revista criaturas #numerocero

78
criaturas decembro 2014 · #númerocero antagonismosi

Upload: revista-criaturas

Post on 06-Apr-2016

252 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

CRIATURAS.GAL A revista Criaturas é unha publicación dixital dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. Os contidos publicados pertencen as súas correspondentes autoras e autores. Nota. Polo de agora o noso enderezo web é criaturas.com.es mais axiña estaremos na rede co dominio.gal. Coordinación Ledicia Costas · Daniel Landesa Consello Editorial Fran Alonso · Burghard Baltrusch · Carlos Nogueira · Nuria Díaz · Agustín Fernández Paz · María Jesús Fernández · Mar García Pérez · María Lado · Montse Pena Presas · Xabier P. Docampo · Mercedes Queixas Zás · Laura Sáez · Gracia Santórum · Miguel Vázquez Freire Contacto [email protected]

TRANSCRIPT

Page 1: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

criaturasdecembro 2014 · #númerocero

antagonismosi

Page 2: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO
Page 3: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO
Page 4: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

criaturas

CONTIDOS*07 EDITORIAL

MONOGRÁFICO08 ONDE VIVEN OS MONSTROS16 A XINEA DOS BIOSBARDOS26 CRIATURAS NO MUNDO34 ENTREVISTA JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO E HELENA PÉREZ42 CONSTELACIÓNS52 LER PARA ESCRIBIR

#númerocero

10 70

64

Page 5: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

34

CRÍTICA60 ÍCARO62 O RAIO QUE NON CESA64 OS LIBROS DA MERENDA66 A VIDA COLGADA OU A AVENTURA ECOLÓXICA68 O HOMIÑO VESTIDO DE GRIS

ONDE VIVEN OS CONTOS70 LIBRARÍA BAHÍA DE FOZ

CRIATURAS.GAL#númerocero

A revista Criaturas é unha publicación dixital dedica-da á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. Os conti-dos publicados pertencen as súas correspondentes autoras e autores.

Coordinación Ledicia Costas · Daniel Landesa

Consello Editorial Fran Alonso · Burghard Baltrusch · Carlos Nogueira Nuria Díaz · Agustín Fernández Paz · María Jesús Fernández · Mar García Pérez · María Lado · Montse Pena Presas · Xabier P. Docampo · Mercedes Queixas Zás · Laura Sáez · Gracia Santorum · Miguel Vázquez Freire

Portada: Albrecht Dürer: “Flügel einer Blaurake” c.‘1512’

Contacto [email protected]

Deseño Daniel Landesa ([email protected])

Deseño web Daniel Landesa, María Longa e Diego Oca

Tipografías Myriad (Robert Slimbach, Carol Twombly 1992)Caslon (William Caslon 1725 / Carol Twombly 1990).

Editada en Vigo por Revista Criaturas

Page 6: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO
Page 7: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Editorial

Asistimos ao nacemento dunha nova criatura. Hai un ovo azul e grande nun niño que está abeirado nunha póla, entre a follaxe dunha árbore centenaria. De súpeto, a casca do ovo rompe de xeito irregular. Do seu interior agroma unha caloriña intensa que

leva meses condensada nese habitáculo. E a vida estoupa nuns ollos que se abren timidamente e pestanexan ao compás dun sopro de brisa.

Como sucede sempre que ven ao mundo unha criatura, é fraxil e dependente. Precisa de todo o noso coidado e afecto para axudarlle a emprender o voo. Porque hoxe é un corpo miúdo, mais nace co propósito de ser autónoma. E no futuro estará dotada dunhas fermosas ás de plumas longas e irisadas que lle han permitir sosterse no aire. Mais para iso debe madurecer e ir medrando devagar. As cousas pechadas son inflexíbeis, vanse endurecendo e non logran desenvolverse. Por iso esta criatura nace aberta, coma ese ovo que agora está dividido en dúas partes.

O que acaba de nacer do interior do ovo azul é o número cero da revista Criaturas, unha declaración de intencións, pero tamén unha declaración de dúbidas e desexos. Este editorial quere ser unha chamada e expresar asemade a súa actitude de porta franca para todos os que nos queirades acompañar. Cantas máis plumas teña esta criatura, canto máis tupidas as súas extremidades, máis cores a vestirán e máis longo o percorrido que estará preparada para acometer.

Queremos que esta criatura inicie un vieiro que terme dos pasos das persoas que a escriben, a ilustran, as que a difunden, as que a estudan e, de xeito especial, as que a len e só esperan atopar en cada páxina unha emoción inesquecíbel. O único contrato pechado é o compromiso coa LIX en xeral e a galega en particular.

Detrás de Criaturas estamos persoas de todos os ámbitos da creación e da mediación: escrita, ilustración, deseño, crítica, bibliotecas… e máis queremos que estean. Ademais de crear unha nova plataforma de difusión, análise e estudo da LIX, temos un certo degoxo de renovación, de dar voz a novas xeracións de todos estes eidos e outros que se vaian incorporando. Hai que lle procurar a isto que andamos a debullar no poliedro da lectura e dos libros de LIX, caras novas, ángulos distintos, vértices de confluenza e arestas de encontro. Porque a pesar de que vivamos neste anaco de mundo que corresponde ao punto cardinal exacto onde o vento nunca deixa de soprar, de seguro que aínda quedan cousas por inventar.

A criatura xa naceu. Pronto abrirá a súa boca para se alimentar. E entón precisará de todas e todos nós. Contamos co entusiasmo das cousas que empezan e coa ilusión dunha viaxe da que descoñecemos o paradoiro. Pero ningunha aventura de verdade ten os mapas de todos os mundos.

Page 8: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

imaxe: Maurice Sendak lendo Onde viven os monstros no Museo Rosenbach en Philadelphia no 1985.

Page 9: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Monográfico

1ONDE VIVEN OS MONSTROS

TEXTO: MARÍA JESÚS FERNÁNDEZ

Page 10: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Algunhas claves para achegarse ao clásico intemporal de Maurice Sendak

Onde viven os monstros (Where the wild things are), o libro paradig-ma do álbum ilustrado, conside-

rado intemporal e para todos os públicos e que é con toda probabilidade un dos máis queridos e mellor coñecidos da actualidade, foi editado no ano 1963. Era o primeiro álbum ilustrado que lle encargaban ao seu autor, Maurice Sendak (1928-2012), que

entón tiña 35 anos e, aínda que xa levaba un tempo debuxando e escribindo libros para o público infantil, era daquela un per-fecto descoñecido. (Neste enlace pódese ler un interesante artigo sobre o autor feito pola revista Imaginaria)

A aparición do libro non pasou desaper-cibida nin deixou ao público indiferente,

Texto: María Jesús Fernández

ilustración da capa de Onde viven os Monstros, ed. Kalandraka. 2009

Page 11: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 11

moi ao contrario, xa dende o principio foi obxecto de atención e controversia. Xun-to a unha excelente acollida por parte dos lectores e da crítica que o fixo merecedor en 1964 da prestixiosa medalla Caldecott, o galardón máis importante que se conce-de nos EEUU ao álbum ilustrado, e que catapultou ao autor á fama internacional, apareceron de inmediato numerosos de-tractores que aconsellaban manter o libro fóra do alcance dos nenos e nenas por pa-recerlles que era unha lectura perniciosa. Mesmo houbo un bibliotecario que dixo: “Este non é un libro que se deba deixar ao al-cance de nenos sensibles cando chega a noite”.

Imos tentar achegarnos a este libro para ver de descifrar algunhas das claves da súa traxectoria chea, como vemos, de éxitos e de controversia. Unha excelente fonte de datos para afrontar esta tarefa é a entrevis-ta que Bill Moyers realizou no ano 2004 a Maurice Sendak para o programa NOW da PBS (Cadea de televisión pública en EEUU), na que o propio autor revela as-pectos de moito interese da súa obra e da súa personalidade.

Así sabemos que M. S. levaba máis de dez anos escribindo e debuxando libros para o público infantil cando coñeceu a quen sería a súa editora, Ursula Nordstrom, a primeira persoa en confiar nas capacidades de Sendak como autor e debuxante, “unha muller apaixonada, capaz de detectar o talen-to en dez millas á redonda (…) que soubo ver a través do meu ordinario traballo de entón e axudoume a medrar como artista ”, que lle contratou o que sería o seu primeiro álbum ilustrado. Hai unha curiosa anécdota con respecto á xénese do libro: conta Mauri-ce Sendak que o título que lle presentou a Ursula Nordstrom foi Where the wild hor-ses are, pero despois dun tempo de intentos

tivo que recoñecer a súa incapacidade para debuxar cabalos e, a instancias da edito-ra que empezaba a impacientarse, admitiu que o que realmente quería era debuxar “things”, é dicir “Criaturas”, algo suficien-temente impreciso e aberto para permi-tirlle liberdade de creación. Tamén se nos revela na citada entrevista en quen están inspiradas esas “criaturas” que, segundo o autor, teñen orixe na propia infancia e son unha homenaxe tardía aos seus parentes xudeus, tío, tías, curmáns, que chegaban da vella Europa e polos que el, a súa irmá e o seu irmán, fillos de emigrantes polacos es-tablecidos en Brooklyn, sentían unha gran repulsión; odiaban o aspecto descoidado que os parentes ofrecían, os seus dentes ho-rribles, os pelos que lles saían do nariz…, e aborrecían ser bicados e apertados por aqueles descoñecidos que viñan de lonxe, non sabían falar inglés e presentaban tan desagradable aspecto. Recordando como el e os seus irmáns se burlaban daqueles parentes que co tempo chegaron a serlles moi queridos, decidiu, como nunha espe-cie de desagravio, convertelos nas “criatu-ras salvaxes” (the wild things) da historia.

Page 12: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

12 Revista Criaturas

Imos facer un breve resumo da historia que se conta no libro: por desafiar a súa nai Max, disfrazado co seu traxe de lobo bran-co, é enviado á cama sen cear. Pero estra-ñas cousas suceden no cuarto de Max e o rapaz chega ao lugar onde viven os mons-tros. Isto non é problema para alguén tan ousado e valente, e cando se enfronta aos monstros, como xa fixera coa súa nai, Max é coroado rei e dirixe aos seus súbditos a unha festa salvaxe que unicamente rema-ta cando el envía aos monstros á cama sen cear. Pero isto non é dabondo para Max que sente morriña da súa casa e navega de volta ao seu propio cuarto onde a cea, aín-da quente, está esperando por el.

Que pode haber nesta historia que moles-tara tanto a moitos adultos do momento? O autor opina que, aínda que esa non era a súa intención, Onde viven os monstros é o primeiro libro infantil escrito en nor-teamérica no que un neno se enfronta a súa nai e a desafía. Algo que as xentes de orde non podían admitir. Como tampou-co era admisible que a nai deixara ao neno sen cear. As nais norteamericanas, sempre amorosas e solícitas, non poden facer iso. E, o peor de todo, cando Max regresa non é castigado, a súa falta queda sen sanción, non hai no libro ningunha lección, nin-gunha aprendizaxe moral que ofrecer ao público lector. Inaudito. Esta imaxe que o libro presenta da conduta infantil e das relacións familiares é algo que certos esta-mentos da sociedade norteamericana non podían tolerar.

Ademais desta interpretación “pouco edi-ficante” que algúns quixeron ver no libro, a historia que Maurice Sendak nos con-ta, aparentemente tan sinxela, préstase a numerosas lecturas. Unha delas que nos parece moi interesante é a que a relacio-

na coa psicoloxía infantil e ve nela unha esclarecedora representación da maneira como os nenos e nenas subliman as súas frustracións.

Vexamos: Max desafía a autoridade da súa nai, pero finalmente ela é quen impón o seu poder e ao neno, tremendamente frustra-do, non lle queda máis remedio que obe-decer e marchar moi de mala gana para o seu cuarto. É esta unha situación de impo-tencia moi habitual na infancia: nada pode facerse fronte aos todopoderosos adultos. Nada? Quizás non no mundo real, pero si na fantasía. E, quen non ten fantasea-do con “castigar” aos pais facéndolles que sintan remorsos por ter sido “inxustos”nos seus castigos? Moi desgustado coa súa nai, non hai máis que verlle a cara, Max deci-de “castigala”, decide que “sufra”, e para iso afástase da casa e marcha lonxe, a un lugar que ela descoñece e onde el está de mara-billa porque alí é o rei despois de impoñer a súa forza de carácter, un lugar no que pode facer impunemente toda clase de faenas. E fainas. Con isto, as ansias de “vinganza” de Max quedan compracidas, xa é hora de re-gresar “á realidade”. Mais este retorno non se pode facer de calquera maneira. Non, Max non volve porque alguén llo impoña, porque o bo-ten dese lu-gar onde é tan ben acollido, ao con-t r a r i o , os mons-tros, os seus súbdi-tos, tentan por todos os medios

Page 13: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 13

que quede, pero non, non queda porque decide vo-luntariamente marchar, xa “perdoou” á súa nai e faille o favor de regresar. Fin da historia.

Todo isto polo que res-pecta á parte textual ou lingüística do libro, pero Onde viven os monstros é bastante máis, é un álbum ilustrado, o paradigma do álbum ilustrado como se ten dito.

Para concretar as carac-terísticas que definen e singularizan ao álbum ilustrado voume referir a definición da escritora e crítica de literatura infan-til Sophia Van der Linden que aparece na súa obra Lire I’Album (2006) e que eu recollo do interesante relatorio presentado por Teresa Durán co título “Aprendiendo de los ál-bumes”, no 7º Encontro

Nacional de Investigação en Leitura, Literatura Infantil e Ilustração. Universida-de do Minho 2008(1): “O álbum sería unha forma de expresión que presenta unha interacción entre textos (que poden estar subxacen-tes) e imaxes (especialmente preponderantes) no seo dun soporte libro, caracterizado pola libre organización da dobre páxina, a diversidade das súas realizacións mate-riais e a sucesión fluída e co-herente das súas páxinas”.

Resumindo, o esencial nun álbum ilustrado é preci-samente a súa linguaxe mixta, na que código lingüístico e código visual actúan complementaria-mente na construción do significado. Nestes álbums texto e imaxes combínan-se nun efecto sumativo e maior do que terían cada un deles por separado.

Esta interacción composi-tiva dáse tamén na inter-pretación ou recepción: A lectura do álbum ilustrado supón un exercicio de aná-lise e síntese: Valórase o que queren dicir as imaxes de acordo co que expresan as palabras, e complétase ou amplíase o que din as palabras tendo en conta o que expresan as ilustra-cións.

Volvendo ao álbum que comentamos, en Onde vi-ven os monstros dáse a cir-cunstancia de que hai un único autor xa que Mauri-ce Sendak é o responsable tanto do texto como das ilustracións. Isto permitiu-lle concibilo dende o prin-cipio como unha unidade, creando cada unha das pá-xinas (no álbum ilustrado a unidade de significado é a páxina) e decidindo mes-mo a disposición de texto e

fotograma da película baseada no álbum ilustrado de Maurice Sendak, dirixida por Spike Jonze no 2009

Page 14: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

14 Revista Criaturas

ilustracións en cada unha delas. Estas ilus-tracións amplían e complementan o que se di na parte textual.

Imos aplicar a análise que pro-pón Cecilia Silva-Díaz, do-

cente e investigadora da LIX, no seu traballo “La función de la imagen en el álbum”, Revis-

ta Peonza (2006)(2). Segundo esta investigadora, é a través das imaxes

como se crea o mundo de ficción nos álbums ilus-trados, (presentación de

personaxes e ambientes). As primeiras frases do libro que comentamos dinnos: “A noite que Max vestiu o seu traxe de lobo e empezou a facer trasnadas dunha clase … e doutra, a súa nai chamoulle: —MONSTRO! E Max díxolle: —VOUTE COMER! Así que mandouno para a cama sen cear”. Pero son as ilustracións as que nos permiten saber quen é Max (un rapaciño duns 5/6 anos) e a que se refire o texto cando fala de “trasnadas”. Tamén vemos o lugar onde vive Max e podemos tirar conclusións e facer inferencias sobre detalles que non fi-guran no texto, como por exemplo a que clase social pertencen Max e a súa familia. As distintas expresións que van aparecen-do na cara do rapaz tamén se prestan a fa-cer unha lectura ampliadora: determina-ción, agresividade, enfado, concentración, gozo…

Así mesmo, son as imaxes secuenciadas as que nos achegan información tempo-ral. O paso do tempo vén marcado polas sucesivas imaxes relacionadas entre si que amosan, por exemplo, como vai medran-do o bosque… (Tamén a lúa no ceo dános conta do paso do tempo)

E así poderiamos seguir co resto do li-bro: as imaxes presentan aos monstros

(vemos que para crealos Sendak mestura características físicas de distintos animais) e mesmo permítennos asistir á gran trou-la a través dunhas páxinas nas que o autor prescinde absolutamente do apoio textual, (texto subxacente).

Pero ademais, as imaxes son as responsa-bles de crear o ritmo narrativo, que neste caso está perfectamente determinado. O relato comeza cun ritmo moi rápido, que se vai ralentizando pouco a pouco ata che-gar ao “clímax”, que é a parte central e que require un ritmo máis lento, propicio para unha observación demorada. Pasado este “clímax” o relato volve acelerarse, pouco a pouco e cada vez máis ata a páxina final, na que non hai ilustracións.

Para acadar estes cambios de ritmo Mauri-ce Sendak xoga co tamaño da imaxe e coa súa colocación na páxina. Para empezar imprimindo ese ritmo rápido, o autor dis-tribúe o breve texto na páxina da esquerda e a ilustración na da dereita, ademais esta ilustración está perfectamente delimitada no seu marco e ocupa a parte central da páxina.

Page 15: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 15

Ao ir avanzando na lectura, ob-servamos que o tamaño da ilus-

tración vai au-mentando, pouco

a pouco e sen parar, ata que chega un mo-

mento no que ocupa toda a páxina sen deixar marxe. A partir de aí, coincidindo coa secuencia na que Max embarca no seu barquiño, a ilustración segue medrando, avanzando pola páxina esquerda e roubándolle espazo ao texto. E segue medrando…

Nun momento dado, cando Max chega ao lugar onde viven os monstros, o tex-to é desprazado á parte inferior da dobre páxina e as ilustracións van ocupando máis e máis espazo.

Chegamos así ao “clímax”, a parte central constituída por tres dobres páxinas abso-lutamente cubertas polos debuxos nas que asistimos sen palabras (texto subxacente) a gran festa de Max e os monstros. E, a partir dese momento, o ritmo volve ace-lerarse e prodúcese o proceso inverso: as ilustracións van minguando, pouco a pou-

co e sen tregua, ata a última páxina na que unicamente figura o texto: “que aínda esta-ba quente”.

Unha historia inmortal concibida por un home que soubo reflectir coma ninguén o mundo interior da infancia e que ten creado un universo máxico polo que levan transitado moitas xeracións de lectoras e lectores de todas as idades dende hai máis de cincuenta anos.

Ademais do libro do que se teñen feito nu-merosas traducións e que continúa sendo un éxito de ventas na actualidade, a histo-ria de Max, o pequeno rebelde, foi conver-tida en ópera e representada por primeira vez en Bruxelas no ano 1980 cun libreto escrito polo propio Maurice Sendak. E tamén se fixo unha película que foi dirixi-da no ano 2009 por Spike Jonze.

Notas

(1) Durán, Teresa, Aprendiendo de los álbumes. Actas do 7º Encontro Nacional de Investigaçao en Leitura, Literatura Infantil e Ilustraçao. Univesidade do Minho, outubro de 2008.

(2) Silva-Díaz, Cecilia, La función de la imagen en el álbum. Revista Peonza, nº 75/76 (2006)

Page 16: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

imaxe: grafitti “Aerosol del Pez”. Barcelona

Page 17: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Monográfico

2CRIATURAS GALEGAS

TEXTO: MONTSE PENA PRESAS

Page 18: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

18 Revista Criaturas

A xinea dos biosbardos: unha posible criaturización da LIX galegaCriatura: subs. feminino1. Cada un dos seres creados por Deus segundo a tra-

dición relixiosa.2. Neno pequeno.

“Porque tes que saber que os biosbardos non veñen ó reclamo se non é de novo, e que só pasan dúas veces ao ano, que se non fose por iso todos gañariamos duros a mancheas. Pois nin con rede nin con anzó; hai que chamalos polo nome e logo veñen e métense no fardel”

Eduardo Blanco Amor. Os biosbardos (1962)

Se procuramos no dicionario da Real Academia Galega a palabra “criatura”, veremos que en realida-

de, criaturas somos case que todas. Cada quen ao seu xeito, porque deusas e deuses pagáns hai moitos e en formas ben diver-sas: os que crean, as que ilustran, os que proxectan e, sobre todo, as que imaxinan seres variados e variantes que rompen as

Texto: Montse Pena Presas

De Profundis. Miguelanxo Prado.

Page 19: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 19

expectativas do que se supón que ten que ser. Modificando o mundo e modificándo-nos, porque en gran medida somos todo aquilo que soñamos. Porén, se cada un fai o exercicio de visualizar criaturas, compro-bará que dentro dese amplo espectro que a propia palabra e a ilustración nos ofrecen, o que polo xeral se nos aparecen son seres que rompen o canon do esperado nunha ou noutra dirección, unha sorte de animais ou persoas diferentes que –en definitiva– rachan os nosos horizontes para amplia-los. Por esta razón, para celebrar esta cria-turización necesaria e imprescindible dos nosos degoiros literarios, cómpre repasar –a xeito de homenaxe- algunhas das crea-cións galegas que, precisamente trocar o predicible, acabaron por tornárense im-prescindibles no imaxinario que nos é pro-pio1.

Na literatura galega, como na grande maioría de literaturas, as primeiras cria-turas atopámolas no acervo oral-popular, con biosbardos ou gazafellos (eses que queremos sempre atrapar, mais que nunca o conseguimos, polo seu carácter escorre-gadizo), tabellos (un deses seres que anda sempre na procura de nenos e nenas que papar), maruxainas (esas sereas –en rea-lidade só hai unha que podería valer por varias- que anda a enganar aos mariñeiros para afastalos da costa) ou mouras garda-doras de tesouros e quen sabe de cantas alfaias máis. O certo é que as criaturas de noso –compartidas con outras culturas achegadas ou propias en exclusiva- son tantas e tan variadas que mesmo se con-1 Isto non significa que esta achega tente constituír unha aproximación pormenorizada a todos os libros crea-dos por autoras e autores galegos que conteñan criaturas, senón que pretende realizar un itinerario por certas obras que a autora lle semellan imprescindibles. Especialmente porque, como se tenta explicar no comezo deste artigo, o de criatura é un concepto un tanto amplo e voluble que se adapta aos intereses e ao imaxinario de quen le.

ta cunha obra magna sobre elas, o Dic-cionario de seres míticos galegos, un texto imprescindible –verdadeira xoia patrimo-nial- recompilada e recreada por Antonio Reigosa, Xosé Miranda e Xoán R. Cuba, algúns dos autores da LIX actual que máis e mellor se teñen ocupado de traer varios destes seres ao presente literario dándo-lles reviravoltas para actualizalos, xogar con eles e presentalos ao lectorado en for-mación. Mais permítanme que, de todos estas nosas criaturas, destaque precisa-mente á primeira, os biosbardos, por seren esa sorte de paxaros ou homes fermosos que nunca acertamos a capturar, mais so-bre todo por nos ofrecer a posibilidade de construír unha expresión, “andar aos bios-bardos”, que permite describir con efica-cia esa capacidade de estirar o maxín máis e máis. E é ben sabido, que canto máis o alongamos, máis criaturas aparecen, polo que este ser ten unha vertente que o con-verte a un tempo en criatura como tal e en fornecedora de novas carabuñas para a súa estirpe. Velaí o xenial libro de relatos de Eduardo Blanco Amor, Os biosbardos (1962), en que os nenos protagonistas do primeiro relato andan á súa procura no río Miño, sabendo que só pasan cada seis me-ses e que son tan difíciles de apañar que se pagan mellor que as lampreas ou as troitas.

Partindo sen dúbida de toda esta tradi-ción oral precedente, un dos escritores de noso que quizais con máis forza e primei-ramente explorou o mundo criaturil foi Álvaro Cunqueiro, cuxa narrativa foi denominada pola crítica como real-marabillosa, de maneira que os seus personaxes, vivindo nunha aparente normalidade,

Page 20: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

20 Revista Criaturas

se mesturan con elementos, sucesos (especialmente isto) e/ou seres fantásticos ou prodixiosos. Velaí o gatipedro, esa sorte de animal que unicamente se espanta se botamos sal polo chan, que aparece polas noites para amedrentar aos pícaros e que o mindoniense deu a coñecer na súa imprescindible Escola de menciñeiros (1960).

Este ronsel puramente cunquei-rián foi recollido por boa parte da primixenia produción de LIX, que claramente bebe desta tradi-ción, como amosa a primeira produción para a infancia de Carlos Casares: A gali-ña azul (1968) e As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1972), que parten da mesma para introducir as doses xustas de crítica social (aquela que o momento per-mitía). Mais reparen, de poderen falar, non serían esas laranxas -que non son laranxas, nin limóns, senón toromelos das que aca-ban por saír zapatos, globos e toda clase de alfaias diversas-, algunhas das nosas cria-turas da LIX galega primixenias?

Unha das nosas primeiras criaturas que ten pasado bastante desapercibida entre nós, mais que cómpre reivindicar é Tá-lata, a balea-muller (é máis preciso dicir isto que a muller-balea, xa que a súa personificación non é tan nidia como a

reivindicación da súa feminidade achegada á humana) da que namora Pericles, o churreiro, e que Xohana Torres presenta ao lectorado infantil en Pericles e a balea

(1983). Tálata, coa súa capacidade para ter voz adquire tamén a súa capacidade para decidir, e neste caso opta por marchar a navegar os sete mares a pesar de que o amor quede en terra. Por ese “eu tamén navegar”, a balea é un precedente claro da Penélope mariñeira que a poesía da autora construíu anos despois (Pena Presas, 2010) e que

se converteu en todo un referente para as poetas da chamada Xeración dos 90 e posteriores.

Nesta mesma liña do real marabilloso, hai que situar a obra que colocou a literatura infantoxuvenil galega no lugar que lle co-rrespondía no panorama estatal: Das cou-sas de Ramón Lamote (1985) de Paco Mar-tín, na que Lamote, o profesor de chairego máis famoso de todos os tempos, dá unha conferencia sobre o entomodelfo, un mis-terioso animal que é un mamífero que non mama, inda que se alimente nos seus pri-meiros días do leite dunha donicela branca para logo pasar a cociñar gorentosas castañas, que prepara co leite das ovellas

que el mesmo moxe. Non é sinxela a realidade de Ramón Lamote, porque

sendo sorprendentemente fantástica está construída cos bimbios dunha realidade que se revela como satírica e -ás veces- dorosamente auténtica. Calquera día, entón, cabe predicir que os entomodelfos invadirán os nosos montes.

A recuperación, en obras contemporáneas, dos seres míticos galegos, forneceu, como non podía ser doutro xeito, de interesantes e variadísimas revisitacións dos mesmos

Page 21: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 21

que permitiron difundir amplamente o catálogo de criaturas, sendo os trasnos algunhas das máis revisitadas. Dende O trasno de Alqueidón (1996) de Marilar Aleixandre, en que o pequeno ser cumpre o seu papel máis clásico, ata o trasno axudante de No corazón do bosque (2001) de Agustín Fernández Paz, en que colaborará coa protagonista na recuperación da fraga, ou de Xela volveuse vampira! (2007) de Fina Casalderrey, en que acompañará a Breixo na descuberta de que a súa mestra sofre violencia de xénero. Outros autores apostan por seres menos coñecidos, como Antonio Reigosa, que na súa calidade de experto na nosa mitoloxía condensa en Resalgario (2000) as aventuras que un dos fillos máis novos do Demo maior vive peregrinando a Santiago disfrazado de humano.

Hai outras liñas temáticas en que os seres estraños atopan os seus tobos para habitarnos dende as páxinas que lles dan vida: o medo psicolóxico, coa súa deriva cara ao terror, e as súas

inquedantes e magníficas homenaxes a Edgar Allan Poe e H.P. Lovecraft, ocupa varios dos textos de Agustín Fernández Paz. O escritor vilalbés gusta de crear no seu lectorado unha intriga que pula pola lectura, pola imaxinación e, sobre todo, pola tensión interna, da que remexe no asento. A mesma tensión que sofre Laura Novo, protagonista de Aire negro (2000), cando se sabe axexada por unha presenza escura que é incorpórea, mais que está aí; ou a que vive Xabier Lorenzo cando habita a misteriosa mansión de Cartas de inverno (1995) canda unha estraña e misteriosa forza. Convértese así Fernández Paz, nun dos nosos autores máis criatureiros, porque á parte de escuras sombras, gusta dos fantasmas, inda que a maioría dos recreados por el sexan presenzas que nos acompañan, que nos axudan a traspasar certos ritos con que ás veces nos enfronta a vida: a perda, os cambios, as transformacións que o mudan todo para trocarnos tamén a nós. Velaí os restos do sentimento amoroso na presenza etérea do ser que se foi para sempre n’O único que queda é o amor ou o fantasma “clásico”–só manifestada contra o final en forma de estrela– que acompaña a Marta cando se muda de vila en Malos tempos para os fantasmas (2012).

Dentro do abano das narracións que fan nacer o medo, o nome de Xosé Miranda

Page 22: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

22 Revista Criaturas

ocupa un espazo de seu. Amante do terror que bebe na tradición oral, as súas criaturas non se deixan ver excesivamente nin tampouco están as súas formas totalmente definidas. O autor consegue o máis complexo e terrorífico de todo: que sexa o lectorado quen xogue a compoñer o quebracabezas que a súa imaxinación –guiada polo nó que lle crea na gorxa- lle permita e lle confira diferentes atributos a eses seres cos que abrolla o medo. Tanto a máis que

inquedante besta que domina os fíos da acción en Vestio (2008), coma os responsables de que xorda o desacougo n’As mans do medo (2008)2, teñen un parentesco: o lobishome que, acaba –dun ou doutro xeito– por verse referido nesas páxinas, seguindo unha tradición que

vai dende o pioneiro Ánxel Fole ata a sempre lúdica Paula Carballeira e o seu O lobishome de Candeán (2009).

Mais as criaturas non só atoparon acubillo nestas liñas temáticas, pois como era de esperar o ámbito máis puramente fantástico lles forneceu un hábitat abondo gorentoso. Diso son bo exemplo as series –aínda inacabadas- de Xesús Manuel Marcos (cuxo título global é “O brindo de ouro”, unha sorte de O señor dos aneis en clave galaica), Elena Gallego con “Dragal” (que bebendo da tradición e das historias de substrato máxico en clave Laura Gallego, tenta desvelar qué ocorreu co derradeiro dragón galego) e Sabela González con “As

2 Algúns dos relatos d’As mans do medo e a novela curta Vestio apareceran xa no volume do mesmo autor titulado Triloxía pánica (2000).

crónicas de Landereina” (outro mundo fantástico, de reis usurpadores e usurpados, de elfas e de centauros, que bebe claramente da mitoloxía). Todas estas ficcións, que se poderían situar no subxénero da fantasía épica e que terían como precedentes literarios textos como O segredo da pedra figueira (1985) de María Xosé Queizán e Arnoia, Arnoia (1985) de X.L. Méndez Ferrín pola súa componente épica-mítica, actualizan seres da tradición oral-popular nos seus mundos, recreados dentro do ámbito do ficcional verosímil (Albadalejo, 1992). Para entrarmos nestes universos como lectoras, precisamos asumir as regras que lles son propias e que, inda funcionando na lóxica do mundo “real”, presentan elementos distorsionadores, como poden ser as criaturas que nos descobren. Xenial é, neste sentido, toda a xenealoxía feminina que, bebendo de fontes populares, Marcos recrea na segunda entrega da súa triloxía, A táboa da hospitalidade (2010): mulleres xigantes, mulleres-píntega e mulleres-deusas de poderes non terrenais que son tan só un exemplo do fondo imaxinario que sacode toda a súa narrativa.

Os ilustradores, especialmente aqueles que tamén se teñen animado a encher as súas páxinas coas súas propias letras, adoitan tamén ser grandes e interesantes pais das criaturas máis diversas, xa que posúen a maxia de darlles vida ao permitirnos velas e xa non tan só imaxinalas. Unha experiencia moi interesante é a que se pode vivir, dende esta perspectiva, coa serie de cómics que Jacobo Fernández Serrano está a tirar protagonizados por Marcopola, a illa remeira. Ambientada –como non podía ser doutro xeito- nun universo puramente fantástico en que

Page 23: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 23

o humor absurdo xoga un importante papel, Marcopola é unha illa vogadora –con montaña no medio incluída- que se despraza ao seu antollo por diferentes mares acompañada de Libro, un peculiar oso. O mundo ideado por Fernández Serrano é un puro agromar criatureiro (como xa amosara en Mil cousas poden pasar, de 2009), un cosmos en que abrollan seres medio-medio (como o almirante Cobreguiña, medio home, medio cobra; ou como Dragoneta, medio demo-medio dragoa) e en que a natureza cobra vida en diferentes formas, sempre para dar vida a máis e máis criaturas –non por acaso, contan cun Doutor Frankenstei de seu, o alquimista Brisgovius. Mais, quen se pode resistir a non ser unha xeradora de criaturas? Porque ata autoras que gustan especialmente da temática realista mesturada coa social, como pode ser An Alfaya, se animaron a ser as demiurgas dunha atmosfera puramente fantástica, como se pode comprobar na sorprendente Os seres con raíces na cara (2007).

A ciencia-ficción, un subxénero non especialmente transitado na LIX galega, foi o espazo en que outro ilustrador, Manel Cráneo, quixo situar o seu “Planeta Mincha”, un lugar en que o científico Pichük terá que enfrontarse a procurar as especies máis singulares deste particular universo (que son case que todas, comezando pola criatura protagonista, de peteiro alongado e cun só e impoñente ollo). Dende a primixenia aventura Diario de Pichük. Quen é Pichük? (2010) ata a última -até o momento- Diario de Pichük. O longo longöbio de Longölia (2014), a serie medra en creatividade e detallismo, o que é de supór que se verá aumentado pola próxima transducción deste universo á animación e á novela gráfica.

A distopía foi tamén un subxénero literario en que as criaturas atoparon un espazo de seu para se desenvolver, especialmente porque en ocasións a sociedade que aparecía como pano de fondo da acción estaba a ser tan alienada, utilizada e maltratada que o propio contexto demandaba esa criaturización colectiva (quen non recorda a manipulación xenética dos fetos como unha das máis impactantes tensións de Un mundo feliz de A. Huxley?). Na interesante Valdamor (2001) de Beatriz García Turnes, así ocorre, dado que os habitantes da chamada Zona A deixan de ser humanos -tal e como entendemos hoxe o concepto- para acadar a inmortalidade (se ben perden a capacidade de reproducirse). Ao contrario, en Recinto gris (2013) de Ledicia Costas, unha distopía reivindicativa precisamente das persoas que son vistas como diferentes, a criaturización aparece como unha vía de denuncia dos poderosos que empregan o totalitarismo para homoxeneizar. Eles, os homes con cabeza de lobo gris e uniforme

Page 24: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

24 Revista Criaturas

negro, son aquí as criaturas e non Nube –a protagonista– e o seus compañeiros resistentes. Da lectura pódese tirar a conclusión de que é precisamente a capacidade para entender, aceptar e valorar a diferenza, o que humaniza ás persoas.

Nunha posición semellante, mais esta vez dende a perspectiva da narración de ronsel histórico, nos sitúa Rinocerontes e quimeras

(2007) de Marcos S. Calveiro. A novela comeza introducindo ao lectorando

nun vagón de tren abandonado onde seis personxes (Balote,

Nenasiameses, a serea das Fixi, Nenapaxaro,

Nenolifante, Nenaxirafa e Nenopingüín), “restos”

que nin se quera interesan xa nun circo dezanovesco, van

debullando as súas vidas marcadas pola soidade, a incomprensión e por

un inmenso “D” metafórico que semella vérselles gravado no peito, o “D” da diferenza. A identificación que se produce entre quen le e quen vive no texto chega a ser por momentos especialmente intensa e, de novo, trasládanos a cuestión: quen é máis criaturizable? Quen vive cun “D” visible ou quen o teme tanto que non o acepta? Finalmente, a conclusión á que chegan estas criaturas-monstros é a evidencia de que, para cuestionar a súa marxinalidade e recuperar a autonomía, o único que poden facer é saír dese seu miniespazo claustrofóbico e volver a esa sociedade que outrora os rexeitou, para reivindicárense.

Criaturas, como se puido comprobar, non faltan na LIX galega. Porén, como ocorría cos biosbardos, non pican no anzó nin se deixan coller coa rede, cómpre chamalas polos seus nomes, que neste caso son os

libros que habitan. Estou certa de que cada unha, cada un dos que me acompañastes lendo esta estirpe de biosbardos, fostes á vez, compartindo, refacendo e ensarillando a un tempo a vosa propia xinea criatureira. Porque se por algo se caracterizan as criaturas é precisamente por iso, pola súa variabilidade, pola súa mutabilidade, polo abstracto dun concepto que a unhas nos suxire A e a outros induce cara a B e que nin tan sequera os diccionarios –igual que ocorre con todas as cousas que realmente pagan a pena– acertan a definir. Eis parte da súa laboura: confundir para xogar, suxerir sen ser, transfigurar para ampliar un imaxinario (o dos seres, en definitiva, que non son de aquí) para mutarnos para sempre. Mais velaí a súa laboura na educación literaria: non só fan estoupar os propios horizontes, senón que marcan a entrada a outros mundos posibles ou, o que é máis importante, fan cuestionar o propio, poñéndoo en solfa, evidenciando os seus límites, facendo pensar. E non é esta, precisamente, a laboura máis senlleira da literatura? Ide por elas, inda que –como lembraba Blanco Amor– só pasen dúas veces ao ano.

BIBLIOGRAFÍA

• Albadalejo, Tomás (1992). Teoría de los mundos posibles y macroestructura narra-tiva. Murcia: Universidad de Alicante.

• Blanco Amor, Eduardo (1962). Os biosbardos. Vigo: Galaxia.

• Pena Presas, Montse (2010). “A muller contra a marea: Xohana Torres pionei-ra da LIX galega”. Grial 188: 44-51.

Page 25: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

ler é soñarcriaturas

Page 26: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Imaxe: Peonías de Yun Shouping (1633–1690)

Page 27: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Monográfico

3CRIATURAS NO MUNDO

TEXTO: GRACIA SANTORUM

Page 28: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Un pequeno bestiario da literatura universal. De Pinocho ao Grúfalo.

A Literatura infantil e xuve-nil vive poboada por miles de criaturas fantásticas. Semella,

daquela, que nenos e nenas gozan sentindo algo de medo ou cando menos medíndose con el, de aí que entre as páxinas impre-sas haxa pantasmas, monstros, vampiros, cocos, lobishomes e unha longa caterva fantástica. Non é que estas criaturas sexan perigosas: en realidade só queren revivir

en canto o libro sexa aberto; este pequeno feito cárgaas de enerxía e volven ter poder. Resulta curioso que o medo ao descoñeci-do sexa propio de idades temperás e que ese tropel de criaturas vaia diminuíndo a medida que o ser humano medra.

O medo é real. Tanto, que moitas veces o feito de coquetear co aterrador convértese en pesadelo. Conxugar daquela o sono re-

Texto: Gracia Santorum

fotograma da película A noiva de Frankenstein dirixida en 1935 por James Whale

Page 29: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 29

sulta case imposible. Por iso, ás veces, cóm-pre acudir a un libro no que os monstros poboen a noite para transmitir que eles tamén teñen medo e que necesitan mimos e coidados. Eses pesadelos, que viven no armario, poden ser convidados a durmir na cama para que o medo desapareza. Así o propuxo o americano Mercer Mayer no ano 1968 no seu libro Un pesadelo no meu armario: este autor ofrécenos un álbum ilustrado sobre os medos infantís contun-dente e efectivo grazas ás ilustracións que combinan plano xeral e plano curto para contar a sensación de medo do rapaz e o súpermedo do monstro que é quen máis demanda protección. Todo o libro suxire, porén, que o verdadeiro perigo non vive nos monstros que haxa detrás das portas senón nos propios medos. Haberá que combatelos.

Outro xeito de espantar o medo é acudir a diferentes argucias. O rato que inventa un Grúfalo para sobrevivir e logo resulta ser moito máis espilido é quen de atopar un monstro tal cal como el o deseñara: “arrepiantes garras e dentes arrepiantes na arrepiante queixada. Xeonllos broullentos e reviradas unllas e unha horrenda espu-lla”. Pero a intelixencia é quen do-mina calquera monstro, e a autora inglesa Julia Donaldson xunto co ilustrador a l e m á n A x e l S c h e f f e r déixano

claro. Un libro que se converteu nun “clá-sico instantáneo” debido ao éxito tanto da crítica coma do público. Este álbum data do ano 2001 e converteuse no libro ilus-trado máis vendido en Gran Bretaña no ano 2002: foi colocado a carón dos outros grandes da literatura infantil anglófona como Maurice Sendak. Curiosamente, a autora baseouse nunha lenda folklórica chinesa para escribir o seu relato; orixi-nariamente a lenda falaba dun tigre, pero para topar palabras rimadas resultáballe moi difícil, polo que acudiu á onomatopea dun gruñido -“grrr”- para inventar o seu monstro.

Seguramente, falar de criaturas é pensar inmediatamente en monstros. E pensar en monstros é pensar en Frankenstein, o máis clásico dos monstros, nado da man da inglesa Mary Shelley en 1818. Un libro enmarcado na tradición da novela gótica, explora temas como a moral científica, a creación e a destrución da vida e a audacia da humanidade na súa relación con Deus.

Falando de clásicos e de criaturas terri-bles, a novela de 1897: Drácula do irlandés Bram Stoker presenta, sen dúbida nin-gunha, o vampiro máis famoso de todos os tempos. A novela estaba escrita de xeito epistolar, aínda que tamén presenta temas como o papel da muller na época vitoriana, a inmigración, o colonialismo ou o folclo-re. Non foi el o inventor da lenda, pero a súa influencia déitase nas moitas versións

realizadas tanto en libro como en au-diovisual (por exemplo, a realizada

polo ilustrador arxentino Luis Scafati no ano 2007, onde rea-

liza unha incursión ilustrada pola morte que vai devoran-do personaxes). Imposible

non mencionar a versión rea-

Page 30: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

30 Revista Criaturas

lizada pola ilustradora española Ana Juan neste mesmo ano 2007 baixo o título De-meter. Unha tremenda versión dunha parte da novela primixenia: aquela que relata a viaxe inicial do personaxe principal a bor-do do barco “Demeter” dende a cidade de Varna (Romanía) ata o porto de Whitby (Inglaterra).

Pero non todos os monstros son horripi-lantes. Poden ser Otra cosa e ser outra cousa significa tan só ser di-ferentes. Así o amosan no ano 2003 os ingleses Ka-thryn Cave e Chris Riddel nun álbum premiado pola Unesco que fala das diferenzas e do respecto cara aos demais. E, asemade, da soidade dos “monstros”.

E é que ata dentro de familias monstrosas, hai monstros ben diferentes. Este é o caso de Un monstruo muy especial das inglesas Angela McAllister e Alison Edgson, do ano 2010. Ligado a Un pesadelo no meu armario, esta sorpresa de monstro é coma un osiño de peluche que quere apertar. Un monstro doce e amigable que resulta ado-rable. Por que non pensar en monstros así cando haxa pesadelos nocturnos? Un novo álbum sobre a aceptación dos seres dife-rentes.

Sen marchar de onda os monstros, o ame-ricano Patrick McDonnell crea no ano 2012 un monstro, baseándose claramen-te nas súas ilustracións en Frankenstein, tenro e doce que dá as grazas constante-mente, deixando aos seus creadores to-

talmente pampos en El monstruo de los monstruos. Cómpre precisar que os seus creadores eran á súa vez tres monstros que non se poñían de acordo en cal deles era o máis malos, aterrador e horrible. Así, ese enxendro creado por eles, debería cumprir unha función que non chega.

Intimamente ligado ao álbum de Mercer Mayer hai un monstro famento que come a escuridade. Esta é a proposta da escri-

tora inglesa Joyce Dynbar e o taiwanés Jimmy

Liao no ano 2010: El monstruo que se comió la oscuri-dad incide nova-mente nos terrores

nocturnos; desta volta o mons-tro non está metido no

armario, senón que anda por baixo da cama. De tanta fame que sente, unha fame insaciable, come sen parar e re-mata coa escuridade do mundo... pero esta cómpre que para que todo siga igual. Así que o monstro grande vólvese pequeno e amigo da neno que tiña medo. E é que a soidade é realmente o máis terrorífico...

Botando unha ollada cara atrás, compróba-se como e en que medida foron necesarias as criaturas: criaturas lendarias, fantásti-cas, presentes nas mitoloxías de todas as civilizacións e en todas as lendas tradicio-nais da cultura popular. Poden ter corpo de animal, ou non; poden combinar partes de diferentes animais, poden ter partes huma-nas, poden ser máis ou menos corpóreos ou poden ser máis ben espirituais. Un ca-tálogo imprescindible é Animais fantásti-cos do portugués José Jorge Letria e o seu fillo André Letria, un libro que vén a ser unha galería literaria e visual.

(O zoo absoluto, Edward Gorey)

Page 31: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 31

N a s s ú a s

p á x i n a s repousan a ave

fénix, o basilisco, o bucé-falo, o cérbero, o centauro, o ciclope, o dragón, a es-finxe, o fauno, o grifón, a hidra, o lobishome, o mi-notauro, o ogro, o pega-so, a salamántiga, a serpe mariña, a serea e o unicor-nio. Estas criaturas ocupan auténtico espazo nas civi-lizacións e nas mitoloxías, pero sobre todo nas lendas tradicionais que logo se converteron en libros, algo que serviu de alimento a miles de nenos e nenas ao longo dos séculos.

Outro tipo de criaturas foi creado polo particu-lar universo do americano Edward Gorey, artista que falaba de si mesmo como que a súa misión na vida “consiste en producir a maior incomodidade posi-ble, porque así é o mundo”. En El zoo absoluto, creado en 1967, unha colección de animais exóticos, de to-dos os tamaños e con-dicións, poboan as súas páxinas.

Dentro deste abano enorme de posibles cria-turas, hai algunhas con aspecto humano que poden chegar a selo. O italiano Carlo Collo-di publicou en 1883 As aventuras de Pi-

nocho onde o protagonis-ta da historia, Geppetto, crea un monicreque para cubrir a súa propia soida-de. Esta criatura é educada no honor, na verdade e na virtude, características hu-manas que a criatura debe posuír para chegar a con-verterse en persoa. Outra cousa diferente é que na-cer ser humano signifique posuír estas virtudes, pero esa xa é outra historia.

Pinocho non é o único mo-nicreque que chega a ser humano. Hai outros que deciden por si mesmos procurar a liberdade, ra-char as cadeas que o atan ao monicrequeiro e vivir por conta p rop ia , p r o c u -r a n d o os pro-pios erros e acertos. Este é o caso de Zimbo

do espa-

ñol Arturo Abad con ilus-tracións da polaca Joanna Concejo, do ano 2011. Ra-char con lazos físicos para construír lazos afectivos, moito máis importantes e duradeiros. A historia constrúese coa dor da se-paración, co mérito de nos ofrecer as dúas faces do espello: a tristura que lle xera ao boneco a falta de liberdade e a tristura do monicrequeiro por deixar marchar un seu fillo. Pero hai criaturas que necesitan verse libres para poder ex-perimentar o mesmo que os humanos.

Ás veces, semella ser posible que o lector ou lectora constrúa o seu propio animalario. Can-do menos, iso sucede coa proposta do español Javier

Sáez Castán no seu Anima-lario Uni-versal del

profesor Revillod.

Un libro provocati-vo porque provoca

curiosidade, sorrisos,

xogos... e sobre t o d o provoca

non querer pechar o libro

durante ben tem-po porque as súas

páxinas axudan a viaxar ben lonxe.

(O zoo absoluto, Edward Gorey)

Page 32: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

32 Revista Criaturas

Nesta mesma liña o libro Estrambólicos dos portugueses André Letria e José Jorge Letria, criaturas estrañas e multiformes que o lector ou lectora pode combinar e cambiar tanto de aspecto como de forma. De 16 per-sonaxes poderanse formar ata 4096 novas identidades, o que dá pé a xogos malabares tanto con palabras como con ilustracións.

Hai criaturas salvadoras e hai criaturas ho-rripilantes. Mesmo hai criaturas concien-ciadas, aquelas que tentan axudar a huma-nos e humanas a coidar o seu propio mundo e ter un futuro asegurado. É o caso de Los Gulinos, simpáticos alieníxenas que procu-ran salvar o seu planeta. Da man dos espa-ñois Luis Amavisca e a ilustradora Noemí Villamuza, imposible non alentar á poboa-ción a reciclar e coidar o medio ambiente.

Miles de criaturas de todos os estilos e condicións poboan a literatura infantil e xuvenil. Animais fantásticos que posúen

característica humanas, con sentimentos e experiencias propias dos humanos: unha li-teratura simbólica onde estes animais axu-dan normalmente a explorar emocións e re-lacións entre os seres humanos. Outro tipo de “criaturas” poden ser os xoguetes coa capacidade humana da fala; estes cobizan polo xeral converterse en humanos —xa se falou de Pinocho— e presentan ademais rasgos humanos. Logo, pantasmas e cria-turas sobrenaturais que non teñen explica-ción, moitas aborrecidas, temidas e temi-bles. Outras veces é posible atopar criaturas grazas ás viaxes que se realizan dentro da narración, o que dá un grao de verosimili-tude a calquera tipo de criatura que se atope no transcurso desa viaxe. Esa é a proposta final: o lector ou a lectora poderá descubrir aínda miles de páxinas impresas poboadas por outras tantas criaturas diferentes, deli-ciosamente tenras ou maliciosamente abo-minables. Da ollada do lector ou da pluma do escritor dependerá en cada caso.

Page 33: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Imaxe: EFStig (2012)

Page 34: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

cara a cara

Page 35: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

HELENA PÉREZ

cara a cara

Entrevista

Page 36: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

36 Revista Criaturas

“Avanza a mañá no Casco Vello de Vigo. A temperatura non é propia destes días de no-

vembro e iso crea unha curiosa sensación de atemporalidade. Na Praza do Rei hai unha manifestación de persoal público, berran e axitan pancartas. Baixamos cara a rúa Abeleira Méndez, entre os edificios de pedra restaurados, cos seus balcóns e varandas de ferro repuxado. No número 26 está A Matina, un bazar cheo de obxectos doces e porcións de torta. As voces das protestas dilúense ao lonxe e, de súpeto, é como se xa non estivésemos na cidade.

En A Matina agardan por nós Hele-na Pérez, editora de infantil e xuvenil de Edicións Xerais de Galicia e Jacobo Fernández Serrano, ilustrador e escritor apaixonado das criaturas.

Ambos os dous levan anos traballando xuntos en numerosos libros. Son moitas as obras de Jacobo que Helena se encar-gou de editar con todo o mimo e o coida-do. Coa complicidade de dúas persoas que comparten a mesma emoción e a mesma entrega, que conviven coa Lix como se fose unha criatura que mora nas súas ca-sas, empezan a conversar. Limitámonos a permanecer en silencio, pendentes de cada aceno e cada resposta.

Convidámosvos a escoitar a conversa completa aquí e ofrecemos neste número cero de Criaturas un pequeno bocado”:

Page 37: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 37

Helena Pérez. Coñecémonos dende hai un monte de anos. O primeiro contacto que tiven contigo foi a través da revis-ta Golfiño, cando traballabas facendo unha das páxinas onde aparecía unha personaxe que era unha criatura. Por que empezaches con ese personaxe que non é moi recoñecido para os nenos? E menos no mundo galego.

Jacobo Fernández. Archimboldo era un rinoceronte-unicornio. A cousa da serie era presentar en cada capítulo un amigo distinto. Eses amigos si que eran criaturas totalmente disparatadas. De xeito, un dos lemas que tiña a serie era: “todo é xente”. É dicir, que alí un per-sonaxe podía ser un zapato, un animal, unha árbore, un bastón, unha nube... era a personalidade estendida a todo o universo. Esa foi a primeira publicación seriada. Foi unha especie de motor para seguir inventando personaxes.

Helena Pérez. Logo pasaches da banda deseñada a un texto da túa propía auto-ría e viñeches pola editorial con Dona Bixelmina. E nesa obra volvía haber criaturas.

Jacobo Fernández. Bixelmina é un con-to fantástico baseado nun caso real. No fondo, A gardería de Dona Bixelmina, no canto de ser un sitio onde os rapaces aprendían, tratábase dun lugar onde o importante eran os virus e onde os ne-nos pasaban por alí para que os virus se alimentasen.

Helena Pérez. Nesa mesma liña de tra-ballo da que falas cando dis que “todo é xente”, quizais a túa obra máis impor-tante sexa Mil cousas poden pasar, coa que levaches o Premio Merlín. Porque

alí está todo o que estas explicando agora: hai xente normal, hai animais e tamén está o mundo do máis alá. Danse os tres niveis.

Jacobo Fernández. Mesmo as forzas da natureza, coma o Río. Alí todo está mesturado. En realidade, pola criatura que son eu, ás veces fago cómic, ás ve-ces libros, ás veces ilustro libros doutros escritores pero, no fondo, a materia é a mesma.

Helena Pérez. Con Marcopola volves recuperar as criaturas. É sorprenden-te que haxa unha illa que rema e que ten por mellor amigo un oso chamado Libro, a min sorprendeume moitísimo cando o lin por vez primeira.

Jacobo Fernández. Para min é impor-tante e é tamén o que busco cando leo libros ou cómics, esa certa orixinalida-de, tratar de fuxir do común e do es-tablecido. Marcopola apareceu por vez primeira nunha historia de Archimbol-do. En Archimboldo había unha histo-ria romántica de dous protozoos. Nau-fragaban e eran rescatados por unha illa remeira, que aparecía como personaxe secundario. Ás veces hai personaxes que están aí latexando e teñen máis cousas que dicir.

Page 38: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

38 Revista Criaturas

Helena Pérez. Por que hai monstros que producen medos e, non obstante, hai outros que non o producen, sendo aínda máis horribles?

Jacobo Fernández. Por un lado, hai un factor vital no que o medo se fai real diante do neno. Ou ben pode ser a forza do propio personaxe do debuxo, é dificil precisalo.

Helena Pérez. Cres que niso axudou o cine, onde os nenos ven monstros máis amables?

Jacobo Fernández. Non sabería dicir. Os mesmos nenos de dez anos poden estar lendo unha literatura infantil, digamos máis suave, cunha influencia potente da pedagoxía, unha literatura light, no que se refire aos monstros, ou vendo unha peli de Pixar. Pero poñen a tele e atopan uns debuxos cheos barbaridades. Ou unha peli como “Piratas do Caribe”, na que hai un protagonista medio humo-rístico, pero tes uns monstros terribles. Non é só como se presentan, tamén o son, a música… todos os impactos que recibe o rapaz.

Helena Pérez. Esa ambivalencia entre o ben e o mal aparece nas películas de Miyazaki. Ten criaturas moi particula-res, unha da que eu son moi fan é To-toro. Pero nesa ambivalencia destaca sobre todo a Princesa Mononoke. Non é que ela sexa mala, simplemente quere defender o seu, os seus, do avance dos animais, e non comprende que estes a ataquen.

Jacobo Fernández. No cine de Miyaza-ki non está moi claro, porque no fondo está mostrando como é a vida. A xente

Page 39: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 39

é boa e mala. Hai persoas que fan cou-sas que, en principio, consideraríamos malas, pero temos que valorar as súas circunstancias para poder comprendelo. Desde o meu punto de vista, todo ese traballo enriquece a obra, artisticamente falando..

Helena Pérez. No caso dos americanos, Tim Burton tamén rompe cos estereoti-

pos que estamos acos-tumados a ver. Pode haber criaturas como Jack, que é un cadá-ver, pero que nos re-sulte amable, que nos guste. Ou tamén pode ser que unha nena que está toda cosida resul-te terna e encantadora. Por non falar xa dos

seus personaxes en The Melancholy Dea-th of oyster boy. Como é a arte capaz de transcender o tema do medo?

Jacobo Fernández. Ben, coido que es-tes temas tamén funcionan por mo-das. Os monstros, as criaturas, están de moda, non hai máis que ver creacións como Monster High. Teñen outra idea da estética medio terrorífica. Tim Bur-ton conta que o monstro non é malvado porque é merecedor dos seus pecados, senón que é diferente polas súas cir-cunstancias, porque foi, por exemplo, creado por un científico tolo. E dian-te da sociedade presentase como dife-rente, como o caso de Frankestein, que está en contraposición coa sociedade. Ese tipo de personaxes veñen moi ben acaídos para a adolescencia. Ese asunto adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as cousas

ao redor. Tamén o tema gótico román-tico, incluso decadente, coma os contos ilustrados por Bemjamin Lacombe. Ese tipo de creacións teñen éxito.

Helena Pérez. Non cres que falta algo dentro da literatura galega? Falando de criaturas, hai poucos textos onde se tra-ten os nosos monstros propios. Iso pro-voca que sexan pouco recoñecidos polos rapaces...

Jacobo Fernández. Se falamos de per-sonaxes mitolóxicos, os rapaces están dispostos a recibir calquera. Se falamos de corpus galego, eu penso que chegará, pero que falta unha compoñente artís-tica, no sentido de que todos estes son personaxes moi ligados á antropoloxía.

Page 40: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

40 Revista Criaturas

En si mesmos, os personaxes son moi atractivos e funcionan perfectamente. Por exemplo, Cunqueiro ten un mate-rial impresionante de fantasía equipara-ble a calquera outra tradición de oriente ou occidente. Se ese material se lle pre-senta aos rapaces vailles gustar, porque ten maxia e humor. Se cadra, falta coller ese material, separalo un pouco do texto e realizar un traballo distinto con eses personaxes, para que poidan presentar-se de forma accesible e que cheguen a un público potencial. Ese público que, o mesmo que gozan das personaxes d’O Hobbit, poderían gozar con calquera moura ou calquera trasno dos que ten Cunqueiro. O paso para que iso resulte pasa polo traballo artístico dunha obra. Igual que aconteceu con Bola de dragón e a lenda do Home-Mono, que é o cau-sante de que se estendese o manga.

Helena Pérez. Esperemos que haxa al-gún autor que sexa quen de recuperar da nosa mitoloxía fantástica, algún per-sonaxe que nos conmova e nos chame a atención. Porque editores arriscados coma os nórdicos, aquí hainos.

Jacobo Fernández. Dende a túa visión como editora, como ves esa influencia nos textos, destas temáticas sobre as que estamos falando de criaturas internacio-nais?

Helena Pérez. Boto algo en falta. E non é de agora, é dende hai moitos anos. O que percibo é que hai moi pouca xente que escriba sobre esta temática; chegan moi poucos textos. A influencia social do que ocorre no mundo é o que chega á editora. O problema é que non hai un texto rompedor, un texto con criaturas ou con seres especiais, como pasou no teu caso con Mil cousas poden pasar. Nos últimos anos si que se comeza no-tar un cambio, non sei se por influencias

Page 41: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 41

ou por cubrir ese baleiro. Este ano, en concreto, o Premio Merlín foi Escarla-tina, a cociñeira defunta, que me parece un texto moi novidoso na literatura in-fantil en galego. Iso independentemente de que en Escarlatina tamén haxa recei-tas, e de que ademais dunha obra litera-ria tamén sexa un libro de cociña. Creo que necesitamos que os autores vexan esa necesidade de traballar estes temas, deixando un pouco o tema realista. Ás nenas e os nenos de aquí vanlle gustar tanto coma os que veñen doutras tradi-cións, e os editores estamos dispostos. Falta atrevemento dos autores.

Jacobo Fernández. Os autores traballan coa súas influencias e hai que perder os medos.

Helena Pérez. O que pasa é que moitas veces as obras que nos chegan son libros que se prescriben nos centros escolares, libros de lectura, e os autores deixanse levar polo seu didactismo. Hai un exce-so de didactismo e quizais sería o mo-mento de evitalo porque, realmente, a literatura é iso, pasalo ben, gozar e di-vertirse lendo. No momento en que os

libros rompan coa prescrición e dean o salto e se vendan a maiores, poderemos arriscar. Por exemplo, Geronimo Stilton foi capaz de saltar e de venderse non só pola prescrición escolar, senón que foi quen de venderse nas librerías polo ti a ti, como pasa con moitas películas.

Jacobo Fernández. E incluso é cultura. Sería tamén marca de imaxe ao exterior. Algo do que hai que presumir e que hai que exportar, presentalo como un valor.

BIBLIOGRAFÍAJacobo Fernández Serrano:Marcopola, a illa remeira: As orixes de Marcopola; Vigo: Edicións Xerais, 2012.Marcopola, a illa remeira: Os piratas da Lúa; Vigo: Edicións Xerais, 2013.Marcopola, a illa remeira: Dragoneta; Vigo: Edicións Xerais, 2014.Os amigos de Archimboldo Roque, Vigo: Factoría K de libros, 2008,Mil cousas poden pasar I, Vigo: Edicions Xerais, 2009.Mil cousas poden pasar II, Vigo: Edicions Xerais, 2011.A gardería de dona Bixelmina, Vigo: Edicions Xerais, 2005.

Burton, T., La meláncolica muerte de Chico Ostra, Barcelona: Anagrama, 2000.Poe, E.A., Cuentos macabros, Il. Benjamin Lacombe, Madrid: Edelvives, 2013. Costas, L., Escarlatina, a cociñeira defunta, Vigo: Edicions Xerais de Galicia, 2014.Mi nombre es Stilton, Gerónimo Stilton, Barcelona: Destino, 2010Toriyama, A., Dragon Ball : ultimate edition; Barcelona: Planeta DeAgostini, 2006.Shelley, M., Frankenstein ou o moderno Prometeo., Vigo: Galaxia, 2000.Tolkien, J.R.R., O Hobbit, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2007.

FILMOGRAFÍALa novia cadáver. Director: Tim Burton.Piratas del Caribe: la maldición de la perla negra. Director: Gore Verbinski.Monstruos, S.A.. Director: Dan Scanlon.Mi vecino Totoro. Director: Hayao Miyazaki.La Princesa Mononoke. Director: Hayao Miyazaki.

Page 42: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Planisphærium cœleste, Frederik de Wit. [s. xvii]

Page 43: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

CONSTELACIÓNSNeste número cero da revista no que se fai un monográfico sobre criaturas na LIX son moi-tos os títulos que apareceron nas nosas con-versas. Títulos cos que nos emocionamos, cos que nos divertimos ou que admiramos. Títu-los que se nos escapaban dos nosos artigos e que queríamos amosarvos, e deste xeito é como nace esta sección. Para vos ofrecer al-gúns dos títulos que tratan destas criaturas da literatura e de como un libro nos leva a outro e a outro...

Tomamos o nome de “constelación” da profe-sora Guadalupe Jover quen o emprega para facer un itinerario de lecturas ao redor dun tema. Porque compartimos a idea de que cada libro forma parte dunha agrupación na que existen vínculos comúns aínda que estas lecturas esten alonxadas entre sí no espacio o no tempo.

Mar García Pérez

Monográfico

Page 44: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

44 constelacións

Título: Das cousas de Ramón Lamote

Autor: Paco Martín Ilustrador: Xoán Balboa

Editorial: SMAno: 1990

Lugar: VigoISBN: 84-348-1530-3

Colección: O Barco de VaporPúblico destinado: de 11 a 14

(lectorado xuvenil)

Un dos libros fundacionais da moderna LIXGA e dos que te-ñen acadado un maior éxito de público e crítica. Foi Premio O Barco de Vapor no ano 1984 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1986. O seu protagonista, Ramón Lamote Miñato, profesor de chairego e debuxante se soños por encar-ga, é un personaxe prototípico, un ser altruísta e sensible no medio dunha sociedade mate-rialista e inculta. Inclúese este libro na presente relación por-que nel parecen dúas “criaturas” sorprendentes e moi interesan-tes: O reparante, animal que acorda cada seiscentos noventa e seis anos, e o entomodelfo, singular animal doméstico do que se fai unha exhaustiva des-crición.

Título: Mil cousas poden pasar Libro I

Autor e ilustrador: Jacobo Fer-nández

Editorial: Edicións XeraisAno: 2009

Lugar: VigoISBN: 978-84-9914-048-3

Colección: Merlín

Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)

Esta obra coa que Jacobo Fer-nández foi galardoado co Premio Merlín nos presenta pequenas pezas narrativas en-trelazadas que nos van descu-brindo criaturas insólitas e di-ferentes situacións na Vila de Nil e no mundo dentro e fora do mar.

Título: O home do traxe branco. O accidente.

Autor e ilustrador: Herikberto M. Quesada

Editorial: Edicións XeraisAno. 2009

Lugar: VigoISBN: 978-84-9914-057-5

Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)

Na noite dun caloroso día de verán, uns rapaces descobren no bosque unha gran nave da que baixa unha estraña criatura, e contemplan asombrados como este ser dá a luz a súa cría... O artista ourensán Herikberto Quesada crea nesta novela todo un mundo de seres extraordi-narios, debuxados con meticu-losidade científica, partindo da teoría dos deseños coincidentes que explica como noutros pla-netas a vida pode evolucionar de xeito semellante a como o fai na Terra.

Título: Lapadoiras, Sacauntos e Cocón

Autora: Marilar AleixandreIlustrador: Lázaro Enríquez

Editorial: GalaxiaAno: 1999

Lugar: VigoISBN: 84-8288-294-5

Colección: BambánPúblico destinado: de 0 a 6

(prelectorado e lectorado inicial)Observacións: Álbum ilustrado

Álbum ilustrado dirixido ao lectorado inicial, conta como Bibi, unha nena que ten moi-to medo da escuridade, coñe-ce un día ao rato Pérez que a leva de viaxe do outro lado da noite. Alí coñece a Lapadoiras, Sacauntos e Cocón, tres mons-tros encargados de preparar a chegada do novo día: Lapadoi-ras pasa a noite rillando na lúa e facéndoa cambiar de forma, Sacauntos é quen coida os ra-baños de nubes e as mantén en forma para que non tapen o ceo, e Cocón zuga as sombras para que veña un día claro... As excelentes e orixinais ilustra-cións son obra de Lázaro En-ríquez, artista cubano afincado en Galicia, prematuramente falecido no ano 2005.

Título: El Zoo Absoluto Título Orixinal: The Utter Zoo

Autor e ilustrador: Edward Gorey

Tradutor: Marcial SoutoEditorial: Libros del Zorro Rojo

Ano: 2011Lugar: Barcelona/Madrid

Page 45: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Rev

ista C

riatu

ras 4

5

ISBN: 978-84-92412-82-2Público destinado: de 11 a 14

(lectorado xuvenil)Observacións: Álbum ilustrado

Álbum ilustrado de pequeno formato, amosa o talento para o humor negro, absurdo e mís-tico do escritor e ilustrador Ed-ward St John Gorey (Chicago, 1925 – Cape Cod, 2000), quen na actualidade é obxecto de culto entre numerosos admiradores de todo o mundo. O presente libro é un bestiario que vai desde o A ao Z presentando un singular zoolóxico de animais exóticos e que inclúe unha breve descrición en forma de pareado na paxina da esquerda e un debuxo a tinta negra sobre fondo branco na da dereita, para dar vida e “realida-de“ a estas inquietantes criaturas.

Título: Diario de Pichük. O Longo longöbio de Longölia.Autor e ilustrador: Manel

Cráneo Editorial: Everest Galicia

Ano: 2014Lugar: A Coruña

ISBN: 978-84-403-1254-9 Colección: Ler é vivir.

Público destinado: de 7 a 10 (lectorado autónomo)

Último título, polo momento, da serie “DiaRIo de PiChüK”, historias que transcorren no Planeta Mincha e que son pro-tagonizadas por PiChüK, un pequeño ciéntifico soñador que recorre o Planeta descubrindo os seres singulares que nel ha-bitan. Manel Cráneo, autor do texto e das ilustracións, inventa todo un universo de “criaturas” descoñecidas polos seres hu-manos que son presentadas por

PiChüK utilizando a linguaxe ciéntifica que corresponde a este sabio estudioso.

Título: Catálogo de obxectos rebuldeiros

Autor e ilustrador: Pablo Pres-tifilippo

Editorial: Faktoría K de LibrosAno: 2011

Lugar: PontevedraISBN: 978-84-96957-99-2

Colección: Textos infames Público destinado: de 11 a 14

(lectorado xuvenil)Observacións: A colección a

completan outros título do mesmo autor Calcetíns salvaxes e Cadei-

ra durmida

Un libro cheo de humor e moi-ta fantasía que nos amosa o mundo que nos rodea dun xei-to máis divertido e surrealista. Uha colección de criaturas es-trafalarias que son catalogadas en diferentes xerarquías: bechos nómades, bechos das cortes, bechos acuáticos, bechos terri-toriais, bechos desarraigados e algún becho a parte.

Título: O Grúfalo Título Orixinal: The Gruffalo

Autora: Julia Donaldson Ilustrador: Axel Scheffler

Tradutores: Piño Sáez, John Rutherford e Laura SáezEditorial: Patasdepeixe

Ano: 2013 Lugar: Vigo

ISBN: 978-84-939350-4-7

Público destinado: de 0-6 (prelectorado e lectorado inicial)

Observacións: Álbum ilustradohttp://www.gruffalo.com/

Unha divertida fábula cunha liña narrativa baseada na repe-tición dunha mesma situación na que rato moi intelixente consegue sortear todos os peri-gos do bosque coa súa picardía. Este álbum ilustrado conta coa súa páxina web onde amosan unha morea de curiosidade e actividades para realizar basea-das nesta historia.

Título: Circo Rigatoni Autor: Carlos López (Pinto &

Chinto)Ilustrador: David Pintor (Pinto

& Chinto)Editorial: Everest Galicia

Ano: 2008Lugar: A Coruña

ISBN: 9788440310552 Colección: Punto de encontro Público destinado: de 7 a 10

(lectorado autónomo)

O Circo Rigatoni non tiña mago, pero un bo día apareceu un como por arte de maxia. E con el tamén apareceu a súa chisteira de onde sacou unha trapecista, un home bala, unha muller barbuda, un faquir, un lanzador de coitelos, unha amazona, leóns, tigres, cabalos, elefantes, focas e un elenco cir-cense completísimo.

Page 46: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

46 constelacións

Título: Paxaro de mar e ventoAutor: Tucho Calvo

Ilustrador: Xosé CobasEditorial: Biblos Clube de

LectoresAno: 2012

Lugar: Cesuras, A Coruña ISBN: 978-84-15086-25-3 Público destinado: de 7 a 10

(lectorado autónomo)Observacións: Álbum ilustrado

O nacemento dunha nova cria-tura, dun paxaro único que nace gracias as fermosas palabras de Tucho Calvo e toman corpo nas delicadas imaxes de Xosé Cobas trasládanos a unha praia baña-da polo sol e polo mar a espe-ra deste ser imaxinario. “Como nun soño, o paxaro botará a voar ou nadar (ave acuática ou peixe voador) nun día de mar azul e de ceo azul, nunha mañá de atmos-fera verdella e aínda bretemosa”

Título: Animalario universal del profesor Revillod

Autor e ilustrador: Javier Sáez Castán

Editorial: Fondo de Cultura Económica Ano: 2003

Lugar: México ISBN: 968-16-7048-5

Público destinado: de 0 a 6 (prelectorado e lectorado inicial)Observacións: Comentarios de

Miguel Murugarren

Un libro para xogar e gozar unha e mil veces. Partindo dun caderno de campo onde se des-criben a 16 animais , dun xeito científico e rigoroso, acompa-ñado dunhas primeiras follas que evocan a este tipo de publi-cacións do século XIX . As fo-llas troqueladas e divididas en

tres dan lugar a crear novas es-pecies. Pódense formar máis de 4000 criaturas novas, diferentes e cada unha máis incrible, nas que tamén podemos escoller o seu hábitat e o seu nome.

Título: Jesús Betz Autor: Bernard Fred

Ilustrador: Françoise RocaTradutores: (ao castelán)

Ghislaine Fortier-Durand e Juana Inés Dehesa

Editorial: Fondo de Cultura EconómicaAno: 2004

Lugar: México, D.F.ISBN: 968-16-7428-6 FCE

968-01-0547-4 SEPColección: Libros del Rincón

Público destinado: máis de 15 (lectorado mozo)

Observacións: álbum ilustrado

Álbum de gran formato no que o seu protagonista, Jesús Betz “O home tronco” un ser que nace sen pernas nen brazos, un incansable loitador, relata a súa historia. Este relato ten forma dunha carta que Jesús dirixe a súa nai e que abarca desde o momento do seu nacemen-to no ano 1894 ata o presen-te, trinta e tres anos despois. Cunha linguaxe moi poética e fermosa, o protagonista conta a súa azarosa vida na que vai pa-sando polas mans de sucesivos „donos“: o capitán dun barco baleeiro, unha enorme pesca-deira, o dono dun espectáculo, o director dun circo. É neste último lugar onde Jesús atopa finalmente a felicidade. Cha-man a atención as extraordi-narias ilustracións nas que pre-dominan os tons vermellos que engaden un toque de dramatis-mo e que reflicten marabillosa-mente os distintos escenarios da vida de Jesús Betz.

Título: As Aventuras de Pinocho

Título Orixinal: Le avventure di Pinocchio

Autor: Collodi, Carlo Ilustrador: Roberto Innocenti

Tradutora: Pilar MartínezEditorial: Kalandraka

Ano: 2006Lugar: Pontevedra

ISBN: 84-8464-578-9 Público destinado: de 11 a 14

(lectorado xuvenil)

Este clásico universal recollido por Carlo Collodi e magnifica-mente ilustrado con gran deta-lle na descrición dos personaxes e dos paisaxes por Roberto na-rra a historia dun títere anima-do que posúe sentimentos e o que máis desexa neste mun-do en ser un neno de verdade e como vive un torberllino de aventuras para conseguilo.

Título: Frankenstein, ou o

moderno Prometeo Título Orixinal: Frankenstein,

or the modern PrometeusAutora: Mary W. Shelley

Tradutor: Fernando Rafael Tato Plaza

Editorial: Galaxia Ano: 2000

Lugar: Vigo ISBN: 978-84-8288-343-4

Colección: Costa OestePáxinas: 268

Público destinado: máis de 15 (lectorado mozo)

Considerada a primeira novela de ciencia ficción este clásico

Page 47: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Rev

ista C

riatu

ras 4

7

da literatura universal nos in-troduce nas limitacións do ser humano por enriba da nature-za. Esta novela gótica inglesa conta a historia de como Víctor Frankenstein crea un monstro pero asustado da súa creación o abandona a súa sorte.

Título: O hobbitTítulo Orixinal: The Hobbit

Autor: J. R. R. TolkienTradutor: Moisés R. BarciaEditorial: Edicións Xerais

Ano: 2010Lugar: Vigo

ISBN: 978-84-9782-541-2 Colección: Fóra de Xogo

Público destinado: máis de 15 (lectorado mozo)

Esta historia da comezo ao mundo máxico de Tolkien e a saga do Señor Dos Aneis. A historia do hobbit Bilbo Bol-són que un día sae da súa casa na Comarca levado polo Mago Gandaf e que xunto una com-pañía de trece enanos, lidera-da por Thorin vense inmersos nunha gran aventura.

Título: La historia interminable Título Orixinal: Die unendli-

che GeschichteAutor: Michel Ende

Ilustradora: Roswitha Quad-flieg

Tradutor: Miguel SaenzEditorial: Alfaguara

Ano: 2007

Lugar: Madrid ISBN: 978-84-204-6439-8

Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)

Convertido xa nun clásico da LIX en poucas xeracións des-taca a súa peculiar edición bi-color (verde e vermella) onde cada cor describe os dous pla-nos do lector: o real e a fantasía. Planos que chegan a atoparse e mesturarse no desenvolve-mento da historia, Lendo un estraño libro, Bastian descobre que o “Reino de Fantasía” está en serio perigo e a piques de desaparecer. Bastian e o valen-te guerreiro Atreyu loitan para salvar a Emperatriz Infantil da súa enfermidades e a Fantasía de desaparecer por culpa da Nada.

Título: Monstro pequeno di non! Título Orixinal: Nei! sagdi

litla skrímslid Autor: Güettler, Kalle

Ilustradores: Helmsdal, RakelJónsdóttir, Áslaug

Editorial: Sushi Books Ano: 2014

Lugar: Cangas do MorrazoISBN: 978-84-15920-24-3 Público destinado: de 0 a 6

(prelectorado e lectorado inicial)Observacións: álbum ilustrado

Monstro Pequeno NON! quere ir a xogar con Monstro Gran-de porque sempre que Mons-tro Pequeno xoga con Monstro Grande síntese moi mal porque non se porta ben. Pero Monstro Pequeno dálle un nova oportu-nidade para xogar xuntos. Unha fermosa e divertida historia de como a amistade pode axudar a ser mellor persoa.

Título: Rinocerontes e quimerasAutor: Marcos Calveiro

Editorial: Tambre-EdelvivesAno: 2007

Lugar: VigoISBN: 978-84-96772-17-5

Colección: CataventoPúblico destinado: máis de 15

(lectorado mozo)

Nun lugar situado en Nortea-mérica e a finais do século XIX, nun vello vagón de tren esque-cido nunha vía morta, un gru-po de criaturas agarda a que se resolva o seu destino. Eles son sete nenos especiais, monstros de feira, parte das atraccións dun circo que sorprende ao pú-blico coa exhibición das súas deformidades. Mentres agar-dan, cada un dos nenos-mons-tro conta a súa historia, son his-torias de violencia e desarraigo, de seres excluídos dunha socie-dade que ve neles o froito do pecado e da perversidade.

Título: Un becho estrañoAutor: Xosé Ramón Daporta

PadínIlustrador: Óscar Villán

Editorial: Faktoria k de librosAno: 2009

Page 48: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

48 constelacións

Lugar: VigoISBN: 978-84-96957-66-4 Público destinado: de 0 a 6

(prelectorado e lectorado inicial)Observacións: Álbum ilustrado

Un orixinal libro con rimas de oito sílabas que mantense du-rante todo o texto. Un libro para xogar cos nenos máis pe-quenos e descubrir que criatura atópase nestas páxinas, lendo de diante para atrás dándolle a volta e comezar outra vez, xa que basease nos xogos ou histo-rias de contos sen fin.

Título: Malos tempos para os fantasmas

Autor: Agustín Fernández PazIlustradora: Patricia Castelo

Editorial: Edicións XeraisAno: 2012

Lugar: VigoISBN: 978-84-9914-437-5

Colección: MerlínPúblico destinado: de 7 a 10

(lectorado autónomo)

O traslado de Marta a unha nova vivenda será o comezo dunha gran amistade entre ela e unha pantasma que leva anos incomunicado. Unha amistade que romperá esta incomunica-ción e que amosa como a ten-rura e a solidariedade e o me-llor xeito de axuda.

Título: O Xigante do pantano Autor: Richard Marnier

Ilustradora: Géraldine Alibeu Tradutores: Paco Liván e Pilar

Ferriz Editorial: OQO

Ano: 2013 Lugar: Pontevedra

ISBN: 978-84-9871-450-0 Colección: O (Oqo)

Público destinado: de 0 a 6(prelectorado e lectorado inicial)

Todo o mundo ten medo do pantano porque alí vive o Xi-gante; pero O Xigante síntese triste porque ninguén quere falar con el e quere viaxar. Coa axuda de Camila unha nena moi valente os dous pode-rán loitar contra Quedirán e aloxarse do pantano.

Título: O crebacabezasAutores: Txabi e Manu Arnal Gil

Ilustrador: Roger OlmosTradutora: Marisa Nuñez

Editorial: OQOAno: 2012

Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-9871-387-9

Colección: Q (Oqo) Público destinado: de 11 a 14

(lectorado xuvenil)

Este inquietante álbum ilus-trado nos mostra a historia dun home crebacabezas vive no centro da vila, vixía todo o que en ela acontece e coas súas pezas muda ao seu capricho a vida dos seus habitantes.

Título: Hilda y el gigante de medianoche

Título Orixinal: Hilda and the midhight giant

Autor e ilustrador: Luke PearsonTradutores: Carles Andreu e

Albert VitóEditorial: Barbara Fiore Editora

Ano: 2013Lugar: Albolote, Granada

ISBN: 978-84-15208-43-3 Público destinado: de 7 a 10

(lectorado autónomo)

Un orixinal cómic dirixido a un grupo de idade o que rara vez ofrecéselle este xénero e que foi nominado aos Eisner Awards. O cómic narra a historia dun-ha pequena que conta entre as súas amistades con Gatanca-nos, Xigantes, Lobondrinas e outras criaturas misteriosas. Person amosa nesta colección o xeito de achegarnos ao fantásti-co como parte do cotidiano.

Título: Adiviñas montruosasAutora: Gloria Sanchez

Ilustradora: Purificación Her-nández

Editorial: RodeiraAno: 2006

Lugar: A coruñaISBN: 84-96352-83-8

Colección: TucanPúblico destinado: de 7 a 10

(lectorado autónomo)

Este divertido poemario escon-de un conxunto de adiviñas nas que nos propoñen descubrir te-rribles e misteriosas criaturas.

Page 49: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Rev

ista C

riatu

ras 4

9

Título: Reckless: Carne de pedraTítulo Orixinal: Reckless. Stei-

nernes FleichAutora e ilustradora: Cornelia

FunkeTradutora: María Xesús Bello

RivasEditorial: Edicións Xerais

Ano: 2010Lugar: Vigo

ISBN: 978-84-9914-161-9 Público destinado: máis de 15

(ectorado mozo)

Texto: Dous irmans Will e Jabo cruzan o espello que se atopa no despacho do seu pai chegando a un lugar máxico e as veces peri-goso. Estas viaxes cada vez son máis frecuentes ata que nunha ocasión Will cae baixo un feiti-zo no que a súa carne pouco a pouco convertese en pedra. Ja-cob terá que atopar o xeito de li-berar ao seu irmán deste feitizo.

Observacións:A historia continúa en Reckless: Vida nas sombras

Título: Imaxina animaisAutor: Xosé Ballesteros

Ilustrador: Juan VidaurreEditorial: Kalandraka

Ano: 2008Lugar: Pontevedra

ISBN: 978-84-8464-650-1 Público destinado: de 0-6

(prelectorado e lectorado inicial)

Recopilación de bichos e ani-mais que nos observan sen que nos demos conta da súa mira-da. Bechos coma o “pingúitor“, a “fregulpo“ que sorprenden en cada páxina. Un xogo divertido de metáforas visuais que pre-sentan obxectos cotiáns sepa-rados do seu entorno e que son recreados como novas criaturas.

Título: Onde viven os montrosTítulo Orixinal: Where the

wild things areAutor e ilustrador: Maurice

SendakTradutor: Xosé Manuel Gonzá-

lezEditorial: Tras os montes

(Kalandraka)Ano: 2014

Lugar: PontevedraISBN: 978-84-8464-859-8Público destinado: de 0 a 6

(prelectorado e lectorado inicial)

Un clásico da LIX que mostra nunha viaxe de ida e volta os te-mores e os desexos da infancia.

Observacións:Nas primeiras páxinas deste nú-mero cero da Revista Criaturas pódese ler un artigo monográfico dedicado a esta obra de Maurice sendak.

Título: As bruxasTítulo Orixinal: The witches

Autor: Roald Dahl

Ilustrador: Quentin BlakeTradutora: Xela Arias, Lidia

Iglesias Izquierdo Editorial: Xerais

Ano: 2006Lugar: Vigo

ISBN: 978-84-9782-499-6 Colección: Biblioteca de Roald

DahlPúblico destinado: de 11 a 14

(lectorado xuvenil)

Dentro da colección da Biblio-teca de Roald Dalh podemos gozar con este título na que un neno moi valente e a súa avoa enfrontase a terrorífica Asocia-ción de Bruxas de Inglaterra para salvar do perigo de converterse en ratos a todos os nenos do país. Nesta ocasión tamén podemos gozar coas fermosas e divertidas ilustracións de Quentin Blake.

Título: Harry Potter e a pedra filosofal

Autora: J.K. Rowling Tradutora: Marilar Aleixandre

Editorial: Galaxia Ano: 2002

Lugar: VigoISBN: 84-8288-496-4 Colección: Salamandra

Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)

A primeiro libro desta saga pro-tagonizada polo novo aprendiz de mago Harry Potter, onde descobre os seus poderes e es-capa para vivir e estudar co resto dos aprendices de magos a escola de Hogwarts. Unha novela crossover que conseguiu romper a barreira da LIX e que millares de lectores de todas as idades gozasen con estas histo-rias.

Page 50: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

50 constelacións

Título: La cosa perdidaTítulo Orixinal: The lost thing Autor e ilustrador: Shaun Tan Editorial: Barbara Fiore Edi-

toraAno: 2007

Lugar: CádizISBN: 978-84-934811-9-3

Público destinado: máis de 15: Lectorado mozo

Un bo día durante o seu pa-seo pola praia un rapaz atopa-se cunha cousa perdida. Preo-cupado por ela decide levala a casa, pero sabe que esa non é a mellor solución, pensa en levala ao “Departamento Federal de Objetos Inútiles”, pero de novo ese non é o mellor lugar para ela. Alí dánlle unha nova direc-ción onde pode levala. Nesta viaxe entre as rúas Shaun Tan fai un homenaxe a outros gran-des artistas como Jeffrey Smart , John Brack e Edward Hopper.

Chapas da revista Criaturas. Nuria Díaz (2014)

Page 51: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

soñar é vivircriaturas

Page 52: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Imaxe: “aula” (fonte: Ministerio de educación de Ontario)

Page 53: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Monográfico

LER PARA ESCRIBIRUNHA PROPOSTA DE LECTO-ESCRITURA

Page 54: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

54 Revista Criaturas

Esta sección da revista vai dirixida especialmente a aquelas persoas que traballan na formación de

usuarios da lingua (docentes, responsa-bles de bibliotecas, persoas encargadas de talleres de escritura …) e pretende amo-sar algunhas experiencias relacionadas coa animación lectora ou con prácticas de lec-to-escritura que lles poidan servir de axu-da e orientación no desenvolvemento do seu traballo. Neste sentido, os responsables

da revista Criaturas, conscientes do bo traballo que se está realizando en moitos colexios, institutos, bibliotecas…, abren as páxinas deste medio á colaboración de todos aqueles que teñan unha experiencia interesante e desexen compartila.

Na proposta inaugural, e partindo do con-vencemento de que ler e escribir son dúas caras da mesma moeda, convidamos a to-das e todos os interesados a realizar unha lectura creativa.

De todas as maneiras individuais de ache-garse á lectura, (ler como forma de ocio, para obter información, para adquirir co-ñecemento …), a máis intensa e eficaz é aquela de quen pretende “apropiarse” do que le, a lectura que fai quen se achega ao texto alleo tentando descubrir as chaves do proceso creativo para poder comprender, non só o que se pretende comunicar, senón

tamén as técnicas e recursos utilizados para acadalo (Que se di?/ Como se di?). Non estamos falando en modo algún dos fríos e academicistas “comentarios de texto”, senón dunha lectura intuitiva e atenta, que propicie o diálogo e que sitúe ao aprendiz no punto de vista de quen escribe coa finalidade de dotarse de ferramentas e poder utilizalas nas propias creacións.

Ler para escribir (unha proposta de lecto-escritura).

O contacontos. Anker Grossvater (1884)

Texto: María Jesús Fernández

Page 55: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 55

A imaxinación creadora de criaturas.

O númerocero da revista Criaturas está dedicado de maneira especial a eses seres cuxa existencia non procede da limitada realidade sensorial, senón que son produto da capacidade imaxinativa das persoas. No seu libro La imaginación y el arte en la infancia(1), o psicólogo ruso Vigostky fala desta facultade dos seres humanos, da capacidade para idear algo absolutamente novo, que non procede da experiencia “real”, pero que ao ser creado adquire a súa propia realidade e comeza a “existir” como tal e a interactuar cos demais seres e obxectos preexistentes. A esta categoría de seres, que constitúen unha parte da nosa cultura e do noso imaxinario individual e colectivo, pertencen as fadas, os trasnos, os unicornios, as sereas, os dragóns, os anxos, o minotauro… Todas elas criaturas cunha existencia incuestionable que responden a desexos de transcender as limitacións que nos atan á monótona vida cotiá.

A proposta deste Obradoiro diríxese nesta ocasión a esa extraordinaria capacidade creativa e consiste en imaxinar e dar vida a unha desas criaturas, e facelo previa lectura dun fragmento literario que sirva de modelo.

O fragmento elixido pertence ao libro Imaxina animais (Edit. Kalandraka), do que son autores Xosé Ballesteros polos textos e Juan Vidaurre polas imaxes. Trátase dun pequeno bestiario no que se describen e retratan doce animais “case descoñecidos”, creados a partir de analoxías inusuais. A interesante proposta gráfica consistente en fotografías que botan unha ollada descontextualizadora sobre obxectos de uso cotián, compleméntase cos textos que reproducen de forma paródica as características formais da linguaxe

científica dun caderno de campo escrito por un naturalista. A mestura de “rigor científico” e humor é precisamente onde reside a singularidade e eficacia destes textos.

A proposta pasa por tres fases: Antes da lectura / A propia lectura/ Despois da lectura.

Antes da lectura: Suxírese un diálogo que sirva de análise da ilustración e do propio nome co que se designa a criatura (A FREPOLBO):

Que vemos.

A que se parece.

Que nos suxire o nome.

Con que elementos xoga a imaxe para conseguir a transformación.

Cales poderían ser as características de vida e costumes da Frepolbo.

…………………………………………

Page 56: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

56 Revista Criaturas

A propia lectura:

Despois da lectura:

Rematada a lectura farase unha análise da mesma tentando, como se dixo, descubrir que nos queren contar os autores, que tipo de reacción ou sentimento pretenden provocar no receptor e con que procedementos o conseguen. Esta análise ou comentario farase mediante o diálogo aberto no que todos deberían participar, tendo a persoa que dirixe a sesión o papel de estimular este diálogo e propiciar que xurdan ideas e opinións. (É importante ter en conta que non existe unha única interpretación dun texto literario e que a lectora ou lector recrea o texto en cada lectura individual)

A continuación chégase á proposta de escritura, individual ou de grupo, consistente na creación dunha criatura.

Esta creación pode facerse utilizando o recurso da analoxía, como no caso da

frepolbo no que un obxecto se transforma nun animal co que comparte certa semellanza física; por asociación e síntese de dúas realidades diferentes, como sería o caso do basilisco, mestura de galo e serpe; ou creando libremente, sen referencia previa.

Para facilitar a xeración de ideas pódese partir dos supostos apartados dun caderno de campo.

Proporase tamén que se fagan dous debuxos, un da criatura descrita e outro dalgún elemento singular (pegadas, agochos, algunha parte concreta do corpo, etc.). Unha ficha como a que segue podería servir de exemplo.

Page 57: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 57

Parte final:

Con todos estes datos á vista, o aprendiz de escritor ou escritora xa está en condicións de relacionalos dándolles coherencia e cohesión, para producir o propio texto. Este texto pode ser unha descrición, ou unha narración na que a criatura participe como personaxe. (En ambos casos é fundamental ir amosando a estrutura do texto descritivo e do texto narrativo)

Outros libros nos que buscar modelos para a creación de “criaturas”:

- Das cousas de Ramón Lamote. Paco Martín. Ed. SM (As páxinas nas que se describe o “Entomodelfo”)

-

- Animais fantásticos. José Jorge Le-tría / André Letría. Ed. Kalandraka.

- O Home do Traxe Branco. Herikber-to M. Quesada. Edicións Xerais.

- Paxaro de mar e vento. Tucho Calvo / Xosé Cobas. Edit. Biblos.

- Animalario Universal del profesor Revillod. Javier Sáez Castán. Edit. Fondo de Cultura Económica.

(1) Lev Semenovich Vigotsky. La imaginación y el arte

en la infancia (1930). Akal.

Nome da criatura (científico/vulgar):

Descrición: características físicas, tamaño, color, pelaxe, órganos de locomoción, sons que emite, etc

Hábitat

Hábitos de alimentación e apareamento

Coidado das crías

Costumes que o caracterizan

Relación cos seres humanos

CAD

ERN

O D

E C

AMPO

Page 58: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

imaxe: Konrad Von Gesner, Historia Animalium (Zurich, 1551-87).

Page 59: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Sección da Crítica

Page 60: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

60 Revista Criaturas

Federico DelicadoNaceu en Badaxoz

no 1956. Licenciado en Belas Artes pola

universidade Com-plutense de Madrid. Comeza a súa acti-

vidade como ilustra-dor realizando ma-

teriais audiovisuais e dibuxando en prensa. Actualmente dedícase á ilustración de libros

infantís e xuvenís.

A índa que o fin desgraciado do imprudente Ícaro foi o que acabou por dar o nome deste ao mito, a mitoloxía dinos que é

Dédalo, o seu pai, o que verdadeiramente toma a de-cisión de sair de Minos voando cunhas ás que confec-ciona con plumas e cera. E por que non pensar Dédalo que lle di ao seu fillo o mesmo que Federico Delicado escribe como derradeira frase deste marabilloso álbum: «Nunca teñas medo a voar»?

Esta mesma frase podería ser un moi breve resumo desta obra que nos trae resonancias da mesma soida-de que enche a alma de Gregor Samsa encerrado no seu cuarto. Ícaro é un álbum de Federico Delicado que, como é sabido, gañou VII Premio Internacional Com-postela de Álbum Ilustrado. Trátase dunha fermosa historia inzada de amargura, de soidade e de aillamen-to. Atravesada por ese cruel prexuízo da desconfianza diante do diferente. Mais tamén, é unha obra que trata da diverxencia, daquilo que nos fai únicos e resistentes á uniformidade. Cóntanos Robert Graves que Dédalo, cando emprende o voo, dille ao seu fillo: «Ségueme de perto e non tomes un rumbo propio(1)», mais o autor

críticaXabier P. DoCamPo

ícarode federico delicado

Page 61: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 61

deste álbum parece dicirnos que Ícaro, ao final do li-bro diante dunha fiestra aberta, disponse a elixir o seu rumbo. El sabe desde sempre que pertence a outra raza de seres humanos, a daqueles que están convencidos de que, no medio da carreira se abres os brazos poderás voar. Porque o desexo de voar foi sempre un fermoso xesto de rebeldía.

Son demasiado frecuentes os álbumes de autor único onde o texto literario non acada a altura do gráfico, e poucos aqueles onde o equilibrio entre ambas partes dan unha obra complementada de forma maxistral como ocorre neste e piden da persoa que o le o esforzo de non desaparellar ambos compoñentes se o que se pretende é unha comprensión completa da obra. Unha

parte gráfica que, chea dese rea-lismo melancólico de paisaxes desertas e interiores de sinxela intimidade, onde as arquitec-turas espidas e impersoais nos levan directamente ao america-no Edward Hopper, como moi ben di a promoción da editora,

mais aquí dotado dunha suavidade no relato que nos emociona. O conxunto de imaxe e texto deste álbum apréndenos unha magnífica lección que é preciso non esquecer: se a arte só é entretemento estamos a nos encamiñar cara ao caos e a barbarie.

Este álbum é tamén un reto para calquera actividade diso que demos en chamar animación á lectura e que virou nunha serie de ocorrencias, moitas delas ben ba-leiras. Gustaríame saber que este álbum se toma para propiciar o diálogo educativo que representa que o lec-tor novo se vexa acompañado daqueloutro máis experi-mentado e competente, e con ese diálogo entre ambos a lectura se converta en feliz experiencia.

Ficha técnicaTítulo

Ícaro

Autor

Federico Delicado

Tradución

Manuela Rodríguez

Editora

Kalandraka, 2014

(1) Robert Graves; Los mitos griegos I

(pp 354-355). Alianza Editorial,

Madrid, 1985

Page 62: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

62 Revista Criaturas

Fina Casalderrey

Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1952) é

unha das escritoras máis recoñecidas, traducidas e premiadas no ámbito da literatura infantil e

xuvenil galega. Deuse a coñecer con Mutacións xe-néticas (1991). No 1995 acadou o Premio Nacio-nal de Literatura Infan-til e Xuvenil coa obra O

misterio dos fillos de Lúa.

F ina Casalderrey sabe ben que as boas historias deben deixar no padal o pouso agradecido do chocolate, pero tamén o amargor do zume de

limón. Ese tasto agridoce é o que invade a un tras a lectura de Historia da bicicleta dun home lagarto, relato que Xerais publica na colección Sopa de Libros con ilustracións de Laura Súa Campo.

Serra de Albarracín, prolegómenos da Guerra Civil. Un neno, Mundo (Raimundo), fillo dun pastor de ove-llas, esperto, inocente e bondadoso, e mais unha nai facedora de queixos. E un seu amigo, Camilo, que lle descobre o fascinante quefacer dos empregados de Te-lefónica, rubindo aos postes de telefonía como se fosen homes lagarto. Un paradiso eglóxico que se ve trunca-do coa loucura bélica, as delacións, os paseos, os fuxidos ao monte, os silencios e as represalias.

Con estes sinxelos vimbios tece Casalderrey unha trama de poderosísimo sentimento. A ollada cándida coa que os dez anos de Mundo van descubrindo as feridoras pegadas da Guerra gañan a complicidade do lector, que pronto enguedella nese mesta arañeira de abraios melancólicos, de temores fundados, de sombras da vesania que desata a loucura dos que empuñan armas para defender o indefendible.

críticaarmanDo requeiXo

o raio que non cesa

sobre Historia da bicicleta dun home lagarto de fina casalderrey

Page 63: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 63

Enxertadas na historia principal van outras ponlas non por secundarias menos lucidas: a ilusión moza de Mundo que se vai facendo maior e anda a descubrir a vida; o beatus ille e o contemptus mundi no que semella instalada toda a familia, fóra das celeridades e tensións urbanas; a afouteza labrega capaz de sobrevir a todos os lobos da vida e, xaora, o poder das palabras, neste caso

a través da persoa do poeta Mi-guel Hernández, a quen le o pai republicano de Mundo, quen, logo de fuxir ao monte para evitar a furia dos nacionais, manda mensaxes á súa familia nas follas de El rayo que no cesa.

Casalderrey constrúe unha na-rración na que o feitío dun-ha prosa de glícido sabedoiro non empece para que a papila

estordegue co ácido do drama de fondo. A escrita da pontevedresa acompaña de veludo o que de espiñento aguilloa no cor, ao que axudan, non pouco, as ilustra-cións coloristas e desaristadas de Súa Campo, lumino-sos oasis nos que deixar abeberar a ollada e acalmar o corazón mancado.

Historia da bicicleta dun home lagarto é un soño de loai-ras entre a néboa, unha cicatriz de luz que se abre como un raio incesante para lembrarnos que a Bondade re-siste esperanzada e alanca por riba dos peores lameiros, unha lección para todo tempo que cobra hoxe especial sentido.

Ficha técnicaTítuloHistoria da bicicleta dun home lagartoAutora

Fina Casalderrey

Ilustracións

Laura Súa Campo

Editora

Xerais, 2014

Page 64: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

64 Revista Criaturas

Os libros da merenda

É un proxecto de Urco Editora que conta actual-

mente con catro títulos; Señor Fiz, o repolo feliz, Don Bento, o porco fedo-rento, Fariñeiro, o burro larpeiro e mais Xoana, a

ra lacazana

A importancia dos libros para unha socieda-de ten sido comparada moitas veces coa necesidade vital do pan. Precisamos da

cultura como de comer. Se cadra levando esa tese ao campo da literatura infantil, poderíamos dicir que hai que dar os libros como se dá a merenda, diariamente e coa mesma noción de que resulta algo necesario para o desenvolvemento das crianzas.

Ese é polo menos o punto de partida co que Urco Edi-tora presenta estes Libros da Merenda, un espírito ao que responde tamén o seu formato pequeno e manexá-bel, xunto con detalles como incluíren un apéndice coas ilustracións en branco para colorear ou o estilo lúdico do texto de cada un deles. Non cabe dúbida de que a colección está pensada para aproveitar os momentos de lecer e para continuar as historias dos seus personaxes e o baixo prezo de cada exemplar está tamén pensado para poder acompañar con frecuencia este contexto.

Resulta admirábel como un formato tan sinxelo pode ter tanta potencialidade. Sinxeleza da parte das ilus-tracións, doadas de imitar e divertidas de reinterpretar con novas cores, pero tamén das pequenas historias,

críticamario regueira

os libros da merenda

de martinho terrafría e vladimir zatonski

Page 65: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 65

centradas en cada número da colección nun becho ou nun vexetal cunha característica especial e presentadas xa dende o título a través de sonoras rimas. Non re-sulta doado, polas limitacións que impón este formato, conseguir o notábel nivel de galego que se emprega na colección, rico en xiros propios e expresións ameaza-das de desaparecer do uso popular, como case todo na

nosa lingua. Sen dúbida un fac-tor particularmente importante nun dos primeiros contactos vitais que unha persoa pode ter co galego escrito.

Polo demais, os personaxes que desfilan polos distintos números da colección teñen a característica principal de ser enormemente divertidos, alén de que, sen convertelo nunha

función omnipresente, fan a súa particular educación en valores como a importancia da hixiene, dunha boa alimentación ou a superación dos problemas coa axuda das amizades. Bo exemplo disto é o primeiro volume, estelarmente protagonizado por Don Bento, o porco fedorento, un cocho que aprenderá, con sabios conse-llos dun amigo, como librarse do fedor que espanta ao resto dos animais da granxa.

Como dicíamos, unha idea tan brillante como sinxela e necesaria, particularmente axeitada para familiarizarse de forma divertida coa lingua e con personaxes chisto-sos e difíciles de esquecer. Un debut ben atinado para unha editora que incia a súa andaina na literatura in-fantil e xuvenil e da que agardamos que siga enchendo as tardes de merenda con novas historias.

Ficha técnicaTítuloOs libros da meren-da (colección)Autor

Martinho Terrafria

Ilustracións

Vladimir Zatonski

Editora

Urco Editora, 2014

Page 66: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

66 Revista Criaturas

Timothée de Fombelle

Debutou no campo da novela con Tobi Lolness, o libro revelación da li-

teratura xuvenil france-sa recente. Dende a súa publicación, en abril de

2006, acadou importan-tes galardóns como o pre-mio Saint-Exupéry (na categoría de novela), ou

o prestixioso Premio An-dersen en Italia.

É para min un misterio por que un determinado autor ou autora, ou un determinado título, con-seguen concitar o entusiasmo do lectorado in-

fantil ou mozo, mentres outros autores e títulos, que eu diría non teñen nin maiores nin menores virtudes, apenas merecen tan só a atención duns poucos. Ou tamén: por que o que emociona a nenos e nenas (un supoñer) franceses ou italianos, non esperta o mesmo interese entre (outro supoñer) os galegos ou portugue-ses. Vén isto a conto do libro que aquí comento, que cando o lin, na versión francesa e por recomendación de alguén que me falou do impacto que estaba a ter o autor, considerado o gran renovador da literatura para a mocidade en Francia, apostei que ben podía chegar a ser un novo Harry Potter. Non foi así e a versión castelá (haina tamén catalá), sen ser un fracaso, non acadou nin por asomo a resonancia da saga británica. E decá-tense de que a editorial que a promoveu en España é a mesma que distribúe os libros da Rowling. Posto que sobre misterios mellor é calar, limitareime de seguido a ponderar os méritos que fan desta espléndida nove-la de aventuras (aínda que se presenta en dúas entre-gas, constitúe unha perfecta unidade, sen o carácter de historias independentes que teñen os títulos da saga do pequeno mago) un título que non debería faltar en ningunha biblioteca escolar ou familiar. Mágoa que ningunha editora galega se teña animado a ofrecela na nosa lingua.

Estamos diante dunha novela que responde, por un lado, a unha férrea e á vez moi innovadora estrutura,

críticamiguel Vázquez Freire

a vida colgada ou a aventura ecolóxica

sobre La vie suspendue / Les yeux d’Elisha de Timotée de Fombelle

Page 67: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 67

mentres por outra reúne as características comúns a todas as grandes novelas do xénero de aventuras. Tocante ao pri-meiro, o lector vese situado diante dun universo absoluta-mente único, que o autor ten a habilidade de ir amosando desde dentro mesmo del. Aínda que o relato é en terceira persoa, por un narrador omnisciente, este non introduce ningún distanciamento que faga pensar ao lector: ah, este é un mundo fantástico, non o meu mundo real. Ao con-

trario, desde a primeira páxina sitúasenos nun espazo inventa-do, si, mais este se nos ofrece, ao modo dos contos marabi-llosos, como un lugar onde as cousas ocorren dun xeito que non pretende ter nada de ex-traordinario. Simplemente, ese é o mundo ao que se nos convi-da a entrar e que o lector acep-tará tan insólito como veraz. Un mundo que imos ver desde os ollos e as vivencias dun ra-paz de 13 anos chamado Tobi

Lolness, que mide pouco máis dun milímetro e medio (“o que non era moito para a súa idade”, dísenos na primeira páxina), e que sofre unha terrible persecución, comanda-da por quen fora o seu mellor amigo, que o levará desde as Pólas Altas, ata as Baixas, dun Gran Carballo. E nesa aventura non se nos aforrará nada do que cabe esixir ás máis grandes: os maiores perigos, os máis crueis viláns, a amizade e a traizón, o amor, a perda e a redención. Non é o menor dos méritos desta apaixonante odisea a riquí-sima galería de personaxes, de entre os que xurdirá unha prodixiosa fauna (gurgullos, escaravellos rinocerontes, co-chinillas, arañas velenosas...) que incrementarán as amea-zas sobre o heroe ou se trocarán en aliados. Finalmente, o Gran Carballo, que constitúe o mundo enteiro e único que coñecen os seus habitantes, eríxese como símbolo diáfano do noso planeta en perigo pola sobreexplotación e o mal uso dos coñecementos científico técnicos. E o lector, cal-quera lector, coido eu, non atopará demasiadas dificultades en trasladar ao seu propio mundo as arelas de Tobi e a súa amada Elisha por protexelo dos despóticos Jo Mitch que tamén aquí destrúen coa súa cobiza o noso fráxil planeta.

Ficha técnicaTítuloTobi Lolnes (Vol.I La huida de Tobi. Vol.II Los ojos de Elisha)Título orixinalLa vie suspendue/Les yeux d’ElishaAutor

Timothée de Fombelle

Ilustrador

Fraçois Place

Tradución (cast)

Teresa Clavel

Editorial

Salamandra, 2007

Page 68: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

68 Revista Criaturas

Fernando Alonso

Naceu en Burgos en 1941, é escritor, xestor

de actividades culturais e documentalista tele-

visivo. O seu libro máis coñecido é El hombre-

cito vestido de gris (1978, con ilustracións

de Ulises Wensell).

Tráenos Kalandraka este gran clásico seguindo a rota da súa atinada política de traducións ao ga-

lego, cando van perto de corenta anos da súa primeira edición en Alfaguara.

O homiño vestido de gris, este Huvez posto aquí antes de que o autor creara esoutro personaxe, é un ser que por dentro é un arco da vella, mais o seu exterior gris impídelle recoñecerse como un individuo que naceu para a felicidade. Este extraordinario conto, verdadeiro fito canónico da literatura española, fálanos dos nosos camiños de liberación, da oportunidade de tomalos e transitalos. Como de feito nos falaba, aló polo 1978 cando apareceu por primeira vez, tamén da liberación que para a nosa xeración, a miña e a do autor, foi o final do franquismo, o desaloxo do home da torre. O momento no que «o destrutor dos soños de todo o barrio se perdeu ao lonxe», a máis esperanzadora frase literaria que se puido escribir naquel tempo de incerteza, estabamos a comezar a construír a nosa casa de planta baixa, a que nos acollería para iniciar nela unha nova etapa da Historia. Non é menos oportuno este libro nos tempos que andamos, tempos onde a tentación da desilusión e do abandono nos arrodean parecendo choernos todas as saídas, mais poden axudar estes contos de Fernando Alonso a xuntar forzas para expulsar aos novos señores da torre e a recobrar a forza que dá sabérmonos seres nacidos para a felicidade e para danzar cos bailarins

críticaXabier P. DoCamPo

o homiño vestido de gris

de Fernando Alonso

Page 69: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 69

que nos saian ao encontro. Ese ser que nos mira, que repa-ra na nosa presenza e téndenos a man para bailar. Ese en-contro que Fernando Alonso creou entre o espantallo e o bailarín que sempre me pareceu inspirado por un fermoso aforismo de Elías Canetti que di: «Encontrei alguén que me escoitou, e emocioneime». Porque nesta obra poderán atopar os lectores de hoxe pulos para seguir a loitar pola igual-

dade e a solidariedade humana como camiño de supervivencia da especie.

Ten Kalandraka o acerto de nos ofrecer O homiño vestido de gris e outros contos nunha fer-mosa nova edición, mais con-servando a disposición do texto en bandeira e o corte de liña que tiña no orixinal. Acerto é tamén contar coas ilustracións orixinais de Ulises Wensell, triste e prematuramente desa-

parecido hai tres anos, e que son unha lección de sinxeleza feita de sutiles fragmentos e miniaturas que acompañan a ilustracións a páxina enteira ou media páxina, que enchen o noso corazón dunha leda emoción como ocorre co pai e o fillo que contemplan A paxariña de papel, o charlotesco final d’Obarco na botella ou o pobo expectante ao pé d’O gardián da torre.

Do mesmo xeito que a experiencia persoal vese acrecen-tada non só polo vivido senón tamén polo aprendido das experiencias alleas, a nosa LIX tamén se engrandece coa chegada de obras de contrastada calidade e interese pro-cedentes doutros corpus literarios e traducidas para a nosa lingua. De xeito especial cando a selección se fai, como é o caso, con criterios de oportunidade do seu significado histórico, quer para aquel tempo quer para o presente.

Ficha técnicaTítuloO homiño vestido de gris e outros contosAutor

Fernando Alonso

Ilustrador

Ulises Wensell

Tradución

Ramón Nicolás

Editorial

Kalandraka, 2014

Page 70: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

imaxe: Libraría Shakespeare & Co. (París) [Alexandre Duret-Lutz]

Page 71: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

librarías

Page 72: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

72 Revista Criaturas

Onde viven os contosEn criaturas queremos dar voz a his-torias que teñan detrás algo máis ca números, historias que teñan paixón, esforzo, bágoas e, sobre todo, moita ilusión.

A libraría Bahía de Foz é unha desas historias. Así o conta Cielo, a nosa pri-meira libreira.

Page 73: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 73

É rase unha vez... Velaquí tres pa-labras capaces de derrubar todos límites da materia e da mente;

velaquí a porta de entrada a un novo es-tado da conciencia e da percepción no que todo se detén e todo é posible, e o corpo e a mente esquecen o que os ro-dea e actívanse para comezar unha aven-tura que saben ou intúen ou esperan apaixoante, renovadora, imprescindible.

Erase unha vez... un libro. Un libro que lemos e relemos e volvemos ler e que xa-mais nos cansa ou nos aburre. Un libro que como alfombra voadora, nos sostén nunha viaxe da que regresamos diferen-tes, non sabemos cómo, en qué ou por qué, pero sabemos que xa non somos os mesmos, nutrímonos desa lectura e ela agora forma parte das nosas células.

Erase unha vez.... Un libro, e outro, e outro e máis outro xuntos, conversando entre eles, ignorándose algúns, buscán-dose outros, colocados sobre os andeis, deixados sobre algunha mesa, acabados de chegar, mesturados con vellos coñecidos, algúns espectaculares, outros miúdos...

Érase unha vez unha li-brería.

Estas sensacións, estas experiencias, confórmanme como libreira e son as que dan sentido ao meu traballo.

A diario síntome interpelada polos libros que chegan á nosa librería e pasan polas miñas mans. Non por todos. Hai libros que son iguais a outros tantos, que puide-ron ter o seu valor pero a industria con-verteunos en copias repetidas ata a exte-nuación, que só buscan xerar ingresos á xigantesca industria do libro. Estos libros non reclaman nada porque non teñen nada que ofrecer. Son fáciles para todos. Para os editores que saben teñen unha fonte de ingresos segura, para os libreiros que só temos que colocalos na mesa ou andel adecuados, para o lector que xa sabe o que vai obter coa súa lectura e que non terá que facer ningún esforzo, por satisfac-torio que este sexa, para dialogar con él. O principal peligro que teñen estes libros dos que ahora hai moreas é que os lectores queden pechados aí, que alimenten uni-camente con eles as súas lecturas, entón a experiencia lectora será empobrecedora.

Os libros que me in-terpelan son outros, son libros únicos que piden a miña aten-ción e o meu tem-

Page 74: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

74 Revista Criaturas

po, que me berran dende as súas capas e dende as súas páxinas. As veces non podo prestarlles a atención que quixera, que quizáis merecen, e entón síntome traizoando algo preciado e parece que me chegara a tristura dende as súas fo-llas... Outras veces podo determe nun, noutro, noutro máis e ás veces descubro tesouros que logo trato de compartir con todo o entusiasmo do que son ca-paz. A relación da libreira cos libros é constante e moi esixente.

Pero non sempre esta relación é directa. A librería tamén é unha comunidade na que se intercambian opinións, os conse-llos son bidirecciónais, a libreira recolle a opinión dos lectores e fai de caixa de resoancia para que esta chegue a máis xente, a máis lectores, a librería convér-tese nun foro, non virtual senón físico, con toda a enerxía que a materia pro-porciona.

Algo así pretende ser a nosa librería. Fundada no ano 1963 por Suso Fernán-dez, axitador cultural, visionario, creador de infinitos proxectos para a súa vila, ac-tualmente cronista oficial de Foz. No ano 1963 Foz era unha vila sinxela de mariñeiros e labregos na que non se lían moitos libros. Aínda así Suso e Marita, a súa dona, fundaron unha librería na que os libros compartían espazo con outras mercadorías de todo tipo, xa que había que vivir. E esa librería foi referencia para varias xeracións de focegos e foi o lugar ao que acudir para falar de libros ou de calquera cousa que tivese que ver coa cultura, xa que Suso sempre foi gran conversador e atento anfitrión. A libre-ría Bahía foi xerme de acontecementos como a Feira do Libro de Foz que cum-ple 30 anos o próximo verán, lugar de visita e encontro de escritores e poetas como Manuel María, Carlos Reigosa ou Marina Mayoral entre outros moitos. A librería Bahía capitaneada por él, foi me-recente no ano 1996 do premio Irman-dade do Libro polo seu labor de promo-ción da cultura en xeral e da lectura e do libro en particular, e con ocasión da 25 edición da Feira do Libro de Foz, no ano

2008 de novo a Federación de Libreiros entrega a Suso unha fermosa placa pola que recoñece o seu traballo a prol da cultura e do prestixio da profesión libre-ira. Despois dun intenso e moi frutífero

Page 75: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 75

traballo, a Suso e a Marita chegoulles a xubilación e a librería está actualmente rexenta-da pola súa fi-lla Cie-lo Fer-nández, quen fir-ma estas líneas, e o seu home, Miguel Menacho. E neste ano encara un novo cambio co que nos sentimos tremendamente ilu-sionados e comprometidos. A librería cambia de acubillo e trasládase a un lo-cal cunha fermosa historia da que, dal-gún xeito, nos gustaría ser continuidade. Comezado a construir no ano 1935, o 25 de xullo do 1936 ía ser inaugurado, xa estaban impresos os carteis que anun-ciaban os actos que ían ter lugar ese día que, como podedes supoñer e seguro que non hai que explicar as razóns, nunca se fixeron. O cine comezou a funcionar pero sen festa inaugural. E así continuou durante moitos anos, nos que non só se proxectaron películas senón que hou-bo representacións teatrais, nalgúns ca-sos protagonizadas polos propios veciños de Foz, veladas musicais e todo tipo de eventos culturais. Daquela, a vida cultu-ral e social de Foz, durante todos estos anos, xirou en torno a este edificio. Pó-dese entender entón a carga de significa-do e a responsabilidade que este traslado ten para nós. O proxecto do espazo da librería correu a cargo dunha arquitecta e amiga gran amante dos libros, Rosa López, e o seu traballo logrou crear un espazo moi acolledor, que convida a estar e a deixarse levar pola maxia dos libros e que fala a través da pedra e dalgún de-talle que puidemos recuperar da historia e das historias que aquí se viviron. É un espazo cheo de sentido e significado. O

noso proxecto pretende que este espazo cheo de significado se encha de vida e a vida dunha librería para nós ten moito que ver con aquelas tres palabras coas que empezamos: Érase unha vez...

E sobre todo, unha librería infantil, ou o espacio infantil dentro da librería. Hai poucas cousas que como libreira me podan emocionar tanto como ver un montonci-ño de caras de pícaras e pícaros con todos os sentidos aguzados e completamente absortos na historia que están a escoitar , podo imaxinar a súa mente como un ferve-doiro de imaxes, emocións e expectativas mentras o seu corpo se abre ao fluir das palabras, cada un á súa ma-neira, quietos ou movéndo-se, calados ou comentando, expresando ou escon-dendo, todos pend i en t e s da maxia das historias. Na nosa librería organizamos con regula-ridade contacontos, obradoiros relacio-nados cós libros (de cociña, de plástica, de ilustración), teatros que eles mesmos protagonizan ás veces despois dun traba-llo previo e música. Co cambio de empla-zamento e as maiores posibilidades que nos permite o novo, queremos reforzar estas actividades, entre os proxectos está establecer un día fixo de contar, un rati-ño non longo, que nos sirva tamén para ir conectando con nais e pais que tamén se vaian animando a contar e ir forman-do unha pequena comunidade coa que

Page 76: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

∏Se a túa criatura non ve aquí unha mesa. Falamos.

@juegamates

Page 77: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Revista Criaturas 77

plantexar proxectos; tamén queremos explorar ámbi-tos de creación en ilustra-ción, comic e teatro e, de maneira puntual, plantexar exposicións das que ata ahora celebramos unha, no anterior local, da ilustrado-ra Montse Gisbert que foi moi ben recibida. Outro aspecto que cuidamos é a relación con outros ám-bitos que están no mes-mo barco que nós e neste sentido organizamos en colaboración cós colexios e có instituto de secunda-ria presentación de libros e contacontos: eleximos unha clase que se achega ata a librería para participar na actividade, esta opción de colaboración é princi-palmente interesante cós institutos, xa que nesta edade é moitísimo máis difícil que as rapazas e os rapaces se acheguen ata a librería a participar nas propostas que ofrece-mos, porén, quedaron moi satisfeitos despois de ter-se achegado coa súa clase. Estar en conexión coas bi-bliotecas escolares e refor-zar na librería os temas que eles están tratando é outro medio de colaboración que

tamén desenvolvemos, así cando na biblioteca o ano pasado se falaba das letras da ciencia, nos expoñía-mos no escaparete e dedi-cábamos un espacio den-tro da librería a ese tipo de libros, o mesmo cando no instituto traballaron o Greco de maneira inter-disciplinar. As posibilida-des de traballo dentro do espacio infantil da librería son enormes, pero tamén é certo que o traballo e o tempo impoñen as súas li-mitacións. Como librería infantil ademáis pertence-mos ao club Kirico, grupo dentro de CEGAL de in-tercambio de experiencias e elaboración de material e

proxectos conxuntos, o in-tercambio coas compañei-ras e compañeiros que es-tán traballando na misma línea que nós é sumamente interesante e a él debemos que o noso repertorio de actuacións se enriquece-se moito, tamén nos é de grande axuda á hora de

elaborar material e selec-cionar libros de calidade.

Agora que materias como filosofía, ou linguas clási-cas están practicamente abolidas do sistema edu-cativo, que se trata con indiferenza, se non con desprezo, a aquelas que nalgún tempo foron con-sideradas Belas Artes, a literatura, a música a edu-cación plástica, que só me-rece a consideración social o que resulta útil (útil para qué?, para quén?), necesi-tamos cada vez máis o es-pazo dos contos, das his-torias, de todas as historias

que nos forman e nos conforman e nos explican e nos axudan a entendér-monos a nós mesmos e aos demais dende parámetros que non son racionais nin científicos pero que son xerme de creación, de to-das as creacións.

Page 78: REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

.galproximamente