os xigantes do océano

14
OS XIGANTES DO OCÉANO Ariadna Vázquez Prieto Carmen Vilanova Núñez 1º BACH

Upload: iesasorey

Post on 18-Jul-2015

76 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Os xigantes do océano

OS XIGANTES DO OCÉANO

Ariadna Vázquez PrietoCarmen Vilanova Núñez

1º BACH

Page 2: Os xigantes do océano

Estudantes liderados por Craig McClain, estableceron un ranking coas especies máis grandes que habitan o noso fondo mariño. Para establecer esta clasificación analizaron o tamaño de baleas, quenllas, luras, augamares e outros habitantes do océano. Para obter a información entraron en contacto con científicos de diversas institucións e coleccionistas. Visitaron centros de fauna mariña e pesqueiros, examinaron espécimes conservados en museos e buscaron mesmo animais que se vendían por internet.

Page 3: Os xigantes do océano

VÓS CAL CREDES QUE É O ANIMAL MÁIS GRANDE QUE HABITA NO

OCÉANO?

Page 4: Os xigantes do océano

Efectivamente, moitos de vós credes que a balea azul é o animal máis grande que vive no mar… E posiblemente non vos estades equivocando se o que realmente tedes en conta é o seu tamaño global, pois chega a medir 33 metros de lonxitude e a pesar casi 200 toneladas.

Page 5: Os xigantes do océano

Pero, o certo é que a augamar melena de león ártica supera á balea azul, posto que é o animal máis longo do océano. Pode chegar a medir ata 36,6 metros de lonxitude, superando así en case 4 metros ás baleas azuis.

Page 6: Os xigantes do océano

Co seu veleno paraliza as súas presas e tamén deu moitos sustos a bañistas en EUA. Posúe uns interminables tentáculos, o que lle levou a encabezar o ranking das 25 especies mariñas de maior tamaño. É coñecida tamén como augamar melena de león xigante.

Page 7: Os xigantes do océano

O cachalote acada o terceiro posto no ranking xa que mide uns 24 metros. É o animal dentado máis grande que existe. A cabeza pode chegar a un terzo da lonxitude total do animal. A especie aliméntase de luras e peixes, somerxéndose a profundidades de ata tres quilómetros, o que o converte no mamífero que se mergulla a maior profundidade. Ademáis, o seu cerebro é o máis grande dos animais existentes.

Page 8: Os xigantes do océano

A quenlla balea é outro dos grandes habitantes do óceano. O seu ventre é totalmente branco, mentres que o seu lombo é dunha cor agrisada, máis escura que a maioría das quenllas, con multitude de lunares e liñas horizontais e verticais de cor branca, de tal forma que se asemella a un taboleiro de xadrez. A súa pel pode chegar a ter 10 centímetros de grosor. Pode chegar a medir 18,8 metros de lonxitude.

Page 9: Os xigantes do océano

A quenlla peregrina tamén é moi grande, con 12,27 metros. Nada coa boca aberta ata facela redonda e filtra a auga a través dunhas inmensas bránquias. Móvese moi lentamente. Estas quenllas adoitan ser confundidas a miúdo coas grandes quenllas brancas. As dúas especies poden diferenciarse doadamente entre si pola gran boca cavernosa da quenlla.

Page 10: Os xigantes do océano

A esponxa bocoi xigante, é unha das especies máis grandes de esponxa que se atopan no Caribe. Medra a unha profundidade dende 10 metros a 120, e pode acadar un diámetro de 1,8 metros. É gris-marrón ou avermellada. Aínda que hai pouca información científica sobre a especie, sabemos que a súa esperanza de vida é de ata 2.000 anos.

Page 11: Os xigantes do océano

O polbo xigante do Pacífico é o máis grande e o máis lonxevo de todas as especies de polbo. Pode chegar a acadar uns 10 metros. Adoita vivir uns catro anos e, tanto o macho coma a femia, morren pouco despois de criar. Ten unha enorme cabeza en forma de bulbo e unha cor castaña avermellada. Ao igual que os demais membros da familia dos polbos, ten na pel células pigmentarias especiais que lle permite cambiar de cor e textura e confundirse mesmo coas corais, as plantas e as rochas de deseños máis intrincados.

Page 12: Os xigantes do océano

As quenllas brancas caracterízanse polo seu corpo fusiforme e de gran robustez, en contraste coas formas esmagadas que adoitan lucir outras quenllas. O morro é cónico, curto e groso. A boca, moi grande e redondeada, ten forma de arco. Durante o ataque, as fauces ábrense ata tal punto que a forma da cabeza se deforma pois a mandíbula se proxecta, e péchanse logo cunha forza 300 veces superior á dunha mandíbula humana (12-24 toneladas).

Page 13: Os xigantes do océano

As morsas do Pacífico tamén forman parte deste ranking. Os machos pesan entre 800 e 1.700 kg e teñen unha lonxitude de entre 2,7 e 3,6 m, en tanto que as femias pesan entre 400 e 1.250 kg e miden entre 2,3 e 3,1 m. Teñen unha pel moi grosa, de entre 2 e 4 cm de espesor. A pel dos machos presenta a miúdo grandes nódulos, pero como só aparecen na época da pubertade, parece ser que se trata dunha característica sexual secundaria

Page 14: Os xigantes do océano

FIN