada.

Miguel Mosqueira. No meu caso é bas-tante diferente a escribilo porque can-do pensas un argumento tampouco tes que estar cun ordenador diante. Tráta-se de pensar e o outro escribir. Woody Allen, cando pensaba os argumentos

dos guións podía estar toda a tarde sen-tado nun sofá mirando cara arriba e di-cíalle ás súas fillas que estaba traballan-do. Pero semellaba que non porque non estaba facendo nada, estaba só pensan-do. Eu tamén penso así a trama. Aínda que logo Sira e o robot fose un plaxio do Mago de Oz (ri) tamén houbo cousas que tiven que adaptar.

Antonio Manuel Fraga. Estou pensan-do que o Mago de Oz causou certa fasci-nación porque non é a primeira historia que tanto en filmes como en obras lite-rarias si o collen como referencia. Ocó-rreseme Apocalypse Now, de F. Ford Co-ppola, que din que ten certa similitude co Mago de Oz. Van remontando o río 4 personaxes moi distintos que se van atopando polo camiño…

Miguel Mosqueira. O patrón ese de que vaian dous personaxes, neste caso o can e Dorothy e que se lles vaian unindo outros á expedición supoño que é un cliché. Pero o ter algo claro na cabe-za logo permíteche facer as cousas con máis confianza. Logo tamén hai unha compoñente alegórica en cada un dos personaxes. Iso paréceme algo moi rico.

Page 44: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

44 Revista Criaturas

Antonio Manuel Fraga. E como foi a parte musical e combinar ambas disci-plias?

Miguel Mosqueira. Facer as cancións non foi especialmente complicado. O complicado foi facer a produción sono-ra do diálogo. O contexto: ábrese unha porta, péchase. Ou se están comendo e tense que escoitar o son dos cubertos. Gastamos moito tempo niso, intentan-do ser moi rigorosos, e creo que non fa-cía tanta falta. Porque un son xa te sitúa na historia. Non fai falta tanto detalle. Dá moito traballo porque tes que buscar o son, integralo co resto... é moi laborio-so e creo que sendo algo máis minima-listas quedaría a cousa mellor.

Antonio Manuel Fraga. Porque as can-cións son cancións que están integradas na propia historia

Miguel Mosqueira. Si, pero aínda hai outra cousa que creo que se pode me-llorar. En calquera obra de calquera so-porte, pero particularmente no mundo infantil, é fundamental ter ritmo. Acu-mular paróns fai que se resinta o ritmo do conxunto. Supoño que na literatura infantil propiamente dita, iso corríxe-se revisando o texto e limpándoo para prescindir do innecesario. Pero claro, isto é un musical e non unha obra ao uso.

Antonio Manuel Fraga. E como foi o paso de Ataque Escampe a de súpeto meterte nun libro de lix?

Miguel Mosqueira. Foi máis sinxelo. Porque o público infantil non ten de-masiada bagaxe musical ás súas costas e

todo lle parece máis ou menos novo. O público adulto adoita buscar similitu-des noutra música que xa coñece. Nese sentido hai que ser máis ambicioso no que se refire á innovación ou na com-posición. E aquí pois tiras de melodía e de arranxos divertidos. E ao final queda máis natural. Ás veces cos adultos daslle tantas voltas ás cousas que acaba saíndo algo demasiado retorto que perde a vida que tiña nun principio. Entón a min resúltame cómodo e satisfactorio facer algo máis espontáneo, menos elaborado, máis natural. Neste caso, eu tamén tiven en conta as músicas que me gustaban de neno e que me seguen gustando de adulto. Sen prexuízos. Igual no disco hai unha canción que se parece a Madonna. Claro, facer unha canción para o públi-co adulto que recorde a Madonna pode dar pudor. A Madonna dos 80, Material Girl. Estaba ben, era un pop que estaba ben.

Antonio Manuel Fraga. Cando eres neno podes dicir o que che gusta sen prexuízos. non pensas en que vas que-dar mal por dicir que che gusta unha ou outra cousa. De neno tes esa liberdade. Na música, na literatura, no cinema… en todo. E iso ímolo perdendo e imos gañando “o que dirán de nós”. Entón á hora de volver tes que librarte de toda esa bagaxe, buscar músicas luminosas, eliminar prexuízos. Eu teño unha so-briña que me axudou un pouco a recu-perar ese mundo que vas perdendo ata case converterse nalgo alleo. E cousas que pensabas sobre o que lles pode gus-tar aos nenos, ou sobre os seus propios razonamentos, logo descubres que tam-pouco eran como ti pensabas. Nos en-

Page 45: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

contros cos escolares ao final vaste afa-cendo, pero nas primeiras veces o que che preguntan pode resultar realmente sorprendente. E é por iso, porque falan sen prexuízos e len sen prexuízos.

Miguel Mosqueira. Eu, en xeral, non consigo lembrar o que me gustaba de pequeno. E os poucos libros que recor-do non lles teño especial cariño. Lem-bro Todos los detectives se llaman Flana-gan, que me gustara moito. Pero non me gustaría volver lelo. Aínda que me gus-tase moito de pequeno. A medida que fun medrando, cada vez que pensaba nese libro era con desapego.

Antonio Manuel Fraga. Nese sentido, cando de pequeno lin Tintín no Congo non me chamou á atención en absoluto. Pero cando o lin de novo sendo adul-to, impresionoume o trato que se lles dá aos africanos. Case como se fosen subhumanos. E daquela parecérame o máis normal do mundo! Malia estas compoñentes reaccionarias, gustábame Tintín e ségueme a gustar.Miguel Mosqueira. Tintín, Astérix, Lucky Luke eran canónicos nesa época. Pero falando de casos como o de Son Goku, era moito máis espontáneo. Non había unha promoción especial para que a xente vise Bola do Dragón. Eu pensaba

que era imposible que ese furor trascen-dese do lugar onde eu vivía, que era La-lín. E logo vin que causou o mesmo im-pacto en toda Galicia. E se causou tanto impacto, e non o causaron outras series que había á mesma hora era porque aí había elementos que eran unha bomba. Era algo perfecto.Antonio Manuel Fraga. E que pensas que pode ser iso que o facía perfecto?Miguel Mosqueira. Non sei. (Rin) O que si sei é que o están poñendo de novo na TVG2 e vendo algún capítu-lo percibín que a lentitude narrativa é insoportable. De feito non sei como o aturaba de neno. Pero había unha espe-cie de equilibrio entre a épica e o humor absurdo, incluso frívolo, que estaba moi ben integrado.Antonio Manuel Fraga. Pode parecer unha parvada, pero un síntoma de que Dragon Ball dalgún xeito marcou á nosa xeración é cando saes de festa e de súpe-to a xente empeza a cantar a pleno pul-món cancións de Son Goku.Miguel Mosqueira. E ademais cun ran-go de idade bastante grande. Antonio Manuel Fraga. E sobre todo as cancións do final, que eran como mais cursis. (Rin). Miguel Mosqueira. Algo había aí de boa construción.Antonio Manuel Fraga. Polo menos de conexión co xeito de pensar e imaxinar. Aínda máis nunha cultura tan diferente á nosa como pode ser a xaponesa.Miguel Mosqueira. Hai que aprender de Son Goku.

Page 46: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Constelación por mes no ano (1856).Geographicus Rare Antique Maps - [Créditos]

Page 47: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

CONSTELACIÓNSO Nadal é tempO de amOr e alegría para cOmpartir cOa familia e Os amigOs, para cOidar dOs seres que-ridOs, xa sexas uN NeNO, uN gNOmO, uN rObOt Ou uN bONecO de Neve. mais taméN é tempO para papá NOeís cascarrabias Ou seres cOmO O griNch, jack Ou O se-ñOr scrOOge que OdiaN as paNxOliñas, Os agasallOs e tOdO O que sigNificaN estas datas, Ou tempO para cambiar de parecer.

deixámOsvOs aquí estas cONstelacióNs, este pequeNO uNiversO de histOrias e títulOs sObre O Nadal para que Os leades e descubrades tOdO O máxicO destas datas.

MAR GARcíA péREz

Monográfico

Page 48: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Título: Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis

Autor e Ilustrador: Kiko da Silva

Editorial: KalandrakaAno: 2010

Lugar: PontevedraISBN: 978-84-8464-612-9

Colección: DemademoraPúblico destinado: de 0 a 6 (prelectorado/lectorado inicial)

Todo un imprescindible nestas datas nas escolas infantís, bi-bliotecas e alí onde se conte un conto de Nadal, esta historia do pequeno Martiño estará pre-sente. Un divertido relato dun rapaz que alí onde vai vai can-tando a súa canción para lem-brarlle aos Reis Magos o seu agasallo de Nadal: un fermoso tren de diferentes cores. Pero na Noite de Reis algo terrible sucédelle...esperta cunhas ga-nas terribles de facer pis!

Título: Olivia recibe la NavidadAutor e ilustrador: Ian Falconer

Tradutora: Teresa MlawaerEditorial: Fondo de Cultura

EconómicaAno: 2008

Lugar: MéxicoISBN: 978-968-16-8564-5 Público destinado: de 0 a 6 (prelectorado/lectorado inicial)

A pequena porquiña creada por Ian Falconer está preparando

a Noiteboa, pon á árbore, os adornos, cociña unha suculen-ta comida e tamén ponse ben guapa para comer coa súa fa-milia e sobre Olivia non para e non pode durmir porque está moi nerviosa pola chegada de Papá Noel quen lle traerá moi-tos agasallos.

Título: La mejor NavidadAutor e ilustrador: Zhiyuan

ChenTradutor: Aloe Azid

Editorial: ThuleAno. 2006

Lugar: BarcelonaISBN: 978-84-96473-50-8Público destinado: de 0 a 6 (prelectorado/lectorado inicial)

O ilustrador taiwanés Chih-Yuan Chen ofrécenos unha fermosa historia de Nadal para tempos difíciles. A familia de Osos está a pasar unha mala etapa económica e non teñen cartos para os agasallos de Na-dal. Pero o día de Nadal baixo á arbore toda a familia atopara-se con diferentes agasallos e ao abrilos descubrirán aqueles pe-quenos tesouros que perderon (un botón de mamá, o chapeu de Papá o paraugas de Osiña...) Pero que pequeno Papá Noel lembrouse de todas esas cou-sas? Soamente aqueles lectores atentos poderán descubrir o se-gredo.

Título: Canto de Nadal Autor: Charles Dickens

Ilustrador: Roberto InnocentiEditorial: Kalandraka

Ano: 2011Lugar: Pontevera

ISBN: 978-84-8464-774-4Público destinado: Máis de 15

(lectorado mozo)

Neste clásico da literatura uni-versal Dickens narra a historia do perverso e avaro Srcrooge que é visitado no Nadal por tres pantasmas, a Pantasma dos Na-dais Pasados, Presentes e Futuros que móstranlle a realidade deses tempos. Esta edición está fermo-samente ilustrada por Roberto Inocenti, quen devólvenos ao Londres victoriana coas súas coi-das e detalladas ilustracións.

Título: Retablillo de Navidad Autor: Aquiles Nazoa

Ilustradora: Ana PalmeroEditorial: Ekaré

Ano: 2007Lugar: Caracas

ISBN: 980-257-332-9 Público destinado: De 7 a 10

(lectorado autónomo)

Este pequeno libro ofrécenos a historia de María e Xosé na procura dun lugar onde pasar a noite. Un fermoso poema acompañado por unhas ilus-tracións baseadas nas imaxes dos manuscritos iluminados da

Page 49: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Idade Media, pero cun toque criollo que acompaña as vesti-mentas dos personaxes (toque que a ilustradora outorgoulle ao tratarse dun texto realizado por Aquiles Nazoa autor Ve-nezolano). As imaxes e os seus significados están minuciosa-mente explicados e comenta-dos ao final do libro.

Título: Marcela en Navidad Autora: Ana García Castellano

Ilustradora: Ximena Maier Editorial: Anaya

Ano: 2009Lugar: Madrid

ISBN: 978-84-667-8448-1 Colección: Sopa de libros

Público destinado: De 7 a 10 (lectorado autónomo)

Novamente atopámonos con Marcela, unha nena de catro anos que nos conta en primei-ra persoa o seu día a día. Estes días está que non para un mi-nuto, tivo a función de Nadal, a que foron vela os seus pais, chegou Noiteboa e o Nadal que os gozou en familia, sobre todo xunto a súa tía que lle contou un montón de contos e levouna o cine e un montón de anécdo-tas máis entre as que se atopa por exemplo o perderse entre a multitude o intentar librarse a dúa irmán pequena.

Título: Un canguro polo nadal Autor e ilustrador: James Flora

Tradutor: Rafa SalgueiroEditorial: Lata de sal

Ano: 2012 Lugar: Madrid

ISBN: 978-84-940584-1-7 Público destinado: De 0 a 6

(prelectorado o lectorado inicial)

Un divertido álbum da colec-ción Vintage que a editorial Lata de Sal recupera é que foi editado por primeira vez en EE.UU no 1962. No día an-terior a Nadal Catalina recibe un enorme paquete do seu tío Dingo ao abrilo sae del unha enorme e saltariana cangura. O que sempre quixera Catalina! Dende ese momento Catalina e Adelaida fanse inseparables o que fará a vida un pouco máis complicada a toda a vila. James Flora fai un magnífico traballo de ilustración no que vai al-ternando imaxes en branco e negro e imaxes de cor, nas que soamente engade o rosa, o azul e marrón ao branco e negro.

Título: Contos de Reis e de Nadal

Autor: Miguel Vázquez Freire Ilustrador: Xosé Tomás

Editorial: XeraisAno: 2007

Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9782-632-7

Público destinado: De 7 a 10 (lectorado autónomo)

Sete breves relatos sobre histo-rias de Nadal e de Reis Magos que narra as historias de prin-cesas que aínda están espertas cando chegan os Reis Magos, dos monstros que aparecen pola mañá despoís da visita das nosas maxestades, de tios iden-tificados co Señor Scrooge...e máis historias que podes des-cubrir nestas datas.

Título: El expreso polarAutor e ilustrador: Chris Van

AllsburgTradutor: Marianne Delón

Editorial: EkaréAno: 2008

Lugar: CaracasISBN: 978-980-257-046-1 Público destinado: De 0 a 6

(prelectorado o lectorado inicial)

Un clásico dos albumes ilus-trados onde a maxia e a ima-xinación están moi presentes. Narrado en primeira persoa e nunha voz adulta conta o que aconteceulle nunha Noiteboa de rapaz na que non podía durmir polo anhelo de escoitar a Papá Noel. Pola contra escoita o son dun tren que para diante da súa habitación e que o levará xunto con outros rapaces ao Polo Nor-te a coñecer a Papá Noel, que lle agasalla co que máis desexaba no mundo un pequeno cascabel.

Título: Xa me tardan estes Magos

Autor: VV.AA ( Mamá Cabra)Ilustradora: Kristina Sabaite

Editorial: Galaxia Ano: 2011

Page 50: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9865-390-8Público destinado: De 0 a 6

(prelectorado o lectorado inicial)

Este libro-disco contén doce cancións escritas por Antón Cortizas, Antonio García Tei-jeiro, Gloria Sánchez e Gloria M. Roel e musicadas polo gru-po infantil Mamá Cabra. Nes-te traballo podemos gozar con panxoliñas especiais para ratos, cancións que nos falan dos tres Reis Magos, incluso “dun cuarto Rei Mago” e dos pratos típicos destas festas como un “rock de bacallau con coliflor. O libro conta tamén co traballo da ilustradora Kristina Sabatei que acompaña todas as can-cións cunha divertida imaxe.

Título: Babar y Papá Noel Autor e ilustrador: Jean de

BrunhoffEditorial: Milenio

Ano: 2015Lugar: Lleida

ISBN: 978-84-9743-699-1Colección: Nandibí

Público destinado: De 7 a 10 (lectorado autónomo)

Jean de Brunhoff agasállanos con outra fantástica historia de Babar. Nesta ocasión os fillos de Babar e os seus amigos es-criben unha carta a Papa Noel pedíndolles que non so se lem-bre dos nenos se non tamén deles. Babar escóitalles desgus-tados ao pasar o tempo e non ter resposta. Así que emprende unha nova viaxe que levaralo dun lado a outro ata atoparse con Papa Noel. Este cóntalle que está moi canso e quen non lle da tempo case cos nenos, así que Babar invítao ao seu país para que goce e descanse ata o Nadal. Papa Noel moi agrade-cido regálalle a Babar un traxe

máxico coma o seu, así Babar poderá agasallar a todos os ani-mais. Un magnifico álbum de gran tamaño para regalar este Nadal!

Título: El muñeco de nieveAutor e ilustrador: Raymond

BriggsEditorial: La galera

Ano: 2007Lugar: Barcelona

ISBN: 978-84-3726-609-1Público destinado: De 7 a 10

(lectorado autónomo)

Neste álbum o silencio deixa o total protagonismo as delica-das imaxes que van medrando ao longo do relato ata tomar as dúas páxinas no momento do clímax da historia. A historia dun rapaz que xogando reali-za un moneco de neve e este toma vida. Os dous pasan un día máxico xogando e descu-brindo as realidades de cada un dos seus mundos. En 1982 esta historia foi levada o cine cun formato de curta por Dianne Jackson na que destaca a mara-billosa canción “Walking in the air” de Howard Blake.

Título: Papá Noel Autor e ilustrador: Raymond

BriggsEditorial: La galera

Ano: 2009Lugar: Barcelona

ISBN: 978-84-246-3064-5Público destinado: De 7 a 10

(lectorado autónomo)

Este libro de Raymond Briggs alóxase moito da dozura que anos despois amosará en “El

muñeco de Nieve”, e no que tamén mantén a súa forma de narrar e a estrutura en viñetas ao modo da banda deseñaba. Neste relato preséntanos un Papá Noel malhumorado e cas-carrabias que soña en descan-sar nunha praia ao calor e que mentres protesta polo traba-llo, polo frío, polo estreito das chemineas, polos doces que lle deixan... ata polos agasallos que recibe!. É tal o seu mal humor que chega ata as últimas liñas do libro no momento no que despídese e felicítanos o Nadal “Y felices fiestas para ti, maldi-ta sea!”

Título: ¡Cómo el Grinch robó la Navidad!

Autor e ilustrador: Dr. SeussEditorial: Beascoa

Ano: 2015Lugar: Barcelona

ISBN: 978-84-4884-464-6Público destinado: De 7 a 10

(lectorado autónomo)

Dr Seuss ofrecénos unha nova aventura, nesta ocasión presén-tanos ao Grich un estraño ser co corazón dúas tallas máis pe-queno que odia todo e a todos de “Villaquien” e en especial o Nadal, coas súas xentes, agasa-llos e sobre todo polas cancións. Movido por este sentimento decide roubarlles o Nadal aos “Quien”. Pero os nenos daranlle toda unha lección ao mostrarlle que o Nadal e moito máis que os adornos e os agasallos. Des-tacar o gran traballo de tradu-ción de María Serna ao lograr adaptar este relato mantendo o ritmo das rimas.

Page 51: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Título: Sonho de NeveAutor e ilustrador: Eric Carle

Editorial: KalandrakaAno: 2010

Lugar: MatosinhosISBN: 978-989-8205-42-1Público destinado: De 0 a 6

(prelectorado o lectorado inicial)

Un álbum destinado aos máis pequenos da casa onde o artis-ta Eric Carle preséntanos a un granxeiro que coida dos seus cinco animais con moito mimo e celebra o Nadal con eles. Cin-co animais que podemos xogar a adiviñar xa que agóchanse tras un montón de neve e que podemos descubrir ao pasar as follas de acetato.

Título: El gnomo no duermeAutora: Astrid Lindgren

Ilustradora: Kitty Crowther Editorial: Corimbo

Ano: 2013Lugar: Barcelona

ISBN: 978-84-8470-485-0Público destinado: de 11a 14

(lectorado xuvenil)

Un conto tradicional que foi adaptado por Astrid Lindgren transformándoo nunha delicio-sa historia na un pequeno gno-mo coida de todos os animais e das persoas da granxa nas duras noites de inverno. Falándolles a cada un deles nun idioma ca-lado e breve que todos os ani-mais entenden e que lles anima nesas noites frías coa esperanza do fin do inverno.

Título: Zip & Candy Las Navidades de los robots

Autor e ilustrador: Akihiro Nishino

Editorial: Barbara FioreAno: 2014

Lugar: AlboloteISBN: 978-84-15208-61-7

Público destinado: De 11a 14 (lectorado xuvenil)

Un conto que amosa o extraor-dinario que pode ser superar as adversidades apoiándose nos demais. O amor e a amistade entre dous robots que desco-bren as súas diferencias e un novo mundo que os une e como vense obrigados a separarse e a esquecerse un doutro para po-der sobrevivir.

Título: Pesadilla antes de Navidad

Autor e ilustrador: Tim BurtonEditorial: Alfaguara

Ano: 2015Lugar: Barcelona

ISBN: 978- 84- 204-8251-4Público destinado: de 11a 14

(lectorado xuvenil)Moi coñecida pola súa trans-posición fílmica, Tim Burton parodia no seu primeiro tra-ballo como escritor e ilustra-dor o poema decimonónico de Clement C. Moore The Night Before Chistmas, ao que alude dende o título. Jack, un habi-tante de Halloween, descobre o Nadal no bosque e decide levalo a súa terra. Pero aínda quere máis e decide converterse en Papá Noel e levar agasallos a todo o mundo, quedando todos os nenos horrorizados.

Título: El inesperado regalo de Papá Noel

Autor: Ewa Heller Ilustrador: Michael SowaEditorial: Barbara Fiore

Ano: 2007Lugar: Albolote

ISBN: 978-84-9355-914-4Público destinado: De 11a 14

(lectorado xuvenil)

Unha historia sobre a felicida-de, que non pode planearse nin tampouco esperar por ela. Des-tacar o punto de vista cheo de humor co que o autor trata os roles dos xéneros e o seu trata-mento a hora de adxudicar os xoguetes.

Título: El Cuento de Navidad de Auggie Wren

Autor: Paul Auster Ilustrador: Isol

Editorial: Seix BarralAno: 2013

Lugar: BarcelonaISBN: 978-84-3221-471-4

Público destinado: Máis de 15 (lectorado mozo)

Este conto de Nadal encargado a Paul Auter foi a orixe do guión da película Smoke dirixida por Wayne Wang. A historia do dono dun estanco do centro de Brooklyn que ten unha peculiar rutina que é sacar unha foto-grafía a mesma hora e na mes-ma esquina da cidade a diario. Este fermoso relato complétase co gran traballo da ilustradora arxentina Isol.

Page 52: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

imaxe: The Christmas Tree (A árbore de Nadal)Winslow Homer. Harper’s Weekly, Volume II, 25 December 1858, p. 820

Page 53: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Sección da Crítica

Page 54: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

54 Revista Criaturas

Fina Casalderrey

Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1952) é

unha das escritoras máis recoñecidas, traducidas e premiadas no ámbito da

literatura infantil e xuve-nil galega. Deuse a coñecer

con Mutacións xenéticas (1991). No 1995 acadou o Premio Nacional de Lite-ratura Infantil e Xuvenil

coa obra O misterio dos fillos de Lúa.

Moito é o que lle debe a Literatura Infan-til e Xuvenil galega a Fina Casalderrey. Ela é membro destacado da felizmente

chamada “Xeración Lamote (en alusión ao inesque-cible personaxe de Paco Martín), homes e mulleres que entre os anos 80 e 90 do pasado século foron decisivos na creación e consolidación da moderna LIXGA. Unha xeración responsable de introducir na súa obra novas técnicas e temáticas que ata da-quela non foran exploradas e, fundamentalmente, de achegar un novo concepto de literatura infantil, unha literatura feita para unha infancia que deixa de ser considerada unha mera etapa transitoria cara á idade adulta e pasa a ter entidade en si mesma e valores propios. Pero ademais, estes escritores e es-critoras da Xeración Lamote contribuíron de xeito moi destacado a través dos seus éxitos persoais á proxección da LIXGA dentro e fóra de Galicia, e á súa consideración como unha das manifestacións culturais máis puxantes e singulares do noso país. No caso de Fina Casalderrey este recoñecemento vén determinado, entre outros aspectos, polo Premio Nacional de Literatura que acada no ano 1995 co libro O misterio dos f illos de Lúa, polas numerosas

críticaMaría Jesús Fernández

Derradeira carta aos Reis magos

de fina casalderrey

Page 55: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 55

traducións a todas as linguas do Estado e, sobre todo, polo seu nomeamento como académica da Real Acade-mia Galega da Lingua no ano 2013, o que supuxo que da súa man entrou na máis alta institución da Lingua a literatura que se fai en Galicia para a infancia e a mocidade.

A creación literaria que Fina Casalderrey dedica aos lectores infantís e xuvenís é ampla e variada, atopamos nela obra para todas as idades e diversidade temática que se concreta tanto en relatos curtos como en nove-las extensas. Pero posiblemente a achega máis singular de F. C. á moderna LIXGA sexa o feito de ter sido a iniciadora dun xénero que despois tivo, e segue tendo, moita repercusión na literatura infantil galega e multi-tude de seguidores: estoume referindo ao que chama-mos “realismo cotiá”, narracións que ofrecen un retrato da familia galega actual, e que son en certo modo unha crónica social que reflicte as condicións e os problemas que afectan á sociedade e que tamén son vividos polos nenos e as nenas. Nos seus libros para público lector infantil, Fina amosa as relacións e os ámbitos nos que se desenvolve o universo propio da infancia: a familia, a escola, as amizades …E , ademais desta cotidianeida-de, tamén trata temas sensibles, temas de contido mo-ral que afectan e preocupan a todos, tamén aos nenos e nenas, temas como a morte e a enfermidade, as orixes da vida, o divorcio dos pais, a violencia e os malos tra-tos, a adopción, …

En moitos dos seus libros aparecen como protagonistas os seres máis vulnerables, os nenos e tamén os anciáns e mesmo os animais, personaxes aos que a autora trata con especial cariño e tenrura.

No que se refire á forma narrativa, Fina foi pioneira en usar a voz infantil como narradora en primeira persoa. Este recurso, que manexa con gran mestría e dominio das peculiaridades da fala dos nenos e nenas, permíte-lle mirar e explicar o mundo con ollos infantís, mestu-rando a inocencia coa lucidez desprovista de prexuízos que, sen pretendelo, critica e pon en evidencia os lu-gares comúns, as contradicións e as verdades a medias

Page 56: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

56 Revista Criaturas

nos que con frecuencia nos agochamos as persoas adul-tas, ao tempo que tamén lle permite achegar conside-rables doses de humor.

O libro que hoxe comentamos, Derradeira carta ós Reis Magos, amosa varias das características da autora que levamos mencionado. Trátase dun breve relato, dirixi-do a público infantil a partir dos sete anos, no que apa-rece o tema do Nadal, ou máis ben, como veremos, este tema é o pretexto para achegarmos a unha determinada realidade.

No relato escoitamos a voz de Paulo, un rapaciño de oito anos que vive nunha cidade e que comeza o seu discurso nos días previos as festas do Nadal amo-sándonos a excitación que sente e o emocio-nado que está agardan-do a chegada dos Reis Magos e os agasallos que espera recibir. Paulo pasa moito tempo só na casa porque nestes días a súa nai ten unhas xornadas moi longas nos grandes almacéns de roupa onde traballa como caixeira e o seu pai, desde que foi despedido da fábrica de mobles na que traballaba como vernizador, bota todo o día fóra buscando traballo.

A través dos seus ollos e da súa voz, acompañamos ao neno no paseo pola rúa peonil na que está a súa casa e que vén sendo un pequeno microcosmos representativo da sociedade consumista: alí están as tendas cos seus escaparates cheos de reclamos para os compradores, o ir e vir de xente entrando e saíndo, mercando de maneira compulsiva entre luces de cores e panxoliñas, e tamén están os excluídos da festa , a rapaza que fai de estatua vivinte e semella unha bolboreta, o músico da rúa que co seu violín solicita unhas poucas moedas … E Paulo

o dominio das peculiaridades da fala dos nenos e nenas, permítelle a fina casalderrey mirar e explicar o mundo con ollos infantís

Page 57: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 57

que nos conta, con toda a seriedade e a inxenuidade do mundo, o “despiste” que tiveron os Reis Magos o ano anterior que non lle deixaron os xoguetes que el pedira. Este ano quere un scalextric, aquel precisamente que está no escaparate da tenda, non pode haber dúbidas nin erros, el deixouno moi claro, e ademais, esforzouse tanto por ser bo e portarse ben que os Reis non teñen desculpas para non traerllo.

A excitación chega ao máximo cando Paulo asiste á ca-balgata dos Reis Magos, saúdaos emocionado e cre in-terpretar nos seus xestos unha confirmación de que esta vez non haberá malos entendidos e o ansiado agasallo será para el.

Pero esta enorme esperanza convértese en dolorosa desilusión e mesmo rabia cando, ao abrir o paquete que ao día seguinte deixaron os Reis Magos, comproba que, unha vez máis, tamén nesta ocasión as súas Maxestades de Oriente non tiveron en conta nin a súa bondade nin os seus desexos.

É entón cando Paulo, novo Balbino desilusionado, doí-do ante o feito de que a outros nenos mesmo lles deixa-ron máis cousas das que pediran, decide escribir unha longa carta, a máis longa que escribiu na súa vida, A derradeira carta aos Reis Magos, na que lles amosa o en-fadado que está, bótalles en cara as súas desatencións e o seu inxusto comportamento e anúncialles que rompe con eles definitivamente.

Unha vez máis, e como xa comentamos, o principal protagonismo da historia o ten a voz narradora que nos introduce na inocencia, inxenuidade, afán de xus-tiza e perda de ilusións da alma infantil e que, lonxe de resultar falso, edulcorado ou sentimentaloide, sabe combinar humor, tenrura e emoción nun relato que suxire moito máis do que conta e que admite varios niveis de lectura.

Ficha técnicaTítuloDerradeira carta aos reis magosAutora

Fina Casalderrey

Editora

Xerais, 2002

Page 58: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

58 Revista Criaturas

Pepe CáccamoBerta Cáccamo

(ilustracións)

A aposta de Urco Editora pola literatu-ra infantil e xuvenil definiuse dunha forma especial ao longo do último ano.

Ao lado das coleccións de literatura xuvenil, sor-prendíanos a aparición da colección Urco Infantil, especificamente orientada a crianzas moi peque-nas e que conta, como produto estrela, cos xa mí-ticos Libros da Merenda. A aparición deste Sopa de Estrelas, nun formato moi similar e cunha orien-tación equivalente, demostra que o compromiso da editora con esta liña non foi un elemento ex-cepcional. Sopa de Estrelas ten, ademais, o engado de estar asinado por dúas persoas moi relevantes no mundo da literatura e da arte galega. Co tex-to ideado por un poeta do renome de Xosé María Álvarez Cáccamo e as ilustracións compostas por Berta Cáccamo, o libro teno todo para converterse nunha pequena xoia que pode aspirar a ser un clá-sico da poesía orientada ás crianzas na nosa lingua.

Sopa de Estrelas, composto para o alumna-do dunha escola do Morrazo, representa un paseo poético e incribelmente imaxinativo pola galaxia, concretamente polo noso sistema solar. De feito,

críticaMario regueira

Sopa de estrelas

de pepe e berta cáccamo

Page 59: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 59

unha das características que mellor poden caracteri-zalo é a mestura entre a transmisión dun coñecemen-to astronómico básico e a capacidade para abordar, desde este, a posibilidade dos soños e da imaxinación. Desta forma, os protagonistas son os oito planetas do sistema solar, coa ocasional aparición dos seus sa-télites. Os planetas aparecen caracterizados en oca-sións polos seus elementos máis peculiares (o azul de Neptuno, o anel de Saturno) pero tamén pola posi-bilidade do inesperado e do onírico, como o merca-do popular de Mercurio ou as folerpas de neve que chegan a Venus e Urano. Esta perspectiva é, se cadra, un dos elementos máis positivos do libro, que traza esa equidistancia entre o descubrimento do mundo e a necesidade de soñar que necesitamos para se-guir procurando as súa marabillas. Por outra parte, é unha intención que cadra moi ben coas coloridas ilustracións de Berta Cáccamo, que comprende unha visión dos planetas e outros elementos siderais moi suxestiva e que xoga entre unha aparente sinxeleza e a posibilidade de evocar e imaxinar. O texto, pola súa parte, está concibido como unha canción de ri-mas fáciles (“A canción do universo”), que favorecen unha sonoridade moi axeitada para os xogos infantís. O poema, repartido en pequenas estrofas que ocupan páxinas enteiras cun texto de tamaño xeneroso, con-tribúe, unido ao formato apaisado, a crear unha obra manexábel, que pode lerse de distintas formas.

Sopa de Estrelas é, por tanto, unha obra sinxela e chea de imaxinación. Unha peza da ás veces com-plexa poesía pensada para crianzas que cumpre á perfección o seu propósito de facernos viaxar polo universo parando en cada un dos planetas do noso sistema solar.

Ficha técnicaTítulo

Sopa de estrelas

Autor

Pepe Cáccamo

Ilustradora

Berta Cáccamo

Editora

Urco Editora, 2015

Page 60: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

60 Revista Criaturas

Jan PienkowskiIlustrador, escritor e dese-

ñador de libros móbiles nado en Varsovia e acollido

no Reino Unido coa súa familia tras a ocupación

nazi de Polonia. Funda-do da Gallery Five axiña dedicou todo o seu esforzo

ao traballo como ilustrador. Recoñecidos como ilustra-dor da serie Meg & Mog

da escritora Helen Nicoll e, sobre todo, polos seus li-

bros pop-up, como Dinner Time, Robot, A casa en-meigada e moitos outros.

L ibros que saltan aos ollos como as larvas que foxen de cada bocado dun casu marzu, así é A casa enmeigada de Jan Pienkowski

que tan felizmente acaba de reeditar a incansable Patas de Peixe. Publicado por primeira vez no ano 79 esta marabilla esta obra é un texto singular, tan-to pola súa tridimensionalidade como polo estilo manifestamente macabro que procura unha reac-ción nas lectoras moi afastada da compracencia, mais aínda intensa e pracenteira.

A casa enmeigada non é só un libro, é un xogo, tal e como proba que a mediados dos anos noventa existise unha aventura gráfica para ordenador am-bientada nesa casa pop-up do autor polaco, o xogo, distribuído por Phillips non era, todo hai que dici-lo, unha revolución tecnolóxica nin de xogabilida-de (pode verse un vídeo do seu funcionamento nesta ligazón), está xa descatalogado polo que pode ins-talarse libremente dende plataformas de software abandonado (por exemplo dende Abandonsocios) e que pode servir como complemento á lectura do libro.

críticadaniel landesa

A casa enmeigada

de jan pienkowski

Page 61: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 61

Dende a primeira a última páxina atopamos o en-canto da interactividade analóxica, páxinas cheas de segredos, de sorpresas, que responden a un criterio de espectacularidade que non sempre está presente na literatura, nin sequera en moitos libros “pop-up” que se limitan a apertura dunha pestana. A casa enmeiga-da é un libro que se desborda máis alá do seu espazo físico procurando que cada novo cuarto da casa sexa unha experiencia sorprendente e grata.

Persoalmente creo que a literatura, dun modo moi sobranceiro a destinada a fomentar nos máis peque-nos o amor polos libros, non debe fuxir do artificio, de trucos que enganchen ás lectoras e que fornezan pracer máis alá do propio texto. E así é na casa en-meigada, na que o texto é construído non só polas palabras senón tamén pola potencia do visual, pola pescuda e polo poder evocador da monstrosidade.

O macabro como elemento

A miúdo atopamos nos libros destinados ao público infantil un certo melindre á hora de escoller temas e enfoques, delicadeza que a cotío roza a cursilería. A casa enmeigada sitúase nesa tradición de obras onde non existe o medo a dar medo; libros onde o pesadelo, o espanto, o desasosego forman parte das páxinas sen ningún tipo de complexo. Falamos de libros como o Onde viven os monstros de Sendak, Os pequenos maca-bros de Gorey ou, por que non, Escarlatina a cociñeira defunta, de Ledicia Costas dentro do espazo literario galego.

É por todo isto que este rescate do caixón dos desca-talogados é un acerto, un libro rico e construído para o disfrute visual e táctil, unha xoia que non debera faltar en ningún andel.

Ficha técnicaTítulo

A casa enmeigada

Autor

Jan Pienkowski

Tradutora

Laura Sáez

Editora

Patas de Peixe, 2015

Page 62: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

62 Revista Criaturas

Lendo lendas, digo versos

Antonio Reigosa, Anto-nio García Teijeiro e Xosé

Cobas.

Este final de ano deixounos un dos mellores libros infantoxuvenís do 2015: Lendo lendas, digo versos, unha obra creada a seis mans por Antonio Reigosa (que se ocupa das narracións), Antonio García Tei-jeiro (como creador dos versos) e Xosé Cobas (que consegue trasladar ese poderoso mundo mítico a un-has imaxes particularmente evocadoras). O princi-pal acerto da obra, a súa innovación máis poderosa é precisamente a de acertar a reunir, nun só volu-men, o inxente coñecemento de Reigosa do mun-do da tradición popular galega, a axilidade rítmica e musical dos poemas de García Teijeiro e a facilidade de Cobas para levar ao lectorado cara a universos oníricos, nos que calquera suceso é posible. Tres vo-ces consolidadas construíndo á vez para devir nunha plurisignificación que, non obstante, semella ter sido argallada tan só por un creador (tal é o encaixe que acada nestas páxinas o entrecruzamento xenérico).

Nun acaído limiar, os autores explican que se decata-ron da ausencia de poemas protagonizados por per-sonaxes míticos galegos de tradición popular, polo que se decidiron a embarcarse (e embarcarnos) nesta aventura. Así, as lendas recollidas tentaron manter a súa forma máis pura (se ben se albisca o adobío da es-crita precisa e retranqueira de Reigosa, que é sempre estilísticamente coidada); namentres que as compo-

críticaMonTse Pena Presas

Dos imprescindibles: Lendo lenda, digo versos

de A. Reigosa, A. García Teijeiro e X. Cobas

Page 63: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Revista Criaturas 63

sicións poéticas trasladaron o sucedido nos relatos ao verso. Porén, as estrofas de García Teijeiro (sen perder a esencia clásica deste poeta) non sempre se conforman con iso, senón que en ocasións xogan a engadir novos detalles á lenda, o que as fai aínda máis interesantes. Igualmente, a súa lóxica narratividade, acompañada da facilidade na comprensión (que se apoia precisamen-te no texto narrativo) pode supoñer un estímulo para aqueles e aquelas que aínda non se decataron (en pa-labras de Fran Alonso) de que “a poesía non morde” e que cómpre perderlle o medo ata retala.

A escolla de personaxes míticos e de lugares máxicos resulta tamén moi acaída. O texto privilexia seres ben coñecidos (como os reis ou as mouras), mais sen caer nos tópicos (o encontro con estes personaxes non su-pón inmediatamente un suceso malo ou bo, senón que serán os feitos posteriores o que determinarán isto). Canda estes caracteres aparecen outros quizais menos difundidos, pero con historias realmente sorprendentes e en moitos casos, moi descoñecidas. A sorte é que cada quen pode procurar o seu texto, o que máis lle suxire ou lle sorprenda, o que lle ensine ou lle evoque algo. Quen isto escribe, queda con “As tres bestas da Charca de Alligal”, quizais polos poderes curativos que amo-sa ter a auga, quizais polo poder feminino manifesto no personaxe da meiga, quizais polo perigoso que é o mal de amores ou quizais pola suxerentísima ilustra-ción que, nunha variación, aparece na portada. Porque unha besta pode ser fermosa, pois a tradición popular ensina, entre outras moitas cousas, que ás veces aparece o branco onde todo semella negro.

A suxestividade das ilustracións (entre o que vemos e o que pensamos, con grande capacidade para captar a fotografía do que non foi), os acaídos versos (que rema-tan, profundizan e matizan a un tempo) e as intrigantes lendas (recollidas coa palabra xusta e lixeira) acaban por conformar un volume imprescindible. Pola súa be-leza formal, mais tamén pola súa variedade textual e pola súa (re)creación da propia tradición, Lendo lendas, digo versos debese ser un referente. Porque cómpre non esquecer que, antes de que existise palabra escrita, to-das e todos escoitamos a maxia dunha voz que nos fixo soñar, mais tamén aprender.

Ficha técnicaTítuloLendo lendas, digo versosAutorAntonio ReigosaAntonio García TeijeiroXosé CobasEditora

Xerais, 2015

Page 64: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

imaxe: ‘Sala de estar chea de nenos bailando na árbore de Nadal’, H. J. Overbeek, 1877.

Page 65: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

librarías

Page 66: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Onde viven os contosA vida, como canta Silvio Rodríguez, é unha mistura de causas e azares. Foi o azar quen nos xuntou a Gonzalo e mais a min en Vigo, e nos levou a vivir ao barrio do Calvario para máis señas, e alí, moi preto do cruzamento dos Choróns, decidimos un día crear un pequeno negocio de papelería chamado Cartabón. Podía ter sido unha perfumería, unha zapatería ou calquera outra cousa polo estilo, pero non. Gonzalo apostou por cumplir o seu soño de neno.

Page 67: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

Inauguramos Cartabón o 24 de xullo de 1985, casualmente, nas mesmas datas en que iniciaba a súa andaina a TVG. Gon-zalo e mais eu eramos moi novos, acaba-bamos de cumprir os 24 anos, pero xa ti-ñamos dúas fillas, dúas nenas que viviron toda a súa infancia e adolescencia rodeadas de libros.

Agora, pasados máis de 30 anos, creo que foi case un milagro que aquel pequeno co-mercio que comezou vendendo material escolar e agasallos sexa hoxe unha das “li-brarías molonas” de Galicia, tal como reco-lle na súa páxina o Ministerio de Cultura de España.

A andaina non foi doada porque é difícil subsistir nestes tempos estando situados nun barrio de clase obreira. Na nosa me-moria están os nomes de librarías de re-ferencia en Vigo (todas elas situa-das no centro da cidade) que foron pechando as súas portas: Cervan-tes, La Rápida, La Española, Bertrand, Rumbo, Porto, Mañán. Tamén vimos chegar as librarías dos grandes grupos: El Corte Inglés, La casa del libro… e despois fomos testemu-ñas e protagonistas do enorme cambio pro-ducido no sector coa chegada do “dixital”.

Curiosamente, nin Gonzalo nin eu tivemos libros á nosa disposición cando eramos ne-nos. Os dous somos fillos de emigrantes que tiveron que procurar o sustento en Eu-ropa. Os pais de Gonzalo, a Alemaña, os

meus, a Francia. Fomos criados polos nosos avós na aldea, e alí os libros estaban ausen-tes. Gonzalo vivía nun lugar de Cartelle, e conta que o único libro que viu de neno na casa era un que lía todas as noites o seu avó, na cociña, diante da lareira. Era unha Bi-blia encadernada en negro, de tapas duras. Un libro que semellaba tan vello como as casas da aldea. A súa tía, pese a ser a mestra do lugar, nunca levou un libro á casa. Qui-zais os tivese gardados todos na escola para que non caesen en malas mans. Despois, cando cumpliu 10 anos e o internaron nos Maristas de Ourense, Gonzalo tivo acceso ás súas primeiras lecturas: vidas de santos, pero tamén de aventuras, de heroes e libros ilustrados. Anos máis tarde, xa no instituto do Calvario, tivo como profesor de lingua e literatura (española claro) a Xulián Mau-re, que lles recomendou aos seus alumnos a lectura dun libro dun autor galego. Gonza-

lo recorda que era o ano 1972 can-do foi compralo á Librería Gonzá-lez do Calvario: chamábase Me-morias de un niño

campesino, dun tal Xosé Neira Vilas.

Casualidades da vida. Eu nacín en Vila de Cruces, moi preto de Gres de onde era Nei-ra Vilas. O meu pai e mais el coñecéronse e tratáronse, e con Neira Vilas mantivemos sempre unha relación moi afectuosa. Pero daquela eu non lía en galego, porque can-do eu era nena viviamos baixo a ditadura e estaban prohibidos, por iso os libros que unha moza podía ler eran os publicados en castelán, e case todas eran traducións dou-

“Unha sociedade culta é aquela que le e que coida os lugares onde viven os libros: as bibliotecas e as librarías.

Page 68: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

tras linguas. Recordo ter lido Heidi, Mujer-citas, toda a serie de Los Cinco, Los Hollis-ter, e xa de adolescente os de Martín Vigil, como La vida sale al encuentro.

Cando morreu Franco eu xa vivía en Vigo. Estudaba enfermería mentres a vida cultu-ral e política cambiaba a súa cor gris-dita-dura por outras cores máis alegres. Nacían novos proxectos: librarías, editoras e, por fin, os libros galegos para os máis peque-nos. O galego pasou a ser lingua curricular na escola e chegaron os primeiros libros de texto na nosa lingua. No noso barrio, moi preto de onde viviamos, no cruzamento dos Chorons, instalara un retornado de Amé-rica, Fernando Pereira, a librería Castelao. Alí estivo durante varios anos o que foi un

templo para as Letras Galegas . Despois, Pereira presentouse as eleccións munici-pais e saíu elixido alcalde de Soutomaior por Unidade Galega. Pechou a libraría. Foi unha mágoa, pero tamén é certo que aquel baleiro axudou a decidirnos á hora de que negocio montar nun baixo que puxo ao noso dispor a familia de Gonzalo. Tamén acababa de reconverterse en tenda de roupa para nenos outra pequena libraría veciña, a de Zunzunegui, dun ex xogador do Celta.

Así que fixemos números e decidimos abrir unha papelería co nome de Cartabón. Non tiñamos nin idea do negocio, pero si unha enorme forza e ganas de saír adiante. Dúas fillas pequenas son unha razón importan-te para desexar saír airosos nunha aventura do estilo. Pouco a pouco, a papelería e os agasallos foron deixando paso aos libros de texto e á literatura. Máis adiante a pequena sección que crearamos dedicada ao libro en galego foi gañando espazo ata que se con-verteu no protagonista central do noso ne-gocio a finais dos anos 80. Foron anos in-tensos en traballo, pero produtivos, mentres a cidade bailaba ao son da movida viguesa e do rock bravú.

Naquel tempo a oferta de libros para nen@s estaba comandada por Susaeta, Everest, Disney, SM, libros aparatosos e desprega-bles que apenas deixaban presenza aos de Xabarín de Xerais, ou os de Árbore e de Toribio de Galaxia. Para os máis pequenos apenas había oferta en galego.

Despois, no ano 1991, como as paredes da libraría xa se nos quedaban pequenas, deci-dimos levar o libro galego polo país adiante e apuntámonos en todas as feiras que or-

Page 69: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

ganizaba a Federación de librarías. Foron veráns de moitos quilómetros percorrendo o país e coñecendo a moitas persoas coas que intercambiamos opinións, ideas e fer-mosas vivencias. Fixemos moitas amizades que hoxe se manteñen vivas. Tamén recordo que no ano 1993, sendo Gonzalo presidente da agrupación de libreiros de Vigo, organi-zárase unha Semana das Letras Galegas con moitas actividades polos barrios co apoio da alcaldía. O libro tiña presencia e protagonis-mo na rúa. Eran anos de moita actividade. Pero quizais a acción máis arriscada e inno-vadora naqueles anos foi a de participar cun stand dedicado exclusivamente ao libro ga-lego na Feria del Libro de Madrid, no retiro, durante os anos 1999 e 2003. A única axuda que tivemos nesa aventura foi a das editorias que nos aumentaron a marxe de desconto.

Foi a nosa experiencia como libreiros a que nos fixo ver a enorme carencia que había na oferta de libros para nen@s en galego. A fi-

nais da década dos 90 xa estaba aparecendo unha interesante oferta de álbums ilustrados en español. Eramos conscientes de que os chamados “picture books” tiñan moitos se-guidores nos países europeos: Francia, In-glaterra, Alemaña e, sobre todo, en EUA. En España, as editoriais estaban a desenvolver plans lectores que incidían directamente nos colexios, como continuación das campañas do libro de texto, e tiñan como obxectivo a prescrición do libro de lectura recomenda-do, e tamén se comenzaba a facer en galego; pero para os máis pequenos a oferta era moi cativa.

E un día, a finais de 1997, convidáronnos a participar como socios fundadores nun novo proxecto editorial. Tratábase precisamente de crear un selo que tivese como obxectivo a publicación de álbums ilustrados, e en ga-lego. Chamábase Kalandraka. E aceptamos.

Pasados os anos, creo que a nosa decisión foi acertada e que contribuímos a poñer en

Page 70: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

∏Se a túa criatura non ve aquí unha mesa. Falamos.

@juegamates

Page 71: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

marcha un proceso que cam-biou por completo o xeito de publicar no noso país. E non podemos estar máis que satisfeitos ao comprobar que desde Galiza é posíbel facer libros para todo o mundo.

Os libros de Kalandraka, e doutras editoras galegas que naceron antes e despois ca nosa, conforman unha am-pla oferta que temos a dis-posición dos nosos clientes. Mais somos conscientes de que a nosa aposta polo libro en galego segue a ser unha elección arriscada, case mi-litante, porque os tempos para a nosa lingua non son bos.

Os hábitos de compra cam-biaron e agora pódense com-prar libros en moitísimos puntos de venda: quioscos,

grandes superficies, aero-portos, internet. A libraría segue a ser o punto feble da cadea de valor do libro, e a cada ano que pasa é aínda máis feble. En Cartabón sa-bemos que hai que reinven-tarse constantemente para sobrevivir, e nesas estamos. No ano 2012 fixemos un cambio estético e estrutu-ral na libraría: nova fachada (co poema de Celso E. Fe-rreiro á vista), nova organi-zación do espazo interior, inicio de actividades cun longo programa de presen-tacións... Foi ese mesmo ano cando nos outorgaron o premio Irmandade do Libro como recoñecemen-to ao noso traballo de moi-tos anos. Foi tamén nese ano cando iniciamos a nosa etapa como libraría 2.0.

Creamos Redelibros, un es-pazo de comunicación para os lectores, e posteriormen-te, un espazo para a autoe-dición.

Agora, pasados xa os 30 anos de vida, a nosa clien-tela fíxose global. Cartabón está en rede e pode servir calquera libro do seu stock a calquera parte do mun-do. Pero non renunciamos ao contacto directo con esa avoa que pide unha reco-mendación para agasallarlle un libro o seu neto. Con ese pai que quere lerlle un conto a súa filla antes de durmir. Con ese cliente, xa amigo, que leva mercando libros en Cartabón desde que era neno e agora ten fillos.

Unha sociedade culta é aquela que le e que coida os lugares onde viven os libros: as bibliotecas e as librarías. E nós, libreiros de vocación e de profesión por causas e azares, seguiremos sendo a ponte de unión entre os “labreg@s da linguaxe” e os que soñan, arelan e fan posible cada día as “mil pri-maveras máis” para a lingua galega.

Page 72: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

CONTOS DE

NADAL?Tamara Andrés·Xosé Daniel Costas Currás·

Marta Dacosta·Antonio

Manuel Fraga·Diego Giráldez·Sabela Gonzá-

lez·Antía Otero·María

Reimóndez·Isaac Xubín·

Page 73: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

on é a Revista Criaturas unha revista literaria, mais si sobre literatura, non obstante, o feito de traballar tan a miúdo con textos fixo que, nalgún momento desta aventura, nos picase o becho dos textos. É por iso que neste número tan especial queremos traervos un ga-lano especial: unha pequena colectánea de textos am-bientados dun ou doutro modo no Nadal.

Como o fixemos? Pois ben sinxelo, tirando da amizade que nos une ás autoras e autores que hoxe aparecen recollidos nesta pequena antoloxía de relatos e a quen estamos enormemente agradecidos pola entrega do seu talento narrativo a esta pequena causa que é Criaturas. Atoparedes aquí textos de Tamara Andrés, Xose Da-niel Costas Currás, Marta Dacosta. Antonio Manuel Fraga, Diego Giráldez, Sabela González, Antía Ote-ro, María Reimóndez e Isaac Xubín, todas elas figuras destacadas da nosa literatura aínda que algún deles fai o seu debut no ámbito da LIX.

Ademais, contamos coa colaboración para a ilustración de portada de Pedro Díaz Lorenzo, quen se brindou a realizar un traballo feito ao efecto para nós, o cal temos que agradecer.

Agardamos que o gocedes tanto coma nós!

introducióndaniel landesa

Page 74: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 75: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

É TEMPO DE CASTAÑAS

TAMARA ANDRÉS

—Xiana, bule, o avó! —anunciou autoritariamente unha voz feminina desde o piso de abaixo.A nena, que estaba rematando de recoller os xogue-tes que se atopaban esparexidos polo chan (a habita-ción, por orde estrita da nai, tiña que lucir máis im-poluta que nunca), ergueu o tronco e colocou ben a saia. Logo saíu correndo cara ao cuarto de baño para comprobar no espello que todos os seus cabelos per-manecían perfectamente agrupados nas dúas trenzas que lle caían polos ombreiros. Baixou os chanzos das escaleiras correndo e detívose na porta da cociña: alí non había ninguén, mais atopábase concentrada unha cantidade inxente de fume que saía simultaneamente do forno, das tres potas xigantes que non deixaban nin intuír a vitrocerámica e do cigarro que se consu-

Page 76: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—76—

é tempo de castañas

mía, solitario, no cinseiro. Probou sorte no salón: alí estaban.—A ver, papá, non sexa cabezón, que non nos custa nada botarlle unha man —dicíalle o pai de Xiana ao seu pai mentres lle axudaba a sentar no sofá. A nai da rapaza, namentres, ollaba para o seu sogro sen a máis mínina intención de colaborar—. Veña, así, moi ben. Déame o bastón, que xa llo poño eu aquí. Está cómodo, verdade? A que fixo ben en vir cear hoxe connosco?O avó de Xiana limitouse a responder cun xesto de desagrado. Acto seguido, xirou a cabeza e fitou a ra-pariga. Esta, que contemplara a escena desde o limiar da porta, púxose ríxida, abriu moito os ollos e apretou os beizos. Sabía que aquel señor, a quen levaba tanto tempo sen ver, podía soltarlle calquera cousa.—Xiana, miña rula, por que non saúdas o avó? —preguntoulle o pai.A pequena comezou a mover a boca de moitos xeitos distintos, mais non foi quen de articular nin un só fonema. O vello tiña sona de ser moi desagradable e ela, desgraciadamente, xa fora obxectivo en varias ocasións dos seus ataques de mal xenio: «Que horror! Esta rapaza ten os ollos demasiado grandes. E esas orellas? Isto é un ser humano ou un coello?», excla-mou e preguntou a primeira vez que a viu. Ese pri-

Page 77: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—77—

tamara andrés

meiro encontro tivera lugar no hospital, cando a nena apenas tiña algunhas horas de vida.—E ti, papá? Non lle dis nada á túa única neta des-pois de tanto tempo?O avó mirou para o seu fillo con desprezo e despois cravou a vista na pantalla negra do televisor.—Seica che estamos moi faladores todos hoxe, eh? —ironizou o pai de Xiana mentres limpaba coa man unhas pingas de suor que lle esvaraban pola fronte—. A ver se vos animades un pouco para a cea, que se non esta vai ser unha velada moi pero que moi aburrida.O home, coa man chea de suor, mirou o reloxo, deu un chimpo e anuncioulle á súa muller que cumpría seguir preparando urxentemente a cea. Ambos os dous emprenderon rumbo cara á selva de fume. An-tes de saír do salón, o pai de Xiana axeonllouse diante da súa filla e murmurou:—Ti queda co avó: faille compaña e pregúntalle cada certo tempo se necesita algo, que se non el non cho vai dicir —. Xiana moveu a cabeza en sinal de afir-mación.Os pais da nena introducíronse na cociña e pecharon a porta. Xiana recordou a cantidade infinda de fume que alí atopara e pensou: «Mamá lévase queixando xa máis dun mes do cara que lles vai saír a cea de hoxe

Page 78: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—78—

e existe unha solución moito máis barata. Prato do Nadal: Pais ao fume! Pais afumados para todos!». A pequena escachou coa risa. Cando se deu de conta de que o avó estaba a mirar para ela con incredulidade, Xiana volveu sumirse no seu previo estado de rixidez.—E logo non sentas? —preguntoulle o vello.A pequena asentiu coa cabeza, aproximouse lenta-mente ao sofá e sentou no extremo contrario ao que ocupaba o seu avó. Transcorreron varios minutos en completo silencio. Só se escoitaba de cando en vez algún ruído na cociña.—E que tal vai o cole?Aquela pregunta aterrou na nena coma unha labaza-da. O impacto foi tremendo. Desde cando se intere-saba o avó por aquelas cousas?—Pois... moi... moi ben.—Tes moitos amigos?—Si, bastantes...—E os profesores son bos contigo?En troques de preguntarlle se ela amosaba unha ac-titude adecuada no colexio, preocupábase por como a trataban os mestres a ela. Que demo lle pasaba ao avó?

é tempo de castañas

Page 79: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—79—

—Si, moi ben. Non teño ningunha queixa.—Gústanche as clases?—Encántanme! De feito, de maior quero ser mestra.—Iso está moi ben, pequena; moi ben.De novo, fíxose o silencio que, de novo, se dilatou no tempo.—Hoxe vén Papá Noel, sabes? —comentou a peque-cha.—Sei, filla, sei, aínda que a ese home eu non o coñezo moito.—Como que non? E logo a ti non che trae regalos? Ti tes moitos anos, así que xa che debeu traer... —cando reparou no que estaba a dicir, levou as mans á boca.—Non te preocupes, muller, se xa sei que son vello. Non ves que ata me teñen que axudar a sentar? En fin... Os vellos somos vellos e non hai máis volta que darlle. A ese home non o coñezo moito porque a min non me traía agasallos Papá Noel, senón outro ao que lle chamaban o Apalpador.—Pois a ese eu non o coñezo de nada.—O Apalpador era un home moi, moi grande, de barba rubia, que baixaba das montañas no Nadal para

tamara andrés

Page 80: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—80—

tocarlle a barriga aos nenos e comprobar se estaban ben mantidos. Non nos deixaba xoguetes, senón cas-tañas. O Nadal é tempo de castañas.—Castañas?! A min encántame as castañas!—Pois xa temos algo en común —dixo o avó sorrin-do.—E ese Apalpador segue traballando? —inquiriu a nena, relambéndose ao pensar naquel froito que tan-to lle gustaba.—Non, xa non —o avó quedou en silencio duran-te algúns segundos—. Perdeu o traballo cando Papá Noel comezou a repartir xoguetes entre os cativos. —Quedou no paro, como papá?—Si, pódese dicir que si... Aínda que o de repartir castañas entre os nenos era o que máis lle gustaba no mundo, como era carboeiro, seguiu tendo ingresos e algo no que ocupar o tempo o resto do ano.—Por que dis «era»? É que xa non é? —preguntou Xiana visiblemente preocupada.—Non, non é iso, non te preocupes. Dixen «era» por-que non sei que foi del. Nunca volvín escoitar nada do Apalpador desde que deixou de repartir castañas. Xa pasou moito tempo desde entón.

é tempo de castañas

Page 81: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—81—

Xiana imaxinou a un Apalpador solitario no seu taller, ubicado a carón da súa casa, no cume dunha montaña na que non vivía ninguén máis. Era de noite e aquel cuarto atopábase en ruínas, chea de po, teas de araña e bechos de toda sorte, incluídos morcegos. Dos bos tempos só quedaban anacos dalgúns mobles de madeira escura e mais unha cadeira e unha mesa incriblemente íntegras. Mentres que na primeira re-pousaban as nádegas do pobre Apalpador, na primei-ra apoiábanse os seus cóbados e toda a súa dor, que pesaba moito, tanto como varios dolmens xuntos. O Apalpador estaba a laiarse da súa mala sorte. Cando a pequena desactivou a súa imaxinación e volveu á realidade, decidiu que tiña que facer algo ao respecto.—Avó, teño que subir un momentiño á miña habita-ción. É moi urxente! —anunciou con moita présa—. Ti queda aí ben quietiño, de acordo? Non te movas! Baixo agora mesmo —dixo andando de costas en di-rección ao corredor. —Estou canso de repetir que non necesito ax... —Xiana xa non o escoitaba. Perdeu o final da oración por mor da distancia, pero iso era o que menos lle importaba naquel momento.A pequena entrou no seu cuarto, sacou un pequeno caderno de tapas verdes do primeiro caixón do escri-torio e colleu un lapis do lapiseiro que había encol da mesa. Sentou na cadeira, abriu o caderno e comezou

tamara andrés

Page 82: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—82—

a escribir. Concentrouse tanto na tarefa que a lingua lle saíu fóra da cavidade bucal.

Querido Papá Noel:

Escríboche porque non quero que veñas á miña casa esta noite. O meu avó di que lle quitaches o traballo ao Apalpador hai moito tempo. Eu non o sabía e iso está moi mal. Ao meu pai tamén lle quitaron o tra-ballo e está moi triste. Pensa que non o sei, pero sei-no. O Apalpador seguro que está igual. Eu quero que veña á miña casa o Apalpador para darlle traballo no Nadal. O avó díxome que é carboeiro pero que o que máis lle gusta no mundo é repartir castañas. Eu creo que lle vai facer moita ilusión poder volver facelo. Ti non estarías moi triste se non puideses repartir aga-sallos? Eu creo que si. Por que non vos repartides as casas? Hai moitas. Todos din que hai que compartir, e tamén se pode compartir o traballo. Non podo se-guir escribindo porque teño que coidar do meu avó. Chao.

A rapariga arrincou a folla, dobrouna pola metade e volveu baixar ás présas.

—Toma, papá, tes que levar isto a correos. É moi ur-xente! —anunciou mentres entraba na cociña.

é tempo de castañas

Page 83: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—83—

A resposta da nai, que estaba a fumar, adiantouse á do pai, que estaba a sacar as vieiras do forno.—Que dis, rapaza? Correos está pechado, ou non ves a hora que é? —dixo sinalando o reloxo da cociña —Pero... ti que andas a facer? Non se supuña que esta-bas a coidar do avó?A nena calou e mirou para o pai.—A ver, que é o que tes aí? —o home quitou o guan-te de cociña e estirou o brazo coa palma da man cara arriba.—Unha carta para Papá Noel, para que lle deixe tra-ballo ao Apalpador, aínda que só sexa un pouco—contestou mentres lla entregaba.—Vexo que ti e mais o avó acabastes falando. Alégro-me. Alégrome moito —percibíase emoción na expre-sión do home—. Pero supoño que a oficina de correos xa estará pechada a esta hora. De todos xeitos, creo que non abren pola tarde en Noiteboa.Xiana empezou a preocuparse moi seriamente: ela era a única esperanza para o Apalpador!—Papá, teño que mandar esta carta sexa como sexa. É moi importante!—Seino; seino, miña rula —díxolle o pai, que era moi comprensivo—. Non te preocupes, que xa atoparei eu

tamara andrés

Page 84: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—84—

algunha solución. Ti volve ao salón e coida moi ben do avó, que esta noite ten que sentirse moi a gusto connosco.

A nena respirou aliviada e regresou rapidamente xun-to ao seu avó.

—Estás ben, avó? Necesitas algo?

—Non, non. Estou perfectamente. Todo o perfecta-mente que pode estar un con esta idade, claro. E logo cal é motivo de tanta présa? Ti que andas a tramar? —o vello xa coñecía o plan da rapaza posto que es-coitara a conversación que mantivera co seu pai na cociña, pero quería que llo contase a el.

—Pois mandeille unha carta a Papá Noel —afirmou chea de orgullo.

—E logo aínda decidiches hoxe os agasallos que que-res pedirlle?

—Non, non é por iso —respondeu algo doída; ela era moi responsable—. É que quero que sexa bo e que re-parta o traballo co Apalpador. Díxenlle que non que-ro que pase pola miña casa esta noite, a ver se así vén o Apalpador e me deixa castañas.

O avó asentiu, cheo de orgullo, e logo decatouse de que ao plan de Xiana lle faltaba unha pata.

é tempo de castañas

Page 85: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—85—

—E, por certo, como sabe o Apalpador que Papá Noel non vai pasar por esta casa e que debe vir el?A nena quedou perplexa: pasara por alto ese detalle. —A cea está lista! —anunciou o pai de Xiana desde a cociña—. Papá, agarde, vou agora!Que ía facer agora Xiana? Non podía escribir outra carta porque tiña que ir cear, pero non podía soportar a idea de que o Apalpador non traballase esa noite, así como tampouco a de quedar sen castañas. O avó, que intuíu que a cabeza da nena comezaba a centrifugar como unha lavadora por causa do estrés, deuse de conta do que acontecía e intentou tranqui-lizala:—Non te preocupes. Seguro que Papá Noel se pon en contacto co Apalpador en canto reciba a túa carta. Teñen que falar se se queren repartir as casas, non cres?—Supoño que si... —razoou Xiana, mais non con moita confianza.—Veña, imos aló! —anunciou o pai de Xiana entran-do pola porta aínda co mandil posto—. Tome o ca-xato. A cociña ule de marabilla. A cea quedou riquí-sima, xa verá. Vaille gustar tanto que non vai querer volver á...

tamara andrés

Page 86: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—86—

—E dálle, sempre coa mesma leria. Arre demo, que cousa máis pesada! Estou moi ben onde estou, e non se fale máis —respondeu o avó.Xiana, o pai e mais o seu avó saíron do salón, en-traron na cociña e pecharon a porta. Ao comezo da velada coincidiron na mesa sentimentos diversos e mesmo antónimos. A cara do pai de Xiana reflectía a máis doce das ledicias: o seu proxenitor, malia o rexeitamento inicial, accedera finalmente a cear con eles en Noiteboa. A cara da nai de Xiana irradiaba indignación: a súa filla tiña o pelo revolto, as vieiras aínda estaban demasiado quentes e o viño pouco frío, e a boca do seu sogro emitía toda sorte de ruídos ao mastigar que a poñían moi, moi nerviosa. A peque-na seguía preocupada polo tema do Apalpador. Ao avó, non obstante, soamente lle preocupada a comida. Non pronunciou nin unha palabra ao principio da noite, mais o viño foille soltando paulatinamente a lingua. A cea non se alongou moito. Todos foron para a cama despois da sobremesa. Xiana foi a primeira en abandonar a estancia. O avó durmiu na habitación da neta, na cama xemelga veciña á dela.

(...)A luz acendeuse.

é tempo de castañas

Page 87: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—87—

—Avó! Avó! Avó!! Veu o Apalpador! Veu o Apalpa-dor!!—cando o avó abriu os ollos contemplou un pri-meiro plano da boca de Xiana, que estaba a mastigar salvaxemente unha castaña crúa.—Que dis, pequecha? Que sorte tiveches! Tróuxoche moitas castañas? —dixo o home cun ton de voz máis grave do normal.—Moitas! Mira cantas! —sinalou co dedo índice a mesiña de noite.—Vaites, son moitísimas! E sentiches como o Apal-pador che tocaba a barriguiña?—Si, fíxome así —acariñou o seu ventre en círcu-los—. Veña, avoíño, érguete! Imos almorzar castañas!A palabra «avoíño» emocionou o vello. Non lem-braba a ninguén dirixíndose a el cunha palabra tan agarimosa. A pequena colleulle o bastón para baixar á cociña. Cando llo ía entregar ao seu dono, entrou alguén no cuarto.—Que pasou? A que veñen eses berros?—Papá! —gritou Xiana— Veu o Apalpador! Mira o que me trouxo! —Vaia, que sorpresa! Ao final conseguiches que re-cuperase o traballo. Podes estar ben orgullosa de ti mesma. Ben feito, miña rula!

tamara andrés

Page 88: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—88—

—Papá Noel debeu de chamalo ou mandarlle unha mensaxe ao recibir á miña carta. Como lla enviaches?

—Iso non cho podo dicir, pequecha. Aos pais non se nos permite revelar certa información sobre Papá Noel.

—Claro, entendo...

—E vas comer todo iso ti soíña?

—Voulle dar unhas poucas ao avó, que sei que a el tamén lle gustan moito.

—Paréceme moi ben —dixo dándolle un bico na fronte— Pero teño algo que dicirche: como te por-taches tan ben este ano, Papá Noel e o Apalpador chegaron á conclusión de que merecías que os dous che trouxesen algún agasallo —nada máis dicir isto, amosou un paquete dun tamaño considerable que traía agochado nas costas.

—Isto tamén é para min? —preguntou a nena sor-prendida.

—Si, atopeino no salón. Non ves? Aquí pon: «Para Xiana».

—É certo! —exclamou.

é tempo de castañas

Page 89: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—89—

A meniña esnaquizou o papel que rodeaba aquel aga-sallo. Cando se deu de conta do que tiña nas mans, comezou a dar chimpos por todo o cuarto.—Unha máquina de escribir!! Unha máquina de es-cribir, como a da avoa!!O pai de Xiana sentou na cama onde estaba o avó, que xa se incorporara, e dirixiuse ao seu proxenitor:—Sempre lle gustaron moito os contos. O día que lle comentei que mamá era escritora e que tiña unha máquina de escribir fermosísima, dixo que quería ser como a súa avoa e ter unha —explicoulle en voz baixa. —Tes unha filla marabillosa, Uxío. —Seino, papá, seino.Os dous homes non deixaron de contemplar a Xiana en ningún momento, que seguía a brincar como unha tola. Despois dun chimpo, a nena detívose e dirixiuse ao seu pai.—Papá, teño unha idea.—Cóntame, pequena.—Agora que o Apalpador volve ter traballo, necesita-rá axudantes para que lle boten unha man coas casta-ñas. Podería contratarte a ti. Papá Noel, por exemplo, ten elfos. Poderías ser o elfo do Apalpador.

tamara andrés

Page 90: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—90—

—É certo, filla. Enviareille o meu currículo, a ver se hai sorte —respondeulle á pequena, que sorriu e se puxo a investigar as características daquela nova má-quina—. E vostede, papá, a que hora quere que o leve de volta á residencia?—Pois a verdade é que me gustaría quedar convosco algúns días máis, se vos parece ben. —Como non nos vai parecer ben, se o que queremos é que veña vivir connosco?—Tempo ao tempo. Agora baixemos á cociña para asar as castañas, que devezo por comer unhas ben quentiñas, e a túa filla seguro que tamén.—Paréceme perfecto, papá. Déixasnos asar algunhas das túas castañas, Xianiña?—Por suposto! Pero despois teño que mandarlle unha carta ao Apalpador. Quero darlle as gracias e pregun-tarlle se che pode dar traballo. —Pois imos alá: ides degustar as castañas máis ricas da vosa vida, xa veredes. (...)O pai de Xiana comezou a sacar as castañas dun ti-xolo enorme e pediulle á nena que fora espertar a nai. Cando todos estiveron na cociña, sentaron á mesa e gozaron do sabor daqueles froitos que tanta alegría

é tempo de castañas

Page 91: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—91—

trouxeran aquela mañá a aquela casa. O fume des-aparecera da cociña pola noite e agora a estancia só estaba chea de silencio. Os catro membros daquela familia estaban completamente ensimesmados. O pai de Xiana pensaba na máquina de escribir da súa nai, nos contos que lle lía todas as noites e en espremer ao máximo o tempo que o seu proxenitor aceptase quedar con eles. Tiña que facerlle entender que po-día volver cando quixese; el alí non molestaba. A nai de Xiana estaba decidida a deixar a depresión a un lado. Levaba días barallando a opción de pedir axu-da profesional; non podía seguir vivindo nun estado permanente de amargura. O avó de Xiana estaba pensando en asumir publicamente que o quería real-mente era vivir naquela casa. A bondade da súa neta desxeáralle o corazón. Por moito que se quixese au-toenganar, non soportaba o ambiente da residencia na que vivía e, malia que xamais lle gustara recibir axuda de ninguén, consideraba que xa era hora de comezar a aceptala. Sabía que a nova alegraría moito ao seu fillo. Xiana, pola súa banda, notou algo estraño ao morder unha castaña que se cociñara demasiado. Revisou o estado dos dentes coa lingua e decatou-se de que lle empezaba a bailar unha moa. Antes de comunicarllo aos demais, preguntouse: «A quen lle roubaría o traballo o Ratiño Pérez?».

tamara andrés

Page 92: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 93: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

A CEA

XOSÉ DANIEL COSTAS CURRÁS

Iria:

Esta noite vai ser moi aburrida. Ten razón Papá que o tío é moi aburrido. Fala alto e rise todo o día. Non se pode xantar tranquilos nin xogar co móbil na mesa, hai que estar falando e dicindo cousas seguido. Ade-mais seguro que este ano non imos á Misa do Galo con Papá. Encántame poñer o vestido novo e saír pola noite despois de cear até a igrexa do Carme. Se-ñora María adorna a capela con flores moi bonitas e sempre ten chocolate quente para a xente. A Misa do Galo arrecende a cacao quente, por iso nunca tes frío. Cando che da a taza, a man quente de María parece unha manta que che arroupa. Despois marchar para

Page 94: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—94—

a casa e a correr para a cama. As veces ao día seguinte hai algún agasallo de Nadal.

—A cea está para as dez —berrounos o tío Afonso dende a cociña. Levaban tres horas el e Mamá na cociña preparando langostinos e un polo da casa que lle mandou Maruxa, a nai de Tonio, un amigo do tío que traballaba en Bruxelas e ía cear con nós esa noite.

Nunca vira tan contenta a Mamá coma aquela noite, tío Afonso e ela estaban contentísimos de estar xun-tos e poder cear en familia. A Papá non lle gustaba que fora a súa casa e tiñamos prohibido que foramos xunta del.

Xulia:

Esta noite vai ser tranquila. Cear sen Papá vai ser estraño pero tranquilo e ademais o tío é encantador. Sempre rindo e as comidas son sempre unha festa. Na casa despois de cear en noiteboa sempre temos que ir a Misa do Galo. Papá sempre está enfadado e saímos da casa para ir á igrexa e nunca quere pasarse pola casa do tío. O único bo da misa é o chocolate de María. Que boa é esa muller, sempre nos dá un bico antes de saír para a casa e unha taza de chocolate. Despois a correr até á casa, mentres nos alonxamos

a cea

Page 95: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—95—

Papá ponse a berrar con Mamá. Chegamos e para á cama a correr, e Papá sigue protestando e Mamá co-meza a chorar coma todas as noites.

Soa o timbre da casa. - Debe ser Tonio!- berra o tío emocionado.- Xulia, ábrelle á porta!.- Alá fomos Iria e mais eu. Iria saltou do sofá, pensaba que era Papá, pensaba que aínda ía chegar. Non lle dixen nada, non era quen de facelo. Chegamos á porta e abrímola, do outro lado estaba un home grandísimo cunha barba moi poboada e os ollos azuis que parecían que nos alumeaban. Agachouse e deunos un gran abrazo, díxonos que tiña moitísimas ganas de coñecernos e de celebrar esa noite con nós. Despois do abrazo da-quel xigante, a Iria cambioulle a cara, eu sabía que ela estaba esperando a Papá e atopouse con este estraño.

Pasou para a casa e deixou a súa chaqueta escura no armario da sala, coma se aquela casa fora súa, coma se vivira normalmente na casa do tío. Pasou á cociña e deulle un bico na boca ao tío Afonso. Quedamos mirando para eles, nunca víramos darse un bico na boca a dous homes. Iria quedou petrificada e púxose detrás miña agachada e avergoñada. Eu sentín que aquel bico tamén me bicaba a min e a Iria e a Mamá. Iso era amor, estou certa. Despois Tonio abrazou a Mamá e comezaron a chorar, pero unhas bágoas

xosé daniel costas currás

Page 96: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—96—

lixeiras de alegría, como dándolle as grazas por estar xuntos.

Iria marchou para a habitación a xogar co ordenador e eu quedei alí mirando para eles, como cociñaban e falaban. Pronto deron as dez e puxemos a mesa, fun chamar por Iria e fomos xuntas para o comedor, había seis servizos na mesa e a Iria volveulle cambiar a cara, novamente a idea de que viría Papá a cear revoloteou pola cabeza da pequena. Mamá decatouse da cara de Iria e comprendeu a súa emoción, así que recolleu un dos servizos e púxoos nunha pequena mesa que esta-ba ao lado.

—Este servizo non fai falta, é para a nai de Tonio que ven despois de cear a acompañarnos. A Iria cambiou-lle a cara, sentou e púxose a comer. A cea estaba sen-do extraordinaria, Mamá sorría e falaba co tío e máis con Tonio, nós escoitábamos, eu estaba abraiada. Eles querían que nos as dúas faláramos e preguntábannos polas cousas que nos gustaban, por como estábamos na escola, e polos nosos amigos.

-Eu quería ir con Papá á Misa do Galo.- dixo Iria dende a súa cadeira mirando para o prato de langos-tinos e sen ser capaz de mirar á cara para nós, para non comezar a chorar.

a cea

Page 97: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—97—

Quedamos en silencio, non era o momento para po-ñernos a falar daquilo, estábamos de festa e ía ser moi duro para Mamá ter que dar explicacións, dicir nun intre o que non fora quen de contar en toda a súa vida. De súpeto, Tonio, con aquela voz grosa e seca, dixo. -Sintoo moito Iria, nós non imos á Misa, pero estou seguro que despois de cear vasno pasar moi ben cos amigos que van vir por casa.

Iria non dixo nada. Ela quería ver a Papá pero tamén se decataba de que Mamá estaba contenta e non cho-raba coma con el. Iria estaba asombrada cos beizos de Mamá, desde que cortara a conversa, decatárase daqueles fermosos e vermellos beizos, de cando en vez, levantábase e ía xunto dela a darlle un bico e tocaba aqueles beizos encarnados. Nunca lle vira esa cor, parece que aquela noite Mamá era outra persoa, a mesma, tan boa sempre pero agora nova e viva.

Rematamos coa cea e comezamos cos postres, bis-coito, tarta de améndoa e todo tipo de doces cada cal mellor e mais sabroso. Comezou a chegar xente á casa, amigos dos tíos que viñan tomar café e licores. De súpeto encheuse aquela casa de pandeiretas, tam-bores e gaitas e todos comezaron a cantar e a tocar. Iria e máis eu estábamos asombradas e comezamos a bailar e a cantar panxoliñas. Os amigos do tío ensi-

xosé daniel costas currás

Page 98: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—98—

náronnos a tocar as cunchas de vieiras e as pandeiretas así como as letras de diferentes cancións tradicionais.Iria esqueceuse de Papá e da Misa, estábamos en-cantados de tanta xente pasandoo ben. Alí estába-mos toda a noite recibindo á xente, chegaban uns e marchaban outros, e todos eles viñas a darnos bicos e a falar con nós, música seguida e a cantar, así toda a noite. Sobre as dúas da madrugada, soou o timbre da porta e alá foi Iria en busca de novos amigos. A porta quedou aberta e Iria petrificada, púxose nerviosa e colorada e pensei que Papá estaría alí plantado e cha-mei a Mamá dun berro. Todos calaron e xiraron cara a porta. Pero alí estaba unha muller cun pano pola cabeza para taparse do frío e un chaquetón pechado até a barbilla, comezou a desenfundar e debaixo da roupa apareceu Señora María, a muller do chocola-te, a señora da man quente, o refuxio cálido de Noi-teboa. Tonio acercouse á porta e deulle unha aperta moi grande e un forte bico. -Preséntovos a miña nai, Maruxa!! - Chega tarde porque cea soa na casa e vai facer chocolate para os veciños da parroquia.Iria e máis eu corremos xunto dela e agarrámonos coma se abrazáramos a Mamá. Aínda arrecendía a chocolate, respiramos e Maruxa deunos un bico que nos acendeu e nos encheu de calor. Pasou e sentouse xunto nosa. Abrazou a Mamá e deulle un bico men-

a cea

Page 99: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—99—

tres lle secaba unha pequena bágoa que lle corría pola meixela. Seguimos un pouco pero enseguida Mamá díxonos que tiñamos que ir para a cama a descansar. Fomos despedíndonos dos amigos, dos músicos, de Mamá e do tío, e de Tonio. Iria agarrouno da man e levouno até a habitación, Tonio acompañounos e arroupou a Iria. Eu dinlle un bico e metinme na cama xunto a Iria, chiscounos un ollo e deuse a volta para volver con todos. Iria chamou por el. -Tonio ven!- Aquel home tivo que axeonllarse ao lado da cama para achegarse a Iria mentres a pequena díxolle en voz baixa case ao oído. —Xa sei quen eres! Non llo vou dicir a ninguén. Gra-zas, por fin, por facernos tan felices.

xosé daniel costas currás

Page 100: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 101: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

UN GALANO MARABILLOSO

MARTA DACOSTA

Todos os días, ao saír para o cole, ollaba un anaco para o recorte do xornal que a mamá puxera na coci-ña por baixo do calendario. Era unha foto de papá e outros homes en Santiago. Un sábado, coa mamá e o irmán, collemos o autobús e fomos alá, para camiñar rodeados de xente que ía berrando. Eu tamén berra-ba: “Por un reparto xusto! Queremos pescar e non mendigar!”.

Ollaba un anaco para o recorte do xornal porque papá non estaba na casa eses días. Estaba alí, de campa-mento con moitos outros papás, porque non podían saír pescar. Mamá tiña que me berrar, porque mentres miraba o recorte do xornal pasmaba e un día houben perder o autobús do cole.

Page 102: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—102—

Estaba triste. Por iso non me quedaban as cousas de clase como outras veces e podía pasar horas miran-do para a data que a profe escribira no encerado. E a profe non me rifaba. Facíame un aloumiño e pre-guntábame que tal pola casa. E eu miraba para ela e non contestaba. Porque non sabía que contestar. Por-que Papá non estaba e eu sentíame triste. E mamá estaba triste. Tan triste que ás veces non sabía por que se enfadaba. Ou por que me dicía que este ano ao mellor non chegaban á nosa casa os agasallos, nin por Papá Noel, nin polo Apalpador, nin polos Reis. Cando mamá dicía esas cousas tan feas sempre acaba dicindo o mesmo: “Non hai quen mire por nós. O mar está moi lonxe dos despachos”.

Papá levaba moitos días de campamento. E aínda que esta noite era especial non veu cear canda nós á casa do avó. O avó deunos unha aperta enorme cando chegamos. Eu volvinlle preguntar polo dedo inchado. E el volveume contar como cortou o tendón coa liña do palangre cando o peixe tivo máis forza ca el. E ao avó, que nunca se enfada, pregunteille por que estaba papá de campamento.

—Porque non os deixan pescar, Mariña.

—Por que non os deixan pescar?

un galano marabilloso

Page 103: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—103—

—Porque repartiron o peixe do mar entre distintos sitios e a nós dixéronnos que non podiamos pescar o mesmo que pescabamos antes.

—Por que?

—Porque o van pescar outros.

—E por que eles poden e nós non?

—Esa é a cousa, por que eles poden e nós non, se nós sempre fomos ao mar e sempre pescamos.

—E por que non lle piden a quen repartiu que nos dea máis?

—Pero que listiña me es, iso é o que está a facer o papá.

—E se lle deixan seguir pescando imos deixar de ser pobres? Vai volver ter diñeiro?

—Volverá.

—E entón haberá agasallos de Nadal?

—Haberá, haberá. Mais non esteas preocupada por iso. Hai moitas clases de agasallos e o máis importan-te é estarmos todos xuntos e estarmos ben.

—Xa, mais a min gústanme os agasallos.

marta dacosta

Page 104: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—104—

—Xa sei, xa sei. Pero a que o agasallo mellor des-te Nadal sería que papá volvese do campamento ese porque xa lles deixan volver pescar?

—Siiii.

—Pois logo!

O avó si que sabía. Pois claro que o mellor agasallo sería que papá viñese para a casa canto antes.

Esa noite quedamos durmir na casa do avó. Mamá marchaba para Santiago para pasar o resto da noite con papá. O avó díxome que ese sitio onde estaban acampados era o goberno galego e por iso estaban aí, para pedirlles que loitaran por eles, os mariñeiros, a xente do mar que se gañaba a vida traendo á terra o peixiño que logo toda a xente come nas súas casas. Eu ía preguntarlle como podía ser que os que estaban dentro do goberno non saísen correndo buscar máis peixe para os barcos nosos, mais esquecinme porque o avó preguntoume se quería que me contase o Nadal do que gardaba a mellor lembranza, e como eu xa sa-bía que me ía contar un conto dos seus, con golfiños e barcos, xa non lle preguntei nada.

—Pois se queres, mentres vas durmindo, cóntoche de cando lle tiven que axudar ás rapazas que viñeron sal-var un golfiño que apareceu polo Nadal. E isto non

un galano marabilloso

Page 105: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—105—

é un conto eh!, foi certo de verdade. Pasou aquí e eu vino todo, todiño.Haberá un par de anos, o mesmo día da fin do ano, saín dar unha volta á praia. Levaba un anaco cami-ñando e vin ao lonxe algo que se movía na auga. Se-guín camiñando e asexando cara a aquel vulto que non paraba de se mover. Ao principio pensei que era un peixe, o que pasa que non era quen de saber que peixe tan grande podía ser aquel. Mais xa logo me din conta que peixe non era. Aquilo ía ser un arroás. Entón andei máis lixeiro para chegar canto antes. Po-díame a curiosidade. Non era un arroás, era un golfi-ño dando co rabo contra a area e botando auga polo buraco da cabeza sen parar.Entón tirei do peto o móbil que me agasallou a avoa e fixen o que lle escoitara unha vez ao biólogo que veu á confraría, chamei ao 112. Díxenlle o que pasa-ba e puxéronme cunha rapaza que me preguntou un monte de cousas, que se estaba vivo, que se era gran-de, que onde estaba, que que facía, que de que cor era, que se era case negro polo lombo e se tiña unha mancha crema no costado… unha chea de cousas. Eu respondín a todo. Alto e claro. Que non se diga. E a moza dixo que viñan xa para a praia recoller o animal, que, se quería, agardase a que elas chegasen e así dá-banme as grazas en persoa por ser o primeiro elo na

marta dacosta

Page 106: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—106—

un galano marabilloso

axuda ao rescate do golfiño. Así mesmo me dixeron Mariña, o primeiro elo no rescate do golfiño, o elo esencial. E eu quedei encantado de ter chamado a xente tan agradábel.

Tardaron un chisquiño. Logo dixeron que viñan de lonxe. Segues esperta? Xa me parecía a min. Ao me-llor non fago ben contarche este conto, porque vas querer escoitalo até o final. Vale, vale, xa sigo.

As mozas tiraron do coche unha padiola e puxeron nela o golfiño. Pesaba moitísimo e tiven que axuda-las a cargalo até o coche, mais elas dicían que estaba delgado porque aquí polo lombo notábanselle as cos-telas… e a ti tamén! Tes que comer máis!…

E entón dixéronme se quería axudar a coidar do gol-fiño até que o devolveran ao mar e eu, eu dixen que si. Sabes por que, porque grazas aos golfiños e aos arroases temos pescado moito peixe. Nós diciámos-lle pescar ao mansío. Iamos navegando e cando mi-rabamos unha manda de animais como parados no mesmo sitio, entón tirabamos a rede e volviámola re-coller chea de peixe. Logo souben que era porque os golfiños estaban a comer no armeiro. Xa ves, o mar dá para todos e até permite que uns e outros compar-tamos o alimento.

Page 107: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—107—

marta dacosta

Así foi como fun botarlles unha man un día que non podía ir pasear á praia porque chovía moitísimo, e, cando cheguei á cetaria, vin que o tiñan nunha pisci-na pequena e cuns tubos de escuma verde no lombo, coma os que usas ti na piscina, pero máis curtos. Si. Eran os flotadores, viches cousa igual? O golfiño seica era moi pequeno e estaba frouxo, non tiña forza e ía para o fondo. E por iso elas lle puxeron uns flotadores e movíano pola piscina, para que non se esquecese de nadar. E tampouco comía. Era bebé. E elas es-taban preocupadas, porque non sabían que darlle de comer… Ei ruliña non chores... Non chores, escoita. Estiveron chamando a unha veterinaria de lonxe que lles deu unha receita para facerlle unha papa e dába-nlla por un biberón. Sabes con que biberón? … Non sabes? Cun teu que me quedara na casa de cando eras cativiña. Claro, cando dixeron que facía falta un bi-berón eu lembrei que tiñamos o teu na casa e díxeno. E leveino. E fixen algo que nunca pensei que faría… deille o bibe a un golfiño.

Comía, comía. Ao principio caía case todo por fóra, mais logo alongaron a mamadeira e ía máis para den-tro do seu fuciñiño e chupaba e chupaba. E así foi collendo un pouquiño de forza e levárono para unha piscina máis grande. E naquela piscina gozaba coma

Page 108: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—108—

un galano marabilloso

un neno. Asemellábase a ti cando te mergullas e saes botando auga pola boca! Cando tivo forza abonda para nadar e comer el soíño, as mozas comezaron buscar un barco para levalo cara a fóra da ría. Dábanos mágoa deixalo ir, afixerámonos a el, era o noso bebé. Mais é lei de vida. Cando pode-des gobernarvos por vós mesmos hai que vos deixar ir. E así foi como volvín subir a un barco despois de algúns anos e non para pescar. Saímos da ría e sol-tárono. Aínda deu varias voltas ao redor do barco e até nadou algunha milla por baixo da proa. Semella-ba que non se quería afastar, coma se el tamén nos tomase cariño. Desde o barco tirabamos fotos e máis fotos, e cando xa levabamos un tempo grande así de-mos volta e navegamos a máis velocidade, el seguiu-nos un pouco, mais logo pareceu entender e colleu na dirección contraria dando saltos como quen sen despide e agradece a axuda recibida. Até me emocio-no lembrándoo. E ti? Ai que o Pedro Chosco xa está aquí.E así foi como o golfiño que apareceu aquel Nadal atopou quen mirara por el e puido volver ao mar, que é a súa casa. Foi o seu agasallo do Apalpador. E o meu, porque este vello do teu avó nunca máis vai esquecer ese Nadal, nin aquel golfiño que volveu ao mar. Mariña, xa te durmiches pequena? Se algún día

Page 109: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—109—

marta dacosta

vén outro golfiño visitarnos heite avisar, para que o coñezas. Que durmas ben ruliña e que tamén ti teñas un galano marabilloso dos de non esquecer.—Mariña, esperta, ei, leironciño… esperta.—Mmmm xa é de día?—Aínda non, mais eu quería que me deras un bico que ando con fame deles hai moitos días.—… Papáaa!! Tróuxote o Apalpador!! Como ao gol-fiño!!As xentes do mar, sexan terrestres ou acuáticas, vivan del ou nel. A Gaspar e a Toxiño que chegaron a nós polo Nadal e nos afastaron da sistémica rutina do consumismo in-feliz que nos inculcan. E á xente da CEMMA que sempre acode no seu auxilio.Gaspar era un arroás adulto que apareceu en Ribei-ra ao inicio do Nadal de 2007 e Toxiño un golfiño de menos dun ano que varou fronte á Illa da Toxa o penúltimo día do ano 2012. Ambos os dous foron os nosos compañeiros aqueles Nadais, as súas <sortes diversas. Nunca os esqueceremos.

Page 110: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 111: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

MAIS QUEN É BIDICHOU?

ANTONIO MANUEL FRAGA

UN BARRIO

Nunha cidade do norte había un barrio singular. Era un barrio alegre, un chisco caótico, sen moito xeito nas súas rúas –tortas e estreitas– nin nas súas casas, vellas e pintadas de diferentes cores.

Un día, despois de longas e secretas deliberacións, as autoridades competentes da cidade tomaron unha decisión importantísima: había que erguer unha mu-ralla moi alta que arrodease todo ese barrio, illándoo por completo do resto da cidade. Así que unha mañá, cando os habitantes do barrio saíron ás súas xanelas para espreguizarse da noite, viron por vez primeira a muralla. Ducias de cuadrillas de obreiros, coas súas potentes máquinas de erguer murallas, traballaran

Page 112: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—112—

sen descanso a noite toda para coller desprevidos os veciños. E abofé que o conseguiran! Un tras outro os habitantes do barrio foron saíndo das súas casas e dirixíndose cara á muralla. Malia o carácter falangueiro destas persoas, ninguén podía emitir palabra. Estaban paralizados pola sorpresa. Abeiraron a muralla por completo, buscando algunha porta por onde poder comunicarse co exterior. Mais esta non existía. A muralla era forte, e por moito que bateron nela con martelos, macetas, ciceis e picañas, non foron quen de socavar nin un só centímetro do seu grosor.A muralla tamén era alta, tanto que non permitía ver o sol até preto do mediodía, cando este se situaba na parte máis alta do ceo. Non existía escaleira tan alta coa que poder subir á súa cimeira. Ademais, era moi esvaradía. Algúns quixeron trepar pola súa cara inter-na, mais toda tentativa acabou en fracaso.Ao final, despois de cismar moito no asunto, os veci-ños do barrio tiveron que admitir que estaban com-pletamente illados.E por que as autoridades mandaran erguer aquel co-losal muro? Pois porque os seus habitantes eran dife-rentes aos do resto da cidade. Así de sinxelo e compli-cado á vez. Non eran nin máis altos nin máis baixos,

mais quen é bidichou?

Page 113: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—113—

nin máis guapos nin máis feos. Nin sequera tiñan a pel distinta ou o pelo máis rizado ou máis liso. Porén, presentaban algunhas características no seu compor-tamento que os facía distintos, e iso non gustaba ás autoridades competentes. Estas eran algunhas das súas peculiaridades:Os habitantes do barrio non espirraban exclamando “at-chis”, coma a maioría, senón que o facían berran-do “chimpún”. Ademais, cando alguén espirraba non se lle dicía “Saúde” ou “Xesús”, senón un alegre “Fes-ta!”Malia ser un dos orgullos da cidade, os habitantes deste barrio non gustaban das salchichas. É máis, aborrecíanas. Se alguén aló compraba salchichas era só para darllas aos cans nos días de festa, pois sabían que para eles si que eran un manxar.Os veciños do barrio tampouco comían carne de ave de ningún tipo: nin galiñas, nin parrulos, nin pavos, nin pombas... Gustaban de todos eses animais, xaora! Mais só como mascotas, nunca como alimentos.A súa roupa era tamén un pouco extravagante, ou polo menos para os ollos dos outros cidadáns. Men-tres no resto da cidade todos vestían de negro, gris ou azul mariño, no noso barrio facíano dun xeito charra-mangueiro, tinguindo as súas roupas de moitas cores.

antonio manuel fraga

Page 114: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—114—

Outra característica a destacar destas persoas é que adoitaban beber o té cunha pinga de leite e unha cu-lleriña de mel, e xamais lle botaban limón ou azucre como facían noutros sitios.Ademais, de noite, reuníanse nos portais das casas, onde sentaban nas escaleiras para conversar mentres bebían os seus tés con leite e mel, en lugar de ficar na casa vendo a televisión. De feito, ningún habitante do barrio tiña televisor no seu salón, porque sentían que no interior daquela caixa só lles falaban de cousas sen importancia, e xamais do prezo dos tomates na ten-da da esquina ou de cando o calista tería tempo para arranxarlles os uñeiros dos pés. En resume, facendo unha compilación de todos estes datos, as autoridades competentes da cidade chega-ron a unha conclusión: os habitantes deste barrio non eran de fiar.

UN NADALUnha vez superado o estupor inicial de vérense illa-dos por unha muralla, os habitantes do barrio decidi-ron continuar coas súas vidas, coma se nada fose. Que podía preocuparlles? Tiñan hortas onde plantar ali-mentos, cortellos e prados onde criar gando, escolas para aprender, teares para confeccionar teas... Dentro

mais quen é bidichou?

Page 115: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—115—

da muralla tiñan todo canto precisaban para vivir e ser felices.Malia iso, había algo que non calcularan as xoviais xentes do barrio: ao estaren totalmente bloqueados, ninguén podería entrar para repartir os agasallos de Nadal. Nin os Reis Magos, nin Papá Noel, nin o Apalpador. Ninguén! E iso significaba que a rapaza-da ía ficar sen sorpresa ningunha.Algunhas das persoas máis sabias do lugar reuníron-se no escuro salón de té da señora Sara, unha anciá de máis de 100 anos, engurrada coma un uva pasa, que tiña a estraña virtude de saber escoitar. A señora Sara sentou coas pernas cruzadas no chan, dándolle pequenos sorbos ao seu té mentres escoitaba atenta as propostas dos alí reunidos. Unha muller co nariz grande coma o pico dun pelicano propuxo encargar algúns xoguetes aos artesáns do barrio. Como era im-posíbel elaborar un xoguete para cada neno, terían que sortealos en Noiteboa para elixir os afortunados. A señora Sara abaixou a cabeza e negou en silencio. Non gustaba da idea de que uns nenos tivesen xogue-tes e outros non.Daquela un home alto e forte suxeriu non celebrar o Nadal. Dese xeito non habería que facer agasallos e ninguén ficaría descontento. Mais a señora Sara volveu agochar o seu ollar e negar coa cabeza. Que

antonio manuel fraga

Page 116: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—116—

menos que festexar o Nadal, aínda que fose sen aga-sallos?Despois de moitas horas de discusión, os homes e mulleres foron abandonando un a un o salón de té da vella Sara. Non acharan ningunha solución ao seu problema, polo que os nenos do barrio ficarían irre-mediabelmente sen os seus presentes de Nadal.Mais a mañá do 25 de decembro aconteceu un mi-lagre. Cando os nenos do barrio acordaron do sono, encontraron na caixa de correo das súas casas unha carta co seu nome. Sorprendidos e excitados, buliron a desvelar o misterio. Cada un daqueles sobres conti-ña un conto diferente, especialmente dedicado a cada un dos meniños destinatarios. O único que tiñan en común todos estes contos era o nome do seu autor, que asinaba ao final do texto como Bidichou.Non entraban libros no barrio desde a noite na que ergueran a muralla, polo ter contos novos era estu-pendo! Ademais, unha vez finalizada a súa lectura, poderían intercambialos cos seus amigos, o que facía aínda máis emocionante o agasallo de Bidichou.Despois do abraio inicial, unha pregunta comezou a expandirse polas estreitas rúas igual ca o leite cando ferve; unha pregunta que asolagaba as casas, os nego-cios, as escolas e as bibliotecas de todo barrio: mais quen é Bidichou?

mais quen é bidichou?

Page 117: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—117—

UNHA NENANese mesmo barrio, nunha torre que noutrora al-bergara un transformador eléctrico, vivía unha nena chamada Zoe. A torre era estreita, non moi alta, cons-truída de ladrillos vermellos e coroada por ameas de punta triangular que a Zoe lle lembraban os dentes dun tiburón.Zoe era unha nena espelida, nerviosa de máis para estar nunca quieta. Pola mañá ía a escola, coma cal-quera outro neno, e pola tarde enredaba polas quellas do barrio até o solpor. Todo o mundo lle quería ben a Zoe, porque transmitía unha enorme ledicia a cantos se cruzaban con ela. Así, non era estraño encontrar a alguén no barrio que camiñaba rindo ás gargalladas, coma un tolo. «Veño de cruzarme con Zoe. Demo de rapaza! Que cousas ten!», dicía cando lle pregunta-ban polo motivo da súa alegría, para despois marchar co seu riso ás costas sen dar máis explicación.Zoe vivía co seu avó Luca, un home pouco falador que camiñaba co lombo lixeiramente encurvado, como querendo pasar desapercibido. Como ademais era tamén un pouco despistado, semellaba que sem-pre andaba aos biosbardos. O avó Luca era carteiro, e adoitaba levar na cabeza unha gorra azul co escudo do servizo postal. Tiña o labio superior cuberto por un bigote mesto , e sobre

antonio manuel fraga

Page 118: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—118—

o nariz pousaba uns lentes redondos e decote sucios fundamentais para o seu traballo, xa que o vello era máis cegarato ca unha toupa.Desde que as autoridades competentes ergueran a enorme muralla, ningún envío chegaba de fóra do barrio, polo que o avó só repartía cartas entre os seus veciños. Ás veces os sobres contiñan cousas intrans-cendentes, como facturas, multas ou informes de tra-ballo. Pola contra, outras si contiñan cousas realmen-te importantes, transportando nas súas palabras eses sentimentos que adoito queremos dicir e non sabe-mos, como o cariño que se lle ten aos pais, ou o moito que botamos en falta un irmán que hai tempo que non vemos.No barrio as rúas nunca tiveran nome ningún, nin as casas un número que identificase o seu portal, polo que o avó Luca tiña que axudarse para o reparto dou-tras referencias. Os sobres indicaban cousas como “deixar na casa amarela coas xanelas brancas que está a carón da cerdeira alta” ou “chegar ao salón de té da señora Sara e camiñar cento vinte catro pasos cara ao sur até chegar a un edificio vermello”. Así que com-prenderedes que había que coñecer moi ben o barrio para exercer a profesión de carteiro. Repartir cada carta convertíase sempre nunha auténtica busca do tesouro.

mais quen é bidichou?

Page 119: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—119—

Despois da súa xornada laboral, o avó Luca gustaba de encerrarse no seu cuarto, situado no andar máis alto da torre do transformador, e non quería que ninguén o molestase. Isto non era un costume que tivese de sempre. Só desde que construíran a muralla comeza-ra os seus encerros vespertinos. Zoe ao principio pre-ocupárase moito, pois coidaba que o avó se fechaba no seu cuarto porque estaba triste. Con todo, acabou decatándose de que cada noite, cando baixaba a cear, o sorriso debuxado debaixo do seu bigote era cada vez máis grande. Así que non se preocupou máis.

UNHA DOENZAUnha mañá fría de comezos de decembro, o avó Luca non se ergueu da cama. Zoe baixara a almorzar e pre-parara tamén unha cunca de leite con pan para el. Facíano así sempre: o que chegaba primeiro á cociña preparáballe o almorzo ao outro, que despois debía fregar a louza.Como pasaba o tempo e o avó non baixaba, a nena decidiu gabear até o derradeiro andar do transforma-dor para saber que acontecía. Cando asomou a cabe-za pola trapela viu un vulto anobelado sobre a cama.—Avó, pasa das oito –chamou –. Vas chegar tarde a traballar.

antonio manuel fraga

Page 120: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—120—

Chegoulle entón un murmurio case inaudíbel desde debaixo das sabas:—Zoe, pequena, hoxe non me encontro ben. Fai o favor de ir chamar o doutor.A fume de carozo, Zoe buliu até a casa do do doutor Cetriolo, que vivía non moi lonxe do seu fogar. Can-do o médico viu a faciana de preocupación da nena soubo axiña que algo non ía ben.O doutor Cetriolo examinou o doente e confirmou a súa gravidade, polo que o avó tivo que ingresar no hos-pital do barrio. Zoe ficou soa na vella torre do trans-formador. Pola mañá continuou a ir á escola, mais xa non pasaba as tardes a enredar polas rúas do barrio, senón sentada xunta a cama do avó Luca, no hospi-tal, desexando con todas as súas forzas que mellorase. Cada serán, no camiño de volta á torre, cruzábase con moitos veciños que descubrían a súa tristura. Eran entón eles os que tentaban animar a nena. Porén, por moitos chistes, anécdotas ou cousas graciosas que lle contasen, esta semellaba non ter consolo.UN CAIXÓNUnha semana antes do Nadal, Zoe decidiu limpar a fondo a torre do transformador. «Estou moi triste», cavilou a nena, «mais o avó non gustaría de ver a casa chea de porcallada». Así que asubiando a canción

mais quen é bidichou?

Page 121: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—121—

máis alegre que lembraba comezou a limpar o baixo, onde se situaba a cociña, para despois ir subindo an-dar tras andar até chegar ao cuarto do avó. Alí, men-tres varría debaixo da cama, encontrou un enorme caixón de madeira. Intrigada, Zoe tirou del con todas as súas forzas até colocalo sobre a alfombra. Ao des-tapalo descubriu unha morea de cartas con nomes distintos escritos nos dorsos. Colleu un sobre ao chou e abriuno. Cando descubriu o que agochaba no seu interior, a nena caeu de cu ao chan co abraio: contiña un conto! Abriu daquela outro e atopou un conto di-ferente. E outro máis, e outro máis... centos de contos distintos dirixidos a todos os nenos do barrio. E cada un dos contos, sen excepción, estaban asinados por un nome: Bidichou.Zoe non podía crer o que vían os seus ollos. Non obs-tante, despois de tranquilizarse e cavilar sobre o asun-to, decatouse de que todo tiña moito sentido. Agora sabía o que facía o avó Luca encerrado cada tarde no seu cuarto! Ademais: cales era os apelidos do avó? Pois o primeiro Bidimocci e o segundo Chousamen-di. E se collemos o comezo de cada un e o unimos, que sae? Pois Bidichou! Non sabía como puidera es-tar tan cega até entón!UN REPARTOFaltaba só un día para Noiteboa, polo que Zoe tivo que tomar rapidamente unha decisión: ese Nadal re-

antonio manuel fraga

Page 122: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—122—

partiría ela mesma os contos de Bidichou. A calquera outra persoa seríalle imposíbel substituír o seu avó. Porén, ela acompañárao tantas veces no seu reparto que coñecía de memoria todos os peculiares endere-zos do barrio.Zoe tardou a noite toda do 24 de decembro en re-partir os contos para os nenos. Como eran moitos, collía só algúns e gardábaos na súa mochila da escola. Despois, cando os acababa, volvía á torre do transfor-mador para coller máis. Xa o ceo comezaba a clarexar por riba da enorme muralla do barrio cando Zoe terminou o reparto. Al-bergaba tan poucos folgos no seu corpiño delgado que ficou durmida coma unha pedra no intre mesmo de deitarse no colchón. Nin sequera lle deu tempo a ler o conto que o seu avó escribira para ela.Zoe durmiu ese día até o serán. Despois lavou ben a cara, cambiouse de roupa e correu até o hospital.Encontrou o avó Luca un chisco máis decaído que adoito. Zoe sabía perfectamente a que se debía a súa tristura. Despois de darlle un beixo longo na fronte, sentouse xunta el na cama e comezou a aloumiñar o seu pelo branco. A nena non podía ocultar a súa satisfacción, e un sorriso largo coma un deserto lle iluminaba a cara.

mais quen é bidichou?

Page 123: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—123—

—Hoxe estás moi alegre –bisbou o avó Luca cun re-gueiriño de voz.—Estou –respondeu Zoe, misteriosa.—E pódese saber a causa de tanta ledicia?—Pode, xaora! É que hoxe, cando espertei, encontrei na caixa de correo un novo conto de Bidichou dirixi-do a min.—Co-co-co-como é posíbel? –tatexou o avó Luca, completamente abraiado.—Oh, e non só eu. Cada neno do barrio puido ler tamén esta mañá o seu conto de Bidichou.O avó Luca non precisou pedir ningunha explica-ción máis, pois axiña se decatou do que acontecera. Unha lágrima de alegría esvarou pola súa fazula. Zoe limpoulla coa manga do xersei. Despois deulle outro bico na fronte e bisboulle preto do ouvido:—O ano que vén habémolos escribir xuntos.

antonio manuel fraga

Page 124: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 125: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

O ESCAPARATISTA DA RÚA FUXIDA

DIEGO GIRÁLDEZ

Hai moito que o Nadal chega á miña rúa antes de tempo. Cando os comerciantes decidiron que o alu-meado tiña que estar pendurado dos edificios a prin-cipios de outubro, eu tiña catro anos; agora teño doce. Xa ese mesmo mes, na Rúa Fuxida, o supermerca-do pon o turrón de oferta, a pastelaría fai tortas con forma de trineo e nas farolas locen os altofalantes nos que soa a música de ambiente (sempre poñen o mesmo CD aburridísimo de panxoliñas). Tamén pa-tinamos nunha pista improvisada de xeo traído en camións frigoríficos dende O Cebreiro. Pero se hai algo que as nenas e nenos da miña rúa agardan con ansiedade durante todo o ano son os escaparates de Nadal que monta Ernesto Fraguas. É lóxico.

Page 126: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—126—

Ernesto é un dos escaparatistas máis importantes da cidade. Ademais de decoralos con moita imaxinación, posúe unha técnica –única no planeta e que só el co-ñece- que lle permite aos nenos e nenas viaxar aos lu-gares que representa. O ano pasado, por exemplo, os máis pequenos poideron fuxir durante uns minutos –e sen os seus pais- a un escuro castelo de Transilva-nia, a ver como se celebra o Nadal na República do Congo ou mesmo ao interior dun videoxogo. Lem-bro que o escaparate da “Perruquería Valverde” era un circuito dun ralli a través do deserto e que, ao saír, o fillo pequeno de Rita pasou unha hora vomitando a merenda do mareo.

O das viaxes a través dos escaparates de Ernesto, é un segredo que só coñecemos os que vivimos na Rúa Fuxida e que leva sendo unha realidade dende hai máis de cincuenta anos. O malo é que a asociación de comerciantes só permite que os atravesen nenas e nenos de entre cinco e dez anos. Nin un máis. Puxe-ron esa regra que ninguén entendeu. Por culpa diso, ningún neno ou nena da miña rúa quere cumprir os once. Pero é o que hai; eu, que xa teño doce, recoñezo que me custou moito recuperarme do desgusto. Por culpa desta decisión, na Rúa Fuxida, medrar conleva deixar de crer nun Nadal distinto. A min os da aso-ciación de comerciantes cáenme fatal.

o escaparatista da rúa fuxida

Page 127: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—127—

O escaparatista ten setenta e seis anos e, segundo di a miña nai, “unha mente privilexiada”. Tamén di que isto pode ser debido a que Ernesto leu “todos os li-bros do mundo”. Só le libros e catálogos de xogue-tes. Eu vou visitalo de cando en vez e nunha desas visitas comprobei que isto era certo. Todas as pare-des da súa casa están cubertas con andeis ateigados de libros e folletos de xogueterías que levaba colec-cionando dende hai moitísimos Nadais. Incluso vin unha pila de catálogos de xoguetes sobre a tapa da cisterna do seu váter. “Reláxame botarlle unha ollada sempre que vou ao baño”, chegou a dicirme. Ernesto é un bo home. Hai moitos anos estivo a piques de cumprir o seu único soño: traballar en Nova Iorque para os grandes almacéns “Bloomingdale’s”, un dos máis importantes desa gran cidade. El quería pasar un Nadal en Nova Iorque. Toda a vida soñou con ver en persoa o acendido da árbore do famoso Rockefe-ller Center e escoitar o “Jingle Bells” cantado por un tal Frank Sinatra. Aquela fora una boa oportunidade para conseguilo; chamárono e pagábanlle ben, moi ben. Aínda así, el tomou a decisión de dicir que “non” e quedar nesta rúa, no edificio no que viviu toda a vida. Hai pouco pregunteille por que. “Que fago eu nunha cidade tan grande sen ver as caras de pánfilos que poñedes cando entrades nun dos meus escapara-tes?”, respostou entre risos. E quedou aquí.

diego giráldez

Page 128: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—128—

Pero este Nadal, Ernesto estaba distinto. Andaba tris-te e cabisbaixo. É certo que non ten fillos nin muller, que non ten familia, pero nunca lle importara dema-siado. É un home independente e séntese cómodo así. Un día, ao saír de clase, fun visitalo; sempre lle ensino o guión da obra de teatro que acostumamos a representar nestas datas. A deste ano era horrible, a mestra non estivo atinada. Logo de ensaiar o meu papel con el, pregunteille.

—Estás ben, Ernesto?

—Estou canso.

—Canso? Se cadra, o meu pai pode achegarte ao Centro de Saúde. Mándolle un whatsapp?

—Non, non é cansanzo físico. Digamos que estou aburrido e que preciso algo novo -dixo sospirando.- Con setenta e seis anos xa vai sendo hora, non cres?

—Non sei moi ben de que falas –díxenlle sen enten-der un pataco do que me estaba a dicir-. Pasado mañá inaugúranse os escaparates, tes que estar contento. O que máis vai gustar é o da ferraxería, xa verás.

—A min o que máis me vai gustar é o da tenda de animais, estou convencido.

o escaparatista da rúa fuxida

Page 129: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—129—

—Ah! Ese non mo ensinaches. Sabes unha cousa? Sempre pensei que é inxusto que só poidan viaxar polos escaparates os máis pequenos. —Iso é o que din os comerciantes, pero a algunhas regras non hai que facerlles moito caso… —Como?—Teño traballo. Veña, mañá vémonos. —Estás ben?—Si, pesado.Cando se achegan os días previos ao Nadal, a rúa fer-ve. Sobre todo o día antes de inaugurar os escaparates de Ernesto. Aínda que chova, aínda que o frío conxele as pestanas, ninguén queda na casa. A xente saúdase con efusividade, incluso a que non se coñece de nada. O Nadal ten estas cousas. Todos os escaparates están tapados con cortinas vermellas, coma se fosen o pano dun grande teatro. Ninguén sabe o que hai detrás ata o día seguinte; é certo que a min me deixa ver un par deles antes de que os vexa todo o mundo, pero só un par deles. O día antes, só se descobren os títulos que Ernesto lle dá a cada un dos escaparates a través dun cartaz posto na porta de cada establecemento. Por exemplo: este ano o da ferraxería titulábase “Un Nadal pirata e tres parafusos”; o da froitería “Mace-

diego giráldez

Page 130: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—130—

donia de polvoróns no salvaxe Oeste” e o da tenda de teas “As capas dos tres de Oriente”. O da pastalaría era sinxelo “Polo Norte” e debaixo un aviso, entre pa-réntese: “(Traede gorro, bufanda e luvas)”. O do bar de Xulio tiña un título estrano: “O mazapán da for-tuna”. Como Ernesto durante a conversa mencionara o da tenda de animais, como deixara caer que era o seu preferido, quixen saber o título que lle puxera. Achegueime á porta da tenda e lin: “Un zoo entre os rañaceos”.Ao día seguinte, todo acontecía como todos os anos: os cativos están dos nervios, as nais e os pais tamén. Ninguén durme a noite anterior na Rúa Fuxida. Van formándose colas diante dos establecementos e os donos comezan a descorrer as cortinas descubrindo a montaxe. É un intre máxico e agardado. Os pequenos pasan á tenda, suben ao escaparate e desaparecen du-rante vinte minutos. É como subir a unha atracción das festas pero moito máis divertido, dura máis tem-po e non hai que mercar ficha. Mentres, os maiores aproveitan sempre para facer algunhas compras ou tomar un tila para calmar os nervios que lles conta-xiaron os fillos. Eu fun correndo a ver como Lola, a dona da tenda de animais, descubría o seu escaparate. Era o que máis lle gustaba a Ernesto. Por que? Cando Lola descorreu

o escaparatista da rúa fuxida

Page 131: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—131—

as cortinas empezou a caer neve no interior. Todo es-taba decorado con rañaceos iluminados, era de noite; entre os edificios, Ernesto deseñara un espazo con árbores, unha ponte de pedra e un estanque; era un parque no que había un pequeno zoo. Decateime en-seguida de que aquilo era o Central Park de Nova Iorque, o que sempre sae nas películas. Eu vira unha foto do parque en internet, logo de que Ernesto me dixera que soñaba con pasar un Nadal nesa cidade. Tamén caín na conta de que de que levaba todo o día sen ver a Ernesto. Busqueino na cafetería, en cada unha das tendas da rúa, fun á súa casa…, e Ernesto non aparecía, ninguén sabía del dende a noite ante-rior. Pasaron xa catro meses dende que o Nadal rematou. Ninguén volveu a ver por aquí a Ernesto, o escapa-ratista. Os comerciantes, veciños e veciñas, para ren-derlle homenaxe e porque o botan de menos, acorda-ron solicitar ao Concello que a “Rúa Fuxida” pase a chamarse “Rúa Ernesto Fraguas”. Espero que iso non aconteza, eu sempre pensei que a Rúa Fuxida cha-mábase así grazas aos escaparates de Ernesto. Fuxir para cumprir un sono, para poder celebrar un Nadal distinto, pode ser unha boa idea. Ernesto sábeo ben.

diego giráldez

Page 132: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 133: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

UN NADAL DIFERENTE

SABELA GONZÁLEZ

Tebra abriu a porta moi a modiño. Asomou primeiro a cabeza para comprobar que ninguén a vía e saíu do túnel con disimulo. Había varias semanas que non saía á cidade, inmersa nas súas investigacións po-los corredores subterráneos da cidade. Seguramente Anxo comezaría xa a estar preocupado por ela. Polo que lle adoitaba dicir, pasáballe a miúdo. Non estaba segura de comprender por que se preocupaba tanto, pero era algo que comezaba a agradecer.

Ao saír do calexón, as rúas sorprendérona e alonxáro-na de súpeto dos seus pensamentos sobre Anxo. Parou en seco e mirou ao seu redor absolutamente abraida e

Page 134: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—134—

con algo de medo. Todo parecía ter cambiado. As rúas estaban alumadas con ringleiras de pequenas luces de cores que facían formas. As composicións de luces penduraban sobre o asfalto, enganchadas en edificios ou farolas, e escintilaban dando forma a estrañas es-trelas, bólas e mesmo peixes. Nalgúns balcóns e fies-tras descubriu máis brillos de cores que se apagaban e encendíancon ritmos cambiantes. Doutras ventás colgaban unha especie de bonecos vestidos de verme-llo, con sacos ás costas. Supuxo que representaban la-dróns. Non atinaba a saber a que se debía todo aque-lo. Nunca tal vira no seu antigo fogar, no submundo. Subíu ás carreiras a rúa Colón, cara á casa de Anxo, e acelerou o paso, arrepiada polas cancións de voces agudas e martelantes que saían dos comercios. Arri-ba da costa, parecía estar o epicentro daquel cambio incomprensible. Un cono xigante escintilaba a toda velocidade, cuberto de pequenas luces azuis sen com-pás ningún. Retirou a vista. Toda aquela iluminación mancaba nos ollos e comezaba a pensar que con aquel brillo arrítmico podían estar a hipnotizala. Aquilo non podía ser bo.Atravesou as correntes de xente. Parecéronlle millei-ros de persoas, todas apuradas e, ao parecer, cargadas de provisóins, con ducias de bolsas nas mans. Cada vez estaba máis certa de que todo o que a rodeaba era

un nadal diferente

Page 135: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—135—

un sinal da fin do mundo. Canto tempo pasara baixo terra? Que acontecera na cidade na súa ausencia?

Correu os últimos metros cara ao portal de Anxo e premeu o botón a carón da pegatina esvaída do 6ºB.

—Siiii? –a voz de Anxo parecía normal.

—Anxo! Son Tebra! Abre! –aínda non se afixera a non berrarlle a aquel aparello, non acababa de enten-der como o seu amigo podía oíla dende o sexto andar a través dunga grella metálica chea botóns.

O portal emitiu un zumbido longo. Tebra entrou e correu escaleiras arriba. Anxo faláralle dos ascenso-res, pero non soubera explicarlle o seu funcionamen-to. Ela dixera que mentres non vira as poleas e cadeas que o suxeitaban, non se fiaría dunha caixa que subía soa ata tal altura.

Anxo agardaba baixo o lintel coa porta aberta. Sau-douna con efusividade e agardou sorrindo mentres ela tomaba alento coas mans apoiadas nos xeonllos.

—Anxo! Que raio está ocorrendo? –preguntou Tebra en canto recuperou o alento.

—Eh?

—Veño do meu túnel e todo está... Está raro!

sabela gonzález

Page 136: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—136—

—Raro como? –respondeu Anxo, enrugando as cellas ao tempo que a convidaba a entrar no apartamento.

—Raro! –Tebra estartelou tanto os ollos que Anxo puido ver a lentilla azul moverse e amosar un anaco dos iris vermellos de Tebra. Cun palpabrexo, a len-te volveu ao seu sitio e a pequena demoña pareceu, unha vez máis, unha humana calquera. En fin, unha humana moi pálida co cabelo máis escuro ca a noite pecha–. As rúas están cheas de luces aterradoras que escintilan coma se me quixesen entrar na cabeza... Hai bonecos de vudú ou algo así pendurados dos bal-cóns e a xente está facéndose con milleiros de provi-sións, todos na rúa coma se fuxisen de algo!

Anxo pechou a porta e ficou quedo, ollando para aquela Tebra aterrada durante un anaco que a ela lle pareceu eterno. E logo escachou a rir con forza. Riu tanto que se empezou a poñer colorado, os ollos chorábanlle a regos e tivo que botar as mans ao ven-tre, mentres se encollía coa risa.

O pai de Anxo, Gabriel, apareceu pola porta da sala que daba aos dous cuartos e ao baño do apartamento, pechouna con coidado e botou os dedos aos beizos pedindo silencio.

un nadal diferente

Page 137: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—137—

—Shhhhh. Veño de durmir a Micaela, non a vaias es-pertar –murmurou ao entrar no pequeno corredor–. Tebra! Que sorpresa! Quedas a cear con nós?

Gabriel apertou o nó do seu mandil ao se deslizar tras os rapaces para entrar na cociña. Tebra observou estrañada aos dous e asentiu sen saber ben a que es-taba accedendo. Unha vez que o pai de Anxo estivo dentro da cociña, ignorando ao seu fillo que andaba xa arrolado polo chan sen parar de rir, Tebra agarrou a Anxo e tirou del para poñelo en pé e logo arrastralo ata a sala.

Botou as mans á cintura disposta a lle reñir a Anxo, pero antes de pronunciar palabra, os seus ollos voaron polo cuarto. A sala estaba ateigada de cintas brillan-tes, bólas vermellas e unha árbore escintilaba nun recuncho coma o cono da rúa.

—Vós tamén? Que está pasando, Anxo?

A cabeza de Gabriel asomou na sala para lembrarlles que a pequena Micaela estaba durmindo e que non debían berrar, para logo voltar á cociña, onde se puxo a cantarruxar nun murmurio.

Anxo sacudiu o po da roupa.

—Tranquila, Tebra. É Nadal.

sabela gonzález

Page 138: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—138—

—Nadal? Que raio é “Nadal”?

—Estamos en decembro, é a festa que celebramos agora, antes da fin do ano.

Gabriel entrou na sala sen lles prestar moita aten-ción e púxose a remexer polos armarios, seguramente á procura de algo.

—Papá, sabes que? –riu Anxo–. Tebra non sabe o que é o Nadal

Gabriel abriu os ollos moi sorprendido e parou de remexer nos mobles.

—Como non? Nunca celebraches o Nadal?

Tebra mirou para os pés con timidez.

—Non... No inverno celebramos o Tworvdauda, a morte do sol, pero non se parece en nada a esta tole-ría de luces e saídas en masa á procura de provisións.

Gabriel non puido evitar sorrir.

—É certo, esta festa convertiuse nunha tolería de lu-ces e compras... Pero non sempre foi así. E, de feito, por moito que Anxo ría, hai moitos, moitos anos o que se celebraba era, en efecto, a morte do sol e o seu retorno tras o solsticio.

un nadal diferente

Page 139: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—139—

Anxo deixou ir a súa gargallada pequena e constante de súpeto.

—Iso non é certo, Papá.

—Vaia se o é. O solsticio de inverno, a noite máis longa do ano é por estas datas tamén, e as civiliza-cións antigas rendían homenaxe ao sol durante varios días e noites. Disque neste tempo, os reinos de vivos e mortos entran en comunicación.

Tebra sorriu, aquilo si que lle soaba familiar.

—Iso é o que celebramos nós... En fin, celebrába-mos...

Abaixou de novo a cabeza. O recordo dos seus días felices no submundo apenábana, pois sabía que non podería volver ao seu fogar en moito tempo. Se ca-dra, nunca. Gabriel notou a súa pena e acariñoulle a cabeza antes de marchar correndo á cociña rosmando polo baixo que algo estaba a se queimar no forno.

—Tebra, sinto que non poidas celebrar a túa festa rara na casa...

A demoña sorriu, mais antes de poder darlle as grazas a Anxo, este comezara a choutar pola sala e a aplau-dir no aire. Gabriel apareceu outra vez, cunha nova reprimenda sobre o ruído. A modo, Anxo achegouse

sabela gonzález

Page 140: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—140—

a Tebra e pousoulle as mans nos ombreiros. Sorriu e faloulle, moi baixiño:

—Que che parece se celebramos o teu Tuorfunden?

—Tworvdauda –corrixiu ela, con xesto estrañado.

—Iso, como sexa. Que me dis?

—Gustaríame moito... Pero como? Onde?

—Aquí mesmo –riu el–. Seguro que a Papá lle gusta a idea. Ti cóntasnos todo sobre o Tuordinden...

—Tworvdauda.

—Iso. E nós contámosche cousas de como celebra-mos o Nadal.

Tebra sorriu o sorriso máis grande que Anxo lle vira nunca e asentiu. Os dous choutaron de ledicia e co-rreron contarlle a Gabriel o seu plan para facer da-quel Nadal unha festa especial e distinta.

—Perfecto! –dixo Gabriel–. Podemos comezar hoxe mesmo. Que precisamos?

Tocando cos índices un no outro, Tebra esforzouse en pensar por onde comezar. Amosou que chegara a unha idea erguendo un dedo no aire.

un nadal diferente

Page 141: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—141—

—Xa o teño! Empezaremos pola grilanda de caveiras de rato! –dixo entusiasmada, ao tempo que abría a porta do apartamento para saír correndo.Anxo e Gabriel miráronse. Se cadra aquela non fora tan boa idea.

sabela gonzález

Page 142: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 143: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

O DESEXO DA NEVE

ANTÍA OTERO

Aquela tarde Mara estaba pensativa.

—Que che pasa?- preguntou súa nai.

—Teño que escribirlle a carta aos Reis Magos.

—Pero iso é moi divertido!

—Non, mami...o que quero pedirlle vai ser difícil para eles.

—Ummm...Pois téntao. Ás veces o que parece com-plicado, incluso imposible, pode cumprirse se o dese-xas moito- respondeu a nai.

Mara chegou á casa e despois de merendar sentou no escritorio do seu cuarto. Abriu o caderno verde no

Para Mara eLois que constrúen o mundo.

Page 144: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—144—

que sempre anotaba as cousas que máis lle gustaban e, nunha páxina nova, comezou a escribir:

Queridos Tres Reis Magos:Este ano mamá dí que fun boa anque ás veces teño moito xenio, por iso quero pedirvos unha bicicleta de maior porque a que teño quédame pequena e non corre moito. Tamén quero unhas pegatinas que brillen na escu-ridade e un disfrace de Spiderman porque así, se ao meu curmán Lois traédeslle o de Hulk, podemos xo-gar aos combates... pero sen facernos dano, vale?. Gustaríame pedirvos tamén outra cousa que é pe-quena anque non sei se ides poder, porque a mes-tra díxome que é dicifil que pase pedíndollo aos Reis Magos, pero mamá dí que ás veces as cousas compli-cadas poden cumprirse, así que vóuvola pedir. Quero neve. Quero que o día de Reis apareza todo mooooi branco e que as rúas e as pontes e todo estean súúúper nevadas. Así, papá poderá coller a escavadora e sair pola vila a limpar tódalas folerpas e xa non vai estar triste. Vai estar contento e xa non vai traballar no ordenador. E todo o mundo virá á casa chamalo para que saque os montes de xeo dos seus garaxes e

o desexo da neve

Page 145: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—145—

de diante das súas portas para poder pasar. E tamén van vir os do xornal tirarlle unha foto e eu subirei con el na cabina.

E se neva moito, igual o pai da miña veciña que sem-pre chega de noite á casa, vai quedar conxelado no parque. E faremos con el un boneco de neve e poré-moslle un sombreiro e unha cenoira de nariz, e xa non vai poder berrarlles máis a ela nin á súa nai. Porque o papá de Xulia berra moi alto pola noite, e choran, e non me gusta nada.

E tamén pensei que se neva mooooito, podo gardar o turrón de chocolate que é o meu favorito no peitoril da ventá e en verán tomar polos con saben a Nadal.

E, sabedes?, se neva moito no ceo igual os meus tíos non poden marchar nunca no avión e teñen que que-dar aquí. Porque miña tía tivo que ir vivir a Londres e meu tío a Holanda a traballar, e eu boto moito de menos bailar con ela e que el me faga cabañas no xardín. Cando veñen póñome moi feliz e cando mar-chan moi triste.

E se a lagoa queda conxelada, eu e Lois podemos aprender a patinar, e eu vou rir moito del e el de min porque seguro que caemos moitas veces.

antía otero

Page 146: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—146—

E máis cousas que pensei, pero dóeme a man e como vós sodes Magos seguro que podedes adiviñalas to-das.

Un bico moi grande

Mara

Dobrou a folla e levoulla á súa nai.

—Queres que a metamos nun sobre e poñamos o en-derezo?

—Claro, mamá, a mestra di que se non o escribimos as cartas non chegan.

Así que xuntas buscaron nun caixón un sobre cun pa-pel fermoso e despois de pechalo, escribiron na parte de diante:

Carta de Marapara os Tres Reis Magos do Oriente

Camiño do deserto onde a auga é ouro

Pasaron os días de decembro e chegou o día de Reis. Mara estaba moi nerviosa e despois de deixarlle leite e galletas para os camelos das Maxestades preto da árbore de Nadal, meteuse na cama.

o desexo da neve

Page 147: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—147—

—Mamá, Papá, apagádeme a luz que quero apurar a durmir e senón non me concentro.

—Moi ben. Pensas que che van traer tódalas cousas? —preguntou o pai

—Unhas si, pero outra non o sei porque era moi di-fícil.

—Pois pecha os ollos e non te destapes. Esta noite din que vai facer moito moito frío como non se re-corda, cariño —anotou a nai.

Déronlle un bico moi gordo, apagaron a luz e sairon do cuarto.

Mara espertou pola mañá coa cara encarnadiña da calor das mantas, pero en canto puxo un pé fóra da cama notou un calafrío. Dende o piso de abaixo da casa chegaban moitas voces das veciñas e veciños que viñan falar co seu pai e pedíanlle que lles botase unha man coa escavadora para limpar de neve as rúas da vila. Na cociña, os tíos e mamá facían chocolate quente a toda máquina para a morea de xente que agardaba no xardín. Na lagoa, Lois poñía os patíns e ensaiaba as primeiras cuadas e, no parque, un bone-co de neve aínda sen sombreiro nin bufanda dáballe a benvida ao ano máis frío e feliz que Mara xamáis viviría.

antía otero

Page 148: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 149: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

UN GOLPE NA CABEZA

MARÍA REIMÓNDEZ

Aquel día non se levantara de boas. Ía en contra das normas, ía en contra do establecido, ía en contra de todo. Mais hoxe, por algunha razón, non estaba de boas. Era unha sensación nova, un malestar aí na boca do estómago, unha atrofia dos músculos da cara, eses que axudaban a que sempre tivese un sorriso presto mesmo cando as horas de traballo non tiñan fin, can-do non tocaba a campá para poder comer ou durmir, cando comezaban os pedidos de última hora, aquilo que as demais chamaban a «subida da última costa».

Page 150: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—150—

Estaban todas tan atarefadas, sobre todo neses días, que non tiñan tempo nin para pensar. Ese debía ser o truco. Mais ela caera polas escaleiras cunhas caixas (CATACRAS), era o que tiña ser zoupona, e levara un golpe na cabeza que a deixara fóra de xogo un par de días. Nese tempo que non estivera consciente foi coma se os contidos da súa cabeza se baleirasen, xa lle dixeran na enfermería que era habitual perder a memoria. Mais ela non estaba certa de que perdese a memoria, o que perdera, ou diso tiña a sensación, fora un pano que levaba nos ollos, unha nube mesta que non lle deixaba entender nada do que pasaba ao seu arredor. Hoxe víaa todo máis claro. E velaí a razón do mal humor.

O mal humor era un trazo prohibido para as axudan-tes. Tiñan que vivir nun mundo de sorrisos, na ledicia das campás e das luces, do espumillón e do turrón. Alí sempre lles dicían que todas eran indispensables. Mandaban mensaxes de amor polos altofalantes da fábrica e alá seguían elas, felices con nada, sorrindo mentres botaban doce, catorce e ata vinte horas se-guidas traballando. Ata que os dedos e ata as dedas se lles quedaban sen sentido. Alá estaban elas co sorriso na cara todo o día, fabricando luces cando elas mes-mas non tiñan electricidade nos seus cuartos, aos que

un golpe na cabeza

Page 151: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—151—

só ían, por certo, durmir cando remataba a quenda e que consistían nunhas camas que estaban ocupadas sempre antes por outra axudante. Cando unha axu-dante se erguía outra ocupaba esa cama. Alá estaban fabricando espumillón que se lles metía polo nariz, tóxico, ata poñelas enfermas. Alá andaban mesturan-do e empaquetando o turrón que nunca comían. Por moito que lles dixesen que todas eran indispensables, a verdade é que todas eran prescindibles. Tanto tiña cantas morresen no proceso, a máquina do Nadal tiña que seguir funcionando «porque moitas nenas e ne-nos agardan os seus agasallos, a súa ledicia, todo o ano». Pois sería.

E logo estaba o outro. O de seren invisibles. Isto nun-ca ata o de agora lle importara. Mais hoxe si. Moito. Porque non era xusto nin tiña sentido. A ver, que a ela tanto lle daba non ter nome, nin apelidos, nin fa-milia, nin casa propia. Pero o que non era xusto era que eles tivesen sempre toda a visibilidade do mun-do. Que se os reis magos por aquí os reis magos por acolá. Mais que facían realmente? Ademais de saír nas súas cabalgatas e botar unha noite traballando. Unha noite! Ha! E ademais as nenas e nenos aínda lles deixaban larpeiradas e auga e leite. E eran tan in-útiles que mesmo tendo que traballar só unha noite

maría reimóndez

Page 152: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—152—

por veces non acertaban, non daban feito, non che-gaban a algúns lugares. Vaia trío espectacular! Non valían para absolutamente nada!Vivían de marabilla, para algo eran reis, e logo non había máis que flores para eles mentres elas seguían aló abaixando o lombo para que todo estivese listo. Porque «as nenas e os nenos agardan os seus agasallos, a súa ledicia, todo o ano». O golpe na cabeza deixáraa realmente sen o máis mínimo interese nesas nenas e nenos. Acaso pensaban esas criaturas na vida das axudantes? Pen-saban no que as súas longas cartas significaban? Por que tiñan que pedir sempre tantas cousas e cousas que lles daban tanto traballo fabricar? Non, se esas nenas e nenos non pensaban nela, ela tampouco ía pensar máis neles.

Así que tiña un plan. Hoxe erguérase certa de que era tempo de falar coas demais axudantes, con esas que nunca paraban, as das mans pequenas e áxiles, as de non ter tempo nin para pensar, e falarlles de todas estas cousas. Era hora dunha revolución. Era hora de que o Nadal seguinte fose diferente. Con mellores horarios, protección para a saúde, dereito a un des-canso, a que tivesen nome e apelidos, a que as cartas llas escribisen a elas e non a eses langráns barbudos. Era hora! Máis que hora! Era TARDE! Así que bo-

un golpe na cabeza

Page 153: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—153—

tou a correr polas escaleiras, disposta a todo e... CA-TACRÁS! TARDE! Así que botou a correr polas es-caleiras, disposta a todo e... CATACRÁS!

maría reimóndez

Page 154: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS
Page 155: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—155—

A ELEFANTA AZUL, O CADELO VERMELLO E AS LARANXAS

ISAAC XUBÍN

A elefanta azul di que é dona da laranxeira e ten un ca-delo vermello para que lle coide as laranxas

Page 156: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—156—

A elefanta azul dille ao cadelo vermello que ela é a dona da laranxeira e que el, o cadelo vermello, está alí para coidar as laranxas

a elefanta azul, o cadelo vermello e as laranxas

Page 157: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

—157—

O cadelo vermello dille á elefanta azul que lle gusta xogar coas laranxas, ás veces bebe zume e aprende moitas cousas con elas, son tan redondas coma o sol

isaac xubín

Page 158: REVISTA CRIATURAS #NÚMERODOUS

.gal